venres, 27 de xullo de 2018

RODRÍGUEZ E RAVACHOL, OS LOROS DE PICADILLO E DE PERFECTO FEIJÓO

   Houbo un tempo, a principios do século pasado, que a cidade de Pontevedra e a parroquia arteixá de Armentón estiveron irmandadas polas desventuras de dous loros que, coas súas linguas irreverentes, poñían a caldo a todo aquel que se cruzara no seu camiño disparando, pola súa pequena boca, frases que facían sacar as cores e que non deixaban indiferente a ninguén dos dous lugares. Falamos de Ravachol e de Rodríguez, os loros de Perfecto Feijóo, farmacéutico pontevedrés e gran impulsor da revalorización da cultura tradicional galega, e de Manuel M.ª Puga, o popular Picadillo.

Imaxe do loro Ravachol
   Dada a gran lonxevidade que ten os loros xa que se calcula que poden chegar aos 75 anos, é difícil coñecer a ciencia certa o nacemento  exacto  de  Ravachol  que, segundo algunhas fontes, cabe a posibilidade que fora descendente dalgunha das aves exóticas que trouxeran de América en 1702 os buques españoles que foran atacados na Ría de Vigo pola flota anglo-holandesa na famosa Batalla de Rande. O caso é que, tras o afundimento dos barcos, unha boa parte dos loros lograría sobrevivir expandíndose polas cercanías na cidade olívica, sendo recollidos moitos deles pola veciñanza.

  Case dous séculos despois, en 1891, o profesor de música e director da banda musical do rexemento de infantería de Guillarei (Tui), Martín Fayes, regaloulle un loro que pululaba ao seu antollo polo cuartel, e que de seguro era descendente daquelas aves sobrevivintes de Rande, ao seu amigo e alumno o boticario Perfecto Feijóo.

   Licenciado na Universidade de Santiago e fundador de “Aires da Terra”, o primeiro coro galego, Feijóo, que rexentaba a súa botica na Praza da Peregrina desde 1880, era unha eminente personalidade, das máis carismáticas da época, naquela tranquila Pontevedra de finais do século XIX. De carácter ameno e cercano e de ideais republicanos, o boticario reunía na súa farmacia á flor e nata da sociedade pontevedresa, acudindo ao seu estabelecemento persoeiros da política, as artes e as ciencias para participar nas máis animadas tertulias que alí se celebraban baixo a atenta mirada do loro que lle regalara o seu amigo Martín Fayes, un loro que tardaría unha tempada en adaptarse ao seu novo emprazamento, permanecendo case mudo sen facer alerde da súa facilidade para a conversa que si mantivera no cuartel.

Botica de Perfecto Feijóo
   Mais, pasado o período de adaptación, o paxaro exótico empezaría a exteriorizar o seu carácter de alborotador e descarado que levaba dentro, de aí que Feijóo o bautizase co nome de Ravachol, identificándoo así co anarquista e revolucionario francés François Ravachol, detido a finais de marzo de 1892 e executado na guillotina o 11 de xullo do mesmo ano.

  A habilidade do loro para a palabra fundíase cun vocabulario vulgar e cuarteleiro que deixaba sorprendidos a veciños e visitantes. Segundo a época do ano e a hora do día, Feijóo poñíao na súa gaiola na botica, na rebotica ou ben no exterior da farmacia, ao carón dun banco de pedra, que era o lugar donde Ravachol se encontraba máis a gusto disfrutando do bulicio dos transeúntes.

   O temperamento do animal, a súa verborrea e a facilidade de palabra non tardarían en convertelo nun singular atractivo da cidade do Lérez, gañando de contado o cariño popular. Ata a farmacia achegábanse xentes de todos os lugares para observar con asombro as súas habilidades e ata había clientes que o obsequiaban con algún caramelo, iso sí, os que non lle daban a larpeirada recibían un boa rifa!

  A vida do simpático animal estaría marcada por un gran número de anécdotas relacionadas coa súa enorme desenvoltura para o sarcasmo. Unha das cousas máis sorprendentes é que, a parte da súa gran fluidez na linguaxe, tamén contaba cunha enorme capacidade de intelixencia que lle permitía manter pequenas conversas. Ademais, era quen de identificar algunhas situacións para aplicar as súas frases, que case sempre dicía en galego e que pronto se farían populares ao ser utilizadas no linguaxe cotidiá da veciñanza pontevedresa

Perfecto Feijóo
   Perfecto Feijóo faría todo o posible por correxir o seu mal comportamento verbal e, por iso, a frase ameazante “se collo a vara” soaba cada dous por tres na botica. Mais o loro faría propia a devandita frase para dirixirse aos que se metían con el. Tamén, cando algún paisano se achegaba e facía que lle daba un caramelo, Ravachol dicialle: “Vaite de aí lambón”. Se non había ninguén atendendo a botica e entraba algún cliente berraba: “Don Perfeuto parroquia” ou tamén “Xente na tenda”. Se o cliente ta mal aspecto gritaba “aquí non se fía”. E se o que entraba na farmacia era un crego, pois entón imitaba a un corvo. Outra mostra máis da súa sorprendente capacidade é que en ocasións gritáballe a Feijóo: “Don Perfeuto a despachar” e cando se acercaba o farmacéutico dicíalle: “engañeiche, engañeiche. Tamén ta fama a súa forma de facer plegarias e cantos durante a misa no cercano Santuario da Peregrina, o que provocaría o malestar nos relixiosos aos que chamaba “bárbaros”.

  Ravachol despacharíase ben a gusto con varios persoeiros da época, recibindo os seus insultos intelectuais e poderosos políticos, entre eles o propio presidente do goberno Eugenio Montero Ríos ou a insigne Emilia Pardo Bazán, unha escritora que probablemente estaba afeita a recibir os improperios de Rodríguez, o loro do seu amigo Manuel María Puga, Picadillo, un animal que por aqueles días tamén facía das súas na parroquia arteixá de Armentón.

   A primeira nova que temos de Rodríguez corresponde ao 21 de setembro de 1904, día no que Picadillo publica no xornal El Noroeste o artigo “Mi loro. Confesiones íntimas”, no que o autor describe como chegou o animal ao seu pazo de Anzobre, comentando que fora un agasallo de unha das súas afilladas que tiña emigradas no Uruguai:

María Manuela Peregrina, que así se llama según todas las de la ley, se marchó a Montevideo hace unos cuatro años, y á los pocos meses de estar allá recibieron sus padres una carta en la que se les anunciaba que en breve sería remitido un regalo para el señor padrino. Me olió a loro; pero guardé el secreto.

No se engañaron, no, mis presentimientos. A las doce de una noche de esas crueles del mes de Diciembre, en que el agua se hace sentir pegando contra los cristales, fuertes aldabonazos en la puerta de la casa anunciaban que alguien quería entrar a toda prisa.

Desperté sobresaltado, hice abrir, y un criado volvió a los pocos momentos anunciándome que un “amaricano” deseaba verme con urgencia, pues traía un encargo de cuidado que “me entregar”. No llegó mi fuerza de voluntad hasta el extremo de abandonar el lecho, pero tuve la resignación necesaria para dar orden de que pasase a mi habitación el emisario.

-A la buena noche.
-Ola, amigo, adelante.
-Aquí le traigo esto que me ha dado el encargho para usted su ahigada la Peregrina.
-¡Hombre, un loro!¿Y cómo está la muchacha?
-Queda bien de salud y ghanando bastante plata. Está de criada de manos con una intaliana.
-Vaya, vaya. ¿Y el bicho éste, habla?
-Desprencipia.
-¿Y que come?
-El probito no come más que máiz cocido.
-Bueno, pues déjelo por ahí y que le den de cenar ¿eh?
-No, mil gracias; no apetezco de nada.

Pazo de Anzobre (El Noroeste, 13 de xullo de 1902)
  Mais, ao parecer, aos dezaseis días desta escena, o loro falecía por defecto de aclimatación sen romper o solemne mutismo no que tivera a ben permanecer desde que entrara no pazo de Anzobre, o domicilio arteixá de Picadillo. A familia de Peregrina comunicaríalle a esta por carta a triste nova, e ao ano seguinte, no mesmo día e á mesma hora, outro “amaricano” traíalle a Rodríguez, a segunda edición do animaliño:

El destino se había empeñado en que yo tuviese un loro y ¿qué va uno a hacer? ¡Ah! Pero este es otra cosa; este habla y chilla y da mordiscos. Goza de una libertad que envidiarían muchos mortales, come cuando quiere y duerme donde le parece. Pronuncia difilmente, y lo que más claro dice es:
-¿Cómo te va?
-Corre que corre, chancho!
-¡ay que te corto!

Y canta una cosa de esas de dormir a los niños. Estos días le da por hacerme compañía y la otra tarde se entretenía en comer una cuartilla de mi libro de cocina en la barandilla del balcón de mi despacho, cuando entró un paisano. -¿Cómo te va?, gritó el loro.

El paisano, entre risueño y desconfiado, lo contempló despacio y, volviéndose de repente a mi, me dice:
-Señor amo. ¿e que crase de besta é esta?
-É un animal da Patagonia.
-¡Vaya carafio!

A los dos días mi casero comentaba el suceso con un amigo, en el atrio de la iglesia parroquial, momentos antes de empezar la misa.
-Eche un paxaro grande con moitas prumas. Parce cousa do demo. A min díxome como me iba. Fálache coma os nenos. E chámanlle Rodrighes como se fora un cristiano, fora a alma.
-¡Arrenegado! Ireino ver, oh.


   A partir dese diálogo o loro de Picadillo adquiría en toda a parroquia de Armentón e boa parte da bisbarra unha popularidade que nunca outro animal tivera por estos lares. 

Manuel Mª Puga, Picadillo
   Noutra ocasión, cando Manolo Puga trataba de conseguir suscriptores na parroquia de Armentón para o xornal El Noroeste, o loro facía das súas insultando a un dos veciños de Anzobre, feito que nos conta Picadillo no artigo “Confidencias. La instrucción en la aldea”, publicado en El Noroeste o 5 de abril de 1905:

El entusiasmo se apoderó de todos nosotros y el que más y el que menos se echó por las calles y por las aldeas a la caza de nuevos lectores. A mi también me tocó mi parte y aprovechando la primera ocasión en que fuí al campo, reuní en conclave a los caseros más acomodados y les hablé en la siguiente forma:

Caballeros, agora hai na Cruña un papel periódico que da moito gusto de lelo. Non costa máis que unha peseta cada mes, e vós ben podedes suscribirvos que con eso saberedes todas as novedades que pasan polo mundo.
-Bien está, si señor.
-A ver, lista: Manuel Loureiro, Bernabé Gómez, Juan Grela Grela, Domingo Abeleira, etc.

Doce ó catorce nuevas suscripciones, con las cuales vine muy ufano, haciéndolas inscribir acto continuo en las listas de la administración.

Transcurrió el tiempo, yo estuve por estos barrios dos o tres meses y mi gente pagaba su periódico a toca teja y hasta había suscriptor que hacía sus reclamaciones cuando algún día por casualidad dejaba de servírsele el número.

Volví al campo y a los pocos días de estar allí vino a visitarme uno de mis enlistados.
-¿E cómo lle vai?
-Bien, y tú.
-Ben, para servir a Dios e a usted.
-¿Qué traes de novo?
-E pois señor eu víñalle dicir a ver cuando degamos de paghar el preódico.
-¿Entonces, no te gusta? ¿no está de acuerdo con tus ideas?
-Non, non señor, non é eso.
-¿Pues que pasa, hombre?
-Pois é que na casa ningún de nós sabe ler.

Ante tan rotunda declaración ordené que se le diese de baja sin nuevas explicaciones. A la semana siguiente de los catorce sólo quedaban cuatro; los diez restantes no sabían leer. Cuando uno de los sujetos me explicaba que aquel papel no les servía para nada porque según él “na casa lles estorbaba o negro”, Rodríguez, el loro a quien nunca le falta una palabrita en estas ocasiones, exclamó desde el balcón:
-¡Burro!, ¡Burro!
Y el paisano, medio risueño, medio azorado se vuelve a él y le contesta:
-Tes razón, ho. Ai que raio de paxaro!

   Rodríguez seguiría armando as de San Quintín en toda a parroquia de Armentón ata os últimos días da súa existencia, perda celebrada por uns, principalmente as víctimas do se seu impertinente vocabulario, e chorada por outros, entre eles, obviamente, o seu dono Manolo Puga. A revista Coruña Moderna, na que habitualmente colaboraba Picadillo naquela hora, escribiría o seguinte artigo necrolóxico o 14 de outubro de 1906, artigo que posiblemente sexa o primeiro destas características dedicado a un loro:


CRÓNICA DE SOCIEDAD. UNA PÉRDIDA SENSIBLE.

Nuestro querido colaborador Manolo Puga (Picadillo) pasa en estos momentos por un trance amarguísimo. Al autor de la “Cocina Práctica” le ha desaparecido, súbitamente, de su pazo de Anzobre, un hermoso loro en el que tenía puesto el más sólido y firme de sus amores. El ilustre Picadillo sospecha, con gravísimos fundamentos, que, á estas horas, el loro habrá sido víctima de la ferocidad de algún buitre o de las asechanzas de algún zorro.

Nosotros, que sabemos por experiencia lo angustioso de una pérdida semejante, pues ha poco hemos tenido el dolor de ver exhalar su último aliento a un papagayo al que queríamos entrañablemente, no encontramos palabras que sean capaces de mitigar la pena hondísima que ahora conturba el ánimo de nuestro amigo.

Y así, nos limitamos a aconsejarle que reciba con resignación este golpe que el Destino le ha deparado y que busque en la Religión un bálsamo que cicatrice la herida abierta en su pecho por el fin prematuro y trágico del leal compañero que hacía gratas y amables sus horas campesinas.

¡¡Descanse en paz el desventurado loro!!

Borrador da obra "Rodríguez, o loro de Picadillo"
   Algunhas das andanzas deste paxaro trataremos de revivilas nunha pequena obra teatral na que estamos a traballar con Melandrainas, o grupo de teatro de Arteixo, obra que titulamos “Rodríguez, o loro de Picadillo” e que agardamos poder representar nos últimos meses deste 2018 ou, se se tercia... aí deixamos a idea... facerlle unha homenaxe no entroido, semellante á que se lle realiza en Pontevedra a Ravachol, o loro de Perfecto Feijóo que, ao parecer, falecería na cidade do Lérez o 26 de xaneiro de 1913 a causa dun empacho de biscoitos mollados en viño.

   A prensa da época recollía a noticia da morte do popular loro con gran estupor, deixando á sociedade pontevedresa sumida nois profundo desconsolo, envolta nunha triste sensación de dor polo cariño que lle tiñan ao animal. Perfecto Feijóo, recibiría telegramas de pésame procedentes de toda a xeografía española, e ata incluso o seu grupo de amigos decidiría ofrecerlle a Ravachol unhas honras fúnebres como se merecía, sendo embalsamado o seu cadáver e expuesto na farmacia, unha botica que se abarrotaría de contado para recibir o pésame dos veciños e das veciñas, que facían longas ringleiras na rúa para darlle o último adeus.

   O enterro do paxaro realizaríase o día 5 de febreiro, mércores de cinza e sería a sociedade de artesáns de Pontevedra a encargada de organizalo. Antes dos actos fúnebres publicárase un bando no que solicitaban a asistencia ao enterro "disfrazado cada uno a su manera y portando un farol fúnebre". A comitiva, encabezada por unha docena de xinetes, estaba composta de bandas de música, comparsas, carrozas e miles de paisanos que nun lutuoso desfile dirixíronse ao Circo-Teatro da Alameda da cidade pontevedresa. 

   Ante unha bancada abarrotada, celébrase unha fúnebre despedida denominada "Velada Infausta" na que participan Ilustres pontevedreses antes de que os restos mortais de Ravachol foran enterrados nun terreo que Perfecto Feijóo tiña na parroquia de Mourente, lugar no que os íntimos tertulianos da botica son os que lle dan o último adeus ao loro que durante máis de vinte anos mantivera á sociedade pontevedresa pendente das súas extravagancias.

  Tras a súa morte, a lembranza de Ravachol persistiría no tempo e, co fin do franquismo e a recuperación das tradicións máis laicas e festivas, renacería con gran forza o mito do loro anticlerical, procaz e republicano. Mais, con todo, non sería ata 1985 cando un grupo de pontevedreses decidirían recrear, xunto á comisión municipal de festas, o velorio e enterro do loro Ravachol no entroido da cidade. O éxito desa primeira recreación sería de tal dimensión que en poucos anos o enterro do famoso paxaro exótico convertiríase nun dos actos máis populares dos carnavales que se celebran en Europa. Amigos e amigas de Armentón: ¿para cando o enterro do loro Rodríguez?

venres, 20 de xullo de 2018

AS FESTAS DA ÁRBORE

    O día 14 de maio de 1911 constituíase na Coruña, nunha xuntanza que tivo lugar no paraninfo do instituto Eusebio da Guarda, a asociación Amigos del Árbol, unha especie de grupo ecoloxista da época que, segundo o seu regulamento, establecera como obxectivos o fomento da plantación de árbores; elaborar e divulgar estudos sobre as especies arbóreas máis convenientes para toda a xeografía galega; facilitar e distribuír a adquisición de sementes, fertilizantes e aparatos agrícolas; organizar excursións escolares para incrementar o amor á terra e aos cultivos, e procurar a celebración anual dunha Festa da Árbore. 

   O éxito desta proposta, combinada coas accións doutras institucións que non tardarían en sumarse á idea, daría como resultado a celebración anual dunha festa que, a partir do Real Decreto do 6 de xaneiro 1915, pasaría a ser obrigatoria en todos os concellos:

1º.- Se declara obligatoria la celebración anual de una Fiesta del Árbol en cada término municipal. La fecha en que ha de celebrarse se fijará por las corporaciones correspondientes en sesión ordinaria, y el acuerdo se hará público para conocimiento de todos los habitantes del Municipio. El Ayuntamiento debe invitar a todos los funcionarios, asociaciones y entidades, tanto oficiales como particulares, que en el término municipal residan.
2º.- Los Ayuntamientos deberán consignar en los presupuestos municipales aquellos gastos que se consideren necesarios, teniendo en cuenta las obligaciones de carácter obligatorio que sobre el Ayuntamiento pesen, para adquisición de terrenos donde ello sea posible, siembras, plantaciones, riegos y demás gastos indispensables para la celebración de la fiesta. Los gobernadores no aprobarán ningún gasto municipal sin que en él figure partida, por pequeña que sea, destinada al fin indicado.
3º.- Los secretarios de los Ayuntamientos tendrán la obligación de enviar al gobernador de la provincia, por medio de duplicado una Memoria de la celebración de la fiesta del Árbol debiendo figurar en ella la fecha en que se celebre, el número de asistentes a la solemnidad, señalando de modo especial los alumnos de las escuelas que concurran, personas que más se distingan por su colaboración á las fiestas y estado de las plantaciones ejecutadas en los años anteriores. Los gobernadores formarán una Memoria general de la provincia, en que deberán figurar todos estos datos parciales, y la elevarán a la Dirección general de Agricultura.
Vista do Arteixo dos 40-50 dende a pista do Balneario. Ao fondo vense as actuais avenidas de Fisterra e do Balneario e algunha das árbores prantadas con motivo desta festa (Arquivo de Ana del Río)
   E así foi como en Arteixo, ao igual que no resto de municipios, empezaría a celebrarse a Festa da Árbore naqueles mediados anos dez nos que Toribio Salvadores Puente e Baldomero González Més alternábanse na alcaldía do municipio.

   A festa, que consistía na plantación de árbores de variadas especies en diferentes zonas do Concello, coa directa participación dos escolares aos que se lles premiaba cunha merenda, seguiríase celebrando durante os anos vinte, na dictadura de Primo de Rivera e sendo alcalde Ramón Dopico Naya, un alcalde que segundo aparece nas actas municipais, ás tres da tarde do 19 de xaneiro de 1924 abría a sesión plenaria...
Dando cuenta de la circular del Sr. Gobernador Civil, inserta en el B.O. de 12 de los corrientes, se acordó verificar la fiesta del Árbol aquella ordena, encomendando a la alcaldía que con los elementos que considere más a propósito de esta capital, Cura-Párroco, Maestro de Escuela, Médicos y algún vecino entusiasta, procure llevarla a cabo del mejor modo posible dentro de la consignación que hay en presupuesto para árboles y una suma aproximadamente doble para gastos de esplendidez de la fiesta que desde luego podrá satisfacer por cuenta de lo consignado para imprevistos”. 
María Barbeito
      Durante a etapa republicana (1931-1936) a Festa da Árbore seguiría constituíndo un dos acontecementos máis espectaculares que se organizaban no municipio, un acto de verdadeiro interés no que a inspectora-mestra da zona, María Barbeito Cerviño, sería a persoa que levaría o peso do acto durante este período no que cada ano intentaba involucrar a mestres, médicos, farmaceúticos, cregos, corporación municipal, etc., movilizando á poboación non só escolar senón tamén cidadá. Para tal fin, María Barbeito convidaba a estas festas a asociacións da Coruña e a representantes de Maxisterio da cidade herculina, ademais de animar tamén aos mestres e mestras de todas as parroquias arteixás a que ensaiasen, para o día da festa, o Himno da Árbore, o Himno Galego e diversos alalás. Unha de aquelas festas organizadas pola inspectora-mestra da zona foi a que se realizou o 3 de febreiro de 1935, na estrada da Coruña a Baños de Arteixo, coa asistencia duns 350 escolares e numerosos veciños, festa na que foron plantadas 50 árbores durante unha tarde festiva e da cal se facía eco La Voz de Galicia catro días máis tarde:
Asistieron al acto, además de las autoridades locales y maestros nacionales del municipio, la inspectora maestra de la zona María Barbeito y Cerviño, que tanta estimación y simpatía se está granjeando en este distrito; “Amigos de los Árboles”, con su presidente señor Monteagudo; “Amantes del Campo”, con su veterano presidente don Manuel Insua, y una representación del Magisterio coruñés, integrada por las cultas maestras señoritas Dorinda Vázquez y Rodríguez Celeiro, así como otras distinguidas personas que dieron al acto una nota simpática y altamente edificante.
La plantación se verificó en la carretera de La Coruña a los Baños de Arteijo, marchando los niños de las distintas escuelas y demás asistentes al lugar de la plantación donde se hallaba levantada una tribuna construída apropósito para este fin.
Dió principio el acto entonando el Himno gallego todos los presentes y un “alalá” admirablemente cantado por las niñas Sarita Mosquera y Teresita Mariño de la escuela de Arteijo, que vestían el traje regional. A continuación recitaron sentidas poesías alusivas al acto Ricardito F. Llamazares, Antoñito Pardo, Antonio Hermida, Julita Mosquera, Milagros Sande y otros de las escuelas de este pueblo que dirigen los cultos maestros nacionales doña María del Rosario Romero y don Cándido Trasende.
Seguidamente hicieron uso de la palabra don Antonio Platas, maestro de Lañas, entusiasta y activísimo presidente del Consejo local de Primera enseñanza, que explicó la significación del acto, saludando efusivamente a todos los concurrentes al mismo: don Manuel Monteagudo, en nombre de los “Amigos de los Árboles”, expuso la labor patriótica y altruista que dicha entidad viene realizando, atacando duramente a los que por ignorancia, maldad y egoísmo mal entendido, destruyen el arbolado. Habló también la culta maestra de La Coruña señorita Rodríguez Celeiro, inculcando en los niños el amor al árbol y a la naturaleza.
Por último, cerró los discursos con uno muy elocuente y ferveroso la señora inspectora y culta pedagoga ya citada que hizo una acertadísima apología del árbol, dirigiendo, sobre todo a los niños, muy sabios consejos relacionados con la fiesta que se celebraba. Presentó, con frases de gran elogio que arrancaron aplausos de la concurrencia, el venerable don Manuel Insua, como modelo de ciudadano ejemplar enamorado de la Naturaleza, la que corresponde a su culto con la vigorosa conservación de su respetable ancianidad.
Finalizó el acto cantándose con mucho entusiasmo el Himno al Árbol y procediéndose seguidamente a la plantación de los mismos, a cuya terminación se repartieron sendas meriendas a todos los niños de las diversas escuelas del municipio.
Amenizó esta fiesta la música que dirige el convecino de Meicende Baldomero González Corredoira, que a la terminación tocó alegres bailables.
Como nota elogiosa se debe destacar el rasgo generoso de los “Amigos de los Árboles”, que donaron los que se plantaron en esta fiesta”.
  A Guerra Civil e os duros anos da posguerra deixarían, durante certo tempo, postergada a celebración da Festa da Árbore, e non sería ata os últimos anos corenta cando volvemos a ter novas desa festa en Arteixo:
En cumplimiento de la circular del Gobernador Civil en la que recuerda a los Ayuntamientos la obligación de celebrar la Fiesta del Árbol con una plantación mínima de 100 árboles, el domingo se celebrará tan educativo acto en Santa Eugenia de Riveira, Somozas, Coristanco, Ares y conjuntamente en Puentedeume, Cabañas, en la playa de aquella zona. En varias de estas ceremonias tomará parte don Federico García, vicepresidente de los Amigos de los Árboles, entidad que, recogiendo una iniciativa de “La Hoja del Lunes”, gestionará que el Ayuntamiento de Arteijo celebre este año la Fiesta del Árbol en las inmediaciones del Santuario de Pastoriza.
Con relación a antedita circular informativa, publicada no xornal La Noche o día 27 de xaneiro de 1949, dous meses despois, o 28 de marzo, La Hoja del Lunes expresaba a seguinte queixa:
Recordarán ustedes que los Amigos de los Arboles y nosotros también pedimos que el Ayuntamiento de Arteijo celebrase la Fiesta del Arbol en Pastoriza, donde tanta falta hacen unas cuantas sombras. Nos dijeron que así se había convenido, pero ahora nos sorprenden con la noticia de que va a celebrarse en Larín. Y nosotros decimos ¿Es que hay incompatibilidad que impida plantarlos en los dos sitios?
Imaxe da Avenida do Balneario nos anos 50-60 na que se poden ver varias árbores que foron plantadas nalgunha edición da festa da que estamos a falar
    Se falades cos vosos pais ou avós, é dicir, algúns dos nenos e nenas arteixás da década dos cincuenta, de seguro que vos contan polo miúdo algunha das Festas da Árbore celebrada naqueles días, uns nenos e nenas que hoxe disfrutan da súa xubliación mais iso sí, aínda gardan na súa memoria os recordos das merendas despois de realizar as plantacións e a alegría de recibir unha laranxa ou un tubo de leite condensada, prezados tesouros naquela hora. Dunha daquelas festas dos cincuenta fálanos La Voz de Galicia na súa edición do 27 de xuño de 1955:

Como complemento de la plantación de unos magníficos árboles verificada en febrero último en Arteijo, ayer tarde se celebró en este pintoresco pueblecito la parte educativa de la Fiesta del Arbol, acto que fué organizado por el entusiasta alcalde don Francisco Mosquera, con el concurso de la corporación municipal y sus activos funcionarios y los maestros nacionales.
En el amplio y artístico Hogar del Frente de Juventudes don Federico García pronunció una charla, en la que elogió al vecindario de la comarca por la protección y respeto que dispensó a los árboles del camino vecinal de Cayón al Balneario, conducta de cultura y patriótica que debían demostrar o imitar quienes pretenden talar parte del arbolado de la carretera de El Seijo (Mugardos), desconociendo que por Orden del Ministro de Obras Públicas de 10 de agosto de 1944 se da un plazo de cinco años para la repoblación de las carreteras del Estado.
Imaxe dos anos 70 da Avenida do Balneario
   Nos anos seguintes, nos sesenta e nos setenta, a festa iría decaendo pouco a pouco ata chegar ao punto de deixar de celebrarse. O escritor arteixán Antón Castro, neno naquela altura, recorda de plantar árbores algunha vez, mais… “agora non recordo onde. Era en Arteixo, perto das escolas da Baiuca. Era algo que gustaba. Penso que se celebrou poucas veces. Teño unha sensación moi gozosa. Facíase pola tarde, creo recordar”.

Hoja del Lunes, 7 de maio de 1979
    Non sería ata a finais da década dos setenta cando, grazas a unha idea promovida por Vicente Castro Rumbo, presidente da Asociación de Pais de Alumnos do Colexio Carrero Blanco, hoxe CEIP Ponte dos Brozos, a Festa da Árbore volvería a recobrar o protagonismo e a importancia que tivera no pasado. Mais aquela iniciativa, despois de manterse viva varios anos, volvería a caer no esquecemento ata que xa, en pleno século XXI, sin tratarse dunha celebración como as de antano aínda que si bastante semellante grazas á numerosa participación de pais e fillos, o Departamento de Medio Ambiente do Concello de Arteixo empezaría a organizar o Día da Árbore, unha iniciativa que se celebraría por primeira vez no ano 2004, conmemorando ás nenas e nenos nados en 2003, e que se seguiría festexando ata o día de hoxe prantando árbores nos seguintes lugares:

2004. Área Recreativa do Seixedo.
2005. Monticaño.
2006. Área Recreativa do Seixedo.
2007. Área Recreativa de Barreiros.
2008. Igrexa de Arteixo.
2009. Paseo Fluvial (Centro Cívico-Centro de Saúde)
2010. Campo da festa de Arteixo.
2011. Centro de Saúde de Arteixo.
2012. CEIP Arteixo (colexio novo).
2013. Travesía de Arteixo, 287.
2014. Paseo Fluvial (Cancelo-Loureda).
2015. Campo da festa de Arteixo.
2016. Travesía de Arteixo, 303.
2017. Aula da Natureza.
2018. Paseo Fluvial (Altura Campo da festa).


A nosa voz, na soledá perdida,
morrerá sen deixar xiquera ise eco
que a brisa melencónica do outorno
deixa na copa azul dos ameneiros...”

Aires da miña terra (Manuel Curros Enríquez)


FONTES:

-Blanco Rey, Manuel. El período de la Restauración como clave para un mejor entendimiento de la Segunda República en el Ayuntamiento de Arteixo. Arteixo, 2004.
-Romero Masía, Ana. María Barbeito. Unha vida ao servizo da escola e dos escolares (1880-1970). Baía Edicións. A Coruña, 2014.