Aínda
que non o creades, especialmente os da xeración dos millennials,
no pasado houbo moita marcha (e moita, diría eu) no lugar de
Meicende nuns edificios actualmente desaparecidos que
forman parte da memoria popular e que foron a base de innumerables
matrimonios ata ben entrada a segunda metade do século pasado: os
salóns de baile.
Por
experiencia propia, con dous adolescentes na casa, teño que confesar
que ás veces resulta un tanto embarazoso trasladarlles ás novas
xeracións, enfrascadas nas novas tecnoloxías, o enorme poder
evocador de edificios como estes vellos salóns de baile que
testemuñan un pasado que está aí, a un paso, malia que semella
estar a un mundo de distancia. Non debemos esquecer que a memoria é
o que nos configura como seres. Coidemos este tesouro, por favor!
O
certo é que un tras outro foron cerrando todos os salóns de
Meicende, uns edificios dos
que imos
dar conta durante as próximas semanas. Iso
si, hai que aclarar
que nalgún
caso
eran meras tabernas ás
que se lle chamaba “salón” para darlles un certo toque de
elegancia.
Comezamos
este percorrido polo primeiro
local que tivo
a sociedade “La Esperanza”, que
se constituira en 1924 grazas
ao tesón de Marcelino González e Antonio Ponte. Xa que estamos a
falar dos bailes dos nosos avós, non deixa de ser curioso o que di o
artigo 10º da
acta constitucional desta
entidade:
“Cuando
se dé un baile se avisará con anticipación al Ilmo. Sr.
Gobernador Civil indicándole día y hora. Cada socio tiene derecho a
traer al baile, en concepto de invitados, dos mujeres y un amigo que
no será vecino de Meicende y lugares limítrofes, pues estos no se
admiten”.
Segundo
nos contou Sergio Naya, veciño de Meicende nacido no lugar no Sixto
en 1949, este
primeiro local de “La Esperanza” estaba no lugar que hoxe ocupa o
edificio número 127
da Travesía de Meicende.
Seica era unha casa pequena
con pranta baixa e
un pequeno
piso de madeira, un piso no
que a sociedade estaba de alugueiro e
no que facían as oportunas xuntanzas e mesmo algún que outro
xantar.
|
Lugar no que estaba o primeiro local da Sociedade "La Esperanza"
|
Desgraciadamente
non temos
ningún testemuño que se
acorde dos bailes que se
celebraban neste local, e
mesmo houbo quen puxo en
dúbida, dadas as reducidas
dimensións do espazo
e o feito de que o piso
fora de madeira, que
se poidera bailar
nel.
Mais un artigo publicado en
El Correo Gallego en
marzo de 1933 deixa entrever
o contrario:
“El
vecino del lugar de Meicende, en Pastoriza (Arteijo), Francisco Pardo
Alvedro, en la madrugada de ayer le sustrajeron de un pequeño
establecimiento que tiene en aquel término, cien pesetas en
metálico, seis chorizos y un queso. Los autores penetraron en la
tienda por una pequeña ventanilla que comunica con el portal,
destinada a la venta de billetes para el salón de baile que existe
en el primer piso perteneciente a la sociedad “La Esperanza” de
Meicende.
Había
en el establecimiento numerosos comestibles que los cacos no
llevaron.
A
pesar de las gestiones practicadas por la Benemérita, no se pudo
averiguar por el momento quienes sean los autores del robo ”.
Curiosamente,
nesa mesma época o gobernador civil aprobaba o regulamento dunha
nova sociedade de Meicende, o Centro
Cultural “Hacia la Cumbre”, constituído
en xaneiro de 1933.
Con
referencia aos músicos que tocaban en Meicende con certa frecuencia
nos primeiros anos da década
dos trinta,
temos informacións
que din que
o gaiteiro Rey Chiquito e a
banda dos Afamados eran algúns
dos que alegraban as vidas dos nosos devanceiros nesa altura. Tamén
nos chegou algunha pincelada sobre Os Recastados, unha banda de
Meicende que non sabemos con exactitude se
tocaban nos trinta ou nunha
época anterior. Se
alguén manexa algunha información sobre este particular,
agradecemos que nolo comunique!
Despois
da Guerra Civil
“La Esperanza” retomaría
pouco a pouco a súa actividade e mesmo temos noticias de algunha que
outra sanción á entidade:
“A
la Sociedad recreativa “La Esperanza”, de Meicende (Arteijo), 500
pesetas, por desobediencia a las órdenes de este Gobierno y
prohibición de celebrar bailes hasta mayo”.
As
miras de futuro dos
directivos daquela hora
estaban encamiñadas a conseguir un
local social en propiedade. Mais había socios que querían continuar
de alugueiro no piso no que facían xuntanzas e bailes. Pola contra,
outros optaban por buscar un soar para construír un edificio en
propiedade.
Sergio
Naya recorda
que na pranta baixa deste
antigo inmoble montou o seu negocio Alfredo,
un barbeiro que traballou alí durante moitos anos, e tamén nos
contou que “detrás deste
edificio había un portalón que
daba para o lugar no que vivían os propietarios da
casa”.
Andonando
no tempo, despois de varias asambleas e votacións, chegouse á
conclusión de adquirir un terreo na zona das Casas Novas, onde a
Sociedade “La
Esperanza” empezaría a
construír o seu novo local
social a finais da década
dos cincuenta, mais disto
falaremos a vindeira semana.
___________