A
tempada 1968/69, a da reunificación das dúas categorías, ía ser
unha loita entre os tres equipos do Concello da Laracha por facerse
co campionato, título que finalmente gaña o Paiosaco. O Peñarol
queda situado no penúltimo
posto da
táboa con once puntos, só
por diante do pechacancelas, o Atlético Arteixo, que fixera oito.
|
O Peñarol de Lañas nunha excursión a Lira, Corcubión e Fisterra
|
|
Formación da época do Peñarol de Lañas
|
Na
campaña seguinte o cadro de Lañas é duodécimo do campionato con
quince puntos, quedando
por diante do Suevos (13º), Atlético Arteixo (14º) e Larín (15º).
Por mor das novas esixencias que a Federación Galega impuxo por
aqueles días en todas as categorías do fútbol afeccionado, esta
tempada 1969/70 sería, por non seren quen de poder afrontalas, a
última campaña para varios equipos de Arteixo e da Laracha, xa que,
a partir de agora, os clubs que quixesen participar nas competicións
federadas estaban obrigados a ter vestiarios no propio terreo de
xogo, con auga corrente para ducharse tanto xogadores coma árbitros,
medidas mínimas de 90 metros de longo por 45 de ancho nos campos,
valado arredor do perímetro de xogo…
|
O Paiosaco e o Peñarol (abaixo) no Campo de Sanín
|
Estas
normas impostas pola Federación ían
dar
pé a que equipos como o Catuxa, o
Atlético Vilarrodís ou o Bens deixasen de xogar para sempre como
federados. Outros, casos do Club do Mar de Caión, Oseiro, Pastoriza,
Suevos ou Larín, abandonaron varios anos as competicións e
volverían
a elas tras facerlles fronte ás devanditas peticións do ente
federativo. No caso do Peñarol, parece ser que a boa amistade entre
o seu presidente, Moncho de Pedro, e o presidente do Paiosaco,
Luciano García Barros, naquel momento directivo da Federación
Galega, axudou
a que seguira sendo
equipo federado malia
a non cumprir algunhas das esixencias federativas.
Logo
das devanditas baixas, oito equipos conforman o campionato de Liga
“Zona Arteixo” na tempada 1970/71, curso no que o Peñarol ocupa
o penúltimo posto con oito puntos, só por diante do pechacancelas,
o Atlético Arteixo, que conseguira catro.
O
once de Lañas volve a ser penúltimo na campaña 1971/72 nun
campionato disputado
por oito
equipos. Ocupa a última posición na 1972/73 e
tamén
é o pechacancelas do campionato de 1973/74 (liga de dez equipos) e
de 1974/75 (liga de nove equipos).
|
Peñarol anos 60-70
|
|
Peñarol anos 60-70
|
Estamos
xa no
verán de 1975, que
foi cando
o Peñarol de Lañas, daquela
presidido por Gumersindo
García Naya (o do Taller Groufa),
xogou
un partido amigable, nada máis e nada menos, contra
a
Peñarol de Montevideo!
WASHINGTON
CATALDI
E O PARTIDO ENTRE O PEÑAROL DE LAÑAS E O PEÑAROL DE
MONTEVIDEO
Como
ben sabedes, o Nacional e o Peñarol son os dous equipos máis
laureados do fútbol uruguaio. Son,
por así dicilo,
o Real Madrid e o F.C. Barcelona do balompé charrúa. Xa vos
teño falado nalgunha ocasión
de José Añón, un emigrante da Laracha que, no seu novo país de
adopción, se
había converter
nun dos máis importantes empresarios de toda latinoamérica ao mesmo
tempo que dirixía o club dos seus amores, o “todopoderoso”
Nacional de Montevideo. Pois ben, as casualidades da vida tamén ían
facer
que
un dos presidentes máis queridos e admirados do Peñarol, Washington
Cataldi, tivese
algún tipo de vencello
coa
nosa bisbarra, xa que polas
veas da súa dona, Susana Bastida Martínez, corría sangue da
parroquia arteixá de Morás. Quen nolo ía dicir? Cousa
ben curiosa, abofé!
O
da Laracha presidente
do Nacional e o
casado en Arteixo
presidente do Peñarol!
Antes
de converterse no máximo dirixente do Peñarol, entidade que
presidiu en dúas etapas distintas (1973-1984 e 1990-1992),
Washington Cataldi, nado en Montevideo o 1 de agosto de 1923, era xa
un prestixioso empresario da rama da carpintería e, ademais, tamén
asomara a cabeza no mundo da política. Militante de toda a vida no
Partido Colorado, fora deputado electo en 1966 e Subsecretario de
Industria durante o ministerio de Julio María Sanguinetti
(1969-1971).
Sería
aí, nos primeiros anos setenta, cando Washington e a súa dona
empezaron a vir con frecuencia polas vacacións do verán a Freán, o
lugar no que nacera a nai de Susana, Pepa Martínez, que emigrara ao
Uruguai sendo unha cativa de catorce anos. Esas frecuentes estadías
en Arteixo ían dar pé a que Cataldi, que
foi o grande
ideólogo da creación da Copa Libertadores, fixese
boa amizade
con
Antonio Álvarez e con Jesús Corzo, presidentes do R.C. Deportivo
durante os anos 70 e 80, o que posibilitou a participación do
Peñarol no Trofeo Teresa Herrera nas edicións de 1974, 1975, 1976 e
1983.
Pois
ben, no
ano
1974, na primeira ocasión
que o Peñarol veu á Coruña disputar o decano dos trofeos estivais,
xorde
a idea de organizar un partido amigable entre os homónimos de
Montevideo e de Lañas. A iniciativa fora cousa de Rosendo Rumbo,
sobriño político da sogra de Washington,
e do
panadeiro
Chucho
de Pedro, irmán
de Moncho, que naquel momento
era o ‘Pelé’
do equipo de Lañas. Ao
repartir no Land Rover o pan por Freán, Chucho
sabía
da estadía do presidente do Peñarol de Montevideo na casa de Rumbo.
Os dous, Rosendo e Chucho,
pensaban que podía
ser
ben fermoso que se enfrontasen
os dous "Peñaroles", idea que a Cataldi, sorprendido ao
saber que había un Peñarol en Arteixo, tamén lle entusiasmara. O
presidente da entidade charrúa ía
aceptar
que
se disputase
ese partido de confraternidade co modesto club arteixán unha vez que
o seu equipo se proclamou campión
do Teresa Herrera,
pois, naquela hora, o gañador do prestixioso trofeo estaba convidado
á edición do ano
seguinte.
|
Fotografía
tomada en Freán nos anos 70. De esquerda a dereita: Rosendo Rumbo,
Susana Bastida, José Martínez -irmán de Pepa-, Washington Cataldi,
Consuelo Fuentes -muller de José-, e a nai de Washington (Cortesía de
José Antonio Rumbo)
|
E
así chegamos a agosto de 1975. O avión
do
Peñarol aterra
no
aeroporto de Alvedro o día 5 para disputar, xunto ao Atlético de
Madrid, Stoke City e Cruzeiro de Belo Horizonte, a
trixésima edición do
popular
trofeo Teresa Herrera por segundo ano consecutivo. Mais, antes disto,
había que cumprir as promesas. Había que xogar o partido que
idearan un ano antes Cataldi, Rosendo Rumbo e Chucho,
o panadeiro de Lañas, partido que se xoga no Campo
de Elviña o día 6, e do que La
Voz de Galicia facía,
coa
sinatura de Moskowich,
a seguinte crónica:
"Ayer
tarde, en el campo de Elviña, se celebró un encuentro amistoso
entre el Peñarol de Montevideo y el Peñarol de Lañas (Arteijo). El
gesto de los campeones uruguayos fue muy favorablemente comentado al
haber accedido a enfrentarse a su homónimo de tan inferior
catalogación balompédica. El recinto de juego de la Federación
Gallega de Fútbol ofrecía un estupendo aspecto, con bastantes
aficionados presenciando el partido. El terreno de juego estaba mejor
que otras veces, ya que los directivos gallegos tuvieron la
precaución de pasarle un pisón de 5.000 kilos y regarlo a
continuación, con lo que se evitó el polvo. El Peñarol de
Montevideo presentó su equipo de gala, y actuó en plan de
entrenamiento y exhibición, pese a que por la mañana ya había
realizado otro entrenamiento en el Estadio de Riazor. Sus jugadores y
directivos actuaron con una delicadeza y atención totales,
metiéndose a los aficionados prácticamente en el bolsillo. El
resultado final fue de 8-1 a favor, como es natural, de los
uruguayos.
PEÑAROL
DE MONTEVIDEO: Walter Corbo; Perurena, Olivera, Mario González;
Nelson Acosta, Pedro Custodio; Quevedo, Unanue, Morena, Silva y
Pizzani. Para relevos contaron con Fosatti, Garisto, Walter García y
Barbosa.
PEÑAROL
DE LAÑAS: Vilas; Collazo, Sánchez, Caamaño; López, García;
Moncho, Sande, Dopico, Hermida y J. Manuel García. Para cambios
contaron con Paz, Sánchez, Ferro y Alvarez además del apuntado ya
de Walter Corbo como portero en el segundo tiempo".
|
Imaxe
correspondente ao partido disputado no campo de Elviña o 6 de agosto de
1975 entre o Peñarol de Lañas e o Peñarol de Montevideo, que xogou o
partido con camiseta de cor laranxa
|
O
mesmo día, El Ideal Gallego, coa sinatura de L.G., publicaba:
"Ambiente
de expectación en el campo de Elviña ayer por la tarde, con
numeroso público en las gradas. Se enfrentaban el Peñarol de
Montevideo y el Peñarol de Lañas-Arteijo, en homenaje de los
uruguayos a su homónimo coruñés. Un homenaje simpático,
emocionado y cargado de escenas bonitas, con abundancia de
autógrafos, poses para los fotógrafos y obsequios de unos a otros.
Los equipos, bajo la dirección del señor Cruz, que pitó bien,
formaron así:
PEÑAROL
DE MONTEVIDEO: Corbo (Fosatti); Peruena, Olivera, Mario González;
Acosta, Pedro Custodio; Quevedo, Unanue, Fernando Morena, Ramón
Silva y Pizzani. También jugaron Garisto, García y Barbosa.
PEÑAROL
DE LAÑAS: Vicas (Corbo); Collazo, Sánchez I, Caamaño; López,
García; Moncho, Sande, Dopico, Hermida y José Manuel. Además de la
actuación del meta uruguayo Corbo, en el segundo tiempo, también
jugaron Sánchez II, Ferro y Alvarez.
Fue
fácil la victoria de los uruguayos, que ganaron por 8-1, empleándose
más a fondo en el primer tiempo que en el segundo. El público lo
pasó muy bien, porque se vieron jugadas muy bonitas, goles de todas
las marcas y sobre todo una hermandad estupenda, en la que han puesto
la primera piedra los uruguayos al saber que aquí había un club que
tenía su mismo nombre. Al descanso se llegó con ventaja del cuadro
sudamericano por 5-0. Marcaron por el Peñarol de allá, Fernando
Morena (3), Ramón Silva (2), Mario González, Quevedo y Unanue. El
tanto del conjunto de Lañas fue obra de Fosatti en propia meta".
Dous
días despois do partido co equipo de Lañas, o Peñarol de
Montevideo, naquel momento
comandado pola súa estrela Fernando Morena, dianteiro que non tardou
en fichar no Rayo Vallecano, debutaba no Teresa Herrera vencendo
nunha das semifinais ao Atlético de Madrid e, posteriormente, vence
na final ao equipo brasileiro
do Cruzeiro. Con
Cataldi á
fronte
da entidade, o cadro da camiseta negra e amarela volvería
disputar o trofeo herculino nas edicións de 1976 e 1983, repetindo
participación en 1992, na súa segunda etapa na presidencia.
Ata
eses
primeiros anos noventa, Susana e Washington, que falecería en
Montevideo o 2 de maio de 1996, seguiron
pasando uns días ao ano na casa da súa familia de Freán, estadías
nas que de cando en vez se recordaba o enfrontamento entre os dous
equipos homónimos.
Ao
remate
da tempada 1975/76, só uns meses despois do lendario choque
xogado en Elviña,
o
Peñarol de Lañas
ía
poñer
fin
a doce
anos consecutivos de equipo federado. Na
súa última participación na Liga de Arteixo ocupa a penúltimo posto da táboa
clasificatoria con 9 puntos, superando unicamente ao Atlético
Arteixo que tan só fixera 2 puntos. O Peñarol xogou o seu último
partido de Liga o 9 de maio de 1976, enfrontamento no que lle gañou
no
campo de Sanín ao
Campanal de Loureda por
1-0.
Unhas
semanas despois, logo de quedar exento na primeira rolda, o once de
Lañas xogaba contra o Sporting Sada os partidos correspondentes da
segunda rolda da Copa das Mariñas-Arteixo, perdendo os dous choques
por 7-0.
Aqueles
dous partidos contra o Sporting Sada foi a despedida do Peñarol do
fútbol federado. Atrás
quedaban xa
os tempos que tanto nomea na súa obra o escritor Antón Castro
(Lañas, 1959), tempos
daqueles
partidos heroicos do Peñarol dos Groufo, Gorecho, Dubra, Moncho de
Pedro, Paxín ou o gran Boedo, que ten deixado medio noqueado
a algún que outro adversario co seu gran trallazo.
O
Peñarol de Montevideo ten por lema unha fermosa frase que figura en
todos os seus escritos oficiais: “Serás
eterno como el tiempo y florecerás cada primavera”.
A ver se o seu homónimo de Lañas volve
florecer algún
día!
(CONTINUARÁ...)
__________