Ata
hai relativamente poucos anos, antes de que se axilizaran os
transportes e as comunicacións, practicamente a totalidade das
materias primas procedían da contorna na que traballaban os
artesáns, feito que limitaban as súas posibilidades ao que
encontraban ao seu arredor e que condicionaba o proceso de
fabricación e o acabado final dos seus produtos.
O
barro, a auga
e a leña
(produtora do lume) eran elementos comúns e accesibles en
boa parte das zonas do país.
Deste xeito, ante
a necesidade de útiles
para a vida cotián e de
dous elementos imprescindibles na construción de vivendas como
eran o ladrillo e a tella,
as
olarías
e as
telleiras
artesanais
proliferaron
ao largo e
ancho de Galicia
para
fabricar todo
tipo de cerámica.
De
seguro
que
este foi
o
momento do nacemento de topónimos como “oleiros” ou “telleira”,
moi presentes en toda a xeografía galega.
E
como
non podía ser doutro xeito, no municipio de Arteixo, concretamente
na parroquia de Armentón, hai un lugar que se chama A Telleira,
obviamente referido a unha instalación con forno onde antigamente se
fabricaron tellas e ladrillos.
|
Panorámica do lugar da Telleira, parroquia de Armentón
|
Ademais,
sabemos da existencia doutro lugar co mesmo nome na parroquia de
Oseiro, no actual Polígono Industrial de Sabón, que estaba na zona
que hoxe ocupan as instalacións da Leyma.
Na
parroquia de Larín temos localizada outra telleira da que nos fala
Sebastián Miñano y Bedoya no seu Diccionario
geográfico-estadístico de España y Portugal, magna obra
composta por once volumes que foi publicada entre 1826 e 1829:
“Esta
parroquia (Larín) y la citada de Armentón componen el coto llamado
de Anzobre, cuya jurisdicción fue del señor conde de Jimonde, y en
ambas conocen a prevención el juez de Bergantiños y alcalde mayor
de la Coruña. Produce 675 fanegas de trigo, 975 de maiz, 15 de
centeno, 15 de cebada, 75 de habas, 7 ½
de avena y 1600 arrobas de patatas. Hay bastante arbolado, y
su industria consiste en 8 molinos de agua, 1 batán, 4 telares y una
fábrica de teja.”
No
que se refire á que houbo na parroquia de Armentón, a mesma que
quedou reflectida co microtopónimo A Telleira, non temos información
algunha dos anos que funcionou como tal, mais grazas a uns documentos
do século XVII que localizamos no Arquivo do Reino de Galicia,
sabemos que fornecía ao convento dos agostiños de Caión antes de
1772, que foi cando estos freires
abandonaron
a vila mariñeira e
se estableceron no
barrio
coruñés da Pescadería (a
día de hoxe a Praza e o Mercado Municipal de San Agustín da cidade
herculina seguen mantendo viva a memoria desta orde relixiosa).
Todas
as telleiras precisaban un lugar onde extraer a materia prima para a
posterior fabricación das tellas e dos ladrillos. Falamos dos
chamados barreiros que, no caso da telleira de Armentón, estaban nas
proximidades como así o reflicte, unha vez máis, a toponimia. Non
deixa de ser curioso e significativo que a día de hoxe existan nesta
zona da que estamos a falar dúas entidades de poboación coa
denominación Os Barreiros, unha na parroquia de Monteagudo, onde
está a Área Recreativa do mesmo nome, e outra na parroquia de
Armentón, entidades que están separadas polo rego dos Barreiros
(segundo María Rozamontes máis arriba chamado Ibia ou Río Xordán).
|
Lugar de Barreiros, parroquia de Monteagudo
|
|
Área Recreativa de Barreiros
|
Eses
documentos
consultados
no Arquivo do Reino de Galicia, que nos axudou a interpretar o
prezado Marcos Emilio Amado Casdelo, é a resolución dun
litixio do convento de Santo Agostiño de Caión
contra
un
tal
Juan Calvete e
a súa muller
“por
una poca teja”,
preito
que
levou o xuíz de Anzobre por agresión e impago e no
que, entre outras cousas,
dise
que
“(…)
llegaron a la telleira
de los Barreiros
a buscar una poca de teja con unos carreteros”.
Velaí
está a telleira da Telleira!
Ata
a semana que vén!
__________