O "CAFÉ BERÁN" DA BAIUCA E A SOCIEDADE "EL ALBA"
A finais do século XIX, Maximino Rodriguez González abandonaba a súa parroquia natal de San Breixo de Berán, no concello ourensán de Leiro, para residir en Arteixo, lugar no que non tardaría moito en abrirse camiño entre o ambiente caciquil que predominaba a política municipal naquela hora grazas, principalmente, á colaboración do seu tío materno D. Florencio González Pérez, o cura da parroquia de Santiago de Arteixo por aqueles tempos.
Segundo conta Manuel Blanco no seu traballo Arteixo durante la II República y la Guerra Civil, Maximino probablemente quedou orfo de pai relativamente mozo, o que fixo que buscara protección e amparo no seu tío cura (un curmán de Maximino, Florencio González Soto, tamén sería cura entre os anos 20-30 da parroquia de Santa Mariña de Lañas). Polo ano 1895 xa figuraba como residente no noso concello, e o 13 de xuño de 1899 contrae matrimonio con María Mosquera Rapela, filla de José Mosquera Díaz, alcalde de Arteixo en dúas ocasións (1885-1890 e 1901-1902). Nos padróns municipais figura coa profesión de perito agrícola e tamén como industrial, isto último debido a que establecera na Baiuca un bar coñecido como o Café Berán, nome da súa parroquia natal.
![]() |
Lugar onde estaba o Café Berán |
Ao pouco de que Maximino González abrira o seu establecemento, na Baiuca tamén se constituía a Sociedade de Recreo y Expansión "El Alba", unha entidade que no primeiro punto dos seus estatutos apuntaba que nacía para "el posible mejoramiento de costumbres y desarrollo físico de los socios, que podrán expresarse indistintamente en castellano o gallego, siempre en frases correctas y sin emplear interjecciones indecentes o indecorosas y menos sacrílegas".
A Sociedade El Alba convertiríase, durantes os anos vinte e trinta do século pasado, no motor cultural de Arteixo, organizando numerosos eventos deportivo-culturais como algún dos primeiros partidos de fútbol xogados na vila, desputados nun campo que había no Monte da Penouqueira, bailes e representacións teatrais que se desenvolvían no Café Berán, a sede social da entidade, e que eran acompañados musicalmente polo piano que con gran pericia musical tocaba Manuel Fernández Llamazares, o farmacéutico da localidade por aqueles anos. Un exemplo desta actividade da Sociedade El Alba aparece nas páxinas de La Voz de Galicia en abril de 1934:
"Con un atrayente programa, integrado por los regocijantes diálogos gallegos Mal de moitos y Trato a cegas, y el pasillo cómico, en un acto, Vaites...vaites...! tendrá lugar el sábado, 28 del corriente, a las nueve y media de la noche, una velada teatral, a cargo de los distinguidos aficionados que componen el cuadro de declamación de la Sociedad El Alba, de este pueblo. Les auguramos un éxito, y es indudable que el local social será reducido para tanto público como acudirá a presenciar la actuación de tan aplaudido grupo artístico. (...) El Domingo, día 29, se celebrará en esta villa un interesante partido de fútbol entre los equipos reservas de Meicende F.C. y del titular de esta localidad. Acompañando al equipo de Meicende vendrán numerosos aficionados. El partido será amenizado por una afinada charanga de esa capital, celebrándose al final un animado baile en el elegante salón del café Berán, hasta las doce de la noche, contando los forasteros con servicio extraordinario de coches entre este pueblo y esa localidad".
Ao remate da Guerra Civil, El Alba desaparecía como tal, mais, algúns anos máis tarde, moitos dos seus integrantes crearían unha nova sociedade na Baiuca: a S.R.D. Penouqueira. O café Berán continuaría coas portas abertas, aínda que en 1939 habería cambios: Maximino Moreiras González, fillo de Jesús Moreiras e de Josefa González Més, e a súa muller Manuela Vázquez convertiríanse nos novos responsables do negocio, abrindo ao lado do bar unha panadería. A partir de aí a actividade do Berán iría decaendo pouco a pouco ata cederlle definitivamente o testemuño aos salóns de baile, que irían xurdindo por todo o concello.
FONTES:
- Reglamento de la Sociedad titulada El Alba, 11 de setembro de 1924
-BLANCO REY, MANUEL. Arteixo durante la II República y la Guerra Civil. Arteixo, 2008
-PATRICIO CORTIZO, FERNANDO & MACEIRAS RODRIGUEZ, XABIER. De Liverpool ás Sisargas; a derradeira travesía do Priam. Edicións Embora. Ferrol, 2014
OS SALÓNS DE BAILE
Pois si. Aunque non o creades houbo marcha en Arteixo. E moita marcha, diría eu, porque os pais dos nosos pais tamén tiveron xuventude, e tamén disfrutaron o weekend. O que pasa é que agora a fin de semana comenza o venres ao mediodía e remata o luns pola mañá. Agora compre que falemos dun tempo no que a fin de semana era só a tarde dos domingos.
Dende o San Miguel, en que remataban as romerías con músicas a ceo aberto ata o mes das flores, a xuventude ía mocear aos salóns de baile. Ollo! Falamos dos anos corenta-cincuenta, e xa choveu, polo que tede en conta que igual algunha palabra a levou o vento, ou algún dato pode ser corrixido. O caso é que naqueles tempos había salón de baile en cada parroquia, cando non dous ou tres.
Se retrocedésemos máis no tempo teríamos que falar dos bailes de pandeireta ou dalgún que outro veciño que sabía tocar a gaita e que animaba as tardes dos domingos para que os mozos do lugar bailasen. Pero Arteixo está moi preto da capital, e as ansias urbanitas dos nosos devanceiros impuxeron as modas que triunfaban aquí ao ladiño, "en La Coruña".
E así foi como se estenderon por todas as parroquias. E ás veces parece que me estou referindo a un tempo lonxaaaaaaano, pero non é para tanto. Os nosos avós de setenta-oitenta teñen isto tan claro que ata lles resulta trivial falar do tema.
Buff !!, que me lío eu só...imos cos salóns: xa só en Loureda tiñamos tres: o de Catoira en Regocheo, o do Castellano na Quintán e o de Rumbo no Foxo. A este último aínda se lle lían as letras enriba da porta hai pouco, mais hoxe están cubertas polas hedras. Disque atraía a moita xente de San Román, Lestón e Peisaco.
![]() |
Salón do Foxo (Foto de Víctor Iglesias) |
![]() |
Salón do Foxo na actualidade |
En Arteixo tamén había competencia entre o salón da Baiuca, o de Caldas e o do Balneario. Este tiña pista de baile fóra e os petromás colgados dos pinos dábanlle certo toque romántico.
![]() |
Pista do Balneario (Foto Ana del Río) |
O que pasa é que non só ían aos salóns os mozos en idade hormonal. Tamén se achegaban os máis pequenos a mercar algunha lambonada, que evidentemente non era un Kinder Bueno nin unhas gominolas. Daquela, as lambonadas eran as laranxas, ou as noces, ou os figos pasos, ou as castañas cocidas que viñan envoltas en panos para non perder a calor...E ata as avoas entraban no salón a ver con quen bailaba a neta ou para saber que tal o facía a orquesta de turno. E ollo, que as orquestas eran un dos reclamos para ter concorrencia. A Orquesta X, os Mallo, a Espallante, os Patolos, os Españoles, os Satélites ou os Trovadores xa daquela principiaban a darlle forma ao que hoxe en día se denomina "fenómeno pachanga" (mira que non hai orquestas en Galicia...).
Diciamos que atrás quedaban os bailes de gaita ou pandeireta, motivo polo cual atrás quedaban as muiñeiras ou as jotas. Estas orquestas, xa daquela, interpretaban os éxitos do momento: a Raspita, a Cumparsita, a Conga de jaruco...
Para rematar este relatorio transcribo literalmente as palabras dun veciño de Oseiro:
"...catro pesetas costaba a entrada, que para min eran a metade do soldo da semana...pagabas alí, na garitiña que aínda se ve ao lado da porta, e pa dentro! Deixabas o abrigo no roupeiro, que era unha modernidade para o salón perralleiro que era, pero bueno, había roupeiro...como houbese boa orquesta, alí habían de andar as mozas de Pastoriza...nación que as dou!...e eu na fura de diante...no medio da pista había unha columna cos espellos, e o baile facíase virando ó redor, coma nun tiovivo. Había uns palcos nos que se sentaban as vellas que non tiñan outra cousa que facer...nación que as dou a elas tamén!! se te arrimabas demais á parexa, berraban ou dábanche unha bareada co bastón...pero elas non sabían que debaixo dun dos palcos había un ángulo morto...o rincón...e alí mordíamos...ti xa me entendes..."
![]() |
Salón de Figueiroa, en Oseiro |
"Así fué que empezaron papá y mamá
tirándose besitos y una guiñá.
Así fué como empezaron papá y mamá
y ya somos catorce...y ya vienen más"
(Relato de Victor Iglesias García)
A SALA DE FESTAS EVA
A mediados dos anos sesenta Arteixo apresenta unha "movida decadente". Os vellos e numerosos salóns de baile quédanse anticuados para as novas xeneracións, e a fin de semana non ten outro atractivo que as películas de vaqueiros no cine Real. Son os tempos nos que comenza a funcionar o polígono de Sabón, e isto motiva que moita xente do campo se traslade á capital, sobre todo mozos que veñen a traballar de obreiros, e mozas para os talleres textiles.
As circunstancias sociais piden a berros unha iniciativa como a que tivo o señor Manuel Díaz, coñecido como Manolo de Eva. No ano 1968 inaugura a sala de festas Eva, e con ela, Arteixo convértese na referencia da fin de semana para a xuventude dos arredores durante máis de dez anos.
Unha das primeiras atraccións desta sala fora, no ano 1970, a actuación de Camilo Sexto. O éxito fora rotundo, e as cen mil pesetas do caché ben as mereciu...naqueles tempos a voz deste artista era toda unha garantía (e tamén os seus axustadísimos pantalóns...). Esta atracción daríalle certo pulo á sala de festas, e así foi como despois viñeron os Diablos, Fórmula V, Pekenikes, Juan Camacho, e o propio Julio Iglesias, que aunque non chegou a actuar, si tiña o contrato firmado.
![]() |
Grupo de moz@s na Eva nos anos 70 |
E no medio de tanta atracción internacional, sorprende o feito de que o maior abarrote fose provocado por un conxunto da terriña. Sobre 1300 persoas déronse cita na sala para ver a un dos mellores grupos galegos de todos os tempos: Os Tamara de Pucho Boedo.
O negocio ía ben, e así, no ano 1975 houbo que ampliar as instalacións. A xente de Arteixo e arredores tiña ben claro que facer na tarde-noite dos domingos.
A sala de festas Eva non tivo competencia de ningún tipo nos seus bos tempos, bos tempos nos que era unha cousa ben común que actuasen os Satélites, os Españoles, os Trovadores ou os Players, que por aí adiante estaban considerados unhas excepcionais orquestas.
Pero non todo era música ou baile. Moitísimos matrimonios téñense fraguado nesta sala. Poderíamos dicir sen medo a esaxerar que máis da metade da xente entre 50 e 60 anos natural de Arteixo moceou (con máis ou menos éxito) na sala de festas. E se non o credes, preguntade...
![]() |
Mozos do Rañal na Eva |
O cubalibre e o ginkas eran as consumicións máis solicitadas, contando o whisky con moi poucos adeptos. Hoxe en día parece que é ao revés.
A xente viña á sala a bailar, a mocear, a beber, e tamén había quen viña a armar bulla. Era o caso de bandas organizadas como os "Diablos Rojos" (eran do lado do Martinete e Elviña), que protagonizaron unha das épocas máis duras da sala.
Pouco a pouco, aqueles mozos que chegaron a Arteixo para traballar como obreiros e aquelas mozas empregadas en talleres textiles, foron medrando...e casaron...e agora xa teñen fillos casadoiros. Agora son xente de cincuenta ou máis que lembra con nostalxia a Camilo Sexto ou aos Tamara, ou os primeiros cubalibres, ou os primeiros bicos.
Aqueles marabillosos anos da sala de festas Eva...aquela música dos Tamara:
"...cando a luíña aparece
e o sol nos mares se esconde
todo é silencio nos campos,
todo na ribeira dorme..."
![]() |
A sala de festas Eva na actualidade |
(Relato de Victor Iglesias García e fotografías de Luis Souto Naya)
A TABERNA DE CHAMÍN
Empezando a subir a costa de Chamín do medio, a man dereita, na estrada de Caión, asfaltada como a estrada xeral; para máis señas, cerquiña do cruce que vai para Paiosaco. É necesario explicar ben onde se atopa, porque os que non saben que existe pasan de largo sen nin sequera decatarse. Unha chapa de Coca Cola, unha de Fanta e o letreiro de Tabacalera coa súa insignia que indica que é un establecemento autorizado para a venda do tabaco, colgado na fachada da casa. O paso do tempo nótase na extructura exterior, portas e ventás de madeira, paredes de pedra, o tempo deixa o seu sinal por onde vai, pero nesta casa, de xeito moi doado, podemosnos trasladar anos atrás. No interior, aínda de forma máis notable, decatamosnos de que o único que mudou foi o envoltorio dos productos que alí se venden. Ademais de taberna sigue sendo un establecemento onde nos podemos servir das cousas necesarias para a vida diaria, coma fai tantos anos, igual. O paso do tempo non se nota na altura. As novas xeracións calzan corenta e pico e miden cento e non sei que. Son moi altos. Antes non...antes eran máis ben baixos. Na taberna de Chamín, algúns dos rapaces e rapazas coas que nos podemos cruzar agora na rúa, non esaxero se digo que non lles costaría moito estirar a man e tocar o teito, que é de madeira e nas súas vigas hai cravadas puntas de aceiro que fan á vez de ganchos. Por suposto que pasou o tempo, e que se nota o seu paso tamén por esta taberna, pero se queremos soñar como sería a vida nas tabernas de antes, este sería un lugar ben axeitado para facelo. Quedan poucos lugares nos que as innovacións pasaran de largo como puideron facelo aquí, ata custa crer que fora posible. De feito non foi posible, según nos alonxamos, botamos a vista atrás e vemos o tellado de tella, que seguro foi dunha cor vermella forte, agora indefinido, e tamén do tamaño da chapa da Coca Cola...pero eso si, ao lado da cheminea a taberna ten unha chapa redonda que pon "satélite canal digital".
![]() |
"O Piñeiro", a taberna de Chamín, nos anos 90 |
(Relato de Ana Castro, emitido en Radio Arteixo o 7 de febreiro de 1998)
A TABERNA DE MONTEAGUDO
Se non sabes onde está, non te preocupes que non ten perda e é ben doado chegar a ela. Non tes máis que ir ata a xoia do románico que é a igrexa de Santo Tomé, que seica é o único que quedou en pé do antigo mosteiro que había alí, no lugar de O Igrexario, o mesmo que na alta Idade Media era coñecido co nome de Mosteiro e que está resgardado ao norte polo Monte da Pedra Vella e ao sur polo Picoto da Veiga. Pois alí, agochado detras da igrexa, tes "O Salón", a taberna de Monteagudo.
Ao entrar vaste atopar cun local ben chulo, cun enorme comedor ao fondo, que nestos días de inverno enchen os comensais que, entre outros platos, van comer o cocido. Se es dos que te quedas na barra, mentres que che prepara un café Susa, a muller que actualmente atende o negocio, de seguro que ao teu carón haberá algún cliente dos de toda a vida, dos que aínda lembran os tempos de cando se facía baile na taberna.
Eses eran os tempos da señora Socorro, a nai de Isabel (a propietaria do establecemento), que nos anos cincuenta ou se cadra nos cuarenta xa abrira a taberna na que tanto podías comprar unha tableta de chocolate coma un saco de millo ou botarlle unha cunca de viño...si, eran os tempos nos que os homes entraban a tomar a copa e a xogar a partida e as mulleres a comprar e, a ser posible, sen entrar xuntos...os tempos nos que poucas casas da parroquia tiñan teléfono..."Señora Socorro, chámeme a un taxi, que vou para o médico"...e tamén eran os tempos do salón de baile.
Hoxe "O Salón" é outra taberna ben diferente á dos tempos da señora Socorro, pero aínda non hai moito, antes de ser restaurada, cando pasabas polo corredor, por diante da porta da cociña e un pequeno almacén onde estaba o conxelador dos xeados, había outra porta que daba á parte exterior do local. Alí estaba o servizo e o río de lavar a roupa e, de fronte, a porta dun local grande, húmido, escuro e frío no que se gardaban sacos de abono, penso, caixas de cervexas, gaseosas...pois ben, era alí, nese local, onde se xuntaban as mozas e mozos, no salón, un dos de máis sona de todo Arteixo, e no que se conservaba despois de tanto tempo, sen saber moi ben porqué un letreiro que poñía "PROHIBIDO CEDER LA PAREJA".
Así que xa sabes, cando vaias a Monteagudo vaille botar unha ao Salón!
![]() |
"O Salón" de Monteagudo actualmente |
O BAR MOISÉS
Corrían os últimos anos da década dos cincuenta, cando Abelardo Rey e Amalia Martínez, abren na Avenida do Balneario un bar ao que deciden bautizar co nome do seu único fillo: Moisés, establecemento no que traballarían catro ou cinco anos. "O fin de semana aínda se gañaba un peso, pero pola semana pouca caixa se facía e dicidimos emigrar a Suiza". Así mo facían saber o pasado xoves, 27 de agosto, o señor Abelardo e a señora Amalia, quenes amablemente me atenderon no seu domicilio do Camiño de Candame e tamén me lembraban que ao pouco de abrir o seu negocio empezarían a parar nel os futbolistas e simpatizantes do Penouqueira. De feito, os xogadores da camiseta vermella vestíanse alí cando disputaban os seus partidos como equipo local no campo do balneario.
![]() |
Imaxe dos anos 60 de Antonio Naya, "Pesudo", diante do Bar Moisés |
Son moitas as lembranzas que teñen as e os arteixáns en torno ao "Moisés". Uns ían ao bar, xa con Guillermo e Carmen detrás da barra e cos seus fillos Guillermo, José e Angel parando por alí, a falar de fútbol e pola vinculación do local co Penouqueira; outros ían a ver "Los intocables de Eliot Ness", serie que se empezara a emitir en España en 1964; algúns e algunhas ían pola máquina tocadiscos na que a xuventude daquela hora, según me ten contado a miña veciña Fina Sanjurjo, moitos pesiños ten gastado elixindo unha das cancións que máis soara no verán de 1965: "La Yenka", aquel baile irresistible que se marcaban os nosos pais da man de Johny e Charlie Kurt, un dúo de cantantes do norte de Europa; e mesmo había quen ía ao "Moisés" polos bocadillos de pan de bola de chourizo, sardiñas... Tamén son lembradas, e moito, as partidas de futbolín.
Según me contaron o señor Abelardo e a señora Amalia, ao voltar de Suiza, donde estiveran traballando doce anos, decidiran investir parte dos aforros da emigración nun supermercado que abrirían en 1975 ao carón do bar do que estamos a falar, supermercado ao que tamén bautizarían co mesmo nome que o seu único fillo e que fecharía en 1988, trala xubilación de Abelardo.
Imaxe dos anos 70 na que se ve o Bar e o Super Moisés |
Tras varias décadas traballando no "Moisés", Guillermo e Carmen traspasaríanlle o negocio a un matrimonio do Val do Dubra, a Manuel e María, que serían os últimos propietarios daquel bar cheo de pegatinas, chaveiros e banderíns de fútbol no que sempre había un futbolín, un bar vinculado tantos anos ao Penouqueira e que sería derrubado para construir o edifico dos de Gestal. Curiosamente, o "Moisés" e o Penouqueira, tantos anos "camiñando" xuntos, desaparecerían practicamente ao mesmo tempo.
TABERNA "A BAIUCA"
![]() |
Na taberna "A Baiuca" con Bieito, "Guitarras" e "Manín" |
Bieito, se os seus compromisos con "Lúar na Lubre" llo permitían, estaba alí, na taberna, polas mañáns e polas tarde-noites, xa acompañado de Marisa, de luns a sábado. Nos primeiros meses de vida do establecemento tamén estiveron un tempo detrás da barra Juan e Miriam, e posteriormente incorporaríase ao "equipo" Isabel.
Traballar de tabernir@ é un oficio duro e hai que estar moitas horas agarrad@ á barra para rendabilizar o negocio, aparte de entender de sicoloxía e darlle a cada cliente o trato e atención que merece. Bieito e Marisa abofé que o conseguiron (falo do trato e de exercer de sicólogos) e dentro dese estado de suxestión, tamén conseguiron que a súa taberna fose o lugar ideal para "arteixear" e "baiucar", cumprindo perfectamente a súa labor de oficiosa embaixadora de galeguidade en Arteixo.
Teño que recoñecer que eu só era cliente habitual os venres ás noites, día de foliada, día no que de cando en vez os arteixáns tiñamos o luxo de contar coa presencia na taberna de grandes músicos do país e, tamén do concello, como Oscar Miranda e Víctor Iglesias. Os venres, día de foliada, o cruce xeracional que se podía ver na taberna cantando cancións populares galegas era ben fermoso, espectacular...hoxe é venres, día de foliada, o derradeiro venres de foliada con Bieito e Marisa ao fronte do negocio!
Que pechen estos lugares de grata convivencia e filosófico discurrir que son as tabernas como "A Baiuca" é sempre unha gran perda. Arteixo está de loito. Bieito, Marisa: grazas mil por estos case tres anos!
O BAR "INSUA"
Cada vez que entro no Bar Insua, coñecido popularmente como "O Muiñeiro", a tomar un café ou a selar unha Primitiva dame a impresión que fago unha viaxe no tempo semellante á que fixera Marty McFly (Michael J. Fox) en "Regreso al futuro", película na que o protagonista chega ao ano 1955 nunha máquina creada polo seu amigo Doc, o científico ao que todos tomaban por tolo...lembrades?
No Bar Insua, a persoa que nos fai viaxar ao pasado é Pepe, Pepe do Muiñeiro, que leva máis de catro décadas ao frente do negocio. Se nunca entraches no bar advírtoche que non podes ir con presa. Pepe ten o seu ritmo e non é de cortar a conversa coa clientela (a maioría dela xubilada) cando lle piden unha consumición. Conta con paixón as súas lembranzas, e abofé que sabe transportarte (se cadra os seus tempos de taxista teñen algo que ver) ao Arteixo do pasado describindo con todo tipo de detalles como era a vila e as súas xentes nos anos cincuenta e sesenta. Nese viaxe no tempo, do que aínda quedan no bar algúns vestixios dos seus primeiros tempos como a televisión (unha das primeiras que houbo no concello), o aparato de radio ou algunhas botellas de coñac, negras polos fumes das farias de anos de reñidas partidas de tute e dominó, Pepe tamén te conduce aos tempos no que o fútbol era un deporte e non un negocio falando dos Mundiais, do noso Deportiviño, de Arsenio Iglesias ou dos derbis de antano entre o Penouqueira e o Atlético Arteixo, do que él fora xogador e o seu irmán Fernando fundador.
![]() |
Pepe facendo un café e, no centro da imaxe, o antigo televisor do Bar Insua |
O edificio donde está o Bar Insua, no cruce da Avenida de Fisterra coa Avenida de Caión, é unha casa única, distinta a todas e cun deseño pouco común que a min sempre me gustou pola gran cantidade de ventás que ten.
Esta casa construírona os pais de Pepe, Manolo "o Muiñeiro" e Mari Pepa, matrimonio que tiña catro fillos (Carmen, Fernando, Manolo e Pepe) e residencia en Candame, lugar donde tiñan muíño, de aí o alcume do bar.
Unha vez rematada a obra, da que Manolo encargaríase de facer a carpintería, a principios dos anos cincuenta a familia trasladaríase definitivamente de Candame ao seu novo domicilio, naquela hora coñecido como o lugar de O Cruce, deixando a pranta alta da casa para vivenda e o baixo para negocio.
O local, que empezaría a funcionar como ultramarinos e taberna, non tardaría en se converter nun dos principais referentes futboleiros da zona, iso si, sempre identificado coas cores do Atlético Arteixo xa que Fernando, un dos fillos de Manolo e Mari Pepa, fora xunto a Eduardo de Martís o fundador do equipo branco e vermello.
![]() |
O Bar Insua nos anos 60 |
Ao crearse a Liga de Arteixo, é doado imaxinar como eran os luns daqueles primeiros anos sesenta no bar Insua: fútbol, fútbol e máis fútbol e, de seguro, que co semanario deportivo Riazor enriba da barra, semanario do que daba boa conta a clientela lendo as crónicas que enviaba Fernando baixo o seudónimo de FINGA (Fernando INsua GArcía)...mais Fernando, coma tantos miles de galegos, faría a maleta e emigraría a Inglaterra, donde estaría 17 anos sen voltar a Arteixo. Ao vir das illas británicas abriría unha tenda de deportes, Deportes Gido, na que cada vez que lle ías comprar algo sempre che amosaba as súas famosas libretas donde tiña anotados todos os resultados históricos de infantís, xuvenís e aficionados dos equipos de fútbol de Arteixo.
Ao emigrar FINGA, seu irmán Pepe, que daquela traballaba na Seat e tamén botaba unha man no bar os fins de semana, quedaría ao frente do Insua e a día de hoxe, case medio século despois, segue facendo cafés, selando quinielas e transportándonos no tempo coas súas conversas dos tempos de antano.
O RESTAURANTE "EL GALLO DE ORO"
![]() |
Á esquerda, "El Gallo deOro" antigo |
Corría o ano 1962 cando Pepe Morgade e Fina Gestal abren na Avenida de Fisterra, naquela hora coñecida como "a carretera nova", un restaurante ao que bautizan como "El Gallo de Oro", nome co que lembraban a ópera de Nikolái Rimski-Kórsakov que tanto lle gustaba ao médico Don Manolo, o padriño do seu fillo Fernando. Aqueles son tempos no que acudían ao Balneario de Arteixo ducias de persoas a pasar a época estival, entre elas o madrileño Santos López Pradil, bo cliente do restaurante que naquela altura era coñecido
como o "embaixador de Arteixo en Madrid" e que cada ano viña a pasar as vacacións coa súa familia ao noso municipio. De xeito silencioso, sen as actuais campañas de marketing en redes sociais ou
gastos de publicidade, senón a base das recomendacións que empezarían a realizar os
seus satisfeitos clientes, Pepe e Fina non tardarían en facer
un importante oco no panorama gastronómico da comarca. Todo ía ben ata que en agosto de 1965, tres anos despois de que abriran o seu negocio, o
Consello de Ministros da dictadura franquista daba luz verde á creación
do Polígono de Sabón, un asentamento industrial que daría pé a que se
expropiarían máis de 2.000 terreos, entre eles o do restaurante do que
estamos a falar. Mais abofé que Pepe e Fina tiñan ben clariño que o seu
futuro seguiría entre os fogóns. Non quedaba outra: había que empezar
outra vez de cero!
É aí cando deciden comprarlle á Deputación da Coruña os terreos que o ente provincial lle expropiara ao matrimonio e, tralos oportunos trámites, o 28 de decembro de 1973 a Comisión Municipal Permanente de Arteixo acorda concederlles licencia municipal para construir nas parcelas 31-B e 32-C do Polígono un novo edificio destinado a
Conxunto Hosteleiro, edificio que se inauguraría en 1975 e que ven sendo o actual Gallo de Oro que tod@s coñecemos.
Catro anos despois da inauguración do novo establecemento, Fernando, o fillo de Pepe e Fina, casaba con Rosa Míguez, arteixá con raíces en Morás e no Foxo, quenes pouco a pouco irían collendo o testigo dos fundadores ao tempo que serían quen de convertilo nun dos restaurantes de referencia do país, un restaurante que, dende a súa inauguración, tería de ilustres comensais aos Reis de España, Juan Carlos e Sofía; a todos os presidentes do Estado excepto Zapatero; a Manuel Fraga Iribarne; Carmen Martínez Bordiú e Alfonso de Borbón; o Conde de Barcelona, Juan de Borbón; Jaime de Marichalar; o lendario Di Stéfano; os escritores Mario Vargas Llosa e Camilo José Cela; o actor José Luis López Vázquez; o cantante Julio Iglesias; o que fora presidente da Real Academia Galega Domingo García Sabell; ou, entre outros, ao artista galego Laxeiro, quen deixaría plasmado unha pintura súa no libro de sinaturas do restaurante.
Fernando e Rosa, segunda xeración de El Gallo de Oro, sosterían o éxito do seu negocio sobre tres pilares básicos: producto de calidade, cun esmerado cuidado na selección das materias primas (o restaurante diferenciuse sempre por servir o mellor marisco de toda a costa, feito que o levaría a ser coñecido como "a aduana" porque os mariñeiros vendían antes no establecemento arteixán que na lonxa); boa atención, con esquisita elegancia do servicio; e discreción, cualidade, esta última, imprescindible debido aos moitos negocios e acordos políticos que se cerraron no popular local.
![]() |
El Gallo de Oro actual |
Catro anos despois da inauguración do novo establecemento, Fernando, o fillo de Pepe e Fina, casaba con Rosa Míguez, arteixá con raíces en Morás e no Foxo, quenes pouco a pouco irían collendo o testigo dos fundadores ao tempo que serían quen de convertilo nun dos restaurantes de referencia do país, un restaurante que, dende a súa inauguración, tería de ilustres comensais aos Reis de España, Juan Carlos e Sofía; a todos os presidentes do Estado excepto Zapatero; a Manuel Fraga Iribarne; Carmen Martínez Bordiú e Alfonso de Borbón; o Conde de Barcelona, Juan de Borbón; Jaime de Marichalar; o lendario Di Stéfano; os escritores Mario Vargas Llosa e Camilo José Cela; o actor José Luis López Vázquez; o cantante Julio Iglesias; o que fora presidente da Real Academia Galega Domingo García Sabell; ou, entre outros, ao artista galego Laxeiro, quen deixaría plasmado unha pintura súa no libro de sinaturas do restaurante.
Fernando e Rosa, segunda xeración de El Gallo de Oro, sosterían o éxito do seu negocio sobre tres pilares básicos: producto de calidade, cun esmerado cuidado na selección das materias primas (o restaurante diferenciuse sempre por servir o mellor marisco de toda a costa, feito que o levaría a ser coñecido como "a aduana" porque os mariñeiros vendían antes no establecemento arteixán que na lonxa); boa atención, con esquisita elegancia do servicio; e discreción, cualidade, esta última, imprescindible debido aos moitos negocios e acordos políticos que se cerraron no popular local.
![]() |
Carlos Morgade cos seus pais, Rosa e Fernando |
NELSON CEDEIRA E O BAR FÉNIX
Xusto no lugar onde antano estaba o cuartel vello da Garda Civil de Arteixo, que ven sendo a zona do actual Paseo do Balneario que fai esquina coa Rúa das Frores, tedes o Bar Fénix, local que recomendo a todo o mundo, especialmente @s futboleir@s. Se entrades a tomar un café vaivos atender Nelson Cedeira, un home que, ao pouco de que lle faledes de fútbol, abofé que vos ha de sorprender polo feixe de historias balompédicas que garda na súa memoria e que, ademais, tivo un brillante pasado no mundo do chamado deporte rei que agora vos conto.
Nado o 16 de outubro de 1964 en Montevideo, no barrio de Paso Molino, Nelson é un dos dous fillos do matrimonio formado por Francisco Cedeira Mallo, arteixán da Catuxa que antes de emigrar a Uruguai traballara nas minas de volframio do noso concello, e de Amelia Beatriz Zas Ratto, unha muller á que Francisco coñecería no país sudamericano e que era filla de nai italiana e pai arteixán de Candame: Jesús Zas.
Jesús Zas, avó materno de Nelsón, fixera a maleta da emigración nos anos 20 do século pasado e, ao pouco de establecerse na capital charrúa, montaría unha panadería. Jesús sería, ademais, un dos fundadores do Salus Football Club, entidade creada en 1928 que viste como o F.C. Barcelona porque outro dos seus fundadores fora un inmigrante catalán que donara a primeira equipación deste modesto club de Montevideo.
Francisco Cedeira Mallo, xenro de Jesús Zas e pai de Nelson, tamén estaría vinculado co Salus F.C. xa que sería o tesoureiro da entidade entre 1965 e 1975, un Francisco que naquela altura mantiña boa amistade con José Añón Canedo, emigrante da Laracha que por aquel entón era un dos máis importantes empresarios de toda América
Latina por ser o fundador da CUTCSA (Cooperativa Uruguaya de Transportes Colectivos Sociedad Anónima) e que ademais fora o presidente do Nacional de Montevideo entre 1955 e 1961.
Naqueles anos 70 Nelson, o noso protagonista, ingresaría nas categorías inferiores do Salus, co que debutaría aos 17 anos no primeiro equipo, un Salus que ascendería catro categorías de xeito consecutivo ata acadar á 2ª División. O adestrador desta proeza fora Guillermo Escalada, antigo xogador do Nacional que conquistara con este equipo o Teresa Herrera en 1958 tras vencer na final ao Flamengo por 2-1, con goles do propio Escalada e de Héctor Núñez, un futbolista que era fillo de emigrantes de Meicende e que ficharía no Valencia días despois de conquistar o popular trofeo veraniego herculino.
As boas actuacións de Nelson Cedeira no eixe da zaga do Salus non pasarían desapercibidas para un dos históricos do fútbol charrúa, o Wanderers, club que se faría cos servicios do futbolista uruguaio-arteixán en 1982. Nelson coincidiría neste equipo con xogadores da talla de Jorge Barrios, que posteriormente firmaría co Olimpiakos; Ariel Krasowski, que ficharía no Boca Juniors; Daniel Carreño, que pasaría ao Lens francés; Luís Acosta, que firmaría co América de México e despois co River Plate; ou, entre outros co lendario Enzo Francescoli, que abandonaría o Wanderers para fichar no River Plate e posteriormente, tralo seu paso polos campionatos de Francia e Italia, convertiríase nunha das grandes estrelas do fútbol mundial.
En 1983 Nelson sería un dos integrantes da selección de Uruguai que participou no II Mundialito da Emigración celebrado na provincia de Pontevedra, Mundialito que acabarían gañando os da camiseta celeste, con Nelson formando parte do once titular, tras impoñerse na final á selección de Arxentina por 2-0 na final xogada no estadio de Balaídos.
Trala súa etapa con Wanderers, o central de sangue arteixá ficharía aos 22 anos no Centro Atlético Fénix, outro dos clásicos do fútbol uruguaio que actualmente milita na Primeira División. O seu bo papel neste equipo levaríao a dar o salto a Europa en 1987, ano no que xogaría 6 meses no Orihuela. Na tempada seguinte, na 87/88, varios equipos da 2ª División española intentarían facerse cos seus servicios, entre eles o Jérez C.D., que naquela hora adestraba o coruñés José Antonio Naya, mais finalmente o futbolista uruguaio-arteixán ficharía no R.C. Celta. A experiencia no equipo olívico, dirixido naquela altura polo técnico vasco Jose Mª Maguregui, non sería moi positiva para Nelson, que só xogaría algúns partidos amigables na pretempada co cadro celeste, feito que o levaría a voltar ao Uruguai e fichar de novo co Fénix, equipo no que permanecería ata o 2002, que foi o ano no que "colgou as botas".
Despois da súa retirada do mundo do fútbol, Nelson decidiría emigrar coa súa familia á terra que vira nacer a seu pai e a seu avó materno e, ao pouco de establecerse nela, empezaría a traballar na fábrica de pastas frescas "La Napolitana", un Nelson que non tardaría en principiar a súa relación coa hostelería arteixá, pois no 2003 faríase cargo de O Yunque, bar que rexentaría ata o 2007, que foi o ano no que abriu o local que leva o nome do seu último equipo de fútbol, o Fénix, un bar que curiosamente está a poucos metros doutro que tamén ten moito que ver co fútbol uruguaio: o Code. O seu propietario, Alberto Rabuñal, é neto de Francisco Rabuñal Míguez que, a parte de ser o presidente do Atlético Arteixo durante 14 anos, era curmán de Oscar Omar "Cotorra" Míguez, campión do mundo con Uruguai no Mundial de Brasil de 1950 do que, por certo, pódevos dar boa conta Nelson Cedeira cando vaiadas a tomar un café ao Fénix, que para moit@s xa é a "embaixada" do fútbol sudamericano en Arteixo.
DE SUSO DÍAZ A RAÚL GUTIÉRREZ, O ONTE E O HOXE DA "PARRILLADA GARDEL"
Redes sociais, críticas gastronómicas, comentarios en TripAdvisor, apps
especializadas…Cada vez dispoñemos de máis recursos para acertar nas nosas apostas á hora de comer mais, ao meu modesto entender, o mellor segue a ser deixarse levar polo boca a boca da xente local ou polos consellos de familiares e amigos que estiveron antes que nós no destino vacacional que temos en mente. No caso de Arteixo, contamos cun bo número de negocios hostaleiros recomendables nos que podedes saborear as mellores exquisiteces culinarias da bisbarra, negocios sobre os que prometo falar máis polo miúdo algún día xa que hoxe o protagonismo é para a Parrillada Gardel que, con case catro décadas de historia, ten máis que merecido o pequeno homenaxe que lle facemos a continuación.
Situada no lugar da Groufa, no que algunha xente, dada a proximidade coas Parrilladas Paraíso e La Florida, denomina a "milla de ouro do bo comer arteixán", a Parrillada Gardel reabriu, despois dunha paréntese de dous anos, as súas portas o pasado 27 de xuño da man do uruguaio Raúl Gutiérrez Pita, un cociñeiro que curiosamente está agora ao fronte do mesmo local no que iniciara a súa traxectoria, alá polo ano 1978, o que Gutiérrez considera "maestro de todos los parrilleros coruñeses", Jesús Díaz.
Nado na parroquia de Santiago de Berdeogas (Dumbría) o 23 de novembro de 1936, Jesús Díaz, máis coñecido polo apelativo de Suso, foi un dos miles de galegos que fixeron a maleta da emigración nos anos 50 na procura dunha mellor vida e das oportunidades que non tiñan na súa terra. Con 18 anos recén cumpridos o noso protagonista decide embarcarse a Brasil onde, nada máis realizar a travesía atlántica, empezaría a traballar de camareiro en Río de Janeiro. Doce meses servindo caipirinhas e cafés na cidade carioca darían paso a nove anos en Sao Paulo, período no que se gañaría a vida traballando coma mecánico na factoría da Volkswagen da capital paulista. Suso faríase alí seareiro do Santos F.C. que comandaba o lendario Pelé ao mesmo tempo que se namoraba de María, unha fermosa brasileira coa que non tardaría en casar e, ao pouco, chegaría Eduardo, o primeiro fillo da parella.
O emigrante de Berdeogas levaba xa dez anos fora da casa cando decide facer de novo a maleta e probar fortuna na Arxentina, a onde chega coa súa familia a mediados dos anos sesenta para traballar na rama da hostalaría entre a comunidade galega de Buenos Aires. Alí, na cidade porteña, Suso Díaz quedaría enfeitizado coa música de Carlos Gardel, o máis famoso cantante do tango arxentino que falecera en 1935 en Medellín (Colombia) nun accidente de avión durante unha xira, un Gardel ao que Suso homenaxearía anos máis tarde bautizando co seu nome un dos negocios que o de Dumbría abriría en Arteixo.
Tras seis anos traballando duro en Buenos Aires, onde viñera ao mundo Juan Ramón, o segundo fillo do matrimonio, Díaz viaxa en 1970 á súa querida terra galega para pasar unhas merecidas vacacións entre os seus, aos que non vía dende facía máis de tres lustros. Volta a América coas pilas recargadas mais, entre a morriña e o mal que se estaban poñendo as cousas na Arxentina por mor da grande crise económica e dos problemas políticos que vivía o país, que acabarían derivando no Golpe de Estado do 24 de marzo de 1976, o noso protagonista e a súa familia deciden abandonar Buenos Aires e asentarse na Coruña. Na cidade herculina abren un bar na rúa Francisco Añón ao que bautizan, lembrando a súa estadía na capital arxentina, co nome de El Porteño, establecemento que rexentarían aproximadamente durante dez meses. Corre o ano 77 e, ao igual que fixera na emigración, Suso cambiaría a hostalaría polo motor e decide montar un taller mecánico en Arteixo, no lugar da Groufa. Son tempos nos que o concello arteixán empeza a medrar notablemente por mor do Polígono Industrial de Sabón, feito que o de Dumbría sería quen de ver como unha oportunidade de negocio e non tardaría en voltar á hostalaría alugando o Rozas 2, bar ao que lle pon o nome de Gardel, o ídolo que tanto admiraba. As cousas alí vanlle ben, tanto que o local pronto lle quedaría pequeno, sendo nesa altura cando lle xurde a ocasión de facerse cun baixo a pouco máis de 300 metros do que rexentaba dende facía uns meses. Díaz decide comprar o local e, trala oportuna reforma realizada polo constructor arteixán Manuel Calvo Añón, que por aqueles días tamén se encargara da construcción da lendaria discoteca Chevalier de Santa Cristina, abre o novo establecemento en 1978 co nome do seu querido cantante de tangos: Gardel. O seu don de xentes, sumado á boa relación calidade-prezo das súas carnes e peixes á grella, farían que desde o día da inauguración o negocio fora vento en popa. O 111 (o número de teléfono da Gardel era o 600111) botaba fume a diario. Clientes do Polígono de Sabón, entre eles o propio Amancio Ortega, representantes comerciais, turistas, parellas, festas familiares, ceas de amigos...todo ía ben excepto para María, a muller de Suso Díaz, que sentía unha morriña infinita da súa terra brasileira.
Por uns motivos ou por outros, o caso é que en 1983 Suso decidiu venderlle a Gardel a dous matrimonios da zona de Vimianzo mais, iso si, seguiría ligado ao mundo da hostalaría xa que non tardaría en abrir en Santa Cristina o bar El Paso e, posteriormente, tamén abriría a cadena de parrilladas Gaucho Díaz. O Gaucho I montaríao en San Pedro de Nós e o Gaucho II en Perillo, local no que tería como empregados a Raúl Gutiérrez, o actual propietario da Gardel, e a un rapaz de Meicende que traballaba alí de camareiro ao mesmo tempo que estudiaba arquitectura: Carlos Calvelo, o alcalde actual de Arteixo.
Os matrimonios formados por Julia Mouzo e Manuel Carril, máis coñecido polo apelativo de Manolito, e Juan Mouzo e Mari Luz Pereira foron as dúas parellas ás que Díaz lles vendeu a Gardel, catro veciños de Vimianzo que tamén fixeran a maleta da emigración, neste caso a Suíza, e que decidiran iniciar unha nova andaina nas súas vidas investindo parte dos aforros que fixeran no país helvético comprando o local da Groufa. Os novos propietarios seguirían traballando no negocio baixo o nome de Gardel. O anterior dono xa tiña o camiño aberto e fora quen de converter a parrillada nun dos lugares de referencia na gastronomía da bisbarra polo que, con esa boa carta de presentación, pensaban que o mellor era non cambiar a denominación do negocio e continuaron rendíndolle tributo ao popular cantante de tangos.
As dúas parellas de Vimianzo inaugurarían a parrillada o 1 de agosto de 1983. Sabían que Suso Díaz deixara o pavillón ben alto e o seu listón era difícil de superar. Era evidente que non sería doado igualar o seu ritmo de traballo. Mais abofé que o conseguirían. Con ese afán de superación, con sacrificio e coa maior das ilusións Manolito, Julia, Juan e Mari Luz (Julia e Juan son irmáns) serían quen de aportar o seu gran de area para que a Gardel continuara sendo un dos locais de referencia da comarca. Non tardarían en ampliar o negocio, comprando o andar superior que lle daba a posibilidade de triplicar os comensais que tiñan cabida na parte inferior, un feito que daría pé a que aumentara o número de reservas para colectivos como equipos de fútbol, peñas, ceas de empresa, etc.
Van pasando os anos...os 90....os 2000...e así, como non quere a cousa, as dúas parellas xa levan ao fronte da Gardel tres décadas, trinta anos nos que se converteran en catro arteixáns máis, trinta anos nos que viron como os seus fillos medraban entre os cheiros agradables das carnes e peixes á grella, e trinta anos nos que moitos dos seus clientes acabaron sendo coma da familia. Manolito, Julia, Juan e Mari Luz pecharían a Gardel no ano 2013 por xubilación.
En setembro do ano seguinte alúganlle o local a Pablo Penide e Alba Souto, unha parella arteixá que viña de rexentar o Konciencia, un bar que anteriormente fora o Pub Manguera. Na súa nova aventura hostaleira, Pablo e Alba decidirían cambiar o nome da parrillada pasando a chamarse desta volta O Son do Lume, un negocio no que permanecerían ata xuño do 2015 para abrir, pouco despois, unha taberna na Avenida dos Bosques de Arteixo, a Pintxoteca. A Pablo, que é curmán da cantante de Meicende Silvia Penide, podédelo ver a día de hoxe traballando na cociña do Bata de Guata, o popular local da vila arteixá que está ao carón do río Bolaños.
E así chegamos a xuño do 2017. Despois de botar dous anos pechada, Raúl Gutiérrez reabre, baixo o nome orixinal de Gardel, a parrillada na que empezara en 1978 o que fora o seu xefe no Gaucho Díaz II, un negocio no que os peixes "da costa galega, nada de piscifactoría" e as carnes á grella, que Raúl marca coa letra "G" de Gardel e de Gutiérrez, son a especialidade da casa. Cunha dilatada experiencia na cociña de restaurantes da Coruña como El Rancho, Tío Suso, Gaucho Díaz II, La Estancia, La Cabaña del Cazador ou Gaucho Díaz I, a nova xerencia do mestre Gutiérrez, a quen Suso Díaz lle chamaba cariñosamente "Cachito", chega á Groufa para darlle un aire renovado a un local que sempre foi referencia na bisbarra, un local que combina os mellores produtos con actividades e festas cada semana. De entrada, as que xa se levan a cabo os venres e sábados, "as noites de queimada", que lle dan á nova Gardel un toque máxico para redondear as fins de semana no concello arteixán.
Din
que as
máquinas do
tempo
aínda
non existen, só coa excepción da que inventara Doc, o cientifíco
ao que todos tomaban por tolo na película “Regreso al futuro”,
mais un momentiño, se entramos
na taberna do Foxo podemos
viaxar de balde ao pasado
observando
que o
único que cambiou
foi o envoltorio dos productos que alí se venden. Os
vellos estantes ateigados de botellas de coñac e doutros licores,
o
mostrador de madeira, os prezos dos produtos apuntados con tiza nos
taboleiros de cor negra...cada detalle da
tenda faite transportar aos primeiros anos do negocio, uns inicios
que, polo que me contou Pili, a propietaria actual, principian
a finais do século XIX, cando Rosa e Josefina, dúas irmás do Foxo,
deciden facer a maleta da emigración e
embarcarse
cara o continente americano.
O "BODEGÓN NÚÑEZ"
Nado o 16 de outubro de 1964 en Montevideo, no barrio de Paso Molino, Nelson é un dos dous fillos do matrimonio formado por Francisco Cedeira Mallo, arteixán da Catuxa que antes de emigrar a Uruguai traballara nas minas de volframio do noso concello, e de Amelia Beatriz Zas Ratto, unha muller á que Francisco coñecería no país sudamericano e que era filla de nai italiana e pai arteixán de Candame: Jesús Zas.
Jesús Zas, avó materno de Nelsón, fixera a maleta da emigración nos anos 20 do século pasado e, ao pouco de establecerse na capital charrúa, montaría unha panadería. Jesús sería, ademais, un dos fundadores do Salus Football Club, entidade creada en 1928 que viste como o F.C. Barcelona porque outro dos seus fundadores fora un inmigrante catalán que donara a primeira equipación deste modesto club de Montevideo.
![]() |
Nelson Cedeira xunto a Enzo Francescoli |
As boas actuacións de Nelson Cedeira no eixe da zaga do Salus non pasarían desapercibidas para un dos históricos do fútbol charrúa, o Wanderers, club que se faría cos servicios do futbolista uruguaio-arteixán en 1982. Nelson coincidiría neste equipo con xogadores da talla de Jorge Barrios, que posteriormente firmaría co Olimpiakos; Ariel Krasowski, que ficharía no Boca Juniors; Daniel Carreño, que pasaría ao Lens francés; Luís Acosta, que firmaría co América de México e despois co River Plate; ou, entre outros co lendario Enzo Francescoli, que abandonaría o Wanderers para fichar no River Plate e posteriormente, tralo seu paso polos campionatos de Francia e Italia, convertiríase nunha das grandes estrelas do fútbol mundial.
En 1983 Nelson sería un dos integrantes da selección de Uruguai que participou no II Mundialito da Emigración celebrado na provincia de Pontevedra, Mundialito que acabarían gañando os da camiseta celeste, con Nelson formando parte do once titular, tras impoñerse na final á selección de Arxentina por 2-0 na final xogada no estadio de Balaídos.
![]() |
Nelson na final do II Mundialito da Emigración |
![]() |
Nelson Cedeira no bar que rexenta, o Fénix |
DE SUSO DÍAZ A RAÚL GUTIÉRREZ, O ONTE E O HOXE DA "PARRILLADA GARDEL"
![]() |
A Gardel na actualidade |
![]() |
Raúl Gutiérrez marcando un chuletón |
Nado na parroquia de Santiago de Berdeogas (Dumbría) o 23 de novembro de 1936, Jesús Díaz, máis coñecido polo apelativo de Suso, foi un dos miles de galegos que fixeron a maleta da emigración nos anos 50 na procura dunha mellor vida e das oportunidades que non tiñan na súa terra. Con 18 anos recén cumpridos o noso protagonista decide embarcarse a Brasil onde, nada máis realizar a travesía atlántica, empezaría a traballar de camareiro en Río de Janeiro. Doce meses servindo caipirinhas e cafés na cidade carioca darían paso a nove anos en Sao Paulo, período no que se gañaría a vida traballando coma mecánico na factoría da Volkswagen da capital paulista. Suso faríase alí seareiro do Santos F.C. que comandaba o lendario Pelé ao mesmo tempo que se namoraba de María, unha fermosa brasileira coa que non tardaría en casar e, ao pouco, chegaría Eduardo, o primeiro fillo da parella.
O emigrante de Berdeogas levaba xa dez anos fora da casa cando decide facer de novo a maleta e probar fortuna na Arxentina, a onde chega coa súa familia a mediados dos anos sesenta para traballar na rama da hostalaría entre a comunidade galega de Buenos Aires. Alí, na cidade porteña, Suso Díaz quedaría enfeitizado coa música de Carlos Gardel, o máis famoso cantante do tango arxentino que falecera en 1935 en Medellín (Colombia) nun accidente de avión durante unha xira, un Gardel ao que Suso homenaxearía anos máis tarde bautizando co seu nome un dos negocios que o de Dumbría abriría en Arteixo.
![]() |
Suso Díaz nos anos 70 |
Por uns motivos ou por outros, o caso é que en 1983 Suso decidiu venderlle a Gardel a dous matrimonios da zona de Vimianzo mais, iso si, seguiría ligado ao mundo da hostalaría xa que non tardaría en abrir en Santa Cristina o bar El Paso e, posteriormente, tamén abriría a cadena de parrilladas Gaucho Díaz. O Gaucho I montaríao en San Pedro de Nós e o Gaucho II en Perillo, local no que tería como empregados a Raúl Gutiérrez, o actual propietario da Gardel, e a un rapaz de Meicende que traballaba alí de camareiro ao mesmo tempo que estudiaba arquitectura: Carlos Calvelo, o alcalde actual de Arteixo.
![]() |
Cea da Peña O Rañal na Gardel en 1988 |
![]() |
Cea da Peña O Rañal na Gardel en 1988 |
Van pasando os anos...os 90....os 2000...e así, como non quere a cousa, as dúas parellas xa levan ao fronte da Gardel tres décadas, trinta anos nos que se converteran en catro arteixáns máis, trinta anos nos que viron como os seus fillos medraban entre os cheiros agradables das carnes e peixes á grella, e trinta anos nos que moitos dos seus clientes acabaron sendo coma da familia. Manolito, Julia, Juan e Mari Luz pecharían a Gardel no ano 2013 por xubilación.
En setembro do ano seguinte alúganlle o local a Pablo Penide e Alba Souto, unha parella arteixá que viña de rexentar o Konciencia, un bar que anteriormente fora o Pub Manguera. Na súa nova aventura hostaleira, Pablo e Alba decidirían cambiar o nome da parrillada pasando a chamarse desta volta O Son do Lume, un negocio no que permanecerían ata xuño do 2015 para abrir, pouco despois, unha taberna na Avenida dos Bosques de Arteixo, a Pintxoteca. A Pablo, que é curmán da cantante de Meicende Silvia Penide, podédelo ver a día de hoxe traballando na cociña do Bata de Guata, o popular local da vila arteixá que está ao carón do río Bolaños.
![]() |
Raúl cun chuletón marcado coa "G" |
A
TABERNA “CASA TRIGO” DO FOXO
Xa
temos falado nalgunha ocasión das tabernas, os establecementos de
antano nos que tanto se podía comprar un paquete de café, coma un
saco de millo ou botarlle unha cunca de viño. Pois ben, aqueles
locais nos que os homes entraban a tomar a copa e as mulleres a
comprar, a ser posible sen entrar xuntos, eran, por así o dicir, os
centros sociais dos tempos dos nosos avós e, ademais, tamén era
parada obrigada dos máis cativos, xa que alí podían mercar algunha
lambetada, que evidentemente non eran as “chuches” de hoxe en
día. Daquela as lambetadas eran os plátanos, as laranxas, os figos
pasos, as noces… Xunto cos muíños e os lavadoiros, as tabernas
tamen foron os grandes lugares de convivencia e contacto social para
a veciñanza da época, sitios de tertulia nos que se falaba de todo
o humano, das novas recentes e de contos que darían pé ao nacemento
de lendas e cantigas que, desgraciadamente, se están a perder na
actualidade.
![]() |
Fachada da "Casa Trigo" |
Tabernas
populares do noso concello foron a Benitona da Lagoa; o Ferrador e o
Piñeiro de Chamín; O Salón de Monteagudo; a de Allán, a de
Moreiras e a de Amalia de Francisco, as tres na Baiuca; a de Ana e a
do Veigueiro na Carreterra Nova da vila de Arteixo (hoxe Avenida de
Fisterra); a da tía Rosa e a de Fontes, no Alto de Arteixo; a de
Chubá en Oseiro; a da Roxa en Pastoriza; a de Romanó en Loureda; a
de Pedro de Amado en Ervedíns ou, entre outras, a Casa Trigo do
Foxo, taberna da cal falamos a continuación máis polo miúdo.
Empezando
a subir a costa de
Comiñas,
á
man esquerda,
na estrada que
vai a Larín;
para máis señas, cerquiña do centro
social da
aldea do
Foxo, atópase esta tenda que, actualmente, rexenta Pilar Naya
Vázquez, Pili para os seus amigos.
É necesario explicar ben onde se atopa, porque os que non saben que
existe pasan de largo sen nin sequera decatarse que
está alí.
Unha chapa de Coca Cola e o letreiro de Tabacalera colgado na
fachada, xusto
enriba da porta,
indica que a
Casa Trigo
é un establecemento autorizado para a venda do tabaco. Nada
máis entrar sentimos a mesma sensación que acontece cando
pisamos
o Bar Insua, o popular Muiñeiro de Arteixo, xa
que ambos son dos
poucos lugares do
concello
nos que as innovacións pasaron
de largo. É
difícil explicar como o
puideron facer. Ata
custa crer que fora posible. Mais
o certo é que o Insua e a de Trigo son lugares ben axeitados para
soñar como sería a vida nas tabernas de antes.
![]() |
Interior da "Casa Trigo" |
As
dúas irmás
traballarían duro durante varios anos na Arxentina e no Uruguai e
unha delas, Josefina,
coñecería nesa
altura
a Generoso Trigo, un bo mozo da Guarda (Pontevedra) ao
que lle acabaría dando o “si quero”. Certo
tempo despois de casaren, o matrimonio faría a viaxe
de retorno á terriña xunto
a Rosa, a
irmá de Josefina, e
establecerían
o seu domicilio na
parroquia arteixá de Loureda onde,
nos
primeiros anos do pasado século,
abrirían
no
baixo da súa
casa unha
taberna á
que lle
poñen o apelido do da Guarda: Casa
Trigo.
Nunha
época na que o bulicio do Foxo era moito maior que agora, a
situación estratéxica do establecemento, situado na vella estrada
pola que pasaban a diario as xentes da comarca de Bergantiños que se
dirixían á cidade da Coruña, faría que a taberna funcionara ben
desde o primeiro día, colaborando ademais na promoción do eixo da
economía do lugar: as populares “arteixanas”,
esos ”grandes panes de
borona (maíz) de forma piramidal que se condimentan y venden en
el lugar de Fojo,
Loureda”, que
mencionaba Uxío Carré Aldao no xornal El Ideal Gallego en marzo de
1921 e, dos que xa facía
referencia no ano 1829 o “Diccionario geográfico-estadístico
de España y Portugal” dicindo que… “los vecinos de las
aldeas de Fojo, Cancelo y Rapa se sostienen con el tráfico de la
Brona que venden en los mercados de la Coruña, dando con este motivo
bastante trabajo a muchos jornaleros”.
Van
pasando os anos. Josefina e o seu home ven con satisfacción como
aumenta o traballo e a clientela no negocio. Mais o que non aumentaba
era a familia e, dado que nunca chegarían a ter fillo algún, a súa
sobriña Leonor, a filla de Rosa, empezaría a traballar con eles na
taberna, unha Leonor que acabaría herdando o establecemento e ao
pouco casaría con Ramón Vázquez. Probablemente aqueles foron os
tempos nos que se empezou a xogar na Casa Trigo o popular xogo dos
paquetes, entretemento que a veciñanza do Foxo sería quen de manter
vivo ata o día de hoxe xogándoo, como manda a tradición, cada 8 de
setembro. Leonor e Ramón rexentarían o negocio durante os tempos da
dictadura de Primo de Rivera, da Segunda República, da Guerra Civil
e dos primeiros anos da posguerra, que foi cando empezaría a
traballar no establecemento a súa filla Leonor, máis coñecida
entre a veciñanza polo apelativo de Norecha.
Norecha
e o seu home, Manuel Naya, rexentarían a Casa Trigo durante máis de
catro décadas, ata que a súa filla Pili colleu as rendas do negocio
nos primeiros anos 90, aínda que a dicir verdade, desde nena estivo
sempre botando unha man na tenda. Licenciada en maxisterio e
sicoloxía, Pili tamén daría pasantía nun apartado da taberna a
varias xeracións de mozos e mozas de Loureda e, mentres que ela daba
as clases particulares,
contaba coa axuda na
tenda do seu home Ángel e
do
seu fillo Miguel.
E
así, coma quen non quere o conto, chegamos ao 2017. A
pesar de que os sentimentos pesan moito á hora de manter un negocio
que foi, e continúa a
ser, un auténtico
referente no Foxo e nas aldeas próximas, Pili
sopesa a posibilidade de manterse ou non ao fronte del. A
cercana xubilación, os
poucos ingresos que xa case non dan para cubrir os gastos da economía
doméstica, xunto á
loita
dos pequenos comerciantes rurais por
sobrevivir fronte ao atropelo ao que son sometidos polo empuxe das
grandes superficies comerciais, que
fai que sexa moi
difícil, case que misión imposible, manter
aberto o establecemento
cos poucos habitantes que ten o Foxo, son
os fortes argumentos que inclinan a balanza cara o peche. No outro
lado, o único
positivo, está
a satisfación que
produce o contacto
diario cos seus veciños e amigos, a
clientela de toda a vida.
![]() |
Interior da "Casa Trigo" |
Así
que xa sabedes, se aínda queredes
comprar unhas mazás
ou tomar unha cervexa na
única taberna das de antes que queda no
concello de Arteixo, só tedes
que facer
unha
curta viaxe polo
interior
da parroquia de Loureda percorrendo
a Avenida de Culleredo ata o centro social do Foxo. Alí,
a poucos metros, empezades a subir a chamada
costa de Comiñas e,
á
man esquerda, tedes a Casa Trigo. Antes
de que Pili bote o
peche, aproveitade a ocasión para voltar
por uns instantes ao
pasado, aínda
que namais sexa para levar
a cabo ese costume tan
perdido nos tempos que corren de sentar ao faladoiro.
O "BODEGÓN NÚÑEZ"
A
vida de Emilio Núñez e de Gloria Rodríguez é o reflexo dunha
época, dun tempo no que miles e miles de galegos e galegas víronse
na obriga de facer a maleta da emigración na procura das
oportunidades que non tiñan na súa terra.
A
súa historia principia nos anos cincuenta do século pasado na
comarca de Valdeorras, terra da que eran naturais. Emilio, veciño da
pequena aldea de Vilar de Xeos, pertencente á parroquia de Quereño
(Concello de Rubiá), e Gloria, que nacera en Valencia do Sil, na
parroquia do Concello de Vilamartín de Valdeorras, casarían naquela
altura, tempos nos que nacería Manolo, o seu único fillo, que viría
ao mundo en novembro de 1955.
As
dificultades económicas para manter á súa familia, conducirían a
Emilio, que ata aquel entón traballara nunha fábrica de carburos e
na Renfe facendo raís para os trens, a emigrar en 1960 a unha
Alemaña moi necesitada de man de obra, e alí, en Munich, empezaría
a gañarse a vida sendo operario do mantemento da rede ferroviaria.
Un ano máis tarde, en 1961, despois que que o seu home lle atopara
emprego, Gloria tamén emigraría ao país teutón para traballar na
lavandería dun hospital da cidade alemá, deixando ao seu fillo
Manolo no Barco de Valdeorras con Amparo, a nai de Emilio.
O
matrimonio botaría en Munich ata principios de 1966, que foi cando
dicidiron que xa aforraran dabondo para empezar unha nova vida en
España. Emilio, ao principio, tiña idea de comprar un piso en
Madrid e buscar traballo alí, mais a súa muller non estaba pola
labor, xa que non quería ir de criada de ninguén!
Despois
de desbotar a posibilidade madrileña, pensaron en varios lugares da
provincia da Coruña para establecerse, onde catro irmáns de Gloria
tiñan adega en Arzúa, Cecebre, Cambre e Paiosaco. Mais eles
optarían finalmente por Arteixo. Sabían que no municipio arteixán
non tardaría en construirse o Polígono Industrial de Sabón e, por
tal motivo, pensaban que non lles había de faltar clientela para o
“Bodegón Núñez”, o negocio que tiñan en mente montar no baixo
do edificio que, cos aforros de Alemaña e cun préstamo da recén
inaugurada sucursal da Caixa de Aforros da Avenida do Balneario,
empezarían a contruír na actual rúa Ría de Foz.
No
tempo que duraron as obras o matrimonio e o seu fillo Manolo, que
naquela hora xa era un rapazote de 12 anos, viven de aluguer en
Meicende ata que ao fin, o Día das Flores de 1967, abren ao público
o “Bodegón Núñez”, un negocio que pola semana facía boa caixa
grazas aos obreiros que traballaban no Polígono e co viño que
Emilio repartía polas casas, reparto que ao principio facía nunha
carretilla. Os sábados e domingos, os que lles daban un peso a gañar
era a xuventude que naquela hora paraba na sala de festas Eva e tamén
no Cine Real, ao que tamén acudía Manolo mais, nos descansos, entre
proxección e proxección, o rapaz tiña que ir á adega de seus pais
a botar unha man facendo bocadillos.
Van
pasando os anos e o negocio segue funcionando ben. Mentres que Gloria
atende á numerosa clientela, o seu home Emilio dedícase a andar na
ruta comercial, percorrendo na súa furgoneta as malas estradas dos
setenta, facendo novos clientes e servindo os pedidos do viño que
traballaban: tinto de Valdeorras e da Rúa de Petín, ribeiro blanco
de Ourense e clarete de Cacabelos. Aqueles son tempos nos que o seu
fillo Manolo, a parte de axudar no “bodegón”, tamén empezaría
a traballar nunha das empresas do Polígono de Sabón, en Oxigalicia,
donde estaría empregado desde 1974 ata 1978.
Dous
anos máis tarde, en 1980, Emilio sufriría un grave accidente de
circulación na súa furgoneta cando se dirixía a Ourense a buscar
viño, un Emilio que sería hospitalizado en Ponferrada e
posteriormente trasladado á cidade sanitaria da Coruña, onde
estaría ingresado certo tempo. Unhas semanas despois de recibir a
alta, cando xa comezaba a recuperarse no seu domicilio das feridas e
do gran sobresalto sufrido no accidente, o pobre empezouse a
encontrar mal e, horas despois, falecía no Modelo con tan só 49
anos por mor dalgunhas secuelas que lle quedaran do sinistro.
Superar
a súa perda non foi doado, mais a Gloria e ao seu fillo Manolo non
lles quedara outra que tomar as rendas do negocio e, entre os dous,
serían quen de sacar adiante o “Bodegón Núñez” que, ao longo
dos oitenta, seguiría contando con numerosa clientela, a pesar de
que naquela hora xa levaban algún tempo pechados tanto o cine Real
como a sala de festas Eva.
En
1988 Manolo casa con Mari Luz Ares, unha muller loitadora nai de dous
fillos de relacións anteriores: Toni e Arantxa, irmá de quen
escribe. Dous anos máis tarde, en 1990, Gloria xubílase e, a partir
de aí, Manolo, que aínda hoxe é coñecido como “Manolo o do
Bodegón”, dedicaríase a andar no reparto mentres que Mari Luz
atendía a adega coa axuda, de cando en vez, dos seus fillos.
A
finais, dos noventa, en 1999, deciden trasladar o “Bodegón” para
o local que tiñan ao lado, tamén da súa propiedade e que, ata
aquel entón, era o lugar no que estaban os depósitos do viño e
onde se limpaban. O motivo do cambio foi que o local orixinal, o que
abriran Emilio e Gloria ao pouco de vir da emigración, sería
reformado para o aluguer da Carnicería Agustín e Santiago,
actualmente Carnicería Pepe.
Estamos
xa no século XXI. No 2002 Mari Luz enferma de gravidade, polo que
Manolo decide pechar o “Bodegón” xa que os fillos da súa muller
naquel intre tiñan traballo e non se animaron a entrar no mundo da
hostalería. A adega alugaríase un par de veces, mais xa nunca
chegaría a ser o “Bodegón Núñez” de antano, o “Bodegón
Núñez” que fora testemuña do crecemento da vila de Arteixo e que
así, como quen non quere a cousa, permanecera aberto case catro
décadas e, finalmente, decidiron alugarlle o baixo a Jose
Rozamontes, o fillo de Rozas, quen non tardaría en abrir alí a
pastelería APTC.
A
Manolo quedaríalle unha espiña clavada, unha pena moi grande de non
continuar co negocio, aínda que iso si, nunca perdería a esperanza
de volver a abrir en Arteixo unha adega.
Mais
un momentiño!
Atención!
Redobles
de tambor, por favor!
O
soño de Manolo vaise cumprir pois, nos vindeiros meses, abrirá con
Arantxa, a filla da súa defunta muller Mari Luz, nun baixo que da á
parte posterior do primeiro “Bodegón Núñez”, na rúa Ría de
Betanzos, a adega “A Cova”, nome co que Manolo quixo homenaxear a
súa terra de nacemento, lembrando as covas, un dos elementos
etnográficos máis representativos da comarca de Valdeorras.
Estos
lugares, excavados baixo a terra, no pasado utilizábanse para gardar
o viño das altas temperaturas do verán. Na actualidade, algunhas
covas de Valdeorras seguen tendo este cometido e, á vez,
convertéronse en lugares nos que os seus propietarios celebran
festas cos seus familiares e amigos. Nós en Arteixo, non tardaremos
en ter a nosa “Cova” particular!
Arantxa,
Manolo; Manolo, Arantxa: agardamos data de inauguración!
O
RESTAURANTE CASA LOLA
Como
ben sabedes, a aldea de Froxel é coñecida por ser o lugar de
nacemento do insigne Manuel Murguía, o Patriarca das Letras Galegas,
que veu ao mundo nese punto da parroquia arteixá de Oseiro o 17 de
maio de 1833 na casa de quen sería seu padriño, Antón Pan.
Froxel
tamén foi o berce de Manuel Rey Suárez, persoeiro sobre o que xa
temos falado neste espazo e de quen sabemos con certeza que coñeceu
e tratou ao propio Manuel Murguía, a Castelao, a Basilio Álvarez, a
Casares Quiroga ou, entre outros, ao autor da novela O bosque
animado,
Wenceslao Fernández Flórez.
Mais
un momentiño, Froxel tamén é a patria pequena de Dolores Naya Pan,
unha muller loitadora e arroutada que marcaría un antes e un despois
na gastronomía da bisbarra.
Dolores,
que era bisneta de Antón Pan, o padriño de Murguía e que, cousas
do destino, acabaría sendo nora do antedito Manuel Rey Suárez, nace
no ano 1896 na mesma casa que o Patriarca das nosas Letras e, dende a
infancia, sería coñecida polo apelativo de Lola.
A
nosa protagonista non tardaría en mocear co seu veciño José, un
dos tres fillos de Manuel Rey e Genoveva Riveiro, con quen casaría a
finais da década dos anos dez do século pasado. Despois de darse o
“si quero” Lola e José estabelecerían o seu domicilio en
Pastoriza, ao carón do popular Salón da Roxa e do ferrador do
lugar, nunha casa alugada na que se irían criando os seus seis
fillos, Manuel, Amelia, Enrique, Juan, Carmen e Josefa.
![]() |
Lola, no medio, cociñando nunha casa de Suevos |
Alí,
en Pastoriza, o matrimonio sacaría adiante a súa numerosa prole
traballando na taberna-fonda que decidiran abrir no baixo do edificio
no que residían, negocio no que non faltaría clientela para facer
uns pesiños... moita dela, clientela que tamén acudía ao ferrador
de Pastoriza. Mais, cunha familia tan numerosa, os cartos sempre
escaseaban e por iso Lola, que guisaba como ninguén, tamén axudaba
na economía doméstica traballando como cociñeira nas casas dos
veciños da contorna que a contrataban polas festas parroquiais.
Naquela
altura, a finais de decembro de 1927, o Ministerio de Defensa
aprobaba o proxecto de instalación dunha Batería de Costa en
Monticaño, Batería que entraría en funcionamento en 1930, pouco
antes da morte de José, que falecería de peritonitis deixando viúva
e seis fillos orfos. Lola, que por aqueles días xa gozaba de moita
sona en toda a bisbarra polo seu bo facer nos fogóns, volvería a
ser nai en xullo de 1932, que foi cando naceu a súa filla Angélica,
cativa que bautizaría cos seus propios apelidos, Naya Pan.
Viúva
e con sete fillos, sacrificio e traballo duro, convertiríanse na
sinal de identidade de Lola, Lola de Areosa, alcume herdado do
seu difunto marido. A súa taberna, e sobre todo os seus guisos, eran
xa un verdadeiro referente alén do Santuario e, por suposto, na
propia Pastoriza onde a chegada dos militares a Monticaño supuxo
unha importante mellora na caixa do seu negocio pois, tanto os
oficiais como a tropa, paraban de xeito habitual no seu
estabelecemento.
![]() |
Lola nun banquete |
Durante
os anos da II República, da Guerra Civil e da
dura posguerra, a relación cos oficiais da Batería sería sempre
excepcional,
de
xeito moi especial co capitán Juan A. Quiroga de Abarca.
Esa
amizade e bo trato cos mandos levaría a Lola a conseguir que moitos
rapaces da zona de Montemaior, Soandres, Larín, Loureda, Arteixo,
Pastoriza, etc., que ao cumpriren
a idade regulamentaria tiñan que entrar
no exército, fixeran
en Monticaño, moi perto dos seus domicilios, o
extinguido servizo militar, soldados
que nalgúns casos, os que
tiñan o “pase pernocta”, é dicir, os que durmían fora da
Batería, mudaban as roupas militares polas de civil nun reservado
que
había no
estabelecemento da
señora Lola,
ao
carón do ferrador.
Os
mandos da Batería de Costa tiñan sempre en consideración as
propostas da cociñeira, entre
elas o
xeito de argallar a festa da Santa Bárbara o 4 de decembro, día que
o corpo de artillaría festexa a súa patroa e da que Lola se ocupaba
todos os anos. Outra das propostas feitas por
Dolores Naya,
fora a
de traballar os terreos de Monticaño para colleitar patacas e outros
produtos. A
idea, que efectivamente
se levaría a cabo, non era outra
que a
de
abaratar
o custo da compra que a diario había que facer para elaborar o
rancho da tropa, rancho do que se ocupaba Lola, quen acabaría tendo
en Monticaño tanto ou
máis mando
que
algún sarxento da Batería.
Ese
feito sabíano ben o conxunto
de soldados
destinados
alí,
quintas
para
quen Dolores
se convertía, ano tras ano, no máis parecido a unha nai durante o
tempo que os mozos facían a
“mili” na
Batería:
-Señora
Lola, é a festa na miña aldea. ¿Pode falar co capitán a ver se me
da uns días de permiso?
-A
ver como te portas esta semana e xa veremos!
-Señora
Lola, necesitaba uns días para axudar na casa a plantar o millo.
¿Pode falar co capitán?
-A
ver logo que se pode facer!
Se
os guisos de Lola eran motivo de conversa diaria entre os militares
de Monticaño, tamén o eran entre as ducias e ducias de persoas que
peregrinaban ao Santuario de Pastoriza polo San Miguel quenes,
despois de cumprir coa devoción á Virxe, acudían ao seu
estabelecemento a degustar os callos e o estufado que preparaba a
popular cociñeira e que tanta sona tiñan porque disque sabían a
gloria divina. Naquelas romarías do San Miguel, nas que as
orquestras contratadas para a festa hospedábanse no seu humilde
negocio, e nas que cada ano mataban unha tenreira, Lola empezaría a
contar coa axuda da súa filla Angélica na segunda metade da década
dos corenta, cando a rapaza contaba aproximadamente con 14 anos.
![]() |
Plácido e Geluca cos seus seus dous fillos |
O
bo facer nos fogóns de Lola seguiríase espallando por toda a
provincia grazas ao boca a boca da fiel clientela que cada ano acudía
ao San Miguel, aos militares da Batería de Monticaño e, tamén,
grazas á xente que a seguía contratando para cociñar nas súas
casas polas festas, casamentos e outras celebracións.
Angélica,
máis coñecida polo apelativo de Geluca, sabía xa moitos dos
segredos da cociña de súa nai cando empezou a mocear con Plácido
Suárez, un dos fillos “dos do Ruán de Meicende”, co que casaría
a principios de 1952. O matrimonio, que celebraría a súa voda no
vello edificio no que Lola continuaba de aluguer, serían pais de
contado dos seus únicos fillos: María Isabel, que viría ao mundo
en setembro do 52, e José Manuel, nado en agosto de 1957, pouco
despois de que os integrantes de unha das orquestras contratadas para
as festas de Pastoriza abandonara o estabelecemento familiar no que
fixeran fonda berrando:
-Adeus
Geluca, que teñas bo parto!
Geluca
era consciente, naquela altura, das grandes posibilidades de negocio
que ofrecían as exquisiteces gastronómicas que aprendera a cociñar
con súa nai. O tempo daríalle a razón, mais antes disto, antes de
que o seu restaurante fora un dos máis populares de toda a provincia
da Coruña, aínda acontecerían algúns feitos relevantes que
marcarían para sempre a súa vida.
Ao
pouco de nacer José Manuel, o fillo máis novo do matrimonio,
Plácido emigrou a Francia, onde botaría dous anos, tempo dabondo
para que Geluca e Lola, obrigadas a abandonar o edificio no que
tantos anos levaban de aluguer, construiran un novo estabelecemento
hostaleiro a poucos metros do anterior, un negocio hoxe coñecido
como Casa Xuntanza, e durante moito tempo como O Parador.
![]() |
De esquerda a dereita, Mari, Lola, Plácido e Geluca |
Nese
novo local a popularidade das artes culinarias de nai e filla
seguiría aumentando de xeito considerable grazas as xentes que cada
ano acudía á romaría do San Miguel, na que había moitos
peregrinos da zona de Ferrol e de Pontedeume, e, por suposto, tamén
aos mandos da Batería e aos mozos que facían o servizo militar en
Monticaño, para quen a señora Lola era, ano tras ano, quinta tras
quinta, coma unha nai para eles.
Tras
dous anos na emigración, Plácido volta a Pastoriza e atópase coa
sorpresa da posta en funcionamento do novo local, nova que a súa
muller Geluca decidira ocultarlle durante todo o tempo que botara en
Francia para darlle unha boa sorpresa ao seu home. E abofé que lla
daría! Mais no novo negocio pouco tempo estarían, xa que dous ou
tres anos despois da súa inauguración decidirían vendelo, que foi
cando este local hostaleiro pasou a denominarse O Parador, para
empezar unha nova andaina a poucos metros, no que co tempo se había
de converter na primeira Adega Galiza.
Neste
novo local os mandos e soldados da Batería de Monticaño seguirían
sendo fieis clientes da señora Lola e da súa filla Geluca, o mesmo
que moitas e moitos dos peregrinos que cada ano visitaban o Santuario
de Pastoriza polo San Miguel, gañando, ademais, bastante clientela a raíz
da inauguración en 1964 da Refinería de Meicende, xa que moitos dos
operarios do complexo petroleiro comían alí pola semana. Neste novo local tamén se
repetiría a historia familiar. Se Geluca aprendera a cociñar con
súa nai Lola, María Isabel, Mari para os seus coñecidos, faría o
propio coa súa nai e coa súa avoa materna.
Naqueles
anos 60, un día chega a este negocio unha muller, Mercedes Corgo,
coa idea de celebrar alí o seu casamento. Lola levaba moitos, moitos
anos do Noso Señor traballando de aquí para alá entre os seus
fogóns e os das casas particulares, e Geluca tamén xa contaba cunha
importante experiencia, mais nunca antes tiveran tal encargo. Sí, a
señora Lola elaborara ducias e ducias de menús nos domicilios que a
contrataban polas festas, casamentos e demais celebracións. Mais
aquela petición non era o mesmo. Aquela petición eran palabras
maiores!
![]() |
Unha das últimas imaxes de Lola |
Geluca
e Lola aceptarían o reto e… mi madriña, a partir de aquel día
empezarían a recibir solicitudes de celebracións de vodas no seu
local dun xeito apoteótico.
Van
pasando os anos e a finais dos setenta, ante tal volume de traballo,
deciden construír no Seixedo, nuns terreos propiedade da familia, un
gran restaurante que poidera dar cabida a tanta demanda, restaurante
que Geluca, para honrar a tantos anos de traballo de súa nai, decide
chamar Casa Lola e que sería inaugurado o día 23 de xullo de 1980,
tres anos anos antes do falecemento de Lola, que morrería o día 15
de maio de 1983, aos 86 anos, traballando ata o último momento.
Naqueles
primeiros anos oitenta, Geluca sería testemuña directa de como
principiaban a asentarse en Arteixo novos residentes atraídos polas
ofertas de traballo que había no Polígono Industrial de Sabón,
residentes que nalgúns casos celebrarían no restaurante Casa Lola o
seu casamento.
Arteixo
medraba e medraba, mais ninguén podía imaxinar o imperio que
chegaría a albergar Sabón grazas, en boa medida, a un tal Amancio
Ortega, empresario ao que Geluca coñecería ao pouco de inaugurar o
seu novo local. Nunha conversa mantida con ela e coa súa filla Mari
recentemente no seu domicilio, lembrounos que..."Ortega viña
todos os domingos. Era moi bo cliente,
moi discreto e deume moi
bos consellos".
Geluca
Naya, que quedaría viúva en xuño de 1992, levaría as rendas da
Casa Lola durante dúas décadas, ata o 2000, que foi o ano no que
decidiu xubilarse e alugarlle o restaurante a Antonio Calvete, quen
seguiría mantendo o nome orixinal do negocio. Posteriorme, o Casa
Lola pasaría a denominarse Restaurante Mela e, na actualidade, é
coñecido como Bar & Grill 1906.
![]() |
Imaxe dos catro negocios que tiveron Lola e Geluca ao longo das súas vidas |
Mari,
a filla de Geluca, seguiría coa tradición culinaria familiar, aínda
que abandonaría
o
camiño que
abriran súa
nai e súa avoa materna para especializarse no
mundo da pastelería. Hoxe
o
seu negocio,
Confitería
Mari, negocio
no
que traballa
coas
súas
fillas
Lucía e
Lola,
é
un dos máis apreciados do sector polo xeito tan minucioso que
teñen na elaboración
dos seus produtos, moi
especialmente
as larpeiras, sen dúbida algunha,
das mellores da zona,
por
non
falar das milfollas
ou das
tartas Selva
Negra ou a
de
San
Marcos, delicatessen
coas
que
podedes tocar o ceo, ese
ceo
dende o que de
seguro
observa Lola, Dolores Naya Pan, a bisneta do padriño de Murguía, a
nora de Manuel Rey Súarez, esa
muller que foi
quen de
marcar
un antes e un despois na gastronomía da zona!
A
TABERNA DA BENITONA
José,
que foi a primeira persoa que fixo panteón familiar no cemiterio de
Sorrizo, falecería no ano 1942 e, trala súa morte, a súa viúva
Sinda e dúas das fillas do matrimonio, Obdulia e Mercedes, levarían
as rendas do negocio que, dende aquel entón, empezaría a ser
coñecido como a taberna da Benitona onde, ao igual que no resto das
tabernas da contorna, as veciñas e os veciños podíase servir no establecemento
das cousas necesarias para a vida diaria. Alí tanto podías comprar
unha tableta de chocolate coma un saco de millo ou botarlle unhas
cuncas de viño.
OS BARES DA MIÑA ALDEA DO RAÑAL
“Los
bares, que lugares
Tan
gratos para conversar.
No
hay como el calor
Del
amor en un bar”
¿Lembrades?
Así cantaban os Gabinete Caligari o seu tema “Al calor del amor en
un bar”, unha das cancións míticas dos anos 80, a mesma década
na que os vigueses Siniestro Total tocaban:
“Nosotros
somos seres racionales
De
los que toman las raciones en los bares
Y
no nos digas que no está bien
Que
ya sabemos cuáles son nuestros males
Vamos
a kwai y al berberecho
Y
al palentino y a lo hecho pecho
¿Que
quiénes somos? ¿de dónde venimos?
¿Adónde
vamos si se acaba el vino?
Moitas
das cancións de Siniestro… Miña
Terra Galega,
Bailaré
sobre tu tumba, Assumpta,
¿Quienes somos, de dónde venimos, a dónde vamos?,
etc,
acabaríanse convertendo
na
banda sonora de
varias xeracións,
entre
elas a miña, enganchadas
á
súa
desenfadada, á
par que transgresora, actitude
rocanroleira.
Outro
tema moi coñecido con letra de bares é o de Dolores
se llamaba Lola,
dos ourensáns Los Suaves:
“Lola,
nena de papá
no
trabaja pasa el rato.
Bares,
"Pubs" y discotecas
y
asi vuelan los años.
Las
vueltas que da la vida
el
destino se burla de ti.
Dónde
vas bala perdida, dónde
vas
triste de ti.
Dónde
vas triste de ti”
...os
nosos bares, a nosa marcha, a nosa música, aqueles anos 80-90. Teño
que confesar que naquela altura eu
era
(e sigo sendo)
máis dos Diplomaticos de Monte Alto e do seu popular tema “Parrús”,
nome co que un grupo de amigos fundáramos por aqueles días un
equipo de fútbol sala en
Arteixo,
o Sporting Parrús:
“Parrús,
parrús, hai parrús nos bares
Pra
ti, pra min, pra dar ao repunante
Parrús,
parrús, o ambiente está doente
E
nós andamos kentes, andamos ao parrús”
En
fin, chegados a este punto de seguro que vos preguntaredes a que ven
todo este conto en torno aos bares. Pois veredes, o conto ven dado
porque no Rañal, a aldea na que me criei e resido, non hai
actualmente un bar onde tomar un café ou botarlle unha cervexa cos
veciños e veciñas para falar de que Francia gañou o Mundial pero
Bélxica xogou mellor, do sablazo do IBI, de que morreu Che do
Carpinteiro ou de que o fillo de Luisa do Coireiro atopou traballo
despois de botar máis de dous anos no paro!
Na
miña infancia e adolescencia a historia era outro ben distinta, era
matemática pura: 30 casas e 3 bares, conta ben doada de facer.
Botando a vista atrás, é incrible pensar que unha aldea de pouco
máis de 100 veciños e veciñas chegara a ter máis tabernas,
chiringuitos, pubs, etc, que algunha parroquia.
Polo
que contan os máis vellos do lugar, a historia hostaleira e
festixeira desta aldea, da miña querida aldea do Rañal, principia
na casa dos de Tiso, onde seica se facían moitos bailes na eira,
entre a propia casa dos de Tiso e a casa dos do Coireiro. A día de
hoxe, aínda hai quen lembra unha festa que se fixera alí grazas ao
tres bocois de viño que apareceran en marzo de 1931 nos areais da
Area da Salsa e de Alba. La Voz de Galicia informaba sobre
este feito dicindo que… “estos bocoyes fueron depositados en
los domicilios de los vecinos Francisco Rodríguez (bisavó
materno de quen escribe), Manuel Abeleira y José Figueroa.
Quienes se crean con derecho a la propiedad de dichos bocoyes pueden
reclamarlos en el plazo de 30 días, acudiendo ante la autoridad en
la Comandancia de Marina”.
Transcorrido o mes
marcado pola lei,
ninguén reclamou ningún dos tres bocois, polo
que non é moi difícil
imaxinar a festa que se argallou na aldea.“Nunca tanto
viño se bebeu no Rañal”, din os máis vellos.
![]() |
Veciñanza do Rañal nos anos 40 con dous militares destinados na zona, eira entre a casa dos de Tiso e a casa dos do Coireiro e, alpendre dos de Tiso |
Durante
os duros anos da posguerra a casa dos de Tiso, neste caso o seu
alpendre, tamén sería lugar de festa habitual. Todo viñera dado
porque o pendello era utilizado como base do destacamento militar que
estaba no Rañal vixiando as praias da zona. Os soldados comían e
durmían alí, e os que non estaban de garda armaban troula día sí
e día tamén. Cousas do destino, algún deles acabaría casando en
Arteixo.
O primeiro bar da aldea non se abriría ata a década dos 50, que foi cando Jesús Souto e Amelia Naya inauguraron a súa tasca, o "Cafe Bar Chucho", que estaría aberto durante máis de corenta anos. Nos sesenta os rapaces da aldea tamén montaran unha especie de chiringuito, un pequeno local que levantaran á altura do que hoxe é o local social do campo do fútbol do Rañal, lugar no que a xuventude de aquela hora tomaría alí algún que outro cubata!
O primeiro bar da aldea non se abriría ata a década dos 50, que foi cando Jesús Souto e Amelia Naya inauguraron a súa tasca, o "Cafe Bar Chucho", que estaría aberto durante máis de corenta anos. Nos sesenta os rapaces da aldea tamén montaran unha especie de chiringuito, un pequeno local que levantaran á altura do que hoxe é o local social do campo do fútbol do Rañal, lugar no que a xuventude de aquela hora tomaría alí algún que outro cubata!
![]() |
Jesús Souto e Amelia Naya co seu fillo Luís |
![]() |
Rapaces do Rañal dos anos 60 diante do chiringuito que construiron naquela altura |
Os
meus primeiros recordos en torno aos bares da aldea son do "Chucho".
Calculo
que
debeu ser polo 74 ou 75 (se cadra foi antes, mais o acordo é o que
é) cando entrei
nesa
taberna por
primeira vez
con
meu avó Milio, Milio do Touciñeiro, o heroe da miña infancia. No
"Chucho", mentres
el
falaba
cos veciños do
lugar
botándolle
un viño de Pampín, eu tomaba unha Mirinda de laranxa que pedía,
non polo que me gustaba, senón polos debuxos de Hanna Barbera que
viñan nas chapas das
botellas.
Na
tasca de
Amelia e
de Jesús,
escoitando as conversas dos maiores, o meu cerebro absorbía coma
unha esponxa informacións de todo tipo. Alí sentiría por primeira
vez os nomes de algúns deuses do balón coma Di Stéfano, Pelé ou
Beckenbauer, e tamén descubriría que por aqueles días morrera un
tal Franco, o home ese que aparecía nas moedas coas que compraba as
larpeiradas e os sobres de cromos que coleccionaba por aqueles días. Lembro
tamén con moita nostalxia os partidos de fútbol que se facían diante do
bar.
Dous terróns en cada lado da estrada facendo de porterías… todos
contra todos, mozos contra vellos, uns con zocos que chispeaban no
asfalto e
outros con zapatillas de casa. Daba igual, o importante era marcar
máis goles ca outro equipo para obter o premio, que non era outro
que unha
ronda de consumicións.
Teño que admitir que o conto que máis me impactou dos que escoitei no "Bar Chucho", foi o do can Lorón, que era a mascota duns mariñeiros franceses que andaban á langosta por esta parte do Atlántico e que en 1969 sufriran un sinistro co seu barco, o "Genevieve de Galard", en augas do Rañal, conto sobre o que xa teño escrito e que aparece recollido, por se é do voso interés, nos libros O mar de Arteixo e os seus naufraxios e Crónicas de Arteixo. O "Chucho", a parte da xente da aldea, tiña como clientela a moitos e moitas das traballadoras da fábrica de conservas que había na aldea, a A.&J. Salgueiro S.L. Curiosamente, unha destas operarias, Oliva Figueroa, unha fermosa rapaza de Baldaio, acabaría casando con Luís, o fillo máis novo de Jesús Souto e Amelia Naya, os propietarios da tasca.
Teño que admitir que o conto que máis me impactou dos que escoitei no "Bar Chucho", foi o do can Lorón, que era a mascota duns mariñeiros franceses que andaban á langosta por esta parte do Atlántico e que en 1969 sufriran un sinistro co seu barco, o "Genevieve de Galard", en augas do Rañal, conto sobre o que xa teño escrito e que aparece recollido, por se é do voso interés, nos libros O mar de Arteixo e os seus naufraxios e Crónicas de Arteixo. O "Chucho", a parte da xente da aldea, tiña como clientela a moitos e moitas das traballadoras da fábrica de conservas que había na aldea, a A.&J. Salgueiro S.L. Curiosamente, unha destas operarias, Oliva Figueroa, unha fermosa rapaza de Baldaio, acabaría casando con Luís, o fillo máis novo de Jesús Souto e Amelia Naya, os propietarios da tasca.
![]() |
Aspecto actual do "Chucho e do "Playa" |
Nos
anos da miña adolescencia, na década dos oitenta, o Café Bar
Chucho tamén faría o papel de algo semellante ás actuais casas da
xuventude existentes en algún que outro concello ou centros sociais,
que viña moi a conto co que cantaban os Gabinete Caligari… “Los
bares que lugares tan gratos para conversar”. Ademais, a
taberna tamén sería a primeira sede social da Asociación Deportiva
Cultural Peña O Rañal, entidade creada en 1987 e da que teño a
honra de ser un dos fundadores. Mais por desgraza, este bar do que
gardo tan gratos recordos pecharía a finais dos anos noventa, tras a
xubilación da súa propietaria Amelia Naya e, actualmente, é o
domicilio de Patricia, unha das netas de Jesús e Amelia, que
reside alí coa súa parella e os seus dous fillos.
Outro
dos bares que había no Rañal era o "Café Bar Playa", un
estabelecemento que abriran na segunda metade da década dos sesenta
Pepe Dans e a súa dona Jesusa Deus. Pepe, veciño do desaparecido
lugar da Pedreira, que estaba situado no que hoxe é a Avenida da
Moda, foi unha das numerosas persoas afectadas polas expropiacións
para a construcción do Polígono Industrial de Sabón e, tras quedar
sen terras e casa, iniciaria unha nova vida no Rañal montando o "Café
Bar Playa", un local que abrira pola demanda hostaleira que había
naquel intre para os traballadores do Polígono, que non contaban con
moitos sitios onde poder xantar.
O
"Chucho" e o "Playa" tiñan a súa competencia. A clientela daba para os
dous, aínda que a dicir verdade era o "Chucho" o que se levaba a
palma, a pesar de non dispor o local dos metros cadrados que si
tiña o bar de Pepe Dans. Os meus primeiros recordos co "Playa" están
relacionados cunha colección de cromos do Mundial 82. Naquela altura xa completara
a colección de Panini, que era a máis chula, e tamén tiña completo un
álbum dunha editorial, que creo que se chamaba Fher, e finalmente
empezara a coleccionar uns cromos que viñan cos chicles Gum. Van pasando os días e as semanas, e así, como quen non quere a cousa só me
faltaba unha estampa para completar o álbum, cromo que aparecería
nun chicle que comprei no "Playa", que sempre foi coñecido coma "o bar de Dans".
![]() |
Imaxe de Pepe Dans con Maruja de Bastón |
Co
paso dos anos, xa na adolescencia, lembro que teño parado algún que
outro sábado pola máñán alí para charlar cos veciños mentres
tomaba un vermú, mais a maioría dos mozos e do resto da veciñanza
eramos máis de parar no "Chucho", se cadra polo trato de Amelia Naya, que
sempre estaba de bo humor, e polos contos de Jesús Souto, un home que tiña
as mans máis grandes que vin na miña vida. O "Bar Playa" pecharía
uns anos antes de que o fixera o "Chucho".
Outro
dos locales da miña aldea, ao que tamén lle gardo moito cariño, é á primeira cantina do local social da Asociación Deportiva Cultural Peña O Rañal,
sede social que era de madeira e que levantamos os socios e socias da
entidade. Aquel local estaba situado na beira do río, ao carón do
campo de fútbol e desmantelouse ao pouco de inaugurarse a nova sede
da Asociación, contruída canda o paseo marítimo. As festas da
romaría da Pedra do Aguillón organizada pola Peña tamén foron
míticas, en especial as do ano 2008, que foi cando actuou no campo
de fútbol do pobo a popular orquestra "París de Noya".
![]() |
Imaxe do primeiro local da Asociación Deportiva Cultural Peña O Rañal |
Mais
se había un local do Rañal do que presumía a xuventude do pobo dos
80-90 ese era o "Pub +-", ou "Positivo Negativo", como tamén se coñecía.
O seu propietario era Juan Abelenda, un rapaz de Meicende con
domicilio nun deses edificios que se empezaran a construir nos anos
70 na zona de Alba, perto do litoral. Juan abrira no baixo do seu
domicilio un local como poucos existían na contorna. A dicir
verdade, mais ben ningún, xa que por aqueles días o outro pub que
había en Arteixo era o "Equus". O "Positivo Negativo" era un local moderno, moi na liña
de moitos bares de copas que abriran naquela hora pola zona do Orzán, na
Coruña, un local no que varios dos rapaces da aldea cumplimos alí a
maioría de idade e tomamos os primeiros cubatas ao mesmo tempo que
escoitábamos aos Status Quo, Dire Strait, The Police, os Siniestro
Total e Aerolíneas Federales, estos dous últimos os meus grupos favoritos
naquela altura.
A música de fondo nos 90 xa sería outra. The Cure, Nirvana, Eurythmics, Madonna, Bruce Springsteen... eran os que máis soaban por aqueles días no "Positivo Negativo" onde, boa parte da xuventude do Rañal, descubrimos os discos de vinilo e pinchamos por primeira vez na cabina do pub. Lembro que alí, na cabina, imitamos algunha que outra vez a José Antonio Abellán, o locutor que escoitábamos os sábados pola mañán nos "40 Principales" para saber quen era o número 1 da lista esa semana. Tamén recordo que Juan Abelenda, sempre innovador, argallara no seu local un par de desfiles de moda que tiveran un enorme éxito. O "Positivo Negativo" pecharía a finais dos anos noventa, aínda que para moitos dos seus antigos clientes continua estando aberto xa que aínda están moi presentes na memoria os momentos de diversión alí vividos.
![]() |
Imaxes do pub + - do 2018 e 1993 |
A música de fondo nos 90 xa sería outra. The Cure, Nirvana, Eurythmics, Madonna, Bruce Springsteen... eran os que máis soaban por aqueles días no "Positivo Negativo" onde, boa parte da xuventude do Rañal, descubrimos os discos de vinilo e pinchamos por primeira vez na cabina do pub. Lembro que alí, na cabina, imitamos algunha que outra vez a José Antonio Abellán, o locutor que escoitábamos os sábados pola mañán nos "40 Principales" para saber quen era o número 1 da lista esa semana. Tamén recordo que Juan Abelenda, sempre innovador, argallara no seu local un par de desfiles de moda que tiveran un enorme éxito. O "Positivo Negativo" pecharía a finais dos anos noventa, aínda que para moitos dos seus antigos clientes continua estando aberto xa que aínda están moi presentes na memoria os momentos de diversión alí vividos.
E
xa por último, para rematar esta crónica sobre a “movida” da
miña aldea do Rañal teño que citar, logo da presión popular
recibida nos últimos tempos por parte de moitos amigos e amigas que
alí paraban, á “Chabola do Espada”. As persoas que me coñecedes
desde hai moitos anos, sabedes do que falo ¿verdade?. Aquela caseta
de pouco máis de 30 metros cadrados, que era propiedade da miña
familia, fora construída nos anos setenta por meu avó Milio a
poucos metros da praia de Alba. Naquel habitáculo gardábanse as
ferramentas de labranza coas que os avós traballaban as leiras que
tiñan pola zona, unha caseta que mamá empezaría a
darlle outro uso nos veráns da miña infancia, pasando moitas horas
dos fins de semana nela. De feito, case todos os sábados e os
domingos de xullo e agosto xantábamos alí.
![]() |
Festas na chabola |
Mais,
cando cumprín os 18, co carnet de conducir na man, aquela caseta
empezaría a ter, no fai falla entrar en detalles, un uso ben
distinto. A parte, era raro que os sábados non se argallara algunha festa
alí. Dado que o noso grupo de amigos e amigas era coma unha enorme
familia, todo o mundo quería facer a festa de cumpreanos na chabola.
Lembro que nunha de aquelas festas, na época forte da movida
nocturna da Laracha, os pubs da vila larachesa estaban baleiros.
-
¿pero dónde está hoxe a xente hoxe?, preguntaba todo o mundo. Pois
aquel día a xente, entre unhas 400 e 500 persoas, colapsaban O Rañal por mor da celebración do cumpreanos de tres rapaces do
grupo, festa que se celebraba na chabola do Espada. Aquela caseta de pouco máis de 6x6, que estaba situada no
inicio da pendente do Paiolo... si, si, xa sabedes, esa costa tan difícil
de pedalear cando ides por alí en bicicleta, á altura do Rañal...
sería derrubada cando se iniciou a construcción do Paseo Marítimo, mais aínda
hai quen garda como recordo a bolsa cun cachiño de parede que un
servidor regalou a moitos e moitas dos que alí pararon durante
tantos anos. Algún día xuntaremos todos eses cachiños e diremos
con nostalxia: ...”aaaii, se as pedras falaran”.
PEPE
DO MUIÑEIRO E O SEU BAR INSUA
-
Aínda non o creo!
-É
imposible!
-Non
pode ser!
Non estades a ler un guión teatral. Non, estades lendo os comentarios
que dicían moitos dos seus clientes antes de confirmarse a nova,
clientes que cando viron que os rumores se convertían na realidade o
pasado venres 28 de setembro decidiron organizarlle, na compaña de
familia e outros amigos, unha pequena homenaxe ao seu prezado Pepe,
Pepe do Muiñeiro, que se xubilaba ao día seguinte despois de
traballar no seu bar, o Bar Insua, durante os últimos cincuenta
anos!
O
que escribe tivo a fortuna de estar presente na merecida homenaxe e
acudiu vintecatro horas despois, ao igual que cada sábado, ao Insua a escoitar algunha historia do Arteixo de antano.
Mais nesta ocasión era distinto. Desta volta sabía con certeza que era a
última vez que os meus ollos verían a Pepe detrás da barra e,
ademais, probablemente tamén era a última vez que o popular
estabelecemento tiña as súas portas abertas. O tempo dirá se se
aluga, traspasa ou vende.
Nesa
última visita ao
Bar Insua o cheiro cafeteiro
era o de todos os días, desos que lle devolven ao almanaque as
follas caídas e se instalan, para sempre, nos anos en que os
teléfonos móbiles non eran máis que un invento da ciencia ficción.
O
mesmo
pasou coas
sensacións personais,
as
mesmiñas
de cada
día
que entrei alí ao
longo da miña vida.
Unha
vez máis, dábame
a
impresión que facía
unha viaxe no tempo semellante á que fixera Marty McFly (Michael J.
Fox) en "Regreso al futuro", película na que o
protagonista chega ao ano 1955 nunha máquina creada polo seu amigo
Doc, o científico ao que todos tomaban por tolo...lembrades?
Mais
desta volta era diferente. A persoa que tantas veces nos fixo viaxar
ao pasado dende a cabina de mando da barra, Pepe, Pepe do Muiñeiro,
quixo viaxar do pasado ao presente para soñar co futuro, coa súa
nova etapa, coa merecida xubilación!
No
Bar Insua non podías ir con presa. Pepe tiña o seu ritmo e non era
de cortar a conversa coa clientela cando lle pedían unha
consumición. Detrás da barra contaba con paixón as súas
lembranzas, e abofé que sabía transportarte, se cadra os seus
tempos de taxista tiñan algo que ver, ao Arteixo do pasado
describindo con todo luxo de detalles como era a vila e as súas
xentes nos anos cincuenta, sesenta, setenta...
Nesa
viaxe no tempo, do que aínda quedaban no bar algúns vestixios dos
seus primeiros tempos como a televisión, unha das primeiras que
houbo no concello, o aparato de radio ou algunhas botellas de coñac,
negras polos fumes das farias de anos de reñidas partidas de tute e
dominó, Pepe tamén te conducía aos tempos no que o fútbol era un
deporte e non un negocio falando dos Mundiais, do Deportiviño, de
Arsenio Iglesias ou dos derbis da súa xuventude entre o Penouqueira e o
Atlético Arteixo, do que él fora xogador e o seu irmán Fernando
fundador.
O
edificio onde tantos anos estivo aberto o Bar Insua, no cruce da Avenida
de Fisterra coa Avenida de Caión, é unha casa única, distinta a
todas e cun deseño pouco común que a min sempre me gustou pola gran
cantidade de ventás que ten. Lembro que as primeiras veces que
entrei alí, cando meu avó me mandaba a buscar un día á semana as
quinielas de fútbol, sentín un chisco de medo. As miradas dos mestres do colexio Carrero Blanco, que despois de
xantar ían ao Insua a xogar a partida de tute antes de impartir
clase -ou estaca- a partir das 15:00, dábanme verdadeiro pánico,
tanto ou máis que as películas de medo que obrigaban a mirar se
había alguén debaixo da cama antes de deitarte!
Naquela
altura, naqueles anos setenta, Pepe xa levaba certo tempo atendendo o
negocio, un estabelecemente onde a min sempre me tratou con moito
cariño dende que era un mexerica. O noso protagonista empezara a traballar no bar
ocasionalmente nas fins de semana botándolle unha man a seu irmán
Fernando mais, cando este fixo, coma tantos miles de galegos e galegas, a
maleta da emigración para aforrar catro pesos en Inglaterra, Pepe,
que daquela traballaba na Seat, quedaría definitivamente ao fronte
do Insua durante case medio século, ata o 29 de setembro de 2018,
día da súa xúbilación!
A
casa onde está o bar construírona os pais de Pepe, Manolo "o
Muiñeiro" e Mari Pepa, matrimonio que tiña catro fillos
(Carmen, Fernando, Manolo e Pepe) e residencia no Pedregal, lugar onde
tiñan muíño, de aí o alcume do bar.
Unha
vez rematada a obra, da que Manolo se encargara de facer a
carpintería, a principios dos anos cincuenta a familia trasladaríase
definitivamente do Pedregal ao seu novo domicilio, naquela hora
coñecido como o lugar de O Cruce, deixando a pranta alta da
casa para vivenda e o baixo para negocio.
O
local, que empezaría a funcionar como ultramarinos e taberna, non
tardaría en se converter nun dos principais referentes futboleiros
da zona, sempre identificado coas cores do Atlético Arteixo xa que
Fernando, un dos fillos de Manolo e Mari Pepa, fora xunto a Eduardo
de Martís o fundador do equipo branco e vermello.
Nos
primeiros anos Fernando era o que estaba detrás da barra da taberna,
un Fernando que tamén sería un dos grandes impulsores do fútbol
federado de Arteixo, primeiro ideando o Torneo de Preparación, que
fora unha especie de liga de peñas disputada en 1961, e no ano
seguinte a chamada Liga de Arteixo, na que participarían só catro
equipos, o Paiosaco, o Campanal, o Sporting Uxes e o Atlético
Arteixo, e que sería a primeira competición oficial que, por certo,
gañarían os da feira.
Ao
crearse a Liga de Arteixo, é doado imaxinar como eran os luns
daqueles primeiros anos sesenta no bar Insua: fútbol, fútbol e máis
fútbol e, de seguro, que co semanario deportivo Riazor enriba da
barra, semanario do que daba boa conta a clientela lendo as crónicas
que enviaba Fernando baixo o seudónimo de FINGA (Fernando INsua
GArcía), un Fernando que botaría 17 anos en Inglaterra sen voltar a
Arteixo. Ao vir das illas británicas abriría unha tenda de
deportes, Deportes Gido, na que cada vez que lle ías comprar algo
sempre che amosaba as súas famosas libretas nas que tiña anotados
todos os resultados históricos de infantís, xuvenís e aficionados
dos equipos da zona.
Entre
café e café, Pepe Insua tamén tiña que atender o outro negocio.
Se cadra xa non vos lembrades. Pero sí, Pepe tamén foi taxista.
Comprara a licenza, a número 20, en 1966 e o primeiro taxi que tivo
foi un Seat 800 de catro portas, que era igual que o 600 pero máis
grande. Varios anos máis tarde, en 1972, compraría un Seat 1430
que, se non lembro mal, era de cor amarela. Curiosamente, varias
mulleres de Arteixo que foron nais por aqueles días, lembran con
moito cariño os taxis de Pepe. Unda delas contounos que... “naquela hora
nin había ambulancias nin coche na casa. Chamei por teléfono a Pepe
para que me levara ao hospital e case non chegamos. O
neno a pouco máis nace no taxi!
Foi pasando o tempo e o taxi de Pepe, quedaría aparcado no baixo do seu bar ata o ano 2000, que foi cando vendeu o coche xunto coa
licenza.
E así, coma quen non quere a cousa dezaoito anos despois,
en setembro do 2018, o Bar Insua botaría o peche. O local fora quen de resistir ao “boom” immobiliario pero non á xubilación
de Pepe. Non poideron con el as ansias de construir na zona nin o seu
paso de taberna inicial de traballadores da construcción e labregos
a templo de visita obrigada para veciños, artistas, millonarios,
alcaldes e, sobre todo, amigos. Ao Bar Insua venciulle a idade, pero
non a súa, se non a do seu dono, Pepe Insua, que colga o sacacorchos
e as tazas dos cafés que tantos e tantos anos levaba servindo. Co seu
pelo xa cano e con infinidade de lembranzas acontecidas nas catro
paredes nas que traballou medio século, Pepe, camiño dos 78 anos,
desfruta ao fin da súa merecida xubilación.
A TABERNA "O PIÑEIRO" DE CHAMÍN
Empezando
a subir a costa de Chamín do Medio, á man dereita da estrada que
conduce a Caión, para máis sinais, moi preto do cruce que vai para
Santaia e Monteagudo, tedes un dos mellores establecementos
hostaleiros de todo o municipio de Arteixo: o Café Bar “O
Piñeiro”, sitio tranquilo, de boas tapas e de boa atención,
abofé!
A "PARRILLADA CABANAS" DE LARÍN
A TABERNA "O PIÑEIRO" DE CHAMÍN
![]() |
Imaxe do "Piñeiro" antigo |
Ao
entrar, atoparedes un fermoso local decorado con gusto. Unha ducia de
mesas que conxugan á perfección o pasado co presente, cada unha
delas rodeada de cadeiras de madeira de aspecto tradicional, convidan
ao descanso, á lectura dos xornais do día, á conversa e tamén,
especialmente na fin de semana, a botar a partida. Nas paredes colgan
varios fotos do equipo de fútbol do lugar. Tamén hai unha imaxe do
bar vello, que estaba uns metros máis adiante que o actual, ao carón
da estrada, unha imaxe que cada vez que a vexo faime viaxar á miña
xuventude, aos anos 90, tempos nos que paraba con frecuencia neste
establecemento. E tamén hai un reloxo antigo no que se parou o tempo
ás 17:40 horas dun día calquera dun ano incerto, un reloxo que
seica xa formaba parte do mobiliario da antiga taberna.
Se es dos que te quedas na barra, mentres que che prepara un café o amigo David, o actual propietario do negocio, escoitarás a súa nai Dorita dende o seu “búnker” particular preparando o xantar para a familia e algunha que outra tapa para o negocio que rexenta o seu fillo dende que ela se xubilou. É probable que na barra atopes algún cliente dos de toda a vida, dos que aínda lembran os tempos do vello Piñeiro, unha taberna que se derrubou no ano 2000, pouco despois de abrir o bar actual.
![]() |
David e Dorita no "Piñeiro" de Chamín |
Se es dos que te quedas na barra, mentres que che prepara un café o amigo David, o actual propietario do negocio, escoitarás a súa nai Dorita dende o seu “búnker” particular preparando o xantar para a familia e algunha que outra tapa para o negocio que rexenta o seu fillo dende que ela se xubilou. É probable que na barra atopes algún cliente dos de toda a vida, dos que aínda lembran os tempos do vello Piñeiro, unha taberna que se derrubou no ano 2000, pouco despois de abrir o bar actual.
Como
todas as tabernas das de antes, o Piñeiro antigo, vendía un pouco
de todo. Aínda lembro as chapas descoloridas polo paso do tempo de
Coca Cola e de Fanta que había pegadas xunto á porta e, tamén, o
letreiro de Tabacalera coa súa insignia que estaba colgado na
fachada da casa e que indicaba que O Piñeiro era un establecemento
autorizado para a venda do tabaco. Alí, no banco de pedra que había
na entrada da taberna, boteille os meus primeiros Royal Crown na
compaña dos bos amigos de Chamín que aínda conservo. Como di o
prezado Moncho Vilar nun dos capítulos do seu libro “Un peixe no
parqué”… Quen cona fuma Royal Crown hoxe en día? Ti coñeces
alguén? Naqueles tempos era o que había e, cousas do destino,
quen escribe xa leva catorce anos sen fumar!
Mais continuemos coa descrición do Piñeiro vello. Naqueles anos 90, o paso do tempo xa se notaba ben na estrutura exterior do edificio. Nas súas paredes de pedra, nas portas e nas ventás de madeira o paso dos anos xa deixaran a súa pegada na vivenda na que que, de xeito moi doado, un podía viaxar gratis no tempo para imaxinar como era a vida dos nosos devanceiros. Se querías soñar como era a vida nas tabernas de antes, O Piñeiro era un lugar ben axeitado para facelo xa que no interior podías observar que o único que mudara co paso das décadas fora o envoltorio dos productos que alí se vendían.
![]() |
Imaxe do interior do "Piñeiro" antigo |
Mais continuemos coa descrición do Piñeiro vello. Naqueles anos 90, o paso do tempo xa se notaba ben na estrutura exterior do edificio. Nas súas paredes de pedra, nas portas e nas ventás de madeira o paso dos anos xa deixaran a súa pegada na vivenda na que que, de xeito moi doado, un podía viaxar gratis no tempo para imaxinar como era a vida dos nosos devanceiros. Se querías soñar como era a vida nas tabernas de antes, O Piñeiro era un lugar ben axeitado para facelo xa que no interior podías observar que o único que mudara co paso das décadas fora o envoltorio dos productos que alí se vendían.
Outro
dos recordos que teño do vello Piñeiro é que non costaba moito
estirar a man e tocar o teito, que era de madeira e, nas súas vigas,
había cravadas puntas de aceiro que facían á vez de ganchos para
colgar chourizos, paquetes de sebo e outros artigos necesarios para a
vida cotidiá da veciñanza.
![]() |
Ramón Varela e Jesusa Bermúdez |
O
Piñeiro fora, no seu momento, dos poucos lugares de Arteixo nos que
as innovacións pasaran de largo e poucos cambios houbera no local
dende que o abriran en 1934 Ramón Varela Paulos, natural do lugar do
Piñeiro (de aí o nome do negocio), parroquia de Monteagudo, e
Jesusa Bermúdez Ferreiro, que era natural de Gondreo, parroquia de
Sorrizo.
Ramón
e Jesusa, tiñan o seu domicilio na parte superior da taberna, lugar
no que virían ao mundo os tres fillos máis pequenos do matrimonio:
Chucho, Melindra e Dorita. Os dous maiores, María e Cresencia,
naceran no Piñeiro, na casa paterna de Ramón, lugar no que
habitaron ata que construiron a súa nova vivenda en Chamín do Medio
e abriron o establecemento do que estamos a falar pouco antes da
Guerra Civil.
![]() |
Dorita en Caión na súa xuventude |
Jesusa
era quen atendía o establecemento, unha taberna que nos primeiros
anos viviría, coma as outras da contorna, tempos difíciles, tempos
da posguerra, tempos de medo nos que non se podía falar de case
nada, tempos de fame, de racionamento e de sacrificio, de moito
sacrificio, mais, con todo, nunca lles faltou clientela que lles dera
un peso a gañar, aínda que moitas veces… “leva o que
precises que cho fío, xa pagarás; moitas grazas señora Jesusa”.
Pola súa banda Ramón adicábase a traballar nas leiras da comarca
coa máquina de mallar da súa propiedade, pasando nalgunhas ocasións
semanas enteiras fóra do seu domicilio.
E
así irían pasando os corenta, os cincuenta e os sesenta, que foi
cando Dorita, a filla máis nova de Ramón e Jesusa empezou a levar o
peso da taberna, unha Dorita que non tardaría en casar con Telmo,
con quen tería catro fillos: os meus prezados amigos Javier, Sonia,
David e Inés.
A
vida seguiría sendo igual no vello Piñeiro ao longo dos setenta e
dos oitenta... bueno todo non. Xa non estaban Ramón e Jesusa, que
falecerían respectivamente en 1973 e 1984, ambos aos 77 anos de
idade.
Telmo tiña unha pequena empresa de construcción na cal empezarían a traballar os seus fillos Javier e David.
Nos 90 a familia decidiu que xa era hora de darlle un cambio ás súas vidas e facer unha nova vivenda… mais... xa se sabe… na casa do ferreiro coitelo de pau… e a idea foise pospoñendo ata finais da década. Finalmente abrirían o novo bar en decembro do 2000, días despois de tirar o vello Piñeiro.
Telmo tiña unha pequena empresa de construcción na cal empezarían a traballar os seus fillos Javier e David.
![]() |
Dorita con seus pais e Javier, o seu fillo maior |
Nos 90 a familia decidiu que xa era hora de darlle un cambio ás súas vidas e facer unha nova vivenda… mais... xa se sabe… na casa do ferreiro coitelo de pau… e a idea foise pospoñendo ata finais da década. Finalmente abrirían o novo bar en decembro do 2000, días despois de tirar o vello Piñeiro.
Telmo
falecería no ano 2007 e David continuaría un ano coa empresa de
construcción, ata o 2009, que foi cando xa se puxo definitivamente
detrás da barra do Bar o Piñeiro.
David, terceira xeración do negocio, agarda por vós alí para conversar dos tempos de antes ou do que se tercie. Se paredes no seu establecemento, asegúrovos que habedes de pasar un rato agradable escoitando as historias do Chamín de antano e do Chamín de hoxe!
David, terceira xeración do negocio, agarda por vós alí para conversar dos tempos de antes ou do que se tercie. Se paredes no seu establecemento, asegúrovos que habedes de pasar un rato agradable escoitando as historias do Chamín de antano e do Chamín de hoxe!
A "PARRILLADA CABANAS" DE LARÍN
Redes
sociais, críticas gastronómicas, comentarios en TripAdvisor, apps
especializadas… cada
vez dispoñemos de máis recursos para acertar nas nosas apostas á
hora de comer mais, ao modesto entender de
quen escribe, o mellor
segue a ser deixarse levar polo boca a boca da xente local ou polos
consellos de familiares e amigos que estiveron antes que nós no
destino vacacional que temos en mente. No caso de Arteixo,
contamos cun bo número de negocios hostaleiros recomendables nos que
podedes saborear as mellores exquisiteces culinarias da bisbarra,
negocios sobre os que prometo falar máis polo miúdo algún día xa
que hoxe o protagonismo é para a Parrillada Cabanas que, con máis
de tres décadas de historia, ten máis que merecido o pequeno
homenaxe que lle facemos a continuación.
Situada
no lugar do Anide,
na parroquia de Larín, ao
carón da estrada AC-552 e fronte as instalacións do Centro Hípico
Casas Novas, a Parrillada
Cabanas abría as súas
portas o 12 de setembro de 1987, pouco despois de que os seus
propietarios, Ramón Cabanas Grela
e Carmen Riveiro Golán,
puxeran punto e final á súa estadía en Suíza,
a onde emigraran, como tantos outros miles de galegos e galegas,
nos primeiros anos da década dos setenta.
Ramón,
natural do Val de Barcia de Carral, e Carmen, veciña do lugar de
Santa Locaia, na parroquia arteixá de Loureda, coñecéranse
en Soandres na romaría de Santa Marta e ennoivaron pouco antes de
que ela emigrara, en 1971, ao cantón helvétivo de Xenebra para
traballar de gobernanta nun hotel.
Dous
anos máis tarde, no 73,
Ramón e Carmen casan e, logo de darse o “si quero”, fan a maleta
da emigración para gañarse a vida en
Xenebra, onde ela seguiría facendo uns pesiños como gobernanta de
varias casas e hoteis e el traballaría de cociñeiro.
Ramón xa tiña alí
familia: un irmán e a seu padriño. Precisamente un neto
deste, Ricardo Cabanas, andando no tempo convertiríase en futbolista
profesional e disputaría con Suíza o Mundial do 2006 celebrado en
Alemania.
No
74, un ano despois de casar, Ramón e Carmen serían pais do seu
primeiro fillo, de Alfredo, un meniño que quedaría a cargo dos seus
avós maternos de Santa Locaia mentres que a parella de emigrantes
seguía traballando no país helvético.
En
1977 nacía
en Xenebra Cristina, a segunda filla do matrimonio, que tamén
quedaría baixo a custodia
de seus avos maternos de Santa Locaia ata 1986, que foi cando Ramón
e Carmen viñeron
definitivamente de Suíza e investiron os seus aforros
comprando no lugar do Anide os terreos nos que non tardarían en
edificar o seu novo domicilio, edificio no que o 12 de setembro do
ano seguinte abrirían a parrillada da que estamos a falar.
Carmen
contounos recentemente que… “eliximos Larín porque a min
sempre me gustou moito esa zona. Eu non tiña carné de conducir, nin
coche. O Anide tiña boa comunicación. Para min era unha situación
cómoda. Era unha carretera que tiña bus cada pouco tempo e por iso
me gustaba a zona".
![]() |
Alfredo e Cristina, os dous fillos de Ramón e Carmen, diante da Parrillada pouco antes de abril (Cristina Cabanas) |
O
don de xentes de Ramón e Carmen, sumado á boa relación
calidade-prezo das súas carnes e peixes á grella, farían que desde
o día da inauguración o negocio fora vento en popa. O 60 25 03, o
número de teléfono da Cabanas, (actualmente é o 981 606687) botaba
fume a diario…
clientes
do Polígono de Sabón, representantes comerciais, turistas,
parellas, festas familiares, ceas de amigos…
-Ramón:
quería reservar una
mesa para o sábado…
-Carmen:
quería facer a comuñón da nena para
tal día…
-Ramón:
pensamos en facer a cea de fin de tempada do equipo cando remate a
liga...
Todo
ía a pedir de boca, e nunca mellor dito, ata 1998, que foi o ano no
que faleceu Ramón. Mais, como di a canción, a vida continúa e a
Carmen non lle quedou outra que tirar cara adiante!
Sería
aí, nesa altura, cando Cristina,
a filla máis
nova do matrimonio,
iría
collendo pouco a pouco as
rendas da
Parrillada Cabanas,
negocio ao
que lle foi dando dende aquel entón o seu toque persoal cun aire
renovado. E así, Cristina sería quen de converter o negocio no
local que é hoxe, nun dos mellores sitios da contorna en relación
calidade-prezo, local que é verdadeira referencia na bisbarra e
que ofrece un menú do día moi variado, cun churrasco de auténtico
vicio e, entre
outras especialidades da casa,
uns chipiróns e un bacallau que saben a gloria bendita!
Iso
si, aviso aos comensais: se queredes xantar na Parrillada Cabanas,
especialmente o fin de semana, ide con tempo, xa que o local está
sempre ateigado de xente… por algo será!
Situada
na estrada que conduce a Caión, ao pé do monte do Castro e a poucos
metros do límite parroquial con Chamín, A Lagoa é unha aldea da
parroquia de Sorrizo que da nome á Escola Unitaria na cal aprenden
as primeiras letras os nenos e nenas de Chamín e Sorrizo dende 1919,
ano no que o Concello lle alugou a José López Barreiro a casa que
servía de local escolar naquela hora. Posteriormente, en 1926, o
propio Concello compraría por 10.000 pesetas da época o edificio no
que se asenta, dende aquel ano, a Escola Unitaria.
Se
pasades por alí, a poucos metros da devandita escola, hai unha casa
antiga que vos ha de chamar a atención polas tres grandes ventás
semicirculares da parte superior, xanelas que contan cos seus
respectivos balcóns protexidos por uns fermosos balaústres de
metal. O marrón descolorido polo paso do tempo, tinguido da
nostalxia de antano, destaca nas contras das dúas ventás da parte
inferior e na porta do edificio. Outro elemento digno de mención é
un letreiro circular de madeira que, no seu interior, ten un pequeno
barril, letreiro que conserva as letras do negocio que houbo alí no
pasado: Taberna A Benitona.
Non
podemos afirmar con exactitude o ano no que empezou a funcionar esta
taberna mais, polo que nos conta Manuel M.ª Puga, o popular
Picadillo, nunha das receitas culinarias da súa autoría, publicada
no xornal “El Noroeste” na sección “La Cocina Práctica”,
sabemos que na década dos anos dez do século pasado xa había
taberna na Lagoa. No seu artigo gastronómico, antes de explicar o
xeito de preparar o “Butter-brote”, Puga fai alusión dunha viaxe
que fixo en decembro de 1909 a Hamburgo coa finalizade de realizar
un réxime de adelgazamento nunha clínica da cidade alemá.
Acompañouno na viaxe, como “ayuda de cámara”, o arteixán
Baltasar Rega, máis coñecido polo alcume de Sarete, de quen
Picadillo escribe o seguinte no devandito artigo:
“(…)
Sary (traducción alemana algo libre de Sarete, que es el nombre con
que se conoce en Bergantiños a este sujeto) me acompañaba. Queda
demostrado que Sary tampoco es una besta brava. Y los dos, poseedores
de nuestros derechos civiles, dejábamos deslizar nuestra existencia
en el cuarto de un hospital de Hamburgo, paraje tan ameno como
podréis figuraros tratándose del cuarto de un hospital. Sary
recordaba allí sus marelos, sus plantaciones, su taberna de A Lagoa,
en donde los domingos celebraba el descanso dominical con sendas
tazas de vino del Ribeiro, y hacía profundas comparaciones entre
este bálsamo, verdadero néctar, y los vinos del Rhin, del Mosela y
de Burdeos, con los que le fastidiaban con harta frecuencia las
Schwestern o hermanas de la caridad, que no por protestantes dejaban
de ser hijas de papá Adán, y, por consiguiente, nuestras hermanas,
y tan caritativas como las hermanas católicas que tenemos aquí
(...)”.
Velaí
a tedes. A parte da información que nos ofrece o Catastro da
Ensenada de 1752, que conta que nesa época había en Sorrizo dúas
tabernas “que corren a cargo a de Juan de Cobas”, o
anterior artigo de Picadillo probablemente sexa a primeira referencia
escrita da taberna da Lagoa na que, con certeza, Baltasar Rega,
Sarete, contou ducias de contos da súa experiencia alemá ao longo
dos primeiros anos do pasado século XX, que é cando temos
constancia de que José López Barreiro, máis coñecido polo alcume
de “o Benitón”, abriu este negocio.
José
nacera en 1879 nun punto incerto da xeografía galega e casara con
Gumersinda García, que viñera ao mundo en Tordoia no ano 1884. Ao
ser o primoxénito da familia, “o Benitón” recibira a maior
parte da boa herdanza de seus pais e, cos cartos obtidos, decidiu
establecerse coa súa muller Sinda no municipio de Arteixo onde,
entre 1900 e 1910, abriron a taberna da que estamos a falar e
construiron a casa do lado que, como xa contamos anteriormente, lle
alugaría ao Concello en 1919 para converterse na primeira escola da
zona. Esa casa, situada entre a taberna e a escola unitaria, sería
anos máis tarde a vivenda do cura de Sorrizo e, na actualidade, é a
sede da Asociación de Veciños do lugar.
![]() |
A Benitona nos anos 90 |
José
e Sinda tiñan o seu domicilio no piso superior da taberna, o dos
fermosos balaústres de metal, lugar no que virían ao mundo os nove
fillos do matrimonio: Jesusa, Manolo, Obdulia, Clarisa, Julia, Lola,
Mercedes, Eladio e Emilio. Segundo o testemuño da súa neta Fina,
filla de Clarisa, “o Benitón” era un ser extraordinario, un home
adiantado ao seu tempo que fundaría a liña Caión-Coruña, liña
que se realizaba en carruaxe e que anos máis tarde, despois de que
José López decidira vender os dereitos, pasaría ás mans da
empresa Transportes Martínez.
Nos
duros anos da posguerra, a taberna do Benitón era o lugar da zona onde se
distribuía o racionamento. Polo que nos contou a súa neta Fina,
“todo
o mundo quería
a meu avó
porque, naqueles
tempos difíciles, era
moi caritativo coa
veciñanza”, estima que aínda se mantén viva na memoria colectiva dos maiores de Chamín e de Sorrizo.
![]() |
Panteón familiar onde desncansan os restos de José López e da súa familia |
Aqueles
eran tempos nos que os homes entraban a tomar a copa e a xogar a
partida e as mulleres a comprar e, a ser posible, sen entrar xuntos.
E tamén eran os tempos nos que a tía Sinda e as súas fillas
decidiron abrir, ao carón da taberna, un salón de baile.
Precisamente, o “Manco de Sorrizo”, o mesmo que montaba ano tras
ano a caseta de tiro nas festas da comarca, perdería un dos seus
brazos nas obras de construción do salón, que non tardaría en ser
popular polos bos bailes que se facían alí, aínda que ás veces se
interrumpía se algún simpático abría a porta do cortello dos
cochos, que non estaba moi lonxe da propia pista de baile.
E
así, coma quen
non quere a cousa, foron
pasando os anos, tempos
nos
que Obdulia abandonara o niño familiar e Mercedes casara con Pepe e,
tempos nos que o salón, ao
igual que os outros do municipio, iría perdendo fol ata
que pechou definitivamente. Naquela
altura,
non tardarían en abrir a Sala de Festas Eva de Arteixo e a Discoteca
Pazos da Laracha que, cada
fin de semana, ateigaban
os mozos e mozas dos sesenta, dos
setenta…
REcordo perfectamente o bar "Moisés" e un neno que era o fillo dos donos que lle chamaban "CHEIÑO", que era un crak xogando o fútbol. Formábamos parte, entre o 1971 e o 1974, dos alevíns do Penouqueira, S.d.. Recordo que fumos xogar a Pastoriza, no campo que estaba cerca da carretera de Fisterra. Tamén xogamos en Lañas, por debaixo da igresia. En Oseiro, pasado o taller dos teléfonos, indo hacia Silicios de Sabón. E tamén chegamos a ir a Uxes, pero o transporte era complicado.
ResponderEliminarOutros dous bares da miña época dourada arteixán foron o bar Novo, na avenida do balneario, donde está hoxe a tenda deportiva, alí vivían dous rapaces amigos meus (Domingo, creo que se chamaba o mais maior). Outro era o bar Sanchís, na mesma avenida do balneario. Arteixo era a gloria. Vivín frente o campiño da foto que ilustra o comentario sobre o bar Moises.
ResponderEliminarGraciñas por compartir as túas lembranzas anakoreta!
ResponderEliminar