ALFONSO MOLINA E O PIANO DO BALNEARIO
"Los
manantiales, los baños y las hospederías pertenecían al dominio
particular de cuatro propietarios, que tenían hecha partición de
los edificios y los administraban por sí mismos o por medio de
dependientes. Hay un quinto propietario que es D. Angel Henry, vecino
de Madrid, que aunque tuvo abandonada su finca se ha propuesto ahora
mejorarla, y así abrió el año anterior en su establecimiento un
salón de sociedad decentemente adornado, con periódicos, juegos
permitidos y piano, arregló un local para fonda y amuebló las
habitaciones. Los otros propietarios se proponen imitarle. Una gran
huerta del Sr. Henry se está disponiendo para jardín y paseos".
Velaí está! O doutor Pedro María Rubio deixaba constancia
no seu libro Tratado completo de las fuentes minerales en España,
publicado en 1853, do primeiro piano que houbo no Balneario de
Arteixo. No seu traballo, Rubio informaba que los otros
propietarios se proponen imitarle...¿Chegarían, pois, naquela
hora máis pianos aos Baños arteixáns? Pola transmisión oral e
polas crónicas da época sabemos que no ano 1889 apareceran nos
areais de Arteixo tres pianos, probablementes órganos ou armonios,
procedentes do naufraxio do vapor británico Priam, acontecido nas
Illas Sisargas o 11 de xaneiro dese ano. Pois ben, según varias
testemuñas que escoitaron estes contos a carón da lareira das súas
casas cando eran nenos, un destes instrumentos musicais, que o ventos
e as correntes de mar deixaran na praia de Alba, acabaría soando nas
instalacións do recinto termal, ben nalgún dos salóns dos outros
catro propietarios que indica Pedro María Rubio, ou ben na pequena
capela. Noutra ocasión falareivos dos pianos do vapor Priam, aínda
que se xa vos pica a curiosidade, no libro De Liverpool ás
Sisargas; a derradeira travesía do Priam, atoparedes máis
información sobre estos instrumentos que o mar vomitou nas praias de
Arteixo en 1889.
Xa vos contei que en 1898 o carballés Manuel Rodriguez Més,
home que fixera gran fortuna e que casara coa arteixá Flora González
Més, compráballe aos herdeiros de Henry o Balneario pola
respectable suma de 9.000 pesos dos da época e, nese mesmo ano
encargaríalle ao arquitecto Juan Ciórraga a construcción do
edificio do hotel do recinto termal, obra que remataría en 1911. A
partir de aí, durante os anos que Manuel Rodriguez e a súa muller
Flora estiveron ao fronte do negocio, os Baños vivirían unha das
súas mellores épocas, se cadra a mellor, uns anos de esplendor no
que o recinto termal era frecuentado pola créme
da sociedade coruñesa, que viña pasar os seus días de
veraneo nun ambiente afable e distinguido. Entre aquela clientela
asidua había moitas familias de militares, entre outras, a do
Teniente Coronel Bernardo del Río (pai do chamado Señorito de
Suevos, que en 1920 mataría a súa muller) ou a do capitán Cossío,
que permanecía os tres meses veraniegos de cada ano coa súa dona,
unha muller da que se lembraba o veciño de Arteixo Ramón Varela
Sande nunha entrevista do xornal El Ideal Gallego de xullo de 1980
decindo que...”era unha virtuosa do piano e así,
secundando os seus compases, entregábanse as parellas ao rigodón
nunha festa continua mentres que os rapaces achegabámosnos con
asombro e admiración ás reixas das ventás, disfrutando ou
envidiando o ambiente do interior”.
Outros hóspedes ilustres habituais do Balneario naqueles
anos eran Manuel Mª Puga Parga, "Picadillo"; Ricardo
Fernández Cuevas i Salorio; Narciso Obanza Alonso e a súa dona
Elena Miranda Santos; ou entre outros Raiumundo Molina, que viña
aos Baños acompañado da súa dona Evarista e do seu fillo
Alfonsito, un rapaz que nunha trasnada das que habitualmente fan os
cativos, cando tiña trece anos escribira o seu nome na parte
traseira do "Bernareggi, Gassó & Cía", un dos pianos
que había no Balneario a principios do século pasado, probablemente
o mesmo que tocaba a muller do capitán Cossío.
"Bernareggi" fora unha das fábricas de pianos máis
antigas de Barcelona. Según varias fontes, orixinariamente a empresa
fora fundada cara o ano 1830, a mesma época na que o madrileño
Angel Henry adecentara o Balneario. Mais en 1875 a fábrica
trasladaríase a un recinto moito máis amplo, a un bloque de cinco
prantas ubicado na rúa Poniente que naquela hora xa dirixía o que
sería futuro alcalde de Barcelona José Gassó, lugar onde a empresa
pasaría a denominarse "Bernareggi, Gassó & Cía".
O piano protagonista desta historia está na actualidade no
domicilio do meu amigo Pablo Mosquera e o rapaz da trasnada
convertiríase, co tempo, nunha persoa distinguida e moi popular.
Estamos a falar de Alfonso Molina Brandao, o que fora alcalde da
Coruña dende o ano 1947 até o día da súa morte, acaecida
repentinamente o 25 de novembro de 1958 cando estaba de visita
oficial en Río de Janeiro.
Piano e inscricción de Alfonso Molina
FONTES:
Fotografías do piano: Pablo Mosquera
"De Liverpool ás Sisargas; a derradeira travesía do Priam". Fernando Patricio Cortizo/Xabier Maceiras
PEPE TEMPRANO E A MUIÑEIRA DE FREÁN
(Relato de Víctor Iglesias do ano 2009)
Pois a Baiuca ten muiñeira, efectivamente. Pero outras parroquias ou lugares do noso concello están inmortalizadas no apleido dunhas cantas composicións musicais. Lañas e Nostián teñen cadansúa Foliada, e Chamín unha Jota. Miguel de Santiago compuxo "A Feira de Paiosaco", e Xosé Casal a "Muiñeira de Meicende". Cada unha destas pezas e autores terá tras de sí a súa correspondente historia, pero hoxe tócalle o turno a Pepito Temprano, que foi quen de facer a "Muiñeira de Freán".
A vinculación deste gaiteiro con Arteixo ven polo lado de Uxes, pois foi mestre de gaita en Queiroa durante uns cantos anos. Tamén penso que a partir deste vínculo surxe a Muiñeira de Freán.

O compositor da "Muiñeira de Freán" foi reclamado haberá uns trinta anos para protagonizar un spot publicitario de Estrella Galicia. A súa única encomenda consistía en saír en escena co seu traxe de gala, a gaita ao lombo e dándolle un grolo a un quinto. Antes da grabación, Pepito falou co resto dos actores:
-Oíchedes, tomádeo con calma, que se non sae á primeira nin á segunda, facémolo máis veces!
Meu dito, meu feito! Fixéronse trinta e tres repeticións porque sempre aparecía unha tos, ou unha palabra cambiada, ou un fallo de iluminación. E algún dos que estaba presente neste anuncio díxomo a min:
-Parece mentira, Rilo, pero o único que non fallou foi o gaiteiro. E iso que en cada repetición se largou o seu correspondente quinto!
A historia do audiovisual galego engadiu un novo vocablo a partir deste feito. Cando unha grabación sae mal e hai que repetila, en honor a Pepito Temprano, o director soe dicir:
"Bueno rapaces, imos facer outra TOMA".
LEONARDO CORRAL, VÍCTOR IGLESIAS E A MUIÑEIRA DA BAIUCA
(Relato de Víctor Iglesias García)
Leonardo Corral foi o primeiro mestre de gaita que houbo en Xiradela, cando o local aínda estaba na rúa Independencia. Xa choveu dende aquela...Había unhas cantas mestras de baile, e unha tal Mercedes Peón daba clase de pandeireta. Naqueles tempos Jose o de Rozas estreara un Renault Fuego...
![]() |
Leonardo Corral |
E aló fun eu, cos meus seis anos e as miñas patillas en potencia:
-Don Leonardo, quero tocar a muiñeira de Chantada.
-Sácateme de aí -respondeu él- ...a de Chantada tócaa calquera. ¿Queres aprender a muiñeira da Baiuca, que aínda non a sabe ninguén?.
E eu asentín, camelado pola novidade que supoñía tocar unha peza autóctona. Chantada quedaba un pouco a desmán.
A muiñeira da Baiuca compúxoa o propio Leonardo para os seus alumnos de Arteixo. Él era natural de Portomarín, na provincia de Lugo, pero casara cunha moza de Morás e vivían na Coruña, donde tiñan unha zapatería nos Mallos, na rúa Borrallón. A zapatería era a tempo parcial pois el vivía de tocar a gaita. Algún ano chegou a dar máis de cen alboradas. Non vos dixen do grupo: eran "Os Cinco de Galicia". A principios dos anos setenta na Coruña había tres cuartetos: "Os Matos", "Os Tempranos de Eirís" e "Os Brisas". Antes de que xurdiran "Os Cinco", Leonardo xa tocara moito con Xosé Cardelle e cos seus respectivos fillos, Luis e Lois (este Lois Corral tamén merece unha mención. Será noutra hora).
![]() |
"Os Cinco de Galicia" |
Eu soubeno despois do seus falecemento, pero a Leonardo alcumábano "O Pequeno". Sendo politicamente correctos, diríamos que era xeitoso. Andaba sempre moi arreglado, con brillantina no pelo e lucía por bigote unha liña ben aqueloutrada. Calzaba botín con algo de tacón, e tiña un Seat 127 verde cunha pegatina de "Galicia" atrás.
Tocaba moi ben, e as pezas lucíanlle polo bo gusto. Hoxe en día non está de moda o bo gusto. Actualmente lévase o virtuosismo gratuito e o "veña-dedos-pra-riba-e-pra-baixo". Leonardo non utilizaba máis adornos dos necesarios, e el sabía que o lucimento consistía en facer bailar á xente, ou en que a peza se entendese ben, e non dar tropecentas notas por minuto.
Na praza do Padre Rubinos, alí perto da rúa Borrallón, hai un praca na súa memoria e aquí en Arteixo deixou a súa pegada no recordo de moitísima xente. Así que @s que non sabiades del alomenos agora podedes sacar en limpo que a Baiuca ten unha muiñeira...e ben chusquiña por certo.
MANUEL SOUTO "LITO", O GAITEIRO DO RAÑAL
![]() |
Lito no casamento do seu sobriño Luís |
Unha das fotografías que máis me gustan do meu álbum familiar é esta da
esquerda. Aí me tedes, cos meus 5-6 anos, todo fachendoso na boda dos
meus veciños Luís e Oliva, a piques de cruzar a barreira do son do
tamboril e da gaita de Manuel Souto Souto, que é de quen vos vou a falar
a continuación.
Manuel, ao que todo o mundo coñecía polo apelativo de Lito, nacera no
Rañal nos primeiros anos 10 do século pasado e era fillo de Fernando e
de María, pais de seis cativos máis: Mercedes, José, Indalecio, que co
tempo emigraría a Sudamérica, Xaquín, Jesús, que xunto a súa muller
Amelia rexentaría durante catro décadas o Bar Chucho do Rañal, e
Antonio, que acabaría sendo sogro do seu irmán Jesús (casara coa nai
-estaba viúva- de súa cuñada Amelia), unha historia que daría para un culebrón venezolano da que xa vos falarei noutra ocasión.
Lito abandonaría o seu Rañal natal ao casar en Arteixo con Marina, que
era irmán de Concepción, a muller do carteiro Enrique "Perucos" e, polo
que nos conta Julio Mancebo no seu blogue "A miña Baiuca", gañaríase o
pan como zoqueiro: "Lito era un home pintoresco. O seu oficio era
zoqueiro. Lembro que mercaba un abeneiro ao pé do río, serrábao, facía
turoletes e levábao para diante da porta. De cada turolete saían dúas
plantillas para un par de zocos. Vinlle facer tantos que xa case sabía o
oficio. Encantábame verlle traballar a madeira con tanto tino que me
parecía sinxelo e máxico ver nacer, paso a paso, un par de zocos. A min
Lito parecíame un artista. Mentres traballaba contábanos historias de
mozas e dicíanos que tiña apuntados nunha libreta os nomes de todas as
rapazas que pasara pola pedra".
Na miña casa moito se ten falado del. Miña avoa Carme alcumábao "O Cazolo". O porqué deste nome nunca nolo dixo. Só nos contaba que
cando estaba solteira, Lito pretendera conquistala, mais iso si, nunca
chegaran a nada xa que ela estaba toliña polo avó Milio, con quen
casaría en 1935.
Na mecánica de toda festa está sempre a nota anecdótica e, como é
lóxico, en Arteixo non podía faltar: nada menos que case trinta anos
botaría o noso protagonista tocando a alborada polas rúas da vila nos
días de festa. De
pernas tortas, pequeno de estatura mais de grande corazón, moi mañoso e
boa persoa, todo o mundo lle tiña moita estima pola alegría que lle
daba á vila co son da súa gaita, que aprendera a tocar de oído. Dáballe o mesmo tocar nas festas de Arteixo, que nas de Lañas, Loureda ou calquera outro punto do concello. Dicía que... "nunca
cobrei un peso. Toco desinteresadamente polo cariño a Arteixo, por que
son de aquí e por que me gusta: sarna con gusto non pica, aínda que iso
sí, en ocasións mortifica". A súa presencia era popular e
familiar para propios e extraños. Sombreiro en ristre e coa súa gaita
(tamén tiña un acordeón co que ía polos bares da vila preguntando se querían que tocase unha peza),
Lito acompañou durante media vida á banda de música de turno ata finais
dos anos 70, nos que xa só se limitaba a tirar os foguetes.
![]() |
Lito coa súa gaita |
O gaiteiro do Rañal, que acabaría traballando coma xardineiro municipal, posto no que crearía
o xardín que hai na parte traseira da Casa do Concello, falecería en
1990 aos 79 anos, mais o seu espíritu segue estando moi vivo en Arteixo
grazas a gaita coa que acompañara a alborada durante tres décadas, unha
gaita que ten detrás unha historia rocambolesca.
Segundo nos contou Manolo, o que tiña o Bodegón Núñez, trala morte do gaiteiro o seu instrumento musical, que debería ser "a herdanza" do seu sobriño Luís Souto, chegaría misteriosamente ás mans do propietario
do bar O Relojero de Chamín, un home que lle acabaría levando a
restaurar a devandita gaita a Jesús Miranda, que leva máis de vinte e
cinco anos fabricando e restaurando instrumentos. Mais cando Miranda lle pasou a factura do traballo de restauración ao Relojero, este seica lle dixera que non a quería e que podía quedar con ela. E alí, no taller do fabricante, a gaita permanecería durante un tempo ata que, pasados uns anos, Manolo o do Bodegón Núñez enterouse da historia e mercoulla a Miranda, un Manolo que na actualidade segue conservando o instrumento musical ao mesmo tempo que axuda, cos seus contos do Arteixo de antano, a manter vivo o espíritu de Lito, o gaiteiro do Rañal.
![]() |
A gaita de Lito |
"A NOVA MOCIDADE" E A ROMARÍA GALEGA DE PASTORIZA
![]() |
"A Nova Mocidade" en 1981 |
Corrían os últimos anos da década dos 70 do século pasado
cando, un grupo de mozas e mozos de Pastoriza, xuntábanse nun
curruncho da parroquia para falar de esperanzas, ilusións, desacougo
e tamén, polo desexo de trocar e erguer o seu lugar de nacemento,
lugar que entre os seus ollos morría lentamente. Dispostos a que ese desexo non
fuxira pola fenestra da realidade, daquela xuntanza sairía un
colectivo que non tardaría en contaxiarlle o seu entusiasmo ao resto da veciñanza para mudar as cousas en Pastoriza. Supoño que xa o
imaxinades... aquel colectivo non era outro que A Nova Mocidade,
que nacía en marzo de 1980 para traballar, en múltiples vertentes,
con e para o pobo de Pastoriza, como alternativa á orfandade
socio-cultural que naquela hora sufría a parroquia do Santuario.
A devandita alternativa sería plasmada a modo de comisión de festas
para paliar o déficit festeiro do que estaba sendo obxecto Pastoriza
pois, en anos anteriores, as festas ou ben eran de baixa calidade ou ben non se
celebraban, como acontecera en 1979. Mais a partir daquel ano, A
Nova Mocidade conseguiría despertar á parroquia do seu longo
letargo e contribuiría a difuminar, a extender e a espraiar o nome
de Pastoriza por todos os rincóns de Galiza grazas a creación da
Romaría Galega, un evento que celebraría a súa primeira edición en agosto
de 1980 e que chegaría a ter certo peso dentro do panorama musical galego daquela hora.
![]() |
Amancio Prada en Pastoriza en 1981 |
![]() |
Fuxan os Ventos na edición de 1982 |
Mais desgraciadamente aquela Romaría non tería a continuidade que
si tivo por exemplo o Festival de Ortigueira, que principiara a súa andaina pouco antes de que o fixeran en Pastoriza A Nova Mocidade e xa vai camiño da edición
número 40 e así, despois do tremendo esforzo
que o colectivo do que estamos a falar levara a cabo durante varios anos organizando un evento de tal
magnitude na súa parroquia, a Romaría Galega deixaría de celebrarse a principios dos noventa.
O bo traballo daquel grupo de mozas e mozos de Pastoriza formado por Paco Seijal, Miguel Sande (hoxe delegado de La Voz de Galicia en Viveiro), Guillermo Pardo, Nardo, Pacucho Sande (que non tardaría en ser concelleiro do grupo municipal do BNG), Alfonso Mosquera, Rosa, Carmen Vazquez, o
escritor Henrique Rabuñal, Chus Rabuñal, Juan, Isidro Vázquez "Chiro", Rafa Orgueira (tal como aparecen, de esquerda a dereita, na foto que tedes na parte superior desta crónica), Franki (integrante do grupo Agente Naranja e a quen escoitaríamos durante varios anos na Radio Municipal) e Antonio "O Lelo", sería recoñecido posteriormente polo Concello de
Arteixo, que tería a ben dedicarlle unha rúa en Pastoriza a carón
do local social do equipo de fútbol.
Din que a esperanza é o último que se perde mais moitas veces necesitamos que alguén nolo recorde e nos dean ánimos para seguir tendo esperanzas. Pois ben, eu teño a esperanza de que nun futuro próximo xurda no noso concello unha Nova Mocidade que traballe a prol da nosa cultura e identidade como fixeran magnificamente durante unha década aquel grupo de mozas e mozos de Pastoriza.
AS FESTAS DO BALNEARIO: DOS ORGANILLOS ÁS ORQUESTAS
Alá polos derradeiros anos da década dos anos dez e primeiros vinte do século pasado, nos tempos nos que o burro dun tal Honorio tiña sona na Coruña pola
súa afición de comer papeis, ata o punto de que unha vez, no escenario
do Rosalía de Castro, tragou unha decoración do teatro, un organilleiro herculino, Manuel Iglesias Suárez, creaba unha especie de dinastía dedicada a amenizar con música a vida da cidade coruñesa que por veces, semellaba o Madrid castizo dos mozos con viseira a cadros, pano de seda ao pescozo e caneos enxalzando a beleza ou o garbo das chulapas. Seguindo o compás do seu organillo, os obreiros e modistas da Coruña bailaban chotis e pasodobres, danzaban ao son da mazurca, o baile orixinario de Polonia, facíanse promesas de amor e tomaban o chocolate con churros.
![]() |
Imaxe antiga dun organillo |
Segundo unha información publicada en La Hoja del Lunes en setembro de 1953, a Manuel, ao que alcumaban "O vello dos sete remendos", seguiríanlle no oficio Cayetano "Chimbela", "O do cóbado na manivela", Manolo o da Atocha, O cego Naya, "O manco" e algúns outros organilleiros que tamén se desprazaban ás verbenas dos concellos da contorna cando a ocasión o requería.
Grazas á numerosa afluencia que había nos meses de verán no Balneario, con hóspedes que pasaban no recinto termal dous ou máis meses, Arteixo era para os organilleiros herculinos unha cita obrigada, un lugar ao que acudían frecuentemente para facer uns pesiños nas festas que naquel intre se facían no noso concello. O desaparecido xornal El Orzán, na súa edición do 15 de agosto de 1923, descríbenos unha daquelas festas do seguinte xeito:
"El pasado domingo se celebró en la alameda del balneario de Arteijo una verbena que dió ocasión al elemento joven para dedicarse al baile, durante las primeras horas de la noche.
El espacioso parque estaba artísticamente iluminado a la veneciana y hubo gran animación no faltando organillos, acordeones y hasta un improvisado jazz-band, que unidos a los puestos de churros, caramelos, dulces y refrescos, daban una impresión muy agradable.
Llamó la atención una churrería, perfectamente instalada y servida por una pareja saladísima de churreros, donde los señores de Cossío obsequiaron a todos los veraneantes.
Se hizo verdadero derroche de globos y fuegos artificiales y lucieron soberbios mantones de Manila las hermosas señoritas de Español, Cossío, Laguarda, Mauriz, Bermúdez de Castro, Ramirez, Saavedra, Galán y Montalvo.
Ya avanzada la noche se dió fin a tan agradable fiesta, a la que concurrieron muchas familias conocidas de la Coruña."
Un ano despois, o 23 de xullo de 1924, La Voz de Galicia publicaba o seguinte artigo sobre as festas de Arteixo, artigo que é un verdadeiro tesouriño etnográfico:
"Es grande la animación que existe este año para celebrar con toda esplendidez las fiestas del Apóstol Santiago, Patrón de esta pintoresca villa, cuyas fiestas se celebran los días 25, 26 y 27.
La Comisión encargada de los festejos tiene verdadero empeño en que resulten más espléndidos que nunca y para amenizarlos tiene contratadas dos bandas de música de La Coruña y Lugo aparte de la típica gaita del país y varios organillos.
Entre otros números de importancia se celebrarán dos becerradas con ganado de los montes de Santa Leocadia, conocidos en toda Galicia por su bravura. Serán lidiados los bichos por algunos aficionados que están pasando la temporada veraniega en aquel Balneario, para lo cual se ha improvisado una bonita plaza.
Por las noches lucirá una hermosa iluminación eléctrica con farolillos y bombillas de colores y focos de arco voltaico, banderolas, etc.
El día 27 se celebrarán las típicas merendiñas en los sotos de Caldas y una hermosa jira marítima al Rañal, para cuyo efecto se están adornando muchas barcas con flores y farolillos de colores que resultará espléndida como de costumbre.
Son muchas las personas que irán esos días a pasar un buen rato de alegría a Arteijo, para cuyas fechas habrá automóviles que harán viajes extraordinarios a precios reducidos, con objeto de que todos los que lo deseen puedan disfrutar de los encantos de aquellos hermosos parajes".
Aquelas verbenas dos anos dez e vinte nas que, en moitas delas, os organillos eran xunto aos gaiteiros, que nunca faltaban, o único elemento musical, daríanlle paso ás festas das orquestas populares, que se convertirían no mellor dos conservatorios para os máis humildes. Unha das primeiras en actuar no Balneario foi a Orquesta X, a máis antiga da Coruña, creada antes da Guerra Civil, que lle pasaría o testigo a outras coma a Orquesta Mallo, fundada por tres irmáns de Feáns virtuosos do acordeón, ou Os Satelites, creada en 1938 e que a partir dunha viaxe a Venezuela en 1955, nun tempo no que aínda se podía ver algún organillo polas rúas herculinas, empezarían a subir ao olimpo das lendas coa voz do grande Pucho Boedo.
"Por orden de la autoridad competente, la fiesta se ha acabado y el que no haya metido bastante mano, que venga mañana más temprano". Isto escoitouse nun campo da festa da contorna cando a parella da Garda Civil que vixiaba a verbena diu o toque de queda e a xente resistíase a abandonar a troula, unha xente que se entregaba e síguese entregando ás orquestas...mais un momentiño, como ben di o grande Sito Sedes, voz dos Satélites entre 1969 e 1982, "o espectáculo de agora é para os ollos e o de antes era para os oídos".
OS TARANTOS
Los Tarantos é unha obra de teatro de Alfredo Mañas (Historia de los Tarantos) que foi levada ao cine en 1963 baixo a dirección de Francisco Rovira-Beleta, un film protagonizado por Antonio Gades e Carmen Amaya que lograría a nominación aos Oscar de Hollywood na categoría de mellor película de fala non inglesa. Pois ben, ese nome de Los Tarantos sería o escollido por uns rapaces nados en distintos puntos da provincia da Coruña que en 1972 deciden formar un grupo musical, grupo que naqueles primeiros anos setenta marcaría un antes e un despois no panorama musical galego.
A pesar de que ningún dos seus compoñentes era natural de Arteixo, Os Tarantos estarían sempre vencellados á vila do Bolaños xa que varios dos seus integrantes establecerían alí o seu domicilio nos primeiros anos 70. Este fora o caso de Fernando Fernández Pérez e de José Vázquez Calvete, quenes curiosamente acabarían sendo taxistas no municipio arteixán. Fernando, o organista e mánager do grupo, era da parte de Betanzos e vivía no edificio onde está a xoiería Barca e José, o trompetista, residía pola zona de Caldas. Con José Vázquez, que vive actualmente en Vilarrodís, falamos recentemente longo e tendido sobre a súa vida como músico profesional e, tamén, sobre a traxectoria dos Tarantos naqueles anos setenta.
Nado o 8 de abril de 1940 en Cances (Carballo) no seno dunha familia que sentía verdadeira devoción pola música, José comezaría a súa andaina musical de moi neno da man de seu avó Constantino e de seu pai Ramón que tamén foran músicos, un Ramón que sabería transmitirlle excepcionalmente aos seus fillos o amor polos instrumentos e a paixón pola cultura e a tradición. De feito, seis dos seus sete cativos acabarían sendo músicos: Félix, sería o batería dos Madrigales e de Ana Kiro; Jesús formaría parte da banda de Basilio de Corme tocando o trombón; Angel e Eduardo, coñecidos popularmente como "Os Gemelos", acabaríanse convertendo en axentes artísticos; Jaime, que tocaba o saxofón, violín, clarinete, frauta...tamén sería un dos integrantes do grupo Os Tarantos, un Jaime que andando no tempo iría vivir á miña aldea do Rañal e que hoxe, cos seus máis de oitenta invernos aínda toca na Banda de Música Santiago de Arteixo e na Big Band; e o mencionado José, que con dez anos xa tocaba a trompeta na banda de Basilio de Corme e con trece empezaría os seus estudos na Escola de Música da Coruña.
Unha vez rematados os estudos musicais, José Vázquez formaría parte de orquestras como a "Finisterre" ou "Los Faraones" antes de emigrar a Holanda en 1963. Alí, nos Países Baixos, o noso protagonista continuaría coa súa actividade musical en Arnhem formando parte da orquestra da AkzoNobel, empresa multinacional especializada en pinturas decorativas, pinturas industriais e produtos químicos especializados que ten actividade en máis de 80 países e que a día de hoxe emprega aproximadamente a 50.000 persoas. No país dos tulipáns, José tamén coñecería a Germina Jakoba, unha fermosa moza holandesa coa que non tardaría en casar. Tras nove anos de estadía en terras holandesas, período no que viñeran ao mundo Anita e Renato, os dous fillos do matrimonio, en 1972 o músico nado en Cances recibe unha chamada telefónica de seu irmán Jaime que, con anterioridade, tivera varias orquestras na Coruña:
-"Machiño, fai a maleta e vente pra aquí! Imos montar un grupo que vai ser a bomba!"
Dito e feito. Unhas semanas máis tarde José e a súa familia aparecen en Arteixo e alugan un piso pola zona de Caldas e, ao pouco, ante a incerteza da aventura musical, o trompetista compra a licencia número 3 e empeza a traballar como taxista nun Seat 1500.
Co grupo xa formado, Os Tarantos fan os seus primeiros ensaios nun baixo do barrio coruñés da Sagrada Familia con vistas á súa primeira actuación. A parte dos nomeados irmáns José e Jaime Vazquez Calvete e de Fernando Fernández Pérez, o taxista-organista que facía as funcións de mánager e que tiña o seu domicilio no edificio onde está a xoiería Barca, os outros compoñentes do conxunto eran o cantante coruñés Alberto Madaria, que viña do grupo Os Bardos de Ponteceso; Angel Pereiro, batería tamén da Coruña; e o guitarrista salmantino Julio Suñer. O bautismo produciríase na Sala de Festas Eva na noite de fin de ano de 1972, unha exitosa primeira actuación que aínda é lembrada pola xuventude arteixá daquela hora, mozos e mozas que hoxe disfrutan da súa xubilación ou están a piques de facelo.
Desde entón, desde aquela exitosa actuación na Sala Eva, Os Tarantos irían gañando popularidade empregando no seu repertorio melodías propias como "Safari salvaje" ou "Mi Lola" ou arranxos como o que fixeron coa canción dos Tamara de Pucho Boedo "Airiños, airiños, aires". Outra das bazas que xogaban a favor do grupo arteixán era o atraente e innovador espectáculo de iluminación co que, naquela hora, non contaban bandas como Los Duendes de Vilagarcía, Los Españoles ou Los Capris de Ferrol, que naquel quinquenio que abrangue dende 1973 ata 1977 foran os principais rivais dos Tarantos.
Aqueles son tempos nos que medio planeta empezaba a bailar ao ritmo do lendario grupo sueco ABBA, tempos nos que tamén Os Tarantos sufrirían algún que outro cambio na formación xa que o guitarrista salmantino Julio Suñer abandonaría o grupo e pouco despois formaba en Pontevedra os Micron´s. Para cubrir a súa baixa chegaría Guillermo, de quen José Vázquez non lembra os seus apelidos mais afirma que..."era moi bo cantante e guitarrista", un Guillermo que posteriormente tamén deixaría o grupo para tocar na Banda Municipal de Compostela e, o seu lugar, sería ocupado por Pepín Soto, cantante e guitarrista de Ortigueira.
O conxunto de Arteixo percorría, naqueles días, a totalidade da xeografía galega e boa parte da asturiana durante todo o ano, feito que levaría a José, e posteriormente a Fernando, a vender as súas respectivas licencias de taxi. Julio Iglesias, con quen actuaron en Ortigueira, Rafael, Manolo Escobar, Rocío Jurado, Mari Trini, Juan Pardo, o seu bo amigo Pucho Boedo ou Santa Bárbara foron algúns dos artistas cos que os Tarantos compartiron escenario ao longo daqueles anos setenta, anos nos que a totalidade das salas de festas galegas solicitábanlle acotío ao mánager Fernando Fernández a presenza do seu grupo nas vilas do país. Cun caché que andaba aproximadamente polas 70.000 pesetas, todas as salas e comisións de festas querían contar cos arteixáns, mais a axenda non daba para máis e, por iso, houbera algún que outro cabreo con varios axentes artísticos por non haber datas suficientes para atender as numerosas peticións que tiñan Os Tarantos.
Mais aqueles bos tempos irían chegando ao seu fin, sobre a todo a raíz de que os irmáns José e Jaime Vázquez Calvete abandonaran o grupo en 1976. Facendo memoria, José lembrábame estos días en Vilarrodís, que..."nese ano fun para os Micron´s de Pontevedra, o grupo do meu amigo Julio Suñer. Uns meses antes, cando aínda tocaba cos Tarantos, tamén me quixeran levar Os Satélites. Nunca cheguei a tocar con esta orquestra en directo, mais tiven a fortuna de gravar un disco con eles en Barcelona. Despois daquela gravación querían que fora o seu trompetista, mais finalmente non quedei con eles porque a miña muller tiña moita morriña da súa terra e, a finais de 1977, voltamos a Holanda".
Alí, nesta segunda etapa nos Países Baixos, crea os Tover, grupo formado por tres galegos e tres holandeses co que tocaría durante un ano polos centros españois do Benelux. José continuaría coa súa actividade musical ata a súa xubilación, e chegaría a viaxar por todo o mundo formando parte da orquestra dun trasatlántico de capital estadounidense e holandés. Curiosamente, ao mesmo tempo que José Vázquez facía soar a súa trompeta naquelas travesías oceánicas, a estrela dos Tarantos iríase apagando pouco a pouco, ata deixar de alumear definitivamente nos primeiros anos oitenta, que foi cando Fernando Fernández, o organista e mánager do grupo, emulando a Jim Morrison, o vocalista dos lendarios The Doors, dixo: "This is the end".
“Os
Revenidos” non teñen discos editados mais, o que si teñen, é o
que eles chaman “discos imaxinarios”, que son iso que o seu
propio nome indica e que lles serviu como presentacións de cancións
novas que, de cando en vez, estrean nos seus concertos. Algúns
destos temas abofé que xa son ben coñecidos, casos de “Beige
es Beige”,“Ghomita la comida”,“ Miña nai sempre me da
patacas con bisté” ou “Quero ser Songuoku e parezo
Krilín”.
"El pasado domingo se celebró en la alameda del balneario de Arteijo una verbena que dió ocasión al elemento joven para dedicarse al baile, durante las primeras horas de la noche.
El espacioso parque estaba artísticamente iluminado a la veneciana y hubo gran animación no faltando organillos, acordeones y hasta un improvisado jazz-band, que unidos a los puestos de churros, caramelos, dulces y refrescos, daban una impresión muy agradable.
Llamó la atención una churrería, perfectamente instalada y servida por una pareja saladísima de churreros, donde los señores de Cossío obsequiaron a todos los veraneantes.
Se hizo verdadero derroche de globos y fuegos artificiales y lucieron soberbios mantones de Manila las hermosas señoritas de Español, Cossío, Laguarda, Mauriz, Bermúdez de Castro, Ramirez, Saavedra, Galán y Montalvo.
Ya avanzada la noche se dió fin a tan agradable fiesta, a la que concurrieron muchas familias conocidas de la Coruña."
![]() |
Imaxe dos anos 20. Hóspedes do Balneario paseando por Arteixo |
Un ano despois, o 23 de xullo de 1924, La Voz de Galicia publicaba o seguinte artigo sobre as festas de Arteixo, artigo que é un verdadeiro tesouriño etnográfico:
"Es grande la animación que existe este año para celebrar con toda esplendidez las fiestas del Apóstol Santiago, Patrón de esta pintoresca villa, cuyas fiestas se celebran los días 25, 26 y 27.
La Comisión encargada de los festejos tiene verdadero empeño en que resulten más espléndidos que nunca y para amenizarlos tiene contratadas dos bandas de música de La Coruña y Lugo aparte de la típica gaita del país y varios organillos.
Entre otros números de importancia se celebrarán dos becerradas con ganado de los montes de Santa Leocadia, conocidos en toda Galicia por su bravura. Serán lidiados los bichos por algunos aficionados que están pasando la temporada veraniega en aquel Balneario, para lo cual se ha improvisado una bonita plaza.
Por las noches lucirá una hermosa iluminación eléctrica con farolillos y bombillas de colores y focos de arco voltaico, banderolas, etc.
El día 27 se celebrarán las típicas merendiñas en los sotos de Caldas y una hermosa jira marítima al Rañal, para cuyo efecto se están adornando muchas barcas con flores y farolillos de colores que resultará espléndida como de costumbre.
Son muchas las personas que irán esos días a pasar un buen rato de alegría a Arteijo, para cuyas fechas habrá automóviles que harán viajes extraordinarios a precios reducidos, con objeto de que todos los que lo deseen puedan disfrutar de los encantos de aquellos hermosos parajes".
![]() |
La Voz de Galicia, 23.7.1924 |
"Por orden de la autoridad competente, la fiesta se ha acabado y el que no haya metido bastante mano, que venga mañana más temprano". Isto escoitouse nun campo da festa da contorna cando a parella da Garda Civil que vixiaba a verbena diu o toque de queda e a xente resistíase a abandonar a troula, unha xente que se entregaba e síguese entregando ás orquestas...mais un momentiño, como ben di o grande Sito Sedes, voz dos Satélites entre 1969 e 1982, "o espectáculo de agora é para os ollos e o de antes era para os oídos".
OS TARANTOS
Los Tarantos é unha obra de teatro de Alfredo Mañas (Historia de los Tarantos) que foi levada ao cine en 1963 baixo a dirección de Francisco Rovira-Beleta, un film protagonizado por Antonio Gades e Carmen Amaya que lograría a nominación aos Oscar de Hollywood na categoría de mellor película de fala non inglesa. Pois ben, ese nome de Los Tarantos sería o escollido por uns rapaces nados en distintos puntos da provincia da Coruña que en 1972 deciden formar un grupo musical, grupo que naqueles primeiros anos setenta marcaría un antes e un despois no panorama musical galego.
![]() |
Imaxe dos anos 70 dos Tarantos. De esquerda a dereita: Alberto Madaria, José Vázquez, Angel Pereiro, Fernando Fernández, Pepín Soto e Jaime Vázquez |
A pesar de que ningún dos seus compoñentes era natural de Arteixo, Os Tarantos estarían sempre vencellados á vila do Bolaños xa que varios dos seus integrantes establecerían alí o seu domicilio nos primeiros anos 70. Este fora o caso de Fernando Fernández Pérez e de José Vázquez Calvete, quenes curiosamente acabarían sendo taxistas no municipio arteixán. Fernando, o organista e mánager do grupo, era da parte de Betanzos e vivía no edificio onde está a xoiería Barca e José, o trompetista, residía pola zona de Caldas. Con José Vázquez, que vive actualmente en Vilarrodís, falamos recentemente longo e tendido sobre a súa vida como músico profesional e, tamén, sobre a traxectoria dos Tarantos naqueles anos setenta.
Nado o 8 de abril de 1940 en Cances (Carballo) no seno dunha familia que sentía verdadeira devoción pola música, José comezaría a súa andaina musical de moi neno da man de seu avó Constantino e de seu pai Ramón que tamén foran músicos, un Ramón que sabería transmitirlle excepcionalmente aos seus fillos o amor polos instrumentos e a paixón pola cultura e a tradición. De feito, seis dos seus sete cativos acabarían sendo músicos: Félix, sería o batería dos Madrigales e de Ana Kiro; Jesús formaría parte da banda de Basilio de Corme tocando o trombón; Angel e Eduardo, coñecidos popularmente como "Os Gemelos", acabaríanse convertendo en axentes artísticos; Jaime, que tocaba o saxofón, violín, clarinete, frauta...tamén sería un dos integrantes do grupo Os Tarantos, un Jaime que andando no tempo iría vivir á miña aldea do Rañal e que hoxe, cos seus máis de oitenta invernos aínda toca na Banda de Música Santiago de Arteixo e na Big Band; e o mencionado José, que con dez anos xa tocaba a trompeta na banda de Basilio de Corme e con trece empezaría os seus estudos na Escola de Música da Coruña.
Unha vez rematados os estudos musicais, José Vázquez formaría parte de orquestras como a "Finisterre" ou "Los Faraones" antes de emigrar a Holanda en 1963. Alí, nos Países Baixos, o noso protagonista continuaría coa súa actividade musical en Arnhem formando parte da orquestra da AkzoNobel, empresa multinacional especializada en pinturas decorativas, pinturas industriais e produtos químicos especializados que ten actividade en máis de 80 países e que a día de hoxe emprega aproximadamente a 50.000 persoas. No país dos tulipáns, José tamén coñecería a Germina Jakoba, unha fermosa moza holandesa coa que non tardaría en casar. Tras nove anos de estadía en terras holandesas, período no que viñeran ao mundo Anita e Renato, os dous fillos do matrimonio, en 1972 o músico nado en Cances recibe unha chamada telefónica de seu irmán Jaime que, con anterioridade, tivera varias orquestras na Coruña:
-"Machiño, fai a maleta e vente pra aquí! Imos montar un grupo que vai ser a bomba!"
Dito e feito. Unhas semanas máis tarde José e a súa familia aparecen en Arteixo e alugan un piso pola zona de Caldas e, ao pouco, ante a incerteza da aventura musical, o trompetista compra a licencia número 3 e empeza a traballar como taxista nun Seat 1500.
![]() |
Os Tarantos nunha actuación en Cedeira en 1974 |
Desde entón, desde aquela exitosa actuación na Sala Eva, Os Tarantos irían gañando popularidade empregando no seu repertorio melodías propias como "Safari salvaje" ou "Mi Lola" ou arranxos como o que fixeron coa canción dos Tamara de Pucho Boedo "Airiños, airiños, aires". Outra das bazas que xogaban a favor do grupo arteixán era o atraente e innovador espectáculo de iluminación co que, naquela hora, non contaban bandas como Los Duendes de Vilagarcía, Los Españoles ou Los Capris de Ferrol, que naquel quinquenio que abrangue dende 1973 ata 1977 foran os principais rivais dos Tarantos.
Aqueles son tempos nos que medio planeta empezaba a bailar ao ritmo do lendario grupo sueco ABBA, tempos nos que tamén Os Tarantos sufrirían algún que outro cambio na formación xa que o guitarrista salmantino Julio Suñer abandonaría o grupo e pouco despois formaba en Pontevedra os Micron´s. Para cubrir a súa baixa chegaría Guillermo, de quen José Vázquez non lembra os seus apelidos mais afirma que..."era moi bo cantante e guitarrista", un Guillermo que posteriormente tamén deixaría o grupo para tocar na Banda Municipal de Compostela e, o seu lugar, sería ocupado por Pepín Soto, cantante e guitarrista de Ortigueira.
O conxunto de Arteixo percorría, naqueles días, a totalidade da xeografía galega e boa parte da asturiana durante todo o ano, feito que levaría a José, e posteriormente a Fernando, a vender as súas respectivas licencias de taxi. Julio Iglesias, con quen actuaron en Ortigueira, Rafael, Manolo Escobar, Rocío Jurado, Mari Trini, Juan Pardo, o seu bo amigo Pucho Boedo ou Santa Bárbara foron algúns dos artistas cos que os Tarantos compartiron escenario ao longo daqueles anos setenta, anos nos que a totalidade das salas de festas galegas solicitábanlle acotío ao mánager Fernando Fernández a presenza do seu grupo nas vilas do país. Cun caché que andaba aproximadamente polas 70.000 pesetas, todas as salas e comisións de festas querían contar cos arteixáns, mais a axenda non daba para máis e, por iso, houbera algún que outro cabreo con varios axentes artísticos por non haber datas suficientes para atender as numerosas peticións que tiñan Os Tarantos.
![]() |
La Voz de Galicia, 6 de marzo de 1976 |
Mais aqueles bos tempos irían chegando ao seu fin, sobre a todo a raíz de que os irmáns José e Jaime Vázquez Calvete abandonaran o grupo en 1976. Facendo memoria, José lembrábame estos días en Vilarrodís, que..."nese ano fun para os Micron´s de Pontevedra, o grupo do meu amigo Julio Suñer. Uns meses antes, cando aínda tocaba cos Tarantos, tamén me quixeran levar Os Satélites. Nunca cheguei a tocar con esta orquestra en directo, mais tiven a fortuna de gravar un disco con eles en Barcelona. Despois daquela gravación querían que fora o seu trompetista, mais finalmente non quedei con eles porque a miña muller tiña moita morriña da súa terra e, a finais de 1977, voltamos a Holanda".
Alí, nesta segunda etapa nos Países Baixos, crea os Tover, grupo formado por tres galegos e tres holandeses co que tocaría durante un ano polos centros españois do Benelux. José continuaría coa súa actividade musical ata a súa xubilación, e chegaría a viaxar por todo o mundo formando parte da orquestra dun trasatlántico de capital estadounidense e holandés. Curiosamente, ao mesmo tempo que José Vázquez facía soar a súa trompeta naquelas travesías oceánicas, a estrela dos Tarantos iríase apagando pouco a pouco, ata deixar de alumear definitivamente nos primeiros anos oitenta, que foi cando Fernando Fernández, o organista e mánager do grupo, emulando a Jim Morrison, o vocalista dos lendarios The Doors, dixo: "This is the end".
“7
PUERTAS”: UN LONGO CAMIÑO ATA O CUMIO
It´s
a long way to the top (If you wanna rock n roll),
en
galego É
un longo camiño ata o cumio (se queres rock and roll),
é o título da primeira canción do primeiro disco da
lendaria
banda
australiana
“AC/DC”, título
que define á perfección
a
carreira e o longo camiño percorrido do grupo arteixán “7
Puertas”.
Para
buscar as raíces de "7 Puertas" temos que viaxar ata o
Arteixo dos primeiros anos noventa e adentrarnos nas vidas de Santi,
Barry e Alberto, tres amigos e veciños da vila que naquela altura
soñaban con formar a súa propia banda de rock. Santi, Santiago
Martínez Gende, nace en 1975 no seo dunha familia sen ningunha
tradición musical. Seus pais e avós eran muiñeiros, os muiñeiros
de Caldas, xente seria e traballadora que non tiña afección pola
música e menos aínda polo rock.
O
rapaz vai medrando e a principios dos oitenta, época na que o heavy
estaba de moda, os seus amigos do barrio, todos maiores que el,
empezan a deixarlle cintas de casete de bandas como “Iron Maiden”,
“AC/DC”, “Saxon”, “Whitesnake”, “Baron Rojo” ou
“Scorpions”. Aquel bautizo musical marcaría o resto da vida de
Santi. Como anécdota, contar que unha de esas cintas, o For those
about to rock de “AC/DC” do ano 1981, deixáralla Manuel de
Eva, que posteriormente sería un dos fundadores do grupo arteixán
“Os Revenidos”.
Ao
rematar os estudos básicos, na cabeza de Santi xa non había outra
meta que non fora montar unha banda de rock, un soño co que non
concordaban seus pais, que exercían toda a oposición posible e non
querían oír falar do tema..."como podía ser que en unha
familia tan formal houbera un rockeiro,
que diría a xente". Así que, como non podía
ser doutro xeito, os comezos do rapaz de Caldas no mundo da música
serían “clandestinos” e, inevitablemente, chegarían os
primeiros intentos de formar unha banda.
Corre
o ano 1991 e xunto a dous amigos, Barry Hollet, un escocés que
levaba residindo en Arteixo certo tempo, e Alberto García Ramos, o
do Bar Unión, empezan a xuntarse no baixo do Bar Salgado para
empezar a “ensaiar”, ensaios nos que Santi aporreaba a batería,
Alberto intentaba tocar o baixo e, supostamente, Barry tocaba a
guitarra e cantaba. Tiñan toda a ilusión do mundo, mais iso non era
suficiente xa que os tres colegas só eran quen de tocar puntualmente
algúns anaquiños de cancións e, por riba, non os sabían. Así
irían pasando os meses ata que desistiron no intento… mais Santi
xa “o probara” e quería máis!
Dous
anos máis tarde, o 11 de marzo 1993, Santi coincidiría por primeira
vez con Josafat Pardo Iglesias. Ese día a lendaria banda de Nova
York "The Ramones" tocaba no Coliseum de A Coruña e, por
supuesto, todas e todos os rockeiros acudirían á cita, entre eles
Santi e Josafat, un mozo de Arteixo nado en 1977 que, dende moi
cativo, mantiña contacto coa música a través de seu irmán maior
Jesús. Santi e Josafat, que empezara a tocar a guitarra por aqueles
días, coñeceríanse alí, no Coliseum, e non tardarían en ter
proxectos comúns, aínda que antes disto os dous irían avanzando no
eido musical por camiños separados, Santi formando distintos grupos
polos que pasaría un montón de xente, e Josafat crearía, xunto a
seu irmán Jesús, Alberto García (o baixista da primeira banda de
Santi) e outros amigos, o grupo M.O.K.
E
así, pouco a pouco, os dous rapaces iríanse formando e aprendendo
como podían, todo de oído e por instinto, sen ningún tipo de
formación, fixándose en discos, vídeos e, por suposto, nos
concertos aos que acudían constantemente, tendo naquela altura
varios referentes cercanos: o grupo "Troleblues", do que
formaban parte dous músicos de Arteixo, "Os Diplomáticos de
Monte-Alto", "Mac n Rones", "Doctor Snob"…
Ensaio tras ensaio, foron avanzando mais, iso si, sen chegar a
debutar en directo ata que, por fin, en 1994 Santi e Josafat deciden
unir forzas e formar unha banda xuntos, nacendo así "Cuidado
Arriba". Nun principio, Josafat compartiría actividade con
M.O.K. ata que, finalmente, este grupo desaparece e se adica única e
exclusivamente a "Cuidado Arriba".
![]() |
Primeira formación de "Cuidado Arriba" (1994-1996). De esquerda a dereita: César Díaz (voz), Josafat Pardo (guitarra), Rubén Marcote (baixo), Santiago Martínez (batería) e David Gayoso (guitarra)
|
Na
primeira formación desta banda figuraban Santi, Josafat, o
guitarrista da Coruña David Gayoso, Ruben Marcote e César Díaz,
mozo de Pastoriza que andando no tempo convertiríase nun gran
artista cos deseños gráficos da súa autoría, entre eles os das
obras teatrais “Porlier en Pastoriza” e “Rodríguez, o loro de
Picadillo”. Sería no baixo do negocio do pai de César, "Talleres
Europa", onde comezan a ensaiar os "Cuidado Arriba",
un nome que proviña precisamente deste local que tiña o teito tan
baixo que instrumentos e cabezas batían nel cada dous por tres,
feito polo que alguén sempre exclamaba:
-
Cuidado arriba!
Desde
o primeiro momento teñen claro que queren facer temas propios, e a
isto se adican durante un tempo nos ensaios nos que, de cando en vez,
tamén tocaban algunha versión polo medio. Ao fin, o 13 de maio de
1995 "Cuidado Arriba" debuta en concerto e, durante ese
ano, darían sete concertos máis por parroquias de Arteixo, actuando
ademais nun local da Coruña e no Pub d'anton da Laracha, auténtico
referente da época.
Posteriormente,
no verán de 1996, produciríase a primeira baixa no grupo: Rubén
Marcote, que sería sustituido por Iván Rodríguez Espinosa. A
continuación, meses de ensaio para chegar ao 20 de decembro dese ano
1996, data na que Iván dá o primeiro concerto co grupo, un concerto
que sería o derradeiro para a formación xa que se desintegraría
días despois. Santi e Josafat quédanse de novo sen grupo, mais con
gañas de seguir e cun novo cómplice: Iván Rodríguez, un rapaz
nado en 1979 e que naquela altura era coñecido porque seus pais
rexentaban "Fotos Rodri", o popular negocio fotográfico de
Arteixo.
Así,
pois, xa temos o núcleo de "7 Puertas", mais aínda
faltaría bastante para chegar ata aí. En 1997 Santi, Josafat e Ivan
están dispostos a resucitar "Cuidado Arriba" como sexa.
Necesitaban seguir tocando! E consígueno xunto a Víctor Iglesias,
referente xa naquela altura da música na bisbarra que actualmente
dirixe a Escola Municipal de Música de Arteixo, e unha descoñecida
Betty Queiro (hoxe popular pola súa academia de inglés), á que
enredan para que cante con eles. Non tardarían en compoñer temas e
en facer ensaios, que realizan nas casas de Barbada que estaban na
actual rúa peonil e así, con esta formación, conseguirían dar
outros seis concertos ao longo dos anos 98 e 99 antes de que, de
novo, desaparecese o grupo.
![]() |
Segunda formación de "Cuidado Arriba" (1997-1999) De esquerda a dereita: Víctor Iglesias (teclado), Santiago Martínez (batería), Betty Queiro (voz), Josafat Pardo (guitarra) e Iván Rodríguez (baixo) |
Naquela
ocasión, o cansazo e a frustración afectarían considerablemente
nas vidas dos músicos arteixáns, quenes pasarían uns anos sen
apenas tocar nin ensaiar, facéndoo só esporádicamente cando Santi,
Josa e Iván sentían nostalxia e se xuntaban para tocar uns intres.
E
así chegamos ao ano 2002 onde, un día das festas do Apóstolo de
Arteixo, Santi mantén unha conversa con Hugo Pardo, o irmán pequeno
de Josafat, na que este lle conta que está aprendendo a tocar a
guitarra mais, ao non ter con quen tocar, pensaba en deixalo. Santi
ofrécelle a posibilidade de ensaiar de cando en vez e, ao pouco,
chamarían a Iván Rodríguez para que os acompañe. Posteriormente
tamén avisarían a Josafat, que se une a eles e empezarían a
compoñer de novo. Só lles faltaba a voz, voz que consiguen a través
dun anuncio que poñen en "Musical 47" de A Coruña ao que
responde Antonio Martínez López, que se convertiría, deste xeito,
no cantante do grupo.
Antonio,
ferrolán de nacemento e con familia natural de Cedeira, despois de
estudar en Santiago trasladaríase á cidade da Coruña por motivos
laborais, un Antonio que anos antes recibira formación de piano e
que, ao encontrar aquel anuncio que reclamaba cantante non o pensou
dúas veces e decide embarcarse neste proxecto musical que nacía ao
pouco como a primeira formación de "7 Puertas", nome que
viña dado por aquel bar de tapas que había na Coruña situado
fronte ao mítico “La Bombilla”, un “7 Puertas” no que Santi
pasara moitas horas soñando con montar un grupo mentres lataba da
Academia San Andrés.
Primeira formación "7 Puertas" ( 2002-2006). De esquerda a dereita: Iván Rodríguez (baixo), Josafat Pardo (guitarra), Santiago Martínez (batería), Antonio Martínez (voz) e Hugo Pardo (guitarra)
|
A
banda prepararía de contado os seus primeiros temas e, o 26 de
decembro de 2003, debutan en directo na Laracha. Ao ano seguinte,
2004, seguen aumentando o seu repertorio e dan outro par de
concertos, e xa no 2005 gravan a súa primeira maqueta, que lles
servirá de soporte para a súa primeira xira de concertos por boa
parte da xeografía galega. Naquela altura, o recibimento da banda en
cada unha das súas actuacións era tremendo, feito que lles anima a
continuar compoñendo e a preparar cancións coa intención de
cumprir o soño de gravar o seu primeiro disco.
Aquel
soño faríase realidade a finais de 2006, que foi cando comezan a
gravación da súa estrea discográfica mais, cando tiñan
prácticamente gravado o disco, Antonio Martínez decide abandonar o
grupo por motivos laborais e persoais. “7 Puertas” quedaba, deste
xeito tan surrealista, cun disco a medio gravar e sen cantante. Mais
o destino quixo que se cruzara con eles Sergio Ramos, un veciño de
Chamín vello coñecido de Santi, que non tardaría en incorporarse
aos ensaios para facerse cargo das voces do disco.
Finalmente,
o traballo vería a luz o 27 de xuño do 2007 baixo o título “Hasta
el final”, feito que se convertiría nun verdadeiro acontecemento
no municipio, xa que era a primeira vez que un grupo formado por
integrantes nados en Arteixo gravaban un disco. Os rapaces de “7
Puertas”, rememorando os tempos dos “Tarantos”, aquela banda
dos 70 que editara algún disco e na que tamén había algún veciño
arteixán, non facían máis que recibir os parabéns de veciños e
veciñas na rúa, no super, no videoclub… bos momentos que, segundo
nos contou recentemente Santi, Santiago Martínez, lembran con
moitísimo cariño e os fixo sentir moi, moi especiais.
Despois
de que o disco vira a luz, os “7 Puertas" arrancan unha nova xira
de concertos por toda Galicia para presentalo, xira na que empezan a
conseguir os seus primeiros cheos en salas de A Coruña, Culleredo, A
Laracha… e, ademais, visitan Ferrol, Lugo, Melide, Monforte…
cidades e vilas nas que o grupo arteixán sería quen de facerse un
oco na escena musical galega. O 2008 adícano a compoñer temas para
intentar gravar un novo disco no 2009, ano no que Sergio Ramos vese
na obriga de abandonar o grupo momentáneamente por motivos laborais.
Como para ese 2009 os “7 Puertas” tiñan un feixe de concertos
pendentes, deciden pedirlle axuda de novo a Betty Queiro para sacar
esos compromisos adiante.
Unha
vez terminados, os artistas arteixáns continuarían compoñendo e
arranxando cancións ata que Sergio Ramos retorna, facéndoo de novo
a tempo de entrar ao estudio para rexistrar o seu segundo disco. O 12
de febreiro de 2010 sae "Una entre un millón" e, dende o
primeiro momento transpórtaos a un novo nivel de popularidade que
acadarían coa axuda dos seus singles "Equilibrio", tema e
videoclip no que colabora con “7 Puertas" o cantante de “Heredeiros
da Crus” Javi Maneiro, e "Llamame", canción na que
contan coa colaboración no videoclip de Marta López, que entraría
como concursante de Gran Hermano naquela altura e que dispararía as
visitas do devandito videoclip.
![]() |
Segunda formación "7 Puertas" (2006-2011). De esquerda a dereita: Hugo Pardo (guitarra), Iván Rodríguez (baixo), Sergio Ramos (voz), Santiago Martínez (batería) e Josafat Pardo (guitarra)
|
Posteriormente,
farían unha nova xira durante os anos 2010 e 2011 por toda a
xeografía galega, unha xira na que tamén saen por primeira vez da
súa terra dando concertos en Castela e León, Asturias e Madrid.
Ademais, os arteixáns tocarían con algúns dos seus ídolos como
Shuarma, cantante de "Elefantes", ou Santi Campillo,
guitarrista de “MClan”.
As
críticas das súas cancións e dos seus concertos non podían ser
mellores. As vendas dos discos así o respaldaban mais, no mellor
momento do grupo, Sergio Ramos ten que abandonar “7 Puertas”
definitivamente. O pau sería moi grande... todo o traballo... toda a
ilusión… de súpeto, todo se truncaba. Case que por inercia chega
2012 e, con el, o décimo aniversario do grupo.
Nun
intento de mantelo vivo e de gañar tempo para ver se Sergio Ramos
retornaba de novo, deciden organizar un evento para celebrar o seu
décimo aniversario. Por aqueles días, gravan un disco de versións,
de grupos que os influenciaran ao longo da súa carreira, acompañados
de cantantes de distintas bandas galegas coas que tiñan amistade e
que suplen a falla de Sergio Ramos. Naquela altura, os “7 Puertas”
tamén organizarían un concerto no Auditorio de Arteixo no que os
cantantes que gravaron o disco acompañan ao grupo arteixán.
Os
meses seguintes irían transcorrendo mentres compoñían novas
cancións e agardando a que pasara algo… e tanto que pasaría, xa
que Hugo Pardo abandonaría tamén o grupo. Unha vez máis Santi,
Josafat e Iván volvían a quedarse sós. Ese sería o momento máis
baixo na carreira do grupo, un momento no que realmente están a
piques de poñerlle punto e final á historia de “7 Puertas”.
Mais,
como non podía ser doutro xeito, sacan de novo forzas de fraqueza e
retorna ao grupo Antonio Martínez, o seu primeiro cantante, desta
volta para facerse cargo de piano e teclados, a súa posición
natural, e tamén fichan a Raquel Vinuela, a nova voz da banda
arteixá, unha banda que tocaría bastante durante o 2014 e os
primeiros meses do 2015 mais, finalmente, o proxecto non callaría.
Con
todo, estaban de novo coas pilas cargadas e pouco despois, en maio do
2015, incorporaríase ao grupo para ocupar a voz principal Fernando
Quiroga Luces, un cantante que procedía de bandas como "Caminos
Cruzados" ou "Alba Rusa". Fernando, músico
experimentado, encaixaría de contado na filosofía musical e persoal
de “7 Puertas” e, tras medio ano de ensaios, debutan nun festival
solidario na discoteca “Moon 57”, onde o recibimento sería
fantástico. Meses máis tarde, tamén tocarían no 50 Aniversario da
discoteca “Pazos” da Laracha xunto a “Os Revenidos”. Con
aquelas actuacións, os “7 Puertas” recuperarían as gañas e a
ilusión que lles faltaba e irían collendo ritmo e confianza grazas,
en gran medida, ás novas incorporacións, que se adaptarían
estupendamente ao engrenaxe e á idiosincrasia do grupo de Arteixo.
E
así, ao pouco, deciden encerrarse para compoñer e crear un novo
disco, un proceso no que son conscientes de que necesitan unha
guitarra máis para defender as cancións na futura xira,
incorporando a Óscar Fernández Crespo, un veterano da escena
musical coruñesa, bo guitarrista e bo amigo co que xa compartiran
aventuras e escenario ao longo dos últimos anos. O grupo
convertíase, por primeira vez, nun sexteto e con esta formación
gravan un novo disco que leva por título "Siete Puertas",
título que para os arteixáns é un novo comezo, unha nova etapa e,
sen dúbida, é o disco máis "7 Puertas" xa que son eles
mesmos os que realizan todos os procesos: composicion, gravación,
masterizacion… un disco que editarían o 14 de decembro de 2018 e
que presentaban en directo o día 22 do mesmo mes. En febreiro do
2019 iniciaron unha nova xira. Non sabemos o que lles deparará o
futuro… mais de seguro que seguirán adiante!
“OS
REVENIDOS”, O ROCK RETRANCA DE ARTEIXO
O
xerme de onde nacen “Os Revenidos”
está en
Xiradela,
unha
Asociación Xuvenil
na
que cadraron
moitas rapazas e rapaces de
Arteixo
que podían
dar saída ás
súas
inquedanzas artísticas aínda que, nun
principio, o que maioritariamente facían
era bailar, cantar e tocar a música
tradicional galega.
Sería
nos descansos dos ensaios de baile onde, dalgún xeito, os primeiros
“Revenidos” empezarían a divagar e vacilar coa idea de facer un
grupo collendo un tamboril, unha pandeireta ou batendo unhas baquetas
nunha mesa para facer calquera canción á caída, como por exemplo
“El ensayito”, tema co que versionaban o famoso “Chiringuito”
de Georgie Dann… “ yo tengo un ensayito al lado de la iglesia;
tengo que ir rapidito que me espera Teresa”. Teresa era a súa
profesora, e calquera escusa era boa para botar unhas risas!
Todo
grupo que se prece ten que ter un nome, así que, como non podía ser
doutro xeito, aqueles rapaces de Arteixo que nos primeiros anos
noventa tiñan en mente formar unha banda, comezaron a tirar dos
alcumes das súas familias. Cando escoitaron o do avó de Guillermo
León, un compañeiro de baile, chamoulles a atención poderosamente.
O alcume do avó de Guillermo era “O Revenido”, nome que xa lles
gustou nada máis escoitalo. Nun principio tamén xuntarían o alcume
da avoa paterna de Manuel de Eva, que era Obdulia “da Caseta”,
así que nos descansos dos ensaios con Xiradela, ou nas viaxes coa
Asociación Xuvenil, cando saían a actuar polo mundo adiante, de
xeito moi especial na viaxe realizada en 1993 á vila portuguesa de
Sintra, ás veces botaban unhas pezas como “Os Revenidos da
Caseta”. E así, como quen non quere a cousa, despois de aquela
viaxe a Sintra, empezarían a quedar xa para ensaiar un poco máis en
serio, tan en serio que deciden retirar aquilo “da caseta” e
pasarían a ser, dende aquel momento, “Os Revenidos”.
A
primeira formación dos primeiros ensaios estaba composta por Víctor
Iglesias, no piano, Carlos Lareo, Carlos Fuentes e Ruben Martín con
guitarras acústicas e Manuel de Eva cantando. Quedaban para ensaiar
na casa de Carlos Lareo, nunha antiga tenda de ultramarinos que tiña
a súa familia no baixo da vivenda. Máis tarde trasladaríanse ao
hórreo da mesma casa.
Naquela
altura, algún dos músicos propoñía uns acordes e Manuel de Eva
encargábase das melodías e das letras. O primeiro repertorio do
grupo sería de temas propios, como por exemplo “Ábreme la
puerta”, “Porqué no me dices la verdad”, “ El virus de la
soledad”, “Todo es nada”…
Xa
no ano 1994 deciden dar un paso adiante: facía falla alguén que
tocara o baixo na formación así que Rubén Martín, “O Duque de
Preguín”, asume ese rol e merca un baixo pasando, dende aquel
entón, a ser o baixista da banda. Facía falla un batería tamén,
así que Manuel de Eva empeza a dar algunha clase con Manolo
Maceiras, gran baterista arteixán, e ao pouco merca unha Pearl de
cor branca de segunda man, que vendía Tom o baterista dos míticos
“Troleblues”, un grupazo de Laxe que tiña algún membro de
Arteixo, entre eles o propio Manolo Maceiras, o profesor de batería
de Manuel de Eva, e tamén a Anxo Souto na guitarra, un Anxo que, as
voltas que da a vida, formaría parte dos “Revenidos” vintecinco
anos máis tarde!
Á
guitarra quedaría
Carlos Lareo, pois
Carlos
Fuentes
deixaría
o
grupo.
Víctor
Iglesias, andando
no tempo director da Escola Municipal de Música de Arteixo,
seguía no piano e incorporarían
a Roberto
Darío
na voz. Con
esta formación, “Os
Revenidos” tocarían en
algunha
que outra festa de aniversario e, tamén,
na
Noite
Meiga
dos anos 1994 e 1995 que organizaba a A. X. Xiradela. Aquí
acabaríase
temporalmente
a primeira etapa do grupo xa que, por distintos motivos e ocupacións,
o proxecto dos
“Revenidos”
estaría
parado durante
nove
anos!
Facemos
viaxe na máquina do tempo e chegamos ao ano 2004, que foi cando
Rubén Martín empezou a fantasear coa idea de voltar, mais iso si,
só para dar un único concerto por aquilo de que era unha verdadeira
pena ter tocado tan pouco no pasado. Rubén pensaba que aquelas
cancións e aquel proxecto non podían quedar no esquecemento e, ao
pouco, fala co resto da banda. A todos lles parece boa idea xuntarse
de novo, excepto a Roberto Darío que non podía comprometerse.
Naquela hora precisaban un cantante mais, cousas do destino,
seríalles máis doado atopar un novo batería xa que Víctor
Iglesias coñecía a un rapaz de Loureda, Esteban Castro, que se
convertiría no novo batería de “Os Revenidos” ao mesmo tempo
que Manuel de Eva pasaba a ser a voz do grupo.
Así
pois, “Os Revenidos” deciden xuntarse para facer un único
concerto nun bar de Arteixo que se brinda a acollelos, “El
Pasatiempo” ou “o bar de Chupi” como tamén é coñecido. Ao
preparar os seus temas, son conscientes que non teñen repertorio
suficiente para ofrecer un concerto en condicions e, con esa
facilidade que os caracterizou dende un principio para facer versións
en clave de humor, probaron cousas nos ensaios que deciden engadilas
ofrecendo un espéctaculo de dúas partes : unha primeira máis seria
tocando os seus temas propios e, despois de un descanso e de un cambio de
vestiario, dar paso á carallada, por exemplo con versións de
“Angelitos negros” de catro maneiras distintas ( pop, rock,
dance…) e ata un tema en inglés por si tiñan carreira
internacional,“ Fucking in the beach”.
O
do concerto único no bar de Chupi quedaría nunha simple anécdota
xa que “Os Revenidos” non pararían de tocar dende aquel día.
Para o recordo queda un dos seus primeiros concertos ao “aire
libre”, aquela vez na que compartiran palco nas festas de Loureda
con... nada máis e nada menos... Manolo e Manola, o popular Dúo
Omega!
O
grupo, que seguiría facendo ese tipo de concertos durante algún
tempo, daríase de conta de que co que realmente disfrutaba o
público, e o que máis lle sorprendía á xente, era cando daban
paso ao esperpento humorístico que capitaneaba o seu cantante Manuel
de Eva, un artista que non tardaría en se converter no “showman”
con maiúsculas que é na actualidade. E así, nas actuacións, iría
collendo protagonismo o facer versións de grandes exitos de todos os
tempos en clave de humor, versións que se convertirían na súa
proposta principal, que é polo que se coñece a banda arteixá a día
de hoxe.
![]() |
Concerto
no pub Dantón da Laracha no ano 2010. De
esquerda a dereita Germán Cachafeiro, Roberto Vilela, Manuel de Eva,
Javier Najera, Diego Moreira e Rubén Martín (Cortesía de
Manuel de Eva)
|
Como
en calquera formación, “Os Revenidos” tamén terían moitos
trocos ao longo da súa traxectoria. No ano 2005, Víctor Iglesias
decide deixar a banda para emprender outros proxectos, o mesmo que
Carlos Lareo e Esteban Castro, que abandonarían o grupo por motivos
laborais. Dende Suevos chegaría Roberto Vilela, que sería o
sustituto de Víctor nos teclados ata o 2012, ano no que deixaría de
ser o pianista da formación por mor dun accidente de trafico no que
rompeu unha man, feito que lle impediría seguir tocando durante
algún tempo. O sustituto de Roberto sería o que, dende aquela, é o
pianista da grupo: Román Suárez, teclista de “Fracasados de
Antemano”, banda coa que “Os Revenidos” compartiron durante
anos o local de ensaio que lles cedeu desinteresadamente a A. X.
Xiradela, unha vez máis fundamental na historia do grupo arteixán.
A
batería foi cousa de Esteban Castro dende o 2004 ata o 2010, que foi cando o sustituiu Javier Nájera, que estaría no grupo ata o 2014.
Tras dous anos de ausencia, e despois de algunha ida e volta por
causas laborais, Nájera voltaría ao grupo no 2016 e, dende aquela,
é o actual batería de “Os Revenidos”. Darío Antón, Diego
García e Llisus Pardo tamén foron baterías da banda en algunha
ocasión.
O
instrumento no que máis “Revenidos” houbo foi na guitarra, xa
que despois da marcha de Carlos Lareo foron moitos os guitarristas
que pasarían polo grupo. Julio Martín, irmán de Rubén, estaría
dende 2006 ata 2009; Diego Moreira, de Vilarrodís, dende o 2010 ata
o 2013. Diego é actualmente o guitarrista da “París de Noia”,
tiña bo curriculum, claro! O guitarrista da Coruña Germán
Cachafeiro tamén tocaría na formación dende o ano 2010 ata o 2013,
o mesmo que o músico de Ares Bernardo Pita, que estaría na banda
como guitarrista dende o 2012 ata o 2017. Diego García, batería de
Barrañán do que falamos anteriormente, sería tamén guitarrista do
grupo en varias actuacións. Outros guitarristas que pasaron pola
formación foron Miguel Seoane, que estivo no 2017, e Miguel
Santalices, que foi “Revenido” durante o 2018.
Ademais,
guitarristas que salvaron o barco en algunha ocasión puntual,
facendo sustitucións de última hora para poder facer os “bolos”
contratados, tamén foron Alberto Insua, o fillo de Pepe do Muiñeiro,
ou Emilio Suárez, irmán de Román, o teclista do grupo.
![]() |
Concerto
en Carballo na cervecería Beos no ano 2015. De
esquerda a dereita Llisus Pardo, Román Suárez,
Bernardo Pita, Manuel de Eva, Rubén Martín e Diego
García (Cortesía de Manuel de Eva)
|
Todos
os textos das cancións do grupo son da autoría do seu cantante
Manuel de Eva, agás un que lles regalou Xabier Maceiras, “Muchiña”, versionando o popular “Assumpta” de Siniestro Total.
Na actualidade a formación de “Os Revenidos” está composta por
Rubén Martín no baixo, Román Suárez nos teclados, Anxo Souto na
guitarra, Javier Najera na batería e Manuel de Eva na voz… uns
artistas que percorren a xeografía galega, e calquera sitio de onde
os chamen, porque seguen a pensar que calquera escusa e boa para
botar unha risas!
![]() |
Imaxe
de un dos moitos concertos que “Os Revenidos” realizaron na feira
1900 (Cortesía de Manuel de Eva)
|
FRANSY
GONZÁLEZ, PANDEIRETA E VOZ TRADICIONAL GALEGA
Fransy
González naceu en Grenoble (Francia) no ano 1972. Filla de
emigrantes galegos, seus pais deciden regresar a Galicia cando a súa
cativa tiña dous anos de vida.
Con
tan só sete anos, a
futura artista arteixá
empezaría a interesarse polo mundo da música e o baile tradicional
galego, inquietude que a levou a formar parte como socio fundador da
“A. X. Xiradela”, creada en Arteixo en 1982.
É
en Xiradela onde aprende todos os seus coñecementos da música
tradicional oral e da danza tradicional. Froito deste traballo, nace
o grupo de pandereteiras “Xiradela” de Arteixo (1986-2002), do
que Fransy é
integrante fundador e directora do grupo durante dezaseis anos.
A
finalidade fundamental do grupo é a tarefa de investigación
folclórica, recollendo por toda a xeografía galega música e cantos
tradicionais, para recuperalos e reconstruilos da forma máis fiel
posible ao mesmo tempo que difundilos e conservalos.
A
tarefa investigadora do grupo esténdese por toda Galicia, mais nun
principio centrouse no municipio de Arteixo e na bisbarra,
rastrexando tamén toda a comarca de Bergantiños.
O
espíritu inquieto da nosa protagonista levaríaa a dirixir o grupo
de danzas da “A. X. Xiradela” (1992-1998), (2001-2006) e a
transmitir todo o seu coñecemento da tradición oral a través da
ensinanza en asociacións e escolas municipais, tales como a “A. X.
Xiradela” de Arteixo (1988- ata a actualidade); “Escola Municipal
de Artes Escénicas” de Malpica de Bergantiños (1991-2000); ou a
“Sociedade Cultural Recreativa O Castro” de Miño (2001- ata a
actualidade).
Fransy
González conta
con recoñecementos importantes como o 1º Premio de pandereteiras no
concurso de música tradicional organizado pola A. C. Xacarandaina (A
Coruña) no ano 1991, ou
o
1º Premio no concurso de pandereteiras O Pedrón (Padrón) no ano
1992. No ano 1996 é nomeada, xunto coas pandereteiras de Xiradela,
arteixás
do ano. Así mesmo, obtén o recoñecemento do traballo feito a
través dos numerosos premios concedidos ao seu alumnado nos
concursos de música tradicional por toda Galicia.
Fransy
participou, xunto ao grupo de danzas e pandereteiras, en numerosos
festivais tales como o ”XXV Festival Intercéltico de Lorient”
(Francia) no ano 1995; “VI Cantigas do Maio” no Seixal (Lisboa);
festivais varios con Kepa Junquera no País Vasco (Artea, Balmaseda…)
no ano 1996, ”Mujeres del Mundo” (Santander) no ano 1997; “Actual
97” (Logroño); “Celtic Connections Glasgow” (Escocia) xunto
cos “The Chieftains” no ano 1997; ”Expo Lisboa” (Portugal) no
ano 1998; “La Tentation Bruselas” (Bélxica) no ano 1998; “Via
Reggia 99” (Alemania); “Festival Castañeda” (Cantabria) no ano
1999; “Voix du monde Genets” (Francia) no ano 2001 e 2002, etc…
A
nosa protagonista
colabora, ademais, en discos e actuacións de artistas como Carlos
Núñez, Dulce Pontes ou Erik Marchand, participando na gravación
dos discos “A Irmandade das Estrelas” (Carlos Núñez) 1995;
“Caminhos” (Dulce Pontes) 1996; “Ruta Folk Terra Galega” 1998
xunto cos grupos “Atalora”e “Liorna”; “Os amores Libres”
(Carlos Núñez) 1999; “Pandereteiras” 1998 baixo a producción
de Mercedes Peón; ou “Kan”(Erik Marchand) 2000. No ano 2002
grava o primeiro e único traballo discográfico co grupo de
pandereteiras “Xiradela” baixo a dirección e producción de
Xabier Díaz.
A
partir do ano 2000 a artista arteixá decide participar en proxectos
musicais diversos, a nivel persoal:
-
Gravación do disco “Kan” (Erik Marchand) colaborando con
distintos músicos do mundo como Bassey Koné (Mali), Le Tenore de
Santu Predu (Cerdeña) ou L´ensemble de Mallakastër (Albania) e,
actuando por Francia en diversos festivais: “Festival Musique
Brest”; ”Festivoce” en Pigna (Córcega); “L´heure bleaue”
en St. Martin d’Heres; ”Café de la danse” en París”;
“Mantes-La Jolie”, “Saint-Brieuc”, ”Poitiers”,
“Grenoble”, ”Estrasburgo”…
-
No ano 2012 imparte master class no centre français du patrimoine
cultural inmaterial, maison des cultures du monde, á Vitré (Bretaña
Francesa).
-
En setembro de 2013 viaxa a Muravera (Cerdeña) para participar no
festival world music Muravera, actuando tanto de solista como
colaborando con Andrea Pisu (launedas).
-
No ano 2015 imparte master class no centre breton d´art populaire
(Brest) e realiza un obradoiro para nenos na Skol Fanch
Gwillhou-Douarnenez.
-
Actúa no festival Noborder 2015 (Brest) xunto coa cantante bretona
Elsa Corre e participa co grupo de música bretona e de influencia
celta, ”Pevarlamm”.
-
Participa no coloquio “La transmission et l´enseignement des
musiques de tradition orale” organizado por Drom en “le
Quartz”-Brest en decembro de 2015.
-
Actúa como solista no festival voix du monde “Arrée Voce” á
l´abbaye du Relec en Plounéour-Ménez (Francia) en xullo de 2017,
colaborando tamén no mesmo co “Duo du Bas” de Douarnenez.
-
En novembro de 2017 , na catedral de Santiago de Compostela, actúa
con Carlos Núñez e a orquestra do Pórtico da Gloria, Dulce Pontes,
Jordi Savall e Hesperion XXI… entre outros, pola conmemoración do
30 aniversario da declaración do Camiño de Santiago como primeiro
itinerario cultural europeo.
-
Actúa, en varias ocasións, co grupo “Lilaina” para o grupo de
teatro “Os Náufragos” na súa obra ”Castrapo”, dirixida por
Gustavo del Río e interpretada por Denís Gómez, Victoria Teijeiro
e Gustavo del Río no 2018.
-
Actúa coa Banda de Música Santiago de Arteixo e artistas locais
(Silvia Penide, Manuel de Eva e Dúo Camándula), na XIX feira
histórica de Arteixo en outubro de 2018.
-
Participa e actúa coa A.X.Xiradela no I Encontro galego da cultura
popular na Cidade da cultura ( Santiago de Compostela) en xuño de
2018.
-
Realiza obradoiros por distintas zonas de Galicia como: III encontro
de pandeireta internacional en Pontevedra, Romaría de Santa
Margarida (A Coruña), Xornadas de percusión tradicional organizadas
pola Asociación de gaiteir@s galeg@s en Narón…
-Imparte
baile,pandeireta e canto tradicional galego no “Stage international
musiques populaires de Galice et dÁsturies” organizado por Drom
Kreiz Breiz Academi do 25 ó 27 de marzo de 2019 en Santa Eulalia de
Oscos (Asturias).
No
seu periplo como pedagoga da música tradicional galega, Fransy
González dirixe na actualidade a escola de pandereteiras da A.X.
Xiradela de Arteixo, nas que destaca o grupo “Algarada” (grupo
que actuou na gala dos premios Opinión da música de raíz 2017,
Feira histórica 1900 Arteixo 2017 -xunto co monologuista Manuel de
Eva-). Fransy dirixe tamén a escola de baile tradicional e
pandereteiras da A. C. O Castro de Miño e, dentro desta escola, ao
grupo “Lilaina” (colaboradoras en proxectos con Carlos Núñez,
Orquesta Jazz Galicia, Kepa Junquera, Xosé Lois Romero...).
O POLIFACÉTICO ARTISTA ARTEIXÁN MANUEL DE EVA
Andando no tempo o seu vínculo coa
popular asociación arteixá faríase máis forte e, aos 18 anos, pasaría a
formar parte da xunta directiva, na que permanece ata os 32 levando
distintas vogalías antes de converterse en presidente, cargo que
ocuparía varios anos.
Alí, en Xiradela, a raíz da convivencia coas compañeiras e compañeiros, ten a oportunidade de sumar outra actividade que lle apaixona, a música. No ano 1993 funda, xunto con outros amigos, o grupo Os Revenidos do que é vocalista e letrista. Así mesmo, Manuel de Eva fai colaboracións como letrista con outros artistas como Xabier Díaz, con quen participaría no seu primeiro traballo en solitario “Músicas de Salitre”, editado no 2004, ou con Bellón e Maceiras no seu disco “Unión das Terras” do 2006. Ten feito tamén algunha colaboración como guionista para o programa Tourilandia da TVG.
A faceta como monóloguista do artista arteixán xurdiría un pouco de xeito casual, logo de ser convidado amigablemente a participar nun concurso que organizara o Pub D´antón da Laracha no ano 2004. Nun principio, o devandito local non contaba con moitos participantes e, sen experiencia previa, Manuel acabaría animándose a concursar xunto con outra xente que non tardarían en consagrarse como grandes actrices, actores e cómicos deste país, casos de Isabel Naveira, Gari, Oswaldo Digón, Roberto Vilar ou, entre outros, Rober Bodegas. Manuel de Eva gañaría aquel concurso. Posteriormente obtería un segundo e un terceiro premio noutros monólogos celebrados na Coruña, monólogos nos que tamén concursaban “Os dous de sempre” X. A. Touriñán e Marcos Pereiro como As cantareiras de Berdillo. Manuel estaría dous anos actuando nos circuitos de comedia afeccionada do país, ata que se viu na obriga de deixalo por motivos laborais e persoais. Retornaría unha década máis tarde para comezar a "facer bares" contando as súas historias.
Destacar
tamén a súa faceta como actor de teatro a partir do ano 2009, que foi
cando comeza a formar parte da Asociación Teatral Paso de Valverde de
Arteixo coa que, despois de formarse durante varios anos como actor da
man de Paulo Serantes e Xavier Ramilo, acabaría formando parte do grupo
de teatro da devandita Asociación e participando na creación de
“Sánatos”, unha peza teatral coa que percorrerían boa parte da xeografía
galega polos distintos circuitos de teatro amador. Con “Sánatos”, Paso
de Valverde acadaría o premio “Mellor espectáculo adultos 2016” no
certame organizado por Hipócrita Teatro.
Recentemente fixo dúas cancións da súa autoría: “Na ría de namorar” e “Xan dos ollos claros”, cancións que estreou coa Banda de Música Santiago de Arteixo como solista.
Manuel de Eva é o director coreográfico do proxecto teatral "Rodríguez, o loro de Picadillo", proxecto no que colabora coa compañía Melandrainas.
Amante
das súas
raíces e bo coñecedor dos costumes da vida rural galega,
Bieito participa
paralelamente a Luar na Lubre en distintas formacións folclóricas
e
etnográficas de recoñecido prestixio, como o grupo de música e
bailes tradicionais Xacarandaina
ou o Ballet Galego Rei de Viana,
nos que desenvolveu un importante labor no eido musical.
O POLIFACÉTICO ARTISTA ARTEIXÁN MANUEL DE EVA
Manuel de Eva (Arteixo, 1973) descubre o mundo do baile tradicional vendo, cando tiña
11 anos, unha actuación do grupo de danzas da A.X. Xiradela no
balneario de Arteixo. Ao ver bailar a aquelas rapazas e rapaces, deuse
conta de que el tamén quería facer iso, quería bailar!
Xiradela permitiríalle, por aqueles anos, dar renda solta a todas as inquedanzas artísticas presentes na vida do futuro artista, ben recitando o verso nunha igrexa ateigada de xente pola Festa das Flores, ou ben facendo teatro en actividades escolares.
Ademais de bailador co grupo de danzas, co que fixo innumerables actuacións tanto a nivel nacional como internacional, Manuel de Eva tamén tivo ocasión de facer teatro formando parte do grupo teatral de Xiradela durante algúns anos, acadando algún recoñecemento tanto individual como colectivo.

Manuel de Eva |
Alí, en Xiradela, a raíz da convivencia coas compañeiras e compañeiros, ten a oportunidade de sumar outra actividade que lle apaixona, a música. No ano 1993 funda, xunto con outros amigos, o grupo Os Revenidos do que é vocalista e letrista. Así mesmo, Manuel de Eva fai colaboracións como letrista con outros artistas como Xabier Díaz, con quen participaría no seu primeiro traballo en solitario “Músicas de Salitre”, editado no 2004, ou con Bellón e Maceiras no seu disco “Unión das Terras” do 2006. Ten feito tamén algunha colaboración como guionista para o programa Tourilandia da TVG.
A faceta como monóloguista do artista arteixán xurdiría un pouco de xeito casual, logo de ser convidado amigablemente a participar nun concurso que organizara o Pub D´antón da Laracha no ano 2004. Nun principio, o devandito local non contaba con moitos participantes e, sen experiencia previa, Manuel acabaría animándose a concursar xunto con outra xente que non tardarían en consagrarse como grandes actrices, actores e cómicos deste país, casos de Isabel Naveira, Gari, Oswaldo Digón, Roberto Vilar ou, entre outros, Rober Bodegas. Manuel de Eva gañaría aquel concurso. Posteriormente obtería un segundo e un terceiro premio noutros monólogos celebrados na Coruña, monólogos nos que tamén concursaban “Os dous de sempre” X. A. Touriñán e Marcos Pereiro como As cantareiras de Berdillo. Manuel estaría dous anos actuando nos circuitos de comedia afeccionada do país, ata que se viu na obriga de deixalo por motivos laborais e persoais. Retornaría unha década máis tarde para comezar a "facer bares" contando as súas historias.
![]() |
Manuel de Eva |
Recentemente fixo dúas cancións da súa autoría: “Na ría de namorar” e “Xan dos ollos claros”, cancións que estreou coa Banda de Música Santiago de Arteixo como solista.
Manuel de Eva é o director coreográfico do proxecto teatral "Rodríguez, o loro de Picadillo", proxecto no que colabora coa compañía Melandrainas.
BIEITO
ROMERO, DE ARMENTÓN PARA O MUNDO
Armentón
foi, aló
polos primeiros anos
do século
XX, un dos centros neurálxicos da cultura galega grazas ás
frecuentes visitas ao
Pazo de Anzobre de
persoeiros da talla do dramaturgo Manuel Linares Rivas, os escritores
Wenceslao Fernández e
Emilia Pardo Bazán ou,
os pintores Germán
Taibo e Manuel
Abelenda, prezados amigos e
amigas de
Manuel Puga, Picadillo, o
señor do devandito Pazo.
Cousas
do destino, cen anos despois
de aquelas visitas,
as circunstancias da vida levarían a que Bieito
Romero, un dos máximos
expoñentes do eido cultural galego actual,
e a súa parella Marisa
Diéguez elixiran
esta
parroquia arteixá como o
seu lugar de residencia,
lugar no que medrarían, a
poucos metros do Pazo de Anzobre,
os seus tres fillos Alba, Bieito e Mariña escoitando
as historias do Armentón de antano e
de hogano coa música de fondo composta polo seu
proxenitor.
Nado
na Coruña o 3 de outubro de 1964, o
noso protagonista principiaría a
afección
pola música de moi novo, interesándose
polas músicas tradicionais e de raíz de
Galicia
e dos países celtas. Con
trece anos, nuns
momentos
nos que soñaba con viaxar polo mundo e
nos que
a súa vida transcorre
entre a cidade herculina e a aldea de Niñodaguia, no concello de
Xunqueira de Espadanedo (Ourense), o
pequeno
Bieito
iniciase coa gaita galega a
pesar da dificultade que, naquela hora, supoñía
avanzar musicalmente para este tipo de música.
Pouco
despois crearía,
xunto
con outros músicos coruñeses, bandas
nas que desenvolvería
a súa aprendizaxe, como Adro,
Neboeiro ou Roi Xordo,
grupos
cos que fixo varias actuacións. Cunha
formación
musical máis madura, o
músico de Armentón crearía
en
1986
Luar na Lubre, grupo co que acadou o maior dos seus éxitos e
co que
cumpriría o soño de
viaxar
polo mundo, xa que
aquel cativo que pasaba
os veráns
na aldea ourensá de
Niñodaguia
lograría
traspasar
fronteiras coa
súa formación coa que, ademais,
andando
no tempo
conseguiría
premios, vendas e recoñecemento como ningún grupo galego fixera
antes.
Bieito
Romero foi
profesor de gaita durante moitos anos, chegando a formar a Banda de
Gaitas Os
Rexumeiros,
na que participaban prestixiosos gaiteiros alumnos da súa escola,
como Susana
Seivane, Brais
e Iago Maceiras, Luisa
Sarmiento ou Xan Xove.
Compositor
de máis de 200 temas, foi versionado por diferentes grupos e mesmo
un dos seus temas, “O
son do ar”,
foi adaptado polo músico británico Mike
Oldfield,
sendo o tema que abre o seu CD Voyager,
converténdose probablemente na canción de orixe galega máis
versionada no mundo.
O
gaiteiro arteixán
tamén colaborou
con diferentes grupos e de moi distintos estilos como Mägo
de Oz, Ophiusa, Lucía Pérez, Cómplices, Pablo Bicho, Os
Diplomáticos de Monte Alto, Ghandi, Briganthya ou Brandania.
Foi
produtor de todos os traballos discográficos de Luar Na Lubre e
traballou con artistas de diferentes estilos que teñen colaborado
nos seus discos como Hevia,
Ismael Serrano, Pablo Milanés, Lila Downs, Adriana Varela, Donal
Lunny, Mairtin O´Connor, Nollaig Casey, Diana Navarro, Pat
Kilbride, Miro Casabella, etc.
No
ano 2010 e por encargo da produtora de cine Filmanova, compuxo e
gravou a banda sonora da película Doentes,
baseada na novela de Roberto
Vidal Bolaño
e dirixida por Gustavo
Balza.
Na
biografía do noso protagonista hai que salientar, ademais, outras
facetas fora
do mundo da música, entre elas o
seu espectacular
traballo
etnográfico “Xeometrías
máxicas de Galicia”, un libro
baseado nas formas xeométricas da arte popular galega, dende a época
celta ata a
actualidade que foi publicado
no ano 2009 pola editorial "Ir Indo".
Bieito
tamén tivo
a súa vertente hostaleira, primeiro
na Coruña co mítico bar A Cova Folk que, tras
case catorce anos de existencia,
pecharía en marzo de 2006, e posteriormente en Arteixo, coa taberna
A Baiuca que abriu as súas portas no 2013 e que rexentaría, xunto a
súa parella Marisa, ata o 2015. Tanto
A Cova Folk como A Baiuca foron tabernas
de grata convivencia e filosófico discurrir
que cumpriron perfectamente
a súa labor de oficiosas embaixadoras de galeguidade na
Coruña e en
Arteixo, deixando
na memoria
moitas noites de concertos, festas, boas charlas e mellor compañía!
Na
actualidade o traballo de
Bieito Romero
céntrase en Luar na Lubre á vez que dirixe en Radio
Voz
o programa Un
mundo de músicas,
adicado ás músicas étnicas de todo o planeta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario