VIRXE DE PASTORIZA

O SAN MIGUEL
  
     Moito hai escrito sobre a Virxe de Pastoriza mais, se cadra, a publicación máis coñecida é "La Leyenda de la Pastoriza", obra que a nosa insigne escritora Emilia Pardo Bazán publicou no ano 1887. Moi grande é a devoción a este antiquísimo Santuario. A xente humilde da Coruña profésalle cariño especial; e sobre todo, as operarias da Fábrica de tabacos pérdense pola súa Virxe moi amada. Despois dos coruñeses seguen en veneración e afluencia ao Santuario, os habitantes de Betanzos e Pontedeume, da Mariña toda, da bravía comarca de Bergantiños, de Ferrol, Santa Marta e Cedeira; e desde que corre tren directo de Madrid á Coruña, o número de devotos reforzouse con moitos da provincia de Lugo e León, e até coas persoas cortesás que van ás praias galegas e levan na memoria a fotografía da Virxe, o seu escapulario ou a súa medalla, escrevía a condesa de Pardo Bazán en dita obra.
     Outro traballo de obrigada lectura é "El Santuario de Nuestra Señora de Pastoriza", libro que Manuel Lucas Alvarez publicou en 1951.
     Máis recentemente, o polífacético Xurxo Souto, coa súa divertida e amena escrita, descríbenos no seu libro "Contos da Coruña" o pasado e presente das peregrinacións a Pastoriza do seguinte xeito:  Estos días de outubro, se vas no coche e ves un amigo suorento subindo pola costa de Meicende arriba, escusas pararlle. Aínda que chova non te vai querer acompañar. Vai de romeiro ofrecido á Virxe de Pastoriza.
     Mariñeiros naufragados e estudantes resaquentos. Velliñas de pano na cabeza e "guapitos" de cara. Ao final atopámonos todos camiñando entre as torres de lume da Refinería, cara a Pastoriza, no concello de Arteixo. Tradición coruñesa entre o fume e o asfalto. Outra mostra máis diso que lle chaman "punkismo máxico".

     San Miguel, o arcanxo terribel, que no vello Santuario se venera, tivo a súa festa o pasado luns. Alí foron, como todos os anos, numerosos romeiros que comparten as súas devocións entre este anxo e a Virxe milagreira. Neste tempo que nos toca vivir, aínda sorprende a cantidade de romeiros (todos os domingos e festivos de outubro hai romaría) que acuden ao Santuario polo San Miguel, a quen se lle pide contra o meigallo, pola saúde e contra o raquitismo, pois (según contan  Rosa Benigna Vizcaya e Francisco A. Vidal no seu libro "Dos fastos ós festexos; dos antigos mitos á relixiosidade galega") esta deficiencia asociábase moitas veces ó chamado mal de ollo e posesións do diabo, males que se prevén pasando por debaixo das andas do santo. Vizcaya e Vidal apuntan na súa obra que San Miguel... é un arcanxo que acolleu os atributos do deus exipcio da morte, de Anubis, aquel con cabeza de chacal (animal que se alimenta da carne morta), quen tiña a encomenda de pesar as vísceras dos defuntos para saber se eran merecedores de estar con Rá na Outra Vida, e así, este noso San Miguel, igual que aquel cunha balanza na man, pesa as obras boas e malas dos finados para saber quen é merecedor de estar no paraíso, feito que se coñece como psicostasia. Unha figura que nos lembra, nas portas do inverno, que hai que estar preparado, tamén cos asuntos da alma, por se os santos protectores fallan na vindeira tempada de frío e enfermidades .
     Segundo a lenda da Pardo Bazán (os especialistas opinan quen non ten base científica nengunha), a orixe do Santuario data do ano 453, indicando tamén no relato, que a ermida da Pastoriza sería o primeiro santuario mariano do occidente peninsular, onde por orde do rei suevo Rekiario, que fora convertido polo bispo de Braga ao catolicismo, rendiríase culto á Virxe.
     A pequena igrexa sofrería ao longo da historia numerosas agresións, como a do ano 968, cando arribaron na Galiza as naves normandas comandadas por Gunderedo, ou a de 997, a mans dos sarracenos de Almanzor. A imaxe da Virxe, non obstante, sobreviviría, pois uns cristiáns a esconderan para evitar que fose destruída ou roubada polos invasores. A súa pista perderíase por moito tempo, até que un día unha rapariga que andaba pastando as vacas, viu unha estrela relucente acima dunha morea de pedras, na parte alta do monte. Aquela visión da estrela repetiuse e daquela, a nena contoulle aos viciños como se lle tiña aparecido diferentes veces. Isto deu pé a que se remexesen as pedras de todos os penedos que no monte había amoreados, até que nun deles, nun buraco debaixo dunha pedra grande, que desde entón foi chamado "O berzo da Virxe", descubriuse a imaxe que tantos anos levaba agachada. A partir dese momento, nese buraco debaixo da gran pedra, é onde está asentada a estatua da Virxe, feita de granito polo mestre canteiro de Ponteareas, José Couto, no ano 1887, e por onde habían de pasar millares de peregrinos, para se libertaren do pecado ou curaren certas doenzas.
     A virxe de granito fora custeada por D. Alvaro de Torres Taboada, quen tivera a ben de non encargarlla a un escultor, senón ao nomeado canteiro Couto, de quen Emilia Pardo Bazán dicía que...sólo un hombre del pueblo, sin educación artística, sin nociones del dibujo que se enseña en Academias, sin lecturas, sin rastro de clasicismo en la masa de la sangre, sin conocimiento de modelos y doctrinas, podría esculpir una Nuestra Señora que parezca despojo de la Edad Media, recuerdo de pasadas edades y que con sus lineamentos ásperos y sencillos hable el lenguaje de la fe.


FUENTES:
"Contos da Coruña", Xurxo Souto
"Dos fastos ós festexos", Rosa Benigna Vizcaya/Francisco A. Vidal
"O mar de Arteixo e os seus naufraxios", Xabier Maceiras



UN CONTO DA VIRXE
(Víctor Iglesias García)
     
     Heivos de contar un conto, deses que aínda non se levaron ao papel, pero que de cando en vez escapan das pedras do lar.

     A historia fala dunha rapaza moi fermosa e ben feita que tiña un pretendente namorado perdidamente dela. O rapaz víase continuamente rexeitado, pero o caso deste conto foi que á rapaza déralle un aire porqueiro na pel, e a súa fermosura víase minguada.

     A mociña foi a un médico da Laracha, que lle chamaban Maximino Cacheiro, e recibiu tratamento de xaropes, pomadas e inxeccións. Aínda así, o aire porqueiro non foi a mellor, e a rapaza foi visitar a unha meiga no lugar do Sixto, preto da igrexa parroquial de Arteixo. A meiga doulle o seguinte remedio:

     "Has dar uns paseíños espida polo medio das canles dunha leira de trigo, procurando que as espigas che rocen a pel nove veces e máis unha sen contar"

     A rapaciña despúxose a facelo, pero cando ía entrar entre o trigo, xa espida, aquel mozo que a pretendía viuna, e foi atrás dela. Pouco a pouco ían apurando o paso ata chegar a andar ás carreiras; ela diante e él atrás. A rapaza, véndose atrapada clamaba ao ceo:

     "¡Virxe de Pastoriza me valla! Heille pagar unha misa se escapo..."

     E o rapaz respondíalle:

     "Pois eu heille dar dúas se te atrapo"

     E a Virxe, sendo santa, foi egoista, que levou as dúas misas.
Romaría de San Miguel a principios do século pasado








                                                                                              












(relato publicado no Boletín Informativo Municipal)



UN OFRECEMENTO

     Calquera dos festivos deste mes terei que ir cumplir o ofrecemento. O meu home houbo morrer no mar media ducia de veces, e eu sei que é a Virxe de Pastoriza a que mira que non lle pase nada. A verdade é que lle debo moito a esta Santiña.

A Virxe de Pastoriza
que si se leva na barca
aló no medio no mar
tódalas augas aparta

     Teño que estarlle agradecida, e o mellor que podo facer é ir á romaría. Hai uns kilómetros que andar, e ben podería ir no coche de liña "a Superiora", pero sería como facer trampa.

Pescador que andas pescando
péscame unha robaliza
pra levarlla de regalo
á Virxe de Pastoriza

     Ofrecida irei; pero ninguén me aparta de ir xantar despois coma unha raíña. No lugar que lle dían As Bordeiras hai un garnacho no que preparan os mellores callos que nunca probei.

A Virxe de Pastoriza
ten un barquiño no mar
¿quen llo dou? ¿Quen llo daría?
Quen llo dou puídullo dar

     Para rematar a festa acercareime ao Salón da Roxa para escoitar á orquesta Patolos, como fixen hai uns anos. Aquí foi onde coñecín ao meu home...é que eu débolle moito a esta Santiña.

Unha veciña de Loureda (Publicado no Boletín Informativo Municipal)
Debuxo do ano 1902 do Santuario de Pastoriza 

       


















O MEU MILAGRE EN PASTORIZA
(Relato de Manuel Rivas)

 
Imaxe dos anos 60 de Pastoriza
  
Non recordo moi ben porque me levaron de neno a Pastoriza. Fun andando cos meus padriños, en pequena perigrinación desde a miña tribo de Castro de Elviña. Era unha mañá de calor en domingo, estaban os arbustres batidos polo sol nas lombas dos montes de Mesoiro e Feáns, o máis deles queimado, coma un arrepiante deserto traído da man do home. ¡Cantas veces ardeu ese horizonte, cantas reverdeceu! Entre os pés cinzentos das árbores sesgadas en plena adolescencia vin o esquelete branco dun animal. No lugar dos ollos había dous ocos que para min se axitaron misteriosa e anguriosamente vivos no máis mouro da memoria. Logo cruzamos a vía do tren e eu debín mirar á dereita e á esquerda.

   
O escritor Manuel Rivas
 
Chegamos a Pastoriza con suor, orgulloso eu de soportar a marcha sen queixa. Alí nótase o alento do mar e ten un a sensación de que está nas portas doutra bisbarra ou acaso doutro mundo. Subimos a unha cima do que a min me pareceu montaña de xigantescos penedos. Agora xa podo dicir o que o xefe indio Tahirassawichi. Cando no monumento a Washington lle preguntaron se quería subir polo ascensor ou polas escaleiras, contestou: "Non subirei. Os brancos amontonan pedras para subir a ela. Eu non subirei. Eu xa subín ás montañas feitas por Tirawa". Tirawa, en Pastoriza, é a Virxe.

     Non recordo cál era a miña doenza de neno. Pero fora o que fora en Pastoriza sanei. Supoño que para sempre. 


UN RECORDO DE PASTORIZA
(Relato de Juan Naya, Cronista Oficial da Coruña)

Imaxe antiga de Pastoriza
     Aparte das lembranzas máis antigas que conservo de Pastoriza, que son as que se refiren aos primeiros anos da miña vida, nos que iba con meus pais ao santuario a rendir tributo á Virxe o día da festividade, está outro, moi grato, que fixen cando iba para mozo.

     Era polo mes de marzo, cando as raioliñas do sol principian a desbotar a friaxe e acordar a natureza. Estábase a preparar pola Academia Galega o centenario do nacemento de Murguía, o patriarca das Letras Galegas. A Academia, correspondendo ao convite de don Manuel Rey Suárez, entusiasta veciño de Froxel, onde nacera o sabio, desprazou a aquel lugar aos membros da Xunta de Goberno da Corporación don Fernando Martínez Morás e don Félix Estrada Catoira, que foron co que estas liñas escribe para coñecer a casa onde vira a primeira lus aquela extraordinaria figura galega. Iba con nós tamén o notable fotógrafo coruñés Xoán Cancelo, que fixo unhas instantáneas daquela vivenda e dun grupo de labregos e nenos e tamén outra da fachada da igrexa románica de Oseiro, templo que tiña estudado había anos o primeiro daqueles señores.

     Alí pousamos para o fotógrafo.
Juan Naya, Cronista Oficial de A Coruña dende 1961 ata 1993

     Como Murguía foi, como se sabe, bautizado na parroquia de Pastoriza, alá fumos de contado. O párroco, que era un home xa entrado en anos e que se chamaba don Claudio, recibiunos con moita xentileza, mostrándonos o libro en que se rexistra a conseguinte partida de nacemento. Fixéronse outras fotografías, todas elas recollidas, con outras máis referentes aos actos celebrados posteriormente o 17 de maio, en que se inaugurou o busto de Murguía nos xardíns de Méndez Núñez da Coruña.

 "¿Abondará esto para catro?" .

     Ao retorno a esta cidade contounos don Fernando Martínez Morás algunhas anécdotas do crego don Claudio moi parrandeiras. Unha delas referíase a cando fora párroco de Ouces, en Bergondo, en que uns señoritos de Sada metéranse con él nun semanario daquela vila. Don Claudio, a quen lle foran co conto, por todo comentario exclamou, remangando o brazo e mostrando o puño pechado:

     Don Fernando apostilaba que don Claudio cando fixo esta demostración, era capaz de sentar a un cabalo dun puñetazo, pois fixérao xa varias veces.

    
      E este é o recordo ao que me refería ao principio.




MITOS E LENDAS MARIÑAS DA VIRXE DE PASTORIZA

Na sancristía do Santuario de Pastoriza consérvanse uns exvotos (cadros, placas ou obxectos con algunha inscrición colocados nas igrexas en lembranza dun beneficio recibido) moi antigos de historias do mar, exvotos que amablemente nos mostrou en varias ocasións o párroco don José Vázquez Landeira. Pois ben, ningún deles fai mención do litoral arteixán mais, polo gran valor histórico e patrimonial que teñen, é unha obriga incluílos nesta bitácora, como tamén o é mencionar outras lendas de mar que moito teñen que ver coa Virxe de Pastoriza e que xa aparecen recollidas nas obras La leyenda de la Pastoriza, escrita por Emilia Pardo Bazán en 1887, e El Santuario de Nuestra Señora de Pastoriza, publicado por Manuel Lucas Álvarez en 1951.


Muy grande es la devoción á este antiquísimo Santuario, y fuerza es decirlo, el hielo de la indiferencia contemporánea no ha enfriado un punto la atmósfera de la Pastoriza”, escribía a condesa de Pardo Bazán en La leyenda de Pastoriza, ao que acrecentaba:

La gente artesana y humilde de la Coruña le profesa cariño especial; y sobre todo, las operarias de la Fábrica de tabacos se pierden por su Virgen muy amada. Después de los coruñeses, siguen en veneración y afluencia al Santuario los habitantes de Betanzos y Puentedeume, de la Mariña toda, de la bravía comarca de Bergantiños, del Ferrol, Santa Marta y Cedeira; y desde que corre tren directo de Madrid á la Coruña, el numero de los devotos se ha reforzado con muchos de la provincia de Lugo y León, y hasta con la gente cortesana que baja á bañarse á las playas gallegas y se lleva en memoria la fotografía de la Virgen, su escapulario ó su medalla”.
Segundo a lenda da Pardo Bazán, a orixe do Santuario data do ano 453, indicando tamén no relato que a ermida da Pastoriza sería o primeiro santuario mariano do occidente peninsular, onde por orde do rei suevo Rekiario, que fora convertido polo bispo de Braga ao catolicismo, renderíase culto á Virxe.

A pequena igrexa sufriría ao longo da historia numerosas agresións, como a do ano 968, cando arribaron no litoral galego as naves normandas comandadas por Gunderedo, ou a de 997, a mans dos sarracenos de Almanzor. A imaxe da Virxe, non obstante, sobreviría grazas a uns cristiáns que a esconderan para evitar que fose destruída ou roubada polos invasores. A súa pista perderíase por moito tempo, ata que un día unha rapariga que andaba pastando as vacas viu unha estrela relucente enriba dunha morea de pedras, na parte alta do monte. Aquela visión da estrela repetiuse e daquela, a nena contoulle aos veciños como se lle tiña aparecido diferentes veces. Isto deu pé a que se remexesen as pedras de todos os penedos que no monte había amoreados, ata que nun deles, nun buraco existente debaixo dunha pedra grande, que desde entón foi chamado como “O berce da Virxe”, descubriuse a imaxe que tantos anos levaba agachada. A partir dese momento, nese buraco existente debaixo da gran pedra, onde está asentada a estatua da Virxe feita en 1887 en granito polo mestre canteiro de Ponteareas José Couto, é por onde habían de pasar miles e miles de peregrinos para se liberar do pecado ou curar certas doenzas.

Outra das lendas populares da Virxe é a que fai mención do corsario inglés Drake, que aparecía conmemorada nun lenzo pintado existente na igrexa (hoxe desaparecido) que dicía:


Cuando el Draque vino á sitiar á la Coruña en el año 1589, unos soldados herejes sacaron la Santa Imagen de la iglesia y la arrojaron allí cerca de la fuente y le rompieron de un hachazo la cabeza, dividiéndola del pescuezo; mas luego, milagrosamente, se volvió á colocar y unir como estaba antes”.
A tradición di que os soldados ingleses, espantados polo prodixio do que foran testemuñas, fuxiron sen roubar, sen incendiar e sen facer dano ningún en Pastoriza.

Entrando xa na relación que garda a Virxe co mundo do mar, hai un feito que segundo indica Manuel Lucas Alvarez no traballo que publicou en 1951, ten todos os caracteres dunha devoción popular que resulta case idolátrica. Trátase do capitán dun barco da matrícula da Coruña que, no comezo do século XIX, sentía tal devoción pola Virxe de Pastoriza que chegou a ter verdadeira paixón e desexo de posuíla unicamente para si propio e deste xeito levala no seu navío para que o defendese de todos os perigos. Emilia Pardo Bazán escribía en La leyenda de la Pastoriza:

¡Cuántas veces, al desafiar las cóleras del Océano, al evitar el banco de arena, la peligrosa sirte, el escollo oculto pérfidamente bajo la planicie del agua, al sentirse aplacarse el huracán que por minutos hacía zozobrar la embarcación, al regresar sano y salvo á la bahía coruñesa, vería con la imaginación la Estrella del mar, cuya sonrisa conjuraba la tormenta y guiaba la nave al puerto! ¡Cuántas veces habría pensado en noches de cerrazón y niebla, en horas de riesgo inminente, que quién llevase consigo á bordo tan precioso talismán, no debía temer siniestros ni naufragios!
Con tal ahinco se le clavó en el alma el deseo, que llegó á perder sueño, apetito y reposo, y á caer en profunda pasión de ánimo y melancolía entera. Incapaz ya de luchar con su idea fija, se dió á arbitrar un medio, legal ó ilegal, de realizarla. Difícil sinó imposible era apoderarse de toda imagen, sin ocasionar un alboroto en el país y que se descubriese al punto el autor del atentado; pero al menos la faz, la divina faz, discurrió el capitán que lograría poseerla valiéndose de una superchería, y descargando un atrevido golpe. Sobornó al sacristán con doscientos pesos para él y una cabeza nueva para ocultar el atentado, y el sacristán se avino á repetir, con mejor éxito, la profanación de los soldados ingleses, cortando la cabeza á la Virgen, que esta vez, sin duda en consideración á la fe sencilla y ardiente que impulsaba á quién dispuso aquella profanación, se dejó degollar. Y de noche, furtivamente, el marino escondió la cabeza bajo la capa, y huyó loco de júbilo, estrechando contra su corazón el tesoro.
Aunque contaba el párroco del Santuario muy avanzada edad, notó la sustitución de la cabeza, sea por observaciones propias ó por que se lo advirtiese algún devoto perspicaz. Breve fué la dicha del raptor: instruyéronse diligencias judiciales en averiguación del delito, que el sacristán pagó en la cárcel, y el marino siendo obligado por sentencia á restituir la prenda sustraída.
Tal es la leyenda más reciente de Nuestra Señora de Pastoriza. A alguien se le ocurrirá preguntar cómo, después de recobrada la primitiva cabeza, en vez de colocarla de nuevo sobre los hombros de la imagen, según parece que reclamaban de consuno la piedad, el respeto y hasta el ejemplo, la relegaron al arcón apolillado y dejaron perseverar el fraude del raptor, conservando y venerando la nueva? A mí por lo menos no deja de darme en qué cavilar el caso. Unicamente me lo explico por razones análogas á las que alega en su escritura don Juan del Río para descuartizar la imagen vieja. Tal vez les parecería á los encargados del Santuario que la cabeza nueva -sobre todo si es en realidad obra de Ferreiro- le llevaba muchos quilates de ventaja á la antigua en mérito y hermosura y que, descubierto ya el ardid y castigado el desacato, convenía respetar, en lo demás, los hechos consumados.
Sea como quiera, por estar bastante frescos estos sucesos, puede ser que no falte en la Coruña quién tenga de ellos más minuciosos pormenores; y si es así, le agradeceré que me los comunique, para que las nuevas ediciones de este librito salgan enriquecidas con datos más exactos.

Outro exemplo da devoción que a xente do mar sentía pola Virxe de Pastoriza son as seguintes cantigas:



A Virxe de Pastoriza
que si se leva na barca
alá no medio do mar
tódalas augas aparta.

Reina y madre milagrosa
mi Virgen de Pastoriza.
Tú, que por los navegantes
velas de noche y de día.
Ampárame! Sé mi norte
en los mares de la vida
y al puerto de eterna calma
lleva mi pobre barquilla.

Allí van desde la dama
joven, delicada y tímida,
descalzos los pies de nácar
que en la arena se lastiman.
Hasta el rudo marinero
que en la tempestad bravía
se encomendó a su patrona
la Virgen de Pastoriza.


Tampouco queremos pasar por alto un artigo que aparece asinado por Antonio de San Martín, publicado en El periódico para todos do día 10 de febreiro de 1874, que narra o seguinte:


La última vez que estuve en Pastoriza presencié un espectáculo conmovedor.
Eran las diez de la mañana, y un sol de primavera vertía sobre la tierra sus tibios rayos.
Los laboriosos campesinos se entregaban en el campo a sus faenas; los rebaños pacían las verdes y lozanas yerbas; la brisa perfumada de la montaña agitaba las copas de los árboles, ya cubiertos de brillante follaje, y era todo paz y dulce sosiego en aquellos apartados lugares, en donde la naturaleza convidaba a la meditación.
Yo me hallaba cercano al camino real que desde la Coruña conduce a Pastoriza, y allá a lo lejos, por aquel camino que parecía una ancha cinta de plata, extendida entre verdes plantaciones y agrupados caseríos, ví llegar una extraña procesión que se iba aproximando lentamente.
Cuando estuvo cerca de mi, observé que la componían doce o catorce marineros de atezados rostros.
Aquellos hombres iban cantando la letanía, llevaban los pies descalzos y soportaban sobre sus robustos hombros el peso del palo mayor de un buque.
Pocos días antes, al cruzar en frente del cabo de Ortegal, y durante una noche de horrible tempestad, un rayo había partido aquel palo.
Viéndose perdidos los marineros, pues el buque se iba sobre la costa, sin que sus desesperados esfuerzos pudiese evitarlo, invocaron el nombre de la Virgen de Pastoriza con religioso fervor.
Una hora más tarde, la tempestad había calmado sus furores, y la pobre embarcación lograba alejarse del peligro que la amenazaba.
El palo tronchado por el rayo, había quedado sobre cubierta, y los marineros prometieron solemnemente llevarlo en hombros hasta el Santuario de Pastoriza, en acción de gracias por haberse librado de un peligro tan grande.
Aquel palo, en el cual el fuego del cielo ha dejado profundas y negras señales, fue colocado en lo más alto de la bóveda del templo, del cual cuelga pendiente de dos fuertes abrazaderas de hierro.
Na época na que Antonio de San Martín narraba os feitos anteriores, a devoción que a xente do mar lle profesaba á Virxe de Pastoriza era de tal magnitude que para comprendela abondaba con entrar na igrexa e ollar para as súas paredes, como así o relataba Emilia Pardo Bazán en La leyenda de la Pastoriza:



Los muros están entapizados de cuadritos, de marinas ingenuas, que sin duda no merecen figurar en ningún Museo, pero que expresan bien la convición del donatario y su inmensa gratitud. Fieles y exactos y hasta artísticos suelen ser en cambio los retratos ó reducciones de fragatas, queches, goletas, pailebots y balandras que cuelgan por la muralla y por el techo, alternando con largas trenzas de pelo ornadas de un lazo de colores, que acaso crecieron en la cabeza de la novia del marino...
 
A escritora galega referíase aos cadros antigos que mencionábamos ao inicio desta crónica e que a continuación, seguindo a orde cronolóxica que marca no seu libro Manuel Lucas Alvarez, debullamos o que aparece nas lendas dos que aínda se conservan na sancristía do Santuario (dos dez cadros existentes dos que informaba Alvarez en 1951, na actualidade quedan oito):

  1. En el Año de 1640. Juan dó Río vecino dela Coruña estando pescando jumto al Puerto de Bens en su Lancha con sus Compañeros, les acometió un Barco de Moros y estando apresados, clamaron por la Virgen de Pastoriza, y milagrosamente se transtornó dicho Barco y fueron cogidos los Moros”.
  1. En el año de 1685. D. Pedro de los Ríos, vecino de la Coruña, nabegando en un Navío de Hereges, por que le han visto rezar el oficio de Nª. Sª. Le querían arojar ala mar, y pidiendo fabor á la Virgen de Pastoriza se turbaron y lo dejaron libre”.
  1. En el año de 1688. pasando de Sada á Puente Heume, una Dorna con dos hombres y una Muger, una honda la trastornó y la muger se fué al hondo, y bolviendo arriva imbocó la Virgen de Pastoriza y luego otra hola la puso derecha la Dorna, y vino asu Yglesia darle las devidas gracias”.
  1. Non aparece ningunha data concreta, mais Lucas indica que foi no século XVII.: “Baltasar Lopez natural de Santiago. Caminando a Roma se embarco en el Mar Oceano, en el qual tubo tres Naufragios con peligro de la Vida, de los que salió libre por haver ymbocado ala Milagrosa Ymagen de Pastoriza”.
  1. En 15 de Febrero de 1711. viniendo una Fragata Ynglesa con los Moros de Fes disparando sobre unos hombres, dando por la popa ala Chalupa, y le han muerto al Maestro de un balazo, y á Francisco Mendez le hirieron el brazo izquierdo del que echaba abundancia de sangre, é imbocando á Nª. Sª. de Pastoriza, libró del peligro”.

  1. En 4 de Marzo de 1746. nabegando Antonio Lopez en el Navio llamado San Vicente desde Cadiz a la Habana, les sobre vino en el canal viexo tan gran tormenta que el Navío dió consigo sobre un peñasco a donde estubieron mas de 16 horas, arrojando al mar la artillería, y mas pertrechos del Navío a causa de haberse abierto al medio, y estando en esta situación apartados a leguas de tierra, imbocaron a Nª. Sª. de Pastoriza y salieron sin peligro”.
  1. El Bergantin Fernardo 7º en el acto de embarranque frente a las Islas de San Blas del Norte América a las 6 ½ de la tarde del 23 de Agosto de 1851 D. Andrés Rodriguez Velo se encontró en dicho buque como pasajero y en eminente peligro, ofreció a la Virgen Nuestra Señora de Pastoriza presentarle este Cuadro dando gracias a Dios por haberle salvado la vida: y le ruega por el descanso eterno de sus compañeros que fueron víctimas”.
  1. A lenda deste cadro, hoxe desaparecido, explicaba a salvación de dous homes que invocaron á Virxe de Pastoriza, despois de sufrir un accidente no vapor “Miño”, en Xibraltar o 29 de marzo de 1856.
  1. Outro dos exvotos desaparecidos. Narraba o salvamento dun navío, no medio do temporal, pola invocación da Virxe, o 7 de xaneiro de 1858.
  1. Hallándose el buque de la Coruña (Juan de la Vega) el 15 de abril de 1875 al desembarque del Canal de la Mancha, sufriendo un temido temporal el capitán González Llañez invocó en aquellos instantes a la Virgen y calmó la tempestad”.

En torno a estos exvotos Manuel Lucas Alvarez publicaba no seu libro editado en 1951 que… “aún hay bastantes cuadros de exvotos, colgados por las paredes de la sacristía a modo de museo de recuerdos, en los que infantiles marinas figuran el salvamento de embarcaciones; infantiles he dicho y llevo razón, pictóricamente hablando: un barco en peligro, unos marineros despavoridos; un cielo amenazador frente a un mar enfurecido, y en lo alto la Virgen Santa iluminando la escena con la esperanza de una segura protección, pero tales marinas están llenas de la unción devota con que las mandó pintar el naufragado y salvado, y la emoción con que fué a depositar su exvoto a los pies de la celestial Señora”.
 
 
 
 
 

A FEIRA DA MADEIRA DE PASTORIZA


    Moito hai escrito sobre a Virxe de Pastoriza mais, se cadra, a publicación máis coñecida é "A Lenda da Pastoriza", unha obra publicada por Emilia Pardo Bazán no ano 1887 que axudou, en gran medida, a impulsar a devoción da Virxe que a insigne escritora coruñesa denominaba como a Montserrat galega.

  Moi grande é a devoción a este antiquísimo Santuario. A xente humilde da Coruña profésalle cariño especial; e sobre todo, as operarias da Fábrica de tabacos pérdense pola súa Virxe moi amada. Despois dos coruñeses seguen en veneración e afluencia ao Santuario, os habitantes de Betanzos e Pontedeume, da Mariña toda, da bravía comarca de Bergantiños, de Ferrol, Santa Marta e Cedeira; e desde que corre tren directo de Madrid á Coruña, o número de devotos reforzouse con moitos da provincia de Lugo e León, e ata coas persoas cortesás que van ás praias galegas e levan na memoria a fotografía da Virxe, o seu escapulario ou a súa medalla, escrevía a condesa de Pardo Bazán na devandita obra.

    Conta a lenda que a sagrada imaxe da Virxe estivo moito tempo oculta entre unhas rochas do monte do Castro para librala da posible profanación dos invasores... ata que un día atopouna, nun buraco existente debaixo dunha gran pedra, unha nena que andaba pastando o gando... lugar que a partir de aquel momento foi chamado "O berce da Virxe".

     Aínda que as romarías marianas xa tiveran un gran repunte a comezos do século XIX, a de Pastoriza tivo o seu pulo definitivo a partires de que dona Emilia Pardo Bazán promovera, xunto con Alvaro Torres de Taboada, a creación dun lugar de referencia no monte do Castro, asentando no Berce a estatua da Virxe feita de granito polo mestre canteiro de Ponteareas José Couto en 1887.

   Así mesmo a publicación do libro “A Lenda da Pastoriza” no mesmo ano, foi outro gran impulso para esta Romaría da parroquia arteixá, que se empezou a celebrar cada 29 de setembro, e que tivo gran devoción en toda a xeografía galega, principalmente entre as xentes do mar.

   Dende aquel entón, por ese lugar habían de pasar miles e miles de romeiros para se liberar do pecado, curar doenzas ou curarse de certas enfermidades, uns peregrinos que acudían, e seguen acudindo polo San Miguel a venerar a imaxe da Virxe e cumprir coa tradición de subir as escaleiras para chegar ata o Berce, onde fan o ritual de dar tres voltas ás pedras dos cadrís, tres a imaxe de pedra da Virxe e bicala, así como pasar por debaixo da pedra dolménica na que tantos anos estivera agochada a talla da Santa.

 

Pastoriza, anos 20-30 (Arquivo do Reino de Galicia)

   Naquela hora, en Pastoriza tamén tiña lugar unha das feiras máis importantes da comarca, a chamada Feira da Madeira, que se celebraba o 28 de setembro, véspera de San Miguel.

   Nuns tempos nos que os labregos do noso municipio traballaban arreo para vender os productos cultivados nas súas terras e encher as despensas da cidade da Coruña, era de obrigado cumprimento a renovación de utensilios e enseres propios da labranza, de aí a importancia da Feira da Madeira do San Miguel, lugar onde os nosos devanceiros mercaban os apeiros necesarios para o desenvolvemento do seu traballo no campo aos artesáns dos arredores que acudían a Pastoriza a ofrecer os seus productos, sendo de gran sona os Cesteiros da Comarca de Bergantiños, dos que era numerosa a súa presenza. Ofertaban cestos de todo tipo para a recollida das colleitas, así como múltiples obxectos feitos de vime. Outro dos oficios presentes eran os ferreiros, que traían os seus sachos, eixadas, forcadas...

   Topónimos como O Souto, A Fraga ou As Carballeiras facían alusión ao arborado autóctono existente naquela hora. Antes da plantación masiva de eucaliptos, os piñeiros e os castiñeiros daban de comer a moita xente, entre elas as piñeiras de Loureda, mulleres que recollían polos montes da parroquia as piñas que posteriormente vendían no Campo da Leña da Coruña e que se utilizaban para prender o lume nas cociñas de ferro dos domicilios herculinos.

   Dos denominados Pinos Reales obtiñan as piñas para secar e conseguir os piñóns que servían de adobo para facer as morcillas. Aínda non hai moito, houbo alguén que nos dixo “antes a leña era pan de comer”.

   A madeira de piñeiro dos nosos montes tronzábase en roldos e posteriormente transportábanse ata a Coruña para vender no Campo da Leña. Os tratantes de madeira que se encargaban de mercala para a súa posterior venda recibían o nome de “fragueiros”. Esta era outra das actividades que tamén se realizaban no San Miguel de Madeira, que parece ser que era como os vellos de antes denominaban a esta feira. 

 

Pastoriza, anos 20-30 (Arquivo do Reino de Galicia)

    Coa gran industrialización iniciada nos anos 60 en Sabón, dando pé á expropiación das terras de cultivo para a creación do Polígono, así como da Refinaría na zona de Meicende, foise erradicando a actividade agrícola que, ata aquel momento, foi o principal medio de vida dos habitantes da nosa contorna.

  Con todo, ata os anos 90 do século pasado, aínda era habitual ver polo San Miguel ao sr. Riobóo, veciño e ferreiro de Pastoriza, ofertar os seus artigos na praza do Santuario.

   A Feira da Madeira constituía unha gran xornada festiva para os labradores de Arteixo e dos concellos limítrofes que acudían en multitude… unha Feira da Madeira que foi referente na comarca durante décadas e que, dende a nosa humilde opinión, pensamos que é preciso pór en valor para recuperar esta parte do noso pasado máis recente!

2 comentarios:

  1. Hola Xabier, gustaríame saber en que zona de Pastoriza están ubicadas esas fotografías.

    ResponderEliminar
  2. Ola. Pois as tres primeiras no Berzo e a dos peregrinos dende a estrada que ven de Meicende

    ResponderEliminar