xoves, 19 de marzo de 2015

CRONICAS DE ARTEIXO: ARTEIXO NA XEOGRAFIA XERAL DO REINO DE GALIZA. EUG...


PARROQUIA DE SANTIAGO DE ARTEIXO, de ascenso.- Sita a orillas del Océano en la encañada central del valle. Es de suelo fértil, bañado por dos arroyuelos, uno de los cuales, el Bolaño, pasa a su O. Limita al N. con Oseiro; al E. con las filegresías de Morás y Loureda; al S. con las de Armentón, Lañas y Loureda, y al O. con el mar.

     Conforman la parroquia las aldeas de Baez, Baños, balneario y viviendas, Barral, Bayuca (en castellano Taberna), donde está la casa ayuntamiento y que tiene categoría de lugar, Campo, Candame, Catuxa, Figueiroa, Montepequeno, Outeiro, Pedras, Pedreira, Rañal y Sisto, y los grupos menores de Caldas, Cepo, Laxobre y Suso y edificios aislados, con 1.310 habitantes de hecho y 1.412 de derecho, repartidos en 385 edificios, de los que 201 son de un piso, 161 de dos, 2 de tres y 21 chozas o albergues.

     A unos 300 metros por la carretera hállase el balneario y en el valle que se abre a su frente se encuentra la Furna de San Xián, de que ya hemos hablado y que no dejan de visitar los bañistas. Ahora tan sólo diremos que la leyenda que con ella se relaciona y de que dimos cuenta, tiene alguna similitud con la de la Coba de Santa Catalina, de la isla de Sálvora, que dicen se abrió por permisión divina para librarla de sus perseguidores, como también se abrió el altar de Santiago en un monte de Padrón. Cuéntase que para conocer su profundidad se echó mano de un perro y una cabra, que asomaron la cabeza en Carreira (San Payo), en la costa N. de la ría de Arousa. Un gallo lanzado en su interior tuvo menos fortuna y no volvió a aparecer, víctima sin duda del misterio o de los...dientes de los zorros. A la Furna de San Xián no puede llegarse sino en bajamar, siendo peligroso hacerlo antes.

     La iglesia parroquial es una capilla que resulta muy reducida para el culto, siendo de imperiosa necesidad su reedificación y mejoramiento. Celebra fiesta de su santo patrón el 25 de Julio y la famosa romería de Santa Eufemia. El curato es presentación del Marqués de Camarasa.

     Tiene teléfono municipal y cartería, y el servicio de comunicaciones está bien atendido por las muchas líneas de automóviles de carrera que por allí circulan. Las escuelas nacionales son dos; es de alguna importancia el comercio, y hay excelentes casas de huéspedes y fondas de varias categorías suficientes para alojar el contingente de los que asisten en la época de baños. Existe una buena fuente pública en la carretera, en Bayuca.

     Su clima es excelente y sano y ventilado y esto hace al término inmejorable como estación de descanso y recreo y para recobro de la salud. Dista 11 kilómetros de la Coruña por carretera. De Arteixo sale un camino vecinal para Sorrizo, que tan sólo llega a Barrañán. El correo para todo el ayuntamiento se dirige por Arteixo.

                                                               Portada do libro

      El nombre de Arteixo quieren algunas imaginaciones fantásticas derivarlo de Artai o Artaigo, personaje que dicen existió en los tiempos fabulosos. Nuestro genial Vicetto (Historia de Galicia, tomo I, Ferrol, 1865), nos dice que tal hijo de Brigo estableció alli su gah o vivienda, llegando hasta a darnos los más íntimos detalles de la vida del héroe legendario. De tan fabuloso personaje hace descender la tribu de los artaigo, artabrigos o artabros, que poblaron este territorio hasta el cabo Finisterre.

     Más verosímil que esa derivación parece ser la de los que nos afirman que Arteixo significa caliente, por relación a sus baños, aun cuando no haya noticias de que fueran conocidos sino modernamente; pero pudiera suceder que, aun cuando olvidados, dejaran nombre a la localidad. De todos modos, hay quien cree poder arrancar el nombre del éuskaro Artz (oso) y aún lo enlaza con el de la parroquia llamada Oseiro.

     De tiempos prehistóricos hay en esta parroquia los castros de Arteixo y Figueiroa, que están próximos, hallándose el último contiguo a la aldea de su nombre y en las cercanías del mar.

     Fué dueña de la sinecura de esta parroquia la familia de los Andeiros, nobles vecinos de la ciudad de la Coruña.

     Entre los recuerdos históricos de Arteixo, el más importante es el de la época contemporánea, en que bajo pretexto de tomar sus baños para restablecer su salud, quebrantada por su encierro en el castillo de San Antón, de la Coruña, trasladose con una escolta, ganada de antemano, el general Porlier. Retrocedió de Arteixo para Pastoriza, que fué el punto de partida para el alzamiento constitucional del año 1815 (17 Septiembre) y que si triunfante en los primeros momentos, hizo abortar la traición a los pocos días, siendo sorprendido el caudillo en Ordenes (23 Septiembre) y pagando con su vida en la horca el 3 de Octubre de 1815, en la misma ciudad de la Coruña, sus ansias de redención.

     En esta feligresía hay un punto de vista admirable para dominar el valle en gran parte de su extensión. Es donde se halla el balneario. Vese desde aquí despejada la llanura hacia el N., frente a Alba, cuya playa platea a lo lejos; divísase el monte Castelo de Lañas, término de los de Barbeito y Angra, que separan Arteixo de Barrañán, como también se destacan perfectamente el picacho Subica, que es cual centinela del valle, y el elevado de Santa Leocadia.


martes, 17 de marzo de 2015

CRONICAS DE ARTEIXO: CRÓNICA NEGRA



O INCENDIO DO "NEW LANGHAM HOTEL" DE LONDRES


     O mércores 11 de maio de 1971, catro meses despois da separación dos Beatles, os informativos da BBC e os principais xornais británicos, ocupaban os seus respectivos espacios informando sobre o sinistro acontecido no día anterior nun hotel de Londres, sinistro no que falecerían oito persoas, catro delas galegas: os matrimonios formados por Francisco Martínez Fernandez e Dolores Albela Sierra, veciños de Mazaricos (A Coruña) e pais dunha nena de nove meses, e o formado por Manuel López Pombo e María del Carmen Aldao Lista (él de Arteixo e ela da Laracha), que eran pais de tres cativos de curta idade. As dúas parellas eran empregadas do New Langham Hotel, o lugar no que gañaban o pan traballando no seu servicio doméstico.

                                               La Voz de Galicia, 12 de maio de 1971

     Manuel López Pombo, de 35 anos, e María del Carmen Aldao Lista, uns dous anos máis nova que o seu home, vivían, antes de saír para a capital inglesa, en Lañas. Él era natural da Lagoa, parroquia de Sorrizo, e ela da de San Román, na Laracha, e emigraran a Londres dous anos antes do incendio deixando en Arteixo aos seus tres fillos: María Azucena, de 7 anos; Juan Manuel, de 4, e Fernando, de 2. Os dous primeiros deixáranos na Lagoa ao cuidado da súa bisavoa na casa na que, naquel intre, vivían o pai de Manuel López (Augusto López Costa, de 60 anos) e seis irmáns deste. O terceiro fillo do matrimonio, Fernando, quedara ao cuidado dunha señora de Arteixo.

     Os cónxuxes escribían con frecuencia á casa dos seus familiares, e na última carta, recibida na Lagoa, informaban que cambiaran de vivenda en Londres e que, a partir de entón, lles escribiran á nova dirección, que non era precisamente a do hotel no que tristemente falecerían, xa que vivían en domicilio aparte. Manuel e a súa dona foran a Inglaterra co obxecto de aforrar a suma necesaria para construir unha casa en Arteixo que, naquela hora, xa estaba moi adiantada grazas aos xiros frecuentes á Caixa de Aforros que foran enviando durante os dous anos na emigración. 

     Manuel, que quedara orfo de nai sendo pequeno, era o maior de oito irmáns. Con anterioridade a súa marcha a Londres, traballara nunhas obras en Sabón, cunha empresa particular na que, cando se produxo o incendio no hotel, traballaban dous irmáns seus.

                                              Manuel e María del Carmen en Londres

     Unha semana despois do sinistro, Jack Candlish, inspector xefe de Scotland Yard, informaba que o incendio fora provocado e que principiara no piso baixo do inmoble, lugar donde o causante do mesmo barrufara, cunha sustancia inflamable, gran parte do cuarto destinado a gardar mobles e utensilios do hotel.  Despois de que o criminal prendera lume, as lapas rapidamente se extenderon polo resto do andar e, subindo pola vella escaleira de madeira, non tardaría en chegar aos pisos superiores. Dada a antigüidade do edificio e os materiais facilmente inflamables que contiña, o lume extenderíase de forma incontible en poucos minutos sen dar opción a salvarse aos que durmían naquel intre nos pisos altos do hotel, entre eles Francisco, Dolores, Manuel e María del Carmen, os catro galegos mortos no incendio.





    


mércores, 11 de marzo de 2015

CRONICAS DE ARTEIXO: VOLFRAMIO


O VOLFRAMIO EN ARTEIXO

      Principio este reportaxe lembrando a figura de Adolfo Vázquez Veira, "Adolfo de Tiso", falecido este pasado domingo 8 de marzo e que tantas historias me contou do noso concello, entre elas as do volframio. D.E.P.

      Durante os anos II Guerra Mundial, a actividade mineira en Arteixo, aínda que nunca chegaría a atinxir a importancia doutras zonas da Galiza, foi bastante notábel. Nestes anos, onde os nosos devanceiros sofrían as penurias da posguerra e na que a  febre do volframio  tamén chegaría ao noso concello, 400 persoas traballaron directamente nas minas que aquí se exploraron, ás que hai que sumar furtivos e contrabandistas, que tamén tiveron a súa oportunidade para faceren negocio, aínda que o garda civil "Cadenas" facía todo o posíbel para impedilo (algúns familiares dos furtivos aínda se lembran da maldade e das tundas deste garda civil). Para gañaren máis, os mineiros roubaban mineral nas minas (para vendelo fora) e outros acudían aos montes, cos seus propios medios, para extraer o volframio que despois vendían no mercado negro. Esta práctica era coñecida como "ir á roubeta". Adolfo Vázquez Veira, que daquela tiña 12 ou 13 anos, lembrábase perfectamente de cando se armacenaba no alpendre da súa casa o volframio da "roubeta" e tamén me ten falado que nos primeiros anos da década de 1940, os "facultativos mineiros", coma seica lle chamaban os máis vellos, mandaron remexer moitos ferrados de terra. Na procura do ouro negro, perforaban montes e leiras que posteriormente voltaban a tapar se non aparecía o mineral, feito que provocaba o enfado dos propietarios xa que moitos deles perdían as súas colleitas.

                                  Imaxe do ano 2012 de Adolfo Vázquez e un servidor



     En Arteixo fóronse descubrindo unha serie de pequenas exploracións de escaso valor, tomadas por separado, mais con importancia potencial no seu conxunto. As de maior interese, encontraríanse no Monte Barbeito. En 1940, recoñécense superficialmente os filóns e, aos poucos, principian os labores iniciais nas concesións "La Rosa, "Cor" e "Rodeo" (unhas minas que serían as máis traballadas do concello), instalando o lavadoiro de minerais e postos. Todos estes depósitos mineiros serían traballados de forma moi rudimentaria, mediante a abertura de gabias, facendo labores artesanais no interior da mina, moendo e peneirando o mineral. Os obreiros e viciños non souberon nunca a importancia que tiña para os nazis o mineral que extraían. Non imaxinaban que os tanques do Africa Korps, que o mariscal Rommel comandaba no deserto do Exipto, estaban reforzados co volframio de Arteixo.

      En 1944, os norteamericanos ameazaban con represalias comerciais a Franco para que España deixase de enviar volframio a Berlín. O ditador español, que xa intuía que a Alemaña ía perder a Guerra, xogando a cabalo gañador, aseguraba a Washington que non voltaría a facer fretes para Hitler. Porén, nas minas galegas continuábase a traballar duro porque o ministro do Comercio, Demetrio Carceller, organizaba envíos clandestinos nos portos de Vigo e Valarés. As ameazas dos Estados Unidos ao rexime franquista non tería o efecto esperado polo que os americanos, dado que os alemáns continuaban recibindo volframio, utilizarían dous métodos para dificultar o abastecemento do mineral galego a Hitler. O primeiro, foi o embargo petrolífero a España nese mesmo ano 44 e o segundo, consistiu en comprar no mercado libre todo o volframio disponíbel, o que provocaría que o prezo se multiplicase por máis de dez. Esta operación sería unha auténtica aplicación práctica e bastante exitosa da táctica do pau e cenoria.

                                    Cuadrilla de mineiros no Monte Barbeito nos anos 40

     A do tamén chamado ouro negro, foi unha exploración intensa mais breve no tempo xa que deixaría de interesar en 1945, no final da II Guerra Mundial e, aínda que voltaría a repontar coa Guerra de Corea (1951-1953), nunca o faría coa mesma intensidade que nos anos cuarenta. No conflito bélico coreano, os americanos virían a ser os compradores do mineral e os vendedores xa estaban máis estructurados. Nesa altura, o grupo asturiano Fierro foi quen liderou este novo proceso, mais cumpre lembrar que entre os anos 1939 e 1953, a Galiza atinxiu o 69% da produción de volframio en España.

     En Arteixo, a Guerra de Corea reanima a minería da zona, polo que as exploracións do concello sofren un novo impulso. Nestes primeiros anos cincuenta, retómanse os traballos sobre os filóns do Monte Barbeito, comezando as exploracións do interior da mina, unha mina que nesa altura contaba cun cadro de persoal duns 200 obreiros e na que no interior traballaban dous turnos de oito horas, facendo un avanzo aproximado de 0,5 metros diarios por medio de barrenas manuais. Á parte das do Barbeito, outras concesións de interese no noso concello foron "Caxigalmes" e "Fuente Santa" en Sobico; "Olguita" en Barrañán; "Elida" en Loureda; "Elenita" en Uxes; "La Perdida" en Morás e, "Lunes" en Vilarrodís. Tamén foron importantes as extraccións realizadas na zona onde hoxe está o Restaurante Valcovo e outras pola zona de Figueiroa, a carón das instalacións da empresa madereira Vázquez Rey S.L. No final da Guerra de Corea, as diferentes concesións existentes en Arteixo irían fechando aos poucos, morrendo así a febre do volframio, do que aínda quedan historias pendentes por contar en Crónicas de Arteixo coma, entre outras, a do avión nazi que viu caer Adolfo de Tiso en 1942 (tiña 12 anos) nas augas de Suevos. Mais esta queda para outro día!

                                 Mineiros na Ponte do Va nos anos 50 (Adolfo é o do botixo)



FONTES:

Adolfo Vázquez Veira

O mar de Arteixo e os seus naufraxios. Xabier Maceiras






domingo, 8 de marzo de 2015