xoves, 27 de xuño de 2019

HEMEROTECA

EL HERALDO GALLEGO: ÓRGANO DE LAS COLECTIVIDADES GALLEGAS EN EL PLATA.
(3 de xaneiro de 1932)

luns, 17 de xuño de 2019

PROTECCIÓN CIVIL

Chega o verán, chega o bo tempo e con él, agardando que o amigo Lourenzo cumpra cada día como é debido, os nosos areais recibirán a milleiros de usuarias e usuarios que, como cada ano, terán en cada praia a un grupo de socorristas dispostos a cumprir co seu traballo de vixianza e socorro, traballo que, por certo, iniciaron onte 37 socorristas, 4 ATS e 4 patróns de embarcación, equipo ao que se sumarán non vindeiros días 8 persoas máis.

Desde sempre, as nosas praias foron moi perigosas por mor da súa situación e orientación cara o mar. Barrañán, Alba ou Sabón, antano bastante menos frecuentadas que na actualidade, especialmente Alba e Sabón, eran lugares donde morrían afogada xente con certa frecuencia. Foi aí, a finais dos anos setenta, cando un grupo de veciños de Arteixo (non digo nomes por medo a esquecerme de alguén) chega á conclusión de que era preciso que se vixiara e se tratara de axudar ás e aos bañistas das nosas praias. Abofé que o farían. Sen pensalo moito e, por riba, sen ser un grupo organizado, puxéronse a facer Salvamento e Socorrismo cos seus propios medios: cunha zodiac prestada e sen posibilidade de comunicación entre eles. Corría o verán de 1978 e aquel grupo de heroes convertíase no pioneiro, no primeiro no noso Concello e, probablemente, un dos primeiros que principiaron esta tarefa humanitaria en toda a xeografía galega.

     En 1986, a raíz da entrada en vigor da Lei 7/1985, reguladora das bases do réxime local, que establecía no seu artigo 26 c. a obligatoriedade de ter un servicio de protección civil nos concellos de poboación superior a 20.000 habitantes, crearíase o Grupo de Voluntarios de Protección Civil de Arteixo.

     Nos anos noventa, concretamente en 1998, os voluntarios convertiríanse en socorristas profesionais durante os tres meses de verán...eran os tempos doutros socorristas, os de Mitch Buchannon e os de C.J. (Pamela Anderson)...si, si, xa sabedes, os de "Los vigilantes de la playa"...que tempos!

Bo verán!
Imaxe dos anos 90 de Protección Civil de Arteixo

sábado, 15 de xuño de 2019

PATOS DE GOMA

Hoxe atopei, no Areal Pequeno do Rañal, un de esos patos de goma cos que xogan os cativos na hora do baño. Cousa ben curiosa, pois hai uns meses o amigo Roberto Castro, propietario da Libraría Sisargas da Coruña, recomendoume a lectura do libro La vuelta al mundo en un forro polar, da autoría do escritor alemán Wolfgang Korn, recomendación que levaría a cabo.

¿De onde ven a tea da camiseta que levas posta? ¿Quen a coseu e en que circunstancias? ¿Onde se fabricou o bolígrafo que tes enriba da mesa?...normalmente, non nos facemos este tipo de preguntas nin somos moi conscientes de onde e como se elaboraron os prodtos que utilizamos a diario. Pois ben, neste traballo de Wolfgang Korn atopamos resposta a estas preguntas. 

Korn tamén narra historias coma a dos patos de goma, na que conta como en xaneiro de 1992, no transcurso dunha tempestade, un cargueiro perdeu varios contenedores no medio do Pacífico. Un deles abriuse e 29.000 patos, tartarugas e rás de goma saíron despedidos á superficie do océano. A maior parte deles foron á deriva cara o sur e quedaron varados nas costas indonesias e sudamericanas. Mais uns 10.000 patos e rás avanzaron cara o norte, cruzaron o mar de Bering e entraron en augas árticas.

Pato de goma no Areal Pequeno do Rañal
Posteriormente, arredor de 1.995, quedaron aprisionados no xeo, para ser liberados seis anos despois preto de Groenlandia e empurrados no medio do Atlántico. Daquela, a corrente do Golfo recolleunos e arrastrounos ata Gran Bretaña e a península ibérica. Estos animais de goma insomerxibles poden recoñecerse porque levan impresas as palabras First Years e Wolfgang Korn conta que a persoa que atopa un pode informar do achado a Curtis Ebbesmeyer, investigador americano de ciencias do mar. Para él, os patos son boias de investigación que lle saen gratis xa que os seus percorridos revelan moita información acerca das correntes mariñas. Curtis Ebbesmeyer creou na Internet un sitio especial para achados en praias (http://beachcombersalert.org/), unha páxina que non só informa sobre os patos de goma, senón tamén sobre outros obxectos arrastrados polo mar, como madeiras de formas curiosas, globos de cristal ou ovos do misterioso paxaro elefante. 

E ben, chegados a este punto, seguro que vos preguntaredes se o pato que atopei hoxe no Areal Pequeno leva impresas as palabras First Years, verdade? Pois nada, xa volo conto outro día!

sábado, 1 de xuño de 2019

O CRIME DE SUEVOS


  "En las primeras horas de la mañana de ayer, las vendedoras de leche y legumbres venidas de Pastoriza y lugares inmediatos, fueron portadoras de una noticia sensacional, que pronto se propagó por La Coruña, llegando a conocimiento del público con caracteres de hecho vandálico, en el que concurrían circunstancias verdaderamente extraordinarias.
     Un matrimonio avecindado en la parroquia de Suevos, del término municipal de Arteijo, había sido asesinado, en un camino, cuando en unión de un criado suyo regresaba a su casa, a las once de la noche.
     Los asesinos habían sido seis hombres enmascarados, que saliéndoles al camino, habían acuchillado al marido y aplastado la cabeza a la mujer, de modo horrible.
     El criado tambien había sido herido de una cuchillada, pero no fallecería, como sus amos.
     El móvil del horrible asesinato decíase que había sido el robo. El matrimonio tan vilmente muerto, regresaba de hacer la venta de una finca, y traía en su poder unas veinte mil pesetas.
     Tratábase, pues, según el rumor público, de un robo en cuadrilla, perpetrado de noche, en un lugar distante dos kilómetros de los caseríos de Suevos y Pastoriza.
     La noticia causó en La Coruña una impresión escalofriante, mezclada de pena y de indignación.
     Lo que a las puertas de La Coruña pudiese campar por sus respetos una cuadrilla de salteadores de caminos, ponía los cabellos de punta a quienes oían el relato espeluznante del crimen alevoso.
     En un principio hubo en las informaciones una gran confusión de nombres, y aunque las personas propaladoras de la noticia señalaban que una de las víctimas, el marido, se apellidaba del Río, no determinaban suficientemente la persona de quien se trataba, por lo cual hiciéronse cábalas y suposiciones durante todo el día.
     Enterado de lo ocurrido por un propio que al efecto vino a esta capital, el celoso juez de instrucción D. Hilario Núñez de Cepeda, acompañado del escribano habilitado Sr. Troche, salió a las diez de la mañana para el lugar del suceso, haciéndose cargo de las diligencias que durante la noche habían instruído el juez municipal de Arteijo, Sr. Llamazares y el secretario don Ramiro Mosquera, practicando, además, personalmente, cuantas le sugirió su celo para la incoación del sumario.
     De estas diligencias y de las manifestaciones que hemos oído de labios de algunos vecinos de Suevos, Pastoriza y Arteijo, resulta que los asaltados por la banda de malhechores, eran D. Bernardo del Río Buch, su esposa doña Carmen Rita Fernández Martínez, y su criado Manuel Folgar y Folgar.
     El matrimonio del Río, que es propietario de extensas fincas rústicas y de algunas casas situadas en el denominado Pazo de Suevos, vivían en una de las últimas, la mejor, con sus hijitos, una niña de cuatro años y un niño de tres, con el padre de la esposa del Sr. del Río, D. Antonio Fernández, ex portero de la delegación de Hacienda de esta provincia, y en la actualidad administrador de fincas, y con su tío, el Sr. Buch, a quien todos hemos conocido como afilador, en los soportales de la Marina de esta capital.
     Don Bernardo del Río, es ingeniero industrial, y hombre de sólida ilustración. Residió durante algún tiempo en La Coruña, donde contrajo matrimonio con doña Carmen Rita Fernández, que como su marido, era dueña de una regular fortuna consistente en casas y bienes en esta capital, Arteijo y Carballo.
     De su labor técnica durante su residencia en esta ciudad, recordamos un proyecto que en unión de otro ingeniero suscribió y ha presentado al Ayuntamiento coruñés para una fábrica de producción de gas del alumbrado.
     Gozó siempre lo mismo en esta capital que en Arteijo de merecidas consideraciones respectos y afectos por su caballerosidad y corrección".

                               La Voz de Galicia, 20.3.1920


     Pasaron case cen anos e a lembranza dun dos asasinatos máis crueis da comarca é case inexistente. En Suevos vivía unha familia adiñeirada nos anos 20. Mais a súa folgada vida viuse truncada polo asasinato da muller Rita Fernández, a mans do seu home. Os ingredentes que poden verse en calquera telenovela acontecen nesta historia negra, na que o criado axudaría ao seu señor a golpear até a morte á muller.  

Só unha rúa, a do Pazo, deixa intuir que antano no núcleo de Suevos residía unha familia con capacidade para ter un casarío deslumbrante, do que hoxe non queda practicamente nada. O suceso protagonízao Bernardo del Río Buch, o Señorito de Suevos, e o seu criado, Manuel Folgar (de alcume Graíño), entrada a noite do 18 de marzo de 1920.

Rúa do Pazo. Suevos
    Bernardo era fillo do tenente coronel do exército, don Bernardo del Río, e de dona Avelina Buch, señora de gran fortuna e a quen o seu fillo debía o acrecemento da súa propia riqueza e a súa carreira, feita en Barcelona e completada en Alemaña. O Señorito, que casara en 1915 con Carmen Rita Ferández, estaba destinado no Catastro da Coruña, cargo ao que renunciara ao morrer a súa nai.

     Durante os cinco anos que levaban casados, as discusións entre marido e muller eran frecuentes. Os celos e o forte caracter dela batían coa debilidade polas faldas del.

     Aquela tarde do 18 de marzo de 1920 decidiran dar un paseo no carruaxe e visitar uns amigos en Arteixo. Nunha sociedade na que a igualdade non existía nin por asomo, non é de extrañar atopar alusións ao "histerismo" de Rita causado polos seus incesante celos. Con todo, o sosego reinara durante a tarde e despois de visitar a uns amigos, entre eles a D. Jovitas Marnotes e Josefa, a irmán deste, e ao alcalde Toribio Salvadores, ao anoitecer emprenden o camiño de volta.

     Camiñando cara o seu domicilio, tras deixar gardado o carruaxe no lugar de Bordeiras, na tenda de Benjamín González (tíñano que deixar alí porque o camiño a Suevos era largo, empinado, pedregoso, tortuoso e incómodo), según as versións de Bernardo del Río e do seu criado, seis encapuchados asaltáranos coa intención de roubarlles, maniatando ao Señorito e golpeando á muller, que berraba pedindo auxilio.

     Mais esta só foi a primeira versión. A presión do xuíz e do fiscal fixo que Del Río e o seu criado terminasen por rectificar e contar unha historia ben distinta e que lles levaría á cadea. 

Manuel Folgar, o criado, retractaríase toda vez que Del Río terminou por acusalo a él directamente. Nas tres versións, a tarde principia do mesmo xeito. Un día sen moito que facer, deciden ir a visitar a uns amigos, casas ás que lles conduciría Folgar.

La Voz de Galicia, 21 de marzo de 1920
     Todo acontece do mesmo xeito até o camiño de Bordeiras a Suevos para percorrer os últimos metros até o seu domicilio a pé.

     Agora, a historia dos seis asaltantes enmascarados desaparece e as versións que dan os dous imputados varían lixeiramente.

     Nas casas que visitaron, señores e criado compartiron viño e licores, aínda que según o relato de Folgar, él era abstemio. Ao chegar ao punto marcado pola traxedia, a muller empezou a increpar ao conductor porque o carruaxe non ía recto.

     Éste respondeulle e comezaron a intercambiarse insultos. Ela deulle unha labazada para intentar que calase a boca. Lonxe diso, Folgar continuou dando voces, ao igual que Rita Fernández. Foi aí cando o criado "con descuido y sin intención de causar daño" colleu unha pedra e lanzouna, según se pode ler na transcripción do seu testemuño, gardada a recado no Arquivo do Reino.

     A mala sorte fixo que a pedra golpease á muller na cabeza, o que lle causaría a morte. Para o seu abogado, o delito cometido por Folgar foi de lesións graves. Mais este relato non explicaría as nove feridas na cabeza que o forense chegou a contar, tres delas mortais.

     Del Río, incidiría na discusión entre os dous. Tamén en que o criado colleu unha pedra e lanzouna contra a víctima. A partir de aquí, a narración deste inxenieiro engade que intentou evitar o tráxico final e que recibiu do seu criado un empurrón de tal virulencia que o deixou aturdido. Folgar collería varias pedras para rematar despois coa vida da muller do Señorito cunha gran crueldade.

Restos do Pazo de Suevos
Nese intre, o pánico apoderaríase dos dous e o criado proponlle a Del Río atarlle as mans e inventarse a historia dos seis atacantes.

     A documentación recolle incluso as discusións e os celos que Carmen Rita Fernández tiña do seu home. Os ataques de histeria e o medo que lle daba o criado e que incluso a levaría a abandonar nalgunha ocasión a súa casa de Suevos para ir á dunha amiga na Coruña.

     O xuízo remataría con comentarios moi desfavorables da opinión pública xa que se contaba cunha pena maior. Ao parecer, seica algúns membros do xurado popular recibiron algún que outro agasallo, feitos que nunca se poideron demostrar.

Imaxe actual do muro do Pazo
     Finalmente, o xulgado condearía aos dous homes a quince anos de cadea, mais só cumpriron oito porque foron indultados. O 14 de setembro de 1928, Folgar abandonaba a cadea de Cartagena, e Del Río, a de San Miguel de los Reyes, un Señorito que pouco despois emigraría a Buenos Aires onde o agardaba a que fora súa amante, Pilar Alba Lamas (pertencía a familia Alba que pasaba os veráns no Pazo de Figueiroa), que no momento de cometerse o crime daba clases particulares na parroquia de Suevos.