Chega o verán, chega o bo tempo e con él, agardando que o amigo
Lourenzo cumpra cada día como é debido, os nosos areais recibirán a
milleiros de usuarias e usuarios que, como cada ano, terán en cada praia a un grupo
de socorristas dispostos a cumprir co seu traballo de vixianza e
socorro, traballo que, por certo, iniciaron onte 37 socorristas, 4 ATS e 4 patróns de embarcación, equipo ao que se sumarán non vindeiros días 8 persoas máis.
Desde sempre, as nosas praias foron moi perigosas por mor da súa
situación e orientación cara o mar. Barrañán, Alba ou Sabón, antano
bastante menos frecuentadas que na actualidade, especialmente Alba e Sabón, eran lugares donde morrían afogada xente con certa frecuencia. Foi aí, a finais dos anos
setenta, cando un grupo de veciños de Arteixo (non digo nomes por medo a
esquecerme de alguén) chega á conclusión de que era preciso que se
vixiara e se tratara de axudar ás e aos bañistas das nosas praias. Abofé
que o farían. Sen pensalo moito e, por riba, sen ser un grupo
organizado, puxéronse a facer Salvamento e Socorrismo cos seus propios
medios: cunha zodiac prestada e sen posibilidade de comunicación entre
eles. Corría o verán de 1978 e aquel grupo de heroes convertíase no
pioneiro, no primeiro no noso Concello e, probablemente, un dos
primeiros que principiaron esta tarefa humanitaria en toda a xeografía galega.
En 1986, a raíz da entrada en vigor da Lei 7/1985, reguladora das
bases do réxime local, que establecía no seu artigo 26 c. a
obligatoriedade de ter un servicio de protección civil nos concellos de
poboación superior a 20.000 habitantes, crearíase o Grupo de Voluntarios
de Protección Civil de Arteixo.
Nos anos noventa, concretamente en 1998, os voluntarios
convertiríanse en socorristas profesionais durante os tres meses de
verán...eran os tempos doutros socorristas, os de Mitch Buchannon e os
de C.J. (Pamela Anderson)...si, si, xa sabedes, os de "Los vigilantes de
la playa"...que tempos!
Bo verán!
Imaxe dos anos 90 de Protección Civil de Arteixo |
Ningún comentario:
Publicar un comentario