venres, 29 de setembro de 2023

A ROMARÍA DO SAN MIGUEL E A FEIRA DA MADEIRA DE PASTORIZA

 Moito hai escrito sobre a Virxe de Pastoriza mais, se cadra, a publicación máis coñecida é La leyenda de la Pastoriza, unha obra publicada por Emilia Pardo Bazán no ano 1887 que axudou, en gran medida, a impulsar a devoción da santa arteixá que a insigne escritora coruñesa denominaba como a Montserrat galega.

   Conta a lenda que a sagrada imaxe da santa estivo moito tempo oculta entre uns penedos do monte do Castro para librala da posible profanación dos invasores, ata que un día unha rapaciña que andaba pastando as vacas viu unhas luces no lugar e avisou os veciños. Remexeron entre as pedras e atoparon a imaxe dunha muller que de inmediato identificaron coa Virxe que tantos anos levaba agochada. Ao lugar do achado chámanlle desde aquel día "O berce da Virxe", que está xusto encol dun antigo dolmen derrubado. 

     Aínda que as romarías marianas xa tiveran unha gran repunta a comezos do século XIX, a de Pastoriza tivo o seu pulo definitivo a partires de que dona Emilia Pardo Bazán promovese, xunto con Álvaro Torres de Taboada, a creación dun lugar de referencia no monte do Castro, asentando no Berce a estatua da Virxe feita de granito polo mestre canteiro de Ponteareas José Couto en 1887. 

Arquivo do Reino de Galicia

   A estatua da Virxe e a publicación do libro La leyenda de la Pastoriza foron sen dúbida ningunha o grande impulso para a romaría do San Miguel, que se empezou a celebrar nesta parroquia arteixá cada 29 de setembro e que ía ter gran devoción en toda a xeografía galega, principalmente entre as xentes do mar.

   Dende aquel entón por ese lugar habían de pasar miles e miles de romeiros para se liberar do pecado, curar doenzas ou curar de certas enfermidades. Uns peregrinos que acudían, e seguen acudindo, polo San Miguel a venerar a imaxe da Virxe de Pastoriza e cumprir coa tradición de subir as escaleiras para chegar ata o Berce, onde fan o ritual de daren tres voltas ás pedras dos cadrís, tres a imaxe de pedra da Virxe e bicala, así como pasar por debaixo da pedra dolménica na que tantos anos estivera agochada a talla da santa.

Arquivo do Reino de Galicia

   Naquela hora, en Pastoriza tamén tiña lugar unha das feiras máis importantes da comarca, a chamada Feira da Madeira, que se celebraba o 28 de setembro, véspera de San Miguel, e os luns de Pascua. Nuns tempos nos que os labregos do noso municipio traballaban arreo para vender os produtos cultivados nas súas terras, que enchían as despensas da cidade da Coruña, era de obrigado cumprimento a renovación de utensilios e apeiros propios da labranza, de aí a importancia da Feira da Madeira do San Miguel.

Pastoriza na primeira metade do século XX (Arquivo do Reino de Galicia)

  Na antedita feira, os nosos devanceiros mercábanlles os apeiros necesarios para o desenvolvemento do seu traballo no campo aos artesáns que acudían a Pastoriza a ofreceren os seus produtos, sendo de gran sona os cesteiros da comarca de Bergantiños, dos que era numerosa a súa presenza. Ofertaban cestos de todo tipo, así como múltiples obxectos feitos de vime. Outro dos oficios presentes eran os ferreiros, que traían os seus sachos, eixadas, forcadas...

   Topónimos como O Souto, A Fraga ou As Carballeiras facían alusión ao arborado autóctono existente naquela hora. Antes da plantación masiva de eucaliptos, os piñeiros e os castiñeiros dábanlle de comer a moita xente, entre elas as piñeiras de Loureda, mulleres que recollían polos montes da parroquia as piñas que posteriormente vendían no Campo da Leña da Coruña e que se utilizaban para prender o lume nas cociñas de ferro dos domicilios herculinos. Daqueles tempos data o seguinte cantar:

As de Loureda,

polas esquinas,

van preguntando

¿quen quere pinas?

   Dos denominados "Pinos Reales" obtiñan as piñas para secar e conseguir os piñóns que servían de adobo para facer as morcillas. Aínda non hai moito, houbo alguén que nos dixo “antes a leña era pan de comer”.

Pastoriza na primeira metade do século XX (Arquivo do Reino de Galicia)

   A madeira de piñeiro dos nosos montes tronzábase en roldos e posteriormente transportábanse ata A Coruña para vender no Campo da Leña. Os tratantes de madeira que se encargaban de mercala para a súa posterior venda recibían o nome de “fragueiros”. Esta era outra das actividades que tamén se realizaban no San Miguel de Madeira, que parece ser que era como os vellos de antes denominaban a esta feira. A memoria de Geluca Naya, nacida en Pastoriza en 1932, garda moitas anécdotas vividas nos tempos nos que súa nai Lola rexentaba unha taberna nesta parroquia.

   "O día da Madeira nós xa non íamos á cama. Mira, San Miguel era o 29 e o día da Madeira era o 28, pero os artesáns xa viñan o 27. Eran da parte de Soandres e de Santa Margarita de Montemaior e traían cestos, paxes, arados de pau... Deixaban todo no campo e despois viñan para a nosa casa. E estaban toda a noite con refeighadas e reñían en condicións. Eu pasaba o tempo con eles. Cantaban refeighadas desas de...

Soliño da miña vida,

prenda do meu paladare,

si non imos para hoxe

mañán vimos aquí a xantare.

...unha cousa así, e o outro contestáballe. Tamén recordo que unha vez reñeron alí a mazo unha noite, pero cantando con regheifas, por unha parexa de bois. Algunha faena lle fixera un ao outro... fuches comprar aqueles bois e fixeches esto e o outro contestáballe que non fora así... reñían, pero con regheifas. Eu pasábaoo moi ben, moi ben".

Ti non te apures

que ti aínda non marchas aghora

porque ti non marchas de aquí

sen comer na Casa Lola.

Ana Mosquera, nada en Pastoriza en 1951, recorda que "a festa da madeira do 28 de setembro era algo que nos encantaba... é que ademais miña avoa, a nai de miña nai, era de Soandres e desa zona eran moitos dos que vendían aquí os paxes, os cestos, os mangos para as ferramentas, as caínzas, os fungueiros dos carros... Todo iso estendíase polo que era o campo de Pastoriza, que abarcaba a zona na que actualmente está o Mesón de Pastoriza. A Feira da Madeira celebrábase o 28 de setembro e tamén o luns de Pascua, había dúas feiras da madeira".

Coa grande industrialización iniciada nos anos 60 en Sabón, dando pé á expropiación das terras de cultivo para a creación do polígono, así como da refinería na zona de Meicende, foise erradicando a actividade agrícola que, ata aquel momento, foi o principal medio de vida dos habitantes da nosa contorna.

  Con todo, ata os anos 90 do século pasado, aínda era habitual ver polo San Miguel ao señor Riobóo, veciño e ferreiro de Pastoriza, ofertar os seus artigos na praza do Santuario. Hoxe, o único que se conserva da Feira da Madeira son algúns recordos que os veciños e veciñas de certa idade manteñen vivos na súa memoria.

(Este texto é un dos 50 capítulos lo libro Crónicas de Arteixo III

  

domingo, 24 de setembro de 2023

ROMARÍA DOS REMEDIOS DE ANZOBRE DE 1959

  Tal día coma hoxe, o 24 de setembro de 1959, no Pazo de Anzobre celebrábase a Romaría dos Remedios, unhas festas que estiveran animadas pola orquestra dos irmáns Mallo de Feáns e os irmáns Pita. 

  Como recordo daquel día de hai 64 anos, nas Crónicas de Arteixo desta semana compartimos este marabilloso cartel que apareceu hai unhas semanas na portada da páxina web de Galiciana e que nos pasou o amigo Chema Rei Lema, sempre xeneroso cun servidor con este tipo de tesouriños.


sábado, 16 de setembro de 2023

A SANTA EUFEMIA E OS CHORÍNS

  Se tes trinta e moitos ou corenta e tantos anos, é probable que recordes o sabor ácido das aspirinas infantís e a súa textura terrosa, semellante á das larpeiradas de picapica. A sensación era interesante para os padais inexpertos: a máis de un había que esconderlle ben alta a caixa para que non a atacara nun descuido de seus pais. Os médicos daquela altura aconsellábanas como antipirético e analxésico para case todo, e empezar coas aspirinas adultas (primeiro disoltas, logo tragadas enteiras nunha proba de valentía) era un auténtico rito de paso.

A multinacional farmaceútica Bayer, que foi quen patentou o devandito fármaco, empezaría a vender a Aspirina en 1899, nunha época na que as persoas da nosa contorna que padecían a cotío de xaquecas ou migrañas acudían a Arteixo á romaría da Santa Eufemia, avogosa dos que sofren "males estraños" dentro da súa cabeza. 

Igrexa parroquial de Santiago de Arteixo, lugar onde se celebra a romaría de Santa Eufemia

    As crenzas e a tradición dábanse cita alí cada 16 de setembro. Quen acudía a rezarlle á Santa facíao normalmente para se sandar de pequenos ou grandes dores, mais tamén había romeiros, moitas e moitos deles da parte de Ferrol, que viñan para librarse do demo que dicían levar dentro. Precisamente, de Ferrol eran os devotos que sufriron o terrible sinistro marítimo acontecido o 17 de setembro de 1865. Facéndose eco desta desgracia, o xornal La Esperanza de Madrid publicaba a seguinte información:

"Ferrol.- Ayer tarde ha ocurrido un desastre lamentable. Una lancha procedente de la Coruña, que volvía llena de personas que habían pasado el día en la feria de Pastoriza y Santa Eufemia, por efecto de la densa niebla chocó contra una roca en Peña Moa y quedó destrozada, pereciendo cuarenta personas y salvándose cinco. Fue imposible auxiliarlos".

    Aqueles romeiros que acudían á Santa Eufemia eran coñecidos coma "choríns" e sometíanse a curiosos rituais de exorcismo por parte do sacristán de turno. 

Artigo do xornal El Heraldo do 25 de setembro de 1845

   A operación consistía en facer tragar o "chorín", un amuleto que saía despois das entrañas da persoa posuída xunto co suposto "inimigo". A cura completábase saíndo en procesión debaixo da imaxe da Santa. No capítulo “En Santa Eufemia. Los enemigos”, que forma parte do libro Antoloxía das Confidencias de Picadillo, que publicamos no 2018, Manuel Puga “Picadillo” descríbenos nun artigo publicado en setembro de 1906 unha daquelas prácticas relixiosas do seguinte xeito:

(…) Ya allí, en el atrio de la iglesia, desnudeme (moralmente, por supuesto) de mi hábito de campesino y de romero, y cubriéndome con las vestiduras de periodista requerí lápiz y cuartillas y entré en la iglesia dispuesto a tomar notas y enterarme de todo lo que acontecía.

Y, ¡qué casualidad! En aquel momento se sometía a la maravillosa cura a una americana del sur, endemoniada desde su regreso al terruño que la vio nacer. Ocupábase el extractor del maligno ser en hacerle beber un boliche a la poseída.

Ella apartaba la cabeza, con asco, de la espumosa bebida y tras una pausa volvía él a ofrecerle el líquido y ella a rechazarlo de nuevo. Después de varias tentativas y sin inmutarse exclamó con voz pausada y acento completamente uruguayo:

El anamijo no quier jraciosa, ¿sabe?” Entonces, cambiando de procedimiento, el encargado de las extracciones separó el boliche de labios de la endiablada y le hizo tragar un no sé qué, en el cual iban envueltas medallas y amuletos que llevaban la misión de aprisionar al demonio y hacerlo salir al exterior.

Ahorita, ahorita va”, decía la pobre mujer entre terribles náuseas. Y en efecto, el enemigo dicen que salió entre un manojo de pelos que el señor aquel le extrajo de la boca, mezclados con la medalla y demás con que la infeliz americana se había desayunado momentos antes.

Crentes e escépticos dábanse (e danse) cita en Arteixo nesta celebración, que non podía rematar sen buscar un trevo de catro follas no atrio da igrexa, o que garantía a boa sorte para todo o ano.


FONTES:

LÓPEZ VIÑÁN, LUZ (?): A Santa Eufemia, relato publicado no Boletín Informativo Municipal.

MACEIRAS RODRÍGUEZ, XABIER (2018): Antoloxía das Confidencias de Picadillo, Autoedición.


sábado, 9 de setembro de 2023

A PARROQUIA DE LARÍN NO DICIONARIO XEOGRÁFICO DE SEBASTIÁN MIÑANO (1826-1829)

  O Diccionario geográfico-estadístico de España y Portugal é unha magna obra composta por once volumes que foi publicada por Sebastián Miñano y Bedoya entre 1826 e 1829.

   Malia que no seu momento tivo certas críticas como a do xeógrafo Fermín Caballero, quen lle reprochou a Miñano que as principais fontes de información seguían sendo, como en tempos de Felipe II, os cregos, a obra ten unha importancia extraordinaria xa que nos ofrece unha completa visión de como era o noso país naquela época.

   Ante as recriminacións de Caballero, Miñano defendeuse dicindo, en alusión aos curas párrocos, que… “á cada uno de los cuales he escrito separadamente, pidiéndoles nociones ciertas y positivas de sus respectivos pueblos y de los inmediatos”, cregos aos que Miñano agradeceu a súa axuda, o mesmo que ao director da Real Academia da Historia, Martín Fernández de Navarrete, e ao censor Juan Agustín Ceán Bermúdez.

   Estas son as referencias á parroquia de Larín que aparecen no devandito dicionario:


LARÍN (SAN ESTEBAN DE),

Aldea Secular de España en Galicia, provincia de la Coruña, jurisdicción de Anzobre, arzobispado de Santiago. Juez Ordinario, 79 vecinos, 353 habitantes, 1 parroquia compuesta de las aldeas de Vigo, Iglesario, Groba de Arriba, Groba de Abajo, Piñeiro, Anido, Casas Novas, Bons, Mirón, Lameira, Paradela, Coque, Chamusqueira, Rúa, Pedra, Fraga, Payosaco y Larín, que es la misma que da nombre a esta feligresía; una ermita.

Ermida de San Roque

La figura de esta parroquia es un triángulo irregular, y está situada entre varios montes. Confina por N.O. y N. con la de San Pedro de Armentón, por N.E. con la de Santa María de Lañas, por E. con la de Santa María de Erboedo, por S.E. con la de San Julián de Coiro, por S. y S.O. con la de San Martín de Lestón, y por O. con la de Santo Tomé de Monteagudo. Dista 2 leguas ½ de la Coruña, 7 largas de Santiago, 5 de Betanzos, 3 ¼ de Malpica y una de Cayón. Comprende ¼ de legua de N. a S. y ½ de E. a O. con 1620 ferrados de tierra labrantía. El clima es templado, y hay una abundancia regular de aguas.

La atraviesa de N. E. a S. O. el camino real que desde la Coruña dirige al puente Lumián y puertos de Corcubión, Cee, Finisterre y Muros. Igualmente la atraviesa de N. a S. otro camino que antes de abrirse la carretera daba paso para la Coruña, pasando por las parroquias de Lañas, Arteijo, Oseiro y puente llamado del Broso, que es de buena arquitectura. Tambien se separa de dicha carretera real otro camino que de N. a S. atraviesa la parroquia con dirección a la de San Julián de Coiro y ciudad de Santiago. De las aguas que nacen en la mayor parte de su término, se forma un riachuelo que corre con dirección al N.O. y desemboca en el Océano, entre las parroquias de San Julián de Barrañán y Santa Eulalia de Chamín. Tambien la baña otro pequeño riachuelo que corre de N.E. a S.O., y se introduce en la parroquia de San Julián de Coiro, a unirse al río grande que va a Carballo, y compone parte del Allones. Esta parroquia y la citada de Armentón componen el coto llamado de Anzobre, cuya jurisdicción fue del señor conde de Jimonde, y en ambas conocen a prevención el juez de Bergantiños y alcalde mayor de la Coruña. Produce 675 fanegas de trigo, 975 de maiz, 15 de centeno, 15 de cebada, 75 de habas, 7 ½ de avena y 1600 arrobas de patatas. Hay bastante arbolado, y su industria consiste en 8 molinos de agua, 1 batán, 4 telares y una fábrica de teja. Contribución 2000 reales de frutos civiles, 900 de encabezado, 120 de utensilios, 230 de camino, 10 de octavilla, 30 de comercio, 50 de diputado general y 42 de procurador de provincia.

domingo, 3 de setembro de 2023

CONTOS E LENDAS DA COSTA DE OSEIRO

  Son moitas as anécdotas que hai en torno á pendente do chamado “camiño vello”, especialmente na parte costenta do percorrido que vai dende O Seixedo, na parroquia de Oseiro, ata A Choupana, en Pastoriza. 

 Subindo, á altura de Oseiro, seica ata o mesmo Picadillo (1874-1918) pedía unha “axudiña” aos veciños da parroquia para empurrar a súa carruaxe pois, segundo conta a lenda, o cabalo deste gran (nunca mellor dito) persoeiro ás veces parábase en seco negándose a subir a costa. Os máis de 200 quilos que chegou a pesar o seu amo eran escusa dabondo para a decisión do pobre animal. Dada a retranca de Picadillo, que se ría da súa propia sombra, é doado imaxinar aqueles momentos.

 

Imaxe actual de Oseiro. A casa que ten a fachada pintada de branco foi construida en 1873

    José Riveiro Ferrín, nado en Oseiro en 1948, conta en 12 Leiras, o documental sobre as expropiacións para o Polígono de Sabón que realizamos Xosé Antón Bocixa e un servidor (podes ver 12 Leiras aquí: https://www.youtube.com/watch?v=ji29ZwUwJis) que por esta vía... “a finais dos anos 1800 viñan as carruaxes desde Corcubión ata A Coruña traendo os pasaxeiros a máis tamén os sacos da correspondencia, o correo. Viñan con seis cabalos, que facían o cambio en Vimianzo, en Baio e en Carballo e despois, desde Carballo á Coruña, xa o facían cos mesmos cabalos. Seica os cocheiros, cando as xentes do punto de partida lles pedían encargos que non requirían ningún custe económico, facían o favor sen problema. Pero cando lles encargaban artigos ou calquera cousa que había que comprar, á volta a xente preguntáballes:

-¿Pero non me trouxeches o encargo da Coruña que che mandei?

-Non... é que os encargos sen diñeiro quedan na costa de Oseiro!

Por iso este lugar era moi coñecido na parte de Bergantiños, nesa comarca este lugar era coñecido como “A Costa.”, recordaba José Riveiro Ferrín.

    Precisamente, un dos pasaxeiros destas carruaxes nomeadas por Ferrín que circulaban con frecuencia por Oseiro era na que viaxaba habitualmente o poeta Eduardo Pondal (1835-1917). Nunha destas viaxes dende as súas terras de Bergantiños ata a cidade da Coruña, atravesando o municipio arteixán e subindo a dura costa de Oseiro, onde de seguro que lle botou uns grolos de auga na fonte do Abade, o bardo bergantiñán homenaxearía ás leiteiras de Meicende cuns versos publicados en abril de 1900, primeiro na “Revista Gallega” e días despois en “El Eco de Galicia” da Habana e en “El Eco de Galicia” de Bos Aires. O poema, titulado “Vindo de Bergantiños”, di así:

Vindo de Bergantiños,

triste e convalecente,

pasei p´olo medio a medio

de Meicende garrida canto breve,

e batida decote

do seco e frío nordeste.

 

Erguendo a fenestrela

do coche, con voz deble

p´ola fatiga e tremante,

lle dixen. “Boa Meicende,

venturosa, garrida,

na tú(a) doce pendente,

cando as túas rapazas

leven á Cruña o leite,

dille que o leven bo,

ben limpo e ben pracente,

para dar forza ao bardo de Brigandsia,

que rendido se sente”.

    E que me decides da baixada? Na actualidade, se circulamos co noso coche por esta zona, temos que ir practicamente todo o percorrido A Choupana-O Seixedo pisando o freo. Naqueles tempos, nos que os camiños non eran os de hoxe, a costa pina si que era a mesma. Nestas Crónicas de Arteixo xa vos teño falado dalgún accidente como o daquel ciclista que se esnafrou cun cabalo en Oseiro, noticia publicada no xornal El Lucense: diario católico de la tarde na súa edición do 21 de xuño de 1897:

(…) el Sr. D. Felipe Altadill salió anteayer mañana a las cinco montando una máquina Opel a recorrer la carretera. La desconocía en gran parte, y al llegar a Oseiro, media legua distante de Arteijo, se dejó ir cuesta abajo, por no apreciar bien la pronunciadísima pendiente que allí existe. Parece que hasta llevaba puestos los piés en el descanso. En el centro de la cuesta había parado un caballo y contra él fué a chocar la máquina. El Sr. Altadill fué lanzado a bastante distancia quedando sin sentido. La bicicleta quedó destrozada. Las dos ruedas se hicieron dos ochos, y casi se deshizo el cuadro. Unos aldeanos recogieron al señor Altadill y lo llevaron a una casa próxima, prestándole los primeros auxilios”.

   Ese cabalo parado no centro da costa de Oseiro, ¿sería o de Picadillo? Con Picadillo todo era posible, abofé!

 

Imaxe actual da costa de Oseiro

    Outro accidente producido na nomeada baixada é este que publicamos deseguido, sinistro do que se facía eco La Voz de Galicia na primeira páxina na edición do 20 de maio de 1900:

UN VUELCO
El escaso interés, y más que nada la marcada indiferencia que se observa en la correción de tantas infracciones como a diario se cometen de lo reglamentando para la vigilancia y policía de carreteras, es causa de que por parte de los conductores de carros del país se dé lugar a accidentes que, si muchas veces no llegan a producir funestas consecuencias, es debido verdaderamente á milagro.
Ejemplo de esto es lo ocurrido anteanoche al coche correo de Corcubión, La Lealtad.
Imaxe de La Lealtad
Completamente lleno de viajeros, bajaba este vehículo la empinada cuesta de Oseiro, conducido por el mayoral Pedro Mesiego, alias Castellano.
En el lugar de la Choupana, trozo más fuerte de la pendiente, cuando con la plancha puesta y el freno apretado costaba gran trabajo contener el tiro, aparecieron de pronto atravesados en medio de la vía dos carros, que cargados de tablas caminaban en dirección opuesta. Ni la proximidad del carruaje, ni la consideración de que éste no podía detenerse, dado lo rápido de la pendiente, y de que un accidente cualquiera podría ocasionar no pocas desgracias, hicieron que se alterase lo más mínimo la cachaza de los carreteros, ni que procurasen desviarse para dejar paso al coche. 
Fonte da Choupana. Á esquerda, panorámica actual da baixada cara Oseiro
El choque era inminente. Comprendiéndolo así el mayoral, y haciéndose cargo del peligro que corrían los viajeros, hizo cuartear el tiro y que el vehículo volcase sobre una tapia situada a un lado de la carretera.
Pocos metros más abajo el coche se hubiese hecho astillas.
La maniobra intentada por el mayoral resultó tan felizmente llevada a cabo como éste se proponía.
El coche quedó tumbado sobre el muro, sufriendo sólo algunas abolladuras y la rotura de los vidrios de las ventanillas.
Entre tanto los viajeros, con el susto consiguiente, salían del vehículo volcado, los carreteros culpables del accidente prosiguieron imperturbables su camino, sin siquiera cuidarse de prestar auxilio a aquellos.
Llámanse dichos sujetos Marcelino y José Esmorís, y ambos son vecinos de Laracha.
A los pocos momentos de ocurrir el vuelco se presentó en el lugar del suceso el inspector de la empresa La Lealtad, Sr. Rojo Soto, disponiendo que los viajeros fuesen alojados y atendidos en su casa de Pastoriza, mientras tanto se enviaba a buscar otro carruaje, al cual se transbordasen aquellos con la correspondencia y equipajes. 
Andrés Rojo Soto (Foto do libro "Alcaldes de Arteixo 1836-1998" da autoría de Manuel Blanco Rey)
Antes de la una de la madrugada se hizo el transbordo, e inmediatamente reanudaron los viajeros su interrumpida marcha, sin que afortunadamente hubiera ocurrido otro contratiempo de mayor importancia.
Este suceso sugiérenos el deseo de que por quien corresponda se corrijan severamente los abusos e infracciones a que venimos refiriéndonos, impidiendo que los carros del país se sitúen en medio de las carreteras y queden así durante toda la noche, mientras sus conductores duermen a pierna suelta en cualquier taberna; que la carga sobresalga más de lo regular a ambos lados de dichos carros y que estos marchen a voluntad de los bueyes, abandonados muchas veces por sus dueños, que no se cuidan de lo que en la carretera pueda ocurrir.
Si estos y otros abusos se evitan, desaparecerá casi en absoluto el peligro que para los carruajes de ciertas dimensiones ofrece el tránsito por nuestras carreteras.

   Se consultamos a hemeroteca é doado atopar outras informacións sobre sinistros producidos nesta época na costa de Oseiro, algúns como triste protagonista a empresa de carruaxes La Lealtad, da que sabemos que se constituira nos últimos anos do século XIX con capital aportado por comerciantes e empresarios da Coruña e das vilas polas que pasaba a vía que unía a Costa da Morte coa capital provincial, entre eles o que foi banqueiro de Corcubión, Manuel Miñones Barros, en 1899.

    Estas antigas dilixencias efectuaban o traxecto A Coruña-Corcubión nunhas 10 a 12 horas. Entre tanto, poucos anos despois chegaron os vehículos a motor creándose en 1908 na Coruña a empresa Automóviles coruñeses, unha compañía de transportes que tiña por obxecto cubrir o percorrido que efectuaban as carruaxes de La Lealtad, por unha estrada que, comezada a construirse en 1850, á altura de 1910 continuaba sen completarse, orixinando moitos problemas a veciños e pasaxeiros... algúns, como podedes imaxinar, na costa de Oseiro. Prometo falar deles noutra ocasión!


FONTES:

Lamela, Luis (2017): Un siglo de transporte por carretera, La Voz de Galicia, 21 de marzo.