domingo, 28 de decembro de 2014

CRONICAS DE ARTEIXO: Relatos de Xabier Maceiras

 MAN, O ALEMÁN DE CAMELLE      Era o 12 de maio de 1976. Faltábanme só oito días para cumprir seis anos. Daquela pasaba case todo o día c...

martes, 23 de decembro de 2014

CRONICAS DE ARTEIXO: Muíños

MUÍÑOS DA PARROQUIA DE SANTIAGO DE ARTEIXO



     O Catastro da Ensenada de 1752 foi un permenorizado rexistro de habitantes, propiedades, edificios, gandería, oficios e outra serie de bens que ordeou realizar o rei Fernando IV nos quince mil lugares da Coroa de Castela co obxetivo de establecer un único imposto, un cobro que non se levou a cabo por mor do forte rexeitamento da nobreza.

     O inventario deste Catastro realizado na parroquia de Santiago de Arteixo recolle un total de dez muíños: un deles estaba no Rañal, que era propiedade dun tal Juan de Orxeira (veciño de Herves, Carral). En Caldas había dous, e pertencían a Joseph Sánchez de Taibo. Os sete restantes estaban no lugar de Candame, cinco dos cales eran de Manuel García, Antonio Torreiro, Euxenio de Boedo, Jacobo López Muñiz e Francisco Rodriguez de Ulloa. Os outros dous eran propiedade dos herculinos convento de Santo Domingo e á fábrica de Santa María do Campo.

     Dous séculos despois, os muíños do Rañal, de Caldas, do Pedregal, o de Laxobre, e o do Carmelito eran os únicos nos que se podía moer na parroquia...mais pouco a pouco, aproximadamente pola década dos setenta, irían pechando as súas portas e hoxe xa só quedan deles os contos que os nosos maiores gardan na súa memoria, contos como o dos muíños do Rañal ou do Pedregal que a continuación comparto con vós.

     As instalacións do Rañal (na actualidade aínda se pode ver algo deste edificio) albergaban no seu interior dous muíños. Un deles era propiedade da coñecida como casa dos de Bastón e o outro da casa dos da Leiteira, familias que tiveron o privilexio de ter luz nas súas vivendas catro anos antes de que esta chegase ao resto da aldea do Rañal, no ano 1958, grazas a un xenerador instalado no muíño que lles permitía ter corrente eléctrica. Estas instalacións abrirían un abanico de posibilidades na aldea. De feito, un dos antigos propietarios dun dos muíños, o coñecido como o Tío Antón da Leiteira, foi a primeira persoa do Rañal en ter radio.

                                           Os muíños do Rañal na actualidade

      Republicano, poñía a todo volume Radio Pirenaica, unha emisora creada a instancias de Dolores Ibárruri, La Pasionaria, que principiou a emitir no ano 1941 desde Moscú como unha vía de información do Partido Comunista. Pese á represión da época, o Tío Antón nunca tería problemas pola súa ideoloxía, seguramente, grazas a súa amizade co secretario municipal.

     Trinta anos antes de que as familias dos de Bastón e dos da Leiteira tiveran electricidade nas súas vivendas do Rañal, nos muíños do Pedregal dábase o primeiro paso para a electrificación da vila de Arteixo, electrificación que non se completaría ata os anos cincuenta. Este histórico feito recollíao o xornal La Voz de Galicia na súa edición do 22 de xullo de 1925 onde, con motivo das festas patronais da vila, informaba que ...aparte de otros números nuevos y atrayentes, habrá una novedad de las más gratas para el pueblo: la colocación de la primera piedra para la instalación de la fábrica de electricidad, que tan necesaria es aquí, y que se instala a base del salto de agua de los molinos del Pedregal.

                                           Os antigos muíños do Pedregal

      Na actualidade, seguindo co tema da electricidade, vivimos a carón de múltiples liñas de alta tensión que saen desa empresa que ten unha enorme cheminea e que di que ten apelido galego, que está instalada en Sabón, moi perto onde outro muíño, neste caso eólico, xenera parte da enerxía que necesita Inditex para fabricar as prendas que logo reparte por todo o planeta. Pois a uns poucos metros destes lugares, no remate do paseo fluvial, segue estando o edificio dos muíños do Rañal...eso sí, pedindo a berros unha profunda rehabilitación das instalacións e do seu entorno e, sendo testemuña dos continuos verquidos ao río Bolaños.




luns, 15 de decembro de 2014

CRONICAS DE ARTEIXO: Casos e Cousas

CRONICAS DE ARTEIXO: Casos e Cousas:

A MORTE DE LESLIE HOWARD, UN DOS PROTAGONISTAS DE "FOISE CO VENTO" ("LO QUE ELVIENTO SE LLEVÓ"), NO CABO ORTEGAL

      O clásico "Foise co vento" ("Lo que el viento se llevó" para os casteláns falantes) cumpre hoxe, 15 de decembro de 2014, 75 anos desde a súa estrea, o 15 de decembro de 1939, en Atlanta (EE UU), unha cita coa gran pantalla que puxo o broche de ouro aos anos de turtuosa producción dunha das rodaxes máis ambiciosas do cinema norteamericano.

     Na actualidade, o filme forma parte da cultura popular, con frases icónicas que repiten incluso quenes nunca se sentaron a ver as catro horas que dura esta historia de amor imposible entre Scarlett O´Hara (Vivien Leigh) e Rhett Butler (Clarck Gable) nos albores da Guerra de Secesión dos Estados Unidos, frases como "A Deus poño por testemuña que nunca máis pasarei fame"; "Francamente querida, impórtame un bledo" ou, "Despois de todo, mañán será outro día".

      Pois neste 75 aniversario do clásico americano, quérovos contar unha historia dun dos actores da película: Leslie Howard, que falecería nas augas galegas, só 4 anos despois.

     O 1 de xuño de 1943, en plena II Guerra Mundial, unha patrulla de avións nazis Junkers-88 atacaba o voo 777 da KLM e derrubaba, ao norte do Cabo Ortegal (moi preto de Cedeira), o avión DC3 "Ibis", falecendo os catro membros da tripulación e os trece pasaxeiros que viaxaban nel. O curioso deste sinistro é que un destes trece pasaxeiros era unha das estrelas cinematográficas do Hollywood dourados dos anos trinta e principios dos cuarenta: o galán británico Leslie Howard, quen sempre será lembrado polo seu papel de Ashley Wilkes, o grande amor de Scarlett O´Hara en "Gone with the wind". Mais Leslie Howard non só era un dos galáns e dos actores máis cotizados da época. Fortemente comprometido coa causa dos aliados, Howard colaboraba, naquela hora, activamente no programa"Britania fálavos" da BBC, antes que os Estados Unidos entrasen en guerra, e cando Hitler estreitou o cerco sobre Inglaterra. O famoso actor decidira regresar a Londres onde, perante a incapacidade de alistarse no frente, entrégase totalmente a unha campaña de propaganda para convencer aos norteamericanos de que debían intervir en Europa, para frear o avanzo do nazismo. Nunha das súas misións como axente da Foreign Office (os servizos británicos de intelixencia), Leslie viaxa a España en abril de 1943 para, segundo a versión oficial, dar unha conferencia sobre "Hamlet" no instituto británico de Madrid. Mais o motivo real da visita, era outro ben distinto. Tiña que lle facer chegar a Franco unha mensaxe de Churchill, na que se comunicaba que se España non entraba na II Guerra Mundial para apoiar a Hitler, os aliados non se vingarían no futuro.

     O pretexto que Howard empregaría para se achegar a Franco (o ditador español desconfiaba do embaixador británico, Samuel Hoare, pois era amigo persoal do Conde de Barcelona) era a súa intención de encarnar a Cristobal Colón nun filme, e estaba previsto que o contacto fose a actriz donostiarra Conchita Montenegro, moi vinculada coa Falanxe (era a moza de Ricardo Gimenez Arnau, un alto cargo franquista) e con quen Howard mantivera un idilio durante a incursión en Hollywood da actriz vasca.

     Cumprida a misión, no día 1 de xuño, o actor-espía británico apañaba un avión civil no aeroporto lisboeta da Portela, que debía levalo até o o aeródromo de Whitechurch (Inglaterra). Mais logo, despois de descolar, unha escuadrilla de Junkers-88 nazis atacou o voo do "Ibis" onde viaxaba o actor inglés, caindo o avión perto do Cabo Ortegal.

      Durante moitos anos mantívose a hipótese, de que os alemáns pensaban que nese voo ía o primeiro ministro británico Winston Churchil, mais esta tese sería descartada definitivamente cando en 1984 o fillo de Howard, o tamén actor Ronald Howard, recompilou nunha biografía do seu pai documentos que probaban que o ataque estaba dirixido directamente contra un dos protagonistas de "Foise co vento".

     No lugar da Capelada, moi próximo do Santuario de Santo André de Teixido, hai un cartaz e un monumento en forma de hélice que nos lembra o acontecido neste incidente aéreo. Leslie Howard fora de morto a onde nunca fora de vivo. O vento levárao a Galiza.

                                          Cartaz de Leslie Howard na Capelada





FONTES:

-O mar de Arteixo e os seus naufraxios; Xabier Maceiras






sábado, 13 de decembro de 2014

CRONICAS DE ARTEIXO: Muíños

      O muiño hidráulico foi, durante séculos, a máquina máis perfecta e cotizada no rural galego pola súa funcionalidade, rendibilidade e e...

sábado, 6 de decembro de 2014

CRONICAS DE ARTEIXO: Hostalaría

CRONICAS DE ARTEIXO: Hostalaría: O "CAFÉ BERÁN" DA BAIUCA      A finais do século XIX, Maximino Rodriguez González abandonaba a súa parroquia natal de San Breix...

sábado, 29 de novembro de 2014

CRONICAS DE ARTEIXO: Historia do Concello

CRONICAS DE ARTEIXO: Historia do Concello: O PALEOLÍTICO      O  paleolítico é o período máis antigo da historia da humanidade, que se sitúa cronoloxicamente desde o momento da ap...

sábado, 22 de novembro de 2014

CRONICAS DE ARTEIXO: Flora e Fauna

 O ENCORO DO ROXEDOIRO      No Catastro da Ensenada de 1752 aparece a seguinte información: "...en el Coto de Oseiro no hay minas,...

sábado, 15 de novembro de 2014

CRONICAS DE ARTEIXO: Etnografía

CRONICAS DE ARTEIXO: Etnografía: O CARRO      O carro do país xa está practicamente desaparecido mais, durante séculos, cumpriu unha función fundamental para o desenvolvem...



sábado, 8 de novembro de 2014

CRONICAS DE ARTEIXO: Educación e Ensino

CRONICAS DE ARTEIXO: Educación e Ensino: DAS ESCOLAS UNITARIAS DAS PARROQUIAS AO CARRERO BLANCO      A construcción do colexio Carrero Blanco (hoxe Ponte dos Brozos) significou no...

venres, 7 de novembro de 2014

CRONICAS DE ARTEIXO: Toponimia do litoral de Arteixo

A ERMIDA (RAÑAL)

     Até hai ben pouco tempo, o golfe (as algas que o mar deixa nas beiras dos areais) era utilizado polos veciños da contorna para abonar as leiras. Era como un agasallo caído do ceo. Mais a recollida era unha tarefa dura e, de cando en vez, perigosa. Dependendo das mareas, ás veces había que madrugar moito para acadar os mellores lugares de carga, polo que había que amañar ás presas o carro de bois, as ferramentas para a recollida e os paxes de vime para carrear. Cando o carro estaba cheo, levábase ás leiras e, unha vez alí, aquel ouro verde e amarelo había que esparexelo ben na terra.

                                           A Ermida

      Nun caixón do moble aparador que Kiko de Pichel e Maruja de Bastón (o matrimonio, xa falecidos, que vivía a carón da miña casa) tiñan no comedor do seu domicilio, Kiko gardaba como un tesouro, unha folla dun antigo xornal herculino do 22 de novembro de 1929 onde saía a morte da súa nai. O contido daquel tesouro era o seguinte:


  ...Emilia, naquel novembro do ano 29, recollía no golfe na Ermida para abonar as terras onde, no mes de nadal, había que prantar as patacas de cedo.

                                           A Ermida e A Aguieira






domingo, 2 de novembro de 2014

CRONICAS DE ARTEIXO: Deportes

CRONICAS DE ARTEIXO: Deportes: O VOO SEN MOTOR      O voo sen motor (tamén coñecido como voo a vela), é un deporte aéreo que consiste en pilotar un veleiro ou planeado...

CRONICAS DE ARTEIXO: Toponimia do litoral de Arteixo

PASEO POLO LITORAL ARTEIXÁN DE SORRIZO A SUEVOS     



Con este percurso, que iniciamos dos lindes co Concello da Laracha até os lindes do da Coruña, prténdese dignificar os principais top...

Un paseo polo onte e hoxe de Arteixo

                                                 Avenida de Fisterra (zona Don Agro)




venres, 31 de outubro de 2014

CRONICAS DE ARTEIXO: Crónica Negra

CRONICAS DE ARTEIXO: Crónica Negra: O CRIME DE SUEVOS         "En las primeras horas de la mañana de ayer, las vendedoras de leche y legumbres venidas de Pastoriza y l...

mércores, 29 de outubro de 2014

sábado, 25 de outubro de 2014

CRONICAS DE ARTEIXO: Baleas

CRONICAS DE ARTEIXO: Baleas: A BALEA QUE VAROU EN BARRAÑÁN EN 1957      Hoxe vou a falarvos dunha balea que varou en Barrañán en 1957 e da que o veciño de Sorrizo, A...

venres, 24 de outubro de 2014

CRONICAS DE ARTEIXO: Arquitectura Popular

CRONICAS DE ARTEIXO: Arquitectura Popular: OS POMBAIS DE ARTEIXO                                                                                  Daquelas que cantan ás pombas i ás...

CRONICAS DE ARTEIXO: Arquitectura Relixiosa

 O SANTUARIO DE PASTORIZA      Basándose en varios datos históricos, trazáronse en torno ao Santuario de Pastoriza numerosas c...

sábado, 11 de outubro de 2014

CRONICAS DE ARTEIXO: Casos e Cousas

CRONICAS DE ARTEIXO: Casos e Cousas: OS PATOS DE GOMA      Hoxe atopei, no Areal Pequeno do Rañal, un desos patos de goma cos que xogan os cativos na hora do baño. Cousa ben c...

martes, 7 de outubro de 2014

CRONICAS DE ARTEIXO: Toponimia do litoral de Arteixo

A FURNA DO TRIEL (SUEVOS)



     Capital da antiga rexión do Paletinado, na actualidade Renania-Paletinado (Rheinland-Pfalz en alemán), e do viño de Mosela, a cidade de Tréveris (Trier no idioma teutón) conserva, do seu pasado esplendor en épocas do imperio romano fundamentalmente tres monumentos: a Porta Nigra, as Termas e o Anfiteatro.

     A partir de 1818 hai que engadirlle un cuarto "monumento" a Tréveris: o nacemento na cidade de Karl Marx, profeta do materialismo, que tamén cursaría, na urbe da que estamos a falar, os estudos propios dun cativo da alta clase media.

     É en Tréveris onde, por mor dun longo encadeamento de fatalidades, catorce séculos antes de que nacera Marx, foi morrer un extraordinario mozo galego chamado Prisciliano, ao que acusaran falsamente de herexía e de crimes sexuais.

     Chegados a este punto, seguro que vos preguntaredes que ten que ver Tréveris (insisto, Trier en alemán) coa toponimia de Arteixo. Pois ben, en xullo de 1902 o vapor alemán Trier, que zarpara de Bremen para facer singradura cara á Habana e Veracruz, embarrancaba nos illotes da Gaianda de Suevos, lugar ao que acudirían varios remolcadores para tratar de sacar ao navío das rochas nas que quedara encaixado. Mais non houbera maneira. Fixérase de todo para retiralo do seu "niño" (tedes toda a información en O mar de Arteixo e os seus naufraxios): descargar parte das mercadorías en gabarras para alixeirar o peso do buque; outros xéneros, coas presas, eran tirados ao mar que as correntes deixaban nunha furna próxima, que viña sendo a furna da que estamos a falar e que hoxe é coñecida co nome do Triel (co lóxico variante, por mor do paso dos anos, do "r" polo "l"); dinamitar as rochas...mais nada axudaría e o Trier finalmente sairía da Gaianda en anacos.

     Ás 12 da mañá do 12 de setembro de 1902, o Trier poñíase en leilán polo consulado alemán na Coruña, sendo o seu prezo de saída 25.000 pesetas. Había 49 persoas presentes, moitas delas axentes de negocios de Bilbao, Cádiz e Vigo, mais finalmente adxudicaríase o vapor, como mellor postor, a José Teijeiro, veciño de Sta. Marta de Ortigueira, polo valor de 110.500 pesetas, un Teijeiro que poucos días despois principiaba o desmantelamento do Trier.





 

mércores, 1 de outubro de 2014

CRONICAS DE ARTEIXO: Virxe de Pastoriza

CRONICAS DE ARTEIXO: Virxe de Pastoriza: O SAN MIGUEL          Moito hai escrito sobre a Virxe de Pastoriza mais, se cadra, a publicación máis coñecida é "La Leyenda de la Pa...

luns, 29 de setembro de 2014

CRONICAS DE ARTEIXO: Volframio

CRONICAS DE ARTEIXO: Volframio: FRANCO E OS NAZIS      O volframio é, de todos os metais, o mineral que ten o punto de fusión máis elevado: 3400º C, punto de fusión que x...

sábado, 27 de setembro de 2014

CRONICAS DE ARTEIXO: Utensilios artesanais e Actividades en desuso

CRONICAS DE ARTEIXO: Utensilios artesanais e Actividades en desuso: O POTE      Recipente de ferro fundido, con panza esférica, tres patas e boca cilíndrica unida por dúas asas que serven para suspendelo na...

CRONICAS DE ARTEIXO: Balneario

CRONICAS DE ARTEIXO: Balneario: OS INICIOS DOS BAÑOS DE ARTEIXO ==============================      A primeira constancia documental que hai sobre o Balneario arteixán d...