venres, 7 de novembro de 2014

CRONICAS DE ARTEIXO: Toponimia do litoral de Arteixo

A ERMIDA (RAÑAL)

     Até hai ben pouco tempo, o golfe (as algas que o mar deixa nas beiras dos areais) era utilizado polos veciños da contorna para abonar as leiras. Era como un agasallo caído do ceo. Mais a recollida era unha tarefa dura e, de cando en vez, perigosa. Dependendo das mareas, ás veces había que madrugar moito para acadar os mellores lugares de carga, polo que había que amañar ás presas o carro de bois, as ferramentas para a recollida e os paxes de vime para carrear. Cando o carro estaba cheo, levábase ás leiras e, unha vez alí, aquel ouro verde e amarelo había que esparexelo ben na terra.

                                           A Ermida

      Nun caixón do moble aparador que Kiko de Pichel e Maruja de Bastón (o matrimonio, xa falecidos, que vivía a carón da miña casa) tiñan no comedor do seu domicilio, Kiko gardaba como un tesouro, unha folla dun antigo xornal herculino do 22 de novembro de 1929 onde saía a morte da súa nai. O contido daquel tesouro era o seguinte:


  ...Emilia, naquel novembro do ano 29, recollía no golfe na Ermida para abonar as terras onde, no mes de nadal, había que prantar as patacas de cedo.

                                           A Ermida e A Aguieira






Ningún comentario:

Publicar un comentario