A. & J. SALGUEIRO, A FÁBRICA DE CONSERVAS DO RAÑAL
![]() |
Imaxe dos anos 90 da conserveira |
![]() |
Traballadoras da conserveira comendo a carón do río |
![]() |
Imaxe dos primeiros anos 70 traballando na conserveira |
![]() |
Tubería da conserveira do Rañal no areal de Alba |
![]() |
A conserveira pouco antes de ser derrubada |
AS PRIMEIRAS TELEVISIÓNS E A TENDA DE RADISGAL
![]() |
Publicidade de xullo de 1970 |
![]() |
Publicidade de xullo de 1969 |
FONTES:
-FRAGA, XAN. "Crónicas de Carballo". A.C. Lumieira. Carballo, 2004.
AS PRIMEIRAS FARMACIAS DA VILA DE ARTEIXO
![]() |
A antiga botica da Baiuca |
![]() |
O farmaceutico Llamazares |
Horacio Fernández quedara víuvo en 1929, con 32 anos, da súa muller Gregoria Calvete, unha zaragozana a quen coñecera cando ambos impartían docencia na localidade de Cariño. O matrimonio tiña catro fillas: Marianela, Alicia, Gloria e Gregoria, rapazas ás que Horacio sacaría adiante con moito sacrificio. A maior, Marianela, faría a carreira de farmacia e, despois de que o seu pai lle comprara a licencia á viuda de Llamazares, estaría ao fronte da botica desde os derradeiros anos corenta ata os primeiros sesenta. Gregoria, a máis nova das catro, vivía con Marianela na Baiuca, e tamén iniciara a carreira de farmacia mais, cando ía polo 3º ano, tivera que abandonala, uns estudos que retomaría posteriormente aínda que finalmente licenciaríase en maxisterio. As outras dúas irmás, Gloria e Alicia, só viñan a Arteixo polo verán xa que pasaban o ano en Madrid facendo as carreiras de mediciña e de odontoloxía.
A botica estaba no baixo do edificio e unha vez rematada a carreira Alicia, unha das primeiras odontólogas galegas, montaría unha clínica dental no primeiro piso. Na casa tamén estaba Milucha do Tato, que traballaba como empregada doméstica, mais Marianela e Gregoria tratábana como si fora da familia.
Estamos xa nos sesenta, anos no que chega a Arteixo, concretamente en 1961, Teodomiro Santos Blanco, un mozo que nacera en Noia en 1929 mais que pasara media vida en Pontevedra. Aquel mozo, que hoxe vai camiño das 87 primaveras, contábame hai uns días, tomando un café, que moito lle chamara a atención que, naquela hora, unha vila como Betanzos, coa mesma poboación que Arteixo tivera tres farmacias e que aquí só houbera unha. “Foi por iso -dicíame- polo que Arteixo pareceume un sitio bo ...e mira que naqueles anos aquí todo eran leiras! Na zona só estaba a tenda de Elvirita, o Moisés e a miña farmacia”. Naqueles tempos o señor Teodomiro, que tamén me afirmaba que “en Arteixo fíxenme un home a aprendín a enfrentarme á vida”, comía e ceaba na do Veigheiro cando lle tocaba estar de guardia que, ao haber só dúas farmacias, era semana sí semana non.
![]() |
O señor Teodomiro diante da farmacia da súa filla Eva |
![]() |
Edificio no que estaba a farmacia de Alicia Rey |
Coincidindo cos últimos anos da vida laboral do señor Teodomiro, nun edificio antigo da Avenida do Balneario e o Camiño da Baiuca, Alicia Rey Formoso abriría o que era a terceira farmacia de Arteixo, farmacia que trasladaría en 1993 á Ponte do Ba e que en 2006 traspasaría a González-Rosón Fernández.
![]() |
Publicidade dos anos 70 |
![]() |
Imaxe do esterior da fábrica |
O PARVULARIO DE PAULINA "A CHILENA" E O QUÍMICO DA SCHWEPPES
A Schweppes a mediados dos anos 70 |
![]() |
O parvulario de Paulina estaba no edificio da dereita |
![]() |
Imaxe recente da parcela da Schweppes |
![]() |
Imaxe dos anos 80 de José e Carme enfornando |
José e Carme non tardarían en casar. Faríano en 1943, tan só seis meses despois de se coñecer e, ao pouco, xa empezarían a cocer nunha casa da parroquia de Armentón situada a uns poucos metros de onde hoxe está o negocio, no lugar da Ermida de Lañas. A panadería era coñecida como a "do Zapateiro" por ser Carme neta deste home, unha Carme que pouco a pouco iría aprendendo o oficio ao mesmo tempo que ían nacendo os tres fillos do matrimonio: en 1944 viña ao mundo José Antonio, no 46 Manuel e no 48 Agustín.
Naqueles anos 40-50, mentres José se encargaba de facer o pan que despois repartían pola contorna en cabalos, Carme facía o propio cos biscoitos e as roscas e, ata aprendería a facer outros doces. O tempo vai decorrendo e, a medida que o país vai pasando do branco e negro á cor, os tres rapaces van medrando botando unha man, desde cativos, no negocio familiar.
![]() |
O matrimonio nos anos 50 cos seus tres fillos (de esquerda a dereita Agustín, José Antonio e Manuel) |
Ese mesmo ano, José e Carme empezarían a cocer no forno grande da Ermida, o actual lugar no que está a panadería, e convecerían ao seu fillo máis novo Agustín, que pasara boa parte do servizo militar na casa grazas aos biscoitos que Carme lle levaba á muller do comandante, para que se quedara con eles no negocio.
![]() |
Imaxe de Agustín e de Raúl, un empregado de Loureda |
-Ai Agustín, se tivéramos os cabalos outro galo cantaría!
O Land Rover substituiríase en 1988 pola furgoneta Mercedes coa que hoxe podedes ver polo concello a Agustín facendo o reparto, furgón no que por certo aínda figura o nome de José Fernández, que falecería en 1994. Na actualidade, na Panadería Fernández traballan Angel, que é o panadeiro que teñen contratado, Agustín, a súa muller Otilia e Cristina, a máis nova das tres fillas do matrimonio. Agustín xa só fai o reparto e coce o día libre de Angel; Otilia reparte por Lañas e encárgase do despacho e do doce, doce que no caso da rosca só ela e súa sogra Carme, que hoxe ten 91 anos, saben facer.
![]() |
Preparando a rosca. De esquerda a dereita, Otilia, Elena da Brea (curmá de Agustín), a señora Carme e Carme de Añón, veciña da familia |
Pola súa banda Cristina, terceira xeración da Panadería Fernández, que xa axudaba no negocio de cativa, empezou este ano a traballar coma unha empregada máis e algún cambio xa conseguiu: "A panadería nunca tivo cartel ata fai cousa dun mes que puxemos unha praca". Cristina tamén conta que o forno onde cocen nunca se enfría e está sempre por enriba dos 240º dende hai case 50 anos e, lembrando os tempos dos inicios do negocio familiar di que... "agora xa non imos por tantos sitios coma antes, mais en Figueiroa aínda se acordan de cando meus avós repartían o pan no cabalo".
![]() |
A plantilla actual da panadería: Agustín, Otilia, Angel e Cristina |
O REAL CINE DE ARTEIXO
![]() |
O Cine Real e, á dereita, o bar de Dionisio |
Seica a mediados dos anos 50, cando a vila de Arteixo pouco ou nada tiña que ver coa de hoxe, tres irmáns da zona de Sada ou Bergondo, Juan, Antonio e José Agra (para algunhas fontes o apelido era Varela) deciden comprar un dos terreos baleiros que naquela hora había na Carretera Nova (actual Avenida de Fisterra) para pór alí un cine, unha zona na que por aqueles tempos só había catro casas. Empezando dende O Cruce, hoxe Avenida de Caión, e seguindo dirección a Carballo, a primeira delas era a do muiñeiro, que é onde actualmente segue estando o bar Insua. Uns cen metros máis arriba, había outras dúas case iguais. Na primeira vivía Chucho Iglesias Pardo, Chucho de Arsenio, coa súa muller María e o seu fillo Fernando. Na casa do lado residía seu irmán Enrique, Enrique de Arsenio, coa súa muller Concepción e os seus fillos Maruja e Quico, casa na que por certo estaba O Correo e, seguindo a estrada, un pouco máis adiante estaba a casa de María de Zás, na que esta muller vivía co seu home Francisco Abeleira e co seu fillo Pepe.
![]() |
A Av. de Fisterra a principios dos 70. O cine Real á dereita. |
![]() |
Publicidade de xullo de 1970 |
As de Juanito Valderrama e Antonio Molina tamén causaban furor. As de Rafael tamén gustaban moito, o mesmo que A Biblia, dirixida e protagonizada en 1966 polo norteamericano John Huston ou os peplum, que foi un xénero cinematográfico dos 60 de serie B, onde héroes como Hércules, Maciste ou Espartaco, enfrontábanse a innumerables perigos, interpretados polos mellores culturistas da época, que non actores e cunha cutrería de medios, dignas do seu curmán o spaghetti-western, onde o principal era ver corpos esculturais e liortas na area máis ou menos resultonas. Naqueles anos, cando poñían superproduccións, o cine custaba 15 pesetas.
A PELUQUERÍA SUSO E JOSÉ RAMÓN
Teño que confesalo. Cando era un cativo de 7 ou 8 anos o feito de ir cortar o pelo era motivo de boas perrenchas pola miña teima de non querer ir ao mesmo lugar ao que ía miña nai a peitearse: a Peluquería Maruja. Alí só había mulleres e se cadra, por mor da sociedade machista daqueles tempos e dalgunha que outra chufa dos meus amigos da infancia, pensaba que tiña que ir a unha peluquería masculina. Non o sei, o único que lembro e que quería que me cortara o pelo Suso Naya, o barbeiro que naquela hora tiña o seu negocio no Paseo do Balneario e agora o ten na Travesía de Arteixo co nome de Naya Peluqueros. Pois ben, despois do meu particular "tira e afloxa" doméstico, finalmente acabaría sendo cliente de Naya durante bastantes anos...e iso que a relación con él non principiara con bo pé: a súa insistencia de querer peitearme naquel enorme pato que máis ben parecía unha ave prehistórica do cuaternario, facíame botar fume polas orellas! Eu só quería que me amañara as greñas na cadeira de brazos dos adultos!
Co transcorrer do tempo tiven a sorte de coñecer a Dani Arias, un bo amigo co que compartín vestiario no mesmo equipo de fútbol durante varias tempadas e que, así como non quere a cousa, xa case leva vinte anos dándolle xeito ao pouco pelo que me queda no seu salón de peiteado da Avenida de Fisterra, un Dani que tras completar a súa formación iría aprendendo o oficio a carón dun dos barbeiros pioneiros de Arteixo: seu pai Suso.
O refrán "de casta lle ven ao galgo" abofé que se pode utilizar no caso de Dani e do seu proxenitor Suso, un home que hoxe disfruta da súa merecida xubilación e que é sobriño de catro tíos barbeiros: Pepe, Manolo, Enrique e Chucho, veciños de Oseiro e irmáns de súa nai Chelo que eran coñecidos polo alcume do "Vichelajota" (deturpado posteriormente polo de "Pichalajota") porque seica un deles preguntáballe habitualmente aos seus clientes se viran a jota no salón de baile, intre tan agardado naqueles tempos como posteriormente o serían para @s da miña xeración os 15-30 minutos de "lentas" na discoteca. Pepe e Manolo montaran nos anos 50 a súa barbería na Baiuca, perto da casa de Marán e, a principios dos 60, cambiaríanse para a Avenida de Fisterra, para o lugar que hoxe ocupa a Panadería Gestal. Enrique faríao en Meicende, onde na actualidade seguen os fillos na Barbería Barbeito, e Chucho estableceríase na Coruña, pola zona de Santa Margarida, nun local no que Suso Arias aprendería o oficio e traballaría ata que foi á mili, mais ou menos polo 1968.
Licenciado do extinguido servicio militar, o pai de Dani empezaría a traballar como empregado na barbería que seu tío Pepe tiña en Arteixo, un Pepe que xa había uns anos que non contaba coa axuda de seu irmán Manolo, que se tivera que xubilar por enfermidade. Suso estaría traballando naquel negocio dende 1970 ata a xubilación de seu tío Pepe en 1973, e sería aí, coincidindo coa efervescencia industrial do Polígono de Sabón, cando decidiría coller o traspaso do negocio contratando como empregado a José Ramón Campos, un mozo arteixán que tamén aprendera o oficio a carón de Chucho, o tío de Suso que tiña a barbería na Coruña.
![]() |
José Ramón e Suso nos anos 80 |
SUSO GARCÍA, O PANADEIRO FUTBOLISTA
![]() |
Local da "Panadería Suso" na Av. de Fisterra de Arteixo |
![]() |
Despacho da "Panadería Suso" en Vilarrodís |
![]() |
Suso no Racing de Ferrol |
![]() |
La Voz de Galicia, 23.3.1992 |
A GASOLINEIRA DE VILARRODÍS
Falar cos irmáns Mari Carmen e Francisco Mosquera González sobre o Arteixo de antano é un auténtico pracer. As súas lembranzas da Baiuca e do Morás da súa infancia e xuventude son unha delicatesen para os meus oídos, xa que ambos son quen de sacar da chistera diversos temas, personaxes ou situacións que debullan polo miúdo e que non deixan de sorprenderme. Moitas desas viaxes no tempo realizadas con Mari Carmen e con Francisco, ás veces, tamén rematan na época no que os seus avós Francisco Mosquera Calvete e Aurelio González Canedo eran alcaldes do concello arteixán, cargo que Francisco, que ten rúa adicada na capital do municipio, ocupara ata en tres ocasións (1936-1939; 1946-1953 e 1953-1955) e Aurelio en dúas (dende marzo de 1953 ata outubro do mesmo ano e, dende outubro de 1955 ata decembro de 1956), a última delas sustituíndo ao frente da alcaldía, a seu consogro Francisco que, ata o de agora, é o único alcalde que faleceu ocupando o cargo.
![]() |
Xaneiro de 1966. Bendición do campo da Viña nos prolegómenos do partido do campionato ligueiro Atlético Vilarrodís-Penouqueira. Ao fondo da imaxe, na parte esquerda, vese a gasolineira |
Fernando, o único fillo do ex alcalde Francisco Mosquera e de Amalia Dopico, criárase na Baiuca, lugar onde os pais tiñan unha tenda no baixo da casa, un negocio do que aínda queda veciñanza que lembra as reñidas partidas de tute e dominó que a diario se xogaban alí polas tardes. Tras facer o servizo militar polas milicias, o noso protagonista non tardaría en converterse no depositario do Concello de Arteixo e ao pouco, en 1954, casaría con Purificación, unha moza de Morás, filla do tamén ex alcalde Aurelio González e de Carmen Fuentes.
![]() |
Fernando e Purificación en 1954 na viaxe de noivos |
Aqueles 60 eran tempos do monopolio da CAMPSA (Compañía Arrendataria del Monopolio de Petróleos). Os poucos automóbiles que circulaban polo concello abastecíanse de gasolina nos surtidores instalados en Carballo, en Santa Cristina e nos dous que había na Coruña, un deles en Catro Camiños e o outro nas Xubias, ao carón do Hospital Materno Infantil. Así estaba a cousa cando Fernando, que dispoñía dun terreo en Vilarrodís propiedade de súa nai Amalia e que quedara partido en dous coa construcción da nova estrada, decide montar a que ía ser a primeira gasolineira do municipio: a "Estación de Servicio San Fernando", negocio no que figuraba como titular Amalia Dopico.
Posteriormente, xa no ano 1975, entraría a formar parte da plantilla da gasolineira Manuel Bermúdez, veciño de Carral coñecido polo alcume do "Petecho". Chamábano así porque anteriormente traballara como chofer dun señor da Grela que tiña un camión, "o camión do Petecho", na época na que se levaba a area das praias de Alba e Sabón para a refinería de Meicende. Andando no tempo, as casualidades da vida farían que o que escribe casara con Teresa, unha sobriña de Manuel.
Catro anos máis tarde, en 1979, a familia Mosquera González abre unha nova gasolineira xusto en fronte á primeira, que xa levaba quince anos surtindo aos vehículos que circulaban polas estradas de Arteixo. Coa ampliación do negocio tamén aumentaría a plantilla, contratando a operarios como Lesta, que era da parte de Curtis; os caioneses Paco e Luis; Rubén o da Catuxa, que era curmán de Añón, o que fora primeiro empregado da estación de servizo; Manuel Marta; Lolo, o fillo de Pepe Campos...empregados que de seguro encheron algunha que outra vez o depósito de gasolina do voso vehículo. Tamén, por aqueles días, empezara a traballar o propio Francisco Mosquera, que naquel momento era un mozo que cursaba a carreira de dereito en Madrid, no Centro Universitario María Cristina de El Escorial, un Francisco que tiña a idea de deixar os seus estudos e, por tal motivo, seu pai Fernando puxérao a traballar no turno máis complicado, o das 6 da mañá, para que se lle quitara esa idea da cabeza.
![]() |
Imaxe da gasolineira nova recén inaugurada |
Fernando Mosquera, que continuaba ocupando o posto de depositario do Concello, falecería en novembro de 1981 con tan só 55 anos, sendo aí, a raíz da súa morte, cando a súa dona Purificación e os seus fillos Mari Carmen e Francisco constituiron nova sociedade do negocio, uns fillos que levarían as rendas da gasolineira ata mediados dos anos noventa, que foi cando decidiron alugarlla aos actuais propietarios, iso sí, coa condición de que mantiveran o posto de traballo dos seus empregados.
A "LIBRERÍA AMALUCHA"
Como ben sabedes Inditex S.A., acrónimo de Industria de Diseño Textil, Sociedad Anónima, é a multinacional de fabricación e distribución téxtil que ten a súa sede central no Polígono Industrial de Sabón dende mediados dos anos setenta, que foi a época na que empezaron a funcionar Samlor e Goa, as primeiras fábricas de Amancio Ortega en Arteixo.
Muíño do Batán no Rego da Graña, Larín
A historia da relación que o noso concello ten coa fabricación téxtil dende hai medio século é sobradamente coñecida mais, pola contra, pouca información temos dos tempos de antano, dos tempos nos que como mínimo había un xastre en cada parroquia ou dos tempos nos que os nosos devanceiros cultivaban o liño que posteriormente se confeccionaba nos teares e nos batáns que había na contorna.
O liño é unha planta herbácea anual da familia das lináceas que pode acadar un metro de altura, coa flor de cor azul vivo. Composta dunha substancia fibrosa da que se extraen as fibras longas para confeccionar tecidos, da súa semente oleaxinosa prodúcese o aceite de liñaza, moi empregado en pinturas e vernizes.
Non se coñece a data e o lugar nos que o home utilizou por primeira vez as febras flexibles do liño para confeccionar o tecido, nin cando a planta comezou a ser cultivada. Hai datos que indican que desde 2.500 anos a. C. xa se sementaba no Exipto, onde as momias se envolvían en tecidos de liño. Tal era a súa importancia na vida das poboacións, que o Libro de Moisés refírese á perda dunha colleita de liño como unha “praga” ou desgraza. A túnica de Cristo era de liño sen costuras. As cortinas e o veo do Tabernáculo eran de liño fino, o mesmo que a mitra, o cinto bordado e a túnica de Aarón, irmán de Moisés.
Ata que o algodón entrou no noso continente, o liño foi, xunto coa lá, a febra europea por excelencia. En Galicia, o tecido do liño coñécese desde tempos moi antigos. Era a fibra tradicional que se cultivaba e da que se obtiña un produto artesanal nos teares. Este labor, que en moitas zonas da xeografía galega perdurou ata ben entrado o século XX, tivo sempre un carácter doméstico xa que cada casa ou familia producía e vendía o seu propio liño.
A preparación da materia prima era laboriosa. O complexo proceso
comezaba a principios da primavera, ao desaparecer as fortes xeadas,
coa sementeira que se facía nos liñares situados en terreos
fértiles de regadío onde,
como di o dito popular, a planta florecía en maio: Liño
bo, liño malo, todo frolece en maio.
A recolección levábase a cabo entre agosto e setembro, arrincándose
a planta de raíz para que non sufriran as febras. O liño atábase
en feixes ou mañizos e pasábase polo ripio, unha especie de peite
de madeira, de dentes longos, para sacarlle as bagañas, é dicir, as
cápsulas que
conteñen a liñaza ou semente, que se gardaba para a seguinte
sementeira.
Feixes de liño
Despois desta operación era preciso mergullar os feixes ou mañizos en auga durante uns nove días para que amolecesen e seguidamente expoñíanse ao sol para secalos. A continuación mazábanse no chan cun mazo de madeira e pasábanse polos instrumentos coñecidos como tascón e restrelo para extraerlles a estopa. Seguidamente, o liño era fiado coa axuda da roca e o fuso e envolvíase en grandes madeixas servíndose doutra ferramenta, o sarillo. Cocíase logo nun caldeiro con cinza para branquealo e despois de lavalo na fonte e de secalo, pasábase pola debadoira para facer novelos. Antes de chegar ao tear aínda había que urdilo na urdidoira.
Rematado este longo proceso, era cando entraba en xogo a habilidade da tecedora ou do tecedor. Tratábase dunha actividade complementaria á agricultura e á gandería, un labor doméstico que foi aproveitado a mediados do século XVIII para crear unha industria artesanal na que ademais do liño que se sementaba no país, tecíase liño de fóra, o que se importaba dos países do norte de Europa e entraba a través dos principais portos galegos: Liño de Holanda, pesa e non anda.
Unha vez confeccionado o lenzo, exportábase cara a terras de Castela ou América. Esta situación florecente deu lugar á proliferación de tecedores e tecedoras, así como feiras e mercados. Mais a mediados do século XIX esta artesanía comeza a declinar por diversas razóns. Se cadra a causa principal foi a incapacidade de dar o salto cara unha produción industrial capaz de competir cos téxtiles que viñan de fóra, especialmente coa industria do algodón inglesa.
Desde finais do século XIX e principalmente ao longo do século XX, o cultivo do liño e a produción de lenzos en Galicia foise abandonando progresivamente ata desaparecer practicamente cara a década dos 60. Na actualidade son asociacións de carácter cultural as que intentan recuperar a artesanía do liño, iniciativa que tamén levaron a cabo nos anos oitenta os deseñadores galegos, de xeito moi especial Adolfo Domínguez, que non lle viu futuro como slogan publicitario ao dito popular “Pró liño, sete voltas de rella e a caghalla da ovella” e decidiuse polo de “la arruga es bella”, frase que converteu en mito ao deseñador ourensán.
En Arteixo o cultivo do liño tamén estivo moi arraigado durante bastante tempo. Era, como no resto da xeografía galega, a fibra tradicional que se cultivaba e da que se obtiña un produto artesanal nos teares. Non podemos concretar unha data precisa de cando se empezou a cultivar o liño no noso municipio, mais grazas ao interrogatorio do Catastro de Ensenada, sabemos que a mediados do século XVIII había plantacións nas parroquias de Chamín, Loureda, Monteagudo, Morás, Oseiro, Sorrizo e Suevos.
Co devandito interrogatorio, o Marqués da Ensenada pretendía conseguir información sobre todos os medios de produción e dos ingresos de cada persoa, polo cal tamén sabemos o número de xastres e de tecedores/as que había naquela altura en cada unha das nosas freguesías. Deste xeito, sábese que en Armentón había dous xastres, Manuel Gestal e Antonio Pérez; en Arteixo catro xastres; en Barrañan traballaban… “Clemente Lema, soltero, Maestro Sastre, a quien regulan puede ganar, en cada día que trabaje, dos reales: Joseph Seixal, que ademas de ser labrador tiene el oficio de Tejedor, en que se ocupará la tercia parte del año , y en cada día que trabaje, le consideran real y medio”; Chamín contaba con dous xastres, Bernabé García e Leonardo de Castro, e con dous tecedores, Antonio Martínez e Alejandro Rodríguez; en Lañas había, naquel ano de 1752, dous tecedores, Antonio Varela e Francisco Ramiro, e un tecedora, Angela da Lesta; en Larín había un xastre, Antonio Calvete; en Loureda outro, Antonio de Rumbo; Monteagudo contaba cun xastre, Ramón de la Cruz, e cun tecedor, Francisco Martínez; en Morás traballaban… “Domingo Gómez, Sastre, a dos reales, y por la utilidad que le resulta de ser su mujer Tejedora cien reales al año: Andrés Díaz, también Sastre, a quien regulan dos reales por día: Antonio Varela por la utilidad que le acrece de ser su mujer Tejedora le regulan cien reales al año: Juan Ares también Sastre le regulan a dos reales por día: Jacob Calvelo, Zapatero, a tres reales, además de ello por la utilidad, que le resulta de ser su mujer y una hija Tejedoras, doscientos reales y, Silvestre Gómez se le regula la que interesa de ser su mujer y madre Tejedoras, en doscientos reales”; en Oseiro había tres xastres; en Pastoriza dous xastres, José Barbeito e Pascual Suárez, e un tecedor, Domingo de Villaverde; en Sorrizo traballaban… “Martín de Rozamontes, Texedor, que gana al día dos reales de vellón; y por el Hijo del mismo Oficio, que de poco le ejerce le resulta de utilidad al año cien reales. Benito Martínez también Texedor, que gana al día dos reales de vellón; y Antonio Martínez, por su mujer Texedora le regulan al año cien reales”; e por último, en Suevos había dous xastres e un tecedor, o que entre as trece parroquias do que hoxe é Arteixo suman un total de 21 xastres e 17 tecedores/as que traballaban o liño e a lá nos seus respectivos teares artesanais para vestir á familia e, tamén, como un elemento de troco na economía familiar, de aí que tivera tanta importancia.
Cadro "O tecedor nun tear" da autoría de Vincent van Gogh
Hoxe en día, cos avances tecnolóxicos que hai, se cadra parécenos moi sinxelo o proceso de obtención dos tecidos, e incluso non lle damos maior importancia. Mais esta transformación ten detrás unha interesante historia que paga a pena coñecer. Cando te preguntes como facían a roupa na antigüidade, non esquezas o papel fundamental que xogaron os teares.
É importante lembrar que os tecidos que se facían artesanalmente nos teares saían cunha textura moi frouxa, polo que se desfiañaban moi facilmente e, por iso, levábanse aos batáns, tamén chamados folóns, que eran un antigo enxeño construído de xeito artesanal que funcionaba coa enerxía hidráulica e que tiña como función principal bater os tecidos que se fabricaban nos teares para darlles unha textura máis compacta e homoxénea. Estas máquinas estaban formadas por unha roda, que activaba os mazos de madeira que batían en mollado os tecidos de liño ou de lá saídos dos teares para desengraxalos e compactalos.
Funcionaban desde o mes de febreiro ata xuño. Durante o verán pechábase porque o río non tiña suficiente auga para o seu funcionamento, e no inverno non se podía empregar ao non dar secado as mantas que batían. Os batáns existiron mentres houbo teares. Foron moi empregados en Galicia, e a maior parte deles estiveron funcionando ata finais do século XIX, quedando moitos topónimos espallados pola xeografía galega.
En Arteixo, na parroquia de Monteagudo, temos o lugar do Batán, preto do río dos Barreiros. María Rozamontes cóntanos no volume III de Arteixo de onte a hoxe que nun preito do ano 1582 constátase o seguinte: “(…) marco que Esta hen el rryo dos barreyros (…)” No mesmo documento tamén aparece unha referencia aos batáns “(…) en el rryo vello con sus molinos batan” e tamén (…) el lugar que le dize do batan(…)”
Ademais, no Catastro de Ensenada de 1752, no interrogatorio realizado na parroquia de Morás nomease o “sitio y Río do Batán”. En Armentón, pola zona da Agra de Fillazós, hai uns terreos que se chaman Os Batáns. Nos lindes das parroquias de Arteixo e Lañas, parece ser que tamén había un batán que estaba situado río arriba do muíño do Pedregal. E en Larín, perto dos lugares de A Fraga e A Pedra, hai un terreo denominado O Batán, que está situado ao carón do Muíño do Batán, que aínda se pode ver no Rego da Graña.
Rematamos este repaso polos primeiros pasos da industria téxtil en Arteixo coas informacións que nos ofrecen Sebastián Miñano e Pascual Madoz na primeira metade do século XIX. No seu Diccionario geográfico-estadístico de España y Portugal, magna obra composta por once volumes que foi publicada entre 1826 e 1829, Sebastián Miñano y Bedoya informa que por aqueles días cultivábase liño nas parroquias de Arteixo, Barrañán (250 libras), Chamín (5.000 libras), Lañas, Loureda, Monteagudo (10.000 libras), Morás, Oseiro, Pastoriza e en Suevos (10 arrobas).
Lugar do Batán, parroquia de Monteagudo
Con relación á industria existente naquela altura en cada parroquia (non aparece nada da de Armentón en torno a este apartado) Sebastián Miñano dinos o seguinte:
Arteixo, Industria tráfico de panadería y leña con la Coruña; Barrañán, Industria: 3 molinos de agua; 8 telares; Chamín, Industria: 5 molinos de agua de invierno y 4 telares; Larín, su industria consiste en 8 molinos de agua, 1 batán, 4 telares y una fábrica de teja; Lañas, Industria: tráfico de panadería y leña con la Coruña; Loureda, Industria 13 molinos de agua para solo la mitad del año y 7 telares; Monteagudo, Industria 10 molinos de agua y 7 telares para lino; Morás, Industria: tráfico de panadería y leña con la Coruña; Oseiro, Industria: comprar víveres para vender en la Coruña, y telares de lino y lana, 6 molinos harina en un riachuelo que pasa por medio del pueblo; Pastoriza, Su industria comprar víveres para vender en la capital; Sorrizo, Industria: 1 molino de agua que solo muele en el invierno, y 1 telar; Suevos, Industria: 2 telares y 2 molinos de agua, uno de ellos arruinado, y el otro que muele a beneficio de las vertientes de los montes que la circundan. Segundo estas informacións, naquela época había en Arteixo máis de trinta teares (en 1752 había 17) e un batán en Larín.
Estas condicións produtivas de carácter preindustrial, aínda que afectaron á economía particular e comunitaria, non impediron que se continuara tecendo para o comercio local e de autoabastecemento. Os teares seguiron funcionando nas casas labregas arteixás atendendo ás necesidades do vestido e da roupa de casa da propia familia e da contorna máis próxima.
O Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar, obra publicada por Pascual Madoz entre 1845 e 1850 que está composta por dezaseis volumes, supuxo na época unha mellora importante respecto ao Diccionario geográfico-estadístico de España y Portugal, que Sebastián Miñano acabara de publicar en 1829. No seu dicionario Pascual Madoz informa que se seguía producindo liño en Armentón, Arteixo, Barrañán, Chamín, Lañas, Loureda, Monteagudo, Oseiro, Pastoriza e Suevos. Con relación á industria, Madoz dinos o seguinte sobre as parroquias arteixás: Armentón, INDUSTRIA: la agrícola; Arteixo, al comercio y agricultura de este país le interesa dicha mejora, pues proporcionaría el trasporte de los muchos y buenos frutos de que abunda, con especialidad el trigo de las tierras de Bergantiños; Barrañán, cria ganado vacuno y de cerda; Chamín, INDUSTRIA: la agrícola, varios molinos harineros y telares; Lañas, Industría: la agrícola, panadería y trasporte de combustible para la Coruña; Larín, un batan, un tejar, varios telares y molinos; Loureda, INDUSTRIA. la agrícola , telares y varios molinos harineros; Monteagudo, Industria: la agrícola, telares, un batan y 8 molinos harineros; Morás, Industria: la agrícola, telares para lino y lana y molinos harineros; Oseiro, INDUSTRIA: lo presenta en los mercados de la capital; algunos telares y molinos harineros; Pastoriza, INDUSTRIA: la agrícola y el COMERCIO de víveres que le proporcionan los mercados de la Coruña; Sorrizo, INDUSTRIA: la agrícola y pecuaria, molinos harineros, telares caseros y alguna insignificante pesca; Suevos, cria poco ganado, pero hay caza y mucha pesca que facilita su puerto.
É probable que este florecemento dos teares en Arteixo durara ata finais do século XIX, época na que Luís Miranda Vázquez e José Núñez de la Barca inician a actividade da industria téxtil na Coruña ao fundar “Hilados y Tejidos de Vilasantar” e “La Primera Coruñesa”, empresas clave para a economía da bisbarra das que prometo falar máis polo miúdo algún día, xa que na súa historia tamén teñen certa relación con Arteixo.
FONTES:
R. FILGUEIRA, FERNAN (2012): Artesanía do liño. Séculos XVIII e XIX. Oportunidade histórica. Columba Revista Cultural nº 12, 2012. Cobas, Ferrol.
ROZAMONTES, MARÍA (1999): Arteixo de onte a hoxe (Volume III). Concello de Arteixo.
RUEDA, C. / ALBO, F. (2010): Recordos dos vellos teares en Vilasibil. La Voz de Galicia, 6 de febreiro de 2010.
Vaya, qué pena la noticia del cierre de Gabesa.
ResponderEliminarRecuerdo justo al lado, en la parada del bus de Trolebús de Carballo, vivía mi amigo Marcial, con sus padres y familia, hasta que se la expropiaron y construyeron otra en Arteixo, cerca del río en la carretera de Loureda.