MANUEL MURGUÍA E ANTÓN PAN, O SEU PADRIÑO DE FROXEL (OSEIRO)
Hai varias hipóteses sobre o nacemento en Arteixo do noso ilustre veciño. Unhas afirman que a súa nai, dona Concepción Murguía Egaña, se desprazara da Coruña ata o xa daquela frecuentado Balneario arteixán na primavera de 1833 para tomar as augas termais e prepararse para o parto do seu futuro fillo. Outras fontes apuntan que, estando hospedada nos Baños, a nai do futuro patriarca das Letras Galegas decidira visitar o Santuario de Pastoriza e no percorrido, á altura de Oseiro, as dores do parto obrigárona a pedir axuda nunha das casas do lugar. Mais tamén hai informacións que nos indican que o nacemento de Murguía no concello arteixán non foi casual, informacións como as que miña avoa materna Carme Pan Pan (1913-1999), "Carme do médico", escoitou na súa casa de Froxel cando era nena e que dicían que os pais do historiador eran amigos do seu tataravó Antón Pan, un home que iniciara estudos en farmacia ou medicina mais que nunca chegara a rematalos. "Era médico sín título", dicíanos a avoa Carme, que tamén falaba sempre dun baúl cheo de "libros de médicos" que había na casa na que nacera e se criara, a mesma na que viñera ao mundo oitenta anos antes Manuel Murguía.
![]() |
Casa de Froxel onde naceu Murguía |
Ao parecer, Antón Pan fixérase amigo do pai do patriarca das nosas letras, o boticario Xoán Martínez de Castro, cando os dous principiaran os seus estudos, amizade que levaría a Antón a ser o padriño do neno que nacera na súa casa de Froxel o 17 de maio de 1833 e que se bautizaba ao día seguinte no Santuario de Pastoriza co nome de Manuel Antonio Martínez Murguía (o feito do segundo nome de Murguía é outra proba máis desa amizade cos pais do historiador que, no momento do nacemento do cativo estaban aínda solteiros).
![]() |
Froxel, anos 30 |
Manuel Murguía principia a estudar bacharelato na universidade a partir de 1845, concluíndo o bacharel en filosofía en 1850 e, ao mesmo tempo, o curso preparatorio de Medicina e Farmacia, que iniciara por desexo do pai. Mais él tiña moi claros os seus gustos e, deste xeito, o interese pola literatura e a historia faríano abandonar a carreira para dedicarse plenamente co seu labor de escritor e investigador. Nestes anos, a vida cultural de Compostela xiraba entorno ao "Liceo de la Juventud", onde se daban cita estudantes e intelectuais como Eduardo Pondal, Aurelio Aguirre ou Rosalía de Castro.
En 1850 trasládase a Madrid para estudar Farmacia e alí relaciónase con intelectuais como os irmáns Valeriano e Gustavo Adolfo Bécquer ou Alejandro Chao. Catro anos despois publica o seu primeiro texto en galego (o 1 de xuño de 1854) no álbum de Elena Avendaño, unhas seguidillas tituladas "Nena das Soidades". En 1855 publica por entregas a súa primeira novela: "Desde el cielo" e tamén colabora en xornais e revistas madrileñas da época como "La Iberia" e "Las Novedades", nos que acadaría un notable éxito que lle permitiría publicar folletíns con obras como "Mientras duermo", "Mi madre Antonia", "El ángel de la muerte" e "Los lirios blancos"
![]() |
Murguía de novo |
En Madrid tamén coñecería a Rosalía de Castro. Ao escribir unha crítica de "La flor", o primeiro poemario de Rosalía, a relación entre ambos os dous foise estreitanto ata o punto de ennoivaren e, o 10 de outubro de 1858, casaban na madrileña igrexa de San Ildefonso. É indubidábel que Murguía foi unha peza de apoio intelectual e social para Rosalía. Dende o principio, animouna na súa carreira literaria e na publicación de obras como "Cantares gallegos", considerada o inicio do Rexurdimento literario galego, e mesmo chegou a publicar algunha obra súa sen o seu consentimento.
Algo que debemos considerar como o primeiro puntal do Rexurdimento foi o cambio operado en Murguía cando deixou o labor creativo, tras acadar un grande éxito, para se dedicar por completo á investigación histórica e á divulgación desta, así como a difundir o ideario político xurdido, principalmente, das súas investigacións.
En 1859 o matrimonio trasládase a Compostela, e con motivo do nacemento da súa primeira filla, en maio, publica "La primera luz", un libro de lecturas escolares estructurado en vinte temas de historia e xeografía, que o Ministerio de Fomento recomendou para o ensino nas escolas de Galiza. Esta obra sería reeditada en Lugo en 1868.
![]() |
Murguía e Rosalía cos fillos |
En 1862 Murguía remata o seu "Diccionario de escritores gallegos" e tres anos máis tarde edita o primeiro tomo da súa "Historia de Galicia". Na revolución de setembro de 1868 sería secretario da Xunta Revolucionaria de Santiago e despois nomeado director do Arquivo de Simancas, en 1870 xefe do Arquivo Xeral de Galicia ata 1875, sería director de "La ilustración gallega y asturiana" (1879) e máis tarde, no 1885, Cronista Xeral do Reino. No 86 (ao ano de morrer Rosalía) publica "Los precursores", obra na que fai unha descrición de varios personaxes da vida cultural galega. En 1890 dirixe xunto con Alfredo Brañas "La patria gallega", boletín onde se deron as primeiras claves do que ía ser co tempo o pensamento rexionalista galego. Tamén neste mesmo ano, Murguía publica durante uns Xogos Florais en Barcelona un discurso (no que fala do sentimento histórico e cultural diferenciador de Galiza) que foi moi aplaudido e que fixo que o nomeasen "Mestre en Gay Saber".
![]() |
Manuel Murguía |
Pouco despois sería nomeado presidente da Asociación Rexionalista Galega (ARG), a primeira organización política de signo decididamente galeguista. Nos Xogos Florais de Tui de 1891, organizados pola ARG, faríase reivindicación do uso propio do galego, lingua en que Murguía pronuncia o discurso inaugural.
¡O noso idioma!, o que falaron nosos pais e vamos esquecendo, o que falaron os aldeáns e nos achamos a punto de non entendelo.
Manuel Murguía sería destinado en 1892 á Biblioteca Universitaria de Compostela, posto que exercería ata a súa xubilación en 1905.
Con 72 anos xorde en Murguía a idea de crear unha Academia Galega da Lingua, idea que comunicou a outros escritores que se daban cita nunha libraría da Coruña coñecida co nome de "A Cova Céltica". Tamén, no noso protagonista, xurdiría a teima de crear un dicionario da lingua galega, porque se sentía falto de vocabulario; se cadra, a inexistencia deste dicionario foi determinante para que a súa obra en galego fose tan escasa. O día 25 de agosto de 1906 aprobouse a creación da Real Academia Galega, que presidiría ata a súa morte.
O día 1 de febreiro de 1923, a piques de cumprir 90 anos, Manuel Murguía finou na súa casa da rúa de Santo Agostiño da Coruña, sendo soterrado no camposanto de San Amaro.
![]() |
Enterro de Murguía |
FONTES:
-Manuel Martínez Murguía. A nosa terra.
-Manuel Murguía e Arteixo. Henrique Rabuñal Corgo
-Estudio introductorio a La primera luz. Vicente Peña & Manuel Fernández
-Galipedia
LUCIANO PUGA, SEÑOR DE ANZOBRE E XURISTA DE CURROS ENRÍQUEZ
LUCIANO PUGA, SEÑOR DE ANZOBRE E XURISTA DE CURROS ENRÍQUEZ
Fillo
de Manuel
María Puga Feijóo e
de
Carmen Blanco Álvarez de Castro y Marquina, o
noso protagonista nace o 30
de decembro de 1842 na parroquia de Santo André de Proente, Concello
de A Merca, na comarca de Terras de Celanova, lugar
onde pasaría a infancia xunto a Ramona, Elisa, Hermitas e
Gumersinda, as súas catro irmás.
A
formación familiar do noso
homenaxeado sería
netamente conservadora. Seu pai Manuel María (1807-1879), era
militar de profesión e un fervoroso carlista que loitara
nesas filas durante máis dun lustro, ata 1839, que foi cando se
acolleu ao Convenio de Vergara, co cal lle sería revalidado o seu
emprego de capitán
polas autoridades isabelinas. Andando
no tempo, Manuel María, xa
ascendido a coronel,
estaría varios anos destinado en Celanova, vila na que trabaría
unha fonda amizade co escribano de aquela localidade, José María
Curros Vázquez, pai do poeta.
Tamen,
naquela altura, Manuel María
Puga
sería quen de
captar a benevolencia e estima da súa parente dona
Jacoba de Cisneros Puga, a famosa Condesa de Ximonde, quen ao morrer
sen sucesión en 1860 declarará a Manuel
María o seu herdeiro
universal. Dadas as
relevantes propiedades da Condesa, esta herdanza
situaría
aos
Puga en moi
boa
posición económica e
social, máxime cando os antepasados de
dona Jacoba, da familia
Cisneros, ocuparan
reiteradamente o
cargo de Rexedor
de Santiago. Trala morte da
Condesa, o pai de Luciano recibiría o
Pazo de Anzobre, o Pazo de Ramirás ou o Pazo dos Condes de Xelmírez,
en Santiago de Compostela, as Terras de Couso, na comarca de
Tabeirós-Terra de Montes, e a chamada Horta do Xeneral, na Coruña,
ademais de extensas propiedades
agrarias e de boa
parte do poder político que tiñan os Condes.
Tras
aprender as primeiras letras, probablemente
ao carón dun clérigo,
Luciano Puga
estudiaría no Instituto
de Segundo Ensino
de Ourense dende 1852 ata
1855, continuando os
seus estudos na Universidade
de Santiago, onde obtería o
título de Bacharel en Artes en 1858 e a licenciatura en Dereito
Civil e Canónico en 1864 para,
posteriormente, trasladarse a
Madrid, cidade na que obtén o
título de Doctor en ambas materias pola Universidade Central en 1867
presentando
a tese "¿Conviene que siempre y en todos los casos
sea una misma la porción legítima de los hijos ó descendientes
legítimos?".
Luciano
abandona Madrid en 1867 e ao pouco, xa de volta en Santiago,
é
nomeado Socio de Número pola “Sociedad Económica de Amigos del País”
e,
en novembro
de 1868,
Profesor auxiliar da Cátedra de Ampliación de Dereito
Civil e Códigos
españois,
permanecendo como profesor da Universidade
compostelá
ao
mesmo
tempo que traballa
como avogado
ata 1871.
Neste
período, o
10 de febreiro de 1868,
Luciano Puga
contrae matrimonio con
Juana Parga Torreiro, irmá
do
Catedrático de Dereito
Político e
Administrativo da Universidade
de Santiago, Salvador Parga Torreiro. A
parella,
que no momento de darse o “si quero” tiñan ambos 25 anos, serían
pais de catro fillos: María del Carmen, Manuel María, María de la
Concepción e Luciano, dos que só sobreviría un: Manuel María, o
popular Picadillo.
Ao
pouco de casar, o
noso protagonista
principiaría a súa actividade
política no
ámbito
local, primeiro
como Alcalde interino
de Santiago
en 1869, e despois como
Alcalde propietario, desde febreiro
de 1870
a febreiro
de 1871. Posteriormente, da man dos seus protectores, Cánovas del Castillo e Romero Robledo,
Luciano Puga preséntase, tras dimitir como profesor da Universidade,
para o Congreso e sairía
elexido
Deputado
por Santiago. Esta condición de Deputado
repítea
nas eleccións
de 1884,
nas que xa
se presenta por A
Coruña,
e
nas eleccións
de
1886,
nas que fai
o propio
polo
Distrito de Ordes
e tamén gaña.
Avogado
destacado, actividade
que compatibilizaba coa
súa
actuación
política, na
súa primeira
época
en Santiago, adquiriría
notoriedade
coa
defensa duns estudiantes da Universidad acusados de cometer
un acto supostamente
irrelixioso
na Catedral, defensa que realizaría
ante o
xurado
e
na
que obtería
un resultado absolutorio. Mais,
sen
dúbida algunha, a súa defensa máis
coñecida
é
a que realizou
no
recurso de apelación ante a Audiencia da Coruña contra a condena do
poeta Curros
Enríquez pola
publicación de Aires
da miña terra,
poemario editado
en Ourense en 1880,
coa
preceptiva autorización do
Gobernador Civil da Provincia e
cunha
subvención da Deputación,
no que o autor puxo de manifesto o seu anticlericalismo, ao
considerar que a Igrexa non se achegaba aos pobres e necesitados
senón que só defendía castes e privilexios.
Nesta obra, Curros
publica o poema Mirand´o
chau
no que, entre outras cousas, escribe o célebre verso S´eu
fixen tal mundo, que o demo me leve.
A reacción eclesiástica non se fixo esperar e o 28 de agosto dese
ano 1880 o bispo de Ourense, Cesáreo Rodrigo
Rodríguez condena e reproba o libro por conter “proposiciones
heréticas, blasfemas escandalosas”, prohibindo
aos fieis a súa lectura e a posesión do exemplar. O bispo ourensán
remataría excomugando a Curros e denunciándoo diante das
autoridades xudiciais. O xulgado de Ourense procesouno por delito
contra o libre exercicio dos cultos e ordeou o secuestro dos
exemplares en poder do editor e destrución dos moldes de copia,
mentres que Curros Enríquez foi condenado a dous anos e catro meses
de cadea e ao pagamento dunha multa de 250 pesetas da
época.
Finalmente, coa defensa na
apelación
de Luciano Puga, que
gañaría o recurso,
Curros sería absolto na vista celebrada na Audiencia os días 4 e 5
de marzo de 1881, dictándose
a sentenza absolutoria pola Audiencia Territorial da Coruña o 11 de
marzo.
A
defensa de Luciano Puga ante a Audiencia Territorial, verdadeiro
tratado poético de
elocuencia xudicial,
fora
moi
extensa e
basárase fundamentalmente
en tres liñas
argumentais.
En primeiro
lugar na separación entre a Igrexa
e
o
Estado, en segundo lugar en ser atípica a conducta, por inexistencia
de escarnio, e
en terceiro
lugar, en que a expresión "Que o demo me leve" non
ten
en galego o
mesmo
sentido que en castelán,
equivalendo simplemente a ¡Parece mentira! ou
!Quien lo creería!
Aínda
que
Luciano escribiu
sempre
en castelán,
na defensa de Curros
Enríquez
ante a Audiencia da
Coruña realizaría
tamén unha
defensa do
idioma e da
literatura en galego, resaltando a labor dos escritores
e escritoras
da época do
Renacemento
cultural e,
poñendo
de relevo
o
bo
coñecemento
da obra destos autores, enxalzando especialmente a Rosalía
de Castro.
No
seu
discurso de defensa ao poeta diría sobre
o idioma
galego que... «relegado
a la proscripción por los centros, que se dicen ilustrados, y casi
exclusivamente consagrado a la satisfacción de las limitadísimas
necesidades de nuestras clases agrícolas, parece renacer hoy al
impulso de las famosas églogas de Pintos, de los tiernísimos cantos
de Alberto Camino, de Eduardo
Pondal
y de Lamas Carvajal, de los intencionados epigramas de Añón, de las
inimitables concepciones de Rosalía
de Castro,
la simpática y elegante poetisa que ha sabido encerrar dentro de
sus Cantares Gallegos y de sus Follas Novas todas las esperanzas y
todos los desalientos, todos los consuelos y todos los dolores, todas
las alegrías y todas las tristezas de este país sin ventura, y
parece renacer hoy, por fin, al impulso de la portentosa inspiración
de Curros
Enríquez,
cuyas composiciones no pueden leerse sin que impresionen
profundamente el ánimo y sin que despierten hacia su popular autor,
más popular que afortunado, un doble sentimiento de admiración y
simpatía». Luciano
Puga consideraba que o galego... «tiene su fisonomía propia, sus
rasgos peculiares y exclusivos, sus modismos y sus estribillos
intraducibles a la lengua castellana: traducirlos, es
desnaturalizarlos; traducirlos, es hacerles perder su colorido y su
intención; traducirlos, es despojarlos de la malicia o de la
sencillez que encierran». Por todo isto, consideraba que Curros
Enríquez non cometera delito algún «por poner en boca de Dios
una frase que en gallego está revestida de la mayor
ingenuidad y de la mayor sencillez».
O
seu
bufete,
que
inicialmente estivo
en Santiago e
anos
máis tarde
na Coruña, contaba
coa destacada colaboración do
xove letrado
Cándido Conde Fernández, fillo
de Juan Conde Calvete, avogado
e
administrador dos Condes de Ximonde,
e
irmá de Perfecto Conde Fernández,
Catedrático da Facultade
de Medicina. Conde Fernández, que tamén procedía dunha
familia de Celanova, casaría
cunha
sobriña
de Luciano, Manuela Pumpido Puga, filla
do
militar Belisardo
Pumpido Flores e
de Ramona Puga. Posteriormente
foi
Notario de Ferrol, instalándose na
cidade departamental ata o seu falecemento, que tivo
lugar en 1933, sendo naquela
hora
Decano
do
Colexio
Notarial da Coruña. Co paso dos anos, un neto de Cándido e Manuela, Cándido Conde Pumpido, sería
maxistrado do Tribunal Constitucional
e Fiscal Xeral do Estado.
Mais
sigamos falando da
vida política
de
Luciano Puga, unha
vida que
estaría
en todo momento vencellada ao Partido
Conservador e
aos
seus
líderes, Cánovas
del Castillo e Romero Robledo. Curiosamente, en
1882, como líder galego do
Partido Conservador, Luciano
organizaría un
gran recibimento na Coruña a Cánovas,
a quen aloxaría
no seu domicilio, estadía
que
narra
o seu fillo Picadillo cun
feixe de pinceladas humorísticas
no seu libro autobiográfico Mi
historia política.
O
feito de pertencer a
tres Congresos diferentes dáballe
dereito,
conforme
á Constitución de 1876,
a ser Senador, cargo
que
Luciano
Puga ocuparía en 1891,
tras
ser designado
en representación da “Real Sociedad Matritense de Amigos del
País”. Aqueles
eran tempos nos que o nome do Señor do Pazo de Anzobre, título
adquirido en 1879 trala
morte de seu pai Manuel
María,
soaba sempre con forza para
facerse
con algunha carteira ministerial ou con algún que outro posto de
alta dirección. Anzobre
era o
seu
parnaso.
Tres días de meditación nese
plácido
lugar,
dábanlle o
dominio dos temas xurídicos
máis
nodosos
e
das cuestións
máis
difíciles.
A
súa oportunidade chegaría en 1892, ano no que, tras renunciar ao
cargo de Senador, emprende viaxe a Cuba na compaña da súa familia
para o ocupar o posto de Gobernador do Banco de España na Habana,
desempeñado
cando
Romero
Robledo
era
Ministro
de Ultramar
baixo
a Presidencia do
Consello
de Ministros de Cánovas
del Castillo.
O
bo
facer e o
traballo
do
noso homenaxeado
valoraríanse
notablemente en Madrid e en Cuba,
onde
tamén repitiría
como Senador en 1893,
desta volta polo
distrito de Matanzas. Mais,
a etapa cubana de Luciano Puga tería
consecuencias fatais
para a
súa
familia xa
que alí,
na
Habana, morrería
o 15 de agosto de 1892
a súa muller, Juana
Parga Torreiro; de alí viría
coa saúde
afectada a
súa filla María
Concepción,
“Mariquiña”, que falecería
de febre
tifoidea aos 20 anos,
aos poucos
meses de casar
con Fernando Salorio Rubine; e
o
propio
Luciano Puga regresaría
coa saúde
disminuida. A
nota alegre da
súa estadía na illa caribeña
a constitúe
o veraneo, por espazo de un mes e medio, do seu fillo Picadillo,
Manuel
María Puga Parga,
que nos
seus
libros e
artigos
escribiría
con frecuencia sobre
esa
viaxe,
calificándose a sí mesmo,
de "pasajero de primera en trasatlántico", anécdotas
que tedes
ao voso dispor
no libro Antoloxía
das Confidencias de Picadillo.
O
Señor de Anzobre
cesaría
como Gobernador
do
Banco por Real Decreto de 5 de xaneiro
de 1894
e
regresaría
a España, onde continuaría
exercendo
como Senador por Matanzas
e
como avogado
na
Coruña, cidade
na que se creara
por
aqueles días un
importante movemento de protesta por mor da nova división militar. A
sétima rexión militar quedaba integrada por Castela a Vella e
Galicia, con capital en León desaparecendo a Capitanía Militar da
Coruña. No devandito movemento integráranse algunhas
das personalidades máis
relevantes do
momento,
que constituirían
incluso unha
Xunta
de Defensa da Capitanía, personalidades que foron
detidas e ingresadas en prisión. Entón,
aceptados por procesados e
xuíces,
presentáronse
como mediadores o
general
Pin e Luciano Puga, que asumiría
persoalmente a fianza de todos os procesados, provocando a
súa liberación
e o
posterior retorno aos
seus domicilios,
no
medio de unha
explosión de entusiasmo e
afecto por parte da xente.
Despois
disto,
Luciano levaría
ao
principal partido da oposición a proposta de que compartira a tese
galega
e
presentara no
Congreso unha
enmenda aos presupostos
que permitía a futura creación e
establecimiento de un oitavo
corpo
do
exército
con sede na
Coruña,
levando ao
Ministro da Guerra a recoñecer
a necesidade
de crear a oitava
“Región Militar”
que, por conveniencia e
estratexia,
tiña
que estar en Galicia. Por isto
en 1896,
xa baixo
a Presidencia do
Consello
de Cánovas del Castillo e
sendo
Ministro da Guerra o
xeneral
Azcárraga, crearíase
unha
“Octava Región Militar” para Galicia, e
a
“Séptima Región Militar” incluía
tan só Castela
a Vella.
Un
ano antes, en
1895,
tras o
regreso dos conservadores ao
poder
e
sendo
Romero
Robledo Ministro
de Gracia y Justicia baixo
a Presidencia do
Consello
de Ministros de Cánovas
del Castillo, Luciano
Puga
é
nomeado
Fiscal do
Tribunal Supremo, un
cargo que equivale ao actual Fiscal Xeral do Estado e que fora a
cúspide da súa carreira. O nomeamento fora ben acollido polos
medios da época, entre eles a revista La
Ilustración Española y Americana,
que publicaba nas súas páxinas o seguinte comentario
laudatorio: "Podemos
decir que en esta ocasión la elección no ha sido cual otras, por
haber recaído en una persona que, aparte de sus apasionamientos
políticos, ha ejercido la profesión desde sus primeros años, tan
luego como se recibió de Abogado".
Luciano
ocuparía o cargo dende o 3 de xullo de 1895 ata o 21 de outubro de
1897, uns meses despois de casar en Trujillo (Cáceres) coa extremeña
Antonia Abril Solís. O
noso persoeiro, que sempre
se comportou como unha persoa nobre e magnánima, falecería
o 24 de setembro de 1899. Os
seus restos descansan na capela do Pazo de Anzobre.
FONTES:
-BLANCO REY, MANUEL. Don Luciano Mª Puga Blanco (1842-1899): un personaje rescatado del olvido. Anuario Brigantino 1999, nº 22.
-CORREAL, NARCISO. Figuras gallegas de la política. Luciano Puga. La Voz de Galicia, 3 de febreiro de 1931.
-MACEIRAS RODRÍGUEZ, XABIER. Antoloxía das Confidencias de Picadillo. Autoedición, 2018.
Manuel Puga nace en Santiago de Compostela, donde seu pai era Catedrático da Facultade de Dereito, e é bautizado o 23 de abril de 1874 en San Fiz de Solovio, mais residería desde moi novo na Coruña, nunha gran casona da cidade vella. Era fillo de Luciano Puga Blanco, que, ademais de profesor universitario, fora alcalde de Santiago de Compostela, decano do Colexio de Abogados da Coruña (defendera a Curros Enriquez cando este fora condeado pola publicación de Aires da miña terra), Gobernador do Banco de España en Cuba, Deputado, Senador e Fiscal Xeral do Tribunal Supremo, equivalente ao actual Fiscal Xeral do Estado, e neto de Manuel María Puga Feijóo, Coronel do Exército isabelino e herdeiro da Condesa de Ximonde.
O noso protagonista estudia Dereito en Santiago de Compostela, en donde presentaría a súa tese de grado Fueros Nobiliarios en 1895. Grazas a Cánovas del Castillo, amigo de seu pai, conseguiría ser nomeado para un posto para o que non era necesario opositar na Dirección Xeral de Penales. Descontento co ambiente político en Madrid e con morriña da súa terra, tralo asasinato de Cánovas en 1897 volta a Galiza, donde casa con María del Carmen Ramón e é nomeado xuíz municipal de Arteixo, incorporándose con forte protagonismo á vida social e cultural da vila do Bolaños, máis aínda cando en 1899, ao falecer seu pai, herda o Pazo de Anzobre, en Armentón.
Manuel Puga, bo amigo dos escritores Wenceslao Fernández Florez e Emilia Pardo Bazán, escribiría numerosos libros de gastronomía como La cócina práctica en 1905, que tería un gran éxito, así como gran cantidade de artigos. Xenio e figura, iríase facendo enormemente popular no seu tempo como persoa e escritor, eso si, sempre caracterizado polo gran sentido do humor e a defensa da vida popular, reivindicando o bacallao, as sardiñas e o lacón con grelos, frente ás copias da cociña francesa, de moda na época para a alta sociedade. Dicía que unha das mellores experiencias da súa vida fora unha caldeirada nun barco de pesca. Entre as súas numerosas receitas destaca a de bacallao, que dedica ao seu amigo Wenceslao Fernández e donde se pon de manifesto o enorme sentido de humor do autor: se coge una hoja de bacalao muy delgada, tan delgada como Wenceslao Fernández Flórez, y se toman unos tomates muy gordos, tan gordos como yo. Se sala a Flórez y se parte en pedazos a mi, y en una tartera, capa de pedazos de Flórez desalados y capa de yo. Fuego lento; refrito por encima de aceite; mucha cebolla y ajos cuando Flórez está cocido. Diez minutos más de fuego y un perejil final reducido a picadillo con alguna sal si la necesite. Y así es la vida. Yo estaré dividido por el eje, pero usted, amigo mío, se queda sin sal que es bastante peor.
Tamén é curiosa a súa descripción do tempo que necesita un bo lacón con grelos: A las nueve en punto de la mañana, después de bien lavado, debe ponerse a cocer el lacón en bastante cantidad de agua. A las once se le agregan los grelos y los chorizos. A las doce, las patatas mondadas y enteras, y a la una se colocan los chorizos y el lacón en una fuente, las patatas y los grelos en otra, y todo sobre la mesa, que debe estar previamente rodeada de ciudadanos con apetito y bien provista de botellas de vino del Ribeiro.
Manuel Puga empezaría a escrbir no xornal El Noroeste co pseudónimo de Picadillo, chegando a ser tan popular que en 1913 escribiría un artigo titulado Quiero ser concejal, que o levaría a principiar unha campaña na Coruña para ser elexido, facendo o 14 de outubro dese ano un chamamento: Alocución a las vendedoras de la plaza de abastos:
Vosotras no votáis, pero tenéis maridos, hijos...a este pedidles, mandadles...hasta llegar a requerir la zapatilla, que las coacciones en la intimidad no tienen nada que ver con la ley electoral.
Picadillo conseguiría ser nomeado candidato e saír elexido, tomando posesión do cargo o 1 de xaneiro de 1914 da corporación que preside Javier Ozores Pedrosa. Mais este alcalde dimitiría, polo que Manuel Puga sería designado como novo alcalde da cidade herculina en outubro dese mesmo ano, aínda que o sería por pouco tempo, xa que co cambio do goberno foi deposto en só dous meses. Picadillo volvería a ser alcalde da Coruña co ascenso ao fronte do Estado do coruñés Eduardo Dato en xullo de 1917. Mais a súa actuación durante a folga xeral do 13 de agosto dese ano 17 levouno a ser destituído á semana seguinte e a recibir a homenaxe de 6000 obreiros sindicados e un pergamiño firmado polas 27 sociedades obreiras coruñesas. O pergamiño dicía: Los sindicatos obreros de resistencia de La Corulña, rinden testimonio de gratitud y simpatía a don Manuel María Puga y Parga, por su notable actitud desde la Alcaldía hacia los obreors municipales, con motivo de la huelga general declarada en España el 13 de agosto del año actual. La Coruña, 28 de octubre de 1917.
O seu paso por María Pita quedaría reflexado no seu libro Mi historia política, que Picadillo publicaría, co seu humor tan particular, en 1917 e donde aparecen "xoias" como esta: "En 1882 era yo un señor que tenía 8 años de edad y unos 75 kilos de peso". Este peso excesivo (dise que chegou aos 275 kilos) facíao moi coñecido. Según o escritor Luis Antón de Olmet, un día chegou á Coruña un circo en donde se anunciaba, como atracción, a un home alemán que dicían que era o máis gordo do mundo, mais a xente que ía velo saía decepcionada dicindo que Picadillo era moito máis gordo e podíano ver tódolos días pola rúa.

Xa para rematar e coincidindo con este 29 de xuño, día de San Pedro, outra referencia a este persoeiro de Arteixo: Era o 29 de xuño de 1917. O San Pedro de aquel ano en Armentón fora sonado. Xa moitos meses antes o feito comentábase de viva voz porque o funcionista ía ser Picadillo, o señor Conde, como era coñecido en Armentón. Como era tradición, un ano antes, a súa filla máis vella recollía os ramos do Patrón e do Sacramento para ser custodiados no Pazo de Anzobre durante todo o ano, feitos dos que o propio Puga deixaba constancia no seu libro Mi historia política: "Dos meses antes comenzaron los preparativos y crecieron los comentarios. Se contrató la pólvora con el encargo especial de que fuese cosa nunca vista; se hizo el correspondiente acopio de vino del Rivero; se adquirieron gallinas, pollos y cabritos, y por fin se compró la ternera que había de entregarse al sacrificio. De banda musical, se contrató al glorioso Chinto. (...) Como nota sensacional habré de deciros que el cornetín lo tocaba una señora en estado interesante que de vez en cuando interrumpía la partitura a ella encomendada, para entonar canciones picarescas, que eran un éxito definitivo ante la concurrencia (...).
A las ocho de la mañana del día 29 de Junio tuvo efecto la sensacional entrada de los coruñeses invitados. 2 kilómetros antes apareció en la carretera la mancha negra formada por la masa de gentes que a pie, a caballo, en coches, bicicletas y automóviles, se dirigía hacia el lugar de la fiesta, y a medida que se aproximaban se hacían más perceptibles los aturuxos. El Pazo los contestaba saludándolos con unas bombas formidables, cuyas detonaciones repetían a la vez cien ecos llegados de todos los confines del valle" (...).
Pouco máis dun ano de aquela gran festa en Anzobre, o 30 de setembro de 1918, Manuel María Puga Parga, coñecido popularmente polo alcume de Picadillo, falecía con só 44 anos a consecuencia dunha gripe. Morría o persoaxe e principiaba a lenda...
FONTES:
-Víctor Iglesias García. Un vicario de moito peso no San Pedro de Armentón. Publicado no B.I.M. nº 52
-Wikipedia
ANDRÉS ROJO DEL CAÑIZAL
Andrés Rojo del Cañizal naceu en 1873 na localidade palentina de Cantoral. Fillo de Toribio Rojo de los Ríos e Gertrudis del Cañizal, varios membros da familia Rojo aparecen en Galiza desde mediados do século XVIII pois, según algunhas fontes, dous irmáns de Toribio, Tomás e José, establecéronse cara o ano 1752 na Coruña, cidade na que se adicarían a diversas actividades mercantís. Outro deles, Manuel, exerceu de párroco de Pastoriza, lugar onde edificou, en 1783, a Casa de Vilariza, que tan ligada está a historia familiar e que é un dos vencellos que este persoeiro ten con Arteixo.
![]() |
Imaxe antiga da Casa de Vilariza |
Mentres que os pais de Andrés permanecían en Cantoral a cargo do patrimonio familiar, as expectativas comerciais xeradas pola apertura do porto da Coruña ao tráfico coas colonias americanas, tralos Decretos promulgados por Carlos III en 1764 e 1765, atraían, naquela hora, a un importante número de comerciantes de moi diversa orixe: asturianos como Antonio Raimundo Ibáñez, fundador das fábricas de Sagardelos e dono do Pazo de San Xosé (o que está a carón da refinería de Meicende), cataláns como os Marcó del Pont ou Ferrer y Albá, rioxanos (en particular cameranos, da comarca de Cameros) como Adalid ou Torres, e incluso estranxeiros, como o francés Juan Francisco Barrié.
Ao lado desta burguesía foránea, instalada nas vilas costeiras, non faltaron nomes galegos, como Juan de Vega, comerciante e industrial lugués que forxou a súa fortuna na emigración cubana. O predominio do sector comercial sobre o industrial é un dos rasgos de identidade desta burguesía e sinala unha das súas debilidades.
Cara a 1778 atopamos a José Rojo matriculado como comerciante no Real Consulado do Mar da Coruña. No censo de comerciantes coruñeses neste período distínguese unha élite composta polos grandes armadores e exportadores de Indias, entre os cales atopamos a Jerónimo Hinojosa e Pedro de Llano, e un grupo de pequenos e medianos mercaderes, con alto poder económico, onde figurarían Rojo de los Ríos, Barrié ou Adalid.
Os negocios familiares de Rojo relaciónanse co arrendo de arbitrios e abastos, sobre todo viños, augardentes, granos e carnes. En varias ocasións, ante a escaseza de granos e fariñas, especialmente preocupantes a finais de século (anos 1787 e 1802), José Rojo foi comisionado con Jerónimo Hinojosa, tamén tratante en granos, para atender ao abastecemento da cidade.
No ano 1789 constitúese a sociedade "José Rojo y Compañía SRC". Ademais das actividades mercantís, enfocadas en gran parte ao mercado colonial, Rojo viuse atraído, como outros moitos burgueses da primeira xeración, por operacións de préstamo e adquisición de terras e rendas forais. Seis anos despois, en 1795, reconstitúese como sociedade comandataria baixo o nome "Rojo y Morillo". Cun fondo de 500.000 reais, tiña como socios a José Rojo e a José Morillo.
Paralelo ao éxito comercial é o ascenso social da familia. O casamento de José Rojo con Gabriela Francisca Infante de Mella, procedente dunha opulenta familia de Pontedeume, atestíguao, así como a elección de José como mordomo fabriqueiro da parroquia coruñesa de San Nicolás.
En 1793, José Rojo figura entre algúns dos máis acaudalados homes de negocios da cidade que, nese ano, farían importantes aportacións para sufragar a guerra contra a Convención. E de novo voltaría a colaborar en 1797 con sumas importantes, en forma de préstamos sen interés, con motivo da guerra contra Gran Bretaña.
Andrés Rojo del Cañizal, xunto coas súas irmáns Andrea e Manuela, seguiría os pasos dos seus tíos ata Galiza, debendo chegar nun momento anterior a novembro de 1804, cando, participando xa no negocio familiar, contrae matrimonio coa súa curmá, Josefa Rojo de Bouza (filla de José Rojo e Gabriela Infante), coa que tería tres fillos: José, María e Josefa. Este casamento consolidaría a súa posición na empresa familiar e, uns meses despois, entra a formar parte como socio na compañía "Rojo e Hijos" (que supoñemos sucede á disolta "Rojo y Morillo"), xunto ao seu tío e sogro José e o fillo deste, Juan de Dios Rojo.
En 1815 Andrés está domiciliado nunha vivenda (nº 15) do Cantón Grande, no barrio da Pescadería, o corazón mercantil da cidade. O seu ingreso no Real Consulado amosa unha desafogada situación económica, dada a elevada renda esixida para formar parte da institución, segundo establecía o seu regulamento. A aristocracia mercantil da cidade repartíase os cargos de prior (Marcial Francisco del Adalid), cónsul (Hinojosa) e consoliarios, entre eles Pedro de Llano, polo ramo de navieiros, e Andrés Rojo, polo do comercio... burguesía que naquela hora, co inicio da emancipación das colonias, empezaba a sufrir a ruptura definitiva do tráfico comercial, adoptando solucións, fronte a este colapso, tan variadas como a adquisición de propiedades inmobiliarias e foros, contrabando, a práctica do corso (que tivo na Coruña o seu porto principal, con armadores como Salvador Fullós, Pedro de Llano, Marcial del Adalid ou Juan Bautista) ou a trata de negros (Barrié, Adalid, Fullós).

A represión cebaríase cos liberais, especialmente con aqueles comprometidos coas novas institucións saídas das Cortes, que sufrirían detencións, penas de cárcere e fortes multas (na cidade da Coruña foran detidas, entre maio e xuño daquel ano de 1814, 83 persoas, 26 delas pertencentes ao ramo do comercio). Moitos optarían polo exilio, seguindo os pasos dos afrancesados que, obrigados a partir en 1813, convertíronse nos primeiros exiliados políticos.
O reinado de Fernando VII supuxo o retorno pleno do absolutismo e afogoba, ao mesmo tempo, calquera esperanza de cambio. Tal proceder decepcionou incluso a aqueles que, aínda que exhortaron ao monarca para que anulase a Constitución de Cádiz, eran conscientes da necesidade de reformas e da convocatoria dunhas Cortes estamentais. A grave situación económica de posguerra esixía, ademais, a posta en marcha de medidas que a camarilla de Fernando VII non soubo nin puido tomar. De aí que pronto prendera o descontento en gran parte do país.
No exército, que pouco tiña xa que ver coa institución estamental do século anterior, tamén se manifestan, nesta altura, os primeiros sinais en contra do absolutismo, feito polo que non tardaría en xurdir o primeiro dos levantamentos liberais que inauguran o reinado de Fernando VII: o protagonizado o 25 de setembro de 1814 en Navarra polo xeneral Francisco Espoz y Mina, un dos máis renombrados xefes guerrilleiros durante a Guerra da Independencia.
Os plans conspirativos en contra do rei absolutista proseguirían en España nos meses seguintes. Unha trama desarticulada en Madrid en maio de 1814 incrimina a outro dos heroes da Guerra da Independencia: o mariscal Juan Diaz Porlier "O Marquesito" que, condenado a catro anos de cadea, sería enviado a cumprir condena ao castelo de San Antón, na Coruña. Aquí Porlier atopa apoios suficientes para preparar un novo levantamento. "O Marquesito" frecuentara a cidade durante a guerra cando, a bordo da fragata "Aretusa", achegábase ata o peirao herculino coa finalidade de reclutar homes e repoñer material. A Coruña era o único porto libre do norte para o desembarco do material de guerra que suministraban os ingleses e probablemente debeu coñecer nunha daquelas visitas, o xove xeneral, ao comerciante Andrés Rojo del Cañizal.
![]() |
Juan Díaz Porlier |
Nas semanas seguintes, Pastoriza sería o lugar de reunión dos organizadores do levantamento. Entre os concurrentes atopábanse os oficiais Fernando de Miranda, Antonio Peón e José María Peón, o ciruxán que atendía ao matrimonio, José de Lazcano e, por suposto, Andrés Rojo del Cañizal. O interés pola seguridade do grupo levaría a este a despedir a unha criada "al considerarle Rojo muy dada a los chismes y murmullos", segundo revela na Causa Porlier Bernarda Freire, a criada de Redes que serviu a Josefa Queipo.
Na noite do 18 ao 19 de setembro "O Marquesito" parte de Pastoriza cara A Coruña, cidade na que realiza o Pronunciamento en contra do absolutismo de Fernando VII. Proclama a Constitución e constituída a Xunta do Reino de Galiza, con Porlier como capitán Xeral, as forzas sublevadas diríxense cara a Compostela co obxectivo de sumala ao alzamento. As tropas reunidas polo arzobispo Rafael Múzquiz e o xeneral José Pesci, gobernador militar da cidade da catedral, dirixíronse ata Sigüeiro ao mando do xeneral Imaz, mais antes de que chegara a producirse o enfrontamento, a noite do 21 de setembro Porlier foi traizoado por un grupo de sarxentos do reximento de infantería de Mariña e conducido a Compostela. Fracasada a intentona, "O Marquesito", despois de ser detido, pasaría a noite no cárcere do Tribunal da Inquisición en Santiago, desde onde sería conducido ata A Coruña para ser executado no Campo da Leña o día 3 de outubro de 1815.
![]() |
Gravado sobre a execución de Porlier na Coruña (Álbum Galicia, 1908. Bibl. Barreiro-López Morán) |
A represión obrigaría a moitos a fuxir. Andrés Rojo del Cañizal, condenado a morte por ser un dos organizadores do Pronunciamento e por entregar ás tropas movilizadas 199.782 reais recadados entre os comerciantes, lograría fuxir a Inglaterra xunto a Pedro de Llano vinte días despois do aforcamento de Porlier.
Rojo alternaría a súa estadía no exilio entre Londres e París. A elección de Londres fora determinada, fundamentalmente, pola presencia do seu curmán Juan de Dios Rojo, que desde 1813 está ao fronte da filial inglesa da firma familiar, e o exilio parisino, a donde chega en 1819, porque alí contaba coa axuda do seu cuñado, o conde de Toreno.
Andrés voltaría a España no trienio constitucional (1821-1823), donde as xestións levadas a cabo en Madrid para resacirse das perdas ocasionadas pola súa intervención no Pronunciamento de Porlier, darían os seus froitos coa devolución dos bens embargados e o nomeamento de Intendente de Galiza e tamén coma Deputado. As novas responsabilidades trairíano de volta a Coruña. Na cidade herculina coincidiría con Mina, que en febreiro de 1821, tras un breve paso pola Capitanía de Navarra, obtén o traslado a Galiza como Capitán Xeral, elección que non era allea á reputación liberal de que gozaba a cidade. Naquela altura, a casa de Juan de la Vega, na rúa Real, era lugar de reunión dos máis sinalados liberais da cidade e Mina e Rojo eran algúns dos asiduos. Alí foi donde o xeneral coñecerá a Juana de Vega...e Andrés xogararía un papel clave na relación entre Juana e Mina xa que sería o padriño no casamento da parella.
Ao longo de 1822 a Constitución voltaría a cambalear por mor do incremento da tensión política que se vivía no Estado español. A ameaza das partidas realistas, alentadas pola Rexencia de Urgel, só atoparía resposta efectiva por parte do xeneral Mina en Catalunya. O descrédito do terceiro goberno do Trienio, o Ministerio moderado de Martínez de la Rosa, provocaría a súa sustitución polo rei en xullo dese ano e a elección dun gabinete exaltado. Mentres tanto, Fernando VII mantiña negociacións secretas coas potencias da Cuádruple Alianza, que culminarían en novembro deste mesmo ano cando, reunidas no Congreso de Verona, deciden intervir en España para por fin ao réxime liberal...e o 7 de abril de 1823, o Exército dos Cen Mil Fillos de San Luis cruza o Bidasoa.
En marzo, e ante a proximidade do exército francés, as Cortes deciden o traslado a Sevilla. O rei, reacio, é obrigado a acompañalas. O avance francés cara a Madrid obriga a un novo traslado a Cádiz en xuño e, ante a negativa do rei, as Cortes aproban a suspensión nas súas funcións alegando "delirio momentáneo".
A toma de Cádiz polas tropas francesas supón o fin da experiencia liberal e a imprantación do rexime absolutista. Na cidade da Coruña, último reducto dos liberais, a resistencia prolóngase durante unhas semanas máis. A pesar das promesas de perdón do monarca, a maquinaria represiva púxose en marcha de novo. Os liberais que poideron fuxir retomaron o camiño do exilio. Os que quedaron sufriron penas capitais ou foron condenados con longas sentenzas de cárcere, como Andrés Rojo del Cañizal, que estivo na prisión de Cádiz desde outubro de 1823 ata a amnistía de 1832.
Nese período de condena, en abril de 1829, morría a súa muller Josefa Rojo, mais Andrés, pouco tempo despois da súa saída de prisión, contraería de novo matrimonio ao casar con Antonia Zaín Puget, muller procedente dunha familia da burguesía catalana e de quen se separaría en 1847 sen ter descendencia.
Cos liberais de novo do poder Andrés Rojo sería novamente recompensado co nomeamento de Intendente. En 1838, aprobada a nova división administrativa, estivo destinado en Lugo e en 1841 en Pontevedra.
Ao pouco de voltar a Galiza, o noso persoeiro establecería co avogado José Vázquez Bugueiro unha estreita relación política, que acabaría selándose co matrimonio de José coa súa filla Josefa. Outro dos fillos de Andrés Rojo del Cañizal, José, herdeiro das propiedades que o seu pai tiña en Arteixo (Pastoriza, Meicende, O Moucho, Oseiro...), convertiríase en alcalde desta vila entre 1869 e 1871. De profesión militar, José combatira durante a guerra carlista ás ordes do xeneral Espartero e tomaría parte no alzamento progresista de 1854 como membro da Xunta de Salvación de Pontevedra, cidade onde estaba destinado como comandante da praza. Un fillo seu, Andrés Rojo Soto, tamén sería alcalde de Arteixo: entre agosto de 1894 e setembro de 1895.
![]() |
Andrés Rojo Soto |
FONTES:
-"O deputado Andrés Rojo del Cañizal: traxectoria vital e compromiso político (1783-1858)". Revista eumesa de estudios. Manuel Dominguez Ferro.
-"Na busca dun modelo social e político". A gran historia de Galicia.
-"Alcaldes de Arteixo (1836-1998)". Manuel Blanco
DORA VÁZQUEZ
A pegada de Dora Vázquez en Larín, lugar onde exerceu de maestra durante quince anos, segue a estar moi presente en Arteixo xa que o seu grato recordo, tanto entre o seu alumnado como coa veciñanza, aínda é, medio século despois de que abandonara a escola unitaria do Mirón, motivo de conversa na parroquia.
![]() |
Dora Vázquez |
Nada en Ourense o 21 de agosto de 1913, Dorinda Remedios Vázquez Iglesias fai os seus primeiros estudos na Coruña, cidade na que residie dende os seis ata os trece anos polo destino de seu pai, que era funcionario de Correos. Logo da estadía herculina, a familia volta a Ourense, onde aos dezasete anos Dora ingresa na Escola Normal de Maxisterio, recibindo o Primeiro Premio de Ingreso. Faise maestra nacional no ano 33 e exerce na parroquia de Teimende, Parada do Sil (Ourense) durante dezaoito anos. Posteriormente, en 1952, a súa profesión achegaríaa a Larín, onde tamén imparte clases o seu marido Antonio Rodriguez, el na unitaria de nenos e ela na de nenas.
A escola unitaria de nenas estaba no lugar de Mirón, nun local que era propiedade de Maripepa da Estanqueira, unha muller que, na figura de Marixuana, convertiríase en protagonista da novela "Bergantiñá" da autoría de Dora Vázquez...porque Dora, ademais de maestra, era unha muller cun enorme potencial artístico.
Dende a súa xuventude, se cadra polo amor á poesía de seu pai, a nosa protagonista sentiría afeccións literarias que a conducirían a publicar con certa frecuencia artigos no xornal compostelano La Noche en 1948 e, co tempo, tamén colaboraría en El Ideal Gallego, La Voz de Galicia, Vida Gallega, Vagalume, Arquero, Céltica, Faro de Vigo, en revistas profesionais como El Magisterio Español e Escuela Española, en poéticas como Poesía Hispánica, Poesía de Venezuela e outras esporádicas e americanas. Tamén escribiría no Diario El Universal, Páginas e Vida y Letras de Caracas, e nos prelos da emigración en América en prosa e en verso. Ademais, Dora Vázquez colaboraría no Noticiero informativo galego na emisión radiofónica "Sempre en Galicia" e no Boletín da Sociedade da "Irmandade Galega" de Caracas. En Galicia faría o propio en Radio Nacional de España, A Coruña, na "Emisión Bazar", 1956-1957, período no cal levaba xa varios anos dando clases en Larín.
![]() |
Na escola Unitaria de Larín |
Escritora de poesía, teatro e narrativa fundamentalmente en galego pero con obra tamén en castelán, Dora Vázquez está considerada dentro da primeira xeración de escritores da posguerra e, durante a súa traxectoria, recibiría varios premios en certames de xogos florais, de vilancicos e, sobre todo, de poesía, algúns deles de carácter estatal. Os nenos e nenas son os principais destinatarios da súa obra, que se compón de arredor dun millar de traballos, artigos e poemas desparramados en diversos medios, unha obra que está moi mediatizada polo feito da súa profesión de maestra co que fai un gran instrumento moralizante e didáctico daquilo que escribe.
Permanece como maestra en Larín ata 1967, ano no que colle voluntariamente a xubilación por motivos de saúde e no que volta ao seu Ourense natal onde, xa xubilada, colabora en La Región e no Correo Gallego.
A Deputación Provincial de Ourense crearía un Premio de Narrativa e Ilustración Infantil e Xuvenil co nome de Pura e Dora Vázquez, en honor ás dúas irmás, co obxectivo de renderlles homenaxe e recoñecer a súa traxectoria no mundo da cultura ourensana. A Concellería da Muller do concello de Arteixo tamén crearía, en 2003, o Certame Xornalístico Dora Vázquez, un premio que nacera como espazo para dar visibilidade ás opinións das mulleres e para promocionar a igualdade pero, despois de once anos de existencia, casualmente cando se cumpría o centenario do nacemento da antiga maestra de Larín, o Certame desaparecía do panorama cultural de Arteixo.
![]() |
Dora Vázquez, en Arteixo no desaparecido Certame que levaba o seu nome |
Catro escritores e unha escritora dan nome ás cinco bibliotecas que temos no concello: Antón Castro á de Meicende; Miguel Sande á de Pastoriza; Francisco Vidal á de Froxel; Henrique Rabuñal á de Arteixo e, Dora Vazquez á de Solimar, unha Dora que falecería no seu Ourense natal o 23 de setembro do 2010.
FONTES:
-AELG (Asociación Escritoras/Escritores en Lingua Galega)
-"El Dora Vázquez escribe su última línea". Antares Pérez. La Opinión
-"Arteixo durante la Segunda República y la Guerra Civil". Manuel Blanco
ARSENIO IGLESIAS, O FUTBOLISTA DA BAIUCA
Arsenio Iglesias nace na Baiuca o día de Noiteboa de 1930. Fillo de labregos e o menor de nove irmáns (catro homes e cinco mulleres), dende moi cativo pasaría horas e horas correndo descalzo detrás das pelotas, que naquela hora se facían de trapo. Cunha familia tan numerosa, todas as mans eran necesarias para axudar na casa mais, o noso protagonista, sempre atopaba un oco para ir xogar ao fútbol cos maiores. "A miña infancia foi en tempos difíciles", recordábame non hai moito, falando con morriña daqueles longos días de verán dos primeiros anos cuarenta: "Aproveitabamos para xogar máis. Algunhas veces a pelota era de goma e outras había que facela de trapo. O caso era ter algo máis ou menos redondo ao que poder darlle patadas". "Xuntabámonos os rapaces de Arteixo. Faciamos dous equipos e montabamos a portería con dúas pedras. Xogabamos na estrada. Non había asfalto. Aínda que caeses, non che doía o corpo".
Aos 13 ou 14 anos, apuntando xa maneiras coa pelota, disputaría algún partido co Penouqueira, entidade que nacera a raíz da desaparición de El Alba, o primeiro equipo que organizara partidos de fútbol na capital do concello, mais dun xeito moi irregular, se cadra un partido cada dous ou tres meses. Nada serio, xa que o equipo arteixán non estaba federado.
Aquel cativo pegado a unha pelota, que só vivía para o fútbol, tivo a sorte de que de cando vez o Deportivo ía a adestrar ao Balneario, ao carón da súa casa, e podía ver de cerca aos futbolistas, sobre todo ao seu gran ídolo Juanito Acuña, que en poucos anos acabaríase convertendo en compañeiro de vestuario. No recinto termal, Arsenio tamén viviría, durante a primeira semana de maio de 1945, unha experiencia inesquecible que marcaría por completo a súa infancia: con motivo da inauguración do estadio de Riazor, a selección española estivera concentrada durante varios días nos Baños de Arteixo..."naqueles
anos os rapaces tiñamos que axudar a traballar nas agras e nas
leiras, mais aínda así eu trataba de buscar un oco para ver os
adestramentos no campo do Balneario. Lembro eses días coa ilusión
que podía ter un neno de poder ver a tantas celebridades xuntas e
tan estimadas, na miña vila natal. Para un rapaz coma min, que só
vivía para o fútbol, ter en Arteixo durante unha semana aos
mellores xogadores españois fora algo máxico. Recordo con especial
cariño a Eizaguirre, o porteiro vasco do Valencia. Daquela sentía
unha admiración tremenda polos porteiros. De feito, o meu ídolo por
aqueles anos era Juanito Acuña, un home que tiña A Coruña aos seus
pés. Ademais estaban César, o dianteiro centro do Barcelona;
Gaínza; o mítico Zarra; Pedrito, o defensa do Deportivo...en fin,
fora unha gran fortuna poder ver os adestramentos dos mellores
xogadores nacionais. Como digo, fora algo máxico”.
No ano seguinte, en 1946, Arsenio matricúlase na Escola de Mestría na Coruña. Tiña menos tempo para xogar, mais non deixaría o fútbol porque non tiña mellor divertimento que o de lle dar patadas a un balón. É aí, nesa época, cando ficha polo Ciudad Jardín, equipo do fútbol modesto coruñés no que milita un ano e no que o rapaz arteixán comeza a destacar pola súa forma de xogar e pola súa gran forza. Nel fixaríase o abogado carballés Antonio Vázquez Mouzo, un home providencial na súa vida (co tempo padriño da súa boda e de un dos seus fillos), unha especie de "pai espiritual" que o levaría a fichar, con dezasete anos, polo Bergantiños, que daquela xogaba na Serie A Rexional, categoría equivalente a actual Terceira División. Foi en Carballo onde comezaría a xogar algo máis en serio. O equipo era evidentemente amateur pero tiñan un bo réxime de adestramentos. Naqueles tempos Arsenio compaxina os seus estudos co traballo na montaxe da liña dos Trolebuses Coruña-Carballo e tamén faría algunhas gardas na subestación de Lañas, gardas que nalgunhas ocasións, facíallas o seu amigo o Sr. Cristovo para que poidese ir adestrar co Bergantiños.
Vicente Leirachá, daquela un xoven xornalista deportivo, que andando no tempo acabaría sendo un dos seus mellores amigos, prenderíase das habilidades daquel chaval nun partido amigable disputado en Carballo entre o Bergantiños e o Varela Silvari, un modesto club da Coruña do que Leirachá era directivo. Naquel partido o once bergantiñán gañara 6-2 e Arsenio marcara catro goles. Coa súa rapidez, bo regate e cun gran sentido da verticalidade para encarar a portería, víase que ía chegar lonxe no mundo do fútbol.
Non só sería Leirachá quen quedara sorprendido do potencial do rapaz de Arteixo, rapaz ao que en pouco tempo lle cambiarían os seus plans de converterse en perito industrial xa que, a súa vida, experimentaría un vertixinoso acelerón que non tardaría en convertelo en futbolista profesional.
Ao ano seguinte, fíchao o Fabril e ,tras media ducia de partidos, pasou ao Xuvenil, equipo que co tempo chegaría a xogar en Segunda División e que, naquel intre, era o filial do Deportivo.
Case sen darse conta, Arsenio viuse no primeiro equipo. A principios da tempada 1951-52, cando se preparaba para un desprazamento co filial, recibe un aviso de que o reclamaba Eduardo González "Chacho", o mister do Deportivo, para formar parte da convocatoria do partido que os deportivistas tiñan que xogar en Riazor contra o Atlético Tetuán. Arsenio non participaría naquela ocasión mais, unha semana despois, Chacho faríao debutar no vello campo de Les Corts contra o F.C. Barcelona. O Deportivo perdería aquela tarde 6-1, mais Arsenio, no seu debut, marcaríalle un gol ao lendario Ramallets e, posteriormente, debutaría en Riazor frente ao Español (3-1). O arteixán empezaba a ser alguén no mundo do fútbol e non tardaría en firmar o seu primeiro contrato como profesional: o seu primeiro soldo co equipo deportivista foi de 800 pesetas ao mes, que lle subirían pronto a 1.500 e unha prima de 12.000 por tempada.
A seguinte campaña, a 52-53, marcaría especialmente a súa traxectoria deportiva. O equipo estaba dirixido por Eduardo Toba, ao que sustituirían primeiro o mexicano Manuel Casal e despois Fernando Fariña sen poder evitar que o club herculino tivera que defender a permanencia na Primeira División nunha liguiña frente ao España Industrial (filial do F.C. Barcelona), Celta, Avilés, Hércules e Atlético Tetuán. Os deportivistas conseguirían o obxectivo de salvar a categoría contando co concurso do mago Helenio Herrera ao frente do equipo deportivista, un técnico arxentino que influiría notablemente na vida deportiva de Arsenio.
O futbolista de Arteixo continuaría nas filas branquiazuis ata completar cinco tempadas en Primeira, nas que sempre mantería unha gran regularidade, bo facer que o levarían a disputar un partido coa selección "B" española en febreiro de 1955 e tamén a despertar o interés do F.C. Barcelona para facerse cos seus servizos.
Helenio Herrera, do que Arsenio garda moitos e moi bos recordos, lévao na tempada 57-58 ao Sevilla, que fora subcampeón de Liga na campaña anterior. Acababa de casarse con Carmen, a súa moza de Loureda, tiña vinteseis anos, chegaba a un club que esa mesma tempada ía a disputar a Copa de Europa e, por riba, reclamárao o adestrador de moda ¿Que máis se podía pedir? O Real Madrid tamén intentara a súa fichaxe, mais os hispalenses chegarían finalmente a un acordo co Deportivo incrementando a oferta ata un millón das antigas pesetas e a cesión de dous xogadores, Liz e Arenas. O asfixiante calor sevillano ou a morriña ou ambas cousas á vez impedirían a Arsenio facer un bo papel no club hispalense e a súa estadía alí sería o seu primeiro fracaso. O seu baixo rendimento levaríao a disputar só oito partidos nos que marcaría dous goles.O único positivo da súa curta etapa no equipo sevillista foi o seu bautismo internacional ao disputar tres eliminatorias da Copa de Europa.
Na 58-59, da man de Alejandro Scopelli, o adestrador arxentino que levara ao Deportivo ao subcampeonato ligueiro da tempada 49-50, Arsenio inicia un periplo de seis tempadas no Granada. Co once granadino, co que chegaría a disputar a final da Copa do Generalísimo de 1959 frente ao F.C. Barcelona (final que perdería o Granada por 4-1 e na que Arsenio sería o autor do gol), o arteixán xogaría ata mediados da tempada 1963-64, que foi cando ficha no Oviedo de Eduardo Toba, o adestrador de Muxía. Alí, no equipo ovetense, Arsenio colgaría as botas aos 34 anos deixando o fútbol activo no último partido da tempada 1964-65 no que os asturianos se xogaban a permanencia en Primeira en San Mamés ante o Athletic Bilbao. Faltando dez minutos para o final, Arsenio anotoba de xeito maxistral o 0-1 e o Oviedo conseguía o seu obxectivo. Curiosamente, Ramalletes e Iribar, dous mitos da portería, foron o primeiro e último porteiros que o noso xogador máis popular bateu como futbolista de alta competición.
FONTES:
-"Arsenio. El fútbol de El Brujo". Xosé Hermida.
-"Arsenio. El factor humano". Bieito Rubido.
-"Historia do Deportivo".Xesús Flores/Xosé Mejuto
"O RAPOSO DE ARTEIXO"
Vicente Leirachá, daquela un xoven xornalista deportivo, que andando no tempo acabaría sendo un dos seus mellores amigos, prenderíase das habilidades daquel chaval nun partido amigable disputado en Carballo entre o Bergantiños e o Varela Silvari, un modesto club da Coruña do que Leirachá era directivo. Naquel partido o once bergantiñán gañara 6-2 e Arsenio marcara catro goles. Coa súa rapidez, bo regate e cun gran sentido da verticalidade para encarar a portería, víase que ía chegar lonxe no mundo do fútbol.
Non só sería Leirachá quen quedara sorprendido do potencial do rapaz de Arteixo, rapaz ao que en pouco tempo lle cambiarían os seus plans de converterse en perito industrial xa que, a súa vida, experimentaría un vertixinoso acelerón que non tardaría en convertelo en futbolista profesional.
![]() |
Caricatura de Arsenio dos anos 50 |
Ao ano seguinte, fíchao o Fabril e ,tras media ducia de partidos, pasou ao Xuvenil, equipo que co tempo chegaría a xogar en Segunda División e que, naquel intre, era o filial do Deportivo.
Case sen darse conta, Arsenio viuse no primeiro equipo. A principios da tempada 1951-52, cando se preparaba para un desprazamento co filial, recibe un aviso de que o reclamaba Eduardo González "Chacho", o mister do Deportivo, para formar parte da convocatoria do partido que os deportivistas tiñan que xogar en Riazor contra o Atlético Tetuán. Arsenio non participaría naquela ocasión mais, unha semana despois, Chacho faríao debutar no vello campo de Les Corts contra o F.C. Barcelona. O Deportivo perdería aquela tarde 6-1, mais Arsenio, no seu debut, marcaríalle un gol ao lendario Ramallets e, posteriormente, debutaría en Riazor frente ao Español (3-1). O arteixán empezaba a ser alguén no mundo do fútbol e non tardaría en firmar o seu primeiro contrato como profesional: o seu primeiro soldo co equipo deportivista foi de 800 pesetas ao mes, que lle subirían pronto a 1.500 e unha prima de 12.000 por tempada.
A seguinte campaña, a 52-53, marcaría especialmente a súa traxectoria deportiva. O equipo estaba dirixido por Eduardo Toba, ao que sustituirían primeiro o mexicano Manuel Casal e despois Fernando Fariña sen poder evitar que o club herculino tivera que defender a permanencia na Primeira División nunha liguiña frente ao España Industrial (filial do F.C. Barcelona), Celta, Avilés, Hércules e Atlético Tetuán. Os deportivistas conseguirían o obxectivo de salvar a categoría contando co concurso do mago Helenio Herrera ao frente do equipo deportivista, un técnico arxentino que influiría notablemente na vida deportiva de Arsenio.
O futbolista de Arteixo continuaría nas filas branquiazuis ata completar cinco tempadas en Primeira, nas que sempre mantería unha gran regularidade, bo facer que o levarían a disputar un partido coa selección "B" española en febreiro de 1955 e tamén a despertar o interés do F.C. Barcelona para facerse cos seus servizos.
![]() |
El Ideal Gallego, 17.2.1955 |
Helenio Herrera, do que Arsenio garda moitos e moi bos recordos, lévao na tempada 57-58 ao Sevilla, que fora subcampeón de Liga na campaña anterior. Acababa de casarse con Carmen, a súa moza de Loureda, tiña vinteseis anos, chegaba a un club que esa mesma tempada ía a disputar a Copa de Europa e, por riba, reclamárao o adestrador de moda ¿Que máis se podía pedir? O Real Madrid tamén intentara a súa fichaxe, mais os hispalenses chegarían finalmente a un acordo co Deportivo incrementando a oferta ata un millón das antigas pesetas e a cesión de dous xogadores, Liz e Arenas. O asfixiante calor sevillano ou a morriña ou ambas cousas á vez impedirían a Arsenio facer un bo papel no club hispalense e a súa estadía alí sería o seu primeiro fracaso. O seu baixo rendimento levaríao a disputar só oito partidos nos que marcaría dous goles.O único positivo da súa curta etapa no equipo sevillista foi o seu bautismo internacional ao disputar tres eliminatorias da Copa de Europa.
Na 58-59, da man de Alejandro Scopelli, o adestrador arxentino que levara ao Deportivo ao subcampeonato ligueiro da tempada 49-50, Arsenio inicia un periplo de seis tempadas no Granada. Co once granadino, co que chegaría a disputar a final da Copa do Generalísimo de 1959 frente ao F.C. Barcelona (final que perdería o Granada por 4-1 e na que Arsenio sería o autor do gol), o arteixán xogaría ata mediados da tempada 1963-64, que foi cando ficha no Oviedo de Eduardo Toba, o adestrador de Muxía. Alí, no equipo ovetense, Arsenio colgaría as botas aos 34 anos deixando o fútbol activo no último partido da tempada 1964-65 no que os asturianos se xogaban a permanencia en Primeira en San Mamés ante o Athletic Bilbao. Faltando dez minutos para o final, Arsenio anotoba de xeito maxistral o 0-1 e o Oviedo conseguía o seu obxectivo. Curiosamente, Ramalletes e Iribar, dous mitos da portería, foron o primeiro e último porteiros que o noso xogador máis popular bateu como futbolista de alta competición.
![]() |
Arsenio, na súa etapa no Granada |
FONTES:
-"Arsenio. El fútbol de El Brujo". Xosé Hermida.
-"Arsenio. El factor humano". Bieito Rubido.
-"Historia do Deportivo".Xesús Flores/Xosé Mejuto
"O RAPOSO DE ARTEIXO"
No momento da retirada, Arsenio non tiña nada claro o que faría coa súa vida a partir de entón. Non é que amasara unha fortuna xogando ao fútbol, mais sí o suficiente para comprar pisos na Coruña aproveitando o boom immobiliario dos anos sesenta e tamén para abrir unha lavandería e unha tintorería. Ao pouco de colgar as botas ofrécenlle adestrar ao Fabril, o filial do Deportivo, mais non acababa de decidirse por mor do fregado da construcción no que andaba metido, vendendo pisos e coidando das cousas da casa. Ao ano seguinte voltan a chamalo para o Fabril e esta vez acepta. Aí empezou todo!
Faise cargo do filial do Deportivo en 1967 e dous anos despois obtería o título nacional de adestrador na mesma promoción que Puskas, Eusebio Ríos, Rodriguez Vaz...Tras catro tempadas "facendo" xogadores para o primeiro equipo, en plena campaña 70-71, co Deportivo en Segunda, Arsenio sustitue a Roque Olsen e debuta no banquillo deportivista o 3 de xaneiro de 1971 en Riazor fronte ao Racing de Ferrol, empatando a dous goles. A pesar da marcha irregular do club herculino, o arteixán non tira a toalla e opta por concentrar permanentemente durante un mes ao equipo no Balneario de Arteixo. O efecto revulsivo dos Baños levaría aos branquiazuis a ir gañando posicións na táboa ata chegar ao 6 de xuño, tamén na Coruña, no que o Deportivo vence ao Rayo Vallecano por 1-0, gol de Beci, que supón o ascenso a Primeira, xunto co Betis e o Burgos. Era o primeiro ascenso propiciado polo saber e coñecer de Arsenio, ao que se lle empeza a chamar "O bruxo de Arteixo".
Dirixe ao equipo deportivista nas dúas tempadas seguintes a 71-72 e a 72-73, as últimas dos coruñeses en Primeira ata que, dezasete anos despois, na 90-91, voltarían de novo á división de honra do fútbol español, tamén da man de Arsenio.
Mais antes disto, tralo descenso co Deportivo na 72-73, o adestrador arteixán pasaría a dirixir en Segunda, na tempada 73-74, ao Hércules de Alicante, con quen ascende a Primeira (segundo ascenso que conseguía "O Bruxo"). Co cadro alicantino é quinto na Liga, a só dous puntos do subcampeón, e ronda a UEFA na tempada 74-75; sexto na 75-76 e décimo terceiro na 76-77.
O Real Zaragoza, que descendera a Segunda ao remate da 76-77, reclámao para recuperar a categoría. Arsenio faino campeón destacado e o club maño, no que era o terceiro ascenso do arteixán, retorna a Primeira na 77-78.
O Burgos, que militaba na máxima categoría, solicita os seus servizos para a campaña 78-79 e Arsenio sería quen de manter ao equipo entre os grandes logo de acadar un digno décimo terceiro posto.
Pasa media tempada de descanso, a 79-80, mais é solicitado polo Elche para sustituir a Heriberto Herrera. O cadro ilicitano está en Segunda e loita por voltar a Primeira. Arsenio está a piques de conseguilo, quedando a dous puntos, en cuarto lugar, de Osasuna que, xunto co Valladolid e Murcia, logran o ascenso.
![]() |
Arsenio en xuño de 1982 |
O Almería, que cumplia a súa segunda campaña en Primeira, contrátao para a 80-81, campaña que o da Baiuca non remata xa que hai moitos problemas no club almeriense e apenas chega a cumplir a primeira metade da tempada. A Arsenio sustituiríao Enrique Alés, que non sería quen de evitar o descenso.
Na 81-82 "o Raposo" mantense inactivo. Voltaría á actividade para principiar a tempada 82-83, de novo ao frente do Deportivo. Cando todo parecía indicar que, nesta primeira campaña, ía rematar no ascenso, o Rayo Vallecano fai de verdugo no mismísimo Riazor, donde gaña por 1-2 o 22 de maio de 1983 na última xornada de Liga. Ao Deportivo chegáballe co empate e o Rayo quedou noveno. Na Coruña aínda non está esquecido aquel mazazo!
Volve a intentalo, mais sen éxito, nas dúas seguintes tempadas, 83-84 e 84-85. Son varias as tentativas por levalo lonxe da Coruña, mais Arsenio mantense firme entre os seus, instalado nunha vida confortable coa única preocupación da marcha dos seus negocios, e vive dúas campañas de total relax, a 85-86 e a 86-87. O Compostela de Caneda reclámao na tempada 87-88 para que lles bote unha man en Terceira para dirixir a un equipo de escasa afición, menos historia e un estadio destartalado: o vello Santa Isabel. Paralelamente, en Segunda o seu Deportiviño languidecía nos últimos postos da categoría e o socorrido cambio no banquillo, primeiro Eusebio Ríos e despois Rodríguez Vaz, non lograra variar o rumbo. Os directivos recorrerían no último tercio do campeonato, case como un talismán para salvar a categoría, a Arsenio que, con él no banquillo e con Lendoiro recén chegado á presidencia, conseguiría a salvación naquel angustioso derradeiro partido contra o Santander, cun gol de Vicente no tempo de desconto.
A campaña 88-89, a primeira do tándem Arsenio-Lendoiro, transcurriría placidamente (o equipo acabou na metade da táboa). A gran fazaña chegaría na Copa do Rei, na que o Deportivo caería eliminado en semifinais co Valladolid tras un escandaloso arbitraxe de Soriano Aladrén.
No ano seguinte, cunha plantilla discreta na que cada vez sobresaían máis os irmáns Fran e José Ramón, Arsenio volve a sacar petróleo e acaba a Liga nun cuarto puesto que lle permitía disputar a promoción de ascenso contra o Tenerife, promoción que os herculinos perderían (0-0 e 0-1) mais, a pesar da decepción, os aficionados empezaban a recobrar a fe de alcanzar o soño de xogar en Primeira.
Chega a tempada 90-91. A economía do Deportivo recuperárase notablemente e Lendoiro irrumpe con forza no mercado de fichaxes contratando a futbolistas da talla de Peio Uralde ou Villa. "Menos Koeman e algún outro, trouxéronme todo o que pedín", ironizaba Arsenio na pretempada. Durante a campaña, na que houbera luces e sombras (o arteixán chegara a presentar a súa dimisión), o equipo iría de menos a máis e acabaría xogándose o ascenso na derradeira xornada en Riazor o 9 de xuño de 1991 contra o Murcia. Pitido inicial e...cousas do demo: aos tres minutos empeza a arder a grada de preferencia e a xente salta ao campo. O partido suspéndese 45 minutos, feito que axuda a que se dispare a tensión no vestuario branquiazul. Reanúdase o encontro e os locais son un flan. O Murcia domina e dispón de varias ocasións. A historia vai camiño de repetirse mais, tralo descanso, os coruñeses saen con rabia e Stojadinovic marca o 1-0 no minuto 54, repetindo faena no 75 no 2-0. O Deportivo volvía a estar, dezaoito anos despois, en Primeira División. Na rolda de prensa Arsenio comunicaba a súa decisión de non seguir no equipo..."A presión foi tremenda. Foi un ano durísimo. A Coruña quería o equipo en Primeira no mes de setembro. Retírorome".
Así pois, tras deixar ao equipo dos seus amores en Primeira, Arsenio decide retirarse. O adestrador vasco Boronat é o seu sustituto no banquillo, un Boronat ao que a grada nunca chegaría a aceptar e ao que, tras unha irregular marcha naquela Liga 91-92, Lendoiro acabaría cesando. A xente acordábase do de sempre: "Isto é cousa para o vello" e, a falta de oito xornadas para o remate da tempada volven a chamar a Arsenio para facerse cargo do equipo e salvar a categoría, obxectivo que "o Raposo" cumpliría nunha dramática promoción co Betis (2-1 e 0-0).
![]() |
En 1995 coa Copa do Rei |
Os seguintes anos serían os máis exitosos da carreira do técnico de Arteixo. Á frente do banquillo deportivista, Arsenio sería un dos artífices do "Superdepor", un equipo humilde que, coa chegada dos Bebeto, Mauro Silva, Aldana e compañía, chegaría a contestar a hexemonía futbolística dos coñecidos como "grandes" do fútbol español. Nestes anos, o Deportivo conseguiría por primeira vez na súa historia a clasificación para competicións europeas na tempada 92-93 (Copa da UEFA), dous subcampionatos de Liga (un deles o da campaña 93-94 coñecido polo penalti errado de Djukic no último minuto do último partido do campeonato ligueiro contra o Valencia que impediría ao Deportivo gañar a súa primeira Liga) e unha Copa do Rei en 1995, o primeiro título oficial que o club conseguiría contra o Valencia nunha final que por mor dun gran diluvio que houbera en Madrid tivera que xogarse en dous días. Mais a pesar de todos estos éxitos e de que neste último ano o Deportivo se fixese campión de Copa, Arsenio sae do club non sen certa polémica coa directiva presidida por Lendoiro, un Arsenio que en outubro de 1994 inauguraba en Arteixo a avenida que leva o seu nome, ubicada na zona escolar e deportiva do Concello. Coa súa habitual retranca facía o seguinte comentario: "¡Concho!, déronme unha calle sen pisos". Mais en serio, o adestrador evocaba os paseos da súa infancia por esa senda hoxe asfaltada e urbana: "De neno, eu ía por aquí bañarme ao Rañal".
![]() |
La Voz de Galicia, 25.10.1994 |
Mediada a tempada 1995-96, e ante a crise interna que esta a experimentar o Real Madrid, daquela adestrado por Jorge Valdano, a directiva do club branco decide despedir ao técnico arxentino e fichar a Arsenio Iglesias ata final de tempada. O arteixán conseguiría dar algo de estabilidade aos merengues mais que non sería quen de clasificar ao equipo para as competición europeas.
A última experiencia do da Baiuca ao frente dun banquillo foi no 2005, cando foi designado para dirixir xunto a Fernando Vázquez o retorno da selección galega, combinado ao que adestraron nos catro encontros disputados ata o momento: Galiza-Uruguai: 3-2; Galiza-Ecuador: 1-1; Galiza-Camerún: 1-1 e Galiza-Irán: 3-2.
"Penouqueira de Arteixo,
terra de moito croio
onde lle aprendeu Arsenio
os recortes ao raposo.
Dos terróns de Riazor
a esta firma do destino.
Non hai Depor sen Arsenio
e Arsenio sen Deportivo"
Os Diplómaticos de Monte Alto
FONTES:
-"Arsenio. El fútbol de El Brujo". Xosé Hermida.
-"Arsenio. El factor humano". Bieito Rubido.
-"Historia do Deportivo".Xesús Flores/Xosé Mejuto
MÁXIMO MOSQUERA "PITOS", UN FUTBOLISTA DE NOVELA
Mestre,
futbolista profesional,
banqueiro, alcalde, xerente do Balneario...se
hai un persoeiro
da
nosa bisbarra
que
é coñecido
polas múltiples
actividades
que
realizou ao longo da súa vida, ese non é outro que Domingo Máximo
Mosquera Calvete, un
arteixán ao
que toda a veciñanza da súa vila natal coñece polo
alcume de Pitos.
![]() |
Pitos
nos anos 50 co Penouqueira
|
O
seu enorme talento levárao a fichar uns anos antes, nos primeiros
50, na categoría xuvenil do Santa Margarita,
que
chamara
a súa atención
nun dos amigables que xogara en Arteixo contra o Penouqueira. Mais
a estadía
de Pitos
neste
equipo da Capital
sería efímera xa
que non tardaría en fichar no Deportivo, con
quen
se proclamaría campión galego de xuvenís en 1953 baixo
a batuta
do
arxentino Rafael Franco, que
fora un
dos integrantes da lendaria dianteira Orquesta
Canaro coa
que o Deportivo fora subcampión
de
Liga na tempada
1949/50. “Este
pibe es un fenómeno”,
dicía
habitualmente o técnico arxentino sobre
o futbolista arteixán
abandeirado
do número
10, a mesma camiseta que vestira
ata
a campaña anterior un
tal Luís Suárez, co tempo bo amigo do noso protagonista.
Naquela
altura o Deportivo da Coruña creara un equipo na Serie A Rexional, o
Deportivo “A”,
coa idea de que os seus xogadores xuvenís se fosen fogueando
competindo con equipos como o Astano, Esteiro, Flavia, Brigantium,
Ordes,
Sporting
Lugo, Noia ou mesmo co
Fabril, o
outro filial
do Deportivo. Pitos
xogaría
neste Deportivo
“A”
ata a tempada 1956/57, que foi cando debutou
en
3ª División co
Fabril que,
por aquelesdías, dirixía Antonio Vilar Chao,
fillo
do
galeguista Antonio
Vilar Ponte
e
un
dos integrantes do Deportivo que acadara na
tempada 41/42
o primeiro ascenso a 1ª División
do
cadro branquiazul.
No
equipo
fabrilista Pitos
compartiría
vestiario con futbolistas da talla de Mangana, Acuña, que era irmán
de
Xanetas,
o porteiro do primeiro
equipo deportivista,
Porvén,
Chas,
Gerardo
de Meicende,
Bouza e
un longo etcétera de xogadores que, nalgúns casos, reforzarían
algunha que outra vez aos equipos que disputaban os torneos de
verán
que se organizaban no Balneario de Arteixo por aqueles anos 50.
Precisamente sería nun destos partidos veraniegos xogados
no campo do recinto termal, onde Pitos
sufriría
unha gravísima lesión de xeonllo que estivera a piques de truncar a
súa carreira deportiva mais,
con
todo, emulando o afán de superación do astro brasileño Garrincha,
que tiña a perna dereita 6 centímetros máis curta que a esquerda,
o
futbolista da Baiuca
sería quen de seguir xogando ao fútbol grazas, en gran medida ao
traballo do masaxista do Deportivo, Vicente Cucarella.
A
súa pequena coxeira non sería impedimento para ser dos futbolistas
máis destacados do Fabril durante a tempada 57/58
na que, segundo informaba o xornal La Noche na súa edición do 12 de
novembro de 1957, despertara o interés de varios equipos...”En
el mismo Fabril está el jugador Pitos por el que se interesa el
Cádiz y la Cultural Leonesa”,
mais
finalmente o da Baiuca seguiría defendendo as cores do Fabril, onde
xogaría a un alto nivel a tempada
58/59
e parte da 59/60, que foi cando fichou no Racing de Ferrol, equipo
naquela hora de 2ª División.
O
futbolista arteixán,
sempre co 10 ás costas, debutaría
no once ferrolano o 1 de novembro de 1960 nun Racing-Sestao no
que Pitos,
a
pesar de que os locais perderían 2-3,
deixaría a súa pegada ao anotar o seu primeiro gol cos
racinguistas. No
anecdotario do
seu paso polo once departamental
tamén queda unha eliminatoria da Copa
del Generalísimo,
a actual Copa do Rei, na que o Racing de Ferrol
se
enfrontou
ao F.C. Barcelona dos Ramallets, Kubala, Luís
Suárez
e compañía. O equipo galego, con Pitos
xogando de titular, perdería no Nou Camp por 7-1 mais cóntase que
Helenio Herrera, o
adestrador do equipo catalán,
quedara sorprendido
coa
exquisita técnica do da
Baiuca
e que chegara a interesarse por él. A modestia de Pitos,
con quen falamos recentemente, di que esta información non é
verídica mais, houbera
algo ou non,
deixamos o
seguinte apuntamento
que o escritor arteixán Antón Castro fai sobre Pitos
na súa novela “El álbum del Solitario”:
“Nosotros
lo admirábamos por sus buenas maneras y porque sabíamos que había
estado a prueba en el
Barcelona en los tiempos de Kubala y Luis Suárez (algunos decían
que había sido el delantero más grande del Penouqueira en toda su
historia, mejor incluso que Arsenio), pero una inoportuna lesión le
apartó del fútbol. Redondo y más bien pequeño, era un extremo
hábil y veloz, autenticamente letal; su dominio del balón resultaba
tan apabullante que en ocasiones, en verano, se permitía jugar
descalzo”.
Ao
remate daquela tempada 1959/60 na que pasarían polo banquillo do
Racing de Ferrol ata catro adestradores: Román Galarraga, Tomás
Castro, Hilario Marrero e Ramón Miranda, o cadro departamental
descendería a 3ª despois de xogar dezaseis campañas consecutivas
en 2ª División. Pitos
permanecería na cidade departamental a tempada seguinte, a 1960/61, na que os
racinguistas non serían quen de recuperar a categoría perdida.
Na 61/62 volta de novo ao Fabril, onde colle os galóns de capitán
e, unha vez máis, é dos xogadores máis destacados. Desta
campaña cabe destacar como dato anecdótico que o 29 de abril de
1962 o futbolista da Baiuca defendeu as cores do C.D. Lugo nun
partido amigable contra o Celta
que os da muralla venceron por 2-1.
![]() |
La
Hoja del Lunes,
16 de outubro de
1961
|
Actualmente,
con 80 invernos ás costas, Pitos pasa boa parte do día no
Balneario de Arteixo, un establecemento que os irmáns Mosquera
Calvete levan administrando dende hai máis de medio século e no que
este persoeiro de Arteixo viviu momentos inesquecibles da súa vida
deportiva, momentos que non hai moito tempo tivemos a fortuna de que
nos transmitira no recinto termal. Un deles foi o partido do que
falamos a continuación, o Penouqueira-Fabril, que se xogou en xullo
de 1958 e no que a parte de Pitos participaran, entre outros,
Arsenio Iglesias e o grandísimo xogador coruñés do F.C. Barcelona
Luís Suárez.
FONTES:
- CASTRO,
ANTÓN. El Álbum
del solitario.
Ediciones Destino. Barcelona, 1999.
O vello estadio de Riazor foi o lugar dun enfrontamento, no ano 1924, entre o R.C. Deportivo e a selección do Uruguai. Os charrúas fixeran a travesía atlántica para participar no torneo de fútbol das Olimpiadas de París, mais antes de desprazarse a Francia xogarían catro partidos de preparación en terras galegas, dous na Coruña e outro par en Vigo.
En Riazor os uruguaios venceron nos dous encontros, que foron duros e co público apupándoos á mínima oportunidade. Cousas do destino, despois daqueles amigables, Uruguai convertiríase no gran dominador do fútbol mundial durante unha década, xa que logo de acadar o ouro en París, faría o mesmo nas Olimpiadas de 1928 celebradas en Amsterdam, e tamén no Mundial de 1930, onde os charrúas obterían, xogando como anfitrións, o campionato do mundo.
Uns días antes da chegada de Uruguai á Coruña, en abril de 1924, fundábase en Meicende a Sociedade Recreativa e Instructiva La Esperanza, sociedade aínda hoxe existente, que xoga os seus partidos baixo o nome de Sporting. Seguramente por mor da súa proximidade á Coruña, onde a rapazada local fora testemuña da efervescencia do fútbol herculino ao acudir habitualmente a ver os partidos que se xogaban nos barrios veciños da Silva, da Moura, do Ventorrillo ou da Grela, Meicende foi, coa creación da Sociedade La Esperanza, o primeiro lugar de Arteixo onde se comezou a xogar ao fútbol dun xeito máis ou menos serio. Entre aquela rapazada, aqueles pioneiros do balón, estaban entre outros, Héctor Núñez e os irmáns Rogelio, Arturo e Manuel Míguez Souto, mozos que nos casos de Héctor e Manuel non tardarían en facer a maleta e emigraren a Montevideo na procura dunha mellor vida. No novo país de adopción, no que non tardarían en crear a súa familia, a paixón polo fútbol dos dous emigrantes de Meicende seguiría intacta e celebrarían, como dous uruguais máis, a vitoria da celeste no Mundial de 1930. Tanto un coma o outro transmitiríanlle aos seus descendentes esa paixón polo deporte rei e, co tempo, dous fillos de Héctor, Raúl e Héctor, chegarían a ser futbolistas profesionais, este último cunha brillante carreira no Nacional de Montevideo e no Valencia C.F. O caso de Manuel non sería menos. Curiosamente, un dos seus fillos tamén chegaría a ser profesional e o mellor do conto é que aínda hoxe é lembrado coma un dos mellores xogadores uruguaios de todos os tempos. Estamos a falar de Óscar Omar Míguez Antón.
Nado o 5 de decembro de 1927 en Montevideo, o "Cotorra" Míguez (alcume que lle quedaría por mor dunha gorra verde que usaba na súa infancia) comezaría a xogar no Araicuá e despois dun campionato de menores organizado pola IASA (Institución Atlética Sud Americana) en 1943, entraría a formar parte das divisións inferiores deste equipo xunto con Alcides Ghiggia e Antonio Sacco, o seu amigo da alma. A finais de 1947, despois dun partido soberbio no que Míguez marcara tres goles, comunícanlle que o Peñarol estaba interesado en facerse cos seus servizos para xogar en Terceira co segundo equipo. O soño da súa vida estaba a piques de facerse realidade. O inglés Randolph Galloway, naquela hora adestrador do primeiro equipo, logo de observar as calidades técnicas do "Cotorra" e quedar asombrado con elas, non tardaría en dicir: "Este chico es mucho para Tercera; mándenmelo a mí", e subiríao inmediatamente ao primeiro equipo. Esa confianza que Galloway depositara nel traducíase cada partido en goles, feito que levaría ao "Cotorra" a ser o goleador do campionato daquel ano de 1948, o do seu debut en Primeira División, anotando 8 tantos ata que houbo unha folga de xogadores que paralizou a competición. Míguez tamén sería o máximo goleador do campionato seguinte, o de 1949, no que formara parte daquel magnífico equipo onde brillaran, xunto a el, Alcides Ghiggia, Juan Schiaffino, Juan Hohberg e Vidal, futbolistas que pouco tardarían en darlle unha inmensa alegría a súa nación: o famoso "maracanazo".
O "Cotorra" debutou coa selección uruguaia o 30 de abril de 1950, nun partido amigable de preparación para o Mundial de Brasil disputado en Río de Janeiro ante Paraguai, partido no que tamén xogara coa celeste Hugo Villamide, galego de Carballo, e que os charrúas perderon por 3-2.
![]() |
La Voz de Galicia, 11 de xullo de 1950 |
O día 2 de xullo, Uruguai xoga o primeiro partido do Mundial e gaña por 8-0 a Bolivia con goles de Ghiggia, Vidal, Pérez, dous de Schiaffino e tres de Míguez, vitoria que clasificaba á celeste para a serie final, na que se enfrontaría por sistema de liguiña a Suecia, España e Brasil, os campións dos outros tres grupos. No primeiro partido desta liguiña final, os charrúas empatan a dous goles con España e no segundo vencen, despois de chegar ao descanso con 1-2 no marcador, a Suecia por 3-2, con goles de Ghiggia e dous de Míguez. E chegamos á tarde do 16 de xullo de 1950 coa derradeira xornada. Aos brasileiros chégalles cun empate para ser campións do mundo. Os uruguaios teñen que gañar para selo. Na véspera daquel partido decisivo, a concentracción da canarinha fora transformada en sede política e trampolín para a promoción persoal. Os xogadores andaban de brazo en brazo, sempre cun fotógrafo ao carón, para mostrarlle ao pobo que o candidato político X era amigo de Ademir, de Zizinho, de Jair...A vitoria era unha esixencia de honra nacional e dábana por feita. Na concentración brasileira e nos seus arredores só había festa, foguetes e barullo, moito barullo. Ninguén durmiu naquela noite e, segundo a revista Placar Magazine, moito menos os xogadores.
Brasil e Uruguai saen ao campo. Moita xente de Meicende está pendente do transistor para saber o que fai o rapaz dos "Mighés". Durante os primeiros 45 minutos os anfitrións puxeran cerco a unha férrea defensa uruguaia soberbiamente controlada polo grande Obdulio Varela e cun sobresaínte Máspoli no marco. Catro minutos despois da reanudación, un fallo na defensa celeste permite a Brasil adiantarse no marcador por medio de Friaça. Maracaná vénse abaixo e, agora si, os seareiros da canarinha agardan por un diluvio de goles que nunca chegaría. E pasou o que ninguén contaba. Uruguai adianta a posición de Obdulio Varela e entra máis en xogo e, aos 65 minutos, abren un balón á dereita a Ghiggia. O pequeno extremo centra sobre Schiaffino quen, desmarcado, bate a Barbosa co seu xute (1-1). O empate seguíalle valendo a Brasil para ser campión do mundo mais, faltando once minutos para o remate do partido, Ghiggia recolle un pase retrasado de Pérez e anota o 1-2 definitivo. Os 200.000 seareiros parecían feitos de pedra, insensibles a reaccionar aos xestos de alegría dos futbolistas uruguaios. Dez minutos despois toda a nación do Brasil estaba de loito.
O "Cotorra" deixou unha grande impresión no campionato, onde o seu soberbio fútbol converteuse en lenda pola rapidez mental e un dominio pouco común da pelota, con goles e remates a porta de chilena ou de rabona e recibiría varias propostas do fútbol europeo. Mais rexeitaría as ofertas, xa que sempre priorizou o seu amor polo Peñarol, equipo co que conseguiu o campeonato uruguaio en 1951, 1953 e 1954. Neste último ano participa con Uruguai no Mundial de Suiza, onde anota un dos dous goles que a celeste lle endosou a Checoslovaquia no primeiro partido da primeira rolda. No segundo enfrontamento desta fase inicial, Uruguai vence a Escocia por 7-0 con tres goles de Borges, dous de Abbadie e outros dous do "Cotorra", resultado que lle daba o pase a cuartos de final, no que vencen a Inglaterra por 4-2. A celeste estaba en semifinais. A Hungría de Kocsis e Puskas era o rival para pelexar por un posto na final. O "Cotorra" chegaba a este partido decisivo no seu mellor momento de forma mais, lamentablemente, os caprichos infantís dalgúns dirixentes da federación, que non foran quen de manexar con coherencia un problema leve na concentración da selección, levarían a Míguez a ser apartado do equipo acusado de indisciplina e non xogaría ante os húngaros. Uruguai perdería 4-2 no que para moitos foi o mellor partido da historia dos mundiais. Os húngaros gañaban por 2-0 cando só faltaba un cuarto de hora para o remate, mais no minuto 75, Hohberg, que sería adestrador de Uruguai en 1970, anota o 1-2 e a tres minutos do final do partido repetiría a faena. O once sudamericano aínda tería ocasión de gañar aquela semifinal xa que, no tempo de desconto, unha pelota de Schiaffino quedaría no barro, a poucos centímetros da liña de gol, co porteiro húngaro xa batido. Dous goles na prórroga de Kocsis, máximo goleador do Mundial con 11 tantos, daríanlle o pase a Hungría á gran final. O equipo uruguaio despediríase do Mundial de Suiza xogando o partido polo terceiro e cuarto posto contra Austria, partido que a celeste perdería por 3-1 con Míguez formando parte do once titular.
![]() |
O "Cotorra" Míguez |
Nas semanas posteriores á cita mundialista, tanto o F.C. Barcelona, como o Valencia e o Milán tentaron fichar ao "Cotorra", mais el, logo de que os tres equipos chamaran varias veces á súa porta, seguiría sendo fiel ás cores do Peñarol.
Dous anos máis tarde, entre o 21 de xaneiro e o 15 de febreiro de 1956, Arxentina, Brasil, Chile, Paraguai, Perú e Uruguai disputan en Montevideo, por sistema de liguiña, a Copa América. Míguez, con vinte e oito anos acabados de cumprir, anotou nos tres primeiros partidos de competición, marcando un dos catro goles da vitoria (4-2) de Uruguai diante de Paraguai, outro no 2-0 contra Perú e, outro tanto máis, no 2-1 a Chile. Os charrúas, cun empate a cero goles na penúltima xornada con Brasil, e unha victoria pola mínima (1-0) na última diante de Arxentina, gañaron aquel campionato no que o "Cotorra", en plan estelar durante os cinco partidos, sería elexido o mellor xogador do torneo.
Nos últimos anos da década dos cincuenta, 1958 e 1959, conseguiría dous torneos ligueiros máis co Peñarol. O último deles foi o do seu adeus definitivo do equipo dos seus amores co que disputaría, entre os anos 1948 e 1959, 137 partidos e anotara 107 goles. A súa impecable media anotadora vestindo a camiseta negra e amarela foi de 0,78 goles por partido. Uns meses antes, o 30 de abril de 1958, xogaría o seu último encontro coa selección nun amigable en Bos Aires contra Arxentina que os uruguaios perderían por dous goles a cero. Coa celeste xogou 39 partidos e anotou 28 goles entre 1950 e 1958, deixando para o recordo xogadas e tantos inesquecibles, como as súas clásicas chilenas e rabonas. Con eses 28 goles é un dos máximos artilleiros coa selección no profesionalismo e ademais, a día de hoxe, segue sendo o máximo goleador de Uruguai na historia dos mundiais con oito tantos (5 en Brasil 1950 e 3 en Suiza 1954).
![]() |
Míguez con Pelé |
En 1960, xa ao final da súa carreira deportiva, Míguez vaise ao Perú, onde xogaría seis meses no Sporting Cristal de Lima baixo as ordes do arxentino Carlos Peucelle e o peruano Víctor Pasache, con quen terminaría terceiro no campionato ligueiro dese ano 60 anotando 10 goles en 18 partidos. O "Cotorra" axudaría a que o Sporting Cristal medrara, o que permitiría ao club gañar na tempada seguinte o seu segundo campionato do Perú. Na súa estadía peruana, unha noite chegou ao hotel no que se hospedaba un mozo brasileiro e pediu que lle presentasen ao "Cotorra". Simplemente quería coñecer ao sensacional futbolista que lle amargara a infancia cando vivía no interior do estado de Minas Gerais e oía pola radio a debacle dos brasileiros no Mundial de 1950. Aquel mozo non era outro que Edson Arantes do Nascimento, coñecido mundialmente por Pelé.
No ano 1961, o noso protagonista volta a Uruguai, onde ficha polo modesto Rampla Juniors xunto a outra gloria do fútbol, o arxentino Ángel Labruna. Durante a tempada o club sufriría para manter a categoría e, finalmente, remataría o campionato nun decepcionante sétimo posto. Óscar Omar Míguez Antón, o fillo daquel emigrante de Meicende que chegara a Montevideo nos anos vinte, poñería fin a súa carreira deportiva en 1962 no Colón Fútbol Club, equipo da Segunda División uruguaia. Mais a saga dos Míguez continúa, xa que Pablo, un dos fillos do "Cotorra" (tívoo con 60 anos), é tamén futbolista profesional. Tras debutar en 2008 co equipo uruguaio do Danubio e xogar durante dous anos en Arxentina co Unión Santa Fé, Pablo Míguez defende actualmente as cores do Alianza de Lima.
O que para moitos foi o mellor 9 de Uruguai de todos os tempos faleceu, con 78 anos, o 19 de agosto de 2006 por mor dunha crise cardíaca. Os seus restos descansan no Panteón dos Olímpicos no cemiterio do Buceo de Montevideo.
RAMÓN VILLAVERDE, O URUGUAIO-ARTEIXÁN DO F.C. BARCELONA
![]() |
Ramón Villaverde |
Ramón Villaverde empezaría a xogar na tempada 1949-50 no Liverpool de Montevideo, onde demostraría de contado unha innata capacidade goleadora que o acabarían levando ao fútbol colombiano, daquela o mellor pagado do continente americano. Alí, no país cafeteiro, defendería primeiro as cores do Cúcuta Deportivo (50-51) e posteriormente do "Ballet Azul" de Millonarios de Bogotá (1952-54) equipo no que chegaría a formar unha dupla máxica con Alfredo Di Stéfano. As boas actuacións dos dous futbolistas en terras colombianas non pasarían desapercibidas para os grandes do fútbol español e, deste xeito, Di Stéfano acabaría fichando no Real Madrid e Villaverde no F.C. Barcelona, clube ao que chega en xullo de 1954 da man do directivo Pedro Salvat e de Josep Samitier.
O seu debut coa camiseta blaugrana prodúcese en Les Corts frente ao Sevilla na xornada inaugural da Liga (12.9.1954), partido que o Barça gaña 4-2 e no que Ramón marca o primeiro gol batendo de cabeza ao meta sevillista Bustos. Mais se había unha data emotiva para o futbolista uruguaio-arteixán, esa era a do 20 de marzo de 1955, día no que o R.C. Deportivo da Coruña e o F.C. Barcelona se enfrontaban en Riazor, en partido correspondente á xornada 27. Villaverde ía pisar por primeira vez a terra da que tanto lle falaran na súa infancia, a terra que vira nacer a seus pais... polo que, familiares e veciños dos seus proxenitores, tiñan o corazón dividido entre o Barça no que xogaba o fillo daqueles rapaces da Pedreira e de Rañobre que tiveran que facer a maleta da emigración e o Deportiviño no que xogaba outro arteixán: Arsenio Iglesias. O partido remataría 2-2 e Ramón anotaría un dos goles do seu equipo.
Dúas semanas despois daquel enfrontamento, chegaban á cidade herculina Matilde Vázquez e Mario Villaverde, nai e irmán do noso protagonista. Matilde, que naquela hora tiña 62 anos e xa estaba viúva do seu home, a quen coñecera en Uruguai, emigrara do seu Rañobre natal aos 16 anos e facía 46 que non pisaba a súa terra. Despois de tanto tempo sen ver á familia (os pais xa morreran), botaría unha longa tempada en Rañobre na casa dun de seus irmáns e, pola súa banda, os seus fillos Mario e Ramón, que chegara en xullo á Coruña para asistir ao casamento do seu compañeiro Dagoberto Moll, coñecerían nese verán de 1955 a toda a familia materna e paterna da Pedreira, de Suevos e de Figueiroa, lugar no que aínda hai xente que se lembra da axitación que causara a visita do futbolista do F.C. Barcelona.
![]() |
La Voz de Galicia, 14 de abril de 1955 |
A posición de Villaverde no campo tanto podía ser a de interior como a de extremo, mais neste caso tiña tendencia a bascular cara o centro do campo, onde podía explotar mellor a súa extraordinaria visión da xogada. Digno representante da escola sudamericana, o seu binomio co galego Luís Suárez abofé que sería recoñecido pola súa maxia e facilidade de por en pé, co espectacular xogo combinativo de ambos, ao graderío blaugrana. Adiantado ao seu tempo polo feito de non permanecer fixo na banda, senón que tiña tendencia a romper polo centro buscando outras alternativas de ataque, Ramón tiña un remate portentoso e un gran dominio do balón, ata o punto que sabía recortar ao contrario sen chegar a tocar o esférico. Nun tempo de poucos encontros internacionais e de certas facilidades para que os futbolistas chamados oriundos vestiran a camiseta de España, o seu bo facer no Barça tamén o levaría a xogar un partido coa selección española, partido disputado en Barcelona o 31 de maio de 1956 que España perdería por 2-5 ante Alemaña.
O futbolista de raíces arteixás tería o seu cenit no Barça baixo a dirección de Helenio Herrera, nunha eliminatoria de 1/4 da Copa de Europa de 1960 fronte aos temibles "Wolves", o alcume co se coñecía ao Wolverhampton inglés. Na noite do 10 de febreiro de 1960, na ida no Camp Nou, o Barcelona vence aos británicos por un contundente 4-0 con goles de Villaverde (2), Kubala e Evaristo. Na volta, o 2 de marzo do mesmo ano, a exhibición é total e o público inglés ovaciona ao equipo blaugrana ao remate do partido: 2-5 con gol de Villaverde e catro de Kocsis. Aquel Barça sería eliminado nas semifinais polo Real Madrid, que sería o Campeón daquela edición da Copa de Europa de 1960.
Villaverde non xogaría a célebre final dos paos cadrados de Berna, o 31 de maio de 1961, final da Copa de Europa que o Barcelona perdería por 3-2 ante o Benfica de Lisboa. Instalado xa nun suave declive, o futbolista fillo de arteixáns, permanecería no clube catalán ata o 27 de outubro 1963, que foi o día no que decía adeus á afición barcelonista nun partido amigable ante o Racing de París no que esgotou a súa retirada ata o minuto 12 do segundo tempo, como resistíndose a deixar unha camiseta pola que sentía verdadeira devoción e que tantas alegrías lle dera. Cando deixou o campo fixoo acompañado por unha ovación ensordecedora..."La emoción que he sentido esta tarde al recibir los aplausos y los cumplidos que me han sido dedicados sólo se puede explicar con el corazón. No hay palabras". Durante a súa etapa no vestiario blaugrana a afición e os seus compañeiros apreciárano moito polo seu carácter sinxelo e chan, que acabaría demostrando na tempada 1963-64 ao aceptar xogar cedido o último ano de contrato no Racing de Santander con estas palabras: "Aún no soy viejo para el fútbol, pero ya lo estoy para jugar en el Barça".
![]() |
O día 27 de outubro de 1963 Villaverde despedíase do Barça |
No F.C. Barcelona xogaría un total de 322 partidos oficiais, marcando 136 goles e obtendo dúas Ligas (58-59 e 59-60), tres Copas del Generalísimo (57, 59 e 63) e dúas Copas de Feiras (58 e 60), rexistros que a día de hoxe aínda o sitúan entre os mellores futbolistas da historia do clube catalán.
Ramón Alberto Villaverde Vázquez falecería en Barcelona aos 56 anos de idade o 15 de setembro de 1986 por mor dunha afección cardíaca.
MARIANO ARANA
Se hai un país que garda especial relación con Arteixo pola gran cantidade de persoeiros, dun e doutro lado do charco, que teñen lazos de unión co noso concello ese é Uruguai. Xa vos falei dun deles, o futbolista Oscar Míguez, fillo de emigrantes de Meicende que foi campeón do Mundo en 1950 coa camiseta celeste no famoso Maracanazo. Mais teño pendente contarvos, nestas Crónicas de Arteixo, casos coma o de Washington Cataldi, Subsecretario de Industria do país sudamericano no período 1969-71 e presidente do Peñarol en varias etapas que viña a pasar o verán á casa de súa sogra, en Uxes; de Héctor Núñez, fillo de emigrantes de Meicende que chegaría a xogar no Valencia nos anos 60 e posteriormente a adestrar, entre outros clubes, ao Atlético de Madrid; de Ramón Villaverde, fillo de emigrantes de Arteixo (a nai era de Rañobre) que a día de hoxe está considerado coma un dos mellores xogadores da historia do F.C. Barcelona; de Nelson Cedeira, o propietario do bar Fénix (o que está ao carón do Balneario), que foi futbolistas de Wanderers e de Fénix, equipo no que xogou xunto ao lendario Enzo Francescoli; do pai de Nelson, Francisco Cedeira Mallo, veciño da Catuxa que emigrou a Montevideo e sería durante moitos anos directivo do Salus F.C., equipo que ascendería de xeito consecutivo catro categorías ata acadar a 2ª División do fútbol uruguaio; de José Figueiras España, o popular Mariñeiro pai da concelleira de Terra Galega (Tega) Charo Figueiras, que foi directivo do Racing Club de Montevideo durante varios anos; de Alfredo Martínez, antigo fútbolista do Deportivo fillo de emigrantes de Lañas e de Bértoa...e dun longo etcétera...mais hoxe vouvos falar de Mariano Arana Sánchez, arquitecto e ex-Ministro de Vivenda, Ordenamento Territorial e Medio Ambiente de Uruguai e ex Alcalde de Montevideo.
![]() |
Mariano Arana |
No seu paso pola Universidade, Mariano Arana destacaría non só polo desempeño no plano académico, senón tamén polo seu activismo social e gremial, sendo nos anos 50 un activo militante e dirixente do Centro de Estudiantes de Arquitectura (CEDA) e da Federación de Estudiantes Universitarios de Uruguai (FEUU), na que ocupou a secretaría de asuntos gremiais, actividade que o levaría a involucrarse directamente nas loitas sociais e antiimperialistas que caracterizaron o final dos anos 50 e o principio dos 60. Nesta etapa, ademais de marcar a súa ideoloxía política, marcaría tamén a súa forma de interpretar a arquitectura e o urbanismo desde unha mirada fortemente contemporánea, tinguida tanto polo pensamiento das vangardas artísticas e culturais como co seu forte compromiso social.
No perfil deste persoeiro de orixe arteixán hai que destacar tamén o seu compromiso cultural. Interesado profundamente nas más diversas manifestaciones contemporáneas, como o as artes plásticas, a música, o teatro ou a literatura, Mariano Arana vinculouse cos movimentos e as correntes de vangarda nos anos 50 e 60 en Uruguai, vinculación que no caso do teatro independente, en especial na institución teatral “El Galpón”, levaríao, xunto con Mario Spallanzani a intervir en diferentes intres nos procesos de rehabilitación de varias salas para albergar actividades culturais.
Impulsado por ese ánimo, xunto con outros universitarios, intelectuais compañeiros da Federación de Estudiantes fundaría a editorial Ediciones de la Banda Oriental (EBO), un dos emprendementos culturais innovadores dos anos 60, que participou de xeito destacado no “boom editorial” desa década, así como tamén foi un notable referente cultural en tempos da dictadura uruguaia (1973-1985), promovendo especialmente a difusión de obras literarias de autores nacionais e clásicos universais, así como traballos sobre a realidade política e cultural e investigacións históricas, actividade que o levaría a presidir a Comisión de Patrimonio Histórico, Artístico e Cultural de Uruguai entre os anos 1985 e 1989.
Pola súa actividade profesional foi recoñecido por organizacións internacionais de arquitectos e entidades vinculadas coa profesión, merecendo, entre outras, as distinciones outorgadas pola Federación Panamericana de Asociaciones de Arquitectos (FPAA), a que lle outorgou no seu Congreso do ano 1999 a Medalla de Ouro á traxectoria profesional e pola VI Bienal Iberoamericana de Arquitectura y Urbanismo, celebrada en abril de 2008 en Lisboa, na que se lle concedeu o Premio Iberoamericano ao conxunto da súa traxectoria. Tamén recibiría outras distinciones internacionais como a
Orden Nacional ao Mérito da República Francesa, a Orden Cruzeiro do
Sul del Gobierno Federativo de Brasil e a Cruz de Mayo outorgada polo
Goberno arxentino.
![]() |
Mariano Arana |
Mais, aparte da súa actividade no mundo da arquitectura e no eido cultural, Mariano Arana tamén é un persoeiro coñecido pola súa actividade política. O noso protagonista foi fundador de Vertiente Artiguista, partido polo cal foi elexido Senador da República en 1989, cargo que ocuparía en dúas etapas: 1990-2004 e 2008-2010, nas que formaría parte da comisión
permanente do Senado entre 1991 e 1992, así como da comisión do presuposto. En 1994 foi segundo vicepresidente da Cámara
uruguaia e posteriormente sería alcalde de Montevideo polo Frente Amplio desde 1994 a 2005, ano no que Tabaré Vázquez asume a Presidencia da República e nomea a Mariano Arana Ministro de Vivenda, Ordenamiento Territorial e Medio
Ambiente, un Arana que coincide no Goberno con José Mujica, líder do Movimiento de Participación Popular (sector maioritario do partido de esquerda Frente Amplio) que sería Ministro de Gandería, Agricultura e Pesca entre 2005 e 2008 e, entre 2010 e 2015, Presidente da República, un Mujica que para moit@s, entre os cales me incluio, é un dos primeiros referentes políticos mundiais.
Nun acto promovido polo concelleiro de cultura daquela hora, Juan Antonio Mouzo, ás 13:00 horas do 14 de maio de 2004 Mariano Arana Sánchez era recibido na Praza do Concello polo Alcalde arteixán Manuel Pose e, tras asinar no libro de Honra, entraba no Salón de Plenos da Casa do Concello de Arteixo donde o agardaban os membros da corporación municipal e resto de autoridades que asistiran ao acto, entre elas o Presidente da Xunta Manuel Fraga, o Conselleiro de Presidencia, Xaime Pita e o de
Emigración Aurelio Miras, o Alcalde da Coruña Francisco Vázquez e o Presidente da
Deputación Provincial da Coruña Salvador Fernández Moreda para asistir ao merecido nomeamento de Mariano Arana Sánchez como Fillo Adoptivo de Arteixo.
ALEX LOMBARDERO, O CAMPIÓN DO MUNDO DE OSEIRO
En ocasións, o fútbol vólvese tan desalmado como a existencia de calquera. Se cadra porque o chamado deporte rei tamén consista non perpetuo desencontro ou, acaso, porque neste xogo todas as nosas esperanzas convírtense tarde ou cedo en torpes verdades ou, tal vez, porque ninguén, en ningunha das realidades, fútbol e vida, sexa quen de prever que a mala sorte poida cruzarse no risoño destino de un. Así lle aconteceu ao protagonista desta historia, a quen os infortunios da vida levaríano a retirarse dos terreos de xogo con tan só 27 anos por mor dunha extraña enfermidade dexenerativa.
Fillo do leonés José Antonio Lombardero e da asturiana María Luisa Menéndez, que chegaran a Arteixo nos anos 70 por motivos laborais procedentes de Madrid, Álex daríalle as primeiras patadas a un balón nas rúas da Urbanización Sol e Mar de Oseiro, o lugar no que se instalara a familia despois de residir durante un tempo na parroquia de Loureda.
Nado o 1 de marzo de 1979, dende moi meniño xa apuntaba maneiras e víase que tiña unhas innatas condicións para a práctica do fútbol, condicións que non tardarían en despertar o interés de varios equipos da Coruña, sendo o Montañeros o que finalmente se faría cos seus servizos. De aí pasaría ao Imperator, cadro co que quedaría imbatido, tanto no campionato ligueiro como na Copa, e co que se proclamaría campión galego xogando ao carón de seu irmán Óscar, un ano máis novo que el. Aqueles son tempos nos que o rapaz da popular barriada de Oseiro empezaría a contar tamén coa confianza dos técnicos da selección coruñesa, Cedeira e Agulló, e o da galega, Fernando Blanco, quenes o citarían de xeito habitual para os compromisos nos diferentes torneos das categorías inferiores. O bo facer de Álex tampouco pasaría desapercibido para Teodoro Nieto, responsable da selección española Sub-15, que convocaría ao arteixán para participar en Francia no Torneo Mundial de Montaigu disputado en abril de 1994 onde, os da camiseta vermella, quedarían clasificados no sétimo lugar.
Posteriormente, nun abrir e pechar de ollos, Lombardero abandonaría o Imperator e probaría fortuna en Xixón, a cidade natal de súa nai María Luisa, onde forma parte do plantel do cadro xuvenil de primeiro ano do Sporting. Alí, os responsables de Mareo, vendo que ese equipo quedáballe pequeno, subiríano de contado ao da División de Honra, no que Álex nunca se sentiría o suficientemente cómodo e, por iso, acabaría recalando nos xuvenís do C.D. Lugo na tempada 1996/97.
A chegada á cidade das murallas cambiaría, e de que xeito, a vida do fillo maior de José Antonio e María Luisa, un rapaz que sendo aínda xuvenil debutaría en Segunda División B co primeiro equipo na primeira xornada da campaña seguinte, nun partido que os lucenses empatarían a un gol no Anxo Carro contra o Real Madrid B. Gonzalo Edrosa, técnico do Lugo naquela altura, seguiríalle dando confianza ao mozo de Oseiro que, ao longo desa tempada disputaría en Segunda B un total de 26 partidos nos que anotaría 5 tantos. Álex tamén debutaría por aqueles días, o 2 de outubro de 1997, coa selección española Sub-18 da man de Andoni Goicoetxea en partido correspondente de clasificación para a Eurocopa no que España acadaría unha victoria frente a Bélxica por 2-0. O noso futbolista marcaría o primeiro gol e sería sustituído por Mario Alberto Rosas no minuto 75. Unhas semanas máis tarde, o 5 de novembro, anotaba o segundo tanto na victoria por 0-2 ante Bélxica e, o 20 dese mesmo mes, xogaría 75 minutos de titular no triunfo ante Italia por 1-3. Nesa Eurocopa, na que faría boa amistade con Puyol, o futuro capitán do F.C. Barcelona, Lombardero proclamaríase máximo realizador do campionato empatado a goles co italiano Fabrizio Miccoli, co tempo dianteiro da Juventus, da Fiorentina ou, entre outro clubes, do Benfica. Naquela campaña 97/98 Álex tamén formaría parte da selección española Sub-18 que se enfrontou en partido amigable á Francia dos Thierri Henry, Anelka, Trezeguet e compañía con motivo da inauguración do estadio de Saint Denis o 28 de xaneiro de 1998 e, un mes despois, viaxaba a Uruguai para disputar o Mundialito Álvaro Fabián Perea Barrospe baixo as ordes do adestrador Iñaki Sáez.
Vendo o prometedor futuro da xoven estrela, a directiva do Lugo ofreceríalle por aqueles días o seu primeiro contrato profesional, establecendo unha escandalosa cláusula de rescisión de 500 millóns das antigas pesetas, contrato que Álex asinaría converténdose no primeiro xuvenil en ter unha cláusula tan elevada.
O centrocampista de Oseiro segue entrando nos plans do técnico do
Lugo, Gonzalo Edrosa, durante a tempada 98/99 na que xoga en 31 partidos
e anota dous tantos. O seu gran desparpaxo, velocidade e desborde
confirmaban en cada partido que o equipo lucense tiña nas súas mans un
verdadeiro diamante en bruto, bo facer que o levaría a recibir a chamada
da selección española Sub-20 de Iñaki Sáez, para xogar o Torneo
Atlántico nas illas Canarias en xaneiro de
1999 e, pouco despois, a disputar en Nixeria o Mundial da categoría
durante o mes de abril xunto a nomes tan importantes como Iker Casillas,
Aranzubía, Xavi Hernández, Marchena, Yeste, Gabri...Mundial no
que tamén xogaron tipos como Ronaldinho, Simao, Ashley Cole, Milito,
Cambiasso ou Forlán. Álex Lombardero, que vestía o dorsal 14 no
campionato, non xogaría no debut ante Brasil (2-0), disputaría 18
minutos ante Zambia (0-0), a segunda parte frente
a Honduras (3-1) e non sairía en octavos ante Estados Unidos (3-2).
Iñaki Sáez daríalle a oportunidade na prórroga dos cuartos de final ante
Ghana, partido no que o centrocampista arteixán anotaría o segundo penalti da tanda, tralo empate a un final.
Despois de gañar a Mali en semifinais e golear a Xapón na final,
choques nos que o noso protagonista non participaría, España coroábase
campiona do mundo, que significaba o maior éxito do fútbol base estatal
en toda a súa historia e que marcaría un antes e un despois no balompé,
ao demostrar que os xogadores de estatura baixa como Xavi Hernández ou o
propio Álex Lombardero tiñan cabida na elite dando paso ao chamado
tiquitaca..."el fútbol se juega con los pies, y si yo pienso más
rápido que tú y entre mi cabeza y mis pies el balón está más cerca de mi
solo puedes correr detrás. Al fútbol se juega por el suelo", afirmaría Xavi ao longo da súa carreira ducias de veces.
A partir de aquí, ao arteixán abriríaselle un mundo e tería a sorte de palpar,
mínimo, dúas opcións polas que decantarse. Mais ás veces por
sensibilidade, ás veces por confusión, case nunca escollería a adecuada.
Á volta de Nixeria e unha vez rematada a tempada co Lugo, o presidente
do Mérida, José Fouto, persuasivo como poucos, rescátaoo do océano de
ofertas que rondaban ao xogador de Oseiro, un futbolista que tivera
contratos económicos moi superiores enriba da mesa, mais que se
decantaría polo cadro extremeño de Segunda División porque creía que
sería mellor trampolín para a súa carreira. De entrada parecía non
equivocarse. Paco Herrera facíao debutar na categoría de prata na
primeira xornada no partido Leganés-Mérida (1-1) e, ao longo do curso,
disputaría un total de 26 partidos nos que anotaría tres tantos contra o
Tenerife, Recreativo de Huelva e Las Palmas. Lombardero tamén debutaría
naquela tempada 1999/00 na selección Sub-21 xunto ao seu compañeiro
Unai e, pouco despois, entraría na preselección para as Olimpiadas de Sídney
2000. A campaña en Segunda co Mérida, do que a partir da xornada 15 se
fixera cargo Juan Señor, estaba sendo espectacular e ata acadaría os
cuartos de final da Copa do Rei, o teito dos extremeños na competición
do KO. Despois de eliminar ao Talavera, Betis (0-1 en Sevilla con gol de
Álex), e ao Oviedo, o Real Madrid cruzaríase no seu camiño, un equipo
branco que se clasificaría para semifinais inxustamente. No Santiago
Bernabeu, onde o arteixán entraría na segunda parte, o Mérida daríalle
un baile considerable aos Casillas, Salgado, Hierro, Roberto Carlos,
Guti, Raúl e compañía quenes, con todo, acabarían gañando por 1-0
e, en Mérida eliminarían aos locais na prórroga. A aquel mazazo copeiro
dos extremeños habería que sumarlle outro máis, xa que perderían o
ascenso á Primeira División na última xornada do campionato ligueiro no
Vicente Calderón ante o filial do Atlético Madrid. Rematada a
competición, as cousas empezaríanse
a torcer xa que a maioría dos seus compañeiros denuncian ao clube por
impagos. Él decide non facelo e non romper a súa vinculación co Mérida,
que acabaría desaparecendo. O futbolista de Arteixo non cobrou o que se
lle debía e, por ter contrato en vigor cun equipo en proceso de liquidación, sufre inconvenientes burocráticos que lle impedirán xogar boa parte da tempada seguinte, a pesar de ter un acordo co Betis.
Despois disto, empeza a adestrar co Atlético de Madrid no primeiro
ano dos atléticos en Segunda e, tras disputar un partido amigable na
pretempada, Paolo Futre, que naquela hora era o director técnico, dille
que vaia ás oficinas do clube porque o quere a toda costa. Mais, despois
de asinar co Atlético, Álex segue sen poder xogar por mor do problema
dos seus dereitos federativos
e, finalmente, remataría aquela campaña 2000/01 xogando once partidos
en Segunda B co filial ao mesmo tempo que adestraba con Marcos Alonso no
primeiro equipo colchoneiro, onde coincidiría cun tal Fernando Torres,
daquela un rapaciño de 16 anos. Nesa altura, o lendario presidente Jesús
Gil quixo atar a Lombardero cun contrato de longa duración,
oferta que o centrocampista de Oseiro non aceptaría porque non estaba
pola labor de arrancar outra vez dende o Atlético B e marchou cedido ao
Ceuta.
Alí, no conxunto do norte de África, con Carlos Urúe no banco, xoga 22 partidos e proclámase subcampión do grupo IV da Segunda B, bo facer que chamaría a atención do presidente do Compostela, José María Caneda. Naquel intre xa había rumores de que o equipo de Santiago tiña grandes problemas económicos, mais Álex fíase de Caneda, quen lle di que se tranquilice e que se esqueza das informacións que aparecen nos medios. "Nada máis asinar, vai e desaparece o clube. Non cheguei nin a adestrar", lembraba recentemente o futbolista arteixán quen, a falta dun día para que se pechara o mercado de fichaxes, se decanta polo Díter Zafra, mais non tardaría en asinar un precontrato co Racing de Santander. Cos extremeños Álex disputaría 31 partidos nos que anota tres tantos, cifras que non evitarían o descenso do Díter á Terceira División.
Na seguinte tempada, a 2003/04, xoga no Racing de Santander B, onde intenta apurar as súas derradeiras opcións de chegar á Primeira División. Álex, que acabaría disputando 34 partidos en Segunda B nos que anota cinco goles, empeza a campaña realmente ben e as súas boas actuacións co filial racinguista non pasarían desapercibidas para Lucas Alcaraz, que o fai adestrar habitualmente co primeiro equipo. Mais, cando parecía que o seu soño de debutar na máxima categoría estaba cerca, o seu rendimento baixa de xeito esaxerado quedando, unha vez máis, ás portas de Primeira.
Tralo paso fugaz por Santander, Lombardero acaba na tempada seguinte no Alavés que, naquela hora, xogaba na Segunda División con futbolistas da talla de Bonano, Téllez, De Lucas, Bodipo ou Nené, que non tardaría en asinar co PSG, futbolistas que ao remate da campaña acadarían o ascenso á Primeira. O arteixán só participa en dous partidos, o disputado en Mendizorroza na primeira xornada contra o Valladolid (2-4) e o da sétima, tamén na casa, contra o Pontevedra (3-2). Ante a falta de oportunidades ao longo do campionato, no que empeza a ter contínuos problemas físicos que lle impiden rendir como o facía antes, pídelle ao presidente da entidade, o extravagante Piterman, saír do equipo porque ten a posibilidade de ir xogar a China, opción que quedaría descartada polo rexeitamento de Piterman, feito que levaría a Álex a rematar a campaña no equipo filial, o Alavés B, con quen xoga trece partidos no grupo II da Segunda B e marca un gol.
Na tempada 2005/06 asina co Gramanet. Alí disputa 28 partidos nos que anota catro tantos que axudan á entidade catalana a acadar a cuarta praza do grupo IV de Segunda B e a disputar o playoff de ascenso. Nese curso, o seu corpo segue enviándolle sinais de que algo non vai ben, pequenas molestias, problemas de pube...Continúa na Gramanet na campaña seguinte, a 2006/07, exercicio no que despois de xogar 13 partidos e anotar dous goles, diagnostícanlle un problema dexenerativo nos ósos, unha desas enfermidades raras que só padece unha persoa de entre un millón. O día que llo dixeron os médicos, o noso protagonista despertou do seu soño de xogar en Primeira División. Ese soño que tivo tan cerca e que tan a punto estivo de conseguir, desgraciadamente, como a tantos outros, escaparíaselle.
Confirmada a noticia de que tiña que deixar o fútbol, que fora o único que fixera ata aquel entón, véuselle o mundo enriba e "para máis inri", a Gramanet, en vez de apoialo naqueles momentos tan duros fixo o posible por botalo deixándolle de pagar e dándoo de baixa polos seus problemas na cadeira. Doído polo comportamento do clube catalán, Álex intentou falar cos seus dirixentes e chegar a un acordo, mais dixéronlle que xa tiñan a decisión tomada e que fixera o que creera oportuno. O arteixán decidiu, entón, denunciar á entidade por despido improcedente e estaría moito tempo litigando con eles nos xulgados para que lle pagaran os seis meses de contrato que lle debían. Finalmente a xustiza daríalle a razón.
No momento que colgou as botas, Álex tiña 27 anos e ao pouco, ao cabo de dous meses, colocáronlle dúas próteses nas cadeiras que, á larga, derivarían nunha invalidez do 40%. Por primeira vez na súa vida tívose que buscar un futuro en algo que non era xogar ao fútbol. Primeiro traballou nunha empresa de protección xurídica como tramitador. Logo, estaría de olleador no Racing de Santander na zona de Cataluña. E por último, atoparía traballo na ONCE vendendo cupóns na localidade extremeña de Calamonte, onde vive actualmente coa súa muller Nani e as dúas fillas do matrimonio, Claudia e Paula.
A día de hoxe o arteixán segue ligado ao mundo do fútbol xa que é o responsable da Escola Deportiva Calamonte que coordina o seu cuñado Calixto e, ademais, estase preparando para ser adestrador e aspirar algún día a devolverlle ao fútbol o pouco que éste lle diu ao noso ilustre veciño de Oseiro campión daquel Mundial Sub-20 xunto aos Casillas, Xavi, Marchena e compañía...un Álex que curiosamente ten o extraño récord de coincidir cos que se cadra foron os catro presidentes máis extravagantes do fútbol español daquel entón: Fouto do Mérida; Jesús Gil do Atlético de Madrid; Caneda do Compostela; e Piterman do Alavés.
CARTA A PACO SOUTO
ALEX LOMBARDERO, O CAMPIÓN DO MUNDO DE OSEIRO
En ocasións, o fútbol vólvese tan desalmado como a existencia de calquera. Se cadra porque o chamado deporte rei tamén consista non perpetuo desencontro ou, acaso, porque neste xogo todas as nosas esperanzas convírtense tarde ou cedo en torpes verdades ou, tal vez, porque ninguén, en ningunha das realidades, fútbol e vida, sexa quen de prever que a mala sorte poida cruzarse no risoño destino de un. Así lle aconteceu ao protagonista desta historia, a quen os infortunios da vida levaríano a retirarse dos terreos de xogo con tan só 27 anos por mor dunha extraña enfermidade dexenerativa.
Fillo do leonés José Antonio Lombardero e da asturiana María Luisa Menéndez, que chegaran a Arteixo nos anos 70 por motivos laborais procedentes de Madrid, Álex daríalle as primeiras patadas a un balón nas rúas da Urbanización Sol e Mar de Oseiro, o lugar no que se instalara a familia despois de residir durante un tempo na parroquia de Loureda.
Nado o 1 de marzo de 1979, dende moi meniño xa apuntaba maneiras e víase que tiña unhas innatas condicións para a práctica do fútbol, condicións que non tardarían en despertar o interés de varios equipos da Coruña, sendo o Montañeros o que finalmente se faría cos seus servizos. De aí pasaría ao Imperator, cadro co que quedaría imbatido, tanto no campionato ligueiro como na Copa, e co que se proclamaría campión galego xogando ao carón de seu irmán Óscar, un ano máis novo que el. Aqueles son tempos nos que o rapaz da popular barriada de Oseiro empezaría a contar tamén coa confianza dos técnicos da selección coruñesa, Cedeira e Agulló, e o da galega, Fernando Blanco, quenes o citarían de xeito habitual para os compromisos nos diferentes torneos das categorías inferiores. O bo facer de Álex tampouco pasaría desapercibido para Teodoro Nieto, responsable da selección española Sub-15, que convocaría ao arteixán para participar en Francia no Torneo Mundial de Montaigu disputado en abril de 1994 onde, os da camiseta vermella, quedarían clasificados no sétimo lugar.
Posteriormente, nun abrir e pechar de ollos, Lombardero abandonaría o Imperator e probaría fortuna en Xixón, a cidade natal de súa nai María Luisa, onde forma parte do plantel do cadro xuvenil de primeiro ano do Sporting. Alí, os responsables de Mareo, vendo que ese equipo quedáballe pequeno, subiríano de contado ao da División de Honra, no que Álex nunca se sentiría o suficientemente cómodo e, por iso, acabaría recalando nos xuvenís do C.D. Lugo na tempada 1996/97.
A chegada á cidade das murallas cambiaría, e de que xeito, a vida do fillo maior de José Antonio e María Luisa, un rapaz que sendo aínda xuvenil debutaría en Segunda División B co primeiro equipo na primeira xornada da campaña seguinte, nun partido que os lucenses empatarían a un gol no Anxo Carro contra o Real Madrid B. Gonzalo Edrosa, técnico do Lugo naquela altura, seguiríalle dando confianza ao mozo de Oseiro que, ao longo desa tempada disputaría en Segunda B un total de 26 partidos nos que anotaría 5 tantos. Álex tamén debutaría por aqueles días, o 2 de outubro de 1997, coa selección española Sub-18 da man de Andoni Goicoetxea en partido correspondente de clasificación para a Eurocopa no que España acadaría unha victoria frente a Bélxica por 2-0. O noso futbolista marcaría o primeiro gol e sería sustituído por Mario Alberto Rosas no minuto 75. Unhas semanas máis tarde, o 5 de novembro, anotaba o segundo tanto na victoria por 0-2 ante Bélxica e, o 20 dese mesmo mes, xogaría 75 minutos de titular no triunfo ante Italia por 1-3. Nesa Eurocopa, na que faría boa amistade con Puyol, o futuro capitán do F.C. Barcelona, Lombardero proclamaríase máximo realizador do campionato empatado a goles co italiano Fabrizio Miccoli, co tempo dianteiro da Juventus, da Fiorentina ou, entre outro clubes, do Benfica. Naquela campaña 97/98 Álex tamén formaría parte da selección española Sub-18 que se enfrontou en partido amigable á Francia dos Thierri Henry, Anelka, Trezeguet e compañía con motivo da inauguración do estadio de Saint Denis o 28 de xaneiro de 1998 e, un mes despois, viaxaba a Uruguai para disputar o Mundialito Álvaro Fabián Perea Barrospe baixo as ordes do adestrador Iñaki Sáez.
Vendo o prometedor futuro da xoven estrela, a directiva do Lugo ofreceríalle por aqueles días o seu primeiro contrato profesional, establecendo unha escandalosa cláusula de rescisión de 500 millóns das antigas pesetas, contrato que Álex asinaría converténdose no primeiro xuvenil en ter unha cláusula tan elevada.
![]() |
Álex Lombardero, primeiro pola dereita, en Nixeria |
![]() |
Álex, co dorsal 14, celebrando cos seus compañeiros o título mundial Sub-20 |
![]() |
Álex coa camiseta do Atlético de Madrid |
Alí, no conxunto do norte de África, con Carlos Urúe no banco, xoga 22 partidos e proclámase subcampión do grupo IV da Segunda B, bo facer que chamaría a atención do presidente do Compostela, José María Caneda. Naquel intre xa había rumores de que o equipo de Santiago tiña grandes problemas económicos, mais Álex fíase de Caneda, quen lle di que se tranquilice e que se esqueza das informacións que aparecen nos medios. "Nada máis asinar, vai e desaparece o clube. Non cheguei nin a adestrar", lembraba recentemente o futbolista arteixán quen, a falta dun día para que se pechara o mercado de fichaxes, se decanta polo Díter Zafra, mais non tardaría en asinar un precontrato co Racing de Santander. Cos extremeños Álex disputaría 31 partidos nos que anota tres tantos, cifras que non evitarían o descenso do Díter á Terceira División.
Na seguinte tempada, a 2003/04, xoga no Racing de Santander B, onde intenta apurar as súas derradeiras opcións de chegar á Primeira División. Álex, que acabaría disputando 34 partidos en Segunda B nos que anota cinco goles, empeza a campaña realmente ben e as súas boas actuacións co filial racinguista non pasarían desapercibidas para Lucas Alcaraz, que o fai adestrar habitualmente co primeiro equipo. Mais, cando parecía que o seu soño de debutar na máxima categoría estaba cerca, o seu rendimento baixa de xeito esaxerado quedando, unha vez máis, ás portas de Primeira.
Tralo paso fugaz por Santander, Lombardero acaba na tempada seguinte no Alavés que, naquela hora, xogaba na Segunda División con futbolistas da talla de Bonano, Téllez, De Lucas, Bodipo ou Nené, que non tardaría en asinar co PSG, futbolistas que ao remate da campaña acadarían o ascenso á Primeira. O arteixán só participa en dous partidos, o disputado en Mendizorroza na primeira xornada contra o Valladolid (2-4) e o da sétima, tamén na casa, contra o Pontevedra (3-2). Ante a falta de oportunidades ao longo do campionato, no que empeza a ter contínuos problemas físicos que lle impiden rendir como o facía antes, pídelle ao presidente da entidade, o extravagante Piterman, saír do equipo porque ten a posibilidade de ir xogar a China, opción que quedaría descartada polo rexeitamento de Piterman, feito que levaría a Álex a rematar a campaña no equipo filial, o Alavés B, con quen xoga trece partidos no grupo II da Segunda B e marca un gol.
Na tempada 2005/06 asina co Gramanet. Alí disputa 28 partidos nos que anota catro tantos que axudan á entidade catalana a acadar a cuarta praza do grupo IV de Segunda B e a disputar o playoff de ascenso. Nese curso, o seu corpo segue enviándolle sinais de que algo non vai ben, pequenas molestias, problemas de pube...Continúa na Gramanet na campaña seguinte, a 2006/07, exercicio no que despois de xogar 13 partidos e anotar dous goles, diagnostícanlle un problema dexenerativo nos ósos, unha desas enfermidades raras que só padece unha persoa de entre un millón. O día que llo dixeron os médicos, o noso protagonista despertou do seu soño de xogar en Primeira División. Ese soño que tivo tan cerca e que tan a punto estivo de conseguir, desgraciadamente, como a tantos outros, escaparíaselle.
Confirmada a noticia de que tiña que deixar o fútbol, que fora o único que fixera ata aquel entón, véuselle o mundo enriba e "para máis inri", a Gramanet, en vez de apoialo naqueles momentos tan duros fixo o posible por botalo deixándolle de pagar e dándoo de baixa polos seus problemas na cadeira. Doído polo comportamento do clube catalán, Álex intentou falar cos seus dirixentes e chegar a un acordo, mais dixéronlle que xa tiñan a decisión tomada e que fixera o que creera oportuno. O arteixán decidiu, entón, denunciar á entidade por despido improcedente e estaría moito tempo litigando con eles nos xulgados para que lle pagaran os seis meses de contrato que lle debían. Finalmente a xustiza daríalle a razón.
No momento que colgou as botas, Álex tiña 27 anos e ao pouco, ao cabo de dous meses, colocáronlle dúas próteses nas cadeiras que, á larga, derivarían nunha invalidez do 40%. Por primeira vez na súa vida tívose que buscar un futuro en algo que non era xogar ao fútbol. Primeiro traballou nunha empresa de protección xurídica como tramitador. Logo, estaría de olleador no Racing de Santander na zona de Cataluña. E por último, atoparía traballo na ONCE vendendo cupóns na localidade extremeña de Calamonte, onde vive actualmente coa súa muller Nani e as dúas fillas do matrimonio, Claudia e Paula.
A día de hoxe o arteixán segue ligado ao mundo do fútbol xa que é o responsable da Escola Deportiva Calamonte que coordina o seu cuñado Calixto e, ademais, estase preparando para ser adestrador e aspirar algún día a devolverlle ao fútbol o pouco que éste lle diu ao noso ilustre veciño de Oseiro campión daquel Mundial Sub-20 xunto aos Casillas, Xavi, Marchena e compañía...un Álex que curiosamente ten o extraño récord de coincidir cos que se cadra foron os catro presidentes máis extravagantes do fútbol español daquel entón: Fouto do Mérida; Jesús Gil do Atlético de Madrid; Caneda do Compostela; e Piterman do Alavés.
CARTA A PACO SOUTO
Aínda incrédulo diante da túa perda, curmán...aínda co corazón roto, compañeiro...vencer esta pena inmensa que sinto, esta tristura infinita, esta rabia, este nudo na gorxa, esta dor...non ha de ser doado mais, con todo, sempre nos quedará a túa palabra e o teu exemplo de ser excepcional, o exemplo dun ser humano bo, leal e xeneroso.
Aínda non podo crer que o mar che fixera isto, ese mar ao que tanto lle tes escrito, ese mar do que dicías que sopraba azul e que abaneaba as follas dos carballos mentres paseabas silencioso ao compás do recordo. "O mar levou ao máis sublime dos versos: ao
Paco Souto real, suxeito irrepetible", escribiu estos días a nosa prezada amiga Rosalía Fernández Rial, chorando a túa ausencia.
Nunca esquecerei as nosas longas conversas sobre as tres familias que compartimos, a familia nacionalista, a familia da escrita e o noso parentesco familiar, parentesco do que un día che falou túa nai Mucha e ningún dos dous sabíamos del..."Xabi: acabo de enterarme que somos terceiros curmáns" ¿Lémbraste daquela chamada? Aínda nos botamos unhas risas con iso. Tamén te escarallabas cando che dicía que eras arteixán de Oseiro, coruñés de Monte Alto, malpicán de adopción e galego de corazón ¿Lembras?
Que baleiro tan grande vas deixar no país Paquiño. Perdemos un home de acción, unha persoa comprometida de verdade, sempre disposto a axudar, sempre na loita, sempre na defensa das inxustizas, sempre con sorrisos, sempre con bos consellos, sempre con boas iniciativas, sempre dando ese empurrón necesario para perder o medo a voar. Contigo, prezado compañeiro, este mundo era máis amable, máis xusto e agora é un lugar máis inhóspito que ennegreceu coa tristura inmensa que provocou o golpe de mar que che segou a vida.
Que a terra che sexa leve, Paco!
Quérote!
O teu curmán Xabi
A Coruña, 1962. Coeditor de Letras de Cal e dos cartóns Edicións do Dragón, onde publica con Adriana Castro Dous Bocetos e con Fran Alonso e Miro Villar A rota dos Baleeiros. Autor da peza teatral "Amar non ten Laranxas" nos Cadernos da E.D.G. 1994.
Ten, entre outros, os premios Espiral Maior 1994 por As árvores do incesto e o Johán Carballeira do concello de Bueu 2006 por As horas de María, ambos publicados por Espiral Maior. Participa en exposicións colectivas e individuais, ilustra libros e colabora en diversas montaxes teatrais.
Desde 2006 conduce un programa de literatura en Radio Roncudo, a única radio libre da Costa da Morte. En 1993 realiza xunto a Laura Quintillán e Kukas o espectáculo pluridisciplinar América, no 2001 crea Aínda con Serxio Moreira ao piano e realizan Como augas de maio, e en 2003 Aviléscanto, unha homenaxe a Avilés de Taramancos. En 2007, As horas de María e en 2008, por encarga da A.C. Monte Branco, unha homenaxe a Xelucho Abella, autor homenaxeado nas Festiletras do Couto, Lugar de incendios, montaxe que reúne pintura e poesía da súa autoría con música do pianista Serxio Moreira.
Con Rosalía Fernández Rial, Serxio Moreira á musica e a fotografía de Peter Schneider asina Tempo escuro. No 2015 publica Catálogo con Rosalía Fernández Rial e os ilustradores Chiña e Mon Lendoiro. E editan o CD Proxecto Barro parte dun espectáculo multidiscipilar que clausurou a Mostra da Oleiría de Buño dese ano.
Dirixe con Paco de Tano a colección de poesía Caldeirón, onde se editan os premios de poesía erótica Illas Sisargas.
No 2016 publica e Caín, poemario co que a editora Laiovento iniciou a súa colección de poesía Ventoalto.
FONTE: AELG (Asociación Escritoras/Escritores en Lingua Galega).
OS GOLPES DE MAR DE ANTÓN CASTRO
Que baleiro tan grande vas deixar no país Paquiño. Perdemos un home de acción, unha persoa comprometida de verdade, sempre disposto a axudar, sempre na loita, sempre na defensa das inxustizas, sempre con sorrisos, sempre con bos consellos, sempre con boas iniciativas, sempre dando ese empurrón necesario para perder o medo a voar. Contigo, prezado compañeiro, este mundo era máis amable, máis xusto e agora é un lugar máis inhóspito que ennegreceu coa tristura inmensa que provocou o golpe de mar que che segou a vida.
Que a terra che sexa leve, Paco!
Quérote!
O teu curmán Xabi
BIOGRAFÍA DE PACO SOUTO
![]() |
Paco Souto (imaxe de DistritoXermar) |
Ten, entre outros, os premios Espiral Maior 1994 por As árvores do incesto e o Johán Carballeira do concello de Bueu 2006 por As horas de María, ambos publicados por Espiral Maior. Participa en exposicións colectivas e individuais, ilustra libros e colabora en diversas montaxes teatrais.
Desde 2006 conduce un programa de literatura en Radio Roncudo, a única radio libre da Costa da Morte. En 1993 realiza xunto a Laura Quintillán e Kukas o espectáculo pluridisciplinar América, no 2001 crea Aínda con Serxio Moreira ao piano e realizan Como augas de maio, e en 2003 Aviléscanto, unha homenaxe a Avilés de Taramancos. En 2007, As horas de María e en 2008, por encarga da A.C. Monte Branco, unha homenaxe a Xelucho Abella, autor homenaxeado nas Festiletras do Couto, Lugar de incendios, montaxe que reúne pintura e poesía da súa autoría con música do pianista Serxio Moreira.
Con Rosalía Fernández Rial, Serxio Moreira á musica e a fotografía de Peter Schneider asina Tempo escuro. No 2015 publica Catálogo con Rosalía Fernández Rial e os ilustradores Chiña e Mon Lendoiro. E editan o CD Proxecto Barro parte dun espectáculo multidiscipilar que clausurou a Mostra da Oleiría de Buño dese ano.
Dirixe con Paco de Tano a colección de poesía Caldeirón, onde se editan os premios de poesía erótica Illas Sisargas.
No 2016 publica e Caín, poemario co que a editora Laiovento iniciou a súa colección de poesía Ventoalto.
FONTE: AELG (Asociación Escritoras/Escritores en Lingua Galega).
OS GOLPES DE MAR DE ANTÓN CASTRO
Hai case corenta anos que o mar chegou a Aragón. Fíxoo da man de Antón Castro, un rapaz de Arteixo que en 1978 viaxa a Zaragoza fuxindo da mili porque escoitara que alí había un grupo de obxectores de conciencia. Aquel mozo, ao que súa nai chamaba "Planetas" porque fabulaba a todas horas, empezaría a traballar na vendimia en Cariñena (Zaragoza) e, posteriormente, nun bingo da capital maña, cidade na que o noso protagonista coñecería ao amor da súa vida: Carmen Gascón.
Ao par que a parella ía incrementando xenerosamente a natalidade aragonesa con cinco fillos, tres cativos e dúas cativas que, andando no tempo, convertiríanos en avós de tres netos (e outro en camiño), Antón, movido pola curiosidade infinita acadaría de contado un doutoramento en algo que hoxe xa case non existe: escoitar. Xenerosidade, memoria e sempre atento a toda manifestación cultural, o escritor arteixán (Lañas, 1959) non tardaría en converterse en xornalista e nun narrador único, portentoso... empezando a darlle forma a algunhas anotacións que se agochaban na súa prodixiosa imaxinación, algunhas delas escritas no papel de estreza que envolvía os cartóns do bingo no que traballara ao pouco de chegar a Zaragoza.
Tras escribir varias obras relacionadas coa súa terra de adopción, daría paso a outras nas que Arteixo sería a súa fonte de inspiración vertebrando o municipio como ninguén o fixera antes: Armentón, Anzobre, Barrañán, Lañas… Baladouro. Foi aí cando descubrimos a personaxes da súa infancia como María da Nacha, que presumía de ter visto o demo e seica se alimentaba de sangue de polo e bebía auga de salamántigas e ortigas; a dun tío seu, que estaba recluído no manicomio e que cando lle concedían permisos temporais pasaba algunhas tempadas na súa casa e durmía onda Antón deitado sobre un xergón; ou a dun afiador ourensán que nada máis chegar á vila reunía aos nenos e nenas e relatáballes ata o máis mínimo detalle de todos os crimes habidos e por haber en Galiza. Tamén soubemos dos partidos do Peñarol de Lañas; dos combates de boxeo que vía pola televisión xunto ao seu pai, un home que puxera fóra de combate en Melilla ao mítico Max Azagra, varias veces campión de España dos pesados; ou das lembranzas mariñas vividas en Valcovo, Barrañán ou Combouzas, onde se ten bañado ducias de veces entre golfiños.
A salitre oceánica chegaba, deste xeito, ás terras aragonesas con traballos como A lenda da cidade asolagada (Xerais, 1995); Vida e morte das baleas (Espiral Maior, 1997), publicacións nas que recrea o mundo máxico do seu lugar de nacemento; ou El álbum del solitario (Destino, 1999), libro de topografía sentimental na que aparecen moitos amigos enmascarados dun Antón que nos relata a historia dun adolescente que vive en Lañas e que posteriormente se traslada á vila arteixá. Mais co libro que definitivamente o autor arteixán levou o mar a Aragón foi con Golpes de mar.
O primeiro borrador deste volume remóntase a 1986, hai agora pouco máis de 30 anos. Estaba redactado en galego, a man e sobre o papel de estraza de envolver os cartóns do bingo no que Antón traballaba naquela altura. Algúns dos contos daquel borrador viron por primeira vez a luz no libro Vida e morte das baleas que editara Espiral Maior en 1997. Posteriormente, no 2006, xa baixo o título de Golpes de mar, a editorial Destino xuntaría sete daqueles contos xunto con outros nove nunha edición que se esgotaría rapidamente e que nunca sería reeditada ata que agora, unha década despois, Ediciones del Viento volve a fletar de novo estos contos aos que o noso escritor suma catro textos novos dos que, para a miña fortuna, nun acto de verdadeira xenerosidade, Antón agasalloume coa dedicatoria nun deles, o titulado El piano del naufragio.
Así pois, algo terá este mundo de palabras cando trinta anos e cinco edicións despois, os Golpes de mar volven a revivir! Ide correndo a comprar o libro! Agradecerédesmo toda a vida!
Foi
aí cando a Fiscalía
tomou
cartas no asunto e
denuncia o
editorial en cuestión e,
a
continuación,
o xuíz
correspondente decreta o
seu
procesamento. Aínda
consternada a redacción de El Eco de
Galicia
por esta primeira
denuncia, segundo
Milagros Bará
nun encontro
casual nunhas
escaleiras
co xuíz
que o procesaba, Mosquera
Montes, soubo Zenitram
"de
sus autorizados labios" que tamén o procesarían por outro
artigo
titulado Después
del procesamiento:
"Llegó
a nuestra redacción un enviado del juzgado a secuestrar los números
sobrantes de la edición".
A
estratexia
de Zenitram sería
moi
intelixente
ao
facer
público todo o
proceso.
Tal foi
o
número de adhesións
públicas en multitude
de medios a favor do
procesado que, despois
duns
meses
de tiras e
afloxas,
retirouse
a acusación.
FONTES:
-FUENTES ÁLVAREZ, MANUEL. Versos de amor, loita e compromiso. Edicións Fervenza, 2017.
Ao par que a parella ía incrementando xenerosamente a natalidade aragonesa con cinco fillos, tres cativos e dúas cativas que, andando no tempo, convertiríanos en avós de tres netos (e outro en camiño), Antón, movido pola curiosidade infinita acadaría de contado un doutoramento en algo que hoxe xa case non existe: escoitar. Xenerosidade, memoria e sempre atento a toda manifestación cultural, o escritor arteixán (Lañas, 1959) non tardaría en converterse en xornalista e nun narrador único, portentoso... empezando a darlle forma a algunhas anotacións que se agochaban na súa prodixiosa imaxinación, algunhas delas escritas no papel de estreza que envolvía os cartóns do bingo no que traballara ao pouco de chegar a Zaragoza.
Tras escribir varias obras relacionadas coa súa terra de adopción, daría paso a outras nas que Arteixo sería a súa fonte de inspiración vertebrando o municipio como ninguén o fixera antes: Armentón, Anzobre, Barrañán, Lañas… Baladouro. Foi aí cando descubrimos a personaxes da súa infancia como María da Nacha, que presumía de ter visto o demo e seica se alimentaba de sangue de polo e bebía auga de salamántigas e ortigas; a dun tío seu, que estaba recluído no manicomio e que cando lle concedían permisos temporais pasaba algunhas tempadas na súa casa e durmía onda Antón deitado sobre un xergón; ou a dun afiador ourensán que nada máis chegar á vila reunía aos nenos e nenas e relatáballes ata o máis mínimo detalle de todos os crimes habidos e por haber en Galiza. Tamén soubemos dos partidos do Peñarol de Lañas; dos combates de boxeo que vía pola televisión xunto ao seu pai, un home que puxera fóra de combate en Melilla ao mítico Max Azagra, varias veces campión de España dos pesados; ou das lembranzas mariñas vividas en Valcovo, Barrañán ou Combouzas, onde se ten bañado ducias de veces entre golfiños.
A salitre oceánica chegaba, deste xeito, ás terras aragonesas con traballos como A lenda da cidade asolagada (Xerais, 1995); Vida e morte das baleas (Espiral Maior, 1997), publicacións nas que recrea o mundo máxico do seu lugar de nacemento; ou El álbum del solitario (Destino, 1999), libro de topografía sentimental na que aparecen moitos amigos enmascarados dun Antón que nos relata a historia dun adolescente que vive en Lañas e que posteriormente se traslada á vila arteixá. Mais co libro que definitivamente o autor arteixán levou o mar a Aragón foi con Golpes de mar.
![]() |
Con Antón Castro no verán do 2015 |
Así pois, algo terá este mundo de palabras cando trinta anos e cinco edicións despois, os Golpes de mar volven a revivir! Ide correndo a comprar o libro! Agradecerédesmo toda a vida!
ZENITRAM,
O XORNALISTA QUE
ERA SOBRIÑO DOS
CURAS DE LAÑAS
E ARMENTÓN
Hoxe
imos a falar
dun
dos
xornalistas máis populares do seu tempo:
José
Gómez Martínez, un persoeiro que
era
coñecido
na prensa da
época
polo
pseudónimo de Zenitram
(Martínez ao
revés)
e
que, ao
longo da súa infancia e xuventude,
tivera
certo
vencellamento co Arteixo de
finais do século XIX,
probablemente
entre
1875 e 1885.
![]() |
Zenitram en 1927 (Vida Gallega) |
Naquela
altura o noso protagonista, nado en Pontevedra nun ano sen
determinar, frecuentaba asiduamente a
nosa bisbarra
na
compaña de
seus pais Francisco e Ramona para
visitar aos tres tíos curas que
tiña
no concello
arteixán.
Tratábanse
de
José
Gómez Fernández, tío
segundo
por parte paterna e
que
era
o crego
da
parroquia de San
Pedro de
Armentón; Antonio
Gómez Casanande, irmán de seu pai Francisco e
párroco
de Santa
Mariña de
Lañas en 1880 e,
Antonio
Martínez Casanande, irmán de súa nai Ramona e que sería o cura
que relevaría a Antonio Gómez ao fronte da parroquia de Lañas.
Antonio e Ramona Martínez Casanande tiñan outro irmán, Juan, que
tamén era crego
naquela época
na parroquia de San
Esteban de
Culleredo.
Con
tres cregos na familia non era de extrañar que José Gómez
Zenitram collera
o mesmo camiño que seus tíos e,
unha vez iniciados os seus estudos eclesiásticos, iría xurdindo nel
a imperiosa necesidade de escribir, unha afección que andando no
tempo convertiríao nun dos xornalistas máis valentes, notables e
polémicos da
época que lle tocou vivir….”una
bocanada de aire fresco que dejó a un lado los artículos de
redacciones recargadas, farragosas, sin contenido y al peso”,
segundo
a colaboradora
do Diario de Pontevedra
Milagros Bará, quen
tamén afirma que...
“Zenitram
iba al asunto y entraba en materia sin artificios”.
As
visitas
a Arteixo,
propiciadas polos
vencellos
familiares,
seguiríanse
producindo co cambio de século e nunha delas, a realizada a Lañas
no verán de 1903, falecería seu pai Francisco. Moi
querido e
apreciado en Pontevedra, sobre
todo
desde
que en setembro de 1904
se fixera cargo do Asilo de Anciáns Desamparados, Zenitram
convertiríase
en outubro do mesmo ano en director do
periódico pontevedrés El
Áncora,
que tiña
a
súa
propia imprenta no
número
16 da rúa
Real, dirección que simultaneaba con colaboracións en outros medios
e revistas nas que defendía a causa dos dereitos da Igrexa.
Naqueles
tempos nos que os desencontros se ventilaban nas páxinas dos
xornais, o sorprendente é que José Gómez Martínez, que
non tardaría en ser o
capelán do convento das Clarisas da cidade pontevedresa,
era
un crego en activo que os medios describían como un "virtuoso
párroco y brillante periodista" e que, en 1908, publicaba o seu primeiro libro, “Rasguños”, traballo que era unha
recompilación de moitos dos artigos publicados ao longo da súa vida en
diferentes xornais e revistas.
En
novembro dese ano Zenitram abandona a súa Pontevedra natal ao ser nomeado
coadxutor
de San Xurxo da Coruña. Na
despedida da súa querida cidade o xornal pontevedrés La
Correspondencia Gallega
escribía un artigo baixo o título !Adios¡
e
coa sinatura dun tal Japón dicindo entre outras cousas que...”su
pluma es un instrumento que le obedece; no tiene que corregir la
rotunda y sonora redondez de sus períodos; porque salen hechos de su
privelegiada cabeza de periodista, de escritor y de crítico
publicista. No conozco cuando y como empezó a escribir; se que lleva
muchos años amando a la letra de imprenta. Si Zenitram no
escribiese, se moriría de nostalgia, de aburrimiento; porque
Zenitram ha nacido para escribir”.
![]() |
Caricatura de Zenitram do ano 1912 |
Nesa
altura segue a visitar con frecuencia Lañas e Armentón, lugar
no
que en abril de 1909 falecería súa tía Josefa Gómez Fernández,
que era irmán de José, o cura da parroquia.
Na
súa etapa coruñesa Zenitram,
que tiña o seu domicilio na praza de María Pita, sería ademais
director
durante cinco anos
do
xornal El Eco de Galicia, que
era defensor
acérrimo dos intereses e ideais católicos ou,
o que é o mesmo, a
voz do
arzobispado naquela época.
Ministro
de Deus, ultracatólico e polemista
redomado, o
carácter
de
Zenitram
traeríalle
máis dun problema cos que non compartían o seu pensamento, entre
eles o propio Presidente do Goberno español, o ferrolán José
Canalejas (que sería asasinado en 1912 a mans dun anarquista). O
noso protagonista calificaría a Canalejas de inepto,
cobarde e
tiránico nun
editorial: "el
gobierno del atolondrado y neurótico del Sr. Canalejas, estadista de
guardarropía que queda para siempre marcado con el estigma de
inhábil, cobarde y despótico...".
Zenitram
protestara
pola
prohibición dunha
manifestación de católicos en Euskadi (A manifestación
de San Sebastián)
en contra das
medidas dun goberno laico con respecto á
Igrexa.
Canalejas, aínda
que
era católico practicante, promulgou
a chamada
“Ley del Candado”
que acotou
as ordes
relixiosas,
a educación pública laica, unha
revisión da relación Igrexa-Estado,
feitos
polos que naqueles días se describía a Canalejas
como un anticlerical católico.
![]() |
José Canalejas |
En
1914, logo
de cinco anos na cidade herculina,
abandona
A Coruña e
marcha “castigado”
por airear “chanchullos” do arcebispo
a
Bueu, como coadxutor da parroquia de San
Martiño. Ao
parecer, o arcebispado retirouno da
súa
vida activa nos medios de comunicación por
culpa dun artigo aparecido no seu periódico “sobre unhas
oposicións a unha praza de doutoral en Santiago,
no
que escribía
que: "antes
de la misa del Espíritu Santo, el mismo Espíritu fallara una plaza
en una oposición a favor de un pariente de Martín Herrera,
arzobispo de Santiago".
E,
nun
abrir e
cerrar de ollos
o
propio arzobispo Martín
Herrera
desterrouno
a Bueu para que seu
tío, o
párroco Juan
Martínez Casanande,
(
o mesmo
que fora crego
da
parroquia de San
Esteban de
Culleredo)
o
"atara en corto".
A
súa marcha tería un enorme impacto na Coruña, onde toda
a clase política, económica, xudicial e moitísimas persoas que non
só acudiron a despedilo á Praza de María Pita senón que o
acompañaron na súa viaxe ata Santiago (primeira etapa antes de
chegar a Bueu). Días antes o Gobernador e o alcalde de A Coruña
desprazáranse
a
Santiago
para “suplicarlle” ao cardenal que deixase sen efecto o traslado.
Tras
pasar
un ano en Bueu, en 1915 Zenitram
faríase
cargo da parroquia de San Cristovo de Regoidón, no concello ourensán
de Ribadavia, lugar
onde
continuaría
apartado da
tentación de seguir
escribindo nos medios.
Ao
ano seguinte, en 1916, convírtese
no crego
da parroquia viguesa de Teis, lugar dende o que voltaría a ter
contacto coa pluma xa que en 1930 publicaría La
Flora Gallega y el Padre (Baltasar) Merino,
no
volume V do
Seminario de Estudos Galegos, e
colaboraría
como columnista en La Correspondencia Gallega, El Noroeste, Tierra
Gallega, el Ideal Gallego, El
Adelantado
de Bueu e
tamén como colaborador de Martín Codax ou
o
Faro de Vigo.
José
Gómez Martínez, Zenitram,
falecería en Teis o 7 de xuño de 1940.
O POETA CUBANO-ARTEIXÁN MANUEL ÁLVAREZ FUENTES
O POETA CUBANO-ARTEIXÁN MANUEL ÁLVAREZ FUENTES
O
pasado venres 9
o músico, cantante e compositor galego Roi Casal, que fora
integrante do mítico Milladoiro entre os anos 2000 e 2009, chegaba a
Arteixo para presentar no
Centro Cívico
“Son galego, Son cubano”, o seu aclamado espectáculo co que pon
música ás letras de Xosé
Neira Vilas para amosar ao público os lazos de unión que existen
entre o pobo galego e o pobo cubano. Como
preámbulo ao concerto de Roi,
o
profesor
Carlos Loureiro Rodríguez
fixo
unha marabillosa presentación
do libro “Versos
de amor, loita e compromiso”
(Edicións
Fervenza) da autoría
de Manuel Álvarez Fuentes, un poeta
cubano-arteixán
ao
que o Concello
de
Arteixo tivo
a ben
renderlle
unha homenaxe moi especial e
sobre o cal
falamos a continuación.
Nado
na Habana
o 20 de
novembro de 1939, o noso protagonista é fillo
de Manuel Álvarez Iglesias, que
era natural
do lugar de
Fortesende
(Loureda, Arteixo)
e Petrona Florinda Fuentes Vázquez, nada
en
Cienfuegos
(Cuba) e
filla doutro emigrante arteixá,
Manuel Fuentes Sanmartín,
que era
natural
da parroquia de Morás e
que emigrara a Cuba cando a illa caribeña
era aínda unha colonia de España.
Manuel
Álvarez Iglesias, o pai do poeta, chegara como polisón nun barco
ata a Habana fuxindo da guerra de Marrocos. Tiña 17 anos e non
tardaría en renunciar á súa cidadanía española ao sentirse un
cubano máis, aínda que
iso si,
ía ás actividades da “Sociedade Naturais de Ortigueira” e
pagaba o
hospital “A Benéfica” do Centro Galego onde morreu aos
80 anos, sendo
soterrado
no panteón de Naturais de Ortigueira, o máis grande do “Cemiterio
Cristóbal Colón”, a necrópole habaneira. Manuel,
que sempre falaba
de súa nai, dos seus irmáns e
da beleza da súa terra
galega e da
súa aldeíña de
Fortesende,
estudaría
xa vello,
coa
chegada da
Revolución coa que sempre simpatizaría,
unha
Revolución que
alfabetizaría
a máis de
un millón de cubanos.
O
seu fillo Manuel, o poeta homenaxeado o pasado día 9, realizaría o
ensino
primario en escolas católicas nos seus graos inferiores para
posteriormente ingresar en “Los Maristas”. Mais, con doce anos,
tense que pór a traballar na casa dunha tía en Cienfuegos, aínda
que ao pouco a familia determina que volte para La Habana e que
continúe cos seus estudos. Nesta etapa da súa vida vai ver a
realidade existente entre ricos e pobres, feito que daría pé a que
xermolara nel a súa
futura rebeldía. Nesa
altura, por
mor de
non poder pagar en “Los Maristas”, Manuel terá que ir estudar ao
colexio “La Empresa” e posteriormente á “Escuela Pública 87”.
O ensino secundario faríao
na
“Escuela Primaria Superior Número 2”, onde terá o seu primeiro
contacto coa música, que o levaría
a compoñer himnos e cancións.
No
ano 1955
Manuel
Álvarez Fuentes
ingresaría
na
“Escuela
Profesional de Comercio de
La Habana”,
onde realiza estudos de contabilidade ao
mesmo tempo que se incorpora ás loitas estudantís primeiro e, tempo
despois,
ás revolucionarias.
Será
precisamente nese ano de 1955 cando escribe o
seu primeiro poema, ao
que titula ¿Mi
amor?,
que
aparece no libro Eu
teño dúas Patrias.
Ao
mesmo tempo
que recitaba
os seus versos
de contido patriótico e revolucionario nas
actividades estudantís,
o
poeta arteixán
escribía
os seus poemas para revistas estudantís como “ESPROCO”
da Asociación de Alumnos da Escuela Profesional de Comercio e para
“La
Rosa Blanca”,
que publicaba xunto con Pedro Ortiz Anaya, ademais de “La
Erupción Volcánica”,
revista satírica que el dirixía e na que atacaba á tiranía
do
dictador
Fulgencio
Batista.
O
24 de xullo de 1957 o noso
protagonista declárase
en folga de fame xunto a outros tres dirixentes estudantís do
Movemento “26 de Julio” da propia escola (Pedro Ortíz Anaya,
Guillermo Merino e Roberto Alonso Méndez), en solidariedade cos
presos políticos do Castillo del Príncipe e pedindo a destitución
do Supervisor Militar do Presidio de Isla de Pinos, Coronel Manuel
Ugalde Carrillo, un
suceso
polo que o noso
insigne veciño
é
detido e
que recolle a
prensa, a radio e a televisión da época.
A
finais dese
ano de 1957
funda
con outros dous compañeiros a “Juventud
socialista”
na Escuela de Comercio, formando parte do buró
estudantil da
devandita organización xunto a Fulgencio
Oroz
(mártir asasinado pola tiranía de
Batista)
e participando no Frente Estudiantil Nacional. Tras a detención,
asasinato e desaparición do
seu compañeiro
Fulgencio Oroz, Manuel
Álvarez
incorpórase ao Ejército
Rebelde e,
naqueles tempos
de loita escribe a
maioría dos poemas
que
aparecen no seu libro Eu
teño dúas Patrias.
Tralo
triunfo da Revolución cubana (1959), o
escritor arteixán
publica varios poemas na Revista “Verde Olivo” das Forzas Armadas
Revolucionarias (Tabloide Ano II Nº. 23, 4 Xaneiro 1960, páxina 11,
Poema ¡Qué
vengan!,
Revistas: Ano IV Nº. 8, 24 de Febreiro de 1963. “Febrero
amaneció en Enero”,
Ano IV Nº. 19, 12 de Maio de 1963. Poema: ¡La
paloma voló!,
Ano IV, Nº. 5,3 de febreiro de 1963. Poema: ¡De
pié!
, Ano VI, Nº. 3, 24 de Xaneiro de 1965. Poema: ¡Jesús!,
Ano VI, Nº. 16, 25 de Abril de 1965. Poema: ¡El
grito de la patria o muerte!)
e en revistas xuvenís do Ministerio de Comercio Exterior de Cuba.
Tamén
publicaría
poemas no “Heraldo Episcopal” da Igrexa Episcopal de Cuba.
Manuel
estudaría
checo na
Escola de Idiomas “John
Reed” e inglés na “Escuela
de Comercio Exterior da Habana”,
onde tamén estudou Investigacións de Mercado e Comercio
Exterior con
diploma acreditado perante profesores da Universidade
Carlos Marx de Budapest.
En
1978 licénciase en Economía
na Universidade da Habana.
Da
súa actividade laboral hai
que destacar
que estivo
asignado á Embaixada de Cuba
en Checoslovaquia
ocupando o cargo de Agregado Comercial e participou nas negociacións
comerciais co devandito país como Secretario da delegación
gobernamental
cubana.
En 1972
realizou unha investigación de mercado sobre as posibilidades do ron
cubano en
Canadá,
auspiciada
polo Centro de Comercio Internacional. Traballando como Xefe do
Departamento de Información da Dirección de estatísticas da “Junta
Central de Planificación” colaborou co Atlas
de Cuba de 1978
sendo autor do “Mapa Económico General” xunto con Alfredo
Yi Cernuda
(páxinas 50-51) e de tres mapas demográficos xunto a Gabriel
Ramírez Núñez e Raúl Carrillo Hidalgo
(Páxinas 84-85-86-87).
Unha
vez xubilado foi xefe de sistemas contables da consultoría da
Asociación Nacional de Economistas de Cuba na Habana, con
posteriores responsabilidades económicas na “Diócesis Nacional de
la Iglesia Episcopal de Cuba” e profesor de Economía en institutos
durante dous anos.
No
2009 escribe o seu primeiro poema en lingua galega “Eu teño
dúas Patrias”:
Eu
teño dúas patrias:
Cuba,
a
illa máis fermosa
que
ollos humanos visen,
e
Galiza,
a
terra dos meus pais.
A
partir dese momento a súa produción poética en galego vai ser
inxente con poemas de compromiso, cancións, de loita… publicando
as seguintes obras -bilingües- tituladas Eu
teño dúas patrias (2011),
O canto da nosa
Terra (2012),
Con todos e para
o ben de todos (2013)
e, máis recentemente, Ó
camarada Felipe e á mocidade cubana
en homenaxe ao
camarada
de loita revolucionaria Fulgencio Oroz que fora asasinado no ano 1958
pola tiranía batistiana, obras
de edicións
persoais que están espalladas polo mundo cultural habaneiro así
como tamén pola
xeografía galega e que agora temos escolmados
na obra “Versos
de amor, loita e compromiso”. Manuel
tamén
ten editado un CD con música da súa autoría e con poemas galegos.
Serán
moitos os seus recoñecementos, tanto por parte do goberno cubano
(“Certificado de Fundador do Partido Comunista de Cuba”, “Medalla
de Combatiente de la Lucha Clandestina durante la Guerra de
Liberación Nacional”…) como do mundo da cultura, entre
eles o artigo
que o seu amigo “Balbino”,
Xosé Neira Vilas, lle
adicou nun artigo titulado
“Poeta e Loitador” e publicado en El correo Gallego o 18 de
agosto de 2013…”En Cuba sempre camiñan xuntos poesía
e combate. Poetas eran Carlos Manuel de Céspedes e José Martí. E
foi no máis acá Rubén Martínez Villena, e no noso tempo, Ernesto
Che Guevara. Hoxe quero referirme a un poeta habaneiro de arestora:
Manuel Álvarez Fuentes, fillo de galego e cubana; ama fondamente ao
seu país e ao mesmo tempo séntese galego de segunda xeración…”
Outros
recoñecementos a nivel cultural foron
o Premio do Concurso “Madre España, Madre Galicia” da
“Sociedade Monterroso e Antas de Ulla”; o “Premio de Poesía do
Obradoiro de Cultura Galega “Xosé Fontenla Leal”; o premio do
“Concurso As miñas raíces galegas”, da Federación de
Sociedades Galegas de Cuba, así como tamén o recoñecemento “Miguel
de Cervantes y Saavedra” outorgado pola Federación de Sociedades
Españolas de Cuba no ano 2014.
Dous
anos máis tarde, o 30 de xullo do 2016, Manuel recibiría un dos
maiores recoñecementos que un escritor pode recibir en Cuba, o de
pasar a pertencer á senlleira entidade que engloba a escritores e
artistas cubanos, a UNEAC (Unión de Escritores e Artistas Cubanos),
entidade creada a comezos dos anos sesenta polo seu admirado Nicolás
Guillén. Naquel acto estaba presente o seu prezado amigo Carlos
Loureiro Rodríguez, o profesor que o pasado venres 9 presentou no
Centro Cívico de Arteixo o libro do noso protagonista“Versos
de amor, loita e compromiso”
(Edicións
Fervenza).
Carlos Loureiro, Roberto Ogando (presidente da Unión Ourensá da Habana) e Manuel Álvarez |
Na
actualidade, camiño dos 80 anos e coa recente satisfacción de ser
homenaxeado na terra de seu pai, Manuel Álvarez é un dos maiores
activistas culturais na Habana, onde é coñecido como “O bardo da
colectividade galega” grazas ás moitísimas actividades que está
a desenvolver na capital cubana. Tamén, a parte de impartir cursos
de Lingua e Literatura Galega no “Obradoiro de Lingua Galega Manuel
Curros Enríquez” do Centro Unión Ourensá da Habana, o poeta
arteixán formou recentemente na Habana un grupo de gaiteiros e
escribiu dous himnos para dúas sociedades galegas con letras en
galego, formando un coro para os cantar. E ademais, segue escribindo
poemas de loita pola nosa lingua e cultura, e recítaos nas
actividades das sociedades da emigración, poemas que edita en libros
que difunde entre os fillos dos emigrantes aos que, mentres lles
ensina a tecer versos en galego, non deixa de lembrarlles que... "son
galego e son cubano. Eu teño dúas patrias".
FONTES:
-FUENTES ÁLVAREZ, MANUEL. Versos de amor, loita e compromiso. Edicións Fervenza, 2017.
-LOUREIRO
RODRÍGUEZ, CARLOS E
ALUMNOS DO IES MANUEL GARCÍA BARROS DE A ESTRADA. As Nosas
Letras(https://sites.google.com/a/iesgarciabarros.org/literatura-galega-do-s/home/entrevistas-13-14/manuelalvarezfuentes)
-LOUREIRO
RODRÍGUEZ, CARLOS. Manuel
Álvarez Fuentes “O bardo da colectividade galega” da
Habana.(www.noticieirogalego.com)
VÍCTOR IGLESIAS, O TALENTOSO MÚSICO DE ARTEIXO
VÍCTOR IGLESIAS, O TALENTOSO MÚSICO DE ARTEIXO
Víctor
Iglesias é desas persoas que necesitamos ter ao noso carón, desas persoas que destacan pola súa capacidade para crear consenso e empatizar con diferentes puntos de vista. Víctor é o fillo que toda nai quere ter, o amigo ideal, sempre disposto a axudar e a colaborar, na medida das súas posibilidades, en todo o que se lle pide. "Conta comigo", "Aquí estamos para o que precises"... son frases habituais deste bo amigo que leva traballado moito, moito, moito pola defensa da cultura do seu Arteixo natal. Agardando que máis pronto que tarde reciba o recoñecemento que merece a súa importante labor, nós, namentres, quitamos o sombreiro e dobramos o xeonllo para agradecer tanto esforzo e tanto tanto traballo, rendéndolle tributo con esta pequena homenaxe.
![]() |
Víctor Iglesias |
Víctor Iglesias García (Arteixo, 1976) comenza as súas andainas musicais da man de Leonardo Corral, mestre de gaita na Asociación Xuvenil Xiradela, agrupación que lle permitiría ao noso protagonista aprender a bailar, a tocar instrumentos tradicionais e a valorar etnográficamente o entorno. E non só a el. Toda unha xeración de arteixáns formou, ao longo dos anos 80-90, parte activa de Xiradela.
Paralelamente, Víctor Iglesias estudia piano no conservatorio da Coruña, e comeza a tocar nalgunha orquesta, como Bolero ou a Finisterre. No ano 98 pon a funcionar a banda de gaitas Artaigo, formada con rapaces das distintas asociacións do Concello. Esta banda sería o embrión da posterior Banda de Música Santiago de Arteixo, da cal foi o seu primeiro director. E tamén dende a banda de gaitas Artaigo sairía á luz o proxecto Camándula, con Nuria Naya ao violín.
Entre o ano 1995 e o 2000, o noso homenaxeado colaboraría en Radio Arteixo co programa semanal "Cóntame un conto", no que se achegaba á historia e á etnografía do municipio arteixán dun xeito coloquial e ameno, contos que posteriormente, tras ser emitidos en Radio Arteixo se publicaban no Boletín Informativo Municipal. Dúas de estas historias da autoría de Víctor, "Os salóns de baile"e "A sala de festas Eva", forman parte do libro "Crónicas de Arteixo" (Edicións Embora, 2017).
Ao longo da súa traxectoria, Víctor tocou en innumerables grupos de moi diferentes estilos de música. Destacan no seu currículo Silvia Penide, Mercedes Peón, Os Revenidos ou Lúar na Lubre, con quen colaborou en setembro de 2016 no concerto da romaría do San Miguel de Pastoriza e, no 2017, tamén participaría co popular grupo folk galego na gravación do disco 30 aniversario da banda.
Na actualidade, Víctor Iglesias é director da Escola Municipal de Música de Arteixo, clarinetista na Banda de Música Santiago de Arteixo e dirixe a parte musical do proxecto teatral "Porlier en Pastoriza", que botou a andar este ano coa idea de representarse anualmente.
Paralelamente, Víctor Iglesias estudia piano no conservatorio da Coruña, e comeza a tocar nalgunha orquesta, como Bolero ou a Finisterre. No ano 98 pon a funcionar a banda de gaitas Artaigo, formada con rapaces das distintas asociacións do Concello. Esta banda sería o embrión da posterior Banda de Música Santiago de Arteixo, da cal foi o seu primeiro director. E tamén dende a banda de gaitas Artaigo sairía á luz o proxecto Camándula, con Nuria Naya ao violín.
Entre o ano 1995 e o 2000, o noso homenaxeado colaboraría en Radio Arteixo co programa semanal "Cóntame un conto", no que se achegaba á historia e á etnografía do municipio arteixán dun xeito coloquial e ameno, contos que posteriormente, tras ser emitidos en Radio Arteixo se publicaban no Boletín Informativo Municipal. Dúas de estas historias da autoría de Víctor, "Os salóns de baile"e "A sala de festas Eva", forman parte do libro "Crónicas de Arteixo" (Edicións Embora, 2017).
Ao longo da súa traxectoria, Víctor tocou en innumerables grupos de moi diferentes estilos de música. Destacan no seu currículo Silvia Penide, Mercedes Peón, Os Revenidos ou Lúar na Lubre, con quen colaborou en setembro de 2016 no concerto da romaría do San Miguel de Pastoriza e, no 2017, tamén participaría co popular grupo folk galego na gravación do disco 30 aniversario da banda.
Na actualidade, Víctor Iglesias é director da Escola Municipal de Música de Arteixo, clarinetista na Banda de Música Santiago de Arteixo e dirixe a parte musical do proxecto teatral "Porlier en Pastoriza", que botou a andar este ano coa idea de representarse anualmente.
CLAUDIO WILLIMAN, PRESIDENTE DO URUGUAI ENTRE 1907 E 1911
Nesta
bitácora falamos en varias ocasións da relación que A Laracha e
Arteixo teñen co Uruguai, citando a varios fillos da emigración
destes dous municipios que tiveron certa relevancia no mundo da
industria, da política ou do deporte. Pois ben, hoxe ampliamos esta
listaxe lembrando a figura de Claudio Williman, un dos personaxes da
historia uruguaia máis sobresaíntes que chegaría a ser presidente
da República entre 1907 e 1911.
Fillo
de emigrantes de Caión e de Arteixo (seu pai era natural de San
Cosme de Maianca, Oleiros, aínda que tiña domicilio en Arteixo
cando casou), varias novas publicadas na prensa de Montevideo nos
primeiros anos do pasado século XX en torno á nacionalidade dos
proxenitores do presidente da República, doutor Claudio Williman,
suscitaran no seu momento algunha que outra discusión entre os
xornalistas charrúas. Uns dicían que eran de orixe alemana, outros
inglesa e os menos galega e, por riba, ningún dos contendentes
aportaba probas satisfactorias aos seus contrincantes da pluma. Mais
aquela incógnita quedaría resolta coa información que publicaba,
baixo a sinatura de Pedro Dubra Brandón, o xornal coruñés El
Noroeste o día 20 de xuño de
1910:
(…) publicamos a continuación la partida de matrimonio que los autores de la existencia de aquel, aunque joven, esclarecido gobernante. Los padres del presidente Williman, como los del presidente Gabriel Antonio Pereira y los del presidente Lorenzo Latorre, que también gobernaron aquel país en épocas no muy lejanas, nacieron en esta provincia de la Coruña, y en ella nació también el primer europeo que cruzó la América de oriente a occidente, Núñez de Balboa, para ofrecerle al mundo civilizado, con un nombre simpático (símbolo de la paz) el océano más extenso entre los que cubren la superficie de nuestro globo. La partida a que nos referimos dice así:
“Don Domingo Carballo Antelo, cura párroco de Santa María del Socorro de la Villa y puerto de Cayón, distrito municipal de Laracha, provincia de la Coruña.
Certifico: que en el folio sesenta y nueve vuelto, del libro tercero de casamientos de esta de mi cargo se halla la partida siguiente:
En la capilla de San Roque que hace de parroquial de Santa María del Socorro de la villa y puerto de Cayón, a veintidos días del mes de Febrero, año de mil ochocientos cuarenta: Yo D. José Cambón, presbítero, teniente cura de la misma, con licencia expresa del P. P. Fr. Domingo Eujo, vicario cura de ella en propiedad, precedidas las tres canónicas moniciones en tres días festivos tanto en esta, como en la de Santiago de Arteijo, y no haber resultado impedimento alguno, según más bien consta de la certificación dada por D. Manuel Rodríguez Cambón, cura rector propio de la de Arteijo; asistí al matrimonio que por palabras de presente y mutuos consentimientos exteriormente sensibilizados contrajo José Williman, soltero natural de San Cosme de Mayanca y vecino de la referida de Arteijo, hijo legítimo de Claudio Williman, natural de la Saboya de Francia y de su mujer Caetana Lugrís, natural y vecinos que viviendo fueron de la de Moyanca; con Antonia González, también soltera, hija legítima de de Manuel González, ahora difunto, natural de Santa Justa de Moraña, y de su mujer Josefa de Otoño, natural y vecinos de este puerto; se observó lo prevenido en las Sinodales de este arzobispado y reales pragmáticas de S.M., en el mismo recibieron las bendiciones de la iglesia y se hallaron presentes Antonio Paz, Pedro de Otoño y D. Mariano García, todos vecinos de esta villa y puerto; y para que conste lo firmo al día, mes y año ut supra. José Cambón”
Así
pois sabemos, que os pais de Claudio Williman, José e Antonia, eran,
antes de darse o “si quero”, veciños de Arteixo e de Caión e
tamén que os avós paternos eran de orixe francés, unha parella que
non tardaría en facer a maleta da emigración para empezar unha nova
vida en Montevideo.
Alí,
José e Antonia montarían un estabelecemento de ultramarinos na rúa
de Andes, esquina coa rúa Mercedes e, segundo un xornal da época,
na trastenda deste negocio Claudio, que nacera na capital charrúa o
10 de outubro de 1861 … “estudiaba sus lecciones y
algunas veces cosquilleaba en el humor de su buenísima madre, que le
reprendía en gallego, dando lugar sus travesuras a que el severo D.
José le advirtiese que era hora ya de que se fuese a clase,
obedeciendo Claudio, no sin dejar de vocear y de dar saltos porque
era un diablejo rubio y de ojos azules, tan travieso como avispado e
inteligente”.
O
noso protagonista, que
era sobriño
de
Mariano G. Williman, coñecido
republicano federal da
capital uruguaia,
comezaría
aos
19 anos a súa carreira docente na Sociedade
Universitaria e, en 1885, gañaría por concurso a cátedra de Física
na Universidade da República. Dende moi novo as pretensións do
fillo dos emigrantes de Arteixo e Caión era a de estudar enxeñaría,
mais por aqueles días era practicamente imposible xa que no Uruguai
non había ningún centro de estudo especializado. Claudio
principiaría, entón, a carreira de Dereito, carreira que
abandonaría transitoriamente pola política, que levaba certo tempo
chamando á súa porta.
Vinculado
dende moi novo ao Partido Colorado, no ano 1886 participaría no
departamento de Paysandú na rebelión do legalismo contra o
militarismo, rebelión coñecida como a Revolución do Quebracho.
Williman retomaría os seus estudos naqueles tempos de radical
oposición entre os “blancos” e os “colorados” e, nese mesmo
ano, recibía o seu título de abogado.
Nos
anos inmediatos Claudio, a quen os amigos e compañeiros coñecían
polo alcume do Inglés,
alternaría a labor docente coa súa actividad política e
impulsaría a fundación da Facultade de Matemáticas (1887), da que
foi catedrático honorario, e exercería o profesorado na Academia
General Militar. Moi popular na capital charrúa pola súa bonhomía
e a súa singular intelixencia, en 1889 sería elexido edil por
Montevideo. En 1895, catro anos despois de converterse no Decano da
Facultade de “Enseñanza Secundaria y Preparatoria”, casa con
Carmen Martínez Santos, e do matrimonio nacerían catro fillos: José
Claudio, Horacio Alberto, Osvaldo Alfredo e Enrique Guillermo.
Tres
anos máis tarde do casamento, ao producirse o golpe de Estado de
Juan Lindolfo Cuestas, Williman sería nomeado membro do Consello de
Estado e xa en 1904 combate na Guerra Civil, pese ao seu notorio
rexeitamento do formalismo militar, o levantamento “blanco” para
defender a constitucionalidade ameazada polo alzamento encabezado por
Aparicio Saravia, sendo xefe do 4º Batallón de Infantería. O seu
neto e biógrafo José Claudio Williman afirma que… “en las
duras jornadas que siguieron a la derrota de los blancos, puso en
juego toda su influencia para moderar y contener la agresividad de
algunos de sus correligionarios”.
Rematada
a Guerra
Civil,
José Batlle y Ordóñez designao
ministro de Goberno nun
tempo no que xa era
unha
das figuras máis
prestixiosas
do
coloradismo, prestixio
que conduciría a Batlle a escollelo
como o
seu
candidato para
sucedelo na presidencia
da
República.
E
así, o
día
1 de marzo de 1907 o
Dr. Claudio Williman, o
fillo dos emigrantes galegos de Arteixo e A Laracha, era elexido polo
Parlamento
presidente do
Uruguai.
O
goberno de
Claudio Williman
caracterizaríase
por poñer
en evidencia unha
tendencia conservadora, destacando
o
interese
polo
reforzamento do
sistema
xudicial
e
a promoción dun Estado
constitucional sólido. Entre as accións
que destacaron na
súa xestión,
hai
que resaltar
a abolición da pena de morte,
a creación do
Ministerio de Industria e
o
Ministerio de Obras Públicas, ademais
da aprobación da
Lei
do
Divorcio e
a
creación da
Corte Suprema.
Outro
dos aspectos
que melloraron
considerablemente durante o
goberno de Claudio Williman, foi
o
desenvolvemento económico
do
país
fundamentado na
gandería, na
agricultura e
no comercio, sector no que nacionalizaría
o porto de
Montevideo e
a rede
telegráfica, instalando
tamén a
rede
telefónica estatal que competiría coas dúas
privadas preexistentes.
Por
outra
banda,
daríanse
cambios importantes na educación, como
a
eliminación do
ensino
relixioso
dos
colexios públicos
e
a creación de centos de escolas
distribuidas en toda a xeografía
uruguaia,
especialmente nas áreas
rurais.
En canto ao
sector político, a convivencia entre os dous
partidos maioritarios
como o
Partido Nacional e
o
Colorado, foi
totalmente positiva e
armónica, uns
partidos
que
durante ese periodo 1907-1911
manterían
unha
disposición ao
dialogo con tendencia moderada. En canto á
xestión
internacional, o
goberno de Williman tivo
unha
acertada visión negociadora que alcanzou
a realización de acordos
en termos
fronteirizos
cos gobernos arxentino
e
brasileño.
Finalizada
a
súa presidencia,
Williman viaxou
a Europa e
a
volta,
en 1912, ocuparía
por segunda vez o
rectorado da Universidade. Posteriormente, entre
1916 e
1924, apartado
xa das loitas
políticas, sería
presidente do
Banco de la República. O
seu neto e biógrafo describíao
así:
“de
aspecto sajón, delgado y erguido, pareciendo por ello de más altura
que la real, de cabellos lacios, finos y rubios, ojos azules claros,
con un gesto de seriedad que disimulaba de manera desconcertante su
temperamento afectivo, afectuoso y a veces bromista”.
O
noso homenaxeado falecería en
Montevideo o
9 de febreiro
de 1934. Oitenta
e cinco anos despois do
seu pasamento
aínda hai quen pensa que Uruguai aínda lle debe o recoñecemento
que
merecen os
seus constantes
esforzos
pola paz e
a súa
importante obra reformista. Como esas brisas que de
cando en vez
atravesan as mañás
soleadas, aquel
fillo de José
Williman e Antonia González, os
emigrantes de Arteixo e A Laracha, pasou
pola historia da
súa patria
de forma case
desapercibida, mais
iso si,
regando a terra de fecundas sementes
que floreceron anos
despois nunha
realidade
superior.
FONTES:
-MAIZTEGUI
CASAS, LINCOLN
RAÚL.
Uruguay-Recortes
de Historia. El hombre que fue paréntesis.
Blogdiario.com
MICO
RABUÑAL, O ESCULTOR ARTEIXÁN PSICOANALISTA DE PEDRAS
Miguel
Rabuñal nace en Oseiro en xullo de 1979 na casa coñecida como a de Rafael,
que viña sendo o domicilio
de seus avós paternos María Naya Pan e José Rabuñal Rey,
un home que levaba con moito orgullo o feito de ser neto de Manuel
Rey Súarez, persoeiro sobre o que xa temos falado neste espazo e de
quen sabemos con certeza que coñeceu e tratou ao propio Manuel
Murguía, a Castelao, a Basilio Álvarez, a Casares Quiroga ou, entre
outros, ao autor da novela O bosque animado,
Wenceslao Fernández Flórez.
Dende
moi cedo Miguel, máis coñecido polo seu nome artístico de Mico
Rabuñal, sentiría a necesidade da arte nas súas veas, unha
necesidade de expresión difícil de domar. O primeiro recordo da súa
relación co mundo artístico é de cando estaba no parvulario, onde
un día atopou un libro da E.X.B. no que, nas primeiras páxinas,
había debuxado un candil cunha candea prendida… “Xa non vin
nin o texto nin nada máis de aquel libro. Aí despertou algo no meu
interior que me fixo debuxar unha e outra vez esa imaxe do candil.
Dende aquel día prendeuse en min outra candea”.
Dende
aquel entón, os días de debuxos alternábanse con modelaxes na
típica masa de plastilina de cor marrón merda, resultado da mestura
de diversas cores. Nesa altura, a súas principais influencias non
eran outras que os programas televisivos “La Bola de Cristal” e
“El Hombre y la Tierra” do grande Félix Rodríguez de la Fuente
polo que, as pequenas obras do futuro escultor arteixán, eran sempre
Frankensteins ou animais.
Despois
de anos visualizando esa temática, sería en 8º da E.X.B. cando na
materia de plástica o alumnado de aquel curso fixera tarefas de
debuxo ao natural dunhas figuras en escaiola… “Recordo
que eran un pé, unha cara dunha muller grega e unha
cabeza de cabalo. Foi aí onde me empezou
a inquietude de saber máis acerca da arte mais, con
todo, non sería ata algúns anos despois
cando descubrín, grazas a unha profesora
de galego do Instituto, que na Coruña había unha
escola adicada aos estudos artísticos, a
Escola de Arte e Deseño Pablo Picasso”.
Esa
orientación, ese camiño que lle amosara aquela mestra sería,
motivada porque nas horas lectivas, Mico adicáballe máis tempo a
debuxar na mesa que a facer as tarefas… “ata tal punto
que xa me deixaban facelo aínda
que, iso si, houbo veces que tiven
que borrar algunha obra de moitas horas de entrega, logo das
protestas do servizo de limpeza do instituto”.
Os
seus primeiros ingresos obtidos das esculturas da súa autoría
chegarían co traballo realizado para financiar a excursión de fin
de curso, un traballo que empezara uns meses antes tallando unhas
pinzas de prender a roupa e tacos de madeira que logo vendería aos
compañeiros e compañeiras do Instituto, chegando a recadar máis de
50.000 das antigas pesetas. Rematada a súa etapa de secundaria, Mico
empezaría a traballar de xardineiro para financiar os seus estudos
de arte... “cubrín a solicitude da escola, fixen
unhas probas de acceso e xa estaba dentro!”
O
escultor arteixán tiña por diante dous marabillosos anos de
aprendizaxe na rama de técnico Superior en Artes Aplicadas a
Escultura. Cando saíu da escola, e despois de facer as prácticas de
empresa, decidiría especializarse no tallado en pedra polo que
traballaría durante un tempo como canteiro artístico para a empresa
Grupo Liñagar, onde botaría case cinco anos e onde aprendería o
oficio que, na realidade, era o que máis idea lle levaba. Naquel
tempo Rabuñal faría algúns traballos que actualmente podemos ver
pola xeografía do municipio de Arteixo, coma o Cruceiro de Morás; o
retrato a Don Pedro García, párroco de Oseiro, Lañas e Pastoriza;
e tamén un escudo do arcanxo San Miguel para o Hotel San Miguel de
Pastoriza.
No
2009 Mico Rabuñal decidiría establecerse pola súa conta a tempo
completo no seu estudio da aldea de Figueiroa, na antiga casa da súa
avoa materna na que o artista arteixán crearía a súa obra máis
persoal e definiría o seu estilo, un estilo que segundo as súas
propias palabras… “clasificaría de arte realista pop,
no que emprego distintos tipos de mármores, granitos e pedras
calizas”.
Sempre
que falamos
con
Mico no
seu estudio Figueiroa,
sabemos que algo novo
está tramando e
nunca nos deixa de sorprender coas súas obras talladas en pedra.
Darlle un pouco de humor as súas esculturas é algo que lle encanta,
procurando sempre un tema para que a pedra conte unha
historia...”Xurde
a idea, visualízoa nun material e vou a por ela. Ao final todo se
traduce en moitas horas de investigación, de estudio e de moito
traballo”.
Mico
Rabuñal,
nunca deixa
de sorprendernos
coas
súas novas
obras talladas en pedra, unhas
obras que podedes adquirir directamente no seu estudio do Lugar de
Figueiroa nº 27 A, contactando co artista a través da súa páxina
web http://micorabunal.com/ ou en fondo na galería coruñesa Monty4.
Tamén
podedes estar ao día dos seu traballos no seu Facebook https://www.facebook.com/pg/micorabunal/community/?ref=page_internal
Exposicións:
- De Estudios Abertos en A Coruña 2018.
-
Colectiva en Galeria Monty4 de A Coruña 2018.
-Colectiva
en Galeria Artbys de A Coruña 2018.
-
Museo Casa Ibáñez de Melilla 2017
-
6ª edición de la Feria de artistas Cultur3club en Gijón 2017.
-
I Feria Internacional de arte contemporáneo Art Fair Málaga 2017.
-
Colectiva na Sala Fórum Metropolitano de A Coruña 2004.
Premios
recibidos:
-
Obra seleccionada para exposición en XXIX Certamen de Pintura y
Escultura Ciudad de Álora, 2018.
-
Finalista XVIII Certamen Nacional Pintura y escultura ciudad de
Melilla, 2017.
-
Obra seleccionada na 17ª Mostra Artxove. Pontedeume, 2012.
-
1º premio no XII Certamen de Arte Galería Burela 2007.
-
2º accésit no X Certame de Arte “Galería Burela”2005.
O
POETA E CREGO MATÍAS ESCARIZ
O
pasado sábado, 15 de febreiro de
2020,
aparecía nas
páxinas de La Voz de Galicia (edición Carballo)
un
excelente artigo do filólogo Xosé María Rei Lema para lembrar o 75
aniversario do pasamento do poeta e crego Matías María Escariz
Méndez, home que tivo certa vinculación con Arteixo pois, polas
súas veas, corría sangue da Catuxa, o lugar de nacemento de súa nai
María Méndez Gundín.
Segundo
as informacións que nos cedeu o propio Chema
Rei
Lema, María Méndez Gundín naceu o 9 de xaneiro de 1866 no lugar da
Catuxa, na parroquia de Santiago de Arteixo e era a menor de cinco
irmáns: Jacobo -ou Santiago, os dous nomes figuran na súa partida
de bautismo- (1852-1855); Josefa (1855); Dominga (1867) e Manuel
(1863).
María,
a nai do crego e poeta, era filla
de Francisco Méndez Hernández, oriúndo da parroquia de Pastoriza
(Arteixo), e de Juana Gundín Rega, de Santiago de Arteixo, e veciños
da Catuxa. Seus
avós
paternos eran
Juan Méndez Loureiro, orixinario de Lañas (Arteixo), e María
Benita Hernández de Beira, da parroquia de Santa Lucía/San Xurxo da
Coruña (na partida de Manuel pon unha e na de María a outra),
defuntos e veciños que foron do lugar de Sobrado
(Pastoriza-Arteixo). Avós maternos: Domingo Gundín e Josefa Rega
Varela, oriúndos e veciños da Pedreira (Santiago de Arteixo).
Bisavós paternos: Manuel Méndez e Josepha Loureyro, de Lañas
(Arteixo);
e Francisco Hernández, de Andalucía, e Benita de Beyra, natural de
Pastoriza, de onde eran
veciños. Bisavós maternos: María Gundín, solteira, da Pedreira
(Arteixo); e Domingo Rega e Juana Varela, tamén de Arteixo. (Libros
de Bautizados de Santiago de Arteixo n.º 3-5 e de Santa María de
Pastoriza n.º 3).
Con
licenza do autor, reproduzo deseguida o artigo de Chema Rei Lema:
"Nos
75 anos da morte do poeta e crego Matías Escariz"
O
pasado 8 de febreiro fixéronse os 75 anos da morte de Matías
Escariz, un dos nosos poetas máis prolíficos e tamén dos máis
descoñecidos. A pesar de que xa fora reivindicado hai tempo nestas
páxinas por Miro Villar ou Modesto Fraga, este crego «fisterrán»
continúa no esquecemento e a súa obra espallada por revistas e
xornais. Aproveitando esta data significativa dos 75 anos da súa
desaparición, imos botar un pouco de luz sobre a súa figura.
Matías
María Escariz Méndez naceu o 12 de decembro de 1881 en Buenos
Aires, na emigración na que casaran seus pais. El, Francisco Escariz
Canosa, natural de Denle, na parroquia fisterrá de San Vicente de
Duio, o menor de seis irmáns dunha familia con fondas raíces nesta
freguesía. Ela, María Méndez Gundín, orixinaria do lugar da
Catuxa, da parroquia de Santiago de Arteixo, tamén a menor dos cinco
irmáns desta familia con orixes en varias parroquias arteixás. Con
pouco máis de cinco anos, o pequeno Matías vén para Galicia con
seus pais: o 10 de abril de 1887 desembarca no porto de Vigo o vapor
Graf Bismarck que os trae. Aséntanse na vila de Corcubión, onde a
familia Escariz Méndez recibe a chegada de Josefa Francisca o 27 de
febreiro de 1890, mais a alegría dura pouco e o 6 de maio dese mesmo
ano falece a pequena.
O
noso protagonista xa mozo vai ir para Santiago cursar a carreira
eclesiástica. Expedíronlle o título de tonsurado en decembro de
1903, o de subdiácono en xaneiro de 1906 e o de diácono en abril
deste ano. O 20 de xuño de 1906 é nomeado ecónomo de San Xoán de
Bardullas e unidos. O 26 de outubro toma posesión desta parroquia
muxiá, xunto coas de Santiso de Vuiturón e Santa Locadia de Frixe.
Aquí vai estar ata que a comezos de 1914 é destinado ao concello da
Estrada, en concreto a Santa Cristina de Vea. Sete anos botou nela
ata que volve á súa terra, pois en febreiro de 1921 destínano ás
parroquias de San Vicente e San Martiño de Duio, onde desenvolvería
unha ampla actividade, que mesmo traspasou fronteiras (foi socio das
entidades bonaerenses ABC de Corcubión e Finisterre en América), e
foi aquí onde comezaría a súa produción literaria.
Guerra
civil
Tivo
que abandonar as parroquias fisterrás por supostos «problemas
veciñais» e vai ir para Santiago en outubro de 1930, como capelán
do Asilo das Oblatas. A pesar de que estivo menos de dous anos na
cidade compostelá, a súa actividade foi moi intensa, tanto
relixiosamente (foi nomeado Cronista da Orde Terciaria dos
Franciscanos) coma no campo literario. En xuño de 1932 envíano para
Betanzos, como capelán do Asilo de Ancianos Desamparados García
Hermanos, onde estará ata que volve á súa comarca. A Guerra Civil
colleuno como ecónomo de San Cibrán de Vilastose, en Muxía, pero
en 1940 xa estaba de novo nas Mariñas, pois aparece como capelán
das monxas de Meirás (Sada), onde nese mesmo verán oficia unha misa
á que asiste Carmencita Franco. Aquí botou polo menos dous anos,
ata que nos sorprende a súa presenza como capelán da Comunidad de
Hijas de Nuestra Señora de Cangas de Morrazo no momento da súa
morte, o 8 de febreiro de 1945.
Este
percorrido pola súa traxectoria profesional como sacerdote vai ter
moita importancia tamén no campo literario, pois boa parte da súa
produción reflicte os lugares nos que habitou. Como dixemos foi un
autor moi prolífico, pois del temos constancia da publicación de
150 poemas, dos que 104 son en galego e 46 en castelán, ademais de
tres contos breves en galego. E todo nun espazo de pouco máis de
sete anos, pois as primeiras referencias son de 1928, cando comeza a
publicar na revista bonaerense Finisterre, voceiro da asociación de
emigrantes fisterráns. Será a mediados de 1929 cando inicie a
colaboración na súa publicación de cabeceira, que vai ser o xornal
El
Compostelano.
No desaparecido medio santiagués vai editar un total de 127 poemas
(catro deles repetidos), dos cales 86 son en galego e 41 en castelán.
Eses 86 poemas en galego convérteno no autor que máis poemas
publicou na nosa lingua neste xornal entre 1925 e 1936, segundo os
datos que ofrece Xulia Marqués no seu libro A
Literatura galega no xornal El Compostelano (1920-1946),
no que tamén elabora unha pequena biografía de Matías Escariz. A
colaboración con este periódico foi ininterrompida ata marzo de
1935. Con todo, en 1941 aparecería un poema titulado A
Galicia (O derradeiro Adiós de Pérez Lugín)
coa
seguinte anotación: «Optó al premio Pérez Lugín» -galardón
creado pola Asociación da Prensa da Coruña para premiar o mellor
traballo literario que enxalzase a Galicia-, pero que non era senón
unha versión dun anterior titulado O
derradeiro adiós de Murguía.
En El
Compostelano
tamén publicaría entre 1931 e 1934 outros escritos en castelán
referidos a cuestións relixiosas, moitos deles agrupados baixo os
títulos xenéricos de Carta
a un Terciario Franciscano ou
Carta
a un infiel.
Unha
segunda publicación de referencia para Escariz era a prestixiosa
revista viguesa Vida
Gallega,
na que deixou entre 1929 e 1934 un total de 81 poemas (61 en galego),
moitos deles compartidos co xornal santiagués. A súa produción
tamén chegou á Arxentina, pois xunto coa citada revista Finisterre,
deixou a súa pegada en publicacións como Céltiga,
Boletín
Oficial de la Sociedad Nueva Casa de Galicia,
Revista
Oficial del Centro Gallego de Avellaneda
ou Betanzos. Centro Cultural Betanzos. Incluso o atopamos na
madrileña España
Marítima,
así como no ourensán La
Zarpa
e en La Voz de Galicia.
A
temática que domina nas súas composicións é a relixiosa, tanto na
súa vertente de fervorosa fe, como na máis lúdica das celebracións
de festas e romarías. Xunto a ela hai que subliñar o seu gusto polo
costumismo e a exaltación da paisaxe que o rodea (con predominio das
terras fisterrás, compostelás e mariñás). Mais tamén ten varias
composicións nas que incide na temática social e mesmo lingüística
e política, sobre todo nos tempos da II Repúbica, como ese poema
dedicado ás Mocedades Galegas ¡Arriba,
Mociños!,
ou en ¡¡Meu
pobo gallego, esperta!!.
Dentro da temática paisaxística, a súa terra fisterrá aparece en
poemas como ¿Por
quén chamar?,
A
vila de Cee,
O
Santo Cristo de Fisterre,
¡Corcubión!,
Pregaria
á Virxe d’a Xunqueira,
como
tamén reflicte actividades propias da nosa zona, como o traballo no
mar ou O
panillo.
En
definitiva, unha ampla produción poética, que aínda que non
destaque pola súa alta calidade, si é mostra dun eloxiable labor
literario dun escritor de noso que non debe quedar perdido no
esquecemento.
Ningún comentario:
Publicar un comentario