BALNEARIO

EL ECO DE GALICIA, 25 DE XUÑO DE 1892:









PUBLICIDADE DOS ANOS 20 DO BALNEARIO:

La Voz de Galicia, 15 de xullo de 1924






















 
















BREVE HISTORIA DO BALNEARIO DE ARTEIXO

     Aínda que o lugar de Caldas, que é un termo romano para indicar augas quentes, danos pé a pensar que os seus precedentes son moito máis antigos, a primeira constancia documental que hai sobre o Balneario arteixán data do ano 1760. Nese documento, o emprazamento do edificio descríbese como un lugar illado do núcleo poboacional da Baiuca e faise mención dunha serie de edificacións das que contaba o recinto termal: hostal, casa de baños, capela e un arrimo para as cortes. No documento detállase tamén, que un destes arrimos, facía ás veces de hospital e nel recollíase á xente máis humilde, condición obrigatoria para poder explotar as súas augas termais. Co paso dos anos o edificio, que xunto co de Carballo era o único termal recoñecido en toda a provincia da Coruña, convertiríase en centro de gran actividade social e marco de feitos históricos de certa importancia coma o protagonizado a primeiros do século XIX polo xeneral Juan Díaz Porlier que, cando cumpría condena no castelo de San Antón por expresar a súa protesta pola abolición da Constitución de 1812, solicitáralle por motivos de saúde ao Capitán Xeral un permiso para pasar uns días nos Baños de Arteixo, donde xa levaba uns días instalada a súa muller Josefa Queipo de Llano e a servidume. Mais, tras novas peticións ás autoridades militares da Coruña, Porlier obtería un novo consentimento, esta vez para instalarse en Pastoriza, na casa de campo de Andrés Rojo del Cañizal (actual Vilariza), lugar no que prepararía o levantamento do 9 de agosto de 1815 contra o goberno absolutista de Fernando VII. O "Marquesito", alcume de Porlier, fracasaría no intento de derrocar ao rei español e sería condeado a morte, sendo aforcado en outubro dese mesmo ano no Campo da Leña da Coruña.


     Dous anos despois da morte de Porlier, en 1817, noméase por primeira vez un médico director xa que, ao parecer, o Balneario era cada vez máis visitado e valorado pola súa capacidade para curar, mais como os usuarios tomaban as augas ao chou, sen ningún tipo de control médico, ocorrían a cotío desgrazas que fixeran ver a necesidade de tal nomeamento. Aínda así, non sería ata 1849 cando Antonio Casares realiza a primeira análise das augas, estudio no que se verifica que estas son moi mineralizadas, con altísimos porcentaxes de cloro e sodio ademais de outros compoñentes: xofre, calcio, flúor, bromo e iodo, que se empezarían a recomendar para o tratamento de afeccións cutáneas, reumatismos, trastornos respiratorios e problemas de tipo nervioso.


     Cara a mediados deste século XIX e según as investigacións do doutor Pedro María Rubio, que aparecen reflexadas no seu libro, Tratado completo de las fuentes minerales de España (publicado en 1853), a propiedade do Balneario de Arteixo era compartido por catro propietarios, que tiñan feita a partición dos edificios e administrábanos por si mesmos ou por medio de dependentes. Naquela hora, a dirección facultativa corría a cargo de don Isidoro Ortega, quen tamén se ocupaba da dirección do Balneario de Carballo, recinto que nesa época fora adquirido polo xurista e político ourensán Pedro Sanjurjo, que entre outros cargos, fora Conde de Torre Panela, deputado a Cortes por Ourense (1839-41 e 1844-46) e polo distrito de Bande (1850-54 e 1857-58), oídor da Real Audiencia da Habana (1849) e, maxistrado decano da Audiencia de Manila (1869).


     Mais no Balneario de Arteixo había un quinto propietario: o banqueiro madrileño Angel Henry que, aínda que nun principio tivera abandonada durante algún tempo a súa parte do recinto, según publica Rubio no seu Tratado completo de las fuentes minerales de España..."abrió en su establecimiento un salón de sociedad decentemente adornado, con periódicos, juegos permitidos y piano, arregló un local para fonda y amuebló las habitaciones".


     Henry, deste xeito, convertera a súa parte dos Baños no epicentro da vida social do concello e tamén se encargaría de amañar unha gran horta para adicala a xardíns e a paseos. Pedro María Rubio describía como era o núcleo de Arteixo de mediados do XIX deste xeito: "Hay paseos amenos y deliciosos en el pequeño valle y su carretera, y una hermosa y dilatada pradera adornada de árboles silvestres de todas clases, que prestan gustosa sombra. Esta pradera, que es la que media entre los baños y la carretera, está cruzada por un arroyo pequeño, que abunda sin embargo en truchas y anguilas y va a desaguar al Océano Cantábrico, que dista de allí un cuarto de legua escaso. Las colinas que rodean el valle están pobladas de frondosos y dilatados pinares, y en sus faldas se ven viñedos, prados, huertos y tierras bien cultivadas".


     A finais deste século XIX, en 1898, o carballés Manuel Rodriguez Més, home acaudalado que lograra unha gran fortuna e que casara coa súa propia curmán, a arteixá Flora González Més, compraríalle aos herdeiros de Henry o Balneario pola respectable suma de 9.000 pesos dos da época. Non tardaría moito en darlle aos Baños unha vitalidade e uns servizos dos que carecían as instalacións e, nese mesmo ano, encárgalle ao arquitecto vasco Juan Ciórraga i Fernández de Labastida, impulsor das galerías do Ensanche coruñés e diseñador do asilo de anciáns de Adelaida Muro, tamén na Coruña, a construcción do edificio do hotel, dotado de planta baixa e dúas alturas que se edificarían con pedra de cachotería entre os anos 1898 e 1911.


Paseo por Arteixo nos primeiros anos do século XX. Ao fondo da imaxe vese o Balneario
     Principiaba, deste xeito, a relación da familia González Més cos Baños de Arteixo, unha relación que en realidade xa a iniciara o pai de Flora, Manuel González Iglesias (Alcalde de Arteixo entre 1890 e 1891), cando fora durante un tempo o administrador do Balneario. Tamén, durante os anos que Manuel Rodriguez e a súa muller Flora estiveran ao fronte do negocio, un irmán desta, Baldomero González Més, fervente seguidor da doutrina do conservador Cánovas del Castillo, fora o Alcalde de Arteixo en tres etapas distintas: 1914-1916, 1920-1923 e 1930-1931. Esta fora se cadra a mellor época do Balneario, uns anos de esplendor no que o edificio termal era frecuentado por persoeiros da talla de Manuel Mª Puga Parga "Picadillo", xuiz municipal de Arteixo entre 1901 e 1903 que chegaría a ser o Alcalde da Coruña no ano 1915; Ricardo Fernández Cuevas i Salorio, director xerente de Augas da Coruña S.A., empresa que se constituíra en 1903; o poderoso banqueiro coruñés Narciso Obanza Alonso, casado con Elena Miranda Santos (filla de Luis Miranda, o precursor da actividade téxtil na Coruña) e amigo persoal de Baldomero González Més, que en realidade era o seu corresponsal en Arteixo; ou Raimundo Molina, un dos promotores do porto herculino, que viña aos Baños acompañado da súa dona Evarista (filla do doutor Alejandro Brandao, Alcalde da Coruña entre 1881 e 1885) e do seu fillo Alfonsito, un rapaz que co tempo presidiría a alcaldía herculina dende o ano 1947 ata 1958. Si, estamos a falar de Alfonso Molina.


     Os González Més terían moito peso tanto na vida política coma na socio-cultural e tamén relixiosa dese Arteixo de principios de século XX. Xa falamos de Baldomero, alcalde do concello en varias ocasións, e de Flora, propietaria xunto co seu home do Balneario, mais aínda quedan no tinteiro anécdotas do resto dos irmáns, que en total foran doce, das cales falaremos noutra ocasión.
Carlos del Río Troche (imaxe cedida pola súa filla Ana)
     Paralelamente á entrada na alcaldía herculina dun dos hóspedes máis ilustres do Balneario, Alfonso Molina, os Baños cambiarían de propietarios pasando, por herdanza, ás mans de Enrique Rodriguez Més, que estaba casado con Milagros del Río Troche. Mais Enrique non estaba pola labor de levar as rendas do negocio e pediríalle a seu cuñado Carlos, daquela empregado do Banco Pastor, que se puxera  ao fronte, petición que este aceptaría.


      Eran os tempos nos que a fisionomía da vila variaba considerablemente cada verán. Os meses de xullo e agosto rexistraban cada ano unha gran afluencia de visitantes que, dende puntos ben dispares, viñan a Arteixo a tomar os baños por prescripción médica. Outro persoal, como era o caso de moitos dos novos usuarios, chegaba á vila por consellos de amigos que melloraran das súas doenzas grazas as augas arteixás. Naquela época, non era difícil que houbera máis de cen persoas hospedadas no hotel do Balneario e tampouco era inusual ver disfrutar a varios centos de bañistas dos servizos do centro, clientes que alternaban as súas estadías no edificio con excursións ás praias de Alba e Sabón ou aos montes de Subico e Santa Locaia.


     Carlos del Río Troche e a súa muller, Laura Doldán Rivas, levarían a administracción do Balneario desde finais da década dos cuarenta ata 1962. Pouco se asemellaba o Arteixo daqueles días co de hoxe. Na zona dos Baños estaba o hotel e un hospitalillo e, posteriormente, habilitaríanse unha especie de albergues ou ranchos que era o lugar donde se hospedaban os clientes que non podían pagar a estadía no hotel mais sí acudir a tomar os baños, xa que o recinto tiña a obriga de aloxar aos enfermos dos concellos veciños que estaban escritos na beneficiencia. Neses anos, principalmente nos cuarenta, o Balneario tamén era utilizado polo R.C. Deportivo, que se concentraría en numerosas ocasións nas súas instalacións. Para a historia tamén queda a concentracción, durante a primeira semana de maio de 1945, da selección española de fútbol na que xa destacaba o lendario Telmo Zarra.


      Carlos del Río falecería dun infarto en 1962 e sería aí cando entrarían en escena os actuais propietarios dos Baños, é decir, os irmáns Mosquera Calvete que, logo das oportunas negociacións con Francisco Rodriguez "Pancho", fillo de Enrique Rodriguez Més, faríanse co recinto termal nestes anos sesenta, pouco despois de que un dos irmáns, Domingo Máximo "Pitos", debutara en 2ª División co Racing de Ferrol... uns Mosquera Calvete que levan administrando o Balneario máis de medio século e que acometerían unha rehabilitación das instalacións coincidindo cun programa de reordenación urbanística do contorno, no que se construiría o paseo fluvial e a Casa da Cultura.
O Balneario a principios dos anos cincuenta (imaxe cedida por Ana del Río)


     Os Baños, historia e tradicción que nos traen á memoria esa tranquilidade perdida por mor das  presas coas que hoxe convivimos, tamén están asociados a varias curas miragreiras das que non hai moito tempo alguén me comentou, sen ningún recato, que seica unha persoa que no seu día chegou ao Balneario con muletas, despois dun adecuado tratamento e grazas ás augas á que foi sometida, voltaría ao seu domicilio sen as ditas muletas, deixando unha delas colgada na capela do recinto.


     Un ambiente de veraneo da decadencia romántica, alá polo 1890, como sinala a fonte do Balneario, segue envolvendo a atmósfera deste histórico lugar descuberto, paradoxos da vida, según afirma a lenda, grazas a un burro que curou as súas feridas e mazaduras nunha fonte próxima ao lugar donde pacía.


FONTES:
-Seminario Permanente CEP "Galán" de Oseiro e CEIP "Ponte dos Brozos"
-"De Liverpool ás Sisargas; a derradeira travesía do Priam". Fernando Patricio Cortizo&Xabier Maceiras 




AS FESTAS DO BALNEARIO: DOS ORGANILLOS ÁS ORQUESTAS

     Alá polos derradeiros anos da década dos anos dez e primeiros vinte do século pasado, nos tempos nos que o burro dun tal Honorio tiña sona na Coruña pola súa afición de comer papeis, ata o punto de que unha vez, no escenario do Rosalía de Castro, tragou unha decoración do teatro, un organilleiro herculino, Manuel Iglesias Suárez, creaba unha especie de dinastía dedicada a amenizar con música a vida da cidade coruñesa que por veces, semellaba o Madrid castizo dos mozos con viseira a cadros, pano de seda ao pescozo e caneos enxalzando a beleza ou o garbo das chulapas. Seguindo o compás do seu organillo, os obreiros e modistas da Coruña bailaban chotis e pasodobres, danzaban ao son da mazurca, o baile orixinario de Polonia, facíanse promesas de amor e tomaban o cholate con churros.
Imaxe antiga dun organillo

      Segundo unha información publicada en La Hoja del Lunes en setembro de 1953, a Manuel, ao que alcumaban "O vello dos sete remendos", seguiríanlle no oficio Cayetano "Chimbela", "O do cóbado na manivela", Manolo o da Atocha, O cego Naya, "O manco" e algúns outros organilleiros que tamén se desprazaban ás verbenas dos concellos da contorna cando a ocasión o requería.

     Grazas á numerosa afluencia que había nos meses de verán no Balneario, con hóspedes que pasaban no recinto termal dous ou máis meses, Arteixo era para os organilleiros herculinos unha cita obrigada, un lugar ao que acudían frecuentemente para facer uns pesiños nas festas que naquel intre se facían no noso concello. O desaparecido xornal El Orzán, na súa edición do 15 de agosto de 1923, descríbenos unha daquelas festas do seguinte xeito:

     "El pasado domingo se celebró en la alameda del balneario de Arteijo una verbena que dió ocasión al elemento joven para dedicarse al baile, durante las primeras horas de la noche. 
     El espacioso parque estaba artísticamente iluminado a la veneciana y hubo gran animación no faltando organillos, acordeones y hasta un improvisado jazz-band, que unidos a los puestos de churros, caramelos, dulces y refrescos, daban una impresión muy agradable. 
     Llamó la atención una churrería, perfectamente instalada y servida por una pareja saladísima de churreros, donde los señores de Cossío obsequiaron a todos los veraneantes.
      Se hizo verdadero derroche de globos y fuegos artificiales y lucieron soberbios mantones de Manila las hermosas señoritas de Español, Cossío, Laguarda, Mauriz, Bermúdez de Castro, Ramirez, Saavedra, Galán y Montalvo. 
     Ya avanzada la noche se dió fin a tan agradable fiesta, a la que concurrieron muchas familias conocidas de la Coruña." 
Imaxe dos anos 20. Hóspedes do Balneario paseando por Arteixo

     Un ano despois, o 23 de xullo de 1924,  La Voz de Galicia publicaba o seguinte artigo sobre as festas de Arteixo, artigo que é un verdadeiro tesouriño etnográfico:


     "Es grande la animación que existe este año para celebrar con toda esplendidez las fiestas del Apóstol Santiago, Patrón de esta pintoresca villa, cuyas fiestas se celebran los días 25, 26 y 27.
     La Comisión encargada de los festejos tiene verdadero empeño en que resulten más espléndidos que nunca y para amenizarlos tiene contratadas dos bandas de música de La Coruña y Lugo aparte de la típica gaita del país y varios organillos.
     Entre otros números de importancia se celebrarán dos becerradas con ganado de los montes de Santa Leocadia, conocidos en toda Galicia por su bravura. Serán lidiados los bichos por algunos aficionados que están pasando la temporada veraniega en aquel Balneario, para lo cual se ha improvisado una bonita plaza.
     Por las noches lucirá una hermosa iluminación eléctrica con farolillos y bombillas de colores y focos de arco voltaico, banderolas, etc.
     El día 27 se celebrarán las típicas merendiñas en los sotos de Caldas y una hermosa jira marítima al Rañal, para cuyo efecto se están adornando muchas barcas con flores y farolillos de colores que resultará espléndida como de costumbre.
     Son muchas las personas que irán esos días a pasar un buen rato de alegría a Arteijo, para cuyas fechas habrá automóviles que harán viajes extraordinarios a precios reducidos, con objeto de que todos los que lo deseen puedan disfrutar de los encantos de aquellos hermosos parajes". 

La Voz de Galicia, 23.7.1924
      Aquelas verbenas dos anos dez e vinte nas que, en moitas delas, os organillos eran xunto aos gaiteiros, que nunca faltaban, o único elemento musical, daríanlle paso ás festas  das orquestas populares, que se convertirían no mellor dos conservatorios para os máis humildes. Unha das primeiras en actuar no Balneario foi a Orquesta X, a máis antiga da Coruña, creada antes da Guerra Civil, que lle pasaría o testigo a outras coma a Orquesta Mallo, fundada por tres irmáns de Feáns virtuosos do acordeón, ou Os Satelites, creada en 1938 e que a partir dunha viaxe a Venezuela en 1955, nun tempo no que aínda se podía ver algún organillo polas rúas herculinas, empezarían a subir ao olimpo das lendas coa voz do grande Pucho Boedo.

     "Por orden de la autoridad competente, la fiesta se ha acabado y el que no haya metido bastante mano, que venga mañana más temprano". Isto escoitouse nun campo da festa da contorna cando a parella da Garda Civil que vixiaba a verbena diu o toque de queda e a xente resistíase a abandonar a troula, unha xente que se entregaba e síguese entregando ás orquestas...mais un momentiño, como ben di o grande Sito Sedes, voz dos Satélites entre 1969 e 1982, "o espectáculo de agora é para os ollos e o de antes era para os oídos".



ALFONSO MOLINA E O PIANO DO BALNEARIO
    
      "Los manantiales, los baños y las hospederías pertenecían al dominio particular de cuatro propietarios, que tenían hecha partición de los edificios y los administraban por sí mismos o por medio de dependientes. Hay un quinto propietario que es D. Angel Henry, vecino de Madrid, que aunque tuvo abandonada su finca se ha propuesto ahora mejorarla, y así abrió el año anterior en su establecimiento un salón de sociedad decentemente adornado, con periódicos, juegos permitidos y piano, arregló un local para fonda y amuebló las habitaciones. Los otros propietarios se proponen imitarle. Una gran huerta del Sr. Henry se está disponiendo para jardín y paseos".
  
      Velaí está! O doutor Pedro María Rubio deixaba constancia no seu libro Tratado completo de las fuentes minerales en España, publicado en 1853, do primeiro piano que houbo no Balneario de Arteixo. No seu traballo, Rubio informaba que los otros propietarios se proponen imitarle...¿Chegarían, pois, naquela hora máis pianos aos Baños arteixáns? Pola transmisión oral e polas crónicas da época sabemos que no ano 1889 apareceran nos areais de Arteixo tres pianos, probablementes órganos ou armonios, procedentes do naufraxio do vapor británico Priam, acontecido nas Illas Sisargas o 11 de xaneiro dese ano. Pois ben, según varias testemuñas que escoitaron estes contos a carón da lareira das súas casas cando eran nenos, un destes instrumentos musicais, que o ventos e as correntes de mar deixaran na praia de Alba, acabaría soando nas instalacións do recinto termal, ben nalgún dos salóns dos outros catro propietarios que indica Pedro María Rubio, ou ben na pequena capela. Noutra ocasión falareivos dos pianos do vapor Priam, aínda que se xa vos pica a curiosidade, no libro De Liverpool ás Sisargas; a derradeira travesía do Priam, atoparedes máis información sobre estos instrumentos que o mar vomitou nas praias de Arteixo en 1889.


      Xa vos contei que en 1898 o carballés Manuel Rodriguez Més, home que fixera gran fortuna e que casara coa arteixá Flora González Més, compráballe aos herdeiros de Henry o Balneario pola respectable suma de 9.000 pesos dos da época e, nese mesmo ano encargaríalle ao arquitecto Juan Ciórraga a construcción do edificio do hotel do recinto termal, obra que remataría en 1911. A partir de aí, durante os anos que Manuel Rodriguez e a súa muller Flora estiveron ao fronte do negocio, os Baños vivirían unha das súas mellores épocas, se cadra a mellor, uns anos de esplendor no que o recinto termal era frecuentado pola créme da sociedade coruñesa, que viña pasar os seus días de veraneo nun ambiente afable e distinguido. Entre aquela clientela asidua había moitas familias de militares, entre outras, a do Teniente Coronel Bernardo del Río (pai do chamado Señorito de Suevos, que en 1920 mataría a súa muller) ou a do capitán Cossío, que permanecía os tres meses veraniegos de cada ano coa súa dona, unha muller da que se lembraba o veciño de Arteixo Ramón Varela Sande nunha entrevista do xornal El Ideal Gallego de xullo de 1980 decindo que...era unha virtuosa do piano e así, secundando os seus compases, entregábanse as parellas ao rigodón nunha festa continua mentres que os rapaces achegabámosnos con asombro e admiración ás reixas das ventás, disfrutando ou envidiando o ambiente do interior”. Outros hóspedes ilustres habituais do Balneario naqueles anos eran Manuel Mª Puga Parga, "Picadillo"; Ricardo Fernández Cuevas i Salorio; Narciso Obanza Alonso e a súa dona Elena Miranda Santos; ou entre outros Raiumundo Molina, que viña aos Baños acompañado da súa dona Evarista e do seu fillo Alfonsito, un rapaz que nunha trasnada das que habitualmente fan os cativos, cando tiña trece anos escribira o seu nome na parte traseira do "Bernareggi, Gassó & Cía", un dos pianos que había no Balneario a principios do século pasado, probablemente o mesmo que tocaba a muller do capitán Cossío.

      "Bernareggi" fora unha das fábricas de pianos máis antigas de Barcelona. Según varias fontes, orixinariamente a empresa fora fundada cara o ano 1830, a mesma época na que o madrileño Angel Henry adecentara o Balneario. Mais en 1875 a fábrica trasladaríase a un recinto moito máis amplo, a un bloque de cinco prantas ubicado na rúa Poniente que naquela hora xa dirixía o que sería futuro alcalde de Barcelona José Gassó, lugar onde a empresa pasaría a denominarse "Bernareggi, Gassó & Cía".


      O piano protagonista desta historia está na actualidade no domicilio do meu amigo Pablo Mosquera e o rapaz da trasnada convertiríase, co tempo, nunha persoa distinguida e moi popular. Estamos a falar de Alfonso Molina Brandao, o que fora alcalde da Coruña dende o ano 1947 até o día da súa morte, acaecida repentinamente o 25 de novembro de 1958 cando estaba de visita oficial en Río de Janeiro.















                                    















Piano e inscricción de Alfonso Molina

 

         
                                                
FONTES:
Fotografías do piano: Pablo Mosquera
"De Liverpool ás Sisargas; a derradeira travesía do Priam". Fernando Patricio Cortizo/Xabier Maceiras


 

A RELACIÓN DO BALNEARIO DE ARTEIXO CO R.C.DEPORTIVO DA CORUÑA
 
    Se viaxamos na máquina do tempo e nos remontamos a tal día como hoxe 75 anos atrás, na Coruña, o capelán Ricardo Rodríguez Dopazo bendecía o novo estadio de Riazor antes de disputarse o partido inaugural Deportivo-Valencia, enfrontamento que remataría con derrota local por 2-3. De seguro que, naquel 29 de outubro de 1944, ningún dos seareiros deportivistas pensaba que Riazor sería, co andar do tempo, testemuña dos anos máis felices dos herculinos converténdose no SuperDépor e no EuroDépor da Champións, tempos felices que oxalá volten algún día!

   Mentres agardamos a que cheguen eses tempos, hoxe, coincidindo con este 75 aniversario de Riazor, nesta modesta bitácora queremos lembrar a relación que o Balneario de Arteixo tivo co R.C.Deportivo e, dalgún xeito, co propio estadio coruñés.
   Para falar desta relación temos que facer unha nova viaxe no tempo, neste caso ata os duros anos da Guerra Civil. Naquela hora, o fútbol vivía un dilatado período de descanso forzoso. Na Coruña, as actividades do R.C Deportivo reducíanse na maioría das ocasións a organizar partidos benéficos en pro do auxilio social, Cruz Vermella, hospitais, etc., mais con todo, e pese ás dificultades propias de aquelas circunstancias, na tempada 1936/37 disputaríase con todas as garantías dunha organización federativa o Campionato Galego, en parte porque a totalidade da xeografía galega pasara de contado ás mans dos fascistas. 
 
   Coa Guerra no seu período máis enconado, como era lóxico, o noso balompé decaería transitoriamente tanto na Coruña como nas outras cidades e vilas galegas mais aínda así, coa maior parte dos xogadores deportivistas na fronte, o R.C Deportivo atendería os seus compromisos contando, iso sí, tan só con xogadores veteranos e con novos valores da canteira coruñesa.
 
   Nun destos compromisos do equipo herculino produciríase un dos feitos máis destacados da historia do fútbol galego: o debut, o 13 de marzo de 1938, dun gardameta de tan só 14 anos, que en aparencia era incapaz de soportar un balonazo. Aquel cativo non era outro que Juanito Acuña, ao que todo o mundo coñecía co alcume de Xanetas, un rapaz que catro anos despois de debutar na meta deportivista, pasaría a ser un Acuña corpulento e consagrado pola súa internacionalidade. Co tempo, Acuña convertiríase no mellor porteiro da posguerra defendendo a portería do equipo herculino durante 17 tempadas.

    A finais de 1939, o 3 de decembro, daba comezo a primeira Liga trala Guerra. O Deportivo quedara encadrado xunto co Avilés, Oriamendi de Baracaldo, Salamanca, Racing de Ferrol, Valladolid, Sporting de Xixón e Torrelavega no Grupo 1º da Segunda División, unha categoría que variara ostensiblemente por mor do estado no que quedara España despois da Guerra Civil e, tamén, pola economía da maioría dos clubes. Foi por iso polo que se implantaría un sistema de 5 grupos, previo a unha reestructuración que volvería á situación anterior. O sistema establecía que os cinco líderes de cada grupo xogasen unha liguilla final, na que o campión ascendería directamente e o segundo xogaríase o ascenso nunha promoción cun equipo de Primeira División. 

   Aquela competición pasaría á historia por ser, con 40 clubes, a de maior participación de equipos en Segunda División. O Deportivo, tras gañar todos os partidos de Riazor, quedaría campión do seu grupo empatado a 22 puntos co segundo clasificado, o Racing de Ferrol, polo que se disputaría o ascenso cos outros catros respectivos líderes no chamado Torneo de Campeones de Segunda: Real Sociedad, Cádiz, Levante e Murcia.

Novas da prensa dos anos 40
   A raíz deste devandito Torneo de Campeones de Segunda, o clube deportivista optaría por apartar do mundanal ruído da cidade aos seus fútbolistas e decide concentralos no Balneario de Arteixo ante o temor e sospeita de que algúns deles levara unha vida pouco ordenada, como así describían os medios da época en abril de 1940: 
 
   “Es realmente lamentable -nos decía anteayer un conspícuo deportivista- que haya habido necesidad de adoptar con nuestros jugadores esa medida de previsión que los pondrá a cubierto, en lo que resta de temporada, de peligrosas tentaciones. Algunos no se cuidan como están obligados a hacerlo, pero la vergüenza de la reclusión como remedio para un estado de cosas que ya estaba haciéndose intolerable y perjudicial para el mayor rendimiento del conjunto, recae un poco sobre la mayoría de los que lo integran aunque los aficionados sepan concretamente quienes llevaban una vida ordenada y quienes olvidaban las obligaciones y sacrificios a que tiene que someterse un deportista”. (La Voz de Galicia, 11 de abril de 1940)

   Era a primeira vez que o recinto termal arteixán tiña hóspedes deportivos. Ata aquel entón, la creme de la creme da sociedade herculina como as familias Miranda, Puga, Santos, Bescansa, Cuevas y Salorio, Obanza ou Molina foran algúns dos seus afamadaos clientes. 
 
    Segundo as investigacións do doutor Pedro María Rubio, sábese que cara mediados do século XIX a propiedade do Balneario era compartida por cinco particulares. Un deles era o banqueiro madrileño Angel Henry, que chegara a Arteixo en 1853 e que, segundo apunta Rubio, fora quen de abrir no seu establecemento “un salón de sociedad decentemente adornado, con periódicos, juegos permitidos y un piano”, convertendo ás instalacións termais no epicentro da vida social da vila do Bolaños. Ademais, Henry arranxara o local para fonda, amoblando as habitacións, e tamén amañara unha gran horta para dedicala a xardíns e a paseos, unha horta que case cen anos despois, e retomando de novo o mundo do fútbol, convertiríase no terreo de xogo do Penouqueira, o mesmo campo onde o R.C. Deportivo da Coruña realizaría, naquela primavera de 1940, as sesións preparatorias co fin de acadar o ascenso á Primeira División.

Imaxe do Balneario de Arteixo dos anos 40

   Nos seus trinta e tantos anos de existencia que contaba naquela hora o cadro herculino, xamais estivera nunha situación tan especial e trascendental para o seu porvir como a vivida naqueles días. Era, como dicimos, a primeira vez que os branquiazuis se concentraban no hotel do Balneario, que abrira as súas portas excepcionalmente para acoller ao equipo deportivista, polo que tamén era a primeira vez que a rapazada de Arteixo poidera ver a algúns dos seus ídolos a carón das súas casas. Durante aqueles días, segundo declaraba o centrocampista Cela diante dos xornalistas, non habería lugar para o aburrimento. Levantábanse ás oito para almorzar ás nove e, ás dez, saían arreando a escalar os montes da Penouqueira ou de Subico cando non ían de paseo ata os areais de Alba, no Rañal, ou o de Barrañán, para voltar ao recinto termal a unha da tarde para xantar. Logo sesta de un par de horas e a tarde adestramentos no campo do Balneario ata as sete. A continuación pequenos paseos pola vila, cea, uns minutos de faladoiro ou de xogos de naipes e ás dez na cama. Ese sería o réxime levado a cabo durante as concentracións realizadas en Arteixo con motivo deste Torneo de Campeones de Segunda, un torneo no que finalmente o R.C. Deportivo ocuparía o segundo lugar, empatado a puntos co Murcia e o Cádiz, posto inútil a efectos de ascenso automático que lle correspondía xa que, nunha cacicada da Federación, o Oviedo tiña reservado un posto na Primeira. Mais o Deportivo, ao quedar segundo nesta liguilla, gañárase o dereito a xogar a promoción onde o Celta de Vigo, 10º en Primeira División, sería o seu rival. O partido contra o cadro olívico tería lugar no estadio de Chamartín de Madrid o 15 de maio de 1940 e os herculinos, cun once formado por Acuña; Novo, Pedrito; Cela, Antoñito, Quintas; Couso, Guimeráns, Pintos, Chacho e Chao, perderían por 1-0 aquel choque fratricida que, por certo, fora o primeiro partido que radiaba o popular locutor Enrique Mariñas, con quen toda Galicia estivera pendente apaixoadamente da súa tranmisión radiofónica. O Deportivo seguía un ano máis en Segunda .
 
     Un mes despois, o 9 de xuño, na Coruña xogábase a primeira xornada do primeiro campionato federado da Liga da Capital que, ante a numerosa demanda de novos clubes para entrar nel, non tardaría en estructurarse en Primeira e Segunda División. Paralelamente, pola zona de Oleiros, Culleredo e Cambre reanudaríase o Campeonato das Aldeas que, en novembro deste 1940, pasaría a chamarse Campeonato das Mariñas. Nestos dous torneos federados iríanse formando algúns dos xogadores que, nalgúns casos, acabarían fichando en clubes da Serie A Rexional, como o Brigantium de Betanzos ou o Bergantiños de Carballo. Outros, os menos, acabarían nutrindo ao Fabril e ao Juvenil e, previo paso por estos dous filiais do R.C. Deportivo, varios deles darían o salto ao primeiro equipo herculino que, ao remate da tempada 1940/41, logo de vencer nunha angustiosa promoción ao Murcia, vería realizada a súa aspiración de formar parte da elite do balompé estatal ao acadar, por primeira vez na súa historia, o tan ansiado ascenso á Primeira División
 
   Durante as tempadas 41/42, 42/43 e 43/44, nas que o equipo deportivista é respectivamente 4º, 9º e 12º na máxima categoría do fútbol español, a veciñanza de Arteixo non tería a sorte, como acontecera en 1940, de ver aos futbolistas branquiazuis na súa vila pois, as poucas concentracións que os herculinos realizaran fora da Coruña durante aquel período, faríanas en Pontedeume e en Guitiriz. 
 
    Mais o Deportivo voltaría a concentrarse de novo no Balneario arteixán na tempada 1944/45 cando xoga, na derradeira semana de outubro de 1944, o partido da 6ª xornada da Liga contra o Valencia, enfrontamento do que famos ao inicio desta crónica co que se inauguraría o novo estadio de Riazor, que se empezara a construir ao pouco de rematar a Guerra Civil. 
 
    Ata daquela, tras os primeiros anos da praza de touros e do Corralón da Gaiteira, o equipo deportivista xogara os seus partidos no vello Riazor, inaugurado o 26 de maio de 1909 cun partido amigable contra o Fortuna de Vigo. Naquel primeiro estadio, situado onde hoxe está o colexio das Escravas, case a beira do mar, o Deportivo recibiría a visita da selección de Uruguai (1924), eliminaría na Copa ao Real Madrid (1932) e lograría o seu primeiro ascenso (1941), un recinto no que collían 6.000 espectadores comodamente sentados e o dobre de pé, e por riba, a amplitude dos terreos permitira que a actividade non se limitase ao fútbol, polo que se fora convertendo no viveiro das numerosas seccións que durante moito tempo tivera a entidade deportivista. Ese vello Riazor acollería as evolucións dos Otero, Ramón González, Chacho, Acuña e compañía durante trinta e cinco anos ata que o novo Riazor, moi próximo ao anterior, abría as súas portas con aquel partido de Liga Deportivo-Valencia principiando unha nova era dentro do seno deportivista na que vería xogar sobre o seu céspede, ata que se acometera a remodelación con motivo do Mundial-82, á Orquesta Canaro da tempada 49/50 coa que os herculinos quedarían subcampións de Liga, a Arsenio, Luis Suárez, Amancio, Veloso…

Imaxe do estadio de Riazor pouco despois da súa inauguración en 1944

   Con motivo dese partido inaugural Deportivo-Valencia, o adestrador deportivista daquela hora, Ramón Lafuente, decidira concentrar aos seus pupilos no Balneario de Arteixo durante aquela derradeira semana de outubro de 1944. Segundo as crónicas da época, nas que os xornalistas herculinos empezaban a dar as súas queixas ante a imposibilidade de comunicacarse telefonicamente co recinto termal, as actividades dos futbolistas do Deportivo, a parte dos adestramentos de rigor no campo do Balneario, foran principalmente paseos alternos ata Barrañán e O Rañal e, nas horas de lecer, lectura, mus e dominó. Tras pasar toda a semana en Arteixo, o 29 de outubro chega o enfrontamento co Valencia, o primeiro partido oficial do novo estadio, un recinto que non estaba totalmente rematado, xa que aínda se ultimaba a grada elevada sobre a preferencia, e que costara cinco millóns das antigas pesetas. O promotor da obra fora o daquela alcalde da cidade José Perez Ardá, que seguira os consellos de Ramón de Llano, persoeiro que todos os días que saía do vello campo, miraba para o fondal que estaba en fronte e pensaba: “Qué gran estadio se podería construir aquí”.
 
    Aquel día, El Ideal Gallego titulaba: “Riazor es el único estadio del mundo en el que todos los espectadores tienen derecho a estar sentados”. A asistencia do público naquel primeiro partido calcúlase nuns vinte mil seareiros e fai o saque da honra Virgilio Rodriguez Rincón, único supervivinte do primeiro equipo que tivera o Deportivo e que, casualmente, tamén fixera o saque da honra cando fora inaugurado en 1909 o vello Riazor. Finalmente e tras un disputadísmo partido, o resultado sería desfavorable para os herculinos, que perderían por 2-3. O valencianista Hernández pasaría á historia por marcar o primeiro tanto no novo Riazor e o dianteiro centro local Paquirri sería o autor do primeiro gol deportivista. Nos seguintes partidos como local confírmase o “meigallo” do novo estadio: 1-2 co Barcelona; 1-1 co Castellón; 1-2 co Athletic de Bilbao; 2-2 co Sporting de Xixón. Os aficionados comezan a botarlle as culpas da mala marcha do equipo ao novo e flamante recinto deportivista. Dicíase, con razón, que as localidades quedaban moi distantes, especialmente as populares “grada de pé” e “Marathón”. O caso é que o Deportivo camiña en picado cara a Segunda División. 
 
     Na semana previa á disputa dun destes partidos, o do F.C. Barcelona, os herculinos concentraríanse de novo no Balneario arteixán. Fora durante os últimos días do mes de novembro de 1944, e unha vez mais os xornalistas volvían a amosar o seu desencanto pola falla de teléfono no hotel:

   ”Arteijo no contesta. Los deportivistas concentrados en Arteijo guardan absoluto mutismo, indicio de que la cura de reposo se desliza sin novedad. A pocos kilómetros de La Coruña, están de nosotros tan incomunicados como si se hallasen en la cúspide del Himalaya. No cuenta Arteijo ni con un teléfono, por lo que nos encontramos en la imposibilidad de dar al aficionado la impresión de última hora” (El Ideal Gallego, 26 de novembro de 1944)
 
    Esa sería, naquel campionato ligueiro, a última vez que o Deportivo utilizaría as instalacións dos Baños arteixáns como equipo de Primeira División pois, finalmente, descendería ao remate desta tempada 44/45 á Segunda, categoría na que só botaría unha tempada.

   Mais os arteixáns non tardarían moito tempo en ter unha nova oportunidade para ver a futbolistas de primeira fila ao carón das súas casas pois, en maio de 1945, con motivo da inauguración oficial do estadio de Riazor, xógase na Coruña o partido amigable España-Portugal e a selección española concentraríase no Balneario arteixán durante os días previos a ese partido internacional. Curiosamente, o recinto termal ía outra vez “collido da man” do novo estadio da cidade herculina e, para historia, queda o seu casual protagonismo nos dous partidos inaugurais do novo Riazor, primeiro coa concentración do Deportivo naquel partido co Valencia e agora coa estadía do once español na inauguración oficial.

   O Deportivo continuaría utilizando o recinto termal ao longo dos anos 40. Posteriormente, despois dun longo período sen facelo, voltaría a ser lugar de concentración na década dos 70 con Arsenio Iglesias no banquillo, máis esta xa é outra historia da que falaremos polo miúdo noutra ocasión!


A CAPELA DO BALNEARIO


Testemuña dende hai 200 anos da historia máis recente da vila de Arteixo, actualmente vémola nun penoso estado de ruina e omisión total e absoluta. Falamos da capela do Balneario, que pide a berros unha actuación acorde coa importancia do seu pasado.

Os Baños de Arteixo no século XIX
A primeira constancia documental que hai sobre este edificio data do ano 1818. Nese documento, do cal soubemos grazas á exhaustiva investigación que realizou sobre os Baños de Arteixo José Raimundo Núñez-Varela y Lendoiro, cronista oficial de Betanzos, Miño e Paderne, fálase de que o 19 de Marzo do devandito 1818, don Juan José Failde e a súa muller dona Regina Fernández Gallego outorgaban na parroquia de Santiago de Arteixo, ante o escribano do número da Coruña Domingo Benito Arias, a escritura de fundación da capela dos Baños:

“…dijeron que en esta frª existen unos Baños minerales de prodigiosa virtud delos qe son dueños de la quarta parte enteramte. adonde concurren muchas personas de todas clases pª. la curacion desus males y savedoras del alivio qe. esperimentaron y esperimentan los enfermos, y mucho mas qe. recivirian, si la Yglesia Parroquial a qe. tienen qe. hir à misa no distara, como dista medio quarto de legua con una cuesta muy penosa para los enfermos; determinaron los qe. otorgan solicitar al Exmo.Sor.Arzobispo… la correspondte. Licencia para fabricar una Capilla a sus expensas afin de qe. en ella se pueda celebrar el Santo Sacrificio dela Misa en todos los dias festivos y de precepto… ya con algunos Sres.Sacerdotes qe. concurran a medicinarse y usar delos Baños , e ya con otros qe. se faciliten… desde este momento señalan y sugetan por tacita y espresa hipoteca pª. la fabrica de la citada Capilla anualmente Siete ferrados de trigo sobre la huerta cerrada y circundada de sobresi , y un Quarto de los ocho qe. tienen enlos expresados Baños, que demarcan por el poniente y Norte con la Casa principal y demas casas qe. tienen en los nominados Baños, y por el Bendaval con huerta de Dn. Juan Wais y Plazuela de las demas Casas delos qe. otorgan todo ello bien concreto y seguro, libre dicha huerta y quarto de Casa de toda carga y pension que producen de Renta cada año quinientos rs… asi mismo se han de decir quatro Misas, la una el dia de Sn. Antonio Abad en diez y siete de Enero en memoria de haverse recogido las aguas en dho dia. Otra en la natividad de la Virgen Santísima del ocho de Septiembre: Otra el dia de Sta. Regina: y la otra el dia de Sn. Juan Baptista todas cada año que deberan ser rezadas… señalan para ellas quatro ferrados de trigo, o su importe sobre los otros siete quartos de Casa restantes quer tienen en los expresados Baños… y qe. en todo tiempo conste el piadoso fin delos qe. otorgan en onrra y alabanza de Dios y de Su Santisima Madre… y para la firmeza de todo… determinan se de al Sor. actual Cura Rector Dn. Alejo Remuiñan Copia de esta Critura(sic) qe. debe reunirse al Libro de fundaciones… qe. quieren esté en todo tiempo sugeta, como es debido alas Visitas Eclesiasticas… presentes por testigos, Gregorio Ensan, Manuel Taboada y Pedro Martinez vecinos de esta frª. y de todo ello y conocimto. delos otorgantes yo ssno. doy fè. [Asinado] Juan Josef Failde, Regina Fernandes y Gallegos [Rúbricas]. Antemi. [Asinado] Domingo Benito Arias [Rúbrica].” (Arquivo Notarial da Coruña. Protocolo 7.325, folio 4).
Pola seguiente escritura do mesmo protocolo e data, outorgaban testamento mancomunado no que, unha vez declarado que non tiñan fillos que lles herdaran, dispoñían:

“… por lo mismo… dejan y para todo tiempo de siempre jamás la Casa grande en qe havitamos y huerta à Dª Jpha Floo (Flood) y Gallego muger de Dn Juan Wais nuestra sobrina con la pensión de quatro ferrados de trigo que sobre si tiene dha huerta para los fines dela Capilla de qe. en el dia de oy hemos otorgado Escritura por ante el presente ssno. qe. ratificamos; y el Rancho, o quarto qe se halla junto ala Capilla lo dejamos para hospital de pobres, pª. siempre jamás, pagando la Dª Josefa Floo Gallego y sus hijos y herederos en cada año un ferrado de trigo a los Curas deesta Parroquia para las correspondientes composturas del citado Rancho, ó quarto. Y a Dª. Francª Fernez (Fernández) Gallego muger de Dn. Ygnacio Barbié asi bien le dejamos para si, sus hijos y herederos… los siete Ranchos, o Casas restantes enesta Parroquia y la quarta parte delos Baños, pagando los siete ferrados de pension qe quedan impuestos sobre los Ranchos para la fabrica de la citada Capilla que dejamos fundada, y ademas dos misas rezadas el dia de Difuntos… testigos… Domingo de la Yglesia, Manuel Tavoada, Antº do Souto, Benito Mosqueira, y Manuel Rey vecinos de esta Parroquia… yo ssno. doy fe…[Asinado] Juan Josef Failde, Regina Fernandes y Gallegos [Rúbrica]. Ante mi. [Asinado] Domingo Benito Arias [Rúbrica].”.
Documento gráfico titulado "Plano del perímetro de los Baños de Arteixo" que pertence á "Memoria anual sobre los Baños de Arteixo" presentada por don Salvador Rodríguez Osuna, Médico-Director do Balneario de Arteixo desde 1884 ata 1886 (Biblioteca Complutense Medicina)

O día 1 de abril de 1818, dona Regina outorgaba novo testamento en Arteixo ante o escribano Rafael Nogueira (Ibidem. Protocolo 8.106, folio 22), afectada dun ataque que lle impedía asinar, polo que anulaba o anterior en todo o referente aos seus herdeiros, e polo que dispoñía que a metade dos seus bens lle quedaran ao seu marido. Con relación a outra metade, dona Regina mandaba que se tomaran dous mil reais para súas sobriñas dona Brígida e dona Margarita e, ademais, entre outras miudezas, que se realizara unha Misión na parroquia do lugar, e o resto da fortuna que se investira na súa alma.

Nas súas investigacións, José Raimundo Núñez-Varela y Lendoiro aclara que este novo testamento era o resultado dunha “pataleta” como consecuencia de que o seu padrastro Bernardo Cuervo1 liquidara a herdanza que por súa nai, dona Josefa Prego de Montaos, lles correspondía á súa irmá dona Francisca Fernández Gallego e á súa sobriña orfa dona María Josefa Flood, por súa nai dona Sebastiana Fernández Gallego, na cantidade de vintedous mil seiscentos reais de vellón a cada unha, cando a ela tan só llo efectuara por nove mil reais. Para reclamar a diferenza, dona Regina outorgaba poderes a procuradores dende Arteixo, o 5 de abril de 1818, en razón a que:

“… lo hagan contra dn. Bernardo Cuerbo de esta misma vecindad por haver quedado intruso y apoderado de los bienes muebles, raices, dinero y efectos de su primera muger y Madre de la otorgte. Dª Josefa Prego de Montaos que de Dios goce, sin haverle dado la correspondiente Partija segun derecho y Leyes, ni para ella citadole como hera debido, a pretesto de una venta qe.sugerida, engañada inducida y violentada del dn Juan Josef Failde, de complo con el motivado dn Bernardo Cuerbo le ha hecho otorgar sin estar orientada de lo que hacia ya en el año pasado de mil ochocientos y tres, por ante el ssno. dn.Josef Antonio Gonzalez… cuia venta tan solamente ha sido en la Cantidad de nuebe mil Rs… y el mismo dn Bernardo Cuerbo ha manisfestado de pocos dias a esta parte havia dado Partijas a la hermana de la qe. otorga muger de Dn Ygnacio Barbié, y a su sobrina que la es de Dn Juan Francisco Wais y que a cada una havia correspondido la Cantidad de Veinte y dos mil y seiscientos rs. Von…”.
A denuncia de dona Regina, que non lograría amedrentar ao seu padrastro, tamén se encamiñaba a paralizar a obra que este tiña proxectada nos Baños, unha vez liberado das partillas da súa primeira muller e, polo tanto, executalas sen impedimento legal algún. Continuaba dona Regina afirmando que:

“…biese acopear piedra y principiar a obrarse en el terreno a que tiene derecho se propuso por medio de Mayordomo y hombres poner por pronto remedio secuestro y embargo en la obra, que hizo saver dicho Pedaneo al Maestro Cantero Gregorio Ensan suspendiese segun ofreció hacerlo en la tarde del dia de ayer quatro del corrte…” (Ibidem.Folio 9).
Ademais, tamén se sinalaba que a partilla non estaba cerrada, por canto na escribanía de don Nicolás Barral estaba pendente a distribución dos réditos debidos aos herdeiros de don Benito Agar.

O importante da documentación antecedente, é que desvela o comezo de outra fase de obras nos Baños por parte do mestre canteiro Gregorio Ensan que, casualmente, fora testemuña na escritura de fundación da capela, e que supoñían a continuidade das efectuadas en 1782 por dona Josefa Prego de Montaos, ao quedar viúva do seu primeiro marido, como explicamos anteriormente.

Cara a mediados deste século XIX e segundo as investigacións do doutor Pedro María Rubio, que aparecen reflexadas no seu libro, Tratado completo de las fuentes minerales de España, a propiedade do Balneario de Arteixo era compartida por catro propietarios, que tiñan feita a partición dos edificios e administrábanos por si mesmos ou por medio de dependentes. Mais no Balneario de Arteixo había un quinto propietario: o banqueiro madrileño Angel Henry que, aínda que nun principio tivera abandonada durante algún tempo a súa parte do recinto, polo que nos conta Rubio na súa publicación editada en 1853, este persoeiro… "abrió en su establecimiento un salón de sociedad decentemente adornado, con periódicos, juegos permitidos y piano, arregló un local para fonda y amuebló las habitaciones". Na súa magnífica descrición das instalacións do recinto termal, análise das augas, usos e costumes dos bañistas, etc., Pedro María Rubio aporta informacións sobre algunhas construcións anexas e complementarias, entre elas a capela:

“… Brota, en terreno granítico, el agua mineral en tres pozos ó piscinas por entre las piedras que forman su fondo, con bastante escasez, puesto que necesitan aquellos para llenarse 12 horas, y por esto solo se renueva el agua una vez al día. En un departamento contiguo al primer pozo se encuentra una fuente sencilla, pero elegante, que suministra dos plumas continuas de agua, la que sirve para beber. Estas tres piscinas se hallan a tres varas de distancia unas de otras dentro de tres casetas, colocadas en el centro de la plaza que forman las casas de hospedería, una capilla y una frondosa alameda”
A finais deste século XIX, en 1898, o carballés Manuel Rodriguez Més, home rico que lograra unha gran fortuna e que casara coa súa propia curmá, a arteixá Flora González Més, compraríalle aos herdeiros de Henry o Balneario pola respectable suma de 9.000 pesos dos da época. Non tardaría moito en darlle aos Baños unha vitalidade e uns servizos dos que carecían as instalacións e, nese mesmo ano, encárgalle ao arquitecto vasco Juan Ciórraga i Fernández de Labastida, impulsor das galerías do Ensanche coruñés e diseñador do asilo de anciáns de Adelaida Muro, tamén na Coruña, a construcción do edificio do hotel, dotado de planta baixa e dúas alturas que se edificarían con pedra de cachotería entre os anos 1898 e 1911.

Imaxe antiga da capela do Balneario

Posteriormente, os Baños cambiarían de propietarios pasando, por herdanza, ás mans de Enrique Rodríguez Més, que estaba casado con Milagros del Río Troche. Mais Enrique non estaba pola labor de levar as rendas do negocio e pediríalle a seu cuñado Carlos, daquela empregado do Banco Pastor, que se puxera ao fronte, petición que este aceptaría. Carlos del Río Troche e a súa muller, Laura Doldán Rivas, levarían a administración do Balneario desde finais da década dos corenta ata 1962, ano no que faleceu Carlos del Río.

Foi aí cando entraron en escena os actuais propietarios dos Baños, é dicir, os irmáns Mosquera Calvete que, logo das oportunas negociacións con Francisco Rodríguez "Pancho", fillo de Enrique Rodríguez Més, faríanse co recinto termal nestes anos sesenta.

Os Mosquera Calvete levan administrando o Balneario máis de medio século e acometerían unha rehabilitación das instalacións coincidindo cun programa de reordenación urbanística da contorna, no que se construiría o paseo fluvial e a Casa da Cultura. Desgraciadamente, a capela, utilizada durante case dous séculos como lugar de culto dos usuarios dos Baños e tamén da veciñanza de Arteixo, quedaría fora desta rehabilitación, estando actualmente nun estado de ruina e omisión.


FONTES:

-RUBIO, PEDRO MARÍA (1853): Tratado completo de las Fuentes Minerales de España. Tp. Rivera, Madrid.
-NÚÑEZ VARELA Y LENDOIRO, JOSÉ RAIMUNDO. Los Baños de Arteixo, www.cronistasoficiales.com


1 Dun neto de Bernardo Cuervo, Juan Cuervo, nacera a idea de utilizar o Balneario de Arteixo como tapadeira da organización do Pronunciamento de Porlier, organizado en setembro de 1815 na casa que o comerciante coruñés Andrés Rojo del Cañizal tiña en Pastoriza, casa que actualmente é o Pazo de Vilariza.
 



A CAMPÁ DA CAPELA DO BALNEARIO DE ARTEIXO

No día de hoxe o Concello de Arteixo comunicou que o Balneario será público despois de asinar un acordo coa Fundación Amancio Ortega, que doará o edificio para o converter nun equipamento público social-cultural e de carácter interxeneracional para o disfrute de toda a veciñanza. Non sabemos se a capela, testemuña do pasado máis recente da vila de Arteixo que é propiedade do recinto termal, forma parte do devandito acordo. Oxalá que si... e que se realice unha actuación acorde coa importancia dos seus 200 anos de historia!

Nun penoso estado de ruina e omisión, na actualidade podemos observar como as hedras están a piques de apoderarse xa do campanario do edificio e, se ninguén o impide, en poucas semanas chegarán a campá, a protagonista das Crónicas de Arteixo de hoxe.

Hai unhas semanas vin, coa claridade dunha tarde soleada, unhas letras e uns números na campá da capela. Saqueille unhas fotos co teléfono móbil. Mais pouco ou nada se podía ler polo que, uns días máis tarde, recurrín ao meu amigo Fran Naveira e finalmente, co zoom da súa cámara, identificamos o que había escrito na devandita campá: HEBBURN-HALL 1871.

Campá da capela do Balneario (Fran Naveira)
Descifrado o enigma, a miña sorpresa foi maiúscula xa que sabía perfectamente que se trataba da campá dun barco do cal deixara unhas pinceladas nos Contos mariños de Carballo, libro que me editou o Concello de Carballo no ano 2017. O amigo Fernando Patricio Cortizo, auténtico erudito do mundo do mar, tamén publicou algunhas informacións sobre este buque no seu libro Naufragios y crónica marítima de Galicia hasta 1899.

Campá da capela do Balneario (Fran Naveira)

O “Hebburn-Hall” era un moderno navío británico de 846 Tn. que fora construído no ano 1871 pola Palmers Shipbuilding and Iron Company Limited, empresa fundada en 1852 por Charles Mark Palmer e que tiña a súa sede en Jarrow, Condado de Durham, no noreste de Inglaterra, e que ademais realizaba operacións en Hebburn e Willington Quay, nas marxes do río Tyne.

O vapor, que tiña unhas medidas de 230,8 x 30,6 x 17,5 pés, era propiedade da Hutchinson & Company, compañía de Newcastle, Inglaterra, que bautizara o buque do que estamos a falar co nome da casa señorial de mediados do século XVII que aínda loce con esplendor en Canning Street, Hebburn.

Imaxe da histórica mansión Hebburn Hall (chroniclelive.co.uk)
Botado nos estaleiros do Tyne o 20 de febreiro de 1871, oHebburn-Hall” de seguro que xa navegara en máis dunha ocasión polo noso litoral antes de que naufragara o 5 de outubro de 1873 nos Baixos de Baldaio, cando facía travesía con cargamento de carbón dende Cardiff (Gales) ata as instalacións portuarias da cidade italiana de Messina, ao nordeste de Sicilia.

Clarexada a incógnita da procedencia da campá da capela do Balneario, agora só nos falta saber como chegou a Arteixo. Moitos campanarios dos templos galegos, de xeito especial os da Costa da Morte, contan con campás de barcos que se foron a pique nas nosas augas e que chegaron aos seus novos destinos ben por donativos de armadores, por compras ou por agradecemento das tarefas de salvamento, ou ben por agasallos dos chatarreiros da zona, coma as campás de Camelle, Arou, Cee, Santa Cristiña (Berdoias, Vimianzo) ou mesmo unha das que hai no Santuario de Pastoriza que, como xa vos contei nesta bitácora hai máis dun ano, procede do vapor alemán Kurfüst afundido o 5 de maio de 1904 en Sagres, no sur de Portugal.

Naufragado, como dixemos anteriormente, nos Baixos de Baldaio en outubro de 1873, é moi probable que oHebburn-Hall” permanecerá nas profundidades oceánicas desta parte do Atlántico ata que os chatarreiros da zona o retiraran a cachos do lugar no que se fora a pique. Nunhas inestigacións levadas a cabo por Fernando Patricio Cortizo e un servidor, para a publicación do libro da autoría de ambos De Liverpool ás Sisargas; a derradeira travesía do Priam, soubemos que a primeira persoa que andivo á chatarra polo litoral bergantiñán fora Mariano Grela, un home que residía en Malpica e que, dende os primeiros anos do século XX, tiña unha gabarra en propiedade e un buzo en nómina para despezar os buques afundidos entre as Illas Sisargas e os Baixos de Baldaio, entre eles probablemente o Hebburn-Hall”.

Mariano Grela contaba ademais con algunha amizade de gran peso político en Madrid, como era o caso do deputado conservador coruñés José del Moral Sanjurjo, que en realidade era o seu gran valedor na capital do estado e, do cal puido axudarse para obter licencia da Armada para o despezamento dalgún dos pecios afundidos na zona.

Segundo o testemuño dos malpicáns Ramón Rodríguez Alfeirán e José Blanco Haz, outra das embarcacións que andivo ao ferro na zona foi a gabarra de Cachán de Camelle, vila pioneira do despece de buques. A chatarra que extraeu este tal Cachán vendíalla posteriormente a unha gran empresa adicada ao salvamento e despece de buques da época, a Santa Cruz, que era propiedade da familia materna do prestixioso arqueólogo submarino Miguel San Claudio Santa Cruz, o cal nos concretou que naquela época a empresa tiña algún almacén pola zona de Riazor e na rúa Orillamar, na Coruña, ademais das bases de Camelle, Corcubión e do Barqueiro. Andando no tempo, a Santa Cruz tamén tería instalacións no Polígono Industrial de Sabón, nunha parcela próxima ao ITV ocupada hoxe pola multinacional Inditex.

Outro dos chatarreiros que extraeu ferro nesta parte do Atlántico foi Cañogho de Corcubión, un home que posteriormente, ao igual que unha gran cantidade de galegos da Costa da Morte, emigraría ao Perú a traballar en Chimbote, que a mediados do século XX convertiríase no porto con maior produción do planeta.

Cando Cachán de Camelle se retirou, ou estaba a piques de facelo, uns veciños seus empezaban a irromper con forza no sector e tomaríanlle o relevo. Estamos a falar dos Petrallo, que eran expertos mergulladores que dende o seu balandro “José Antonio” buscaban botíns nos fondos mariños do litoral de Malpica e Carballo con aqueles incómodos traxes de buzo de máis de 60 quilos de peso, no que só as botas pesaban 20 quilos.

Á mesma actividade da chatarra tamén se adicaba outra experimentada familia de buzos da zona, os Dosil de Lira, que aparecen por este recuncho do Atlántico pola década dos cincuenta do século XX. Salomé Garrido Alfeirán, veciña do Rañal falecida recentemente (o 14 de febreiro de 2020) que nacera en Malpica en 1930, cando andábamos á procura de datos para a elaboración do libro sobre o naufraxio do vapor “Priam”, apuntounos simpáticamente que Manolo Dosil andivera moceando con súa nai Estrella e tamén nos comentou que os mergulladores Dosil de Lira traballaron durante algún tempo pola zona das Sisargas, onde recolleran una das campás do “Priam”, e nos Baixos de Baldaio buscando tesouros da “cidade asolagada”. Segundo o testemuño de Salomé, os Dosil rescataron unha enorme chave nos propios Baixos de Baldaio que lle entregarían, xunto coa campá do "Priam", ao párroco de San Xulián de Malpica, que naquela hora era Santiago Abuelo Alvite, a quen substituiría don Benigno Rocamonde Carril, que chegara a Malpica en 1947 procedente da parroquia de Santo Tomé de Monteagudo.

Imaxe actual da capela do Balneario de Arteixo
En resumidas contas, e grazas aos valiosos testemuños dos malpicáns que gardaban nun recuncho da súa memoria algún destes feitos, puidemos descubrir o que realmente pasara co ferro das Sisargas e dos Baixos de Baldaio: Mariano Grela primeiro, logo Cachán de Camelle, supostamente Cañogho de Corcubión despois e, entre os anos corenta e finais dos cincuenta, os Petrallo de Camelle e os Dosil de Lira, todos eles foron os despezadores de moitos dos buques afundidos na zona, entre eles probablemente, oHebburn-Hall”

Saber como chegou a campá deste buque británico, afundido nos Baixos de Baldaio en 1873, á capela do Balneario de Arteixo é unha incógnita que trataremos de despexar máis pronto que tarde. Seguramente algún dos chatarreiros anteriomente nomeados tiveron algo que ver co asunto.

FONTES:

-PATRICIO CORTIZO, FERNANDO & MACEIRAS RODRÍGUEZ, XABIER (2014): De Liverpool ás Sisargas; a derradeira travesía do Priam, Edicións Embora, Ferrol.
-PATRICIO CORTIZO, FERNANDO (2016): Naufragios y crónica marítima de Galicia hasta 1899, Ediciones Cartamar, A Coruña.



VERANEO PINTORESCO.

EL BALNEARIO DE AS COVADAS

(Publicado en El Orzán, o 12 de xullo de 1918)


Ha llegado la época de combatir las dolencias y alifafes invernales, y mientras unos abandonan las poblaciones en busca de tantos o cuantos metros sobre el nivel del mar y otros procuran el alivio a sus males buscando los lugares retirados en donde crecen los pinos y los eucaliptos, muchos, los más, refrescan la parte física introduciéndola en el mar y otros se distribuyen por los balnearios tratando de dar al cuerpo el sulfuro, el sodio o el cloruro de que está necesitado.

Las gentes ricas suelen ir a los balnearios, no a procurarse un efecto medicinal sino a pasar unos días de descanso y de tranquilidad y sobre todo buscar un cambio de ambiente o acaso un pretexto para lucirse y derrochar dinero. Pero a parte de estos balnearios de lujo y refinamiento, hay otros muy buenos y prácticos donde también se pasa el rato muy agradablemente. Arteixo, por ejemplo, hoy con su buen hotel y su balneario montado a la moderna, fue hasta hace poco modelo de uno de estos balnearios que pudiéramos llamar de confianza.

Imaxe antiga do Balneario de Arteixo

Existía una casucha de planta baja en donde estaban instaladas las pilas; una casa vieja que llevaba el nombre de fonda y después a ambos lados de una alameda de árboles añosos una porción de casuchas de planta baja y sin división de ninguna índole con nombre propio cada una, la Gloria, el Circo, la Pequeñita, etc., etc. Cada una de estas casas se alquilaban por unas pesetas a una familia, por regla general de A Coruña o de Ferrol y llegada la época de bañarse allá aparecía procedida de un carro conductor de una mesa, unas sillas y unos catres, colchones, ropas, unos cuantos chismes de cocina, un hornillo y unas docenas de varas de cretona. Con esta cretona se dividía la casa en tres partes. Una se destinaba a cocina y habitación de la cocinera, otra a dormitorio de los señores varones y despacho y otra a dormitorio de las señoras hembras y comedor.

Ya está la familia instalada. Por las mañanas adquiere en el mercado que se forma en la alameda los víveres necesarios, se va luego al baño y el resto del día se pasa en la alameda en donde el “crochet”, la puntilla de Camariñas y el zurzido campan por sus respetos entre las señoras, mientras los caballeros juegan a la rana, a la llave o a los bolos. Muchas veces a la señora, que está en la Gloria, le hace falta un huevo y allá sale la criada disparada a la señora del Circo:

De parte de mi señorita, si le hace el favor de un huevo para envolver el bisté del señor que mañana se lo devolveré.

Tome y dígale que aún me quedan tres más y si los necesita…

Otras veces a la señora del Circo le llega una visita por la tarde y entonces sale la menegilda del Circo para la Gloria.

De parte de mi señora si me hace el favor del vaso fino grande que nos llegó don Fulano y quiere tomar un vaso de leche.

En estos establecimientos no falta nunca un señor ya viejo, de buen humor, que es el que trae en bolina a todas las señoritas de la colonia. El señor es el encargado de organizar la gira a la playa cercana o al pico de Santa Locaia; de recaudar por rigurosa escote las pesetas necesarias para la comida campestre o para el paseo en burro. Algunas noches se disfraza de fantasma y les da un susto mayúsculo a las tres señoras de Ferrol que viven en la casita pequeña; otras, vestido de bruja y armado de vela de cera, entra en la Gloria; algunas mañanas al salir del baño obsequia con un caramelo de acíbar a una rubita romántica de cerca de Sada. En fin, que allí no se da un paso sin contar con él. Cuando acaba la temporada se va, es despedido casi con lágrimas y el balneario queda sin sombra hasta que surge otro nuevo señor que haga los mismos o parecidos chistes.

Pero todo eso ha desaparecido. Desde que Arteixo tiene su buen hotel, la mayor parte de aquellas casas han sido demolidas y hoy ya hay que vestirse, ya se baja a la mesa al toque de campana y ya se toca el timbre de la habitación para llamar a un criado.

Tanto de los balnearios de primer orden como de estos otros que acabo de describiros, tenéis todos mis lectores una noción más o menos aproximada. Lo que no conocéis, seguramente, son otros balnearios aldeanos que tienen por regla general su asiento en los lugares próximos a las playas. Aquí, a media legua de distancia aproximadamente del Pazo de Anzobre, existen tres o cuatro de estas instalaciones. Habré de describiros una y como esta son todas las demás.

Pazo das Covadas

As Covadas, que así se llama el balneario de mi historia, sienta sus reales en la parroquia de San Pedro de Sorrizo, a unas docenas de metros de la playa que lleva su nombre. El dueño del establecimiento balneario es un labrador y vecino de la referida parroquia. La casa donde habita, que es una casa de labranza, se transforma como por encanto en cuanto llega el mes de Julio. Un carpintero del país ha hecho de pino media docena de cajones semejantes a la mitad de una caja de muerto, que llegado el caso se han distribuido en el sobrado, en la cuadra, en la bodega del hórreo y en el cuarto del alpendre.

Viene el “manciñeiro” y le receta a un cristiano o cristiana baños calientes. Sale el bañista de su casa armado de cesta en la cual van patatas, habas, alguna carne de cerdo, unto y huevos, y un chisme, pota o tartera, para condimentar todo esto. Llega al balneario, toma su habitación que le cuesta un real; por dos reales más, el propietario del establecimiento le media de agua del mar caliente uno de aquellos ataúdes; allí se sumerge el bañista hasta que le parece bien y una vez seco y vestido requiere de la cesta lo necesario para condimentar su comida.

A los siete baños justos se acaba la temporada. Se friega la olla en debida forma, vuelve a la cesta con las vituallas sobrantes, y abonados los veintiún reales de gasto, vuelve el bañista para su casa con la consigna de no salir al sol sin paraguas ni andar al relente, pues podría cortarse la dieta.

Excusado es decir que el agua, mientras no se enfría, va sirviendo para los diferentes clientes del balneario, pues aunque en el mar la hay abundante, cuesta trabajo acarrearla en el bocoy y cuesta dinero el calentarla por los precios que tiene la leña.

El balneario de As Covadas goza de una gran fama y a juzgar por las gentes que a él concurren, debe ser de los mejores de su clase.

Pero sea como quiera, las gentes hoy no se bañan porque no les da la gana, porque con veintiún reales y una cesta medianamente repleta puede uno darse el postín de pasar en un balneario parte de la temporada veraniega.



PICADILLO

 

Portada do libro Antoloxía das Confidencias de Picadillo

     Este é un dos 158 capítulos que conforman o libro Antoloxía das Confidencias de Picadillo, no cal rescatamos o Picadillo máis descoñecido, o Picadillo xornalista, desde a sección “Confidencias”, na que escribiu entre os anos 1902 e 1918 nos xornais El Noroeste e El Orzán, relatando algúns dos seus avatares cotiáns que lle aconteceron tanto na cidade da Coruña como no concello de Arteixo e noutros puntos da xeografía galega e española.

    Anécdotas sobre o mundo da música, da moda, dos transportes da época, da súa vida familiar, dos seus animais domésticos, de viaxes como a realizada a finais de 1909 a Hamburgo para levar a cabo un réxime de adelgazamento, de romarías e dun sen fin de curiosidades mías, narradas todas ellas con moito, moito humor, tédelas ao voso dispor nesta Antoloxía das Confidencias de Picadillo que autoeditamos no 2018 con motivo do centenario do falecemento deste grande persoeiro.

 
 

1 comentario:

  1. Boa nota sobre o Balneario. ¿Podería saber o nome do actual propietario (agosto 2019) Grazas.

    ResponderEliminar