O CRIME DE SUEVOS
"En las primeras horas de la mañana de ayer, las vendedoras de leche y legumbres venidas de Pastoriza y lugares inmediatos, fueron portadoras de una noticia sensacional, que pronto se propagó por La Coruña, llegando a conocimiento del público con caracteres de hecho vandálico, en el que concurrían circunstancias verdaderamente extraordinarias.
Un matrimonio avecindado en la parroquia de Suevos, del término municipal de Arteijo, había sido asesinado, en un camino, cuando en unión de un criado suyo regresaba a su casa, a las once de la noche.
Los asesinos habían sido seis hombres enmascarados, que saliéndoles al camino, habían acuchillado al marido y aplastado la cabeza a la mujer, de modo horrible.
El criado tambien había sido herido de una cuchillada, pero no fallecería, como sus amos.
El móvil del horrible asesinato decíase que había sido el robo. El matrimonio tan vilmente muerto, regresaba de hacer la venta de una finca, y traía en su poder unas veinte mil pesetas.
Tratábase, pues, según el rumor público, de un robo en cuadrilla, perpetrado de noche, en un lugar distante dos kilómetros de los caseríos de Suevos y Pastoriza.
La noticia causó en La Coruña una impresión escalofriante, mezclada de pena y de indignación.
Lo que a las puertas de La Coruña pudiese campar por sus respetos una cuadrilla de salteadores de caminos, ponía los cabellos de punta a quienes oían el relato espeluznante del crimen alevoso.
En un principio hubo en las informaciones una gran confusión de nombres, y aunque las personas propaladoras de la noticia señalaban que una de las víctimas, el marido, se apellidaba del Río, no determinaban suficientemente la persona de quien se trataba, por lo cual hiciéronse cábalas y suposiciones durante todo el día.
Enterado de lo ocurrido por un propio que al efecto vino a esta capital, el celoso juez de instrucción D. Hilario Núñez de Cepeda, acompañado del escribano habilitado Sr. Troche, salió a las diez de la mañana para el lugar del suceso, haciéndose cargo de las diligencias que durante la noche habían instruído el juez municipal de Arteijo, Sr. Llamazares y el secretario don Ramiro Mosquera, practicando, además, personalmente, cuantas le sugirió su celo para la incoación del sumario.
De estas diligencias y de las manifestaciones que hemos oído de labios de algunos vecinos de Suevos, Pastoriza y Arteijo, resulta que los asaltados por la banda de malhechores, eran D. Bernardo del Río Buch, su esposa doña Carmen Rita Fernández Martínez, y su criado Manuel Folgar y Folgar.
El matrimonio del Río, que es propietario de extensas fincas rústicas y de algunas casas situadas en el denominado Pazo de Suevos, vivían en una de las últimas, la mejor, con sus hijitos, una niña de cuatro años y un niño de tres, con el padre de la esposa del Sr. del Río, D. Antonio Fernández, ex portero de la delegación de Hacienda de esta provincia, y en la actualidad administrador de fincas, y con su tío, el Sr. Buch, a quien todos hemos conocido como afilador, en los soportales de la Marina de esta capital.
Don Bernardo del Río, es ingeniero industrial, y hombre de sólida ilustración. Residió durante algún tiempo en La Coruña, donde contrajo matrimonio con doña Carmen Rita Fernández, que como su marido, era dueña de una regular fortuna consistente en casas y bienes en esta capital, Arteijo y Carballo.
De su labor técnica durante su residencia en esta ciudad, recordamos un proyecto que en unión de otro ingeniero suscribió y ha presentado al Ayuntamiento coruñés para una fábrica de producción de gas del alumbrado.
Gozó siempre lo mismo en esta capital que en Arteijo de merecidas consideraciones respectos y afectos por su caballerosidad y corrección".
La Voz de Galicia, 20.3.1920
Pasaron case cen anos e a lembranza dun dos asasinatos máis crueis da comarca é case inexistente. En Suevos vivía unha familia adiñeirada nos anos 20. Mais a súa folgada vida viuse truncada polo asasinato da muller Rita Fernández, a mans do seu home. Os ingredentes que poden verse en calquera telenovela acontecen nesta historia negra, na que o criado axudaría ao seu señor a golpear até a morte á muller.
A rúa do Pazo
Só unha rúa, a do Pazo, deixa intuir que antano no núcleo de Suevos residía unha familia con capacidade para ter un casarío deslumbrante, do que hoxe non queda practicamente nada. O suceso protagonízao Bernardo del Río Buch, o Señorito de Suevos, e o seu criado, Manuel Folgar (de alcume Graíño), entrada a noite do 18 de marzo de 1920.
Bernardo era fillo do tenente coronel do exército, don Bernardo del Río, e de dona Avelina Buch, señora de gran fortuna e a quen o seu fillo debía o acrecemento da súa propia riqueza e a súa carreira, feita en Barcelona e completada en Alemaña. O Señorito, que casara en 1915 con Carmen Rita Ferández, estaba destinado no Catastro da Coruña, cargo ao que renunciara ao morrer a súa nai.
Durante os cinco anos que levaban casados, as discusións entre marido e muller eran frecuentes. Os celos e o forte caracter dela batían coa debilidade polas faldas del.
Aquela tarde do 18 de marzo de 1920 decidiran dar un paseo no carruaxe e visitar uns amigos en Arteixo. Nunha sociedade na que a igualdade non existía nin por asomo, non é de extrañar atopar alusións ao "histerismo" de Rita causado polos seus incesante celos. Con todo, o sosego reinara durante a tarde e despois de visitar a uns amigos, entre eles a D. Jovitas Marnotes e Josefa, a irmán deste, e ao alcalde Toribio Salvadores, ao anoitecer emprenden o camiño de volta.
Camiñando cara o seu domicilio, tras deixar gardado o carruaxe no lugar de Bordeiras, na tenda de Benjamín González (tíñano que deixar alí porque o camiño a Suevos era largo, empinado, pedregoso, tortuoso e incómodo), según as versións de Bernardo del Río e do seu criado, seis encapuchados asaltáranos coa intención de roubarlles, maniatando ao Señorito e golpeando á muller, que berraba pedindo auxilio.
Mais esta só foi a primeira versión. A presión do xuíz e do fiscal fixo que Del Río e o seu criado terminasen por rectificar e contar unha historia ben distinta e que lles levaría á cadea.
La Voz, 21.3.1920
Manuel Folgar, o criado, retractaríase toda vez que Del Río terminou por acusalo a él directamente. Nas tres versións, a tarde principia do mesmo xeito. Un día sen moito que facer, deciden ir a visitar a uns amigos, casas ás que lles conduciría Folgar.
Todo acontece do mesmo xeito até o camiño de Bordeiras a Suevos para percorrer os últimos metros até o seu domicilio a pé.
Agora, a historia dos seis asaltantes enmascarados desaparece e as versións que dan os dous imputados varían lixeiramente.
Nas casas que visitaron, señores e criado compartiron viño e licores, aínda que según o relato de Folgar, él era abstemio. Ao chegar ao punto marcado pola traxedia, a muller empezou a increpar ao conductor porque o carruaxe non ía recto.
Éste respondeulle e comezaron a intercambiarse insultos. Ela deulle unha labazada para intentar que calase a boca. Lonxe diso, Folgar continuou dando voces, ao igual que Rita Fernández. Foi aí cando o criado "con descuido y sin intención de causar daño" colleu unha pedra e lanzouna, según se pode ler na transcripción do seu testemuño, gardada a recado no Arquivo do Reino de Galiza.
A mala sorte fixo que a pedra golpease á muller na cabeza, o que lle causaría a morte. Para o seu abogado, o delito cometido por Folgar foi de lesións graves. Mais este relato non explicaría as nove feridas na cabeza que o forense chegou a contar, tres delas mortais.
Del Río, incidiría na discusión entre os dous. Tamén en que o criado colleu unha pedra e lanzouna contra a víctima. A partir de aquí, a narración deste inxenieiro engade que intentou evitar o tráxico final e que recibiu do seu criado un empurrón de tal virulencia que o deixou aturdido. Folgar collería varias pedras para rematar despois coa vida da muller do Señorito cunha gran crueldade.
Imaxes do que queda do Pazo de Suevos
Nese intre, o pánico apoderaríase dos dous e o criado proponlle a Del Río atarlle as mans e inventarse a historia dos seis atacantes.
A documentación recolle incluso as discusións e os celos que Carmen Rita Fernández tiña do seu home. Os ataques de histeria e o medo que lle daba o criado e que incluso a levaría a abandonar nalgunha ocasión a súa casa de Suevos para ir á dunha amiga na Coruña.
O xuízo remataría con comentarios moi desfavorables da opinión pública xa que se contaba cunha pena maior. Ao parecer, seica algúns membros do xurado popular recibiron algún que outro agasallo, feitos que nunca se poideron demostrar.
Finalmente, o xulgado condearía aos dous homes a quince anos de cadea, mais só cumpriron oito porque foron indultados. O 14 de setembro de 1928, Folgar abandonaba a cadea de Cartagena, e Del Río, a de San Miguel de los Reyes, un Señorito que pouco despois emigraría a Buenos Aires onde o agardaba a que fora súa amante, Pilar Alba Lamas (pertencía a familia Alba que pasaba os veráns no Pazo de Figueiroa), que no momento de cometerse o crime daba clases particulares na parroquia de Suevos.
Restos dos muros do Pazo actualmente
FONTES:
-Un asesinato machista que conmocionó a los vecinos de Suevos hace un siglo. Maica Rodriguez, El Ideal Gallego.
-El crimen en Galicia. Carlos Fernández
-La Voz de Galica, marzo de 1920
O INCENDIO DO "NEW LANGHAM HOTEL" DE LONDRES
O mércores 11 de maio de 1971, catro meses despois da separación dos Beatles, os informativos da BBC e os principais xornais británicos, ocupaban os seus respectivos espacios informando do sinistro acontecido no día anterior nun hotel de Londres, sinistro no que faleceran oito persoas, catro delas galegas. Tratábase de dous matrimonios, os formados por Francisco Martínez Fernandez e Dolores Albela Sierra, veciños de Mazaricos (A Coruña) e pais dunha nena de nove meses, e o formado por Manuel López Pombo e María del Carmen Aldao Lista (él de Arteixo e ela da Laracha), que eran pais de tres cativos de curta idade. As dúas parellas eran empregadas do New Langham Hotel, o lugar no que gañaban o pan traballando no seu servicio doméstico.
La Voz de Galicia, 12 de maio de 1971
Manuel López Pombo, de 35 anos, e María del Carmen Aldao Lista, uns dous anos máis nova que o seu home, vivían, antes de saír para a capital inglesa, en Lañas. Él era natural do lugar da Lagoa, parroquia de Sorrizo, e ela da de San Román, na Laracha, e emigraran a Londres dous anos antes do incendio deixando en Arteixo aos seus tres fillos: María Azucena, de 7 anos; Juan Manuel, de 4, e Fernando de 2. Os dous primeiros deixáranos na Lagoa ao cuidado da súa bisavoa na casa na que, naquel intre, vivían o pai de Manuel López (Augusto López Costa, de 60 anos) e seis irmáns deste. O terceiro fillo do matrimonio, Fernando, quedara ao cuidado dunha señora de Arteixo.
Os cónxuxes escribían con frecuencia á casa dos seus familiares, e na última carta, recibida na Lagoa, informaban que cambiaran de vivenda en Londres e que, a partir de entón, lles escribiran á nova dirección, que non era precisamente a do hotel no que falecerían, xa que vivían en domicilio aparte. Manuel e a súa dona foran a Inglaterra co obxecto de aforrar a suma necesaria para construir unha casa en Arteixo, que naquela hora xa estaba moi adiantada grazas aos xiros frecuentes á Caixa de Aforros que foran enviando durante os dous anos na emigración.
Manuel, que quedara orfo de nai sendo pequeno, era o maior de oito irmáns. Con anterioridade a súa marcha a Londres, traballara nunhas obras en Sabón, cunha empresa particular na que, cando se produxo o incendio no hotel, traballaban dous irmáns seus.
Manuel e María del Carmen en Londres
Unha semana despois do sinistro, Jack Candlish, inspector xefe de Scotland Yard, informaba que o incendio fora provocado e que principiara no piso baixo do inmoble, lugar donde o causante do mesmo rociara, cunha sustancia inflamable, gran parte do cuarto destinado a gardar mobles e utensilios do hotel. Despois de que o criminal prendera lume, as lapas rapidamente se extenderon polo andar e, subindo pola vella escaleira de madeira, non tardaría en subir aos pisos superiores. Dada a antigüidade do edificio e os materiais facilmente inflamables que contiña, o lume extenderíase de forma incontible en poucos minutos sen dar opción a salvarse aos que durmían naquel intre nos pisos altos do edificio, entre eles Francisco, Dolores, Manuel e María del Carmen, os catro galegos falecidos.
O SINISTRO EN GALÁN (OSEIRO) DA AVIONETA DO MARQUÉS DE VILLANUEVA
O mércores 29 de abril de 1964, o mesmo día que falecía en Madrid o escritor coruñés Wenceslao Fernández Flórez, acontecía en Galán, na parroquia de Oseiro, un dos sinistros dos que aínda hoxe, medio século despois da traxedia, se fala de cando en vez.
Eran aproximadamente as seis da tarde cando se estrelaba por mor da néboa, perto do monte que ocupa actualmente a Urbanización de Oseiro, unha avioneta bipraza pertencente ao Aero Club de Santiago de Compostela, falecendo os seus dous ocupantes: Francisco de Asís Dorado Aguilar, de 35 anos, marqués de Villanueva de la Sagra, que era quen pilotaba o aparato, e o seu amigo Antonio Ramós Vázquez, de 38 anos, industrial de Mesón do Bento, ambos moi coñecidos na Coruña, especialmente o primeiro, que era directivo do R.C. Deportivo. Precisamente, Francisco de Asís Dorado, natural de Jerez de la Frontera, e que tiña a representación dunha coñecida firma de viños de dita cidade andaluza, voltara o luns de Pamplona, a donde viaxara co primeiro equipo coruñés en calidade de delegado (naquela hora o Deportivo estaba en 2ª División, mais ao final da tempada acadaría o ascenso á 1ª da man do adestrador Roque Olsen).
La Voz de Galicia, 30 de abril de 1964
Según relatan as crónicas da época, un veciño de Galán, que estaba traballando na horta da casa de seus pais, fora o primeiro en ver o accidente. Tratábase de Luis Mareque Zas, de 29 anos, que reflexando no seu rostro a tremenda impresión do que acaba de presenciar dicía que " a avioneta voaba dirección á Coruña, mais ao chegar ao monte da Maceira, virou bruscamente e pouco despois esnafrábase neste lugar cun violento topetazo contra o chan. Non houbo nin lume, nin lume, nin explosión. Nada máis ver o accidente deixei todo e achegueime a toda presa ata o lugar donde caeu o aparato e, ao chegar, comprobei que a avioneta estaba totalmente desfeita. Soamente quedara en pé a cola. A un lado vin a un home. Achegueime a él e comprobei que estaba morto. O outro atopábase entre os restos da avioneta e tamén estaba morto...o espectáculo era impresionante! Logo baixei á estrada e vin un trolebús. Comuniqueilles a desgraza e voltei ao monte, donde xa había máis veciños e veciñas e, pouco despois, xa chegaría a Garda Civil".
Outras testemuñas aseguraban que a avioneta, que era una "Aisa-11 B" de 90 cabalos, fora vista arredor das 17:30 da tarde voando sobre Carballo e seica que os dous ocupantes fixeran sinais coas mans, mais ninguén comprendera, sen dúbida, as intencións. Os que viron o xesto dos tripulantes tomárono, con certeza, como un saúdo, e ninguén fixo caso. Despois da triste desgraza, non había dúbida de que aqueles xestos do marqués de Villanueva e de Antonio Ramos eran, non de saúdo, senón de alarma! Mais a falla de medios de comunicación, toda vez que este tipo de avionetas non levaba telefonía nin radio, impediulles aos seus ocupantes facerse entender e, minutos despois, estrelábanse en Galán.
As versións das autoridades apuntaban a que a avioneta, que saíra as 15:30 da tarde do aeroporto de Labacolla con dirección, ao parecer, cara o de Alvedro (que fora inaugurado en maio de 1963), era probable que tivera o accidente por mor da espesa néboa daquela tarde. "Se cadra a néboa despistou ao piloto, que aínda que era experto aviador e ostentara o grado de capitán da Arma Aérea, seguro que lle fixo dar voltas sobre o val, na procura dalgunha orientación".
Non tardaría en chegar a Galán o presidente do Deportivo, Jesús Cebrián, e varios directivos máis, quenes acordarían instalar a capela ardente do marqués de Villanueva no local social deportivista, en donde sería velado esa noite, toda vez que á muller se lle ocultara, nun principio, o acontecido. O corpo de Antonio Ramos Vázquez levaríase ao domicilio familiar do Mesón do Bento.
A avioneta sinistrada en Oseiro era das chamadas de enlace, que se utilizaban para os voos de adestramento polos socios do Aero Club, neste caso do de Compostela. Facía tempo que Francisco de Asís Dorado convidara ao seu amigo Antonio Ramos, que aceptara ilusionado, para acompañalo nun destos voos. Concretamente, ao parecer, fora a de aquel 29 de abril de 1964 a terceira vez que o marqués insistiu ao seu citado amigo para realizar a excursión aérea. A primeira non poidera levarse a cabo por non estar en condicións a avioneta: a segunda porque Dorado tiña caducado o seu carnet de piloto (posteriormente renovado). E, ao fin, aquel 29 de abril do 64, ás doce da mañá recollía no Mesón do Bento a Ramos, con que se trasladaría a Compostela elevándose desde o aeroporto de Labacolla, aproximadamente ás 15:30 da tarde.
Nesta clase de voos de adestramento, cando o punto de saída e o de chegada eran os mesmos, non era preciso comunicar situación nin sequera o mesmo voo ao aeroporto máis próximo (Alvedro neste caso), razón pola cal na Coruña ignorábase a excursión aérea de Dorado.
Sobre as 17:00, a avioneta dera unha pasada sobre o estadio de Riazor, donde deixara caer un pequeno botellín dos destinados á propaganda do coñac da marca que representaba o finada marqués, que lle prometera ao xefe de material do Deportivo, Antonio Carrera, que lle lanzaría unha botella no primeiro voo que poidera facer por enriba do estadio. E así foi...mais unhas horas despois de recoller aquela botella, Antonio Carrera acudía ao velorio de quen a lanzara polo aire!
O ACCIDENTE DO EQUIPO DE FÚTBOL DE VILARRODÍS EN 1958
A
maioría d@s aficionad@s ao fútbol escoitamos, algunha que outra
vez, falar do accidente de aviación do Manchester United acontecido o 6 de
febreiro de 1958. O equipo británico regresaba a Inglaterra despois
de disputar o partido de volta de cuartos de final da Copa de Europa
en Belgrado ante o Estrela Vermella, enfrontamento do que saíra
victorioso e que clasificaba aos ingleses para as semifinais da
máxima competición continental. As cousas xa principiaran a ir mal no aeroporto de Belgrado pois o voo 609 da British European Airways, que os ía levar de volta ás Illas Británicas, tivera que retrasar a súa
saída unha hora porque que un dos xogadores, Johnny Berry, perdera o
pasaporte. O avión tiña previsto facer unha parada técnica en
Munich para repostar combustible. Unha vez en Alemaña e cando se
dispoñía a despegar da capital bávara cara o Reino
Unido, o capitán fixo dous intentos de despegue e ao terceiro
intento a aeronave fallou ao non gañar a altura adecuada,
estrelándose contra uns terreos colindantes ao aeroporto, nunha casa
na que non se atopaba ninguén. En total falecerían 23 persoas entre
futbolistas, directivos, corpo técnico, xornalistas e tripulación.
Da plantilla do United, sete futbolistas morreran no acto (Geoff
Bent, Eddie Coleman ou Liam Whelan entre outros) e un máis, Duncan
Edwards, falecería días despois a causa das feridas sufridas. O
adestrador Matt Busby e os futbolistas Dennis Viollet, Jackie
Blanchflowe e o lendario Bobby Charlton, figura sobre a que se
reconstruiría o novo Manchester United, serían dos poucos
superviventes de aquel lendario e tráxico accidente aeronáutico.
Se
1958 é o ano máis triste da historia dos “red davils”, tamén o
é do Atlético Vilarrodís, aquel equipo de fútbol que chegaría a estar federado durante varias tempadas na década dos sesenta. Seis meses despois do sinistro do Manchester United, o domingo 10 de agosto, o equipo arteixán, que
daquela aínda non estaba federado, tiña previsto disputar un
partido amigable na vila de Rianxo. Facía unhas semanas que Brasil, integrado por
xogadores de ensoño como Garrincha, Didí, Vavá, Zagalo ou un rapaz
de 17 anos chamado Pelé, gañara o Mundial que se celebrara en
Suecia, derrotando na final ao equipo anfitrión por 5-2.
El Ideal Gallego, 12 de agosto de 1958 |
Coa
idea de emular as filigranas dos astros “canarinhos” e dispostos
a disfrutar dun día de festa, a expedición do Vilarrodís partía
cara a Rianxo ás sete e media da mañán no ómnibus con matrícula
de Lugo número 1.270, propiedade da empresa “Rápido de Armentón”,
con 19 persoas, entre elas Armando Sanguino Mateos, que naquela hora
tiña 20 anos; Juan Suárez Souto, 22; Emilio Súarez Mosquera, 25;
Alfonso Riveiro Doldán, 22; Emilio Veira Vázquez, 24; Manuel
Longueira Trigo, 25; Juan Suárez Mosquera, 20; Francisco Veira
López; Luis Mareque Zas, 23; Luis Caneda Balado, 28; e José
Mosquera Rodriguez, de 18 anos, que eran algúns dos xogadores que
por aqueles tempos vestían habitualmente a camiseta do Vilarrodís. O
“Rápido”, conducido polo fillo do propietario da empresa, Manuel
Ferrín Cores, de 24 anos, circulaba normalmente e sen problema algún
mais, sobre as nove da mañán, ao chegar a Tabeaio (Carral), debido
a unhas manchas de aceite que había no asfalto, axudado co mal
estado do firme, o coche empezaría a derrapar, indo de lado dunha
cuneta a outra ata volcar nun pequeno terraplén, de pouco máis de
dous metros de altura, dando media volta de campá e quedando coas
rodas cara arriba. Inmediatamente de acontecido o accidente,
presentáronse no lugar do sinistro numerosos veciños de Tabeaio cun
médico e coa Garda Civil de Carral. Había, entre xogadores e
o resto dos ocupantes do ómnibus, un total de 16 feridos a quenes, tras sacalos do interior do vehículo e despois de prestarlles os
primeiros auxilios, conducirían nun camión e en varios coches ata
A Coruña, donde ingresarían sobre as once da mañán no Sanatorio do
Socorro.
La Voz de Galicia, 12 de agosto de 1958 |
Aos
poucos intres de ingresar no Hospital, Alfonso Riveiro Doldán,
dado o seu estado de gravidade, sería trasladado ao seu domicilio de
Vilarrodís, donde falecería pouco despois. Dérase a tráxica
circunstancia de que ao ocurrir o accidente, o xoven Alfonso fora un
dos primeiros en abandonar o ómnibus sinistrado e, cando lle prestaron os primeiros auxilios, manifestara que non tiña nada e que
atenderan aos seus compañeiros. Minutos despois, debido a un
derrame interior, o seu estado agravaríase, falecendo ás poucas horas. No “Rápido” tamén viaxaba o
pai do mozo falecido, Manuel Riveiro Cedeira, de 55 anos, que
resultara con fractura de varias costelas e outras graves contusións
diversas. Pola tarde daquel terrible domingo 10 de agosto de 1958,
xusto cando o equipo debería estar xogando o partido amigable en
Rianxo, practicamente toda a veciñanza da aldea de Vilarrodís
desfilaría polo Socorro para enterarse do estado dos feridos. Mais
o tráxico suceso non remataría aquí xa que o luns, cando se conducía o cadáver
de Alfonso Riveiro Doldán ata o cemiterio de Oseiro,
estaría a piques de producirse unha verdadeira catástrofe: os que asistían ao enterro encontráronse cun camión que circulaba en
dirección oposta. Ao parecer ao vehículo falláronlle os frenos,
feito que sembraría o pánico entre as numerosas persoas que
acompañaban ao finado. Afortunadamente o incidente só quedaría nun
monumental susto e non habería que lamentar víctima algunha.
A pesar da tristura daqueles feitos, a vida seguiría e a rapazada de
Vilarrodís continuaría xogando ao fútbol na aldea, facendoo primeiramente nun campo que había detrás do posteriormente famoso Bar
Odett, establecemento que rexentaría anos máis tarde Finita “a
Rubia”. Nese campo o Vilarrodís
xogaría os seus primeiros partidos amigables cos equipos da zona,
entre eles co outro equipo da parroquia, o Oseiro, que se constituira
oficialmente a finais dos cincuenta e con quen disputaría
apaixonantes derbis nos trofeos que naquela hora se xogaban nas
festas parroquiais, derbis dos que xa vos falarei noutra ocasión.
Ningún comentario:
Publicar un comentario