Hoxe
atopei, no Areal Pequeno do Rañal, un de esos patos de
goma cos que xogan os cativos na hora do baño. Cousa ben curiosa, pois
hai uns meses o amigo Roberto Castro, propietario da Libraría Sisargas
da Coruña,
recomendoume a lectura do libro La vuelta al mundo en un forro polar,
da autoría do escritor alemán Wolfgang Korn, recomendación que levaría a cabo.
¿De onde ven a tea da camiseta que levas
posta? ¿Quen a coseu e en que circunstancias? ¿Onde se fabricou o
bolígrafo que tes enriba da mesa?...normalmente, non nos facemos este
tipo de preguntas nin somos moi conscientes de onde e como se
elaboraron os prodtos que utilizamos a diario. Pois ben, neste
traballo de Wolfgang Korn atopamos resposta a estas preguntas.
Korn
tamén narra historias coma a dos patos de goma, na que conta como en
xaneiro de 1992, no transcurso dunha tempestade, un cargueiro perdeu
varios contenedores no medio do Pacífico. Un deles abriuse e 29.000
patos, tartarugas e rás de goma saíron despedidos á superficie do
océano. A maior parte deles foron á deriva cara o sur e quedaron varados
nas costas indonesias e sudamericanas. Mais uns 10.000 patos e rás
avanzaron cara o norte, cruzaron o mar de Bering e entraron en augas
árticas.
Pato de goma no Areal Pequeno do Rañal |
Posteriormente, arredor de 1.995, quedaron aprisionados no xeo,
para ser liberados seis anos despois preto de Groenlandia e empurrados
no medio do Atlántico. Daquela, a corrente do Golfo recolleunos e
arrastrounos ata Gran Bretaña e a península ibérica. Estos animais de
goma insomerxibles poden recoñecerse porque levan impresas as palabras First Years
e Wolfgang Korn conta que a persoa que atopa un pode informar do achado
a
Curtis Ebbesmeyer, investigador americano de ciencias do mar. Para él,
os patos son boias de investigación que lle saen gratis xa que os seus
percorridos revelan moita información acerca das correntes mariñas.
Curtis Ebbesmeyer creou na Internet un sitio especial para achados en
praias (http://beachcombersalert.org/), unha páxina que non só informa
sobre os patos de goma, senón tamén sobre outros obxectos
arrastrados polo mar, como madeiras de formas curiosas, globos de
cristal ou ovos do misterioso paxaro elefante.
E ben, chegados a este punto, seguro que vos preguntaredes se o
pato que atopei hoxe no Areal Pequeno leva impresas as palabras First Years, verdade? Pois nada, xa volo conto outro día!
Non se pode deixar o conto a medias
ResponderEliminarConocía la historia pero no con tantos bonitos pormenores (como que casi un par de millares quedaron “congelados” -quizás hoy en dia no tendrían esa suerte, cambio climático mediante-)
ResponderEliminar