A
haxiografía cristiá recoñece 33 diferentes advocacións de San
Xián ou Xulián, nome que ao parecer provén do latín lulianus
e que significa “pertencente a Xulio”, máis concretamente a Caio
Xulio César (en latín Gaius Julius Caesar), o gran militar e
político romano.
|
Imaxe do San Xián de Barrañán (Fran Naveira)
|
En
Galicia,
onde na
época medieval se utilizaron Giao e
Guillao, ademais
de Xián
ou Xulián, tamén aparecen as variantes de Xiao e Xullán, un
santo que é patrón de 122 parroquias, 18 na vigairía de A Coruña:
Almeiras
(Culleredo), Cela (Cambre) e Sergude (Carral) no Arciprestado de
Alvedro; Brantuas (Ponteceso), Coiro (A Laracha), Lendo (A Laracha) e
Malpica de Bergantiños no Arciprestado de Bergantiños; Mugardos
(Mugardos) no Arciprestado de Bezoucos; Mondego (Sada), Osedo (Sada),
Serantes (Oleiros) e Soñeiro (Sada) no Arciprestado de Cerveiro;
Carantoña
(Miño) e Vigo (Paderne) no Arciprestado de Pruzos; Cabanas
(Abegondo), Coirós (Coirós) e Mandaio (Cesuras) no Arciprestado de
Xanrozo; e Barrañán (Arteixo) no Arciprestado que conforman as
parroquias dos
municipios de
A Coruña e Arteixo.
|
Imaxe do San Xián de Barrañán (Fran Naveira)
|
Os
santos con nome de Xiao,
Xullán, Xián ou Xulián
máis
coñecidos
en toda
a xeografía galega
son San Xulián
de Brioude ou
Vienne, San Xulián
de Toledo, San Xulián
de Anazarbus,
tamén chamado Xulián de Cilicia, Xulián de Antioquia ou Xulián de
Tarso, Xulián
de Antínoe e
San
Xulián
o
Hospitalario. Deseguido,
uns apuntamentos sobre eles:
San
Xulián
de Brioude ou
Vienne,
aparece
habitualmente
con
traxe
de soldado romano, portando unha
espada, e
ten a súa festividade o 28
de Agosto. Nacido
en Vienne (30
quilómetros ao sur de Lyon, Francia) Xulián
era
un valoroso
lexionario
da Sexta
Legio Gallicorum que
estaba baixo
o
mando de
Ferreol
e
que, despois de bautizarse, deixou
a milicia para
vivir
coma un
anacoreta, dedicándose á
oración e
a
penitencia. Perseguírono
por ser cristián
e
morreu
decapitado no
ano
304, baixo
o
imperio de Diocleciano, en Brioude (oeste
de Lyon).
A
súa
cabeza, lavada no
río
Allier,
leváronlla
ao
seu
antigo tribuno Ferreol quen,
despois de
confesar
que era cristiá,
tamén
foi asasinado.
Os
beneditinos encargaríanse
de
extender
a devoción a San
Xulián de Brioude ou Vienne
por todo
o Camiño de Santiago.
San
Xulián
de Toledo,
aparece
vestido
con
roupas eclesiásticas,
cun báculo
e cun
libro nas mans. Ten
a súa festividade
o 6
de marzo.
Santo
nacido
en Toledo no ano 644 e finado
na mesma cidade no 690, foi un arcebispo,
teólogo, poeta e historiador da Hispania visigoda. Probable
descendente de unha familia de xudeus, tivo un papel destacado na
sociedade e na Igrexa católica, só comparable ao de San
Isidoro de Sevilla. É o
escritor máis
prolífico da escola
toledana e
un dos máis
importantes de temática relixiosa.
Tamén realizou
estudos teolóxicos
cun depurado estilo literario moi
superior ao
do seu tempo.
San
Xulián
de Anazarbus,
tamén chamado Xulián
de Cilicia,
Xulián
de Antioquia
ou Xulián
de Tarso viste
de traxe
talar, coa cruz e
a palma do
martirio. Este
santo ten
a festividade o 16
de marzo na
igrexa católica e o 21 de xuño na ortodoxa.
Nacido
sobre o ano 231,
Xulián
iniciouse
no
rito cristián
trala
morte
de seu
pai,
un senador romano de crenzas
pagás.
Detido
durante as persecucións
do
emperador Diocleciano
e posteriormente
torturado polo
gobernador
Marciano para que renunciara á
fe
cristiá,
foi
esclavo
dos romanos durante
un ano
en
diferentes cidades de Cilicia,
que
era como se nomeaba na antigüidade á zona
costeira
meridional da península de Anatolia.
Na
rexión do Exeo, na actual Turquía,
o
santo foi
visitado por súa
nai,
que engañara
aos romanos dicindo que quería facelo
entrar en razón.
Unha
vez dentro e
durante tres días, a
proxenitora diulle
ánimos ao
seu
fillo
para que continuara firme na
súa
fe. Cando o
gobernador chama
á nai
para saber a resposta,
esta
atacou
ferozmente ao
politeísmo dos romanos e,
por tal motivo, o
gobernador ordeou
cortarlle
os
seus
pés
ao
tempo que ataban a Xulián nun
saco cheo
de area e
de serpes velenosas
e
o tiraban ao mar. As ondas arrastrarían o seu corpo
ata
Alexandría,
en
Exipto, onde
foi
sepultado por un cristián
piadoso. Posteriormente os
seus
restos foron
trasladados a Antioquia, en
Turquía, erixíndose unha basílica na súa honra.
Xulián
de Antínoe mártir
da mesma
época que
o anterior
e
esposo de Basilisa,
ambos venerados por diferentes confesións cristiás. Habitualmente
aparecen representados os dous xuntos, Xulián con palma de martirio
ou espada atendendo a un enfermo, aínda
que en moitas das nosas igrexas tamén o podemos ver só. No seu
espazo virtual
Os Chanzos (https://oschanzos.blogspot.com/),
o erudito
Francisco Vidal di que, na iconografía galega, aparece vestido coma
un noivo da época da Ilustración,
con casaca vermella, porque foi mártir, coa pombiña que simboliza a
fidelidade e a pureza, e co gorro na man, de cabeza descuberta porque
era un home humilde e servicial. Este
santo ten a súa festividade o 9 de xaneiro; 8 de xaneiro (para os
gregos); 7 de xaneiro (segundo
calendarios da liturxia
medieval hispánica, como por exemplo,
o
do
Antifonario de León); e
o
6 de xaneiro
(co grupo formado por Celso, Marcionila, Antonio e
Anastasio). Forzado a casarse pola
súa
familia, Xulián,
que fixera
voto de castidade,
púxose
dacordo
coa
súa muller
Basilisa,
que tamén quería consagrarse a Deus,
e
preservaron a
súa
virxinidade
durante toda a
súa vida.
Ademais,
Basilisa fundou
un convento para mulleres,
do
cal
foi
superiora e
Xulián
reuniu
un grupo de monxes
e
fundou
un mosterio. Ambos converteron
o
seu fogar
nun hospital
no que segundo conta a lenda chegaron a atender
a máis
de mil persoas, feito
que provocaría que este Xulián se confunda moitas veces con Xulián
o Hospitalario.
Basilisa
morreu
pacíficamente, mais
Xulián de Antínoe foi
decapitado nas persecucións
de
Diocleciano.
Xunto a el,
foron
martirizados Celso
e Marcionila, fillo e nai, o sacerdote
Antonio
de Antioquia e o
converso e
neófito Anastasio
de Antioquía.
Tamén se di que morreron
sete irmáns
de Marcionila.
Xulián
o Hospitalario,
patrón
de cazadores e
pousadeiros
e
protector
de viaxeiros
que
habitualmente aparece na
iconografía vestido coma cabaleiro, cunha espada e barca ou, tamén,
vestido
de cazador, con escopeta e
falcón.
Ten
a festividad
o
29
de xaneiro e o
12
de febreiro.
Existen
diversas versións sobre a vida deste santo nas que se entrelazan
motivos de distinta procedencia. Unha das
máis
difundidas
conta
que, estando
un día de caza,
Xulián
da
morte a un cervo que, antes de expirar, lle profetiza que matará
a seus
pais.
Para
evitar o cumprimento
de tan terrible vaticinio, decide fuxir
da casa dos seus proxenitores.
Pasado
un tempo casa
cunha
nobre viúva,
coa que vive feliz ata
que un
día, ao
volver dunha
cacería, encontrou
a dúas
persoas durmindo no
seu cuarto e, crendo
que se trataba dunha
infidelidade
da súa muller,
mata á
parella coa espada.
Mais
ao
saír
da
casa,
encontrou
a súa esposa
e
Xulián
descubriu
a terrible verdade:
matara
aos
seus
propios pais
que, despois
de varios
anos
buscándoo, ao
fin deran
co domicilio do
seu fillo e agardaban a súa chegada
descansando
na cama
de
tan longa viaxe.
O
futuro
santo
abandonou
de inmediato a vida que levaba e,
na
compaña da
súa muller,
que non
quixo
deixalo
só,
marchou
a un illado
lugar a facer
penitencia o
resto
dos
seus
días. Polo
lugar
pasaba un camiño
que desembocaba nun perigoso
río
que os viaxeiros
tiñan
que cruzar.
Xulián
decidiu
facerse
barqueiro
para axudalos
e
fundou
un hospital co fin de atendelos. Certo día, recolleu
a un leproso que se revelou
como un ser celestial que lle
comunicou
que Deus
o
perdoara.
Cóntase
que morreu
martirizado durante a persecución aos cristiáns
do
emperador romano Diocleciano a comezos do
século
IV en Antioquía (actual Turquía) ou, máis probablemente, en
Antínoe (Exipto).
Despois
destos apuntamentos sobre os cinco santos, regresamos á nosa
contorna, onde San Xulián
de Antínoe, o marido de
Basilisa, e
San Xulián o Hospitalario, lendario protector de viaxeiros, vestido
de cazador, con escopeta e falcón, adoitan ser os patróns da
maioría das igrexas galegas dedicadas a esta advocación. Non
obstante, a orixe de algúns destos templos parece estar en San
Xulián de Brioude o de Vienne, militar romano, mártir do século IV
xunto con San Ferreol, representado como soldado romano con espada,
santo que a partir do século VII diu nome a diversas capelas e
mosteiros galegos e da cornisa cantábrica.
Exemplo
desta confusión é o acontecido na cidade de Ferrol, onde a nova
igrexa
de San Xulián,
que reemprazou
á
medieval situada xunto
ao
peirao da
Cruz en Ferrol Vello, derrubada
durante as obras do
foso do
Arsenal,
abriuse
ao
culto a véspera
do
Corpus Christi do
ano
1772. Poucos
anos
máis
tarde o
escultor
compostelán
Juan Antonio Domínguez tallou
o
retablo
do
altar
maior,
que, segundo
Montero Aróstegui, incluía unha
efixie
de San Xulián,
vestido de cabaleiro
con casaca, calzón curto,
zapatos de fibelas
e
sombreiro
de picos. Durante a visita pastoral que realizou
no ano
1786, Francisco Cuadrillero, bispo de Mondoñedo, “mandó
se vistiese a la romana”
a San Xulián,
para evitar o que cría unha
fea costume de vestir aos santos de forma pouco
axeitada.
Mediante esta imposición, reforzada pola posterior importación
dunhas
reliquias do
mosteiro
de San Xulián
de Samos, oficializouse
a San Xulián
de Antioquía
como patrón da
igrexa ferrolá,
aparecendo no
altar maior da
Concatedral da
cidade departamental xunto a
Santa Basilisa, vestidos ambos de traxe
talar, coa cruz e
a palma do
martirio. Deste
xeito
o
bispo
actuou
en contra do
sentir popular, seguramente máis
acertado, que consideraba como patrón de
Ferrol
a San Xulián
de Brioude, compañeiro
de San Ferreol. Máis
tarde, segundo
Leandro de Saralegui, o
día de San Xulián
do
ano
1820 o
padre Ouviña, franciscano do
convento de Ferrol, puxo
en dúbida
certos detalles históricos da vida de San Xulián,
provocando unha
forte
polémica, orixinando
a protesta do
municipio e
sumindo de novo
na confusión aos feligreses. No
ano
1878, segundo
Nicolás Fort, o
predicador padre Maroto, insistiu
na polémica ao
negar o
padroeiro
de San Xulián
pola carencia de documentación eclesiástica fiable, levando de novo
á
indignación dos ferroláns.
En
referencia ao
padroeiro da cidade departamental,
ese ano
1786 o
daquela
Alcalde Maior
de Ferrol, Eugenio Álvarez Caballero, estableceu
que o
día 7 de xaneiro,
festividade
de San Xulián
de Antioquía, se celebrase oficialmente como festa patronal de
Ferrol.
Así
pois, sabemos que foi no século XVIII cando a nobreza transformou a
iconografía do mártir cristiá nunha nova asociada a esta clase
dirixente, para o cal despoxaron ao primitivo san Xulián da súa
túnica e vestírono coas súas roupaxes. En moitas igrexas mantívose
a pomba que o acompañaba, mais a orixinaria espada do santo daría
paso a unha arma de fogo como a que hai na capela da Virxe do Faro de
Brantuas, en Ponteceso, onde podemos ver a un San Xulián
representado nunha figura de pequenas dimensións que vai ataviada
con calzóns curtos, camisa e chaleco, e que leva nas súas mans un
trabuco. Esta iconografía do santo nobre non deixa de ser, segundo
Alejandro Barral, antigo director do Museo Catedralicio de Santiago,
«una reconversión de san Julián, obispo de Toledo, cuya imagen
primitiva va acompañada de paloma y lanza, siendo éstos los
símbolos propios».
¿Sería
algún destos casos o acontecido co San Xián de Barrañán?
É
doado imaxinar que antes da talla actual existía unha moito máis
antiga, un santo que, con certeza, viron os ollos do Cardeal Jerónimo
del Hoyo cando, no
nome do
Arcebispo
don Maximiliano de Austria, realizou
unha
visita pastoral ao
arcebispado
de Santiago durante máis
de tres lustros (1603-1620), que testemuñou
nun extensísimo manuscrito conservado no
Arquivo
Diocesano de Santiago de Compostela no
que, con relación á
parroquia de Barrañán, Jerónimo del Hoyo escribiu o seguinte:
SAN
GIAO. JULIAN DE BARRAÑAN
Es
aneja esta feligresía a la pasada de san Pedro de Sorriço, tiene
diez y ocho feligreses. Los frutos todos al retor que valdrán
catorce cargas de todo pan. Presentación de San Martín. La fábrica
no tiene renta ninguna. Hay dos ermitas una de San Mamed y otra de
Santa Cruz.
|
Casamento
de Chelo Rama e o seu noivo Manolo en Barrañán nos anos 60 no que se
aprecia o estado da igrexa naquela altura (Oliva Herrera)
|
|
Vistas da igrexa de Barrañán nas festas do Sacramento do ano 2019 (Pepe López)
|
A
talla actual do San Xián de Barrañán viste roupas propias da
Ilustración, un movimento cultural e intelectual, primordialmente
europeo, que naceu a mediados do século XVIII e durou ata os
primeiros anos do século XIX. O noso protagonista aparece
representado coa palma do martirio na súa man dereita e cun libro e
unha pomba na esquerda. Podemolo ver con vestimenta dourada na parte
alta do retablo, xusto enriba dunha talla da Virxe do Rosario, a quen
acompaña unha figura de San Xosé e outra de San Antonio, tres
santos que case dobran en tamaño a talla de San Xián. O escritor
Francisco Vidal, autor xunto a Rosa Benigna Vizcaya do marabilloso
libro Dos fastos ós festexos. Dos antigos mitos á relixiosidade
galega (Editorial Toxosoutos,
2009), opina que este pequeno santo de Barrañán é a
representación de San Xulián de Antínoe:
“As
festas dos santos e as festas parroquiais veñen xeralmente por unha
razón de ser que vén de antigo e, neste caso,
coincide na celebración do día 7 de xaneiro. A iconografía deste
santo representa a mensaxe que se da a principios de ano, das boas
intencións, a pureza… que foi polo que el morreu. O San Xián de
Barrañán viste de noivo porque o seu martirio vén a raíz de casar
e negarse a xacer coa esposa, de aí a pomba que o acompaña, que
representa a pureza. O libro que ten debaixo da pomba está
cerrado porque durante o martirio explicaba os evanxeos. Na outra man
ten a palma do martirio. Todo isto, xunto coa iconografía e a
data de celebración, lévame a pensar que se trata de San Xulián de
Antínoe”.
|
Retablo da igrexa de Barrañán (Fran Naveira)
|
A
imaxinaría, os relevos e as pinturas do retablo do altar foron
restaurados recentemente polos irmáns Garrido, especialistas
ourensáns que, seguindo as directrices de Patrimonio, levaron a cabo
un traballo espléndido
que serviu
para recuperar un montón de pezas moi
deterioradas do
patrimonio parroquial e
poñelas
en valor, unha
iniciativa nacida no seo da Comunidade de Veciños de San Xiao que
preside Daniel Martínez Suárez. A
inauguración oficial da restauración celebrouse o 14 de xullo do
2019 coa visita do Arcebispo de Santiago, Monseñor Julián Barrio
Barrio. Nunha
conversa mantida en decembro de 2020 con Daniel Martínez, o
presidente da Comunidade
explicounos os
pormenores da iniciativa e a
particularidade do
colectivo que
encabeza:
“Esta
Comunidade naceu en 1997, a raíz de que rompera a campá da igrexa.
Nese momento don Cayetano era o cura da parroquia e despois veu para
aquí don Pedro, que, aparte
de Barrañán, tamén levaba Lañas e
Oseiro. Ao
principio pensamos en facer unha confraría, pero finalmente
decidimos constituirnos como Comunidade de Veciños para afrontar os
arranxos da igrexa. Levo de presidente dende aquel ano. Aquí levamos
moitos cartos gastados. Había que tomar unha decisión porque a
igrexa estaba caendo. Primeiro arranxamos a campá, despois botouse a
placa e a continuación, xa coa Comunidade constituída cos
seus estatutos,
estableceuse unha cota entre
a veciñanza
para amañar o falso teito. Hai
sete anos que acabamos os arranxos e xa, máis recentemente, tamén
se afrontou a restauración de todas as tallas dos santos. Facíalle
moita falta. Coa restauración, ata descubrimos que San Xulián tiña
bigote. Non sei cantas
Comunidades de
Veciños
hai en Galicia que se fixeran cargo dunha igrexa. O que si che podo
dicir é que en Arteixo somos o único caso. Aquí encargámonos nós
de todo: da luz, das roupas, limpamos, fregamos e os domingos pasamos
o cepillo e encedemos as candeas… iso
sí, queda todo aquí, poucas grazas! A festa tamén a organizamos
nós, a non ser que haxa un funcionista, que xa hai moitos anos que
non é o caso!
|
Procesión do Santísimo Sacramento do ano 2019 (Pepe López)
|
Daniel
Martínez tamén nos comentou que… “o
6 de xaneiro celebramos o San Antonio e
sacamos o santo en procesión acompañado da Virxe do Rosario; ao
día seguinte, o
día 7, sacamos en procesión a San Xulián coa Virxe do Rosario; o
2 de febreiro celebramos a Candelaria… en
Oseiro teñen a Virxe da Luz e nós temos a Candelaria, que a sacamos
en procesión ese día co San Xosé; e
o
segundo domingo do mes de xullo celebramos o Santísimo Sacramento; o
día anterior, sábado, sacamos en procesión a Virxe do Carme co San
Antonio”.
Xente
festixeira a de Barrañán, abofé!
FONTES:
-Foro
de amigos de Ferrol (2019): El
confuso patronazgo de San Julián de Ferrol.
Diario
de Ferrol, 7 de xaneiro de 2019.
-Garrido,
Santiago (2006): San
Julián de Brantuas escolta a las santas con su escopeta.
La
Voz de Galicia, 18 de setembro de 2006.
-Prego,
Pilar (2007): Un
escolta con escopeta para la Virxe do Faro.
La
Voz de Galicia 7 de setembro de 2007.
-Vizcaya,
Rosa Benigna / Vidal, Francisco A. (2009):
Dos fastos ós festexos. Dos antigos mitos á relixiosidade galega.
Editorial Toxosoutos.