OS ACHADOS ARQUEOLÓXICOS DO XACEMENTO COSTEIRO DO REIRO (CHAMÍN)
O Reiro. O xacemento está na parte inferior da imaxe(www.turismo.gal) |
Unha
das pegadas máis afastadas no tempo da historia local de Arteixo
condúcenos ao período Epipaleolítico-Mesolítico (10.000-5.000
a.C.), época na que varios historiadores sitúan o campamento
costeiro do Reiro. Este xacemento, que se localizou sobre un depósito
asentado sobre unha duna fósil da zona máis protexida do areal,
sería descuberto a finais dos anos sesenta do século pasado, ao
pouco de instalarse alí a maquinaria que extrairía, durante certo
tempo, a area deste pequeno recuncho do litoral da parroquia de
Chamín.
Tal
barbaridade ecolóxica, que se realizaba de xeito habitual naquel
entón en moitas das praias da bisbarra, daría pé a que o mar
arrasara con boa parte da zona que contaba, antes das extraccións,
coa defensa natural das dunas formadas a través dos séculos pola
acción do vento. Este cambio da liña do areal do que estamos a
falar, favorecería a penetración das mareas ata lugares onde antes
da chegada da maquinaria rara vez o facían, modificando tanto a
extensión do xacemento como a secuencia dos estratos máis próximos.
Deste
xeito, ao mesmo tempo que as máquinas continuaban extraendo area,
unha ampla dispersión de materiais prehistóricos, sobre todo
industria lítica en cuarzo e cristal de rocha, ademais de restos
orgánicos de xabarís, cervos ou vértebras de peixes, irían
aparecendo pouco a pouco no Reiro.
Ao
ter constancia do achado, os arqueólogos Vázquez Varela e Ramil
Soneira desprazaríanse ata esa parte da costa arteixá para
prospectar o xacemento, onde certificarían a presenza dun grupo
humano que, ao xulgar polos restos alí descubertos, todo fai indicar
que baseaban a súa alimentación en micromamíferos, aves e pesca de
beiramar.
A
partir do
momento do
seu
descubrimento e
durante varios anos, procedeuse
á recuperación
do
material que quedaba
á vista
pola actividade
das mareas e
da empresa areeira,
un material que se
recollería sen plan de excavación arqueolóxico de ningún tipo,
como así nolo conta o
arqueólogo Ramil Soneira
no amplo informe Paradero de Reiro
que publicou
nos Cuadernos de Estudios Gallegos no ano 1973:
“El
material recogido no corresponde a níngún plan de excavación.
Después de comunicarlo al señor Luengo, Comisario Provincial
de Excavaciones, que visitó el paradero, desde el 69 he ido
rescatando durante el verano lo que las mareas y las “industrias de
arena” dejaban al descubierto en el estrato humífero;
estrato de consistencia dura, ligada, que obliga a desmenuzar a mano
o disolverlo lentamente en agua, ya que los trozos extraídos están
totalmente atravesados de restos óseos. Esta tierra negra cuando se
abandona al sol adquiere la consistencia del adobe. Antes de la
nivelación para aparcamiento, acompañado del Prof. Vázquez Varela
hicimos unas catas en E-s (fig. 4), donde la total espesura del
estrato humífero lo es de ocupación; con una potencia media de 45
centímetros, la secuencia en las catas bajas es similar a la hallada
bajo la duna D de la figura 4”.
O
material lítico recuperado no xacemento está elaborado sobre
cantos e lascas de diorita para as pezas grandes e en cuarzo e
cristal de rocha para as pezas pequenas. Ramil Soneira, que fundou e
dirixiu o Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilaba, dinos na
publicación anteriormente mencionada que... “El tipo de roca
usada para estos útiles condiciona favorablemente la obtención de
grandes lascas por percusión bipolar o a yunque durmiente;
igualmente condiciona el rebajado de ambas caras, casi sin talón,
aún en el caso de someter uno de los polos de un canto aplanado de
diorita a la somera talla alterna para la obtención de un choper”.
Dentro de este material lítico están claros dous grupos, os
macrólitos e os micrólitos, entre os que se poden diferenciar os
micrólitos xeométricos, raspadeiras, perforadores e burís,
material que parece corresponder a unha fase mesolítica polos
resultados da datación radiocarbónica, que deron unha data de 6.590
± 70 B.P., aínda que segundo a arqueóloga arteixá Puri Soto, hai
que entender que é unha datación da madeira da turbeira e, como non
hai contexto estratigráfico, non todos os materiais se poden
relacionar coa devandita datación radiocarbónica.
No
xacemento tamén se descubrirían restos óseos, vexetais e de
cerámica. En torno aos primeiros, documentouse fauna característica
das etapas posglaciais constituída plenamente por especies típicas
dun medio forestal desenvolvido que acada o seu auxe no Holoceno, que
é a época que se extende desde hai uns 10.000 anos ata a
actualidade. A fauna analizada consta de vinte restos de mamíferos,
entre os que se identifican especies como o cervo, o corzo e o
xabarín. Do material vexetal, Ramil Soneira di que aparecen… ”muy
abundantes carbones, algún trozo de madera parcialmente quemada y un
cotiledón de una semilla”, e
por último,
con relación a cerámica, o
arqueólogo de Vilalba conta
que descubriron…
“dos pequeños trozos cuya superficie total llega sólo a
cinco centímetros cuadrados; trátase de un barro rojo mal amasado y
peor cocido, de un centímetro de grueso; con muy abundante temple
cuarzoso formado por arenas gruesas y desiguales”.
Estos
restos arqueolóxicos que afortunadamente se salvaron da agresión
industrial son na actualidade, tras os resultados que aportaron os
novos medios tecnolóxicos en torno á adscrición do Reiro, motivo
de certas contradicións no mundo da historia e da arqueoloxía, unha
controversia que ven dada pola falta de contexto e polo
descoñecemento da secuencia estratigráfica. Exemplo disto é o que
nos comentou recentemente Puri Soto: “A cerámica e
determinadas especies vexetais domesticadas son elementos plenamente
Neolíticos. Non están cómodos en contexto epipaleolítico nin
mesolítico e, por tanto, todo fai pensar que temos un
xacemento de longa duración”.
Sen
ánimo de meterse en camisas de once varas, de seguro que esta
controversia se solucionaría cunha escavación arqueolóxica, coa
cal é máis que probable que apareceran novos materiais e que tamén
deixaría claro se no xacemento hai un ou máis niveis
estratigráficos, ou se o xacemento ten unha secuencia temporal
ampla.
Mentres
agardamos a que haxa novos datos, podemos simplemente resumir que o
campamento do Reiro, hoxe oculto por capas de area e sedimentos, para
aquel grupo de humanos que probablemente, por mor da presenza de
cerámica habitou do Mesolítico-Neolítico (10.000-5.000 a.C.), foi
un paradeiro costeiro no que se respetaba a lei das areas, coa súa
ben escollida protección a poñente, o punto cardinal polo que se
pon o Sol, a súa augada cómoda e segura e unha posición, con
relación á liña de mareas, máis axeitada que a existente
actualmente, que quedou desprotexida a raíz das agresións
industriais dos anos sesenta e setenta. Paradeiro de xentes que
traballaban o material local simulando sinxelos choppers, pedra de
gume plano e recto, “y las casi clactonientes lascas con
los rebuscados micrólitos” que menciona Ramil Soneira no
texto publicado en 1973 nos Cuadernos de Estudios Gallegos. En
definitiva, paradeiro no que podemos deducir que os moluscos non
formaban parte da alimentación destos seres predadores, mais sí que
o facían as aves, mamíferos, peixes e vexetais, un grupo que
coñecía a cerámica e do cal non sabemos se cultivaba a terra.
FONTES:
-
Caamaño Gesto, José Manuel. A gran historia de Galicia.
Prehistoria de Galicia (Tomo I, Volume I) O Paleolítico e o
Epipaleolítico. O Neolítico e o Megalitismo. La Voz de Galicia,
2007.
-
Ramil Soneira, José. Paradero de Reiro. Cuaedernos de
Estudios Gallegos (XXVIII, fasc. 84), 1973.
A CHEIRONA DE SUEVOS, MAFRIESA E OS TESOUROS ARQUEOLÓXICOS DA FURNA DA AGUDELA E AUGA DOCE
Se hai unha parte da costa arteixá pouco coñecida, esa é a que abrangue desde a zona da punta da Moa e o Regueiro, o lugar que deslinda Arteixo da Coruña, ata As Gralleiras, que é donde ten as súas instalacións a empresa Ártabra-Saria, popularmente coñecida como a “Cheirona de Suevos”. Pois ben, se facedes percorrido pola estrada que hai nesa zona do litoral arteixán, xusto despois de pasar ao carón do pequeno areal de Bens e por diante da entrada da planta de tratamento de lixo de Nostián, vemos como algún camiño de pescadores ou mariscadores baixa mesmo ata o mar, ata un mundo fecundo de tesouros dos que vos vou falar a continuación.
A
dicir verdade, ese é un sitio que tardei en pisar. Chegar alí non é
doado mais, cando lin unha das crónicas do naufraxio do vapor alemán
Trier, embarrancado en Suevos en xullo de 1902, a curiosidade
empurroume a visitar por primeira vez ese lugar:
”la
caminata para ir a pie no es floja. Al monte de Suevos le llaman los
marinos O Cabo. Así parece. Otro monte, el de Bens. Saltamos
a un muro y llegamos a un campo. Es la Furna dos Paus, ¡Diablo! En
lo profundo del peñasco inmenso, rompe el mar y, horadando la roca,
repercute con estruendo de cañonazos en las subterráneas
galerías. Las que hace el hombre son unas mezquinas. Allí nos
enseñan unas minas abandonadas. Una fracasada mina de hierro.
Giramos aún a la redonda de “la Redonda”. Unos pasos más.
¡Allí está el Trier!. Se descorre el telón, pero el barco se ve
lejos. Parece hallarse al alcance de la mano, pero, ¿cuánto engañan
las vueltas y revueltas del litoral, las ensenadas imprevistas, las
subidas por escarpados riscos a cientos de metros sobre el nivel del
mar! Aquel paraje se llama Cabo Langosteira en las cartas o en los
planos o en donde sea. Los marineros le denominan Os Picos de
Nostián. A la izquierda está la playa de Suevos, puertecito
pesquero. Allí van a comprar langosta los buques franceses.
Esfumados por la distancia se ven los montes de Pastoriza. Rompe la
mar en infinidad de peñas a flor de agua, próximas al barco. Son Os
Baixos Cubertos, nos cuentan. Cada uno tiene su nombre, pero son
muchísimos. Entre otros figuran O Vello, A Posta, O Largueirón.
Cruzamos dando un rodeo imposible la playa de Bens. Enorme y
cansadísima vuelta. Faldeamos los altos montes de Las Payas,
Nafreita y alcanzamos el de Nostián. Vuelve a divisarse el Trier
esta vez más cerca, casi al alcance de la mano. ¿Dónde estamos?
Una vieja labradora nos lo dice. O Regueiro do monte de
Nostián...En efecto, un reguero baja a precipitarse desde lo alto
del acantilado. A la derecha da Furna da Gudela y a la izquierda do
Regueiro, está el barco. La Furna es una especie de sima, estrecha,
en la que el mar penetra. La altura es considerable. Por todo camino
hay un estrecho sendero”.
Curiosamente,
medio século despois do embarrancamento do vapor alemán Trier na
costa de Suevos, o arqueólogo coruñés Luís Monteagudo realizaba
unha excursión pola zona anteriormente descrita e informaba por
primeira vez duns tesouros arqueolóxicos alí existentes naquela
altura. Monteagudo, que en 1935, con 15 anos, xa ía coa asociación
Amantes del Campo a escavar e
a documentar os traballos de
campo, en
setembro de 1950 contaba que...”al Este del arenal de
Agadoce existe la furna de Agudela con inscripción
probablemente de fines del siglo IX por coincidir sus letras y
parcialmente su texto con las del “famulus Del Ans” conservada en
la parroquia de Pastoriza”. Neses
apuntamentos, o arqueólogo herculino tamén
dicía
que... “de
este tiempo debió ser la iglesia primitiva de Suevos (cercana
a Agadoce) de la cual sólo se conservan los topónimos Igrexa
Vella y Adro Vello; las colmataciones invernales irían
enterrando esta capilla que debió ser sustituída por la actual
(situada en el mismo vallecito pero más arriba) ya en la época del
románico, a juzgar por el despiece del ábside rectangular, único
resto románico en la actual capilla. A unos ochenta metros
del sitio de Adro Vello encontramos en un muro una losa con
dos profundas cazoletas circuídas por sendos surcos conseguidos por
frotación.
Naqueles
anos 50, pouco despois de que Luis Monteagudo realizara a excursión
da que estamos a falar, a maquinaria chegaba a esa parte do litoral
arteixán para achanzar os terreos nos que non tardaría en levantar
as súas instalacións a fábrica de abonos compostos, fariñas e
aceites de peixe “Limitada de Productos Químicos SJ”, a
tristemente célebre Cheirona de Suevos que, dada a posterior
evolución da actividade da empresa, levaría aos seus propietarios a
transformala en 1982 co nome de Ártabra e anos máis tarde en Saria,
que é a súa denominación actual.
En
agosto de 1971, dúas décadas despois de que a Cheirona de
Suevos empezara a levantar as súas instalacións no areal de Auga
Doce, Franco inauguraba os Mataderos Industriales Frigoríficos
(Mafriesa), empresa que co beneplácito das autoridades da época
contribuiría, ao igual que a “Cheirona”, ao total abandono
medioambiental da zona na que Luis Monteagudo descubrira a
inscripción da Furna da Agudela e o petroglifo do Adro Vello,
tesouros do noso patrimonio dos que a día de hoxe descoñecemos o
seu estado actual. Se alguén o sabe, por favor, comuníquenos a
nova.
A arqueóloga arteixá Begoña Albertos Figueroa contoume recentemente que, haberá cousa de sete ou oito anos, conversou cun señor moi maior de Suevos, un home xa falecido que viña sendo o señor Adolfo, o padriño da nai da miña amiga Gely Sanjurjo, a simpática froiteira do Gadis de Arteixo. O conto é que o señor Adolfo faláralle a Begoña da existencia dunha pedra con gravados a pé de costa, un petroglifo que finalmente a arqueóloga arteixá non chegaría a ver polo que descoñecemos se se trata do mesmo do que nos informaba Luís Monteagudo nos anos 50 ou se é outro distinto. A incógnita agarda respostas, do mesmo xeito que o estado actual da antiga inscripción da Furna da Agudela.
Con todo, a pesar da desfeita medioambiental producida a consecuencia da posta en funcionamente da Cheirona de Suevos e de Mafriesa, o que si se conserva na zona é algunha que outra xoia histórica como da que fala o escritor e bo amigo Fernando Patricio Cortizo no seu último libro, Naufragios y crónica marítima de Galicia hasta 1899: un par de canóns de ferro de aproximadamente un metro de lonxitude que están situados a altura da entrada da planta de tratamento de lixo de Nostián. Preto desos canóns, o percebeiro e tamén amigo Xulio Montero localizou hai varios anos unha áncora de ferro e moitas balas de canón, restos dos que me contou que ...”ao parecer eran dun barco de escravos. A áncora quedou chantada nas rochas como se a quixeran sacar do mar tirando dela con animais”.
A
parte de ser
percebeiro, Xulio
tamén
rexenta un bar na rúa coruñesa de San Xosé, A
Chencha,
un establecemento
acolledor
e familiar no que, mentres degustades un bo viño acompañado dun
menú caseiro con produtos de primeira calidade,
podedes
escoitar algunha
historia
marabillosa en
boca do seu propietario,
historias
coma
a do día
que apareceu na súa vida o
seu can “Orzán”. Alí,
na Chencha,
Xulio
contoume
que
foi
mariscar moitas veces á
Furna da Agudela mais
que non sabe nada da inscripción da
que facía referencia nos anos 50 o arqueólogo coruñés Luís
Monteagudo...
“cando
vai outra vez hei de mirar ben en
cada recuncho”.
Agardamos respostas Xulio!
OS RESTOS ARQUEOLÓXICOS DESCUBERTOS EN LAÑAS E BARRAÑÁN NO ANO 1950
Hai uns días faleivos da excursión que realizara en setembro de 1950 o arqueólogo coruñés Luís Monteagudo polo litoral de Suevos, unha excursión na que catalogara unha incripción do século IX na Furna da Agudela e unha lousa "con dos profundas cazoletas circuídas por sendos surcos conseguidos por frotación" que había nun muro a uns oitenta metros do Adro Vello, o lugar que hoxe ocupa a "Cheirona" e o campo de fútbol de Suevos. Pois ben, nese paseo polo noso municipio, o popular arqueólogo herculino tamén catalogaría outros tesouros de enorme riqueza arqueolóxica e artística cos que, naquela hora, contaba o Concello de Arteixo, xoias patrimoniais das que falamos a continuación.
Nunha reportaxe publicado naqueles días na prensa coruñesa, Monteagudo conta que tras deixar atrás esa parte do litoral arteixán..."de Suevos, por Rañobre y Oseiro, pasamos a Arteixo y seguimos por la carretera hasta el kilómetro 13 en cuyas inmediaciones se explotan aluviones y filones de estaño y wolfram (más propiamente casiterita). A unos 300 metros al Norte de la carretera se encuentra la caseta de la mina La Rosa de la que hacia el NNW parte la gran trinchera de extracción en cuarzo hembra, pegmatita y granito fino feldespático. En el monte dos Allos (Arteixo) a unos 30 metros al N. de la caseta de la misma se encuentra el petroglifo 2, y a 40 metros al NW. de dicha caseta el 3 y otros de menor importancia borrosos. Ambos grupos están separados por la trinchera, y sus relativamente pequeñas superficies rocosas están bastante cuarteadas, quebradas y orientadas hacia el Sur. El surco dibujado tiene 0,02 a 0,03 metros de ancho por 0,005 a 0,01 metros de profundidad y obtenido por fricción, probablemente previo picado con berilo o cuarzita: las cazoletas tienen 0,01 a 0,04 de profundidad. Son importantísimos los petroglifos del monte dos Allos por su indudable relación con la explotación del estaño (como los de Pontevedra) y sobre todo por ser los más norteños de los hasta ahora estudiados en Galicia del "grupo gallego" (combinaciones circulares, principalmente círculos concéntricos), por tanto los más próximos a sus paralelos de Irlanda, Inglaterra y Suecia. Hasta ahora los más septentrionales eran los que hemos estudiado con R. Sobrino en Ames, y los que éste descubrió recientemente en el monte Pedroso, al N. de Santiago. Se acostumbra a fecharlos en el Bronce II y III (1500-900 a. C.). El área deste grupo abarca ancha zona costera desde el Vouga, que desemboca por Aveiro (S. de Oporto) hasta Arteixo. A unos 150 metros al Norte de la caseta más arriba de los petroglifos hay una mámoa de 20 metros de diámetro por 2 de altura y otra de 15 por 1, y es probable que ocultas por el alto tojo haya más. Las mámoas pertenecen al Neo-eneolítico y Bronce I (3000-1500 a. C.).
Tralo estudio e catalogación das mámoas e petroglifos localizados nas proximidades da mina La Rosa, Luís Monteagudo, naquela hora profesor da Universidade de Santiago de Compostela, dende onde en 1947 promovera a primeira campaña de escavacións no Castro de Elviña, continuaría coa súa excursión por Arteixo subindo ata cumio do monte Barbeito, lugar no que se encontran hoxe os repetidores de televisión e dende o que hai unha extraordinaria panorámica que o arqueólogo coruñés describía así naquel domingo, 10 de setembro de 1950:
"Desde la cumbre del monte dos Allos, a unos doscientos metros de altitud, se divisa un extensísimo y paradisíaco panorama: al N. la amplia y azul redondez del "mare Cantabricum" de griegos y romanos que mira a la Armórica (Bretaña), Albion o Brittania e Hibernia (Irlanda); al E., S. y W. se dibujan muchos montes y unas cincuenta parroquias y lugares y de E. a W. los siguientes sitios de interés arquelógico que muestran la gran importancia que tiene esta comarca, transcición entre las Mariñas dos Freires y Bergantiños:
castro de Muros (SW, Insua de Suevos), Suevos, castro de Pastoriza, Oseiro con iglesia románica de la segunda mitad del siglo XII, amilladoiro de A Furoca, dos amilladoiros de O Moucho (Oseiro), castro de Figueiroa, castro de Arteixo, dos mámoas en el monte mismo dos Allos, castro de Freán, mámoa de Monte das Arcas, dos mámoas encima de Orro, iglesia de Loureda con retablo de Ferreiro (siglo XVIII), tres casas rectangulares medievales (?) del monte das Insuas (SW. de Erbedíns, Loureda), castro de Santa Leocadia, marco d´Anta (menhir): 500 metros SW. de Santa Leocadia, castro de Pereira (Erboedo, Cerceda), castro de Larín (Arteixo), iglesia románica de Lañas, castro de Lañas con escorias de fundición de estaño, Rorís (donde apareció un escondrijo de diez hachas de bronce de talón con dos asas de tipo nervado y poligonal, una de las cuales con mazarota de fundición, lo que prueba fué fundida en las proximidades), castro de Monteagudo, Pazo de Anzobre, playa de Valcovo con aluvión de titano y estaño, playa de Savón, Xermaña."
Por esa enumeración, probablemente apresurada e incompleta, Luís Monteagudo, que co tempo acabaría sendo director do Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña, onde formaría a moitos arqueólogos que continuaron a súa labor, poñía en valor a enorme riqueza arqueolóxica e artísta coa que contaba o Concello de Arteixo por aqueles días e, ao mesmo tempo, tamén demandaba que o noso municipio ..."debiera gozar de mayor atención turística para bien espiritual y económico suyo y de La Coruña. No se olvide que desde la remota antigüedad pueblos enteros vivieron del turismo (santuarios egipcios, bretones, ibéricos, griegos, La Meca, Constantinopla, Compostela, Suiza actual). Heródoto fue un auténtico turista y Grecia helenística tuvo en la "periégesis" de Pausanias su Baedeker, recientemente traducido al castellano. Pero el turismo exige buena comunicación, y esta no puede existir mientras existan dos regulares: cada día encontramos menos explicable la construcción de la carretera por donde pasa hoy el trolebús. Con la mitad de lo que costó pudo suavizarse mucho las cuestas de la antigua, por lo demás de excelente trazado y construcción -a pesar de que en estos años debe de cumplir el siglo- y con la otra mitad pudo ensancharse y afirmarse ésta. En la casi totalidad del trayecto la carretera nueva está condenada al despoblado eterno y a perjudicar la buena conservación de la vieja. Aún se está a tiempo de rectificar. Nada decimos a los que piensan: "Dentro de cien años todos calvos", o "après moi le déluge". Pero a los de sensibilidad, perpectiva histórica y valor no embotados les señalamos que existe una responsabilidad ante la historia".
É evidente que hoxe, 67 anos despois daquela excursión ata o cumio do monte Barbeito, a retina de Luís Monteagudo abofé que vería outra panorámica ben diferente. Se o arqueólogo coruñés, que na actualidade ten 98 anos, sube ao mesmo lugar, observaría como o Porto de Punta Langosteira se apoderou de boa parte do litoral arteixán e tamén contemplaría con tristura a pouca sensibilidade que houbo con aqueles castros, amilladoiros e mámoas que él enumeraba na reportaxe publicada en 1950, tesouros do noso patrimonio de incalculable interés arqueolóxico que, nalgúns casos, levarían por diante as chamadas "actuacións en pos do progreso".
Lousa que había a 80 metros do Adro Vello nos anos 50 |
Vista das instalacións de Saria desde o areal de Auga Doce |
Vista das instalacións de Mafriesa desde o areal de Auga Doce |
A arqueóloga arteixá Begoña Albertos Figueroa contoume recentemente que, haberá cousa de sete ou oito anos, conversou cun señor moi maior de Suevos, un home xa falecido que viña sendo o señor Adolfo, o padriño da nai da miña amiga Gely Sanjurjo, a simpática froiteira do Gadis de Arteixo. O conto é que o señor Adolfo faláralle a Begoña da existencia dunha pedra con gravados a pé de costa, un petroglifo que finalmente a arqueóloga arteixá non chegaría a ver polo que descoñecemos se se trata do mesmo do que nos informaba Luís Monteagudo nos anos 50 ou se é outro distinto. A incógnita agarda respostas, do mesmo xeito que o estado actual da antiga inscripción da Furna da Agudela.
Con todo, a pesar da desfeita medioambiental producida a consecuencia da posta en funcionamente da Cheirona de Suevos e de Mafriesa, o que si se conserva na zona é algunha que outra xoia histórica como da que fala o escritor e bo amigo Fernando Patricio Cortizo no seu último libro, Naufragios y crónica marítima de Galicia hasta 1899: un par de canóns de ferro de aproximadamente un metro de lonxitude que están situados a altura da entrada da planta de tratamento de lixo de Nostián. Preto desos canóns, o percebeiro e tamén amigo Xulio Montero localizou hai varios anos unha áncora de ferro e moitas balas de canón, restos dos que me contou que ...”ao parecer eran dun barco de escravos. A áncora quedou chantada nas rochas como se a quixeran sacar do mar tirando dela con animais”.
Á dereita Saria e Mafriesa e á esquerda a Furna da Agudela |
OS RESTOS ARQUEOLÓXICOS DESCUBERTOS EN LAÑAS E BARRAÑÁN NO ANO 1950
Hai uns días faleivos da excursión que realizara en setembro de 1950 o arqueólogo coruñés Luís Monteagudo polo litoral de Suevos, unha excursión na que catalogara unha incripción do século IX na Furna da Agudela e unha lousa "con dos profundas cazoletas circuídas por sendos surcos conseguidos por frotación" que había nun muro a uns oitenta metros do Adro Vello, o lugar que hoxe ocupa a "Cheirona" e o campo de fútbol de Suevos. Pois ben, nese paseo polo noso municipio, o popular arqueólogo herculino tamén catalogaría outros tesouros de enorme riqueza arqueolóxica e artística cos que, naquela hora, contaba o Concello de Arteixo, xoias patrimoniais das que falamos a continuación.
Nunha reportaxe publicado naqueles días na prensa coruñesa, Monteagudo conta que tras deixar atrás esa parte do litoral arteixán..."de Suevos, por Rañobre y Oseiro, pasamos a Arteixo y seguimos por la carretera hasta el kilómetro 13 en cuyas inmediaciones se explotan aluviones y filones de estaño y wolfram (más propiamente casiterita). A unos 300 metros al Norte de la carretera se encuentra la caseta de la mina La Rosa de la que hacia el NNW parte la gran trinchera de extracción en cuarzo hembra, pegmatita y granito fino feldespático. En el monte dos Allos (Arteixo) a unos 30 metros al N. de la caseta de la misma se encuentra el petroglifo 2, y a 40 metros al NW. de dicha caseta el 3 y otros de menor importancia borrosos. Ambos grupos están separados por la trinchera, y sus relativamente pequeñas superficies rocosas están bastante cuarteadas, quebradas y orientadas hacia el Sur. El surco dibujado tiene 0,02 a 0,03 metros de ancho por 0,005 a 0,01 metros de profundidad y obtenido por fricción, probablemente previo picado con berilo o cuarzita: las cazoletas tienen 0,01 a 0,04 de profundidad. Son importantísimos los petroglifos del monte dos Allos por su indudable relación con la explotación del estaño (como los de Pontevedra) y sobre todo por ser los más norteños de los hasta ahora estudiados en Galicia del "grupo gallego" (combinaciones circulares, principalmente círculos concéntricos), por tanto los más próximos a sus paralelos de Irlanda, Inglaterra y Suecia. Hasta ahora los más septentrionales eran los que hemos estudiado con R. Sobrino en Ames, y los que éste descubrió recientemente en el monte Pedroso, al N. de Santiago. Se acostumbra a fecharlos en el Bronce II y III (1500-900 a. C.). El área deste grupo abarca ancha zona costera desde el Vouga, que desemboca por Aveiro (S. de Oporto) hasta Arteixo. A unos 150 metros al Norte de la caseta más arriba de los petroglifos hay una mámoa de 20 metros de diámetro por 2 de altura y otra de 15 por 1, y es probable que ocultas por el alto tojo haya más. Las mámoas pertenecen al Neo-eneolítico y Bronce I (3000-1500 a. C.).
Tralo estudio e catalogación das mámoas e petroglifos localizados nas proximidades da mina La Rosa, Luís Monteagudo, naquela hora profesor da Universidade de Santiago de Compostela, dende onde en 1947 promovera a primeira campaña de escavacións no Castro de Elviña, continuaría coa súa excursión por Arteixo subindo ata cumio do monte Barbeito, lugar no que se encontran hoxe os repetidores de televisión e dende o que hai unha extraordinaria panorámica que o arqueólogo coruñés describía así naquel domingo, 10 de setembro de 1950:
"Desde la cumbre del monte dos Allos, a unos doscientos metros de altitud, se divisa un extensísimo y paradisíaco panorama: al N. la amplia y azul redondez del "mare Cantabricum" de griegos y romanos que mira a la Armórica (Bretaña), Albion o Brittania e Hibernia (Irlanda); al E., S. y W. se dibujan muchos montes y unas cincuenta parroquias y lugares y de E. a W. los siguientes sitios de interés arquelógico que muestran la gran importancia que tiene esta comarca, transcición entre las Mariñas dos Freires y Bergantiños:
Luís Monteagudo (Anuario Brigantino 19) |
Luís Monteagudo (Anuario Brigantino 19) |
Luís Monteagudo (Anuario Brigantino 19) |
O
MARCO DA ANTA
“Pedra
fita: nome que se atopa en varias localidades e que semella aludir
aos menhires da arqueoloxía celto-atlántica, aínda que hai quen o
nega. Crese que as pedras fitas eran obxectos de culto; dise que
moitas foron destruídas para que os campesiños non levaran a elas
as ofrendas; en escrituras da Idade Media cítanse algunhas que
servían de fitos ou marcos, e non faltan escritores que crean que
moitas pedras fitas foron substituídas a partir do século XVI polos
cruceiros galegos”… velaí
está a teoría en torno ás pedrafitas
que
o
escritor Eladio Rodríguez (1864-1949) publicou
no
seu “Breviario enciclopédico. Letras, historias e tradicións
populares de Galicia”, libro
no que o autor ourensán, que foi un dos corenta membros numerarios
fundadores da Real Academia Galega a cal presidiu entre 1926 e 1934,
deixounos un eco sobre o cal
debemos reflexionar:
“Quen
sabe quén é, sabe quén pode ser; e quen sabe de ónde vén sabe a
ónde pode chegar”.
Con
esa lección da obra eladiana que facemos propia, hoxe, nesta modesta
bitácora, falamos do Megalitismo, un fenómeno que
aparece no Neolítico en Europa Occidental e que se caracteriza polos
enterramentos en grandes cámaras ou mausoleos, realizadas con pedras
fincadas cubertas dunha gran lousa e baixo un gran túmulo de terra
con coiraza de seixos ao redor.
O
gran cambio na economía que supuxo o desenvolvemento da agricultura
e a domesticación traería consigo importantes transformacións
sociais: aumento demográfico, xurdimento dos primeiros asentamentos
estables ou aldeas, e xerarquización social con aparición de élites
guerreiras. Outras achegas serán a mellora da talla en pedra
(machados pulidos, cinceis, aixolas, láminas de silex ou seixo,
puntas de frecha), o descubrimento da cerámica, os tecidos e a
primeira metalurxia en cobre (Calcolítico 2.500-1.800 AC).
Dentro
do apartado da pedra, os menhires (a
palabra de orixe bretón menhir significa “pedra
longa” e equivale a pedrafita, pedra fincada) ou pedrafitas forman
parte das manifestacións artísticas do Megalitismo e, xunto coas
necrópoles de mámoas, os círculos líticos e os aliñamentos,
representan a primeira arquitectura monumental, actuando como marcas
territoriais na paisaxe e ocupando unha posición moi visible, en
lugares altos ou nas proximidades das vías de comunicación.
Atendendo á súa forma, tamaño e lugar de emprazamento,
atribúenselles distintas interpretacións:
-Pedrafitas
nun contexto funerario, que anuncian unha necrópole.
-Pedrafitas
de observación astronómica, de enorme relevancia se consideramos a
importancia do calendario nas sociedades agrarias.
-Pedrafitas
fálico-fecundadoras, con fins relixiosos e rituais relacionadas coa
prosperidade e co culto ás pedras.
-Pedrafitas
antropomorfas (estelas-menhir), de época mais tardía, representan a
mulleres (deusas nai) e guerreiros.
Na
nosa bisbarra contamos co chamado Marco da Anta, menhir que se atopa
nos montes de Santa Locaia (373 m), á beira dun antigo camiño na
cunca alta do río Anllóns, zona de mananciais e altimetría
considerable onde se avistan extensos eidos.
Ata
hai ben pouco, esta pedrafita estaba situada na parroquia arteixá de
Loureda, mais, a raíz dos novos deslindes realizados polos Concellos
de A Laracha e de Arteixo, a día de hoxe forma parte da parroquia
larachesa de Erboedo, moi preto do límite administrativo entre os
dous municipios.
Trátase
dun menhir realizado en granito de grao groso, cos lados asimétricos,
de 205 cm de altura, 75 cm de ancho na base prismática e 38 cm na
punta. No extremo distal presenta un suco de 4 cm de grosor nunha vea
de seixo que se aproveitou para realizar unha escotadura pola cara
oeste. Conserva catro calzos á vista.
Na
Geografía
General del Reino de Galicia, Provincia de A Coruña
aparece recollida esta pedra por primeira vez por Carré Aldao no ano
1929, unha
pedra que a veciñanza da zona denomina Marco Grande, Marco do
Ramallal, Pedra do Ghicho, Pedra do Carallo e, tamén, Marco
da Anta, como recolle
na súas investigacións
o
arqueólogo Luís
Monteagudo, que visitou a
devandita pedrafita en 1950 e
1981:
“Marco
da Anta, cota 330, a 600 m SW de la aldea de Santa Locaia (Leocadia)
SSW Arteixo. Está en la divisoria de los ayuntamientos de Arteixo y
Laracha, divisoria que sigue hacia el SE hasta la Pedra da Cebola, en
la que confluyen dichos ayuntamientos y el de Culleredo. El Marco da
Anta (pron. d’Anta) mide 2,05 m de alto, y es una laja vertical de
granito cóncavo-convexa con tendencia al prisma triangular; su
aspecto fálico es debido a que cerca de la punta presenta un surco
producido por una veta de cuarzo de 4 cm de ancho, continuando en la
cara W por un surco de picadas poco perceptibles. Carré (BRAG 1945,
473) lo sitúa muy vagamente “entre las Mariñas y Bergantiños”!!.
Lo hemos visitado hacia 1950, y por segunda vez, y dibujado, el
25/12/1981”.
A
entalladura da que estamos a falar, lembra as que teñen algúns dos
ídolos das antas de corredor e se interpreta como un resgo
antropomorfo; tamén se ten entendido como unha representación
fálica da pedra: na cultura popular a “Pedra do Ghicho” ten un
marcado folclore sexual.
Mais,
que mellor que visitala in situ… xa me contaredes!
FONTES:
-Monteagudo,
Luís. Menhires y Marcos de Portugal y Galicia. Anuario
Brigantino 2003, n.º 26 (páx. 35-36)
-Rodríguez,
Eladio. Breviario enciclopédico. Letras, historias e
tradicións populares de Galicia. Edición
de Camilo Fernández Valdehorras. Editorial La Voz de Galicia. A
Coruña, 2001.
A
PEDRA ANDURIÑA DO FOXO
Sen
a intención de meternos na cociña de Xabi Varela, traballador do
Departamento de Medio Ambiente e “Ornitólogo Maior do Concello”,
título que lle outorgamos moitos dos seus amigos arteixáns,
empezamos esta crónica falando da anduriña que, segundo a Real
Academia Galega é un paxaro (hirundo rústica) da
familia dos hirundínidos, coa parte superior de cor negra azulada, a
inferior branca e a testa e a gorxa vermellas, ás rematadas en punta
e cola gallada.
A
boa fama destas aves estivo sempre mesturada con misterios e lendas
que os sabios da Antigüidade, como Aristóteles Plinio o vello, non
dubidaron en recoller nos seus escritos sobre Historia natural,
sostendo que este paxaro invernaba, por sistema, entre a lama das
pozas e ribeiras dos ríos, o cal xa se sabe que non é certo mais,
con todo, pode ter algún fundamento basado en casos singulares, como
algún que outro paspallás ao que o frío adiantado do inverno
sorprendera, descuidado, antes de iniciar o seu regreso migratorio,
aparecendo despois escondido entre o barro da leira ao abrir os regos
co arado.
Curiosamente,
no estómago destas aves que cada primavera voltan ás nosas aldeas
procedentes de África central, atópase a chamada pedra de anduriña,
tamén coñecida pedra alidoña, que son unhas areíñas silíceas ás
que, no pasado, se lle atribuían supersticiosamente virtudes
milagreiras para curar feridas co simple contacto.
Non
sabemos se a Pedra da Anduriña que luce esplendorosa no lugar do
Foxo, na parroquia de Loureda, debe o seu nome a esas areíñas
silíceas milagreiras mais, o que si podemos confirmar, e que as
pedras tiveron culto de seu nos campos galegos dende remotas idades
e, ás que se lles concederon características máxicas ou
capacidades fóra do común reafirmaron a súa presenza ao longo de
toda a historia da civilización.
Situada
entre a Fonte Santa e o Monte Subico, lugar no que se atopan algunha
das formacións naturais máis impresionantes que se poden contemplar
no municipio de Arteixo, hai quen fala da Anduriña como pedra de
abalar, caso do escritor Vítor Vaqueiro que, no seu libro Mitoloxía
de Galiza. Lendas, tradicións, maxias, santos e milagres, despois
de citar a coñecidísima de Muxía e de nomear a varias xa
desaparecidas, dinos que (…) “Pedras abaladoiras de sona son a
Pedra Andoriña, no Foxo, no Concello de Arteixo, en cuxa
viciñanza se pode atopar un manancial de augas con propiedades
medicinais, coñecida polo nome de Fonte Santa”.
Algunhas
destas pedras de abalar teñen, na parte superior, unha canle, o cal
fixo supor, polo que nos conta no seu traballo Vítor Vaqueiro, que
se utilizaron como aras ou altares. Así e todo, acredítase que a
función que cumpriron máis a miúdo foi a de adiviñación, feito
probable polo que Estrabon afirmou, hai 2.000 anos, que os galegos
eran experientes nas artes adiviñadoras. Tamén, segundo o noso
ilustre veciño Manuel Murguía, houbo un tempo no que as abaladoiras
serviron para probar a fidelidade das mulleres e a virxindade das
doncelas.
Interrogadas
varias personas maiores da zona sobre a teoría de que a Anduriña é
unha pedra de abalar, respostaron que nunca sentiran tal información
mais, do que si nos falaron, é da lenda que hai en torno a esta
enorme mole de granito, que conta que a Anduriña e outras pedras de
Subico... “saíron do volcán”.
É
probable que esta lenda faga referencia ás rochas de granito
formadas antigamente no magma interior da Terra que, ao longo de
milenios, foron aflorando á superficie da corteza, para que a
erosión rematara de facer o traballo de modelado. No caso da
Anduriña, ao igual que outras moitas que parece que proceden dos
cumios dos outeiros, a forza dos elementos meteorolóxicos puido
axudar a que terminara por rodar durante o Cuaternario ata o seu
posicionamento actual, hipótese que obviamente non deixa de ser unha
simple suposición.
Pili
de Trigo, unha das veciñas do Foxo entrevistadas, lembrounos que na
súa infancia, alá polos anos 50-60, o feito de subir ata o curuto
da Anduriña era toda unha fazaña para os cativos e cativas da
aldea, en especial para as nenas, pois para elas significaba gañar
unha batalla na guerra da igualdade! Pili tamén nos comentou que o
que máis lles chamaba a atención da pedra eran os gravados que
tiña, gravados actualmente inapreciables e que, segundo o seu
testemuño e o de Carmiña de Flora, tamén veciña do Foxo, parecían
representar… “un tenedor ou garfo, unha culler e un prato”.
Colosal,
impoñente, lendaria... a Anduriña segue alzando altiva a súa mole
de granito facendo de vixía do Val de Loureda, parroquia na que a
pedra é, para os seus habitantes, un dos seus maiores tesouros. Por
tal motivo, Romina García, emulando o tema “Anduriña” que
empezaron a cantar nos anos 60 Juan Pardo e Junior, quixo facerlle a
súa particular homenaxe á máxica pedra da súa aldea compoñendo a
seguinte canción:
Moitas
cousas hai no Foxo
que
non hai no mundo enteiro.
Temos
ríos, temos fontes
e
temos un monte enteiro,
e
temos un monte enteiro,
e
temos un monte enteiro.
Moitas
cousas hai no Foxo
que
non hai no mundo enteiro.
Desde
a Pedra da Anduriña
poderás
observar
cousas
ben fermosas, cousas ben fermosas
que
non teñen par,
que
non teñen par,
que
non teñen par.
E
o bico da pedra ten cara de home,
e
parece verdad.
E
o bico da pedra ten cara de home,
e
parece verdad.
Como
diría o prezado Xurxo Souto… e de remate, que continúe!!!
FONTES:
-Barros,
Ramón. Antigüedades de Galicia. Imprenta de Domingo Puga. A
Coruña, 1875.
-Rodríguez,
Eladio. Breviario enciclopédico. Letras, historias e tradicións
populares de Galicia. Edición de Camilo Fernández Valdehorras.
Editorial La Voz de Galicia. A Coruña, 2001.
-Vaqueiro,
Vítor. Mitoloxía de Galiza. Lendas, tradicións, maxias, santos
e milagres. Editorial Galaxia. Vigo, 2011.
O PETRÓGLIFO DE BAER
OS TESOUROS DO LUGAR DA ROCHEIRA
O PETRÓGLIFO DE BAER
As
persoas que me coñecedes dende hai certo tempo, sabedes da miña
paixón pola historia, de xeito moi especial polo mundo da
arqueoloxía
e
sí, seino, se cadra ás veces son pesado demais con
quen teño a suficiente confianza para selo!
Esa
paixón pola arqueoloxía creo que vén dende a
infancia, dende
o día en que meu avó materno Milio, Milio do Touciñeiro,
me falou do castro de Figueiroa, situado
a poucos metros do noso domicilio familiar,
e de cando a miña avoa Carme me contaba historias e lendas, entre
elas a da galiña dos
pitos de ouro que moraba no castro do Castelo de Lañas.
Mais
tamén teño que confesar (agardo bromas sobre a confesión) que
esa
paixón pola
arqueoloxía recibiu
o empurrón definitivo coa posterior pegada que me deixaron, xa na
adolescencia, as
longametraxes
de
Indiana Jones que,
como
ben sabedes, foron
dirixidas
por Steven
Spielberg e
protagonizadas por
Harrison Ford, un actor que en cada un dos films da saga interpreta
ao
arqueólogo e profesor universitario Henry Walton Jones Jr., que
emprende
viaxes
coa finalidade
de buscar obxetos
de importante valor histórico para a humanidade
e
de protexelos dos perversos intereses do malvado de turno.
De
seguro que en algunha das miñas vidas (tal vez xa o fun) hei de ser
arqueólogo mais de momento, nesta que me toca vivir, confórmome coa
enorme fortuna que teño de verme rodeado de amigos e amigas que me
abren as fiestras dos seus coñecementos na materia que un servidor non ten,
amigos e amigas como o
libreiro, pintor
e historiador
Roberto Castro, esencia
de erudición
que
alumea
dende a súa
Libraría Sisargas a sabiduría
popular e a cultura da cidade de A Coruña; o tamén historiador e
concelleiro arteixán
Xurxo Couto, que xunto cos seus compañeiros e compañeiras da
Asociación Cultural Monte da Estrela realizaron
un traballo impagable poñendo en valor o patrimonio de Arteixo
durante o tempo que durou a desaparecida asociación; o
incansable e admirado Xabier Moure, un
dos principais gardiáns dos tesouros históricos que
oculta a xeografía galega, moitos
deles publicados no seu blogue onosopatrimonio.blogspot.com;
o escritor e investigador Francisco Vidal, que
ao igual que Xabier Moure conta cun blogue de obrigada visita:
oschanzos.blogspot.com; a arqueóloga Patricia Mañana, a quen lle
estarei eternamente agradecido polo súa axuda na
coordinación do
libro Contos
mariños de Carballo;
a Xosé Manuel
Varela,
docente de lingua e literatura galega, escritor, músico tradicional,
impulsor de innumerables proxectos culturais e defensor, coma poucos,
do noso patrimonio; ou
as catro arqueólogas arteixás Mónica Montero, Begoña Albertos,
Ana Corredoira e Puri Soto, a quen lle quero agradecer públicamente
a súa
axuda e
colaboración
en
cada un dos proxectos que circulan polo maxín de quen escribe.
Pois
ben, con boa parte destas persoas, con
boa parte destes amigos e amigas
teño pateado moito
monte,
como
diría o prezado Xurxo Souto… “contexto ben propicio para que
xermole firme a semente da amizade”, na procura de
tesouros arqueolóxicos que
sabemos con certeza que aínda están por descubrir, ou por
redescubrir, dentro dos lindes do municipio
de
Arteixo.
Moitos
destes tesouros foron localizados
no seu momento polo popular arqueólogo Luís Monteagudo (1919-2018),
grande
protagonista nesta
bitácora que,
en setembro de 1950, publicaba no xornal La
Voz de Galicia
un artigo titulado
Importantes
descubrimientos arqueológicos en Arteixo, no
cal facía mención dun grupo
de petróglifos
do denominado Grupo Atlántico xunto coa localización e
documentación doutros gravados de orixe histórica no concello
arteixán.
No devandito artigo dise:
“Son
importantísimos los petroglifos del monte dos Allos -hoxe Fontes
Vellas-
por su indudable relación con la explotación del estaño (como los
de Pontevedra) y sobre todo por ser los más norteños de los hasta
ahora estudiados en Galicia del grupo gallego (combinaciones
circulares, principalmente círculos concéntricos), por tanto los
más próximos a Irlanda, Inglaterra y Suecia. Hasta ahora los más
septentrionales eran los que hemos estudiado con R. Sobrino, en Ames,
y los que éste descubrió recientemente en el monte Pedroso, al N de
Santiago”.
Como
non podía ser doutro xeito, cando vimos por primeira vez na
hemeroteca o artigo de Monteagudo, decidimos pór
ao voso dispor tal información e, con ese fin, o 24 de agosto de
2017 publicamos neste espazo a crónica “A
Cheirona de Suevos, Mafriesa e os tesouros arqueolóxicos da Furna da
Agudela e Auga Doce”.
Unha
semana máis tarde,
o 1 de setembro, fixemos
o propio co artigo
“Os
restos arqueolóxicos descubertos en Lañas e Barrañán no ano
1950”, crónica
que acompañamos cos dous debuxos realizados por Luís Monteagudo dos
petróglifos arteixáns.
Obviamente,
naquel
intre
faltaba a guinda: ver
in situ os tesouros que
permaneceran
agochados
durante case
setenta anos. Sendo conscientes de que despois de tanto tempo os
petróglifos podían estar desaparecidos,
ben por mor das plantacións de eucaliptos ou ben por mor dos
movementos de terras realizados nas últimas décadas para abrir
novos camiños forestais,
con todo, tratamos
de
localizalos
varias
veces.
Primeiramente visitamos a zona con Xabier Moure e Francisco Vidal e,
meses máis tarde, fixemos o propio con Puri Soto e Ana Corredoira,
iso
si, en
ambos casos con resultados infrutuosos.
Mais
afortunadamente, o Grupo de Arqueoloxía da Terra de Trasancos sería
quen de dar con eles, un grupo que publicou no Anuario Brigantino
2017, número 40, o
resultado das súas investigacións baixo o título
Importantes
descubrimientos
arqueológicos en Arteixo”. In Memoriam: Gravados rupestres no
concello de Arteixo (A Coruña),
artigo de
recomendada lectura
que
podedes ver
na rede e
co
que o devandito grupo rendeulle un sentido homenaxe ao arqueólogo
Luís Monteagudo, recuperando e redescubrindo o
grupo de petróglifos prehistóricos e históricos por el publicados
en La
Voz de Galicia
en 1950, ao tempo que presentan outros gravados rupestres dos que
Terra de Trasancos tivo coñecemento no concello de Arteixo.
Precisamente,
dous
membros deste grupo arqueolóxico, Alberto López, que ademais é
secretario da Fundación Luís Monteagudo, e o xornalista e fotógrafo
José Manuel Salgado, tiveron a
ben desprazarse
hai
unhas semanas
ata
o
noso municipio para
dar
a coñecer e situar estos
importantes achados arqueolóxicos,
achados
que, despois
de ser amablemente convidado polo Departamento de Turismo do Concello
de Arteixo, tivemos
por
fin
a fortuna de observar.
Esa
viaxe
ao pasado a través dos emocionantes gravados rupestres arteixáns
feitos en pedra hai miles de anos e que segundo Monteagudo...”son
importantísimos por su indudable relación con la explotación del
estaño y sobre todo por ser los más norteños de los hasta ahora
estudiados en Galicia del grupo gallego, por tanto los más próximos
a sus paralelos de Irlanda, Inglaterra y Suecia”,
viñan
a confirmar que sí, que efectivamente, a paisaxe de Arteixo tamén
ten o seu halo de misterio con
esa presenza viva e silenciosa que teñen os petróglifos.
Mais
un momentiño. O conto non remata aí. Poucos
días
despois do
“subidón” emocional de poder
ver
por primeira vez os gravados de círculos concéntricos descubertos
en 1950 por Luís Monteagudo, nunha
desas
mañás
de patear moito, moito monte, nunha
mañá na que che acaban doendo as caravillas de cada unha das
articulacións do corpo, tiven a inmensa fortuna de facer
unha nova viaxe emocional e histórica ao
localizar,
na
zona coñecida coma O Pinar Grande, cerca do lugar de Baer, un
novo petróglifo de
círculos concéntricos!
Trátase
dun gravado duns
45 cms de diámetro
de seis
círculos concéntricos e un sétimo
incompleto, con cazoleta central e dous sucos de saída que
se atopa nunha
superficie
rochosa bastante cuarteada. A
pesar da
erosión
e da fragmentación, dá
a impresión que na
pedra
hai un segundo petróglifo mais,
ata que se realice unha observación nocturna que de seguro permitirá
realizar unha análise do achado con maior profundidade, preferimos
non aventurarnos
en
hipóteses e
agardar polas oportunas informacións técnicas.
Mentres
tanto, e coa satisfacción persoal de localizar o gravado, seguiremos
pateando os montes de Arteixo e, ao pasar por Baer, cantaremos a
cantiga popular que recolle María Rozamontes en Arteixo
de onte a hoxe:
Eu
ben sei onde se dá a rosa
Eu
ben sei onde se dá o caravel,
No
lughariño de Baer
Na
horta de don Manuel
O
CASTRO DE NOSTIÁN, O MONTE DOS CAZOLOS, RUBIÓN E BORROA
Enclavados
nunha zona históricamente castigada polo crecemento da industria da
contorna coas instalacións da Refinería de Meicende, de Butano ou,
entre outras, da planta de tratamento de Residuos Sólidos Urbanos,
os núcleos de Borroa e de Nostián, no límite dos concellos de
Arteixo e A Coruña, agochan verdadeiros tesouros do noso patrimonio,
uns tesouros dos que falamos a continuación.
Empurrado
polas investigacións que levamos realizando dende hai xa varios anos
para reforzar o
prestixio e a importancia do propio, e
tamén na procura de indicios
da
navegación atlántica prehistórica
na nosa liña de costa,
hai
un par de semanas visitamos unha
das xoias da arqueoloxía da bisbarra: o castro de Nostián, un
asentamento que
está situado
a
uns 80 metros sobre o nivel do mar no lugar
onde
se celebra anualmente a festa desta
aldea herculina,
ao
carón dos montes
dos
Petóns e do Cocho da Vella, que lle dan protección pola parte
norte, e nas cercanías dos depósitos de gas butano anexos á
Refinería de Meicende pola
parte Sur.
O
xacemento,
que
forma unha perfecta triangulación cos seus veciños castros de
Elviña e de Pastoriza, ten
aproximadamente
uns 7000 metros cadrados de recinto interior e un círculo exterior
duns 8000 metros cadrados, cunhas medidas duns 148 metros de
Leste-Oeste e
duns 105 metros Norte-Sur. Está formado por unha serie de terrazas
que se escalonan cara o val de Nostián, noutra
hora despensa principal da cidade da Coruña.
No
extremo Oeste hai un gran parapeto defensivo que aproveita a altura
do terreo e os afloramentos rochosos, un
parapeto
que
cae sobre un camiño que, segundo
a opinión do historiador Xosé Troiano,
“de
seguro que
debe estar ocupado por un foxo do castro”.
Ao
Norte sitúase outro parapeto de menores
dimensións, quedando o resto das defensas definidas por varios
terrapléns, algúns con fortes desniveis. Na croa, situada na parte
alta do xacemento, nos
terreos coñecidos
como “O Pinar”, fíxose unha prospección no ano 1975 levada a
cabo polo profesor José
Manuel Vázquez Varela, dando como resultados o achado dunha vivenda
circular de pedra, de 7,70 metros de diámetro externo e cuns muros
dun grosor de 0,80 metros. O estudo dos materiais aparecidos na casa,
permiten atribuíla a un momento avanzado da cultura castrexa, preto
do cambio de Era.
No
castro de Nostián, onde na
actualidade aínda
podemos ver dúas estructuras circulares, destacando a situada ao
Norte que presenta un muro de mampostería de boa factura, atopáronse
abundantes
fragmentos de cerámica, algúns dos cales forman hoxe parte dos
fondos do Museo Arqueolóxico da Coruña,
percutores, machacadores, pedras de afiar así como tres pesas de
telar e unha ficha cilíndrica perforada do mesmo material, unha
machada de ferro e un anaco de fíbula de bronce, dúas rodas
inferiores de muíño manual circular, varios artefactos de pedra
como cristais de cuarzo, cristal de rocha, falsa amatista, sílex sen
traballar e
fusaiolas, que
son unhas
pequenas
pezas circulares
cun buraco na parte central (o eixo
de rotación)
que
se colocaban no
extremo inferior do fuso e permitía
enfiar as febras dun elemento téxtil a través da torsión.
Tras
visitar o castro, charlamos con varios veciños do lugar, veciñanza
que nos falou
dos
Petóns, do Cocho da Vella, do Monte dos Castelos, das
lendas do
Pé do Demo e
do Pé de Deus, e
do monte dos
Cazolos, lugar
sobre
o
que nos informaron de
que había uns petróglifos que
non deberiamos deixar de ver.
E
ata alí nos diriximos. Logo de
falar coa xente da
aldea
e
de escoitar tantos nomes e datos abofé que ben significativos,
percorremos a pé a
pista
que, dende o local social da Asociación de Veciños de Nostián,
transcorre
ata
a estrada que une
Suevos
e
Bens, camiño que bordea a
vía
de
acceso ao Porto de Punta Langosteira.
Pois
ben, no alto deste camiño está
o devandito monte
dos Cazolos, lugar
no que
logo das oportunas indicacións de un dos veciños de Nostián
tivemos
a fortuna de ver
un dos tesouros dos que falaba ao principio, un gran
afloramento de granito branco con varias rochas que presentan unha
composición complexa de cazoletas naturais e coviñas e rebaixes
artificiais que forman aliñamentos mixtos (coviñas e cazolos) e
tamén circulares (cazolos naturais rodeados de coviñas).
Días
despois de
ver por primeira vez esta marabilla situada na liña divisoria de
Arteixo e a Coruña,
visitei de
novo
o lugar, mais
desta volta
acompañado
de
Puri Soto e Ana Corredoira, arqueólogas aos
que o afloramento
lles
resultou de gran interese por como se xoga nel cos elementos da
pedra. Ana
e Puri, grandes coñecedoras da bisbarra e verdadeiras eruditas da
historia da zona, puxéronme
en
coñecemento do xacemento catalogado de Rubión, situado en Arteixo, entre A
Cerca e o Monte dos Castelos onde, a raíz das obras do acceso a Punta
Langosteira se atoparon dezanove fragmentos de cerámica neolítica correspondentes a cinco vasillas, xunto cunha peza de sílex con restos de talla.
Outro
dos puntos de interese
da zona, é o lugar de Borroa,
pertencente á parroquia arteixá de Pastoriza. Non
deixa de ser curioso que,
se buscamos a palabra “borroa”
no diccionario que Leandro Carré Alvarellos editou en 1928 o seu
autor infórmanos
do
seguinte:
Montón
de terrones que se queman en las rozas. V. “Borralleira”. II
Túmulo dolménico. V. “Mámoa”.,
un
significado que se cadra ten algo que ver coa importancia
prehistórica do lugar no que, por certo, se atopou un petróglifo
circular que durante anos permanecera
degradado na parte de un muro de división entre dúas parcelas
situadas neste núcleo de Borroa. A situación deste
pequeno tesouro
veríase agravada posteriormente por mor das obras da
vía
do porto de Punta Langosteira, feito que conduciría
á asociación cultural arteixá Monte da Estrela a movilizarse para
que se tomasen medidas de xeito
inmediato
de protección, o
que daría
paso a
que o
petróglifo de Borroa se
trasladara ao Museo
Arqueolóxico da Coruña no
ano 2010.
Tampouco podemos pasar por alto a natureza marítima da zona, especialmente o Monte dos Castelos, verdadeiro referente do mar ártabro e da navegación nesta parte do Atlántico.
Con
estas catro pinceladas das que falamos hoxe nesta modesta bitácora
amósase, dun xeito abraiante, como o brutal crecemento urbano e
industrial foi engulindo, prácticamente na súa totalidade, os
restos patrimoniais que perduraron ata hai ben pouco dende os tempos
prehistóricos dos nosos devanceiros, resistindo tan só unha
minúscula pero fermosa pegada que está rodeada do máis rotundo dos feísmos, como ben di o meu amigo Alberto García Roldán no seu blogue "Galicia pueblo a pueblo"(https://galiciapuebloapueblo.blogspot.com/2014/10/castro-de-nostian-coruna.html). Con todo, e a pesar dos pesares, non deixedes de visitar a zona e, ao patear os seus recunchos cantade, por favor, a seguinte copla do cancioneiro popular galego que xa soaba na bisbarra a finais do século XIX:
Ai Marica, quen te entende,
Marica de Nostián;
cantos che rondan a porta
¡tal se veñen tal se van!
Ai Marica, quen te entende,
Marica de Nostián;
cantos che rondan a porta
¡tal se veñen tal se van!
OS TESOUROS DO LUGAR DA ROCHEIRA
Hai
uns días tiven a sorte de acompañar a Marisa e a Jesús Roibal,
irmáns do lugar de Mins nados en 1935 e 1940, e a varios membros
máis da súa familia (Suso, Pablo, Silvia, Waldo, Yessica e Sofía),
nunha excursión realizada polos montes da Rocheira, na parroquia de
Loureda, a onde segundo manifestaron non subían dende había máis
de corenta anos.
Comezamos
o percorrido polas Pedras Anchas, zona situada a uns 100-125 metros
sobre o nivel do mar que
presenta uns grandes afloramentos rochosos dignos de ver,
algúns con sinais de ser empregados no pasado como canteira.
No
camiño cara o cume deste lugar, Marisa e Jesús lembraron algúns
contos da súa infancia e os nomes de algunhas pedras… “por
alí estaba a Pedra da Misa; esta é a Pedra do Loureiro e
aquela a Pedra da Reina. Esa é a Pedra do Rastro;
chamabamoslle así porque nos arrastrabamos por ela… daquela
non había tobogáns”.
Unha
vez que alcanzamos o bico das Pedras Anchas, Marisa non daba crédito
do que os seus ollos contemplaban. Facendo mención dun par de fotos
que nos cedeu amablemente, tomadas no mesmo lugar no ano 1975 e nas
que apenas se ve vexetación, comentou con certa pena que o lugar xa
non se parecía en nada ao da súa infancia e xuventude. Jesús,
atónito coma súa irmá en todo momento polo cambio producido na
contorna nas últimas catro décadas por mor dos eucaliptos,
recordaba que… “antes aquí era todo piñeiros e podíase ver
o mar”.
Cerca
da “Pedra do Rastro” os dous irmáns ensináronnos ao resto de
excursionistas o chamado “Pé do demo”, unha formación natural
na rocha que ten certa similitude no aspecto e nas crenzas populares
coa chamada “Pegada dos xentís” existente no castro de Montes
Claros, na Laracha. Marisa e Jesús tamén afirmaron que nas Pedras
Anchas había o “Pé de Deus” mais, despois de botar unha ollada
pola zona durante uns minutos, ningún dos dous foi quen de dar con
el.
A
memoria destos dous veciños de Mins aínda conserva varias lendas
que escoitaban cando eran nenos, lendas que compartiron con nós nun
descanso que fixemos nunha sombra de Pedras Anchas para coller
alento. Unha delas fala dunha viga de ouro… “na que rozaban os
carros de bois pero non houbo ningún enxeñeiro que fora capaz de
quitala porque lle tiñan medo ao rozar nela”, lembraba
Marisa. Outra das lendas que mencionaron os irmáns Roibal é a da
“fonte encantada”, que estaba na parte baixa do Monte da Cancela,
próximo a Santa Locaia. “Alí meus pais tiñan uns terreos que
lle chamaban A tenza de Fóra na que plantaban pinos e centeo. Verán
e inverno había sempre auga… ata que viñeron as plantacións de
eucaliptos e acabaron co manancial onde manaba a auga, que disque era
por donde saía a galiña dos pitos de ouro”, recordaba Jesús.
Quen
escribe sabía da existencia da lenda da galiña dos pitos de ouro de
Lañas, a mesma que de cando en vez se deixaba ver polo Monte de
Angra… ou iso din, claro. Mais nunca tal oíra desta “nova”
galiña da parroquia de Loureda. De xeito anecdótico Pablo, sobriño
de Marisa e Jesús, comentou que… “cando era moi
neno viñen aquí ao monte e vin unha quica. Os vellos
tiñan razón cos seus contos, pensaba eu! E oes…
durante toda a miña infancia aquela quica
para min foi a galiña dos pitos de ouro”.
Para regresar ao punto de partida da excursión, decidimos baixar polo
camiño que vén dende Allán e que empalma cunha pista que conduce a
Larín, o que antano era o chamado Camiño da Feira. No percorrido
pregunteilles aos Roibal se sabían ou recordaban algo do castro que
hai na Rocheira. Jesús, sorprendido que alí houbera tal cousa, non
deixou indiferente a ninguén coa súa resposta: “Claro, agora
entendo. Eses terreos nos que dis que hai un castro sempre se lle
chamaron Os Castrelos… mira ti porque era! Cara o outro
lado o monte chámase A Presa.”
Roberto
Castro, libreiro
e pintor que tivo
a ben agasallarme
cunha fabulación da zona de Santa Locaia e da Rocheira, foi a
primeira persoa que me falou deste asentamento castrexo. Recoméndovos
encarecidamente
que pasedes
algún
día polo seu negocio, a Libraría Sisargas (rúa San Roque 7, A
Coruña) porque,
nada mais entrar, de
seguro que faredes
unha
alucinante viaxe no tempo coas mil e unha historias que garda na súa
memoria!
Pouco
tempo despois de que Roberto Castro me puxera
en coñecemento do
asentamento da Rocheira, tiven a sorte de coñecer a
Puri
Soto e a
Ana Corredoira, arqueólogas
arteixás ás que actualmente me une unha grande amistade. Cando
realizaba
un traballo
para a universidade,
Ana
deuse
conta
de que na
Rocheira había un castro sen
catalogar. Viuno
con Puri Soto a
través do
sombreado do Lidar, un
programa no
que se poden consultar diferentes formatos do territorio grazas
ao cal distinguiron
claramente
un parapeto e
a
croa do
recinto
anexo, recinto
que
visitei por primeira vez no verán do 2018 na compaña de Puri Soto
mais,
por mor da vexetación
existente, pouco
poidemos apreciar. O castro está, a simple vista, bastante
deteriorado cunha multitude de árbores como o eucalipto que non lle
fan nada ben a este tipo de xacementos. Pola
parte SO transcorre o circuito de mountain
bike que
baixa dende Santa Locaia e, polo resto do recinto, intuése
a
caída natural do terreo como
a
súa defensa.
Marisa
Roibal non quixo perder a oportunidade de coñecer este tesouriño da
súa parroquia e, cos seus 85 anos e malia a dificultade dos accesos,
foi a primeira persoa
que se apuntou
para adentrarse no castro da Rocheira, o cal, tralas
oportunas informacións de seu irmán Jesús, estimamos que
debería denominarse na súa catalogación como Castrelos.
A
excursión chegou ao seu fin na Fonte do Val, onde un é
consciente do forte desnivel natural
que protexe o castro, desnivel
que
cae cara A Rocheira e cara o regato que leva as súas augas ao
lavadoiro e á devandita fonte
que
aínda mantén a simboloxía franquista.
Non
moi lonxe deste lugar, o arqueólogo Luís Monteagudo localizou nos
anos 40 do século pasado unha pedra de cuarcita, con aspecto de ser
tallada e retocada pola man humana, coa técnica que na literatura
especializada se
denomina
clactoniense,
termo acuñado ao ser estudada por vez primeira no xacemento
británico de Clacton-on-Sea.
Monteagudo
daría a coñecer o seu descubremento na revista Cuadernos
de Estudios Gallegos
do
ano
1947, onde
nos conta que... “Hace
tres o cuatro años, con motivo de una buena caminata dominguera que
realizamos por Ujes, Loureda, Monte de Santa Leocadia, Boedo y Bregua
tuve la fortuna de hallar la piedra objeto del presente estudio (…)
Fué
hallada la lasca en el lugar de Rocheira (Loureda), en superficie, en
el camino de carro (corredoira) que atraviesa el riachuelo de Arteixo
y en su margen izquierda, entre la carretera de Arteixo y Celas de
Peiro y dicho arroyo. El sitio está enclavado en la base del
profundo valle de Loureda, al pie del monte de Santa Leocadia; el
camino de referencia está casi todo el año encharcado y abunda en
guijarros y gravas de cuarzo y cuarcitas que descienden de las
montañas próximas y son transportadas por el río en las violentas
y frecuentes avenidas invernales”.
No
seu amplo informe, ao que titula “Probable hacha clactoniense de
Arteijo (Coruña)”, o popular arqueólogo describía o Val de
Loureda dicindo que… “La
zona de Loureda, por algunos sitios, es un típico valle en U, que
nos atreveríamos a considerar de origen glaciar si no estuviera tan
sólo a 30 m. sobre el nivel del mar aproximadamente y muy próximo a
éste. Dada la altura de las montañas que bordean el valle,
probablemente es éste de formación miocénica, por ser el Mioceno
el período que produjo en Galicia las “montañas jóvenes”. Los
plegamientos que ocasionaron el valle no tuvieron, sin embargo, la
potencia necesaria para darle suficiente profundidad para que el mar
estuviese actualmente introducido por él, aunque un detenido estudio
de los estratos geológicos de aquella zona quizá nos probara la
existencia de playas altas propias de las épocas interglaciares
cuaternarias en que el mar alcanzaba un nivel de 90 m. más altos que
en las épocas glaciares. La típica pátina de playa que posee
nuestra pieza acaso sea debida a este fenómeno, a pesar de estar el
sitio del hallazgo internado a 5,5 km. de la playa de Sabón, la más
cercana”.
Pedra de cuarcita localizada por Luís Monteagudo no lugar da Rocheira (Probable hacha clactoniense de Arteijo (Coruña), Cuadernos de Estudios Gallegos, Fascículo VII, páx. 334. Luís Monteagudo, 1947) |
Tras
unha exhaustiva descrición da machada en cuestión, Luís Monteagudo
remata o seu informe do seguinte xeito:
“(…)
creemos poder inferir que nuestra lasca pertenece a una época de
clima fresco, contemporáneo de alguna glaciación en las altas
cordilleras españolas y del centro y N. de Europa, y, dado la
magnitud y espesor de la misma, así como su profunda pátina y
fuerte retoque en arista muy saliente, nos es posible afinar, siempre
dentro de lo hipotético, incluyéndola dentro de los comienzos del
Clactoniense I de Breuil, contemporáneo del Abbevilliense y
encuadrado en el interglaciar milazziense (Günz-Mindel), en cuyos
comienzos, sin embargo, todavía se reflejaría el clima frío y seco
propio de la segunda mitad de toda glaciación.
Por
falta absoluta de hallazgos de esta industria en Galicia no podemos
por ahora establecer relaciones próximas. El Clactoniense aparece en
la playa siciliense del Marruecos francés, en los valles del Sena,
Támesis, Alto Garona, la Riviéra, valle del Ródano (Curzon) y
Prusia.
El
tan traido y llevado Asturiense de Camposancos (La Guardia, Tuy),
modernamente llamado Camposanquiense o Ancoriense, que según algunos
prehistoriadores es atribuíble a períodos contemporáneos y
posteriores al Asturiense típico e incluso a la cultura de los
castros, se ha demostrado que representa una cultura que se remonta
al Acheulense antiguo en sus orígenes (cantos rodados truncados o en
forma de raspador o raedera) y a través del Acheulense medio y
moderno tiene su apogeo en el período llamado Camposanquiense (el
Languedociense de Francia, anterior a la glaciación Würmiense) y
alcanza su carácter definitivo en el “optimum” postglaciar
(Asturiense típico de la provincia de Oviedo).
Pero
desgraciadamente la técnica de la la lasca que estudiamos nada tiene
que ver con la de los cantos rodados del Miño y costa septentrional
portuguesa, y, por otra
parte, es muy probable que nuestra pieza corresponda a un estadio
cultural y geológico algo anterior al de los cantos trabajados del
Acheulense antiguo. Por ello finalizamos este ligero estudio con un
llamamiento a los geólogos y prehistoriadores gallegos a fin de que
con sus estudios podamos comenzar a vislumbrar el misterio de las más
remotas culturas gallegas, de los únicos tiempos, créase o no, en
que el hombre pudo ser feliz por tener a mano todos los medios con
que satisfacer sus necesidades y aspiraciones.
Desde
luego no debe continuar por más tiempo, siendo, se puede decir, un
vacío el Paleolítico de Galicia, precisamente la región de las
ancianas y encorvadas montañas, la primera que, allá por la
Secundaria emergió solemne de la profundidad del Océano, para, en
el transcurso de millones de años, convertirse, por mano de Dios, en
su obra maestra de estética geológica”.
Sen
o menor ánimo de poñer en dúbida a correcta clasificación da peza
e a súa atribución ao paleolítico inferior, non deixa de ser certo
que un gran non fai graneiro e que poucas son as conclusións
que deste achado descontextualizado podemos extraer.
Obviamente, as
condicións ambientais de aquela época non eran as
mesmas que na actualidade. Durante o paleolítico houbo varios
períodos fríos, seguidos doutros (fases interglaciares)
caracterizados por un clima temperado. No transcurso dos períodos
fríos os glaciares ocupaban unha parte importante do territorio. A
totalidade das serras orientais e meridionais (Os Ancares, O Courel,
O Eixe, Queixa, Xurés), así como as centrais (Xistral, Faro de
Chantada, Faro de Avión), posuían neves perpetuas nas súas partes
máis elevadas (por riba dos 700 m) e que, como consecuencia das
diferentes fases climáticas que sufriu o paleolítico, producíronse
grandes cambios na vexetación, no relevo e na liña costeira, que
darían pé a que os grupos humanos se tiveran que adaptar a eses
diferentes medios naturais, moi distintos ao presente.
O
home paleolítico caracterízase polo seu nomadismo, debido a que
necesitaba dunha certa mobilidade para abastecerse de alimento e
materia prima, motivo polo cal os seus campamentos eran provisionais
ou estacionais. Por iso, a machada que atopou Luís Monteagudo na
Rocheira en 1947, probablemente pertencera a algunha pequena banda
recolectora e cazadora que practicaba a depredación dos recursos
naturais pola zona que hoxe ocupa o municipio arteixán.
FONTES:
-Bello,
José María. La Coruña antes de Roma. Vía
Láctea Editorial, 1994.
-Carballo, Arceo, Xulio. Arqueoloxía de Galicia. Itinerarios polo pasado. Trea, 2005.
-Carballo, Arceo, Xulio. Arqueoloxía de Galicia. Itinerarios polo pasado. Trea, 2005.
-Monteagudo,
Luís. Probable hacha clactoniense de Arteijo (Coruña). Cuadernos
de Estudios Gallegos (Fascículo VII), 1947.
-Naveiro
López, Juan L. El golfo ártabro. Asociación
de Amigos do Museo Arqueolóxico, 1994.
Ningún comentario:
Publicar un comentario