EL HERALDO GALLEGO: ÓRGANO DE LAS COLECTIVIDADES GALLEGAS EN EL PLATA.
(3 de xaneiro de 1932)
xoves, 27 de xuño de 2019
luns, 17 de xuño de 2019
PROTECCIÓN CIVIL
Chega o verán, chega o bo tempo e con él, agardando que o amigo
Lourenzo cumpra cada día como é debido, os nosos areais recibirán a
milleiros de usuarias e usuarios que, como cada ano, terán en cada praia a un grupo
de socorristas dispostos a cumprir co seu traballo de vixianza e
socorro, traballo que, por certo, iniciaron onte 37 socorristas, 4 ATS e 4 patróns de embarcación, equipo ao que se sumarán non vindeiros días 8 persoas máis.
Desde sempre, as nosas praias foron moi perigosas por mor da súa
situación e orientación cara o mar. Barrañán, Alba ou Sabón, antano
bastante menos frecuentadas que na actualidade, especialmente Alba e Sabón, eran lugares donde morrían afogada xente con certa frecuencia. Foi aí, a finais dos anos
setenta, cando un grupo de veciños de Arteixo (non digo nomes por medo a
esquecerme de alguén) chega á conclusión de que era preciso que se
vixiara e se tratara de axudar ás e aos bañistas das nosas praias. Abofé
que o farían. Sen pensalo moito e, por riba, sen ser un grupo
organizado, puxéronse a facer Salvamento e Socorrismo cos seus propios
medios: cunha zodiac prestada e sen posibilidade de comunicación entre
eles. Corría o verán de 1978 e aquel grupo de heroes convertíase no
pioneiro, no primeiro no noso Concello e, probablemente, un dos
primeiros que principiaron esta tarefa humanitaria en toda a xeografía galega.
En 1986, a raíz da entrada en vigor da Lei 7/1985, reguladora das
bases do réxime local, que establecía no seu artigo 26 c. a
obligatoriedade de ter un servicio de protección civil nos concellos de
poboación superior a 20.000 habitantes, crearíase o Grupo de Voluntarios
de Protección Civil de Arteixo.
Nos anos noventa, concretamente en 1998, os voluntarios
convertiríanse en socorristas profesionais durante os tres meses de
verán...eran os tempos doutros socorristas, os de Mitch Buchannon e os
de C.J. (Pamela Anderson)...si, si, xa sabedes, os de "Los vigilantes de
la playa"...que tempos!
Bo verán!
![]() |
| Imaxe dos anos 90 de Protección Civil de Arteixo |
sábado, 15 de xuño de 2019
PATOS DE GOMA
Hoxe
atopei, no Areal Pequeno do Rañal, un de esos patos de
goma cos que xogan os cativos na hora do baño. Cousa ben curiosa, pois
hai uns meses o amigo Roberto Castro, propietario da Libraría Sisargas
da Coruña,
recomendoume a lectura do libro La vuelta al mundo en un forro polar,
da autoría do escritor alemán Wolfgang Korn, recomendación que levaría a cabo.
¿De onde ven a tea da camiseta que levas
posta? ¿Quen a coseu e en que circunstancias? ¿Onde se fabricou o
bolígrafo que tes enriba da mesa?...normalmente, non nos facemos este
tipo de preguntas nin somos moi conscientes de onde e como se
elaboraron os prodtos que utilizamos a diario. Pois ben, neste
traballo de Wolfgang Korn atopamos resposta a estas preguntas.
Korn
tamén narra historias coma a dos patos de goma, na que conta como en
xaneiro de 1992, no transcurso dunha tempestade, un cargueiro perdeu
varios contenedores no medio do Pacífico. Un deles abriuse e 29.000
patos, tartarugas e rás de goma saíron despedidos á superficie do
océano. A maior parte deles foron á deriva cara o sur e quedaron varados
nas costas indonesias e sudamericanas. Mais uns 10.000 patos e rás
avanzaron cara o norte, cruzaron o mar de Bering e entraron en augas
árticas.
![]() |
| Pato de goma no Areal Pequeno do Rañal |
Posteriormente, arredor de 1.995, quedaron aprisionados no xeo,
para ser liberados seis anos despois preto de Groenlandia e empurrados
no medio do Atlántico. Daquela, a corrente do Golfo recolleunos e
arrastrounos ata Gran Bretaña e a península ibérica. Estos animais de
goma insomerxibles poden recoñecerse porque levan impresas as palabras First Years
e Wolfgang Korn conta que a persoa que atopa un pode informar do achado
a
Curtis Ebbesmeyer, investigador americano de ciencias do mar. Para él,
os patos son boias de investigación que lle saen gratis xa que os seus
percorridos revelan moita información acerca das correntes mariñas.
Curtis Ebbesmeyer creou na Internet un sitio especial para achados en
praias (http://beachcombersalert.org/), unha páxina que non só informa
sobre os patos de goma, senón tamén sobre outros obxectos
arrastrados polo mar, como madeiras de formas curiosas, globos de
cristal ou ovos do misterioso paxaro elefante.
E ben, chegados a este punto, seguro que vos preguntaredes se o
pato que atopei hoxe no Areal Pequeno leva impresas as palabras First Years, verdade? Pois nada, xa volo conto outro día!
sábado, 1 de xuño de 2019
O CRIME DE SUEVOS
"En las primeras horas de la mañana de ayer, las vendedoras de
leche y legumbres venidas de Pastoriza y lugares inmediatos, fueron
portadoras de una noticia sensacional, que pronto se propagó por La
Coruña, llegando a conocimiento del público con caracteres de hecho
vandálico, en el que concurrían circunstancias verdaderamente
extraordinarias.
Un matrimonio avecindado en la
parroquia de Suevos, del término municipal de Arteijo, había sido
asesinado, en un camino, cuando en unión de un criado suyo regresaba a
su casa, a las once de la noche.
Los asesinos habían
sido seis hombres enmascarados, que saliéndoles al camino, habían
acuchillado al marido y aplastado la cabeza a la mujer, de modo
horrible.
El criado tambien había sido herido de una cuchillada, pero no fallecería, como sus amos.
El móvil del horrible asesinato decíase que había sido el robo. El
matrimonio tan vilmente muerto, regresaba de hacer la venta de una
finca, y traía en su poder unas veinte mil pesetas.
Tratábase, pues, según el rumor público, de un robo en cuadrilla,
perpetrado de noche, en un lugar distante dos kilómetros de los caseríos
de Suevos y Pastoriza.
La noticia causó en La Coruña una impresión escalofriante, mezclada de pena y de indignación.
Lo que a las puertas de La Coruña pudiese campar por sus respetos
una cuadrilla de salteadores de caminos, ponía los cabellos de punta a
quienes oían el relato espeluznante del crimen alevoso.
En un principio hubo en las informaciones una gran confusión de
nombres, y aunque las personas propaladoras de la noticia señalaban que
una de las víctimas, el marido, se apellidaba del Río, no determinaban
suficientemente la persona de quien se trataba, por lo cual hiciéronse
cábalas y suposiciones durante todo el día.
Enterado
de lo ocurrido por un propio que al efecto vino a esta capital, el
celoso juez de instrucción D. Hilario Núñez de Cepeda, acompañado del
escribano habilitado Sr. Troche, salió a las diez de la mañana para el
lugar del suceso, haciéndose cargo de las diligencias que durante la
noche habían instruído el juez municipal de Arteijo, Sr. Llamazares y el
secretario don Ramiro Mosquera, practicando, además, personalmente,
cuantas le sugirió su celo para la incoación del sumario.
De estas diligencias y de las manifestaciones que hemos oído de
labios de algunos vecinos de Suevos, Pastoriza y Arteijo, resulta que
los asaltados por la banda de malhechores, eran D. Bernardo del Río
Buch, su esposa doña Carmen Rita Fernández Martínez, y su criado Manuel
Folgar y Folgar.
El matrimonio del Río, que es
propietario de extensas fincas rústicas y de algunas casas situadas en
el denominado Pazo de Suevos, vivían en una de las últimas, la mejor,
con sus hijitos, una niña de cuatro años y un niño de tres, con el padre
de la esposa del Sr. del Río, D. Antonio Fernández, ex portero de la
delegación de Hacienda de esta provincia, y en la actualidad
administrador de fincas, y con su tío, el Sr. Buch, a quien todos hemos
conocido como afilador, en los soportales de la Marina de esta capital.
Don Bernardo del Río, es ingeniero industrial, y hombre de sólida
ilustración. Residió durante algún tiempo en La Coruña, donde contrajo
matrimonio con doña Carmen Rita Fernández, que como su marido, era dueña
de una regular fortuna consistente en casas y bienes en esta capital,
Arteijo y Carballo.
De su labor técnica durante su
residencia en esta ciudad, recordamos un proyecto que en unión de otro
ingeniero suscribió y ha presentado al Ayuntamiento coruñés para una
fábrica de producción de gas del alumbrado.
Gozó
siempre lo mismo en esta capital que en Arteijo de merecidas
consideraciones respectos y afectos por su caballerosidad y corrección".
La Voz de Galicia, 20.3.1920
Pasaron case cen anos e a lembranza dun dos asasinatos máis crueis da
comarca é case inexistente. En Suevos vivía unha familia adiñeirada nos
anos 20. Mais a súa folgada vida viuse truncada polo asasinato da muller
Rita Fernández, a mans do seu home. Os ingredentes que poden verse en
calquera telenovela acontecen nesta historia negra, na que o criado
axudaría ao seu señor a golpear até a morte á muller.
Só unha rúa, a do Pazo, deixa intuir que antano no núcleo de Suevos
residía unha familia con capacidade para ter un casarío deslumbrante, do
que hoxe non queda practicamente nada. O suceso protagonízao Bernardo
del Río Buch, o Señorito de Suevos, e o seu criado, Manuel Folgar (de alcume Graíño), entrada a noite do 18 de marzo de 1920.
![]() |
| Rúa do Pazo. Suevos |
Bernardo era fillo do tenente coronel do exército, don Bernardo del
Río, e de dona Avelina Buch, señora de gran fortuna e a quen o seu fillo
debía o acrecemento da súa propia riqueza e a súa carreira, feita en
Barcelona e completada en Alemaña. O Señorito, que casara en 1915
con Carmen Rita Ferández, estaba destinado no Catastro da Coruña, cargo
ao que renunciara ao morrer a súa nai.
Durante os cinco anos
que levaban casados, as discusións entre marido e muller eran
frecuentes. Os celos e o forte caracter dela batían coa debilidade polas
faldas del.
Aquela tarde do 18 de marzo de 1920 decidiran
dar un paseo no carruaxe e visitar uns amigos en Arteixo. Nunha
sociedade na que a igualdade non existía nin por asomo, non é de
extrañar atopar alusións ao "histerismo" de Rita causado polos seus
incesante celos. Con todo, o sosego reinara durante a tarde e despois de
visitar a uns amigos, entre eles a D. Jovitas Marnotes e Josefa, a
irmán deste, e ao alcalde Toribio Salvadores, ao anoitecer emprenden o
camiño de volta.
Mais esta só foi a primeira versión. A presión do xuíz e do fiscal fixo que Del Río e o seu criado terminasen por rectificar e contar unha historia ben distinta e que lles levaría á cadea.
Manuel Folgar, o criado, retractaríase toda vez que Del Río terminou
por acusalo a él directamente. Nas tres versións, a tarde principia do
mesmo xeito. Un día sen moito que facer, deciden ir a visitar a uns
amigos, casas ás que lles conduciría Folgar.
![]() |
| La Voz de Galicia, 21 de marzo de 1920 |
Todo acontece do mesmo xeito até o camiño de Bordeiras a Suevos para percorrer os últimos metros até o seu domicilio a pé.
Agora, a historia dos seis asaltantes enmascarados desaparece e as versións que dan os dous imputados varían lixeiramente.
Nas casas que visitaron, señores e criado compartiron viño e licores,
aínda que según o relato de Folgar, él era abstemio. Ao chegar ao punto
marcado pola traxedia, a muller empezou a increpar ao conductor porque o
carruaxe non ía recto.
Éste respondeulle e comezaron a
intercambiarse insultos. Ela deulle unha labazada para intentar que
calase a boca. Lonxe diso, Folgar continuou dando voces, ao igual que
Rita Fernández. Foi aí cando o criado "con descuido y sin intención de causar daño"
colleu unha pedra e lanzouna, según se pode ler na transcripción do seu
testemuño, gardada a recado no Arquivo do Reino.
A
mala sorte fixo que a pedra golpease á muller na cabeza, o que lle
causaría a morte. Para o seu abogado, o delito cometido por Folgar foi
de lesións graves. Mais este relato non explicaría as nove feridas na
cabeza que o forense chegou a contar, tres delas mortais.
Del
Río, incidiría na discusión entre os dous. Tamén en que o criado colleu
unha pedra e lanzouna contra a víctima. A partir de aquí, a narración
deste inxenieiro engade que intentou evitar o tráxico final e que
recibiu do seu criado un empurrón de tal virulencia que o deixou
aturdido. Folgar collería varias pedras para rematar despois coa vida da
muller do Señorito cunha gran crueldade.
![]() |
| Restos do Pazo de Suevos |
Nese intre, o pánico apoderaríase dos dous e o criado proponlle a Del
Río atarlle as mans e inventarse a historia dos seis atacantes.
A documentación recolle incluso as discusións e os celos que Carmen
Rita Fernández tiña do seu home. Os ataques de histeria e o medo que lle
daba o criado e que incluso a levaría a abandonar nalgunha ocasión a
súa casa de Suevos para ir á dunha amiga na Coruña.
O xuízo
remataría con comentarios moi desfavorables da opinión pública xa que se
contaba cunha pena maior. Ao parecer, seica algúns membros do xurado
popular recibiron algún que outro agasallo, feitos que nunca se poideron
demostrar.
![]() |
| Imaxe actual do muro do Pazo |
Finalmente, o xulgado condearía aos dous homes a
quince anos de cadea, mais só cumpriron oito porque foron indultados. O
14 de setembro de 1928, Folgar abandonaba a cadea de Cartagena, e Del
Río, a de San Miguel de los Reyes, un Señorito que pouco despois
emigraría a Buenos Aires onde o agardaba a que fora súa amante, Pilar
Alba Lamas (pertencía a familia Alba que pasaba os veráns no Pazo de
Figueiroa), que no momento de cometerse o crime daba clases particulares
na parroquia de Suevos.
sábado, 25 de maio de 2019
VICENTE CASTRO GONZÁLEZ
Alguén dixo que o facerse vellos é tan doloroso como irremediable. Que a xerontoloxía, a mellora alimentaria e o novo nivel de vida axuda a que vivamos máis anos e a que haxa en cada censo
unha cifra maior de anciáns. En España hai xa máis de dous millóns e
medio de persoas maiores de 65 anos e dise que imos camiño de pasar do
tipo de "pobo mozo" ao de "pobo vello", equiparándonos con Francia ou
Inglaterra. Isto carrexa problemas, mais non é este o lugar para consideralos.
Hoxe permitímonos tales disquisicións en función de unha noticia:
Na comarca de Bergantiños -posiblemente a máis ampla e, sen dúbida,
unha das máis fértiles da provincia da Coruña- viven os avós da
devandita provincia. Concretamente na localidade de Arteixo ven discorrer os seus días -moitos días xa- dona Encarnación González Mes, máis que centenaria, e don Vicente Castro González, a punto de selo. Ambos merecen -a verdade, meréceno todo- unha entrevista.
O avó do pobo
Don Vicente Castro González é un encantador, amenísimo e bo conversador, anciá que de aquí a pouco convertirase en centenario,
se Deus o permite. E oxalá que así sexa. É o pai do noso querido
corresponsal en Arteixo, don Vicente Castro Rumbo. O bo ancián dixo: "Se entrevistades a avoa, aquí está o avó, que son eu".
-Pois fale vostede estupendo avó...
-Fun
legoeiro durante 36 anos. Non, non me pregunte, que eu xa lle digo
todo. Vexo, oio, ando e entendo á perfección. Teño unha memoria que xa
quixera vostede, fillo... Agora luzo sombreiro, porque a gorra non me
protexe do sol.
Os gustos de don Vicente
-Pois xa que o di vostede todo, avó...
-Claro que si. Gústame a "tele", as corridas de touros.
Son seareiro do Penouqueira Clube de Fútbol, de Arteixo. O ter noventa e
todos os anos non me fai esquecer a afección. ¿Si coñezo a Arsenio? ¡Claro!, si seu pai foi case da miña quinta... O chaval é un bo adestrador. son de aquí. Eu, entre a "tele" e a radio, estou ao día. Gústame moito comer touciño. Cando era legoeiro, había que anotar todos os coches que pasaban. Agora é máis doado.
-¿A súa familia, don Vicente?
-Tiven 13 fillos, 4 netos e 5 bisnetos. Agora a vida é máis doada.
Eu fumo moito, pero negro. Xogo a partida de tute e gáñolle aos
"chavales" de setenta anos. E tomo whisky...home, anímese e traiame unha
botelliña...
-¿Sabe vostede de política?
-Eu
sonlle de dereitas. E vou a misa. Cando vivía a miña muller iamos os
dous cos nosos trece fillos, camiño da igrexa. E "atrancábamos" a rúa.
Eu bailei coa miña dona a muiñeira como ninguén. Un día gañamos 30 pesos
nun concurso. Asistiamos a todas as romerías. Mire, que eu tamén me
levo moi ben co párroco.
En Infantería
-¿Qué recorda da súa vida militar?
-Estiven
destacado en Lugo con outros 18.000 homes, agardando acudir a Melilla
pero arranxouse aquel "cacao". Eu servín na Coruña, en Infantería,
rexemento de Isabel la Católica. Paseino moi ben, ¿noivas?, tiven dúas
antes de casarme, claro.
-Dixéronme que estivo vostede en América...
-Dez anos, chaval. En Uruguai, Cuba e Arxentina. ¿Cuba? recordo a manigua de Maceo.
¿Uruguai?, tomei mate e pelexei cos gauchos. ¿Arxentina? Si ata
escoitei a Gardel... Eu son un enamorado do automóbil, pero non me
atrevo a subir en avión. O meu fillo Vicente quere levarme a Uruguai en
avión, para que eu recorde os meus tempos. Se me leva en barco vou. Pero en avión, non. Porque eu coñecían a un que foi en avión e, perdoando a cara de vostede, mexouse de medo. Eu non probo. ¿Franco?, Franco é unha gran persoa.
-Don Vicente, ¿sabe vostede que os homes chegaron á lúa?
-Mire, mozo, isto da lúa cheirame a conto. Porque ¿quere vostede dicirme porque porta entraron?
-Que Deus o bendiga, don Vicente.
EZEQUIEL PEREZ MONTES (El Ideal Gallego, 21 de novembro de 1973)
Foto de Martínez Sevilla
sábado, 18 de maio de 2019
ENCARNACIÓN GONZÁLEZ MES
Alguén dixo que o facerse vellos é tan doloroso como irremediable. Que a xerontoloxía, a mellora alimentaria e o novo nivel de vida axuda a que vivamos máis anos e a que haxa en cada censo
unha cifra maior de anciáns. En España hai xa máis de dous millóns e
medio de persoas maiores de 65 anos e dise que imos camiño de pasar do
tipo de "pobo mozo" ao de "pobo vello", equiparándonos con Francia ou
Inglaterra. Isto carrexa problemas, mais non é este o lugar para consideralos.
Hoxe permitímonos tales disquisicións en función de unha noticia:
Na comarca de Bergantiños -posiblemente a máis ampla e, sen dúbida,
unha das máis fértiles da provincia da Coruña- viven os avós da
devandita provincia. Concretamente na localidade de Arteixo ven discorrer os seus días -moitos días xa- dona Encarnación González Mes, máis que centenaria, e don Vicente Castro González, a punto de selo. Ambos merecen -a verdade, meréceno todo- unha entrevista. Fala primeiro a dama.
![]() |
| Encarnación González (El Ideal Gallego, 21.11.1973) |
-"O pasado 26 de setembro cumprín cen anos. Nacín aquí, en Arteixo. Son presidenta das Fillas de María desta localidade. Antes foino miña irmá- ¿Sabe?, meu irmán -Baldomero González Mes- foi alcalde de Arteixo e fixo moito polo pobo. ¿Ve vostede esta fotografía?, esta é a miña sobriña bisneta: ¡que guapiña!"
Si, lectores, dona Encarnación lévantase todos os días ás nove e media da mañá. Ten unha memoria prodixiosa. E...
- "Almorzo café con leite. Como normalmente, pero
acompañando o xantar con gaseosa. Home, se procede un bo lacón con
grelos... Vexo, vexo, pero moléstame a luz solar directa. Sempre que
podo vou á misa e percorro o camiño ata a igrexa a pé: Algo máis de un quilómetro. ¿Viaxar? Só fun á Coruña, Ferrol e Guitiriz. Pódese viaxar coa imaxinación..."
Libros e cantos
-¿Qué le vostede, dona Encarnación?
-Libros relixiosos. O día da festa das Fillas de María non fallo. Elas veñen a
miña casa e aquí, no comedor, ensaian os seus cantos, as súas obras de
teatro... Eu acudo e observoas ¿Sabe?, da "tele" gústanme moito as
cousas que din do Papa. Tamén me gusta cantar. E as muiñeiras. Eu bailei
moi ben a xota nos meus tempos.
-¿Recorda a Guerra Civil de España?
-Ai, si. Tiñamos que ir a misa a Loureda, porque nos perseguían. ¿Sabe vostedes que nós iamos á
Coruña en burra? E a Paiosaco, á feira. Eu recordo que aquí, en
Arteixo, o compositor don Constantino arranxou cantos musicais para nós,
as Fillas de María. Cantos relixiosos que entoamos na honra da Virxe. Ai, don Constantino compoñía cousas preciosas.
A Santa Compaña
Dona Encarnación é cariñosísima. Con todos. E moi cáustica:
-Non señor, nunca "lle" creín na Santa Compaña. Mire, os meus irmáns foron a América e a un deles collérono os indión patagóns, na Arxentina,
e queimáronlle os pés. Fumos doce irmáns e un chegou a médico. ¿Enferma
eu?, nunca. Bueno, recordo que unha vez de mociña tiven unha molestia
de ril. E fun a tomar as augas a Guitiriz. E un médico amigo díxome:
"Pero, muller, tes aquí en Arteixo, as mellores augas de Galicia e vaste
a Guitiriz. Volve, muller, volve e toma estas". Así o fixen...e man de
santo... ¿Sabe?, neste Nadal quero tomar compota, coma sempre. E turrón e
coliflor. Din que o turrón está caro... Eu estou moi contenta con este
párroco mozo. Oiu, sáqueme ben nos papeis, fillo...
-Adeus, dona Encarnación.Avoa marabillosa...
EZEQUIEL PEREZ MONTES (El Ideal Gallego, 21 de novembro de 1973)
Foto de Martínez Sevilla
sábado, 11 de maio de 2019
"O TÍO LAGO DE CHAMÍN"
-
“¿Quén é? ¿O panadeiro? Molete non quero, nin broa. Xa hai seis
anos que o corpo non mos quere”.
Así
se expresou o centenario Manuel Lago Pazos ao oír a nosa chegada á
casa de labranza que habita no lugar de Chamín de Arriba, parroquia
de Santaia de Chamín, do termo municipal de Arteixo. Proseguiu o avó
da comarca a súa charla despois de que un parente seu, o señor
Perfecto Pazos Verdía, industrial de A Laracha, nos fixera de
mediador.
-
“O malo é ir vello” -continuou
o centenario-. “O tempo é un ladrón. Queremos chegar a
vellos, pero moito garbo non che é”.
-
“Señor Manuel, díganos a súa idade”.
-
“Teño noventa e nove e pico de anos. Nacín o 8 de febreiro de
1882. Nacín e vivín sempre en Chamín. Eu sempre vivín ben”.
O
señor Lago, “o tío Lago”, como o coñece a veciñanza, pese á
súa idade ten unhas constantes vitais que o manteñen moi orientado
no espazo e no tempo. A súa boa memoria ten ocasión de poñela a
proba ao longo da charla.
-
“¿Por onde viñestes?” -pregunta
o avó- “¿por Vilanova ou por Peisaco?”.
-
“Non” -manifestou o señor
Perfecto-. “Viñemos por Monteagudo”.
-
“¿E logo xa se pode vir por ela?” -referíndose
á nova vía de recente construción que enlaza A Barreira (A
Laracha) con Chamín e Barrañán (Arteixo)-, e prosegue comentando:
-
“Pronto a prepararon”. E
xesticulando coa man como se a vira, engade:
-
“Disque é moi dereita”.
O
señor Lago fai un inciso para poñernos de manifesto a súa
cegueira, a perda da visión por abandono ao non acudir a tempo ao
oculista, e cóntanos:
-
“Fun cando xa non tiña remedio, xa que sufrín cataratas alá polo
ano 75”.
Observamos
que esta é unha das palpables realidades do medio rural galego,
consecuencia do abandono dos cuidados médicos. Pasa logo o señor
Lago a contarnos algo de ese século de vida. Casouse aos 22 anos. “A
miña dona tiña 20 anos” -díxonos-. Tivo oito fillos, seis
varóns e dúas mulleres. Varios dos seus fillos foron emigrantes en
Bos Aires. Hoxe ten oito netos, sete bisnetos e está próximo a
tataranetos. Actualmente vive con un fillo e a nora. O avo é o
primeiro en apuntarse:
-”Eu
a copa non a quero. Eu quero o que lle poñen dentro. Entre horas
tomo un clarete ou dous”. Fálanos
tamén dun adegueiro de Carballo que lles serve o viño e, segundo o
seu testemuño, “nunca trouxo do máis ruín, pero para
beber había que ter un bo prato de frebas para ter onde roer”. O
señor Lago tamén dos dixo que fuma uns 9 ou 10 cigarros de tabaco
negro ao día.
-
“Señor Manuel, despois de vivir un século e de coñecer tanto,
¿qué lle gustaría ser ou qué faría se agora fora mozo?”.
-
“Volvería a ser labrego como fun de nacemento. Cando tiña 15 anos
xa case lle ensinaba a meu pai a sucar a terra. Ía ás toradas,
sacaba o esterco das cortes ou ía ás carretadas. Carretaba na
tella, na area…”
O
señor Perfecto suxírelle: “¿E logo non che gustaría a
política?”.
O
centenario exclamou: “Nunca me gustou lamberlle o bigote á
política”.
-”Señor
Lago, ¿ao longo da súa existencia tivo algunha vez a vida en
perigo?”.
-
“Non. Grazas ao Noso Señor, non; aínda que caín dos carros de
toxo moitas veces, nunca me partín. Noutra ocasión marcháronme
os bois no areal -refírese á praia de Barrañán- e eu non
reparei en mollarme para virar os bois e o carro. E tamén se me ten
emborcado algunha vez o carro quedando eu debaixo. Xa dicía meu avó
que eu nunca andaría por riba da auga (refírese a que non
navegaría), nin iría ao servicio militar, e que había de vivir
moito tempo, segundo consultara el no Leonario Perpetuo” -trebello
de tapas de coiro que os da casa manifestan que xa se extraviou,
aínda que puntualizan: “Era un libro moi certeiro, xa que era
como unha Biblia”-. O señor Manuel engade: “Non fun ao
servicio, xa que fun redimido por miña avoa”.
O
que bota en falla é a visión para pasear e ver aos seus amigos,
aínda que manifesta: “Veñen a verme os viciños. Será cousa
rara que pase un día sen ter ningunha visita”.
As
regueifas
-
“Fálenos das regueifas, señor Manuel”
-
“Unha das máis nomeadas foi a de Caión. Había unha boa mesa
mesa: queixo, roscas, molete e botellas; ron e anís (di
“escarranchado”, querendo dicir escarchado) que tiña
como neve dentro do vidro. A regueifa eran cantigas entre dúas
parexas. Uns cantaban dende o balcón do que lle chamaban a casa do
protestante, onde Cándido de Xermaña agardaba o contrincante”.
Relátanos
as primeiras estrofas:
“Hai
unha hora ou hora e media
que
estou mirando pra praza de Caión
agardando
que chegara
Gandoriño
de Armentón”
“E
respóstalle o outro”:
“Levoume
moito tempo,
xa
que tiven que atravesar a braña
para
chegar a tempo
pra
cantarlle a Cándido de Xermaña”.
Os
naufraxios
-
“¿Lembra, señor Manuel, algún dos naufraxios acontecidos por
aquí?
-
“Aquí houbo dous naufraxios. Aínda está un barco enterrado na
praia do Reiro. Foi polo ano 1934 ou 35. Quitáronlle o motor cando
había mareas grandes e máis a chapa e as pranchas metálicas. Os
bois de Baldomero das Covadas e os nosos carrexaron as pranchas, e
despois xa non se esforzaron tanto e aínda quedaron algunhas
ferramentas na nosa casa. Estiveron moito tempo no traballo de
salvamento. O outro buque era un gabarrón. Era nese tempo meu pai
alcalde de barrio e o tío Chuco da Torre celador da Marina. Ninguén
entendía aos mariñeiros, pero logo o tío Chuco dixo que eran
belgas. Foron unhas mulleres e leváronlles caña e broa e eles
puxéronse moi alegres. Despois mandamos ás mulleres á casa por
unhas libretas (barras de pan) e
logo eles cuspían a broa. Estiveron aí e despois mandouse aviso á
Marina e veu unha lancha e, ao encher a marea, levounos arrastro.
¡Moita fame tiñan aqueles homes barbudos!”.
![]() |
| O "Arctic", barco embarrancado no Reiro en 1938 do que fala o Tío Lago de Chamín (O mar da Arteixo e os seus naufraxios) |
Tamén
nos comenta o señor Manuel que de cando en vez aparecían na praia
paquetes de “lambucho” que se desprendían de algúns barcos en
alta mar.
-
“O lambucho -segundo o seu
testemuño- era como un dos mellores panos que hai hoxe.
-
“A propósito de panos, ¿lémbrase do primeiro traxe que fixo?”
-
Pasa de vinte anos que morreu o xastre; chamábanlle o Quisquelo.
Daquela o xastre andaba arrendado. Traballaba polas casas dos
labradores, cobraba en ferrados de millo e andaba a mantido. Este
xastre do que che falo viña moi cedo, era moi traballador e fuxía á
noite”.
-
”¿Qué nos pode contar da política de antes, señor Manuel?”
-
“Había os caciques e os solidarios, conservadores e liberais. Pero
os conservadores sempre andaban por riba e os solidarios estaban
sempre facendo guerra e os conservadores sempre gañaban, e sa era a
política que había. Eu -continúa-
acordo os pesos de Primo de Rivera, de Amadeo e de Alfonso XIII.
Moitos deles tiñamos que tiralos contra as pedras para oír o toque
que tiñan, xa que moitas veces non os querían”.
-
“Isto é vivir e contar, señor Lago. Díganos, por último,
¿cantos anos agarda alcanzar? ¿Chegará aos 120?”.
-
“Eu non os quero; quería chegar aos 90, xa que todos os familiares
morreron aos 86, 87, 88 ou 90, salvo miña avoa paterna, que morreu
cando ía polos 94. Eu ao que pasei os 76 e cheguei aos 80, ¡xa
menos mal! ¡Aínda me deixan durar ben! Pero aos 92, 93, 94, xa me
parecía un pouco arriba. Agora estou preparado para cando Deus
queira”.
M.
NEGREIRA RÍOS (El Ideal Gallego, 24 de maio de 1981)
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)











