mércores, 29 de abril de 2015
CRONICAS DE ARTEIXO: DEPORTES
I TRIAL DE ARTEIXO (28.10.1973)
Falar do mundo do motor en Arteixo é meterse na cociña dos amigos do Club Autocross, que levan máis de tres décadas (primeiro no circuito "das Figueiras" de Sabón e posteriormente no "José Ramón Losada" de Morás) organizando campeonatos galegos e estatais de xeito inmellorable. Mais co seu permiso, hoxe vou deixarvos unhas pinceladas da primeira proba oficial celebrada no noso concello, neste caso do mundo das motos, puntuable para o Campeonato de España de 1973: o I Trial de Arteixo.
Imaxes da proba celebrada en Sobico
Facendo un pouco de historia, hai que decir que as competicións de trial tiveran a súa orixe en Gran Bretaña nos anos cuarenta do pasado século, mais as máquinas usadas eran dunha concepción moi pesada para a práctica deste deporte. Pola década dos sesenta, un representante dunha marca catalana viaxa a Inglaterra e, de casualidade, presencia unha competición desta modelidade. Á volta, él mesmo fabricaría unha rudimentaria moto, que se convertiría na primeira moto de trial española.
Pouco a pouco irían xurdindo innovacións e, a base dunhas ideas e conceptos novos e revolucionarios, iríanse perfeccionando estas máquinas.
Nos anos setenta as motos catalanas Montesa e Bultaco foran consideradas como as mellores do planeta, marcas lendarias que fundara Francisco Javier Bultó (primeiro Montesa e despois Bultaco) e que reinarían na modalidade durante moito tempo.
Precisamente, un dos fillos do fundador destas dúas marcas, Ignacio Bultó, "Yato", catro veces campeón de España de Trial, unha medalla de ouro nos ISDE (Copa do Mundo de Enduro), varios subcampeonatos de Motocross e un Campeonato de España de Resistencia, fora un dos cincuenta participantes daquela sétima proba puntuable para o Campeonato Nacional celebrado en Arteixo o domingo, 28 de outubro de 1973. A competición, que despertara moito interés entre os aficionados ao mundo do motor, tivera como escenario o Monte Sobico e fora organizado polo Moto Club Coruña. Non houbera sorpresas! O pronóstico da proba cumpliríase! Coa súa Bultaco 325, Ignació Bultó, que naquela hora era o campeón vixente deste deporte, facendo gala da súa mestría e habilidade, fora o gañador da proba de Sobico.
La Voz, outubro 1973
domingo, 26 de abril de 2015
CRONICAS DE ARTEIXO: ARTEIXO NA XEOGRAFIA XERAL DO REINO DE GALIZA. EUG...
PARROQUIA DE SAN PEDRO DE ARMENTÓN, de entrada.- Terreno feraz, abundante en pastos, pintoresco y ameno y bien ventilado, cercano al mar. Dista de la capital de provincia 18 kilómetros y está unido a la carretera de Finisterre, por la que arranca de Ermida (Lañas) de la derecha de aquella y que en semicírculo al O. atraviesa la parroquia, pasando por la aldea de Anzobre, y vuelve a tocar la derecha, de la que parte, en Anide (Larín), en un recorrido de 5 kilómetros. Tiene una larga pendiente, pero inferior a un 5 por 100, en la subida hasta dicho lugar de Ermida. Contrasta la vista de que se disfruta en su recorrido con el de la de Finisterre, pues lo hace por un territorio risueño y poblado de arboleda. Desde una cuesta ya se ve la señorial mansión de Anzobre, coronando una altura medio cubierta por el boscaje, que hace aquel un lugar grato y sumamente deleitoso. Cruzan la feligresía varios riachuelos que serpenteando por sus praderas dan lozanía y frescura al hermoso paisaje y forman el río Castro.
Cuenta con las aldeas de Anzobre y Roris y los grupos menores de Armentón de Enriba, Barreiros, Campolongo, Carretera, Castro, cuyo nombre acusa la existencia de uno de estos antiguos monumentos, Corredoira, Crucela, Grela, Iglesario, Pena do Corbo, Perillona, Telleira, Xesta y Xesteira. Sus habitantes suman 435 de hecho y 486 de derecho, con 133 edificios, de ellos 28 de un piso y 37 de dos y 68 chozas o albergues. Hay una escuela nacional y se celebra su fiesta el 1º de Noviembre. Está a unos 7 kilómetros de la capital del ayuntamiento.
Esta parroquia y la inmediata de Lañas formó el Coto de Anzobre, cuyo juez nombraba la casa de Ximonde. El curato es de presentación del Conde de Priegue.
Tiene por límites Sorrizo al O., Lañas al E., Arteixo al N. y Larín al S.
Cuenta con las aldeas de Anzobre y Roris y los grupos menores de Armentón de Enriba, Barreiros, Campolongo, Carretera, Castro, cuyo nombre acusa la existencia de uno de estos antiguos monumentos, Corredoira, Crucela, Grela, Iglesario, Pena do Corbo, Perillona, Telleira, Xesta y Xesteira. Sus habitantes suman 435 de hecho y 486 de derecho, con 133 edificios, de ellos 28 de un piso y 37 de dos y 68 chozas o albergues. Hay una escuela nacional y se celebra su fiesta el 1º de Noviembre. Está a unos 7 kilómetros de la capital del ayuntamiento.
Esta parroquia y la inmediata de Lañas formó el Coto de Anzobre, cuyo juez nombraba la casa de Ximonde. El curato es de presentación del Conde de Priegue.
Tiene por límites Sorrizo al O., Lañas al E., Arteixo al N. y Larín al S.
venres, 24 de abril de 2015
martes, 21 de abril de 2015
AS DIMINUTAS BOLIÑAS BRANCAS DOS AREAIS
Nunca vos preguntastes a procedencia desas diminutas boliñas brancas que atopamos a milleiros nos nosos areais? De que son? De donde veñen? Abofé que me fixen esas preguntas centos de veces.
Pois mira ti por donde, a miña ignorancia sobre este particular quedou resolta estos días pasados grazas á lectura do libro de Antonio Sandoval Rey ¿Para que sirven las aves?, libro que vos recomendo e no que, por certo, tamén aparece nel o meu amigo Xabi Varela, ese rapaz ornitólogo que traballa no Departamento de Medio Ambiente do Concello de Arteixo e ao que lle podedes preguntar polas vosas dúbidas do mundo dos paxaros que, de seguro, volas ha de respostar co seu entusiasmo e alegría habitual que te acaban contaxiando.
Sandoval cóntanos no seu traballo que esas minúsculas boliñas brancas e translúcidas, algo máis pequenas que unha lentella, empezaron a chegar ás nosas praias hai máis de dúas décadas. Ao parecer, no centro do océano Pacífico medra, ano a ano, unha descomunal bolsa de residuos cun tamaño estimado en varios millóns de quilómetros cadrados. Cunha profundidade próxima aos 30 metros, ese vertedoiro frotante funciona, segundo nos conta o autor, máis que como unha masa compacta, coma un arquipélago formado por illas de moi diversos tamaños. Xira lentamente nunha zona donde as augas superficiais do Pacífico forman un gran remuíño no que morren correntes que chegan desde todas as súas beiras.
![]() |
| As boliñas son do tamaño das lentellas |
Hai quen calculou que por cada kilo de plancton natural hai, nesa zona, seis de plástico. E non para de medrar!. Nin de esmiuzarse!. A auga salgada e o sol van fragmentando e erosionando os seus restos ata convertelos primeiro en minúsculos e logo en invisibles. Sandoval tamén nos conta que son moitas as criaturas mariñas que os tragan ao confundilos con plancton natural. Acumulan así no seu organismo toxinas que logo, a través das cadeas alimenticias, chegan á nosa mesa incorporadas aos filetes de peixe. Ese gran vertedoiro mariño xa ten nome: "Great Pacific Ocean Garbage patch", e recibiu unha máis que notable atención mediática. Mais desgraciadamente non é o único. A ONU estimou que en cada quilómetro cadrado do océano hai xa miles de partículas plásticas, e que o 80% do lixo deste tipo que chega ao mar faino desde terra.
![]() |
| Boliñas no areal de Santa Baia |
Así que xa sabedes, eses grans de plástico brancos, dos que podemos ver unha ducia deles nunha simple presa de area, proceden desa enorme illa-vertedoiro do Pacífico. Agora falta descubrir a procedencia doutras bolas que tamén aparecen a ducias nos nosos areais, esas que son de esponxa e amarronadas e, de aspecto, un chisco máis grandes que unha canica. Cando me entere xa volo conto.
FONTES:
-¿Para que sirven las aves? Antonio Sandoval Rey
venres, 17 de abril de 2015
CRONICAS DE ARTEIXO: HOSTALERÍA
OS SALÓNS DE BAILE
Pois si. Aunque non o creades houbo marcha en Arteixo. E moita marcha, diría eu, porque os pais dos nosos pais tamén tiveron xuventude, e tamén weekend. O que pasa é que agora a fin de semana principia o venres ao mediodía e remata o luns pola mañá. Agora compre que falemos dun tempo no que a fin de semana era só a tarde dos domingos.
Dende o San Miguel, en que remataban as romerías con músicas a ceo aberto ata o mes das flores, a xuventude ía mocear aos salóns de baile. Ollo! Falamos dos anos corenta-cincuenta, e xa choveu, polo que tede en conta que igual algunha palabra a levou o vento, ou algún dato pode ser corrixido. O caso é que naqueles tempos había salón de baile en cada parroquia, cando non eran dous ou tres.
Se retrocedésemos máis no tempo teríamos que falar dos bailes de pandeireta ou dalgún que outro veciño que sabía tocar a gaita e que animaba as tardes dos domingos para que os mozos do lugar bailasen. Pero Arteixo está moi preto da capital, e as ansias urbanitas dos nosos devanceiros impuxeron as modas que triunfaban aquí ao ladiño, "en La Coruña".
E así foi como se estenderon por todas as parroquias. E ás veces parece que me estou referindo a un tempo lonxaaaaaaano, pero non é para tanto. Os nosos avós de setenta-oitenta teñen isto tan claro que ata lles resulta trivial falar do tema.
Buf!, que me lío eu só...imos cos salóns: xa só en Loureda tiñamos tres: o de Catoira en Regocheo, o do Castellano no Quintán e o de Rumbo no Foxo. A este último aínda se lle lían as letras enriba da porta ata hai pouco, mais hoxe están cubertas de hedras. Disque atraía a moita xente de San Román, Lestón e Peisaco.
Salón do Foxo (Foto de Victor Iglesias)
O salón do Foxo na actualidade
O salón do Castellano estaba no corazón do Valle, nun lugar con moita vida naqueles tempos. Atopábamolo pegadiño á escola de Don Bartolo, mestre (o seu nome era Bartolomé Calderón) que xunto co de Lañas, Antonio Platas, organizara en Arteixo un mitin por mor do Estatuto de 1936. Deste salón contareivos noutra hora unha historia merecedora dun capítulo aparte. Hase de saber. Na parroquia había competencia, e por iso o salón de Catoira anunciaba pola semana as atraccións do domingo. Ademais da orquesta, en Regocheo había títeres e marionetas para os máis cativos. Ata aquí baixaba rapazada dende Meirama, Rus, A Tablilla e incluso Coristanco. Os máis "guerrilleiros" eran os de Soandres e os da Brea.
En Arteixo tamén había competencia entre o salón da Baiuca, o de Caldas e o do Balneario. Este tiña pista de baile fóra e os petromás colgados dos pinos dábanlle certo toque romántico.
Pista do Balneario (Foto de Ana del Río)
En Uxes, parroquia de Morás, poderíamos ir bailar ao salón de Picos ou ao de Parada; en Pastoriza ao salón da Roxa, que estaba pretiño da Casa Lola (unhas lerias levan a outras: a Casa Lola non estivo sempre no Seixedo...mmmm...os callos da Señora Lola...mmmm...xa vos contarei...); en Lañas bailaban no salón da Estación; a Benitona facía bo baile na Lagoa e, en Monteagudo aínda se conserva o carteliño "Prohibido ceder la pareja"...e o salón de Figueiroa en Oseiro? Seica nunha ocasión, con motivo das festas da parroquia, montaran un ring neste salón para ver boxear ao vasco Paulino Uzkudun, campeón de Europa dos pesos pesados en 1926 e 1933, que "fixera guantes" co garda civil Cadenas. Pouco despois, Uzkudun viaxaría aos Estados Unidos para pelear polo título mundial. Alí coñecería a Al Capone..."faite americano e eu fágote campeón do mundo", dixéralle o popular gángster e contrabandista estadounidense. Paulino perdería aquel combate no cuarto asalto ante Joe Louis e, posteriormente, afiliaríase á Falange. Mais este xa é outro conto e hoxe toca falar dos antigos salóns de baile, dos que dou por suposto que esquezo algún.
Aos salóns non só ían os mozos en idade hormonal. Tamén os máis pequenos se achegaban a mercar algunha lambonada, que evidentemente non era un Kinder Bueno, nin unhas gominolas. Daquela, as lambonadas eran as laranxas, ou as noces, ou os figos pasos, ou as castañas cocidas que viñan envoltas en panos para non perder o calor...E ata as avoas entraban no salón a ver con quen bailaba a neta ou por saber que tal o facía a orquesta de turno. E ollo, que as orquestas eran un dos reclamos para ter concurrencia. A Orquesta X, os Mallo, a Espallante, os Patolos, os Españoles, os Satélites ou os Trovadores xa daquela principiaban a darlle forma ao que hoxe en día se denomina "fenómeno pachanga" (mira que non hai orquestas en Galicia...)
Diciamos que atrás quedaban os bailes de gaita ou pandeireta, motivo polo cual atrás quedaban as muiñeiras ou as jotas. Estas orquestas, xa daquela, interpretaban os éxitos do momento: a Raspita, a Cumparsita, a Conga de jaruco...
Para rematar este relatorio, transcribo literalmente as palabras dun veciño de Oseiro:
"catro pesetas costaba a entrada, que para min eran a metade do soldo da semana...pagabas alí, na garitiña que aínda se ve ao lado da porta, e pa dentro! Deixabas o abrigo no roupeiro, que era unha modernidade para o salón perralleiro que era, pero bueno, había roupeiro...como houbese boa orquesta, alí habían de andar as mozas de Pastoriza...nación que as dou!...e eu na fura de diante...no medio da pista había unha columna cos espellos, e o baile facíase virando ó redor, coma nun tiovivo. Había uns palcos nos que sentaban as vellas que non tiñan outra cousa que facer...nación que as dou a elas tamén! Se te arrimabas demais á parexa berraban, ou dábanche unha bareada co bastón...pero elas non sabían que debaixo dun dos palcos había un ángulo morto...o rincón...e alí mordíamos...ti xa me entendes..."
Salón de Figueiroa, Oseiro
"Así fué que empezaron papá y mamá
tirándose besitos y una guiñá.
Así fué que empezaron papá y mamá
y ya somos catorce...y vienen más"
(Relato de Victor Iglesias García)
martes, 14 de abril de 2015
CRONICAS DE ARTEIXO: TOPONIMIA DO LITORAL DE ARTEIXO
AUGACAI (SORRIZO)
O rego de Augacai divide Sorrizo de Xermaña (Caión), é dicir, o concello de Arteixo do da Laracha. Tamén se lle chama o Rego de Alvite. Desemboca na enseada do Lourido, tramo donde hai os restos dun muiño e no que se forma unha pequena fervenza.
O rego de Augacai divide Sorrizo de Xermaña (Caión), é dicir, o concello de Arteixo do da Laracha. Tamén se lle chama o Rego de Alvite. Desemboca na enseada do Lourido, tramo donde hai os restos dun muiño e no que se forma unha pequena fervenza.
sábado, 11 de abril de 2015
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)














