luns, 14 de setembro de 2015

TOPONIMIA DO LITORAL DE ARTEIXO

O PAIOLO (RAÑAL):

  Fernando Cabeza Quiles, auténtico erudito sobre a toponimia galega di, nun dos seus traballos, o seguinte sobre o que pode ser a orixe do nomo Paiolo:

     "...Paio ou Pei, foi nun principio Pelagio, nome persoal derivado da voz grega pélagos, "mar", polo que o antropónimo Pelagio tería nun principio o significado de "mariñeiro, mariño, home de mar". Este oficio tería sido exercido polos primeiros individuos chamados Pelagio, nome de persoa abundantísimo na época medieval, que se espallou a partir do martirio do neno tudense Pelagio, ocorrido a comezos do século X, cando o tal Pelagio, logo de sufrir suplicio, converteuse en San Paio (en castelán San Pelayo) e o seu nome, poloa difusión do seu culto, fíxose moi común na 
A Punta do Paiolo
onomástica persoal galega, sobre todo no medio rural, impulsado polos párrocos eclesiásticos, que eran os que decidían a maioría das veces o nome dos seus bautizados. De aí que durante os séculos XI, XII e XIII fose o de Paio, coas súas diferentes variantes como as de Pai e Pei, un dos nomes máis frecuentes de Galiza. Este antropónimo entra en decadencia a partir dos séculos XIV e XV, sobre todo no medio urbano, onde o fermoso nome Paio -moi abundante no medio rural- derivou nos vocábulos despectivos paifoco, peifoco, pailaroco, pailán, paiolo, etc., os cales, aínda hoxe se empregan para referirse a calquera persoa de modais pouco refinados. Para os primeiros urbanitas equivalían, pola abundancia do nome Paio no medio rural, a "aldeán, rústico, ignorante", cando en realidade os ignorantes e cheos de prexuízos eran os gárrulos habitantes das cidades, que non sabían que do medio rural, ou o que é o mesmo, da terra, sae e regresa todo, incluídos os mortais".

     Así pois, Cabeza Quiles di que o que agora é Paiolo antes era "Pelagio", que supostamente tería nun principio o significado de "mariñeiro, mariño ou home de mar"...e un home de mar, Xosé Iglesias, deleitounos no Paiolo coa súa poesía chea de salitre durante o transcurso do roteiro  poético-literario polo litoral de Arteixo, celebrado o pasado 9 de agosto e que organizaron conxuntamente a Asociación Cultural Monte da Estrela e o Colectivo Literario In NaveCivitas.

O poeta do
mar, Xosé Iglesias, recitando un dos seus poemas no Paiolo no roteiro
poético literario pola costa de Arteixo, celebrado o pasado 9 de agosto




















FONTES:
-Fernando Cabeza Quiles

mércores, 9 de setembro de 2015

ARTEIXO NA XEOGRAFIA XERAL DO REINO DE GALIZA. EUG...

Parroquia de San Xián (Julián) de Barrañán (anejo de Lañas).- A 16 kilómetros de la capital de la provincia y a las faldas de los montes Angra y el alto pico do Galo, que separan Barrañán de Arteixo. Es
terreno mediano y lo riega el Castro, que viene de Monteagudo y Armentón a perderse en la playa de Barrañán o de Branquenza, por el grupo así llamado que está próximo a él.

     Comprende las aldeas de Esfarrapa, Galo, Iglesario y Sar, y los grupos de Branquenza, Campo, Outeiro, Pata, Seara y Sisalde, con 319 habitantes de hecho y 348 de derecho, que viven en 98 edificios, 35 de planta baja y 55 de dos y 8 chozas o albergues. Tiene escuela de sostenimiento voluntario del ayuntamiento. Hállase a unos 3 kilómetros de la cabeza del ayuntamiento.

     La iglesia parroquial es notable y fué iglesia propia. Perteneció al priorato de Cambre.

     Confina con el Océano al N., Suevos al E., Oseiro al S. y Chamín al O.



xoves, 3 de setembro de 2015

EMBARCACIÓN PESQUEIRA AFUNDIDA EN SUEVOS EN NOVEMBRO DE 1898

     En novembro de 1898, moitas familias galegas agardaban con incerteza a chegada dos repatriados do Caribe. España perdera a Guerra de Cuba cos Estados Unidos e o Tratado de París, apenas pendente de sinatura (realizaríase o 10 de decembro), obrigabaa a renunciar aos seus dereitos en Cuba, Porto Rico e nas Filipinas. Terratenentes, administrativos, exército e clero deixaban as últimas colonias do Estado español en ultramar e embarcábanse cara a Península. Durante as viaxes de retorno, as travesías polo Atlántico nos vapores "Alicante", "Conde Wifredo", "Covadonga", "Isla de Luzón", "Isla de Penay", "Montserrat", etc., foron aterradoras, xa que houbo numerosas defuncións a bordo, e os que chegaban, facíano nun estado de saúde lamentable, envellecidos polas doenzas, a fatiga e a fame ou, mutilados pola metralla. Antes e durante a guerra, estes navíos que chegaban de Cuba e de Porto Rico, coa finalidade de evitar a propagación do vómito negro e da febre amarela, tiñan que someterse ao rexime de cuarentena que, na Coruña, se cumpría no lazareto de Oza.

     Os lazaretos eran hospitais ou instalacións similares, máis ou menos isoladas, que estaban situados a carón dos portos das cidades costeiras, onde se trataban doenzas infecciosas e se tiña en observación ás embarcacións, mercadorías e pasaxeiros procedentes doutros países contaminados ou sospeitosos de contaxio. O de Pedrosa en Santander, o de San Simón en Vigo e o de Oza, foron os de maior importancia na Península durante esta época, mais pouco despois de finalizar a guerra e coa perda das colonias, desaparece o rexime de cuarentena e en consecuencia, cesarían de funcións estes hospitais.

     O "Conde Wifredo", un dos vapores que chegou á Península ateigado de repatriados, pasaba á altura da Punta Lagosteira pouco antes das seis da mañá do día 12 de novembro de 1898. Viña de facer singradura por Nova Orleans, A Habana e o Porto Rico e, comandado polo capitán Adraca, dirixíase cara a Coruña despois de catorce días de navegación. Levaba a bordo 282 pasaxeiros, moitos deles militares de alta graduación que chegaban acompañados das súas familias, e 120 viñan destinados ao porto herculino. Na patente da Habana, expedida o 25 de outubro, maniféstase que o estado de saúde pública do porto é satisfactorio mais que acontecen, porén, casos de febre amarela, polo que o barco, ao chegar á Coruña, non é admitido a libre prática, tendo que ficar dez días en cuarentena no Lazareto de Oza.
La Voz de Galicia, 15 de novembro de 1898

     Pouco despois de que o "Conde Wifredo" pasase á altura de Punta Lagosteira, as inclemencias metereolóxicas ("...continúa
desapacible y desigual, lo mismo que los aspirantes á regenerar el país en medio del caos político en que nos hallamos"
, informaba ese día sobre o tempo un xornal coruñés) e o mal estado do mar, dificultaban o traballo aos mariñeiros das pequenas embarcacións pesqueiras que faenaban nese punto. Unha delas convertiríase na triste protagonista, nas edicións do domingo 13 de novembro, dos principais xornais da época, despois de que estes se fixesen eco do infortunio que sufriran os seus tripulantes:

     "Ayer a las ocho de la mañana se hallaban pescando percebes cinco hombres tripulando una pequeña  embarcación en el punto denominado Cabo Langosteira, situado a cinco  millas al O. (legua y media) de la torre de Hércules). Un golpe de mar hizo zozobrar la embarcación y todos los tripulantes cayeron al mar. El  patrón fue quien consiguió ganar a nado la orilla, y medio desnudo subió a un monte próximo y comenzó a demandar auxilio. Se lo prestó una  embarcación que se hallaba algo distante tripulada por cuatro hombres, acudiendo al lugar del suceso. Allí pudieron salvar a dos de los tripulantes del bote náufrago que se mantenían asidos a la quilla del  mismo. Manifestaron los dos infelices que los otros dos compañeros habían ya desaparecido entre las olas. Los tripulantes de la embarcación naufragada son del lugar de Suevos, inmediato a Arteixo. Los salvados se restituyeron inmediatamente a sus casas en el mismo bote que los recogió. Se llama este el "San José", lo patroneaba José Sánchez Sánchez, y es de Riazor. Por la Comandancia de Marina se pidieron detalles del naufragio y nombres de los perecidos y salvados".
Pequena embarcación pesqueira a finais do século XIX

     O martes 15, os xornais daban máis información do sinistro de Punta Lagosteira e informaban tamén, da morte dunha pasaxeira do "Conde Wifredo":

     "Los dos infelices marineros naturales de Suevos que perecieron
ahogados uno de estos últimos días en las inmediaciones de la Torre de  Hércules, llamábanse Benito Patiño Vázquez y Matías Lorenzo Martínez.  Eran casados, y tenían 40 y 37 años, respectivamente. Deja cada uno de ellos cinco hijos de corta edad. Los marineros que lograron salvarse llámanse Antonio Villaverde, Domingo Villaverde y Rosendo Martínez Vázquez".


     "En el lazareto de Oza falleció uno de los pasajeros que allí desembarcaron del vapor "Conde Wifredo". Fué una mujer la fallecida; llamábase María Cuberto y Casanova. Estaba casada, pero no se conoce el nombre de su esposo ni el de sus padres. Tenía la finada 28 años. Falleció de hepatitis. Recibió sepultura en el cementerio del lazareto". 

Lazareto de Oza
   


domingo, 30 de agosto de 2015

O BAR "MOISÉS"

      Corrían os últimos anos da década dos cincuenta, cando Abelardo Rey e Amalia Martínez, abren na Avenida do Balneario un bar ao que deciden bautizar co nome do seu único fillo: Moisés, establecemento no que traballarían catro ou cinco anos. "O fin de semana aínda se gañaba un peso, pero pola semana pouca caixa se facía e dicidimos emigrar a Suiza". Así mo facían saber o pasado xoves, 27 de agosto, o señor Abelardo e a señora Amalia, quenes amablemente me atenderon no seu domicilio do Camiño de Candame e tamén me lembraban que ao pouco de abrir o seu negocio empezarían a parar nel os futbolistas e simpatizantes do Penouqueira. De feito, os xogadores da camiseta vermella vestíanse alí cando disputaban os seus partidos como equipo local no campo do balneario.
Imaxe dos anos 60 de Antonio Naya, "Pesudo", diante do Bar Moisés
     Pouco antes de emigrar a Suiza o matrimonio arréndalle o "Moisés" a Guillermo Arijón (seica era cuñado do "Milmañas") e a súa muller Carmen, quenes estarían ao frente do negocio varias décadas. Cos novos arrendatarios a "familia" do Penouqueira seguiría parando no bar, un local que non tardaría en converterse na sede social oficial do equipo da Baiuca. Os afíns do Atlético Arteixo facíano no "Insua", o popular "Muiñeiro", pois Fernando, fillo dos donos deste bar, fora un dos fundadores do Atlético.

     Son moitas as lembranzas que teñen as e os arteixáns en torno ao "Moisés". Uns ían ao bar, xa con Guillermo e Carmen detrás da barra e cos seus fillos Guillermo, José e Angel parando por alí, a falar de fútbol e pola vinculación do local co Penouqueira; outros ían a ver "Los intocables de Eliot Ness", serie que se empezara a emitir en España en 1964; algúns e algunhas ían pola máquina tocadiscos na que a xuventude daquela hora, según me ten contado a miña veciña Fina Sanjurjo, moitos pesiños ten gastado elixindo unha das cancións que máis soara no verán de 1965: "La Yenka", aquel baile irresistible que se marcaban os nosos pais da man de Johny e
Charlie Kurt, un dúo de cantantes do norte de Europa; e mesmo había quen ía ao "Moisés" polos bocadillos de pan de bola de chourizo, sardiñas... Tamén son lembradas, e moito, as partidas de futbolín.      

     Según me contaron o señor Abelardo e a señora Amalia, ao voltar de Suiza, donde estiveran traballando doce anos, decidiran investir parte dos aforros da emigración nun supermercado que abrirían en 1975 ao carón do bar do que estamos a falar, supermercado ao que tamén bautizarían co mesmo nome que o seu único fillo e que fecharía en 1988, trala xubilación de Abelardo.

Imaxe dos anos 70 na que se ve o Bar e o Super Moisés
     Tras varias décadas traballando no "Moisés", Guillermo e Carmen traspasaríanlle o negocio a un matrimonio do Val do Dubra, a Manuel e María, que serían os últimos propietarios daquel bar
cheo de pegatinas, chaveiros e banderíns de fútbol no que sempre había un futbolín, un bar vinculado tantos anos ao Penouqueira e que sería derrubado para construir o edifico dos de Gestal. Curiosamente, o "Moisés" e o Penouqueira, tantos anos "camiñando" xuntos, desaparecerían practicamente ao mesmo tempo.