Nado
na Coruña en 1859, Uxío Carré Aldao foi un libreiro e escritor en
lingua galega e castelá. No ano 1891 faise cargo da libraría de
Andrés Martínez Salazar e da imprenta de Domingo Puga, onde tiña
lugar unha tertulia galeguista, coñecida como A Cova Céltica, da
que Carré era o principal animador.
Na
súa imprenta ían aparecer gran parte dos libros dos autores galegos
da época. Foi membro da Liga Galega (1897) e de Solidaridade Galega
(1907), ademais de ser un dos fundadores da Real Academia Galega, así
como membro da Real Academia da Historia.
Carré
casou con Purificación Alvarellos Pena, unha muller de orixe arteixá
coa que tivo once fillos, aos que lles inculcou as súas inclinacións
literarias. Algún deles, Uxío, Leandro e Lois Carré Alvarellos
foron escritores, así como as súas netas May Carré e María del
Pilar Carré, que se dedicaron á novela rosa.
Algunha
das súas obras foron Brétemas (1896); Raiolas (1898);
Apuntes para lahistoria de la imprenta y el periodismo
(1901); La literatura gallega en el siglo XIX (1903);
Influencia de los catalanes en el progreso de la industria
pesquera en Galicia (1904); Idioma y literatura de Galicia
(1908); Guerra de la Independencia en Galicia. El Alzamiento
contra los franceses (1908); Influencias de la literatura
gallega en la castellana (1915); Contos de forxa (1919)
ou, A terra chama (1925).
En
1928, catro anos antes da súa morte, publica o tomo dedicado á
provincia da Coruña da Geografía General del Reino de Galicia,
unha auténtica xoia, unha obra sublime na que Carré dá un paseo
polo máis profundo de cada unha da parroquias dos concellos
coruñeses debullando a súa xeografía, historia, lendas,
etnografía...
Deseguido
transcribimos o que publicou sobre a parroquia de Armentón na
devandita obra:
Parroquia
de San Pedro de Armentón, de entrada.- Terreno feraz, abundante
en pastos, pintoresco y ameno y bien ventilado, cercano al mar. Dista
de la capital de provincia 18 kilómetros y está unido a la
carretera de Finisterre, por la que arranca de Ermida (Lañas) de la
derecha de aquella y que en semicírculo al O. atraviesa la
parroquia, pasando por la aldea de Anzobre, y vuelve a tocar la
derecha, de la que parte, en Anide (Larín), en un recorrido de
5 kilómetros. Tiene una larga pendiente, pero inferior a un 5 por
100, en la subida hasta dicho lugar de Ermida. Contrasta la vista de
que se disfruta en su recorrido con el de la de Finisterre, pues lo
hace por un territorio risueño y poblado de arbolada. Desde una
cuesta ya se ve la señorial mansión de Anzobre, coronando una
altura medio cubierta por el boscaje, que hace aquel un lugar grato y
sumamente deleitoso. Cruzan la feligresía varios riachuelos que
serpenteando por sus praderas dan lozanía y frescura al hermoso
paisaje y forman el río Castro.
Panorámica do Pazo de Anzobre
Cuenta
con las dos aldeas de Anzobre y Roris y los grupos menores de
Armentón de Enriba, Barreiros, Campolongo, Carretera, Castro, cuyo
nombre acusa la existencia de uno de estos antiguos monumentos,
Corredoira, Crucela, Grela, Iglesario, Pena do Corbo, Perillona,
Telleira, Xesta y Xesteira. Sus habitantes suman 435 de hecho y 586
de derecho, con 133 edificios, de ellos 28 de un piso y 37 de dos y
68 chozas o albergues. Hay una escuela nacional y se celebra su
fiesta el 1º de Noviembre. Está a unos 7 kilómetros de la capital
del ayuntamiento.
Esta
parroquia y la inmediata de Lañas formó el Coto de Anzobre, cuyo
juez nombraba la casa de Ximonde. El curato es de presentación del
Conde de Priegue.
Tiene por límites Sorrizo al O., Lañas al E., Arteixo al N. y Larín
al S.
O
pasado 15 de outubro deixounos Julio Mancebo Moreiras, prezado amigo
co que viaxamos ducias de veces na máquina no tempo polo Arteixo da
súa infancia e da súa xuventude. Aínda incrédulo diante da
súa perda, sirva esta crónica como homenaxe á memoria deste ser
humano bo e
xeneroso que nunca esqueceremos.
Julio Mancebo Moreiras (Cortesía da súa familia)
Fillo
do coruñés Julio Mancebo e da arteixá María Moreiras, o
noso homenaxeado nace na Baiuca en 1942.
Era irmán de María Elisa, comerciante
que abriu a
primeira mercería da
capital municipal,
e de José
María,
bo futbolista que chegaríaa
xogar no
Fabril, o filial do R.C. Deportivo da
Coruña.
Julio
medra na Baiuca xogando cun numeroso grupo de amigos que ía
conservar toda a vida: Miaxo, Baldomero, Quico, Pepe Zas, Chucho da
Señorita, José Luis do Mestre, Tonio de Allán, Suso de Aurora,
Piro, Avelino, Manín, Paco de Arsenio, Juanechas “e outros que xa
se foron para sempre, meus primos Manolito e Maximino, Carra, Lolo de
Camila, Rebo e José María, meu irmán. Todos eles axudáronme a ser
como son e forman parte da miña vida1”.
De esqueda a dereita, Carra, Quico e Julio Mancebo (Cortesía da familia Mancebo López)
Naqueles
primeiros anos da súa infancia na Baiuca había dúas escolas
nacionais: a de nenas, rexentada por dona Carmen Frade, e a de nenos,
da que era titular don José Cabanas. Pero tamén había unha escola
particular, a de Julita Mosquera Calvete (irmá de ‘Pitos’), que
tiña numerosa rapazada de varios puntos do municipio. Julio foi
alumno de don José e de Julita e, polo que ten contado, gardaba bo
recordo de ambas escolas. “A principios do ano 1951 deixei a escola
de Julita e funme á nacional. Alí o mestre preparounos para facer o
ingreso no Instituto Masculino, hoxe chamado “Salvador de
Madariaga”, ao seu fillo José Luis, a Tonio de Allán e a min.
Aprobamos en xuño de 1952 e cambiounos a vida. Xa había que estudar
francés, lingua, historia, ciencias… porque en xuño do 53 había
que volver ao Instituto para examinarse por libre. Ao curso seguinte
xa me matriculei por libre e todo foi máis doado2”.
Ao
igual que lle aconteceu aos seus amigos de sempre, a súa infancia
estivo moi vencellada co Balneario. O edificio termal transformaba, e
de que xeito, a vida do Arteixo da época coa chegada do verán.
Segundo nos contou Julio
en máis
dunha ocasión, seica viñan
moitos rapaces que eran fillos de familias podentes, e claro, para a
rapazada local aumentaban as
posibilidades de diversión “porque tiñan xoguetes que nós non
tiñamos: patíns, bicicletas, balóns de coiro, raquetas de tenis...
Case todos aprendimos a montar en bici a conta dos veraneantes, e
tamén a patinar na pista do Balneario”.
O Balneario de Arteixo a comezos dos anos 50 (Cortesía de Ana del Río)
En
xuño de 1958 Julito
remata 6º, e a primeiros do mes seguinte aproba a reválida, que
era o exame oficial que os estudantes daqueles tempos debían aprobar
ao rematar os dous cursos do Bacharelato Superior (5º e 6º) para
obter o título de bacharel
e poder acceder ao curso Preuniversitario
(Preu) e á Universidade.
Nesa
época o mozo da Baiuca comeza a prepararse para entrar no Banco da
Coruña. Dona Emilia, unha señora que veraneaba no Balneario de
Arteixo, prometéralle unha praza porque naquela altura un dos seus
fillos ocupaba un alto cargo na dirección da entidade bancaria. Avatares do destino, a cousa torceríase a causa do falecemento da
señora.
Ao
pouco de esfumarse a posibilidade bancaria, Julio decide preparar o
ingreso para a Academia General Militar de Zaragoza. “Había
un só exame ao ano, no mes de maio, e o ingreso tiña dúas partes:
letras e ciencias. Viaxamos a Zaragoza no “Shangai”, un tren que
tardaba 25 horas en chegar dende A Coruña a Zaragoza. Para que a
viaxe nos saíra máis barata, sacábamos un quilométrico, billete
de ida e volta, para viaxar en 3ª. O primeiro ano aprobei a primeira
parte do ingreso: Xeografía, Historia, Debuxo Topográfico, Inglés…
pero o segundo ano suspendín e non quixen saber máis3”.
Foi
aí cando o noso homenaxeado dixo na casa que quería ser mestre.
-Fai
o que che dea a gana-, díxolle o pai.
Ferido
no amor propio pola contestación do seu proxenitor, decide
matricularse por libre de 1º e 2º na Escuela Normal. Aproba
todo 1º e a metade de 2º. Seu pai, vendo que o seu fillo ía en
serio, díxolle que se matriculara por oficial das asignaturas que
lle quedaban: Pedagoxía, Debuxo, Caligrafía, Prácticas… “Saquei
notable en todas e o curso seguinte 1963/64 matriculeime de 3º e
último curso. Foime moi ben, e ao final saquei Matrícula de Honor
no curso e sobresaínte na reválida. Segundo me dixo o sr. Castro,
conserxe da Normal, desde a súa inauguración soamente outro
estudante acabou a carreira coas mesmas notas que eu. Chamábase
Pernas e era de Betanzos. Non cheguei a coñecelo4”.
Á
parte de ser moi bo estudante, Julio Mancebo tamén era un excelente
futbolista que incluso estivera ás portas da elite do balompé.
Xogara o Torneo de Preparación (a antesala do fútbol federado no
noso municipio) co Atlético Arteixo, e posteriormente defendeu as
camisetas do Santa Margarita, club herculino no que tamén militou
seu irmán José María; do seu querido Penouqueira; e do
Bergantiños, equipo co que disputou a Serie A Rexional, categoría
equivalente á actual Terceira Federación.
Formación do Atlético Arteixo na primeira xornada do Torneo de Preparación disputada o 2 de xullo de 1961. Julio é o segundo pola esquerda da fila inferior (Cortesía da familia Mancebo López)
A
dicir verdade, no Penouqueira fixo un pouco de todo. De neno xa era
socio infantil e viaxaba co equipo naqueles ómnibus nos que a
Sociedade organizaba excursións a diferentes puntos de Galicia. E
mesmo foi elexido (en agosto de 1963) secretario da entidade, sendo
presidente Toribio Salvadores.
En
outubro de
1964 comeza a preparar a oposición a Maestro
Nacional.
Precisamente
nesa
época,
preparando as oposicións
nunha academia da Coruña, é
cando coñece
á
súa futura muller
Carmela López Román, moza
nacida
en Compostela pero que residía
na cidade herculina dende que
era unha meniñade
dous
anos. “Fixen
un horario que non me saltaba nin un día. Comezaba a estudar ás
09:00 h e paraba ás 12: 45. Os sábados dedicábaos a repasar os
temas da semana. Cheguei ao día do primeiro exame
e, moi tranquilo, bordeino5”.
Uns
meses máis tarde de
aquela gran alegría,nuns
tempos no que a comunicación era a que era, o
seu nome aparecía na prensa da época para
que pasara a recoller o título obtido:
ESCUELA
del Magisterio
AVISO
Se
pone en conocimiento de los interesados, que se han recibido los
Títulos de Maestro de Primera Enseñanza, para que por los mismos
puedan ser retirados en la Oficina de este Centro en horas de oficina
y días hábiles, relativos a los señores don Julio Mancebo
Moreiras, Ramón Vinagre Romero y Antonio Andreu Cid6.
A
Comisión Permanente de Educación Nacional, en sesión celebrada o
19 de febreiro de 1966, nomea a Julio Mancebo como propietario
provisional da Escola de Ordes n.º 2, praza que non ocupou porque se
tiña que incorporar en breve ao exército para realizar o servizo
militar. Nese mesmo ano o seu querido Penouqueira gaña, por primeira
vez na súa historia, o campionato da chamada Liga de Arteixo. Julio
poucos partidos poidera xogar cos da camiseta vermella porque,
precisamente, estaba facendo a mili en Ciudad Real.
Imaxe dunha formación do Penouqueira da tempada 1965/66 exercendo de equipo local no campo de Fornos, terreo de xogo inaugurado nesta tempada e que estaba situado no actual Polígono de Sabón, cerca da desaparecida fábrica de vinagres. De pé, de esquerda a dereita: José María Mancebo, Miaxo, Fernando, Baldomero Moreiras, Lolo, Suárez e Chapita. Abaixo: Manín -o neno-, Paco de Arsenio, Baldomero, José Ramón, Julio Mancebo e Suso (Cortesía de Humberto Mancebo)
Rematadas
as obrigas castrenses, o primeiro destino do mozo
da
Baiucacomo mestre de
Educación Primaria é o colexio deVilasantar,
a
onde chega por unha vacante por xubilación.
Posteriormente
estaríano
Val do Dubra, que
era onde traballaba cando casou en outubro de 1968 con Carmela, que
tamén rematara a carreira e
exercía
o seu maxisterio en Estorde (Cee). A
partir de aí, logo de darse o “si quero”, Julio sería
mestreen
Beseño, parroquia
do municipio de
Touro, e no
ano seguinte,en
1970, en
Camelle (Camariñas), vila
na que xa residía Manfred Gnädinger, un mozo alemán que
non
ía tardar en abandonar a
típica aparencia dun mozo burgués
do
centro de Europa para
converterse nun
ermitán. Si, estamos a falar de
Man, o alemán de Camelle.
Pola
súa banda, Carmela, despois da súa etapa en Estorde, ía ser mestra
en Xaviña (Camariñas) e en Laxe.
O
matrimonio, que ían ser pais de Tati, Tere e Julio, chegan a
Meicende en 1971, a aquel Meicende no que a refinería estaba
modificando non só a paisaxe da contorna, senón tamén o xeito de
vivir. Dende
a inauguración en 1964 das instalacións petrolíferas, a pequena
aldea agrícola
de
antano, á
que mesmo lle escribira Eduardo Pondal no seu poema “Vindo de
Bergantiños”,
pasou en pouco tempo a converterse nuns dos motores económicos e
industriais máis importantes de Galicia. Por
tal motivo, foron
moitas as familias que estableceron o seu domicilio na
localidade,
matriculando
aos seus cativos no colexio mixtoSan
Xosé Obreiro, de patronato eclesiástico, ao
que acababan
de chegar Julio e Carmela como
novos profesores.
Este
centro educativo fora construído entre finais da década dos 60 e
comezos dos 70 grazas ao impulso do párroco de Pastoriza, don José
Lourido, que contara coa axuda e co apoio da veciñanza e das
empresas da zona para sufragar a obra do colexio e das vivendas dos
mestres. Porque un momentiño, se cadra os máis novos non o sabedes,
pero si, houbo un tempo no que os profes vivían nos colexios.
Imaxe do antigo colexio San Xosé Obreiro, derrubado en 1988 (Xosé Castro/La Voz de Galicia)
Ao
pouco de aterrar
no
San Xosé ObreiroJulio
Mancebopasa
a ocupar
a dirección do centro, cargo no que ía botar un feixe de anos. Nuns
tempos grises
nos que a pedagoxía ía por outros camiños, don
Julio, como o seguen chamando algúns dos seus antigos alumnos,
aportaba
luz e chispa. Pensaba
que os docentes debían utilizar todos os recursos e procedementos
didácticos que tiñan ao seu alcance para que o alumnado aprendera
e comprendera,
co menor esforzo, os conceptos educativos
(e
da vida mesma)
que se
pretendían
ensinar, co
finde
axudarlle
á
rapazada
a afrontar o
futurodo
mellor xeito posible.
Sobre
este particular, o mestre
da Baiuca
ten explicado a súa metodoloxía nalgún
artigo publicado
nesa época
en La
Voz de Galicia,
xornal ao que por certo fixo algunha que outra visita co seu alumnado
naqueles primeiros anos da década dos 70, nos
que o franquismo e
a súa política educativa
estaba chegando á súa fin.
Julio Mancebo visitando as instalacións de La Voz de Galicia en Catro Camiños cun grupo de alumnos do colexio de Meicende (La Voz de Galicia, 9 de abril de 1974)
O
colexio San Xosé Obreiro íase derrubar en xuño de 1988, e con el
as vivendas dos mestres nas que, entre outras, vivía a familia
Mancebo López, que posteriormente establecería o seu domicilio en
Arteixo.
O
comezo do curso 1988/89 ía ser algo caótico para os mestres e para
os pais dos alumnos xa que, durante uns meses, o alumnado estivera
escolarizado en diferentes centros educativos da Coruña. A
normalidade volvería en xaneiro de 1989, que foi cando se inaugurou
o colexio actual.
A
vinculación de Mancebo coa súa localidade adoptiva foi moi grande,
abofé. Mestre de numerosas xeracións e director do colexio durante
unha eternidade, ademais, tamén sería nos anos 90 o voceiro da
directiva de La Esperanza, sociedade á que pertence o Sporting
Meicende e que en 2024 cumpriu un século de vida. Fiel servidor e
traballador incansable polo ben da súa comunidade, na nosa humilde opinión pensamos que ten máis que merecida unha rúa
en Meicende.
E
así foron pasando os anos ata que chegamos ao 2003, ano no que o
noso querido amigo se xubilou da docencia. Con todo o tempo do mundo,
os seus fillos animárono a que contara as vivencias da súa infancia
e xuventude nun blog, ao que, con moi bo criterio, decidiu bautizar
“A miña Baiuca”. A bitácora botaba a andar o 14 de maio de 2006
con esta entrada:
“Chámome
Julio e nacín na Baiuca. Cada sábado vou ver a miña nai e cando
deixo as Carballas paréceme entrar nunha desas vilas que aparecen
nas películas do Oeste: unha rúa longa con casas a ambos os lados;
en vez de cabalos amarrados hai coches aparcados; en vez do salón
unha cafetería… mais na rúa non hai xente. Parece unha vila
fantasma.
Esta
estampa levoume a lembrar os anos da miña infancia, cando A Baiuca
era unha estrada viva, chea de xentes que ían e viñan arranxando as
súas cousas; de nenos e nenas que xogaban á pelota ou saltaban á
corda; e sobre todas as cousas, lembro as portas abertas como
invitando a entrar. Desa Baiuca de remate dos corenta e principios
dos cincuenta é da que vos quero falar nestas lembranzas subxectivas
e intimistas.
A
miña Baiuca comeza na casa de Aristón e remata na casa de Jesusa
“do Trono”. Non fagades caso do letreiro que hai na casa de
Amadeo e que di: “PONTEDOBA”. Para nós a Pontedobá quedaba á
outra banda do río7”.
Para
un servidor, “A miña Baiuca” foi unha auténtica bendición, un
vendaval de información co que tivemos a oportunidade de descubrir o
Arteixo dos anos 50. Nesa época na que empezou a escribir na web, ou
se cadra uns anos máis tarde (a memoria empeza a fallar), foi cando
comezou a nosa amizade. Lembro que a primeira vez que falara con el
causárame unha grata impresión. Vía nel a un home afable e
nostálxico ancorado nos anos 50-60. Xa tiñamos algo en común,
porque eu estaba (e sigo) ancorado nos 70-80. Teño que confesar que
Julio xa me tiña “fichado”. Coa súa habitual espontaneidade,
naquela primeira conversa que mantivemos no Petisco, soltoume algo
que me emocionou profundamente:
-
Ti es neto do Touciñeiro.
-
Son.
-
Pois mira, vouche contar un conto. Cando os rapaces da Baiuca íamos
polo verán á praia de Alba ou ao Carreiro, vindo de volta para
Arteixo, a vosa casa era parada obrigada!
-
E logo?
-
Parábamos alí para pedirlles a teus avós un tanque de auga.
-
Ese tanque aínda o conservo na actualidade, Julio!
-
Que me dis? Hasmo de enseñar un día! Que alegría me acabas de dar!
Dende
aquela primeira conversa, Julio converteuse nunha das principais
fontes dun servidor. Foi unha especie de “Juliopedia” á que
acudíamos con certa asiduidade para consultarlle cousas do Arteixo da
súa infancia e xuventude. De feito, cando en 2013 ou 2014 comezamos
o traballo de campo para o libro “Sabón” e para o documental “12
Leiras”, onde contamos a historia das expropiacións para a
construción do Polígono Industrial de Sabón, tivo a ben participar
no proxecto escribindo o prólogo do libro e sendo, ademais, un dos
protagonistas do audivisual que realizamos con Xosé Antón Bocixa,
documental no que Julio aparece xunto ao seu inseparable amigo Juan
Suárez ‘Manín. Podedes ver o testemuño de ambos os dous aquí (a
partir do minuto 1:00:35):
Tamén
hai que resaltar que durante case unha década o admirado mestre,
gran amante da literatura, foi o coordinador do Certame Manuel
Murguía de narracións breves, premio literario que organiza o
Concello de Arteixo desde 1991.
A
finais de 2006 susbtituía a Henrique Rabuñal, que estivera durante
15 anos encargado da organización do concurso. Julio ía levar a
coordinación ata o 2 de outubro de 2015, día no que deixa de asumir
as súas funcións no prestixioso certame apelando á necesaria
renovación de cargos. Tras esta importante decisión ía coller a
remuda Alfredo Ferreiro, director literario actual.
Julio Mancebo na súa etapa de coordinador do Certame Manuel Murguía (Cortesía do Departamento de Cultura do Concello de Arteixo)
Cortesía do Departamento de Cultura do Concello de Arteixo)
Dende
que se xubilara en 2003, Julio non parou de escribir. Facíao no seu
blog, no que publicou exitosamente ata o 2008, e tamén nuns cadernos
persoais aos que denominaba “revoltixos” porque narraba un pouco
de todo. Dicía que eran coma unha pota de lentellas nas que tanto podía haber historias de antano como de hogano. Precisamente,
nun dos seus “revoltixos” describe así o seu paso polo Certame
Manuel Murguía de narracións breves, baixo o título “unha
aventura literaria”:
“Cando
o alcalde Pose me propuxo ser o coordinador do certame “MANUEL
MURGUÍA”, aceptei encantado porque para min era unha honra, unha
grande honra. A proposta fíxoma na cafetería “O Parque” en
presencia do concellal Luís Patiño.
Foi
doada a miña tarefa porque contei coa axuda de Sonia, técnica de
cultura, Eva e Lita, un equipo fantástico que me arroupou en cada
momento e xuntos fomos introducindo novidades como aumentar a cuantía
do premio, establecer premios en metálico para o 2º e 3º dos
finalistas…
O
longo das distintas convocatorias coñecín a xente moi interesante
como Xabier Docampo, Quico Cadaval, Andrés Pociña, Mercedes
Queixas…
Lembro
unha chea de anécdotas pero a máis simpática, relevante e “cuasi”
incrible foi con Andrés Pociña8,
gañador do “MURGUÍA” co seu relato “As dúas vellas do
Iguasú”.
Andrés
é catedrático de latín na Universidade de Granada. É un home moi
culto e gran coñecedor da obra de Rosalía e a creada por Luz Pozo.
Eu
non coñecía de nada a Andrés Pociña e cando veu hospedouse no
hotel Atlántico. Alí nos vimos e falamos de moitas cousas. Díxome
que aquela tarde tiña que visitar á gran poeta Luz Pozo Garza e
contoume cousas da vida e obra da poetisa. Díxome que o seu gran
amor fora un home de gran sensibilidade chamado Eduardo Moreiras.
Cando rematou de falarme da enorme calidade da poesía de Eduardo,
fixen unha intervención e díxenlle:
-Parecerache
unha coña pero Eduardo era primo carnal da miña nai María
Moreiras.
Quedo
en silencio, miroume cos ollos moi abertos e cun xesto de
escepticismo dixo:
-¡Non
pode ser!
-Si,
Andrés, o pai de Eduardo, era irmán do meu avó Jesús Moreiras.
-¡Que
cativo é o mundo! Preséntome a un certame literario que organiza o
Concello de Arteixo, gaño o primeiro premio, coñezo o coordinador
do certame e dime que a súa nai Maruja Moreiras é prima de Eduardo
Moreiras!
En
fin, disfrutei moito nos 8 anos que exercín de coordinador do
“MURGUÍA9”.
Imaxe tomada en maio de 2010 na entrada do Centro Cívico Cultural de Arteixo. De esquerda a dereita: Samuel Solleiro -xurado-, Valentín Alvite -finalista-, Andrés Pociña -gañador da XIX edición do Certame-, Antonio Bazarra -finalista-, Montserrat Collazo -xurado- María dos Anxos González Refoxo -xurado- e Julio Mancebo (Cortesía do Departamento de Cultura do Concello de Arteixo)
Esestextos
aos que el denominaba
“revoltixos” tiven a sorte de lelos
un
cento de veces e gárdoos, xunto coas narracións do seu blog “A
miña Baiuca”, coma un dos meus bens máis prezados coa ilusión de
que algún día vexan a luz nun libro que honre a memoria do meu
querido amigo. Porque si, Julio
tiña a ilusión de convertir
os seus textos nun libro, como así mo deixara caer nun daqueles
días nos que quedáramos
para
tomar unha caña:
-Toma,
quero que o leas e que me digas que che parece. A min gustaríame
publicar un libro con todo isto.
Que
depositara tal confianza en min, supoñía un premio extra á nosa
amizade. Lin con moito cariño unha e outra vez o que escribira baixo
o título “Cousas miñas: Revoltixo”. Algunhas das historias xa
me resultaban familiares da época na que escribira no blog “A miña
Baiuca”. Outras sorprendéronme moi positivamente e descubrín
informacións para min descoñecidas do Arteixo dos 50-60. E, sendo
futboleiro como el era, tamén falaba de fútbol, do seu
Penouqueira, dos Mundiais, de adestradores… A dicir verdade, o seu
xeito de escribir xa me cautivara na súa bitácora. Gustábame o
ritmo da súa escrita e a paixón con que narraba o detalle. Unhas
semanas máis tarde volvemos a quedar para poñernos ao día das
nosas cousas.
-
Que? Que che pareceron esos revoltixos?
-
Vou a ser franco, Julio.
-
Non agardo menos de ti!
-
Disfrutei moito con todo o que contas pero, se tes pensado publicar
un libro, eu quedaríame só co que contas da túa infancia e
xuventude, e a ese libro engadiríalle todo o que contaches no blog
“A miña Baiuca”. Eu deixaría fóra o que contas do fútbol
actual.
-
Xa che dixen que era un “revoltixo” de contos (risas). Gustoume a
túa franqueza. Vou pensar no que me dis.
Neses
cadernos tamén descubrín o seu amor pola poesía e,
sorprendentemente, mesmo nos deixou unha despedida que escribira en
xuño de 2022. Con ela rematamos esta crónica de homenaxe ao noso
querido e prezado mestre da vida Julio Mancebo Moreiras: