INDUSTRIA E NEGOCIOS




A. & J. SALGUEIRO, A FÁBRICA DE CONSERVAS DO RAÑAL
      
     O espazo que hoxe ocupa o aparcadoiro da praia de Alba, no Rañal, agocha os vestixios da antiga fábrica de conservas A.&J. Salgueiro, unha das primeiras industrias en instalarse da zona e que hai xa case tres décadas  que pechou. Foi a finais da década dos sesenta cando os irmáns Andrés e José Salgueiro solicitaron permiso de obra coa finalidade, según contan os maiores do Rañal, de levantar un hotel nun entorno inigualable, a carón das praias de Alba e Sabón e do piñeiral do monte de San Tirso. Mais este establecemento nunca chegaría a ser construído e, no seu lugar, edificaríase a fábrica de conservas que, durante varios anos, foi unha das principais fontes de emprego para as mulleres de Arteixo e os seus arredores, entre elas miña nai, Melucha, que se gañaba o pan como encargada e tamén era representante sindical da U.X.T.
 Imaxe dos anos 90 da conserveira
     Lembro que tamén había traballadoras de Loureda, Oseiro, Rañobre, Figueiroa, Chamín, Baldaio, Laracha...e ata había un matrimonio da Agualada de Coristanco que vivían de aluguer nunha casa da aldea, cerca do Bar Chucho. Algunhas destas empregadas acabarían casando con veciños do Rañal que, naquela hora, a gran maioría deles traballaban na fábrica das tónicas...si, si, nesa que ninguén sabía escribir o seu nome pero que todo o mundo pronunciaba "Sueps". Moitos destes homes eran albaneis que atoparan traballo na edificación na nave da Schweppes e, unha vez rematada a obra, quedaron a traballar alí como empregados da empresa ata o seu peche, no 2009.
     A unha en punto soaba tódolos días a sirena da conserveira. Era a hora do descanso para xantar. As empregadas do Rañal ían comer ás súas casas e as que non residían na aldea, nos días de bo tempo xantaban ou ben á sombra dos piñeiros do Monte de Manolito, ou ben a carón do río Bolaños, o río que desemboca na praia de Alba, areal que aparecía nas latas de conservas da A.&J. Salgueiro S.L.
Traballadoras da conserveira comendo a carón do río
 Imaxe dos primeiros anos 70 traballando na conserveira
      A conserveira do Rañal tamén era coñecida polo cheiro que desprendía e os seus verquidos ao mar, verquidos dos que se fixera eco un medio de prensa nacional. O xornal ABC, na súa edición do 9 de agosto de 1973, en alusión ao aumento da contaminación na costa española, relataba: "Quien esto escribe fue testigo de lo que se ha hecho con una playa de Sabón, en Arteijo, de arena finísima y aguas transparentes. Una fábrica de pescados ha llevado sus vertederos hasta el mismo borde del arenal y el olor es tan nauseabundo que incluso un pinar sito a centenares de metros ha quedado visto para sentencia". Así pois, a fábrica de Salgueiro era un reflexo do que era o medio ambiente naqueles anos, nos que a norma xeral era que algunhas fábricas usaran a costa de Arteixo como vertedoiro mentres a administración miraba para outro lado. A conserveira do Rañal foi un exemplo disto e, aínda hoxe, cando os temporais do inverno levan metros e máis metros de area das dunas da praia de Alba, quedan ao descuberto as tuberías que levaban os restos do peixe das conservas directamente ao mar.
Tubería da conserveira do Rañal no areal de Alba
      Os problemas medioambientais aparecían en escena, problemas que se agravarían posteriormente ao ir aumentando o número de empresas no Polígono de Sabón. A día de hoxe, parte das rochas da Pedra do Aguillón e do Paiolo, é dicir, na desembocadura do Bolaños, aínda presentan un tono alaranxado, consecuencia dos verquidos incontrolados que durante moitos anos sufriu esta parte do litoral arteixán. Seguro que moitas e moitos de vós, especialmente @s que tedes máis de cuarenta abriles lembrades aqueles dous ou tres días á semana no que o mar non era azul... nin verde...non...era laranxa!
      A fábrica de conservas dos irmáns Andrés e José Salgueiro pecharía a finais dos anos oitenta e sería derrubada cando se iniciou a construción do paseo marítimo, mais a familia Salgueiro seguiría vinculada a Arteixo varios anos máis xa que unha filla de Andrés, da cal sinto non lembrar o seu nome, impartiría clases no instituto Manuel Murguía.
A conserveira pouco antes de ser derrubada
                                     

AS PRIMEIRAS TELEVISIÓNS E A TENDA DE RADISGAL

     O 28 de outubro de 1956 Televisión Española (TVE) principiaba as súas emisións regulares, mais terían que pasar moitos anos para que houbera un televisor en todos os fogares xa que, nun primeiro momento, era un producto caro que non estaba ao alcance da inmensa maioría da poboación. Incluso tiña un imposto de luxo (eran 500 pesetas), imposto que estaría en vigor dende ese ano de 1956 ata o 23 de setembro de 1965, data que sería suprimido, pois o réxime franquista deuse conta da importancia propagandística que tiña a "caixa tonta" e deste xeito, cando Manuel Fraga Iribarne era Ministro de Información e Turismo (1962-1969), o réxime tamén fomentaría unha rede de teleclubs.
     O número de receptores medraría de forma espectacular en pouco tempo. En 1958, dous anos despois das primeiras emisións, había 30.000 televisores en todo o Estado español; en 1963, 300.000; en 1965, 1.250.000; e, en 1968, máis de tres millóns.
     Según o escritor carballés Xan Fraga, en Galiza inaugurouse a televisión o día 1 de setembro de 1961, en Santiago de Compostela, cunha emisora Philips que transmitía no canal 4 da banda 1. A primeira emisión de TVE que chegou á cidade da Coruña foi o día 15 dese mesmo mes de setembro e, era un reemisor importado de Alemaña, que recibía o canal 4 de Santiago. O repetidor estaba en Pena Moa.
     ¿Cales foron os primeiros fogares privados en Arteixo que tiveron televisión? ¿Cales foron os primeiros establecementos públicos que incorporaron as 625 liñas? ¿E as primeiras tendas de electrodomésticos? Foron diversas as fontes orais consultadas e poucas concordaron nas súas respostas. Faríano unicamente nas marcas máis difundidas, que eran Philips, Vanguard, Iberia, Telefunken ou General Electric, e tamén no custe: unhas 20.000 pesetas (120 euros), prezo prohibitivo naquela hora, polo que adultos e cativos acudían en masa a ver as emisións aos bares e casas a donde chegaran as primeiras teles, caso da casa da señora Julia da Baiuca, a nai de Fino, Julita, Sarita, Pablo, "Totos", "Tete" e "Pitos", que según a maioría das fontes consultadas foi a primeira particular de Arteixo en ter este novo invento, casa donde, por certo, Julita e "Pitos" ensinarían a ler e a escribir a ducias de nenas (ela) e nenos (él) e donde moitos destes cativos e cativas tiveron a oportunidade de ver, por primeira vez, os festivais de Eurovisión ou as filigranas que facían coa pelota xogadores inesquecibles como Pelé, Alfredo Di Stéfano ou o noso Luis Suárez.
     El Gallo de Oro (o antigo), Muiñeiro, Moisés, Sanchís... irían poñendo (non podo dicir quen foi o primeiro) nos seus establecementos o novo aparato máxico e, ao mesmo tempo, moitos dos seus clientes non eran quen de explicar como se podían meter dentro daquela caixa as persoas que falaban no seu interior, clientes para os que era un verdadeiro acontecemento ver e escoitar por aquela caixa ao seu veciño máis popular: Arsenio Iglesias, "o raposo de Arteixo".
     Cara a finais dos anos sesenta e principios dos setenta había dúas tendas de electrodomésticos en Arteixo donde se podían mercar os televisores: a de Fontes e a de Radisgal, e hoxe toca falar desta última.
xabier maceiras
Publicidade de xullo de 1970
     Alí traballaba Luis e Mari Pili. Luis facía un pouco de todo: atendía na tenda, instalaba os electrodomésticos e as antenas de televisión e, ademais, buscaba clientes por todo Arteixo. Eduardo Longueira, o señor Radisgal, que xa daquela era unha persoa maior, tamén tiña tendas na Coruña, onde unha das dependentas era Mari Chelo (irmán de Mari Pili, a que traballaba en Arteixo) e, se non lembro mal, en Ponteceso.
     A sinal da emisión que chegaba a Arteixo, sobre todo ao centro da vila, era moi mala..."as veces víanse aos futbolistas ao revés, coa cabeza na parte inferior da pantalla e os pés na superior", lembraba unha das fontes orais coas que falei. Por tal motivo, Radisgal seica decidiu montar un repetidor nun monte do lugar da Pedreira, no alto da Catuxa, que era propiedade dos do Perinete, familia que a cambio recibiría de agasallo un televisor.
Publicidade de xullo de 1969
     Naqueles anos setenta tamén iría aparecendo pouco a pouco en Arteixo a televisión en cor, outra innovación de moito nabo que andaba polas 100.000 pesetas. Houbo bares e casas particulares que viron en cor, xa daquela, e cunha enorme expectación, os Mundiais de fútbol de 1974 e 1978, celebrados en Alemaña e Arxentina respectivamente, mundiais que gañarían en ambos casos as nazóns organizadoras vencendo na final á "laranxa mecánica", a Holanda dos Cruyff, Neeskens, Van Hanegem, Rensembrink, Haan, os irmáns Van de Kerkhoff, Rep e compañia.
     Así pois, o branco e negro empezaba a ser historia...mais na casa dun servidor o cambio ao cor non se produciría ata o ano 1982. Fora para ver o Mundial de España ¿lembrades?...e sí, aquel novo televisor tamén se comprara na tenda de Radisgal.

FONTES:
-FRAGA, XAN. "Crónicas de Carballo". A.C. Lumieira. Carballo, 2004.
 

AS PRIMEIRAS FARMACIAS DA VILA DE ARTEIXO
 
     Hoxe imos falar das farmacias máis antigas de Arteixo, onde non deixa de ser curioso que o persoeiro máis ilustre do noso concello, Manuel Murguía, fora precisamente fillo dun boticario, de Juan Martínez, que antes de establecerse en Santiago de Compostela tivera farmacia na Coruña, na rúa Garás. Según algunhas fontes, Martínez era bo amigo (probablemente porque cursaran estudios xuntos) do veciño de Oseiro Antón Pan, que sería o padriño daquel meniño que nacera o 17 de maio de 1833 na súa casa de Froxel, coñecida naquela altura como a “casa do médico” e que, co tempo, convertiríase no máis destacado impulsor do Rexurdimento galego.
     Manuel Murguía falecería no seu domicilio da rúa coruñesa de San Agustín o 2 de febreiro de 1923, nunha época na que xa se establecera na nosa vila un home que seguro que tamén vos soa o seu nome porque pasastes ducias de veces pola rúa que ten dedicada en Arteixo: o farmacéutico Manuel Fernández Llamazares.
     O Sr. Llamazares, como se lle coñecía comunmente, chegara á vila arteixá en tempos do alcalde Faustino Pazos Teijeiro, que fora o primeiro mandatario local desde marzo de 1903 ata maio de 1910. Naquela hora xa había botica en Arteixo, a de D. Jesús López Valdivieso, que solicitara a apertura dunha farmacia na vila en 1908.


A antiga botica da Baiuca
 Fernández Llamazares establecería a súa botica na casa que aínda podemos ver ao carón do estanco da Baiuca, edificio que era propiedade de Dolores e Encarnación González Mes, que eran irmáns de Baldomero, alcalde de Arteixo en tres etapas distintas: 1914-1916, 1920-1923 e 1930-1931. O boticario, que tamén desempeñaría en Arteixo os cargos de xuíz municipal e de vicepresidente da Sociedade Recreativa “El Alba” (na sede da entidade, o Café Berán, seica tocaba o piano con gran pericia musical), falecería a finais de 1946. Meses despois, a súa viúva María Luísa Saralegui venderíalle a licencia da farmacia ao mestre de Ortigueira Horacio Fernández Gómez, persoeiro que na actualidade ten unha rúa dedicada na vila de Cariño.
O farmaceutico Llamazares
 

     Horacio Fernández quedara víuvo en 1929, con 32 anos, da súa muller Gregoria Calvete, unha zaragozana a quen coñecera cando ambos impartían docencia na localidade de Cariño. O matrimonio tiña catro fillas: Marianela, Alicia, Gloria e Gregoria, rapazas ás que Horacio sacaría adiante con moito sacrificio. A maior, Marianela, faría a carreira de farmacia e, despois de que o seu pai lle comprara a licencia á viuda de Llamazares, estaría ao fronte da botica desde os derradeiros anos corenta ata os primeiros sesenta. Gregoria, a máis nova das catro, vivía con Marianela na Baiuca, e tamén iniciara a carreira de farmacia mais, cando ía polo 3º ano, tivera que abandonala, uns estudos que retomaría posteriormente aínda que finalmente licenciaríase en maxisterio. As outras dúas irmás, Gloria e Alicia, só viñan a Arteixo polo verán xa que pasaban o ano en Madrid facendo as carreiras de mediciña e de odontoloxía. 
      A botica estaba no baixo do edificio e unha vez rematada a carreira Alicia, unha das primeiras odontólogas galegas, montaría unha clínica dental no primeiro piso. Na casa tamén estaba Milucha do Tato, que traballaba como empregada doméstica, mais Marianela e Gregoria tratábana como si fora da familia.   
    Estamos xa nos sesenta, anos no que chega a Arteixo, concretamente en 1961, Teodomiro Santos Blanco, un mozo que nacera en Noia en 1929 mais que pasara media vida en Pontevedra. Aquel mozo, que hoxe vai camiño das 87 primaveras, contábame hai uns días, tomando un café, que moito lle chamara a atención que, naquela hora, unha vila como Betanzos, coa mesma poboación que Arteixo tivera tres farmacias e que aquí só houbera unha. “Foi por iso -dicíame- polo que Arteixo pareceume un sitio bo ...e mira que naqueles anos aquí todo eran leiras! Na zona só estaba a tenda de Elvirita, o Moisés e a miña farmacia”. Naqueles tempos o señor Teodomiro, que tamén me afirmaba que “en Arteixo fíxenme un home a aprendín a enfrentarme á vida”, comía e ceaba na do Veigheiro cando lle tocaba estar de guardia que, ao haber só dúas farmacias, era semana sí semana non.
O señor Teodomiro diante da farmacia da súa filla Eva
    A principios daqueles anos sesenta, Marianela Fernandez, que ten actualmente 94 anos, deixaba o concello arteixán para irse a vivir a Ferrol, cidade na que tamén abriría unha farmacia. Gregoria, a pequena das irmás, quedábase ao frente da botica da Baiuca, botica que en 1968 cambiaría de ubicación trasladándose á Avenida do Balneario, onde Gregoria contrataría á farmaceutica Eva Gómez. A partir daquel intre, a botica pasaría a ser a tenda de Marina, a muller de Manuel Moreiras, que estaría no edificio ata 1980, ano no que se mudarían para onde hoxe as súas fillas rexentan o estanco da Baiuca. 
     Gregoria botaría raices definitivamente en Arteixo, onde casaría naquela altura con Pepe Fontes e de aí que a farmacia (hoxe Farmacia Ana Torres) fora coñecida como “a  de Fontes”. O matrimonio tería tres fillos: José Ramón, o policia local que todos coñecemos por Telete, Alejandro e Marianela.
     Nestes anos sesenta, na farmacia de Teodomiro Santos traballaba Vicentina, que era filla do señor Amable. Nos 70 faríano, como auxiliares, dúas mozas arteixás que aínda hoxe, despois de máis de catro décadas, nos seguen atendendo amablemente na mesma farmacia: Begoña e Chus, que empezaron respectivamente en 1971 e 1972.


Edificio no que estaba a farmacia de Alicia Rey
     O señor Teodomiro Santos, que hoxe pasa gran parte do seu tempo no souto que ten na Groba, na parroquia de Larín, onde prantou castiñeiros nunha extensión de 10 hectáreas (o souto máis grande do concello), retiraríase nos anos noventa, mais a familia Santos seguiría vinculada ao mundo farmaceutico no noso municipio xa que os seus fillos Eva e Manuel son, respectivamente, os titulares das farmacias da Avenida do Balneario e da Travesía de Arteixo.
     Coincidindo cos últimos anos da vida laboral do señor Teodomiro, nun edificio antigo da Avenida do Balneario e o Camiño da Baiuca, Alicia Rey Formoso abriría o que era a terceira farmacia de Arteixo, farmacia que trasladaría en 1993 á Ponte do Ba e que en 2006 traspasaría a González-Rosón Fernández.




A FÁBRICA DE CHOCOLATES DE ARTEIXO

     Pois sí, en Arteixo tamén tivemos a nosa fábrica de chocolate. Non vaiades a pensar que foi a do famoso libro infantil de Roald Dahl, levado ao cine en 2005 nunha película dirixida por Tim Burton e protagonizada por Johnny Depp. Non, a de Arteixo era Fábrica de Chocolates Callejo, mais estaba chea de encanto e de historia e, entre as súas máquinas, un podíase sentir un pouco como Charlie se debía sentir nesa fábrica de chocolate do conto do escritor británico Roald Dahl.
 
Publicidade dos anos 70
     O
propietario de Chocolates Callejo era Benjamín García Borrazás, natural de Armentón que abriría o seu negocio en Arteixo arredor do ano 1969, décadas despois dos tempos de escaseza da posguerra, cando o chocolate estaba racionado, e o proceso de fabricación e de comercialización atopábase totalmente intervido. Dende o goberno franquista estipulábase canto fabricar e a quen distribuílo. A veces, o chocolate mesmo se humedecía esperando que o viñesen buscar os funcionarios do Estado. Era unha verdadeira mágoa que nunha época de necesidade extrema como aquela da posguerra o chocolate tivera que chegar á xente en malas condicións, tempos en que, ante a falta deste producto, a xente conformábase con cascarilla. De feito, as persoas nativas da Coruña, aquelas que son da Coruña de toda a vida, chámanse a si mesmas cascarilleiras...paradoxas da vida, a cascarilla volve ser un produto demandado e moi buscado para preparar infusións.
 
     Chocolates Callejo principiaba a súa andaina no nº 209 da Avenida de Fisterra, no mesmo edificio no que posteriormente se establecería no primeiro piso Foto-Rodri, e donde a dona de Benjamín, Mari Luz Ramos, levaba un ultramarinos que o matrimonio tiña no baixo do mesmo. Neste ultramarinos tamén traballaba María Jesús García, a simpática carniceira que vos atende cando ides facer a compra ao Eroski, unha muller que hoxe está a piques de disfrutar da súa xubilación e que traballaría na tenda de Mari Luz ata 1986, ano no que pasaría a ser a propietaria. Catro anos máis tarde, en 1990, a cadena de supermercados Comprebén faríase co seu negocio... e seguro que aínda hai quen lembra a inauguración do mesmo, xa que fora mítica a presencia de Carlos Mata, o popular actor venezolano protagonista de numerosas telenovelas daqueles anos 80-90.
      Mais sigamos coa chocolatería, na que aparte do seu propietario Benjamín García, tamén traballaban o home de María Jesús García, Antonio Iglesias (pais de Víctor Iglesias García, o director da Escola Municipal de Música de Arteixo) que fixo de repartidor unha tempada, a señora Dorinda, que facía de moza de almacen e de “multiusos” do negocio e Ceferino, que era o comercial da empresa, o "viaxante" que percorría o asfalto para colocar os Chocolates Callejo nas tendas do país e facerlle a competencia a Chocolates Mariño, fábrica fundada en 1927 en Carballo e que aínda segue funcionando a día de hoxe e é un dos poucos lugares, en todo o Estado español, que conserva o proceso de elaboración artesanal, proceso que tamén se levaba a cabo na Fábrica de Chocolates de Arteixo, donde se traballaba con producto de gran calidade.
Benjamín García traballando na súa fábrica
     As máquinas de Callejo trituraban, refinaban e amasaban o chocolate, transformando o froito do cacao en cacao en polvo, ou nun auténtico chocolate que só se facía con fariña e azucre, ou azucre só no caso do chocolate negro. O proceso era tan minucioso que mesmo a cascarilla terminábase de separar do chocolate a man, para que non quedara ningún resto, algo impensable nos procesos de fabricación industrial. Chocolates Callejo era unha tenda peculiar, única na súa especie, con personalidade. Era imposible non reparar nela cando pasabas ao seu carón. Aínda que levaras a cabeza noutra cousa, chamábache a atención e o ruído das máquinas víase suavizado polo ulido a chocolate auténtico que se percibía nos arredores, principalmente os venres, que era o día que se moía. Unha vez moído o chocolate, amasábase con fariña e azucre, ou só con azucre, no caso do chocolate negro. Introducíase o chocolate xa amasado nunhas estufas a unha temperatura constante de ao redor de sesenta graos durante máis de 48 horas. Tabletéabase e introducíase na neveira. Gardábanse as tabletas durante un mínimo de oito días en armarios de madeira e logo empaquetábase para distribuilas posteriormente. 
Imaxe do esterior da fábrica
      Chocolates Callejo vendía principalmente a nivel provincial, sobre todo na zona de Ordes, Costa da Morte e Muros, donde tiña bastante clientela. Surtía ademáis aos cuarteis da cidade da Coruña. A “fábrica", como popularmente se coñecía en Arteixo, permanecería aberta ata preto do ano 2.000. Hoxe se pasades pola zona de Foto Rodri e o Rocha 7 hai un edificio que lembra os tempos desta chocolatería: o edificio Callejo.

 
O PARVULARIO DE PAULINA "A CHILENA" E O QUÍMICO DA SCHWEPPES
 

     Como ben sabedes, hai uns días que empezaron a derrubar as instalacións da Schweppes, unha das primeiras fábricas que se instalaron en Sabón e que se construiu no que era, antes das expropiacións para o polígono, a aldea da Pedreira. Cando paso por alí, non hai día no que non me veña á mente os meus primeiros días no parvulario de Paulina "a chilena", ao que empezara a ir aos 5 anos.
A Schweppes a mediados dos anos 70
Estouvos a falar do ano 1975. Paulina estaba casada con Carlos, que traballaba coma químico da Schweppes e tiñan un cativo da mesma idade que min, ou se cadra un ano menos, que se chamaba Mauricio. Chegaran a Galiza acompañados de Laura, a irmán dela, e do marido desta, do cal xa non lembro o seu nome. Os dous matrimonios fuxiran de Chile nos días posteriores ao 11 de setembro de 1973, o día no que o Palacio da Moeda, a sede do goberno chileno, fora bombardeado por tanques e avións das Forzas Armadas baixo as ordes do xeneral Augusto Pinochet. Ese mesmo día Salvador Allende, o presidente do país, que fora elexido libre e democraticamente pola maioría do pobo chileno, aparecía morto no seu despacho. As primeiras versións falaban de suicidio, mais co paso do tempo, descubriríase que Allende fora asasinado fría e premiditadamente por ordes do propio Pinochet e, ao parecer, coa compricidade da C.I.A. 
     Os días inmediatos ao golpe de estado foran de verdadeiro pánico para políticos e simpatizantes da esquerda chilena, moitos deles asasinados do mesmo xeito que acontecera aquí en xullo de 1936. Ao mesmo tempo que a loucura e o terror se ían apoderando do país, moitos dos seus cidadáns trataban de fuxir por terra, mar e aire das garras do fascismo de Pinochet, como fora o caso destas dúas irmáns, Paulina e Laura, e das sús respectivas familias, que respiraron tranquilas cando o seu avión despegou do aeroporto de Santiago de Chile rumbo a Barajas.

      Aos poucos días de chegar a Madrid, Carlos atopa traballo nunha prestixiosa multinacional de bebidas refrescantes, a Schweppes. Mais o traballo non era na delegación de Madrid. Era na da Coruña, na pranta que a empresa acababa de inaugurar no Polígono Industrial de Sabón, onde tamén traballaría seu cuñado. E aí chegan os dous matrimonios a Arteixo. Carlos e Paulina alugan un piso na Groufa, no edificio de cinco prantas que hai a carón de Rozas e, nun dos cuartos da vivenda, Paulina monta un parvulario no que o que escribe aprendería as primeiras letras, parvulario que en Arteixo era coñecido como "o da chilena". O seu marido Carlos empezaría a traballar de contado como químico do laboratorio da fábrica das tónicas, que tiña un nome imposible de ler mais que todo o mundo pronunciaba Sueps.
O parvulario de Paulina estaba no edificio da dereita
     Laura e o seu marido tamén alugan un piso na Groufa, enriba da Parrillada Paraíso, moi preto do outro matrimonio. Ela faríase vendedora da Stanhome, unha empresa mundial de venta directa de productos de todo o tipo, na que tanto vendía cremas anti-arrugas ou depilatorias como calquera artigo de limpeza de cociña ou baño, productos que vendía nas tendas, ferreterías e nos salóns de beleza da contorna e tamén nas xuntanzas que organizaba nos domicilios de algunhas amigas. Miña nai, Melucha, botáralle unha man en máis dunha ocasión organizando, na nosa casa, reunións ás que acudían amigas, veciñas, traballadoras da conserveira A.&J.Salgueiro e súas cuñadas para mercar algúns dos artigos que vendía Laura. Cos de limpeza aínda ía caendo algo, máis cos cosméticos non o tiña doado: Avón levaba moitos anos chamando a porta das mulleres galegas!...mais aínda así, coas comisións das vendas, xunto co soldo do seu marido na Schweppes, onde traballaba como xefe de producción, vivirían dignamente durante os tres ou catro anos que residiron en Arteixo.

     Aqueles eran tamén tempos nos que o camión de Adegas Moreta Rodriguez, que tiña os seus almacéns na rúa herculina de Castiñeiras de Abaixo, deixaba unha vez ao mes un bocoi de viño tinto de 50 litros do que daban boa conta os avós Milio e Carme, mamá, a quen lle gustaba botarlle un chisco de gaseosa, meus tíos, e por suposto as visitas das fins de semanas, nas que a dos chilenos princiaran a ser frecuentes. 
     Os días que viñan xantar, mentres que Paulina axudaba a miña nai e a avoa a preparar a comida, o avó Milio e Carlos baixaban ata o Bar Chucho, a taberna do Rañal que rexentaron durante catro décadas Jesús Souto e a súa muller Amelia. Mauricio e máis eu tamén íamos e alí e, mentres que eles tomaban uns "tóspiros" e falaban cos homes da aldea, nós escoitábamos as súas conversas bebendo unhas Mirindas de laranxa que no meu caso pedía, non polo que me gustaban, senón polos debuxos de Hanna Barbera que viñan nas chapas. Carlos encontrábase alí, no Bar Chucho, con moitos compañeiros de traballo: Juan do Castellano, Pepe de Xaquín, Chucho do Xastre...todos albaneis e veciños da aldea que construíran a fábrica da Schweepps e que, unha vez rematada a obra, pasaran a formar parte da plantilla da empresa. Naquela hora, a maioría dos homes do Rañal traballaban alí, na Sueps, e a maioría das mulleres facíano na Salgueiro S.L., a fábrica de conservas que estaba no lugar que hoxe ocupa o aparcadoiro da praia de Alba.
Imaxe recente da parcela da Schweppes 
      Os dous matrimonios chilenos non tardarían en abandonar Arteixo. Non lembro se a Carlos e a seu cuñado os despediran ou se lles rematara o contrato na fábrica mais un día, nun daqueles xantares, Paulina e o seu home dannos a triste nova de que tiñan que iniciar unha nova etapa nas súas vidas e que marchaban para Madrid. Para nós xa eran da familia e por iso, naquel intre, coido que ata o homiño da foto do almanaque de Adegas Rodriguez Moreta, que ano tras ano miraba para nós dende a porta da cociña, caeulle algunha bágoa. Carlos marchou de Arteixo sen entender a retranca de meu avó Milio, Paulina coas receitas dos guisos da avoa Carme e Mauricio cunha bolsa de monecos de indios e vaqueiros que eu lle agasallara. Nunca máis soubemos deles...se cadra porqué en vez de coller rumbo cara a Madrid collérono cara Chile...eu o que sei é que cada vez que paso pola Groufa ou por diante da parcela da "Sueps", que estos días anda cos "dimes e diretes" por saber o que alí se vai construir, sempre me lembro deles.





A PANADERÍA FERNÁNDEZ DE LAÑAS


     Falar de pan na miña casa ten o seu aquel. Medrar a carón dunha avoa de nome Carme Pan Pan e casar cunha muller de Carral, que de cando en vez déixame caer, así coma quen non quere a cousa, que o pan da súa vila natal é o mellor do mundo... pois claro, xa vos podedes imaxinar o percal cando defendo a miña patria chica e digo que en Arteixo tamén se fai pan de calidade, como xa nos lembraba Uxío Carré Aldao en 1928 na súa Xeografía do Reino de Galiza: "Teñen fama as bolas e pans de gran tamaño de fariña de millo chamadas Arteixanas".
     Mais vaiamos ao conto. Como ben sabedes, no noso concello temos unha chea de panaderías distribuídas por case que todas as parroquias do municipio, polo que podemos comprar pan en Meicende, A Maceira, Vilarrodís, A Groufa, Arteixo, Loureda, Uxes, Lañas, Chamín... e hoxe quérovos falar dunha delas: a Panadería José Fernández de Lañas que, xunto á de Noso, era a que viña polo Rañal cando eu era neno.
Imaxe dos anos 80 de José e Carme enfornando
     José Fernández era natural da Brea, en Carballo, lugar no que xa, desde mozo, se gañaba a vida coma panadeiro. Nos anos duros da posguerra, un dos sitios de reparto habitual do seu pan eran as minas de volframio de Couso e Agualada, no concello de Coristanco. Alí José coñecería á súa futura dona, Carme Iglesias Veira, neta do "Zapateiro" de Armentón que naquela hora, ao igual que moitas mulleres de Arteixo, traballaba nas minas do prezado metal que tanto necesitaban os nazis para fortalecer a capacidade destructiva do seu armamento.
     José e Carme non tardarían en casar. Faríano en 1943, tan só seis meses despois de se coñecer e, ao pouco, xa empezarían a cocer nunha casa da parroquia de Armentón situada a uns poucos metros de onde hoxe está o negocio, no lugar da Ermida de Lañas. A panadería era coñecida como a "do Zapateiro" por ser Carme neta deste home, unha Carme que pouco a pouco iría aprendendo o oficio ao mesmo tempo que ían nacendo os tres fillos do matrimonio: en 1944 viña ao mundo José Antonio, no 46 Manuel e no 48 Agustín.
     Naqueles anos 40-50, mentres José se encargaba de facer o pan que despois repartían pola contorna en cabalos, Carme facía o propio cos biscoitos e as roscas e, ata aprendería a facer outros doces. O tempo vai decorrendo e, a medida que o país vai pasando do branco e negro á cor, os tres rapaces van medrando botando unha man, desde cativos, no negocio familiar.
O matrimonio nos anos 50 cos seus tres fillos (de esquerda a dereita Agustín, José Antonio e Manuel)
      Estamos xa nos 60. Galiza vivía inmersa no contínuo goteo da emigración cara os países da Europa occidental. Os que quedaban aquí principiaban a gozar de forma lenta e paulatina de avances tecnolóxicos da época, como era o caso de dispor de corrente eléctrica nos seus domicilios ou da televisión, artigo de luxo que só estaba ao alcance duns poucos. Naquela altura, na panadería Fernández tamén habería algún avance xa que se empezaría a facer o reparto naquel camión vermello que, de seguro, aínda hai quen se lembra del. Mais os 60 tamén serían anos de triste lembranza para a familia Fernández Iglesias pola morte inesperada do seu fillo Manuel que, con tan só 21 anos, falecería en 1967 repentinamente. 
     Ese mesmo ano, José e Carme empezarían a cocer no forno grande da Ermida, o actual lugar no que está a panadería, e convecerían ao seu fillo máis novo Agustín, que pasara boa parte do servizo militar na casa grazas aos biscoitos que Carme lle levaba á muller do comandante, para que se quedara con eles no negocio.
Imaxe de Agustín e de Raúl, un empregado de Loureda
     Ao casar Agustín, a súa muller Otilia tamén aprendería o oficio, especialmente o proceso do doce, que lle iría ensinando súa sogra Carme nuns tempos nos que na panadería traballaba moita xente, sobre todo veciñ@s de Lañas, tempos nos que o camión vermello daríalle paso ao Land Rover, que é o coche de reparto do que eu me lembro cando deixaban o pan diante da porta da nosa casa do Rañal. Alí as dúas Carmes, a panadeira e miña avoa, falaban das súas cousas mentres que Agustín me deixaba apañar as migallas do pan que moitas veces comía na compaña do meu amigo Josiño de Tiso.
     Naquela hora, con camiños que non son os de hoxe, o Land Rover ten quedado atrancado no medio do barro dos carreiros de Rañobre e Suevos, lugares nos que en máis dunha ocasión tivo que ser retirado coa axuda dalgún que outro tractor. Outras veces tiñan que deixar o coche na entrada da aldea de turno e ir co pan polas portas en sacos, casos nos que Carme botaba de menos os cabalos cos que facía o reparto ao pouco de casar:
-Ai Agustín, se tivéramos os cabalos outro galo cantaría!
     O Land Rover substituiríase en 1988 pola furgoneta Mercedes coa que hoxe podedes ver polo concello a Agustín facendo o reparto, furgón no que por certo aínda figura o nome de José Fernández, que falecería en 1994.      Na actualidade, na Panadería Fernández traballan Angel, que é o panadeiro que teñen contratado, Agustín, a súa muller Otilia e Cristina, a máis nova das tres fillas do matrimonio. Agustín xa só fai o reparto e coce o día libre de Angel; Otilia reparte por Lañas e encárgase do despacho e do doce, doce que no caso da rosca só ela e súa sogra Carme, que hoxe ten 91 anos, saben facer.


Preparando a rosca. De esquerda a dereita, Otilia, Elena da Brea (curmá de Agustín), a señora Carme e Carme de Añón, veciña da familia

      Pola súa banda Cristina, terceira xeración da Panadería Fernández, que xa axudaba no negocio de cativa, empezou este ano a traballar coma unha empregada máis e algún cambio xa conseguiu: "A panadería nunca tivo cartel ata fai cousa dun mes que puxemos unha praca". Cristina tamén conta que o forno onde cocen nunca se enfría e está sempre por enriba dos 240º dende hai case 50 anos e, lembrando os tempos dos inicios do negocio familiar di que... "agora xa non imos por tantos sitios coma antes, mais en Figueiroa aínda se acordan de cando meus avós repartían o pan no cabalo".  

A plantilla actual da panadería: Agustín, Otilia, Angel e Cristina


O REAL CINE DE ARTEIXO

     Pois sí, houbo un tempo no que no noso concello había cine, o Real Cine, que para moit@s veciñ@s que peinan canas dende hai tempo era das poucas diversións e espectáculos aos que podían ir na súa xuventude, un lugar onde non faltaron anécdotas e intres vividos difíciles de esquecer...o patio de butacas, o acomodador, o galiñeiro...aquelas películas... 
 
 
O Cine Real e, á dereita, o bar de Dionisio
   Para unha persoa nada no 1970 coma é un meu caso, as lembranzas do Real son máis ben poucas...só teño o recordo das portas, do portelo no que se sacaban as entradas, das cortinas vermellas da entrada, da incomodidade que lle producían a un neno de 5, 6 ou 7 anos aquelas butacas de madeira...e para de contar!

     Seica a mediados dos anos 50, cando a vila de Arteixo pouco ou nada tiña que ver coa de hoxe, tres irmáns da zona de Sada ou Bergondo, Juan, Antonio e José Agra (para algunhas fontes o apelido era Varela) deciden comprar un dos terreos baleiros que naquela hora había na Carretera Nova (actual Avenida de Fisterra) para pór alí un cine, unha zona na que por aqueles temposhabía catro casas. Empezando dende O Cruce, hoxe Avenida de Caión, e seguindo dirección a Carballo, a primeira delas era a do muiñeiro, que é onde actualmente segue estando o bar Insua. Uns cen metros máis arriba, había outras dúas case iguais. Na primeira vivía Chucho Iglesias Pardo, Chucho de Arsenio, coa súa muller María e o seu fillo Fernando. Na casa do lado residía seu irmán Enrique, Enrique de Arsenio, coa súa muller Concepción e os seus fillos Maruja e Quico, casa na que por certo estaba O Correo e, seguindo a estrada, un pouco máis adiante estaba a casa de María de Zás, na que esta muller vivía co seu home Francisco Abeleira e co seu fillo Pepe.
     Pois ben, alí, na zona que hoxe ocupa o edificio Rozas, xusto diante da parada do bús dirección a Carballo, os tres irmáns decidiran comprar o terreo para construir o cine, unha construcción que lle contratarían a Chucho e Antonio Iglesias Pardo, que eran irmáns do xa daquela xogador do Deportivo Arsenio Iglesias. Na obra do edificio, Chucho e Antonio tiñan de pinche a seu sobriño Manuel Martínez, fillo de súa irmá María e mais coñecido polo alcume de Listero, un Listero que xunto a seu tío Chucho quedarían contratados como empregados do cine, que se inauguraría entre 1959 e 1960 facendo unha sesión os sábados e dúas os domingos.
A Av. de Fisterra a principios dos 70. O cine Real á dereita. 
      Polo que me contaron estos días algunhas persoas que aínda teñen grabadas nas súas retinas secuencias, escenas e algunha que outra anécdota do cine de Arteixo, no portelo das entradas estaban habitualmente algún dos propietarios mais, sen era o caso, despachaba a muller dalgún deles.
     Tamén había mulleres que vendían froita diante do cine, entre elas a nai da veciña da Catuxa Teresa do Xanete, a quen ás veces acompañaba outra señora que vendía larpeiradas e estampitas, actividade que ao parecer tamén facía pola semana na estación dos troles da Coruña. Os carteles do cine, os carteles nos que figuraban as imaxes dos protagonistas das películas, eran cousa de María de Palleiro e o seu home Chucho, un matrimonio que residía nunha casa que estaba no lugar que hoxe ocupa o edificio de Correos. Nesta casa tiña consulta o practicante Emilio de Juan que, aparte de dar inxeccións, casualmente tamén estaba relacionado co mundo cinematográfico, pois era o propietario do cine da Laracha.
      Unha vez que tiñan a entrada na man, e logo de atravesar as cortinas vermellas e de que o acomodador, que na maioría das veces era o Listero,  lles axudara a buscar a correspondente butaca, antes de iniciarse a proxección das películas, a xuventude daquel entón facíalle algunha que outra falcatruada ao vendedor de garrapiñadas, un home que seica era obxeto de comentarios e risas por mor da súa vestimenta: de verán andaba abrigado e no inverno de camisa! 
     Empeza a sesión. Chucho de Arsenio era o encargado de proxectar as películas que se iniciaban coas noticias do NO-DO e co ruxido, se eran americanas, do león da Metro Goldwyn Mayer...un Chucho que, de cando en vez, armaba algún que outro alboroto cando os cabalos das películas do Oeste saían na pantalla coas patas cara arriba...era lóxico, as súas máns aínda estaban afeitas á dureza das tarefas da construcción!
 
Publicidade de xullo de 1970
  
As películas de Manolo Escobar eran os films que máis éxito tiveron nos primeiros anos do cine e, en moitas ocasións, chegáronse a esgotar as entradas. De feito, houbo días que, ante a falta de asentos, os propietarios tiveran que ir ao bar de Dionisio a buscar caixas de cervexas e de refrescos para sentar aos espectadores que non tiñan butaca. "Un beso en el puerto", protagonizada por Manolo Escobar, Ingrid Pitt, Antonio Ferrandis e Manuel Alexandre, foi unha das películas que máis se repetiran, se cadra a que máis, no Real Cine de Arteixo naquela altura.

     As de Juanito Valderrama e Antonio Molina tamén causaban furor. As de Rafael tamén gustaban moito, o mesmo que A Biblia, dirixida e protagonizada en 1966 polo norteamericano John Huston ou os peplum, que foi un nero cinematográfico dos 60 de serie B, onde héroes como Hércules, Maciste ou Espartaco, enfrontábanse a innumerables perigos, interpretados polos mellores culturistas da época, que non actores e cunha cutrería de medios, dignas do seu curmán o spaghetti-western, onde o principal era ver corpos esculturais e liortas na area máis ou menos resultonas. Naqueles anos, cando poñían superproduccións, o cine custaba 15 pesetas.
Lugar no que estaba o Cine Real
      Aqueles tamén eran bos tempos para o bar de Dionisio, que estaba a carón do cine, tempos nos que unha vez rematada a película a xuventude dos 60 e dos 70 ía alí a comer os bocadillos de calamares ou chourizo naquela bola que sabía a gloria!
     Coa democracia o destape chegaría ao cine de Arteixo...Mary Francis, Josele Román, Nadiuska, Edwige Fenech...anos que serían os derradeiros do Real aínda que, con ocasión das festas do Apóstolo, abriría varias veces máis, un cine que permanecería abandonado varios anos e que, co paso do tempo, faríase con él Rozas, que construiría alí o edificio no que actualmente está a tenda de Cousas Coruña.  



A PELUQUERÍA SUSO E JOSÉ RAMÓN  

     Teño que confesalo. Cando era un cativo de 7 ou 8 anos o feito de ir cortar o pelo era motivo de boas perrenchas pola miña teima de non querer ir ao mesmo lugar ao que ía miña nai a peitearse: a Peluquería Maruja. Alí só había mulleres e se cadra, por mor da sociedade machista daqueles tempos e dalgunha que outra chufa dos meus amigos da infancia, pensaba que tiña que ir a unha peluquería masculina. Non o sei, o único que lembro e que quería que me cortara o pelo Suso Naya, o barbeiro que naquela hora tiña o seu negocio no Paseo do Balneario e agora o ten na Travesía de Arteixo co nome de Naya Peluqueros. Pois ben, despois do meu particular "tira e afloxa" doméstico, finalmente acabaría sendo cliente de Naya durante bastantes anos...e iso que a relación con él non principiara con bo pé: a súa insistencia de querer peitearme naquel enorme pato que máis ben parecía unha ave prehistórica do cuaternario, facíame botar fume polas orellas! Eu só quería que me amañara as greñas na cadeira de brazos dos adultos! 

      Co transcorrer do tempo tiven a sorte de coñecer a Dani Arias, un bo amigo co que compartín vestiario no mesmo equipo de fútbol durante varias tempadas e que, así como non quere a cousa, xa case leva vinte anos dándolle xeito ao pouco pelo que me queda no seu salón de peiteado da Avenida de Fisterra, un Dani que tras completar a súa formación iría aprendendo o oficio a carón dun dos barbeiros pioneiros de Arteixo: seu pai Suso. 

     O refrán "de casta lle ven ao galgo" abofé que se pode utilizar no caso de Dani e do seu proxenitor Suso, un home que hoxe disfruta da súa merecida xubilación e que é sobriño de catro tíos barbeiros: Pepe, Manolo, Enrique e Chucho, veciños de Oseiro e irmáns de súa nai Chelo que eran coñecidos polo alcume do "Vichelajota" (deturpado posteriormente polo de "Pichalajota") porque seica un deles preguntáballe habitualmente aos seus clientes se viran a jota no salón de baile, intre tan agardado naqueles tempos como posteriormente o serían para @s da miña xeración os 15-30 minutos de "lentas" na discoteca. Pepe e Manolo montaran nos anos 50 a súa barbería na Baiuca, perto da casa de Marán e, a principios dos 60, cambiaríanse para a Avenida de Fisterra, para o lugar que hoxe ocupa a Panadería Gestal. Enrique faríao en Meicende, onde na actualidade seguen os fillos na Barbería Barbeito, e Chucho estableceríase na Coruña, pola zona de Santa Margarida, nun local no que Suso Arias aprendería o oficio e traballaría ata que foi á mili, mais ou menos polo 1968.

     Licenciado do extinguido servicio militar, o pai de Dani empezaría a traballar como empregado na barbería que seu tío Pepe tiña en Arteixo, un Pepe que xa había uns anos que non contaba coa axuda de seu irmán Manolo, que se tivera que xubilar por enfermidade. Suso estaría traballando naquel negocio dende 1970 ata a xubilación de seu tío Pepe en 1973, e sería aí, coincidindo coa efervescencia industrial do Polígono de Sabón, cando decidiría coller o traspaso do negocio contratando como empregado a José Ramón Campos, un mozo arteixán que tamén aprendera o oficio a carón de Chucho, o tío de Suso que tiña a barbería na Coruña.

José Ramón e Suso nos anos 80
   Suso e José Ramón traballarían como xefe e empregado naquel local situado fronte ao restaurante El Gallo de Oro ata 1981, que foi cando tiveron que deixar o baixo porque a familia Gestal tiña previsto construir alí o edificio no que hoxe está a panadería, sendo nesa altura cando os dous compran un piso uns metros máis arriba, á altura da actual parada de taxis, e abren como socios a Peluquería Suso e José Ramón, unha sociedade que duraría como tal ata 1998. Mais uns anos antes de que os dous socios colleran camiños diferentes
empezaría a traballar alí Manuel, o fillo de José Ramón ao que tod@s coñecemos por
Manuel de Eva...xa sabedes, un dos actores do grupo de teatro arteixán Paso de Valverde que ademais é compoñente do grupo dos Os Revenidos. Desfeita a sociedade, en 1998 Manuel abriría o seu propio salón:
Peluquería Manuel Campos, negocio no que  José Ramón continuaría a súa vida laboral ata o día do seu retiro. No caso de Suso tamén acontecería algo semellante xa que, tras deixar de traballar co seu antigo socio, faríao co seu fillo Dani ata a súa xubilación no salón que abrira en 1981 con José Ramón, que é o lugar no que me peiteo dende hai case 20 anos!




SUSO GARCÍA, O PANADEIRO FUTBOLISTA 
 
Local da "Panadería Suso" na Av. de Fisterra de Arteixo
      Sabido é que dende hai varias décadas a “Panadería Suso” ofrece aos seus clientes unha ampla variedade de sabores e placeres ao paladar, unhas exquisiteces gastronómicas que abofé son sinónimo de tradición e calidade e que, cada día, podemos mercar en calquera dos oito despachos de pan que a firma ten pola nosa bisbarra: catro na Coruña, dous en Arteixo, un Vilarrodis e o orixinal de Paiosaco, que foi o lugar onde o seu propietario Jesús García   Varela,  mais  coñecido 
polo apelativo de Suso, iría medrando ao mesmo tempo que aprendía o oficio de panadeiro. Mais, aparte da súa actividade empresarial, Suso García tamén tivo unha brillante traxectoria no mundo do balón, unha carreira deportiva que deixaría unha enorme pegada entre os aficionados ao fútbol da contorna.
Despacho da "Panadería Suso" en Vilarrodís
     
Nado en Paiosaco o 22 de xaneiro de 1960, o noso protagonista debutaría con 15 anos nos xuvenís do conxunto de A Porta Santa e, nesa mesma tempada 1975/76, tamén viste por primeira vez a camiseta do primeiro equipo, naquela hora adestrado por Ramón García Rubal e capitaneado por Otero, un futbolista que xa vivira as vicisitudes do fútbol no Fabril e no Hércules de Alicante. Os da feira serían campións do torneo ligueiro do grupo II da 2ª Rexional “A” nesa campaña 75/76 e repetirían título na seguinte cun notable protagonismo na dianteira verde e branca de Suso, un xuvenil que naqueles mediados dos setenta empezaba a convertirse nunha codiciada periña en doce para varias entidades de categoría superior.
      Un destes equipos interesados en facerse cos servicios do rapaz de Paiosaco fora o R.C. Deportivo da Coruña, que tiña como adestrador do seu equipo xuvenil a Manuel Ríos Quintanilla, o lendario Manolete. Pouco lle faltou a Suso para asinar co clube herculino mais, finalmente, acabaríase truncando a operación por mor do repentino interés do Real Madrid, feito que daría pé a que o Deportivo fichara no seu lugar ao arteixán Juan Manuel Mañana Martínez “Fabeiro”. 
     O Real Madrid era o Real Madrid e unha oportunidade así non se podía deixar escapar polo que, no verán de 1977, Suso prantábase na capital do Estado co desexo de comer o mundo e de facerse un oco nas categorías inferiores do clube branco. Alí faría amistade co porteiro vasco José Manuel Ochotorena, un dos compañeiros da pensión na que vivía con outros rapaces da canteira que procedían de fora de Madrid e que, posteriormente, coincidiría en pleno coa xeración dos Míchel, Butragueño, Sanchís, Pardeza e Martín Vázquez, grupo de xuvenís que non tardaría moito en ser coñecido como La Quinta del Buitre”. Mais a experiencia de Suso na entidade madridista non acabaría resultando todo o positiva que él agardaba e, ao cabo de tres meses, volta a súa terra para enrolarse no cadro xuvenil do Racing de Ferrol que participaba na Liga estatal. Alí o paisaqués deixaría o seu selo persoal anotando un total de 22 goles, bo facer que lle daría o premio de adestrar habitualmente co primeiro equipo onde, baixo as ordes de Rodriguez Vaz, coincide nas sesións preparatorias cos seus veciños de Caión, os irmáns Collazo, e con futbolistas da talla dos Corral, co tempo adestrador do R.C. Deportivo; o arxentino Juan Carlos, que un día lle comentara que...”en Argentina tenemos un pibe que dará que hablar” referíndose ao que para moitos é o mellor xogador de todos os tempos: Diego Armando Maradona; Richard, pai do ex futbolista do Glasgow Rangers Nacho Novo; e tamén co masaxista Antonio “O Xitano”, plantel que ao final daquela tempada 77/78 acadaría o ascenso á Segunda División. 
Suso no Racing de Ferrol
    Na campaña seguinte, xa coa maioría de idade cumprida,
Suso García faría a pretempada co Racing de Ferrol, pasando despois ao equipo filial, o desaparecido Arsenal, cadro co que xogaría a Rexional Preferente ata o mes de decembro. Foi nesa altura cando á perla de Paiosaco xurdiríalle a posibilidade de irse cedido ao Hellín, un equipo de Albacete no que Suso deixaría pegada dentro e fora do terreo de xogo, xa que sería alí onde coñecería a Charo, a súa futura muller.
 
     Rematada a cesión, o rapaz de Paiosaco voltaría á disciplina do Racing de Ferrol onde, ao longo da campaña 79/80, alternaría as súas actuacións co Arsenal e co primeiro equipo racinguista en 2ª B, división na que o once departamental loitaría ata a última xornada por non descender á 3ª. Os verdes principiaran a tempada baixo a dirección técnica de Gustavo Biosca e remataríana con Gerardo Molina, adestrador que o 6 de abril de 1980 facía debutar na categoría a Suso contra o Sestao, nun partido correspondente á xornada 30ª que remataría 0-0 e no que o Racing formara con tres laracheses de inicio: Jolo; Miguelín, Vidal, Silvano, M. Collazo, Otero, Segundo, J. Collazo, Suso (Carballo), Roberto e Miguel. La Hoja del Lunes publicaba ao día seguinte que...”Molina, que en esta ocasión, por imperativos legales, no pudo dirigir el encuentro desde el banquillo, introdujo esta tarde a los jugadores Suso y Carballo, procedentes del Arsenal; tal vez como último recurso. Pero tampoco dichos jóvenes lograron romper la atonía de un partido que más parecía de patio de colegio que propio de Segunda División “B” . O futuro panadeiro repitiría titularidade na xornada seguinte, na derrota no campo de Las Gaunas por 3-0 contra o Logroñés onde, segundo as informacións dos medios da época, Suso fora dos futbolistas máis destacados do Racing: ”Destacaron por el Logroñés sobre todo Lotina, junto a Tasio y Torres, y por el Ferrol, el portero Jolo, con Otero, Merino y Suso”. Sete días máis tarde, no partido que enfrontaba no desaparecido estadio “Manuel Rivera” ao Racing co Huesca, o noso protagonista voltaba a saír de inicio por terceira semana consecutiva, un partido que o once departamental acabaría gañando por 1-0 e que sería o último que Suso García xogaría en 2ª B, pois non tardaría en viaxar a Cataluña para facer o campamento do servicio militar en Girona e o resto da mili en Seu d´Urgell, na provincia de Lleida.
   
La Voz de Galicia, 23.3.1992

  Finalizado o servicio militar, o xogador de Paiosaco volta ao Hellín para xogar a tempada 1981/82 no equipo da localidade da súa moza Charo, con quen non tardaría en
casar. Naquel intre, a pesar de recibir ofertas tentadoras coma a do Ibiza, Suso xa tiña claro que o seu futuro estaba no mundo do pan e non no do balón, polo que a parella estableceríase definitivamente en Paiosaco onde, pouco a pouco, irían collendo as rendas da panadería familiar, a panadería de seu pai Maximino.
 
     Despois dunha paréntese de cinco anos cheos de experiencias inesquecibles como a proba co Real Madrid, a aventura en Hellín ou o debut en 2ª B co Racing de Ferrol, Suso voltaría a vestir a camiseta da Unión Deportiva Paiosaco na tempada 1982/83, camiseta que defendería ata a 1988/89 que, facendo de xogador-adestrador, sería a campaña na que colgou as botas como futbolista para dar paso a súa faceta como técnico da entidade paisaquesa durante varias tempadas da década dos noventa, que foi cando se retirou definitivamente do mundo do fútbol para adicarse única e exclusivamente á súa familia e á súa empresa familiar: “Panaderías Suso”.






A GASOLINEIRA DE VILARRODÍS

     
    Falar cos irmáns Mari Carmen e Francisco Mosquera González sobre o Arteixo de antano é un auténtico pracer. As súas lembranzas da Baiuca e do Morás da súa infancia e xuventude son unha delicatesen para os meus oídos, xa que ambos son quen de sacar da chistera diversos temas, personaxes ou situacións que debullan polo miúdo e que non deixan de sorprenderme. Moitas desas viaxes no tempo realizadas con Mari Carmen e con Francisco, ás veces, tamén rematan na época no que os seus avós Francisco Mosquera Calvete e Aurelio González Canedo eran alcaldes do concello arteixán, cargo que Francisco, que ten rúa adicada na capital do municipio, ocupara ata en tres ocasións (1936-1939; 1946-1953 e 1953-1955) e Aurelio en dúas (dende marzo de 1953 ata outubro do mesmo ano e, dende outubro de 1955 ata decembro de 1956), a última delas sustituíndo ao frente da alcaldía, a seu consogro Francisco que, ata o de agora, é o único alcalde que faleceu ocupando o cargo.


   Nas conversas con Francisco, conversas que a maioría das ocasións mantemos na súa oficina da Avenida de Fisterra de Arteixo na que xestiona a axencia de seguros Allianz, o fútbol tamén está moi presente e, habitualmente, acabamos debatendo sobre o R.C.Deportivo da Coruña, un cadro herculino no que xoga o seu fillo Pedro, Pedro Mosquera, o actual capitán e unha das estrelas do equipo deportivista. Mais este é un tema do que xa vos falarei noutra ocasión. Hoxe vouvos falar da gasolineira que abriron en Vilarrodís nos anos 60 Fernando e Purificación, os pais de Mari Carmen e Francisco. 

Xaneiro de 1966. Bendición do campo da Viña nos prolegómenos do partido do campionato ligueiro Atlético Vilarrodís-Penouqueira. Ao fondo da imaxe, na parte esquerda, vese a gasolineira


      Fernando, o único fillo do ex alcalde Francisco Mosquera e de Amalia Dopico, criárase na Baiuca, lugar onde os pais tiñan unha tenda no baixo da casa, un negocio do que aínda queda veciñanza que lembra as reñidas partidas de tute e dominó que a diario se xogaban alí polas tardes. Tras facer o servizo militar polas milicias, o noso protagonista non tardaría en converterse no depositario do Concello de Arteixo e ao pouco, en 1954, casaría con Purificación, unha moza de Morás, filla do tamén ex alcalde Aurelio González e de Carmen Fuentes.

Fernando e Purificación en 1954 na viaxe de noivos
  Os
50 eran tempos nos que a vila arteixá era un auténtico remanso de paz ao que, habitualmente, acudía a "créme de la créme" da burguesía coruñesa a pasar a época estival no Balneario. Mais aquel sosego empezaría a chegar ao seu fin a partir dos primeiros anos da década dos 60 por mor do paulatino incremento do tráfico e, sobre todo, a raíz do asentamento industrial de Sabón. Foi aí, naquela altura, cando Fernando Mosquera tivo a habilidade e a visión de montar un negocio naquela hora inexistente en Arteixo: unha estación de servizo.


 
     Aqueles 60 eran tempos do monopolio da CAMPSA (Compañía Arrendataria del Monopolio de Petróleos). Os poucos automóbiles que circulaban polo concello abastecíanse de gasolina nos surtidores instalados en Carballo, en Santa Cristina e nos dous que había na Coruña, un deles en Catro Camiños e o outro nas Xubias, ao carón do Hospital Materno Infantil. Así estaba a cousa cando Fernando, que dispoñía dun terreo en Vilarrodís propiedade de súa nai Amalia e que quedara partido en dous coa construcción da nova estrada, decide montar a que ía ser a primeira gasolineira do municipio: a "Estación de Servicio San Fernando", negocio no que figuraba como titular Amalia Dopico.


     O Vilarrodís daqueles días non era, nin por asomo, o de hoxe. A casa de Chucho Suárez, a de Cándido Riveiro, a tasca de Ovidio e o muíño, que estaba cerca do que hoxe é o "Bar Seve", eran os poucos veciños do novo negocio que alí establecera Fernando Mosquera, unha gasolineira que empezaría a funcionar en 1964 e que tería como primeiros empregados a Manuel Añón, un albanel e xornaleiro de Morás que traballara na construcción da estación de servizo e que, unha vez rematada a obra, xa quedaría alí ata a súa xubilación; un tal Lemos, que seica era de Oseiro e tocaba nunha orquestra, motivo polo cal había veces que non ía traballar e por iso, ao pouco, empezaría no seu lugar Chucho Suárez, que vivía xusto en fronte a gasolineira. O meu familiar Pepe Campos, curmán de miña nai, foi outro dos primeiros empregados do negocio, así como Enrique Iglesias "Cuesta", un dos mellores futbolistas da bisbarra que, a parte de xogar no Penouqueira, chegara a vestir a camiseta do Emden, un dos equipos filiais do Deportivo nos anos 30; Piñeiro, veciño de Uxes que, dado que estivera un tempo na emigración, era o encargado de atender aos coches de matrícula estranxeira; ou Suso, que era cuñado dos propietarios da fábrica de Vinagres;

     Posteriormente, xa no ano 1975, entraría a formar parte da plantilla da gasolineira Manuel Bermúdez, veciño de Carral coñecido polo alcume do "Petecho". Chamábano así porque anteriormente traballara  como chofer dun señor da Grela que tiña un camión, "o camión do Petecho",  na época na que se levaba a area das praias de Alba e Sabón para a refinería de Meicende. Andando no tempo, as casualidades da vida farían que o que escribe casara con Teresa, unha sobriña de Manuel

     Catro anos máis tarde, en 1979, a familia Mosquera González abre unha nova gasolineira xusto en fronte á primeira, que xa levaba quince anos surtindo aos vehículos que circulaban polas estradas de Arteixo. Coa ampliación do negocio tamén aumentaría a plantilla, contratando a operarios como Lesta, que era da parte de Curtis; os caioneses Paco e Luis; Rubén o da Catuxa, que era curmán de Añón, o que fora primeiro empregado da estación de servizo; Manuel Marta; Lolo, o fillo de Pepe Campos...empregados que de seguro encheron algunha que outra vez o depósito de gasolina do voso vehículo. Tamén, por aqueles días, empezara a traballar o propio Francisco Mosquera, que naquel momento era un mozo que cursaba a carreira de dereito en Madrid, no Centro Universitario María Cristina de El Escorial, un Francisco que tiña a idea de deixar os seus estudos e, por tal motivo, seu pai Fernando puxérao a traballar no turno máis complicado, o das 6 da mañá, para que se lle quitara esa idea da cabeza.

Imaxe da gasolineira nova recén inaugurada

     Fernando Mosquera, que continuaba ocupando o posto de depositario do Concello, falecería en novembro de 1981 con tan só 55 anos, sendo aí, a raíz da súa morte, cando a súa dona Purificación e os seus fillos Mari Carmen e Francisco constituiron nova sociedade do negocio, uns fillos que levarían as rendas da gasolineira ata mediados dos anos noventa, que foi cando decidiron alugarlla aos actuais propietarios, iso sí, coa condición de que mantiveran o posto de traballo dos seus empregados.






A "LIBRERÍA AMALUCHA"


    A vila de Arteixo conta na actualidade con varias tendas de xoguetes, con varios “todo a cen”, librarías e outros negocios nos que os ollos dos cativos fan chiribitas ao pasar por diante deles. Mais un momentiño, na infancia de quen escribe o conto era outro ben distinto pois, as nenas e os nenos dos setenta, non tiñamos tantas opcións para comprar a larpeirada ou o xoguete de turno como teñen os rapaces de hoxe. Non, abofé que non. A única opción, ou polo menos a única que eu lembro, era a “Librería Amalucha”.

Imaxe dos anos 70 da "Librería Amalucha"
  Moitas das lembranzas da miña infancia están asociadas con aquel negocio que estaba situado no baixo do edificio que fai esquina entre a Avenida de Caión e a rúa Nicaragua. Entrar alí era entrar noutra dimensión. Era como viaxar á galaxia na que os soños se facían realidade! Na “Librería Amalucha” había ducias de tesouros cos que os nenos e nenas de 8 ou 10 anos de aquela hora podiamos soñar: madelmans, geypermans, barbies, cómics, cromos de Panini dos álbums que se coleccionaban cada dous por tres, os coches de Guisval cos que tanto alucinaba, larpeiradas de todo tipo… Deus, canto babeei naquelas catro paredes!

   Teño que confesar que ao longo dos anos 70 fun un rapaz afortunado: tiña “enchufe” na libraría ou, como se di agora, “Pase VIP”. VIP é un acrónimo que procede da lingua inglesa que refire Very Important Person (Persona Moi Importante) e home, comprenderedes que non era o meu caso, mais cada vez que aquel mincha de 8 ou 9 anos que era eu entraba pola porta do estabelecemento, Amalucha e Carmen Varela, as dúas mulleres que levaban o negocio, facíanme sentir como tal. Bueno na realidade, o meu “pase” debería axustarse máis, seguindo cos acrónimos de procedencia británica, a Very Dear Child (Neno Moi Querido). Tiña “enchufe” porque Amalucha e Carmen son irmáns de Celia, que casara no Rañal a finais dos 60 con meu tío Jesús (DEP), Chucho para os seus amigos, antigo porteiro do Penouqueira e do Catuxa e, por iso, as dúas propietarias do negocio tratábanme coma se fora seu sobriño. Comigo sempre foron un ceo de mulleres!

Publicidade de 1981
   Os nenos e nenas de agora que cursan os seus estudos no CEIP Ponte dos Brozos teñen xornada de 9:30 a 14:30. Antes, na infancia de quen escribe, a xornada era partida e había clase pola tarde de 15:00 a 17:00. Mais iso sí, antes de entrar, xusto despois de que o autobús nos deixara na parada, que estaba no lugar que actualmente ocupa Educación Infantil, a iso das tres menos cuarto ou tres menos dez, non había día que non fora a buscar á libraría das cuñadas de meu tío Jesús a larpeirada de turno e moitas, moitas veces do noso Señor tanto Amalucha coma Carmen me agasallaban cun chupa Kojak, cuns caramelos Sugus ou cunha tableta de chicles Cheiw Junior ou Bang Bang, todo un luxo para época! 

A "Amalucha" antes da súa inauguración
   Naquela altura, moitos dos meus amigos dicían que de maiores querían ser futbolistas, bombeiros, policías e ata había algún que soñaba con ser o home do tempo. As miñas pretensións de futuro nada tiñan que ver coas dos meus compañeiros. Non, eu quería ser libreiro ou, en todo caso, traballar nunha libraría. Seguramente, o feito de ver día si e día tamén tantas cousas marabillosas xuntas no negocio das irmáns da tía Celia, a maioría delas só alcanzables polo día de Reis, tivo moito que ver con aqueles desexos. O soño non tardaría en cumprirse pois, cando tiña 9 ou 10 anos, algún que outro domingo vendín xornais na de Amalucha. ¿Cómo? Pois veredes…

    Vendo a oportunidade de negocio, Amalucha e Carmen abriran a libraría da que estamos a falar, a “Librería Amalucha” da Avenida de Caión, pouco antes de que se inaugurara o Colexio Público Carrero Blanco, hoxe CEIP Ponte dos Brozos, un centro educativo que principiaba a súa andaina en setembro de 1974. As dúas mulleres traballaban alí de luns a sábado mais, uns anos antes, ao parecer entre o 69 e o 71, Amalucha xa abrira outro estabelecemento na súa casa da Baiuca, unha pequena tenda que ven sendo a mesma na que despachei por primeira vez na miña vida.

   Ocasionalmente, cando meu tío Jesús me viña a buscar ao meu domicilio do Rañal, o mesmo no que nacera el no ano 1942, e me levaba de paseo no seu Seat 850 azul ata Arteixo, logo de falar cos seus amigos da infancia e da xuventude e de tomar unhas Fantas de laranxa nun dos bares da vila, íamos sempre a ese pequeno negocio que, a dicir verdade, era un cuarto habilitado que súa cuñada Amalucha tiña na antiga casa na que residía dende a infancia, vivenda coñecida como a casa dos do Trono na que María e Generoso, os sogros do tío Jesús, criaran á súa ampla prole: Marica, Amalucha, Carmen, Pilar, Rebo e Celia.

A casa do farol era onde Amalucha tiña a libraría na Baiuca
   Poucos recordos teño de aquela pequena tenda… un moble cun cristal na parte superior que facía de mostrador, a ventá que daba para o camiño, tres ou catro estantes nas que había revistas, tebeos e xornais que agardaban ser vendidos cada vez que soaba a campaniña da porta… e pouco máis. Do que si me lembro é que ás veces, cando estabamos charlando na cociña da casa e entraba algún cliente, despois de escoitar o “tilín-tilín” da porta, Amalucha dicíame:

-Veña, vai despachar ti!

   E eu, con vergonza ou sen ela, atendía á clientela rezando para que me pagaran cos cartos xustos pois, naqueles primeros anos da miña vida, as matemáticas non eran o meu forte! Dábame pánico facer a operación de cálculo para devolverlle ao cliente a volta de tal ou cal billete ou de tal ou cal moeda polo temor a equivocarme! Mais, con todo, non había problema: os medos superábaos coa axuda de Amalucha quen, ademais de exercer de libreira, aqueles domingos tamén facía de mestra de matemáticas co sobriño de seu cuñado Jesús, o “Iribar do Penouqueira”. 
 
   Amalucha Varela pecharía a tenda da Baiuca a mediados da década dos oitenta para adicarse única e exclusivamente, xunto coa súa irmá Carmen, ao outro negocio que tan estratexicamente estaba situado ao carón do colexio de primaria. 

Imaxe actual da libraría "Laydi", antes "Amalucha"
   A partir de aquela época, a partir de aqueles mediados anos oitenta, coa posta en funcionamento do Instituto de Educación Secundaria Manuel Murguía e o Centro de Formación Profesional, en Arteixo irían abrindo novas librarías como a Vagalume, Iglesias e xa, posteriormente, Marina, Mina... 

   As irmás Varela seguirían co negocio ata a súa xubilación. Primeiro retiraríase Amalucha, a maior, e posteriormente Carmen quen, nos primeiros meses de 1999 traspasaríalle o estabelecemento a María Isabel Suárez, deixando de chamarse “Amalucha” para denominarse “Laydi” que é como coñecemos na actualidade esa libraría que fai esquina entre a Avenida de Caión e a rúa Nicaragua.

 





A FÁBRICA DE CURTIDOS DE OSEIRO E A FONTE DO ABADE


     Cando subimos pola costa de Oseiro, xusto despois da chamada Fonte do Abade, vemos un grupos de casas abandonadas que, segundo a veciñanza máis maior dos arredores, é coñecido co nome de O Curtidoiro. Ao pasar este lugar, hai un desvío á man dereita en dirección a Pastoriza. É a rúa Monte da Fábrica… O Curtidoiro e A Fábrica! Velaí está! Unha vez máis a toponimia ofrécenos información do Arteixo de antano.

Fonte do Abade
    Como é sabido, nos anos sesenta do século pasado a parroquia de Oseiro sufriu unha enorme transformación coa instalación nos seus terreos, ata ese momento adicados ao agro, dunha boa parte do Polígono Industrial de Sabón (a outra parte do Polígono está na parroquia de Santiago de Arteixo). Mais se viaxamos un chisco máis cara atrás no tempo, case podemos afirmar que Oseiro sufriu a súa primeira transformación importante a partir do segundo terzo do século dezanove, coa desamortización de Mendizábal e o pase de boa parte das propiedades eclesiásticas a mans privadas.

      Foi nesa altura, en 1836, cando Pedro Abelenda, veciño de San Cristóbal das Viñas, adquiriu na parroquia un terreo duns 80 ferrados onde construiría posteriormente unha fábrica de curtidos e varias casas para os seus empregados, unha historia actualmente case esquecida e que queremos recuperar neste post.

     Aínda que hoxe non sexamos moi conscientes, o vello oficio de curtidor tivo no noso país unha enorme importancia para os labregos (arneses, correas, ataduras); albardeiros (cinchas, sillas de montar, albardas, alforxas); gornicións (cartucheiras, bolsas, maletas); ou para a fabricación de obxectos de uso común como a vestimenta, calzado, pezas de estanquidade para embarcacións, correas de transmisión...

    A importancia deste oficio e o seu pasado aínda se manteñen vivos no alcume de algunha familia de Arteixo, como os do Coireiro do Rañal. Nunha época onde as aldeas carecían de case todo, o oficio do coiro fíxose indispensable e desenvolveuse dun xeito íntimamente ligado ao mundo rural para atender as necesidades de ferramentas e, en non poucas ocasións, como complemento aos ínfimos ingresos dos labregos. Disto de seguro que vos pode falar ben o amigo Toxo Revirado cando lle fagades un pedido no seu estudo de Meicende (https://www.facebook.com/artesania.toxorevirado/ ).

Imaxe de 1920 dun grupo de traballadores dun curtidoiro (Luís Ksado)
      A actividade do curtido foise estendendo por toda a xeografía galega, especialmente en zonas do sur e do interior como Cea e Allariz, en Ourense; Noia e Santiago en A Coruña; Vilalba e Chantada en Lugo; e Soutomaior, Vilagarcía e Tui na provincia de Pontevedra.

     E así, cara o século XVIII, aparecen no noso país as primeiras fábricas de curtidos como resposta á crecente demanda do mercado rural e, cada vez máis, ás necesidades doutras industrias. A centralización de todos os procesos, a especialización e profesionalización do oficio xunto coa contratación regulada de traballadores asalariados, foron decisivos para o impulso da curtiduría en Galicia, que cara 1857 sitúase como a primeira produtora na elaboración de produtos derivados do coiro.

     Aqueles primeiros asentamentos dispersos e rudimentarios evolucionarían de xeito gradual en “modernos” centros especializados que no século XIX se converteron en referentes da actividade industrial no país, iso si, cos inconvenientes propios do chamado progreso. Falamos da parte máis ingrata deste traballo, que era cando se arrancaba o pelo e carne do animal. Naqueles instantes o cheiro era nauseabundo e materialmente inaguantable cando a cal que cubría a carne iniciaba a descomposición. A continuación as peles introducíanse en pozos de auga que, á súa vez, contiñan cascas de diversas árbores como o castiñeiro. Nestos pozos as peles botaban bastante tempo antes de pasar ao secadoiro e á posterior zurra con mazos, o engraxe, alisamento, igualación e ao tinguido final das peles que o necesitaban, xa que outras quedaban na súa primitiva cor.

  Anos máis tarde, a chegada de peles das colonias americanas independizadas, a competencia crecente e os distintos conflictos civís do século XX, serían os principais motivos do atraso da modernización das fábricas de curtidos galegas. E foi esmorecendo cando caeu a demanda e Cataluña puxou forte, porque se modernizou.

Restos do curtidoiro de Oseiro
    En Oseiro, aos inconvenientes do cheiro nauseabundo, houbo que sumarlle outro enorme despropósito xa que a poboación da parroquia quedaría sen auga na Fonte do Abade por mor das actividades do curtidoiro, feito polo que o Concello de Arteixo litigou no seu momento, cando era alcalde o carballés Antonio López López (período 1850-1854; xa fora alcalde en 1838), ante as máis altas instancias das Españas, habendo sentenza do Consello Real como última resolución e favorable ao Concello, unha sentenza que trasnscribimos deseguido:



SENTENCIAS DEL CONSEJO REAL PERTENECIENTES AL AÑO 1853


28


Traslación de una fuente y aprovechamiento de sus aguas.

Denegación de prueba.- Se desestima el recurso de nulidad interpuesto por D. Pedro Abelenda en el pleito con el ayuntamiento de Arteijo, en atención a que la prueba denegada por el Consejo provincial de la Coruña, ninguna relación tenía con el fondo de la cuestión que se debatía; y se confirma la sentencia dictada por aquel, en la que se manda la traslación de la fuente del Abad, porque el reclamante no ha justificado ningún título para oponerse a semejante traslación, y porque de hacerse, no se perjudican los manantiales propios de Abelenda (Gaceta de 3 de agosto de 1853).

Fonte do Abade
En el pleito que en grado de apelación pende ante mi Consejo Real, entre partes, de la una D. Pedro Abelenda, vecino de San Cristóbal das Viñas, provincia de la Coruña, apelante, y en su representación el licenciado D. José de Ibarra, su abogado defensor, y de la otra el ayuntamiento de Arteijo, apelado, representado por mi fiscal, sobre traslación de la fuente llamada del Abad y aprovechamiento de sus aguas.

Visto: Vistas las actuaciones seguidas ante el Consejo provincial de la Coruña y las certificaciones y documentos unidos a los autos, de los cuales resulta:

1º. Que habiéndose quejado varios vecinos de Oseiro al celador de caminos D. Felipe Bouca en 9 de septiembre de 1848 de que hacía más de quince días que la fuente del pueblo carecía de agua, cuya falta atribuían a unas zanjas que por bajo del manantial había abierto D. Pedro Abelenda, se pidió informe sobre ello al alcalde de Arteijo, del cual, así como del reconocimiento pericial que antes mandó hacer, resultó que Abelenda hizo y mandó hacer unas escavaciones o minas a corta distancia de la fuente, por la cuales se proporcionó agua para una fábrica de curtidos que construyó pegada a ella, y a cuyo objeto destinó nueve casas que antes había construído el mismo, siendo de creer que por esas zanjas, más hondas acaso que el nacimiento de los manantiales, se marchase el agua.

2º. Que acreditados estos hechos por virtud de otro reconocimiento facultativo dispuesto por el jefe político, acordó este, previos los oportunos informes, que se repusieran las cosas a su antiguo estado a costa de Abelenda, el cual sería tambien responsable de los daños y perjuicios causados.

3º. Que contra esta determinación reclamó Abelenda alegando que si se llevaba a efecto quedaría sin agua su fábrica, y pidiendo que el ayuntamiento de Arteijo descubriera de su cuenta los manantiales.

4º. Que desechada esta solicitud hasta saber el resultado de un reconocimiento que debía de hacer el ingeniero de la provincia, continuaron las quejas sobre la escasez del agua, por lo cual se mandó llevar a cabo la providencia de reposición.

5º. Que comisionado el ingeniero para intimar a Abelenda esta resolución, contestó que habiendo hecho saber a este que procediese a descubrir los manantiales y a hacer cesar los entorpecimientos que había puesto para que el agua no llegase a la fuente, se avino desde luego a esta operación, disponiendo se diese principio a ella en el mismo día por sus propios operarios bajo la inspección del celador.

6º. Que pedido informe a Abelenda sobre el origen de su derecho, contestó que habiendo obtenido el dominio de un terreno de 70 a 80 ferrados de sembradura a orillas de la carretera de Oseiro y contiguo a la fuente del Abad, construyó en 1836 nueve casas a algunas cuartas de distancia del camino, que fueron denunciadas por esta razón; pero que de último estado le permitió la dirección general del ramo en 1839 continuarlas en la misma línea.

Zona de Oseiro coñecida como O Curtidoiro. Detrás das casas están os restos da Fábrica de Curtidos

Que concluidas, las destinó sin alterar la línea a una fábrica de tenería, para cuyo artefacto contaba con destinar el sobrante del agua de la fuente del Abad, despues que de ella se hubiesen aprovechado los vecinos y transeuntes; pero la escasez que a poco se advirtió en las aguas le obligó a servirse de las de otra heredad contigua por el lado opuesto del camino, y aunque los trabajos ejecutados en la fuente pública aumentaron su caudal, se vio privado de usar sus aguas a virtud de una demanda que le propuso en 1844 Manuel González, el cual justificó ser dueño del sobrante del pilón.

Que continuando la obra de su fábrica, descubrió el principio de un manantial hacia la parte del Sur, para utilizar el cual dispuso abrir una zanja hasta llegar a una fuente que brotaba en el mismo terreno y a mayor altura que la pública; pero estos trabajos fueron inútiles desde que espontáneamente y sin esfuerzo alguno apareció un regular surtido de aguas inmediato a la fábrica y dentro de la propiedad circundada, y que en nada influye este surtido sobre el manantial de la fuente pública por hallarse su terreno más bajo que el que iba a buscarse en el punto que hoy está cerrado enteramente en las entradas de la boca-mina.

7º. Que pasado todo al Consejo provincial, y habiendo contestado el alcalde de Arteijo que la fábrica de Abelenda distaba dos varas de la coronación o cuneta de la carretera por donde tiene la entrada, y que no constaba de la secretaría del ayuntamiento que a su continuación hubiera precedido la correspondiente licencia, ni llenándose los requisitos prevenidos en las ordenanzas, siguieron las quejas y peticiones de los vecinos para que se cegasen los pozos abiertos por Abelenda por virtud de las que dispuso el jefe político que se hicieran las obras oportunas para impedir la obstrucción del agua.

8º. Que celebrada después por disposición de la misma autoridad una conferencia entre Abelenda, el ingeniero del distrito, el alcalde de Arteijo y otras personas, convino el primero en llevar a la fuente a su costa todas las aguas que había dirigido a su fábrica y las demás que pueda iluminar a beneficio del público, cediéndosele para su aprovechamiento exclusivo todo el sobrante que resulte después de satisfechas las necesidades del vecindario y transeúntes, y se compremetió a hacer las obras necesarias para proporcionar aguas suficientes dentro del término de un mes, pasado el cual sin verificarlo quedaría nulo el convenio.

9º. Y que habiendo el gobernador de la provincia declarado nulo ese acuerdo por la poca utilidad que proporcionaba, dispuso en 18 de febrero de 1851, conformándose con el dictamen del Consejo provincial, que se trasladara la fuente del Abad a distancia de 100 varas, cuya resolución dio origen al presente pleito.

Restos do curtidoiro de Oseiro
Vista la demanda que en 15 de marzo de 1851 presentó D. Pedro Abelenda ante el Consejo provincial de la Coruña con la solicitud de que la fuente del Abad subsista en el mismo sitio y lugar que ocupa hoy sin trasladarla a otro.

Que todas las aguas que nacen en el terreno contiguo a la fábrica y del dominio de Abelenda se reúnan en un solo cauce y se apliquen con igualdad al servicio del público y de la fábrica sin emulación, equitativamente y de modo que ninguno de ambos objetos de igual interés público sufra menoscabo ni perjuicio.

Que se acuerden las medidas convenientes a que las operaciones precisas se ejecuten del modo más permanente y a propósito para lograr el objeto.

Vista la contestación del ayuntamiento de Arteijo en que solicita se le absuelva de la demanda de Abelenda, imponiéndole perpetuo silencio y las costas, y que se lleve a puro y debido efecto la resolución del gobernador de 18 de febrero de 1851, entendiéndose a costa de Abelenda todos los gastos que ocasione la traslación de la fuente.

Vistos los escritos de réplica y contra réplica respectivamente presentados por los litigantes a virtud de lo demandado por el Consejo provincial.

Vistas las pruebas practicadas en primera instancia por cada una de las partes, de las que resulta:

1º. Que por parte de Abelenda se presentó un interrogatorio con siete preguntas útiles, de las cuales el Consejo provincial desestimó por no estar conformes con el auto de prueba la tercera, quinta, sexta y séptima, destinadas a hacer constar, que en la extensión de dos leguas y media de la carretera en que se halla la fuente de Abad, hay otras ocho y cuatro ríos; y los perjuicios que resultarían de la traslación, así como lo beneficioso y fácil que sería el reunir todas las aguas en un solo cauce, y de allí distribuirlas entre la fuente y la fábrica.

2º. Que contra esta eliminación reclamó Abelenda; pero, sin embargo, se mandó estar a lo resuelto.

3º. Que las preguntas admitidas, y sobre las cuales declararon seis testigos, versaban sobre el ningún perjuicio que su fábrica causa a la fuente, y sobre los daños que traería la traslación de la fuente, pues no teniendo su fábrica mas agua que la que nace en el término en que está establecida, quedaría inutilizada si se le privase de ella.

4º. Y que la prueba del ayuntamiento se redujo a justificar con cinco testigos la influencia que los trabajos de Abelenda ha ejercido sobre la fuente pública, y el hecho de no haber tenido esta alteración alguna sino desde que aquel principió sus trabajos.

Vistas en las mismas pruebas el reconocimiento pericial practicado a instancia de D. Pedro Abelenda, de cuyas diligencias resulta:

1º. Que nombrado por este como perito el arquitecto D. Pascual Rosendo, se hubo por nombrado, pero entendiéndose que su declaración había de recaer unicamente sobre los artículos del interrogatorio admitidos como pertinentes.

2º. Que a pesar de que Abelenda reclamó de esa clausula, protestando de nulidad por indefensión, se mandó estar a lo prevenido.

Y 3º. Que hecha por el ayuntamiento la designación de perito en favor del ingeniero civil D. Antonio Harrarán, declararon en 1o de julio de 1851 diciendo que eran tres los manantiales que aparecen en el sitio donde estaba la fuente del Abad; que las obras ejecutadas por Abelenda afectan a la fuente hasta en una mitad, y que la fábrica no tiene más agua corriente que la mencionada de la fuente, pues solo tiene un pozo a la parte del Sur, del que puede utilizarse.

Visto el nuevo reconocimiento que a consecuencia de auto para mejor proveer practicaron los mismos peritos, a virtud del cual declararon que, habiendo examinado otra vez los respectivos niveles a que se daban las aguas de los tres manantiales que abastecían a la fuente del Abad, aparece que uno de ellos tiene su origen a la suficiente altura para que sus aguas lleguen al punto en que se hallaba la fuente; pero que los otros dos tienen en la actualidad muy deprimidos sus niveles, y no pueden por lo tanto suministrar a la fuente, tratándose de llevarlas a la altura que anteriormente tenían; motivando esta circunstancia la necesidad de trasladar la fuente a un punto más bajo, siempre que se trate de utilizar estas aguas para el servicio de los transeuntes y vecindario del pueblo de Oseiro.

Vista la sentencia dictada en 26 de julio por el consejo provincial, en que absolvió al ayuntamiento de Arteijo de la demanda de Abelenda, y condenó a este al resarcimiento de los gastos ocasionados y que ocasione la traslación de la fuente al punto designado por la autoridad superior de la provincia y al pago de todos los de este litigio.

Vistos los recursos de nulidad y apelación interpuestos por D. Pedro Abelenda contra la sentencia, el último de los cuales se le admitió en un sólo efecto, y el primero libremente, mandándose que prestándose por el recurrente la fianza prevenida por el art. 10 del real decreto de 4 de noviembre de 1838, se remitieron los autos originales a mi Consejo Real.

Rúa Monte da Fábrica. O curtidoiro estaba á dereita da imaxe
Visto el escrito de agravios presentado por el licenciado D. José de Ibarra a nombre del apelante, en que solicita se declare que ha lugar a la nulidad reclamada, y proveer en conformidad al párrafo 3º, art. 268 del reglamento de 30 de diciembre de 1846, reponiendo los autos y devolviéndolos al consejo provincial para los efectos prevenidos en dicho artículo, y cuando a esto no hubiere lugar se revoque como injusta la sentencia del inferior, y estimando la demanda de Abelenda se declare que no ha lugar a la traslación de la fuente del punto que ha ocupado siempre y ocupa en el día.

Vista la contestación de mi fiscal, en que solicita se desestimen los recursos de nulidad y apelación interpuestos por Abelenda.

Visto el art. 73 del reglamento de 1º de octubre de 1845 sobre el modo de conocer los consejos provinciales en los negocios contenciosos de la administración, en que se determinan los casos en que ha lugar al recurso de nulidad contra las sentencias definitivas dictadas por dichos Tribunales.

Vistos los artículos 33 a 39 de las ordenanzas para la conservación y policía de las carreteras generales, publicadas en 14 de septiembre de 1842, por los cuales se previene que solo con licencias de los alcaldes o del jefe político en su caso, se podrá construir dentro de la distancia de treinta varas colaterales de las carreteras edificio alguno, como casa, posada y otros, ni ejecutar alcantarillas, ramales u otras obras que salgan del camino o las posesiones contiguas, ni establecer presas y artefactos, ni abrir cauces para la toma y conducción de aguas; y a que los edificaren sin licencia expresada, se les obligará a la demolición de la obra, caso de perjudicar a las de la carretera, sus paseos, cunetas y arbolados.

Considerando en cuanto a la nulidad que los artículos de la prueba de d. Pedro Abelenda, desechados por el consejo provincial, ninguna relación tenían con el fondo de la cuestión que había de decidirse por la sentencia definitiva, la cual unicamente debía decidir si en vista de los perjuicios que las obras de Abelenda habían o no causado a la fuente del Abad, había o no de llevarse a cabo la traslación de la misma en los términos que dispuso el gobernador de la provincia en 18 de febrero de 1851, y por lo tanto eran impertinentes y extraños a lo mandado en el auto de prueba de 7 de junio del mismo año.

Considerando en cuanto a la apelación que aunque Abelenda había obtenido permiso para la construcción de casas junto a la carretera, no lo había solicitado no obtenido para abrir minas y zanjas en busca de manantiales, con lo cual ademas de contravenir a los artículos citados de las ordenanzas de 1842, son manifiestos y patentes los perjuicios que las referidas obras han causado a la fuente de Abad, tanto por lo que unanimamente han declarado los peritos que las han examinado, cuanto porque desde que destinó sus casas a la fábrica de curtidos empezó a advertirse diminución del caudal de la fuente, como resulta comprobado en el expediente gubernativo.

Considerando que si, como supone D. Pedro Abelenda, en nada afectan sus obras a la fuente de Abad, por tener su fábrica aguas propias que posteriormente se han encontrado, tampoco deben resentirse estos manantiales nuevos porque se traslade la fuente a otro punto más o menos distante, siendo como dice independiente la una de los otros.

Restos do curtidoiro de Oseiro
Considerando que ningún título ha justificado Don Pedro Abelenda para oponerse a que el ayuntamiento, en uso de las facultades que le concede el párrafo segundo del art. 80 de la ley municipal de 1845, dispusiera la traslación a otro punto de una fuente de aprovechamiento común, como lo es la de que se trata;

Oído mi Consejo Real,

Vengo en desestimar el recurso de nulidad interpuesto por D. Pedro Abelenda, y en confirmar en todas sus partes la sentencia dictada en este pleito por el consejo provincial de la Coruña en 26 de julio de 1851.

Dado en Aranjuez a veinte y dos de junio de mil ochocientos cincuenta y tres.- Está rubricado de la real mano.- El ministro de la Gobernación, Pedro de Egaña.

A pesar de lo extenso que aparece el relato del antecedente pleito, es en realidad sumamente sencillo el punto que en el se debate, hallándose su aparente complicación en los detalles de la actuación y en los diversos trámites por que ha pasado la contienda suscitada entre don Pedro Abelenda, vecino de San Cristobal das Viñas, y el ayuntamiento de Arteijo, sobre traslación de una fuente pública. Promovió esta contienda el hecho de que, habiéndose quejado varios vecinos del pueblo de que la fuente carecía de agua, y atribuyendo esta falta a unas zanjas que D. Pedro Abelenda había hecho por debajo del manantial para surtir una fábrica de curtidos que construyó al lado de la fuente, se justificó este hecho por un reconocimiento pericial; y habiéndose intimado a Abelenda la reposición de las cosas a su antiguo estado, nació de aquí, como era natural, una reclamación en que, después de varias diligencias oficiales y extraoficiales, y de proyectos de transacción que no pudieron tener efecto, se decidió por el gobernador de la provincia, de acuerdo con el consejo provincial de la Coruña, la traslación de la fuente a otro punto cien varas más distante, cuya resolución fue la que motivó el presente pleito.

En el sostuvo desde luego D. Pedro Abelenda que la fuente debía permanecer en el punto donde se hallaba; y que su fábrica no podía acarrearle perjuicio alguno, por cuanto se habían encontrado aguas dentro del terreno de ella, que debían unirse con las de la fuente, aprovechándose de todas reunidas el vecindario; y del sobrante se utilizaría el, cuyo convenio había sido ya propuesto de antemano, pero no aprobado por el gobernador; esforzándose ademas en demostrar los perjuicios que se ocasionarían con la traslación de la fuente, en la cual los había, según el, para todo el vecindario. El ayuntamiento sostuvo la traslación, pidiendo que fuese a costa de Abelenda, y así lo declaró el consejo provincial, desestimando mucha parte de la prueba propuesta por Abelenda, como no pertinente a la cuestión que se debatía. Esto motivó el recurso de nulidad al Consejo Real, que se ha desestimado por dicho Tribunal superior, por creerse que ninguna relación tenían la prueba desechada con el fondo de la cuestión; y en el mismo sentido ha fallado respecto al punto litigioso, considerando que no puede negarse al ayuntamiento la facultad que le concede el art. 80 de la ley municipal para disponer la traslación de un punto a otro de una fuente de aprovechamiento común, y que si, como dice D. Pedro Abelenda, en nada afectan sus obras a la fuente, porque el tiene aguas propias independientes de la misma, ni el ni el vecindario deben sufrir perjuicio en la traslación.

Tal es el resultado de este pleito, y tan sencillo el punto que en el se debate. El espíritu que persigue a su fallo es el de dar fuerza y vigor al art. 80 de la ley de ayuntamientos sobre la traslación de fuentes de aprovechamiento común.

Museo do Coiro de Allariz
     Na actualidade son moitas as referencias a aquela florecente industria que podemos encontrar en pequenos pobos do rural galego como é o caso de Oseiro. Algúns vellos curtidoiros, como a fábrica da Florida en Neda (A Coruña) e a fábrica de San Isidro ou Nogueiras en Allariz (Ourense), foron reconstruidas para pór en valor esa parte do noso pasado. Precisamente esta última alberga o afamado Museo do Coiro, inaugurado en 1995, un espazo de referencia nos encontros do sector coireiro que reúne a artesáns de todo o planeta
 
 
 
 
  O LIÑO, OS TEARES E OS BATÁNS
  INICIOS DA ACTIVIDADE TÉXTIL EN ARTEIXO
 

    Como ben sabedes Inditex S.A., acrónimo de Industria de Diseño Textil, Sociedad Anónima, é a multinacional de fabricación e distribución téxtil que ten a súa sede central no Polígono Industrial de Sabón dende mediados dos anos setenta, que foi a época na que empezaron a funcionar Samlor e Goa, as primeiras fábricas de Amancio Ortega en Arteixo.

Muíño do Batán no Rego da Graña, Larín

   A historia da relación que o noso concello ten coa fabricación téxtil dende hai medio século é sobradamente coñecida mais, pola contra, pouca información temos dos tempos de antano, dos tempos nos que como mínimo había un xastre en cada parroquia ou dos tempos nos que os nosos devanceiros cultivaban o liño que posteriormente se confeccionaba nos teares e nos batáns que había na contorna.

    O liño é unha planta herbácea anual da familia das lináceas que pode acadar un metro de altura, coa flor de cor azul vivo. Composta dunha substancia fibrosa da que se extraen as fibras longas para confeccionar tecidos, da súa semente oleaxinosa prodúcese o aceite de liñaza, moi empregado en pinturas e vernizes.

    Non se coñece a data e o lugar nos que o home utilizou por primeira vez as febras flexibles do liño para confeccionar o tecido, nin cando a planta comezou a ser cultivada. Hai datos que indican que desde 2.500 anos a. C. xa se sementaba no Exipto, onde as momias se envolvían en tecidos de liño. Tal era a súa importancia na vida das poboacións, que o Libro de Moisés refírese á perda dunha colleita de liño como unha “praga” ou desgraza. A túnica de Cristo era de liño sen costuras. As cortinas e o veo do Tabernáculo eran de liño fino, o mesmo que a mitra, o cinto bordado e a túnica de Aarón, irmán de Moisés.

   Ata que o algodón entrou no noso continente, o liño foi, xunto coa lá, a febra europea por excelencia. En Galicia, o tecido do liño coñécese desde tempos moi antigos. Era a fibra tradicional que se cultivaba e da que se obtiña un produto artesanal nos teares. Este labor, que en moitas zonas da xeografía galega perdurou ata ben entrado o século XX, tivo sempre un carácter doméstico xa que cada casa ou familia producía e vendía o seu propio liño.

Feixes de liño
   A preparación da materia prima era laboriosa. O complexo proceso comezaba a principios da primavera, ao desaparecer as fortes xeadas, coa sementeira que se facía nos liñares situados en terreos fértiles de regadío onde, como di o dito popular, a planta florecía en maio: Liño bo, liño malo, todo frolece en maio. A recolección levábase a cabo entre agosto e setembro, arrincándose a planta de raíz para que non sufriran as febras. O liño atábase en feixes ou mañizos e pasábase polo ripio, unha especie de peite de madeira, de dentes longos, para sacarlle as bagañas, é dicir, as cápsulas que conteñen a liñaza ou semente, que se gardaba para a seguinte sementeira.

   Despois desta operación era preciso mergullar os feixes ou mañizos en auga durante uns nove días para que amolecesen e seguidamente expoñíanse ao sol para secalos. A continuación mazábanse no chan cun mazo de madeira e pasábanse polos instrumentos coñecidos como tascón e restrelo para extraerlles a estopa. Seguidamente, o liño era fiado coa axuda da roca e o fuso e envolvíase en grandes madeixas servíndose doutra ferramenta, o sarillo. Cocíase logo nun caldeiro con cinza para branquealo e despois de lavalo na fonte e de secalo, pasábase pola debadoira para facer novelos. Antes de chegar ao tear aínda había que urdilo na urdidoira. 

O tear e as súas pezas

   Rematado este longo proceso, era cando entraba en xogo a habilidade da tecedora ou do tecedor. Tratábase dunha actividade complementaria á agricultura e á gandería, un labor doméstico que foi aproveitado a mediados do século XVIII para crear unha industria artesanal na que ademais do liño que se sementaba no país, tecíase liño de fóra, o que se importaba dos países do norte de Europa e entraba a través dos principais portos galegos: Liño de Holanda, pesa e non anda.

   Unha vez confeccionado o lenzo, exportábase cara a terras de Castela ou América. Esta situación florecente deu lugar á proliferación de tecedores e tecedoras, así como feiras e mercados. Mais a mediados do século XIX esta artesanía comeza a declinar por diversas razóns. Se cadra a causa principal foi a incapacidade de dar o salto cara unha produción industrial capaz de competir cos téxtiles que viñan de fóra, especialmente coa industria do algodón inglesa.

   Desde finais do século XIX e principalmente ao longo do século XX, o cultivo do liño e a produción de lenzos en Galicia foise abandonando progresivamente ata desaparecer practicamente cara a década dos 60. Na actualidade son asociacións de carácter cultural as que intentan recuperar a artesanía do liño, iniciativa que tamén levaron a cabo nos anos oitenta os deseñadores galegos, de xeito moi especial Adolfo Domínguez, que non lle viu futuro como slogan publicitario ao dito popular “Pró liño, sete voltas de rella e a caghalla da ovella” e decidiuse polo de “la arruga es bella”, frase que converteu en mito ao deseñador ourensán.

   En Arteixo o cultivo do liño tamén estivo moi arraigado durante bastante tempo. Era, como no resto da xeografía galega, a fibra tradicional que se cultivaba e da que se obtiña un produto artesanal nos teares. Non podemos concretar unha data precisa de cando se empezou a cultivar o liño no noso municipio, mais grazas ao interrogatorio do Catastro de Ensenada, sabemos que a mediados do século XVIII había plantacións nas parroquias de Chamín, Loureda, Monteagudo, Morás, Oseiro, Sorrizo e Suevos.

   Co devandito interrogatorio, o Marqués da Ensenada pretendía conseguir información sobre todos os medios de produción e dos ingresos de cada persoa, polo cal tamén sabemos o número de xastres e de tecedores/as que había naquela altura en cada unha das nosas freguesías. Deste xeito, sábese que en Armentón había dous xastres, Manuel Gestal e Antonio Pérez; en Arteixo catro xastres; en Barrañan traballaban… “Clemente Lema, soltero, Maestro Sastre, a quien regulan puede ganar, en cada día que trabaje, dos reales: Joseph Seixal, que ademas de ser labrador tiene el oficio de Tejedor, en que se ocupará la tercia parte del año , y en cada día que trabaje, le consideran real y medio”; Chamín contaba con dous xastres, Bernabé García e Leonardo de Castro, e con dous tecedores, Antonio Martínez e Alejandro Rodríguez; en Lañas había, naquel ano de 1752, dous tecedores, Antonio Varela e Francisco Ramiro, e un tecedora, Angela da Lesta; en Larín había un xastre, Antonio Calvete; en Loureda outro, Antonio de Rumbo; Monteagudo contaba cun xastre, Ramón de la Cruz, e cun tecedor, Francisco Martínez; en Morás traballaban… “Domingo Gómez, Sastre, a dos reales, y por la utilidad que le resulta de ser su mujer Tejedora cien reales al año: Andrés Díaz, también Sastre, a quien regulan dos reales por día: Antonio Varela por la utilidad que le acrece de ser su mujer Tejedora le regulan cien reales al año: Juan Ares también Sastre le regulan a dos reales por día: Jacob Calvelo, Zapatero, a tres reales, además de ello por la utilidad, que le resulta de ser su mujer y una hija Tejedoras, doscientos reales y, Silvestre Gómez se le regula la que interesa de ser su mujer y madre Tejedoras, en doscientos reales”; en Oseiro había tres xastres; en Pastoriza dous xastres, José Barbeito e Pascual Suárez, e un tecedor, Domingo de Villaverde; en Sorrizo traballaban… “Martín de Rozamontes, Texedor, que gana al día dos reales de vellón; y por el Hijo del mismo Oficio, que de poco le ejerce le resulta de utilidad al año cien reales. Benito Martínez también Texedor, que gana al día dos reales de vellón; y Antonio Martínez, por su mujer Texedora le regulan al año cien reales”; e por último, en Suevos había dous xastres e un tecedor, o que entre as trece parroquias do que hoxe é Arteixo suman un total de 21 xastres e 17 tecedores/as que traballaban o liño e a lá nos seus respectivos teares artesanais para vestir á familia e, tamén, como un elemento de troco na economía familiar, de aí que tivera tanta importancia. 

Cadro "O tecedor nun tear" da autoría de Vincent van Gogh

   Hoxe en día, cos avances tecnolóxicos que hai, se cadra parécenos moi sinxelo o proceso de obtención dos tecidos, e incluso non lle damos maior importancia. Mais esta transformación ten detrás unha interesante historia que paga a pena coñecer. Cando te preguntes como facían a roupa na antigüidade, non esquezas o papel fundamental que xogaron os teares.

    É importante lembrar que os tecidos que se facían artesanalmente nos teares saían cunha textura moi frouxa, polo que se desfiañaban moi facilmente e, por iso, levábanse aos batáns, tamén chamados folóns, que eran un antigo enxeño construído de xeito artesanal que funcionaba coa enerxía hidráulica e que tiña como función principal bater os tecidos que se fabricaban nos teares para darlles unha textura máis compacta e homoxénea. Estas máquinas estaban formadas por unha roda, que activaba os mazos de madeira que batían en mollado os tecidos de liño ou de lá saídos dos teares para desengraxalos e compactalos.

Pezas dun batán

  Funcionaban desde o mes de febreiro ata xuño. Durante o verán pechábase porque o río non tiña suficiente auga para o seu funcionamento, e no inverno non se podía empregar ao non dar secado as mantas que batían. Os batáns existiron mentres houbo teares. Foron moi empregados en Galicia, e a maior parte deles estiveron funcionando ata finais do século XIX, quedando moitos topónimos espallados pola xeografía galega.

   En Arteixo, na parroquia de Monteagudo, temos o lugar do Batán, preto do río dos Barreiros. María Rozamontes cóntanos no volume III de Arteixo de onte a hoxe que nun preito do ano 1582 constátase o seguinte: “(…) marco que Esta hen el rryo dos barreyros (…)” No mesmo documento tamén aparece unha referencia aos batáns “(…) en el rryo vello con sus molinos batan e tamén (…) el lugar que le dize do batan(…)”

    Ademais, no Catastro de Ensenada de 1752, no interrogatorio realizado na parroquia de Morás nomease o “sitio y Río do Batán”. En Armentón, pola zona da Agra de Fillazós, hai uns terreos que se chaman Os Batáns. Nos lindes das parroquias de Arteixo e Lañas, parece ser que tamén había un batán que estaba situado río arriba do muíño do Pedregal. E en Larín, perto dos lugares de A Fraga e A Pedra, hai un terreo denominado O Batán, que está situado ao carón do Muíño do Batán, que aínda se pode ver no Rego da Graña.

   Rematamos este repaso polos primeiros pasos da industria téxtil en Arteixo coas informacións que nos ofrecen Sebastián Miñano e Pascual Madoz na primeira metade do século XIX. No seu Diccionario geográfico-estadístico de España y Portugal, magna obra composta por once volumes que foi publicada entre 1826 e 1829, Sebastián Miñano y Bedoya informa que por aqueles días cultivábase liño nas parroquias de Arteixo, Barrañán (250 libras), Chamín (5.000 libras), Lañas, Loureda, Monteagudo (10.000 libras), Morás, Oseiro, Pastoriza e en Suevos (10 arrobas).

Lugar do Batán, parroquia de Monteagudo

   Con relación á industria existente naquela altura en cada parroquia (non aparece nada da de Armentón en torno a este apartado) Sebastián Miñano dinos o seguinte:

Arteixo, Industria tráfico de panadería y leña con la Coruña; Barrañán, Industria: 3 molinos de agua; 8 telares; Chamín, Industria: 5 molinos de agua de invierno y 4 telares; Larín, su industria consiste en 8 molinos de agua, 1 batán, 4 telares y una fábrica de teja; Lañas, Industria: tráfico de panadería y leña con la Coruña; Loureda, Industria 13 molinos de agua para solo la mitad del año y 7 telares; Monteagudo, Industria 10 molinos de agua y 7 telares para lino; Morás, Industria: tráfico de panadería y leña con la Coruña; Oseiro, Industria: comprar víveres para vender en la Coruña, y telares de lino y lana, 6 molinos harina en un riachuelo que pasa por medio del pueblo; Pastoriza, Su industria comprar víveres para vender en la capital; Sorrizo, Industria: 1 molino de agua que solo muele en el invierno, y 1 telar; Suevos, Industria: 2 telares y 2 molinos de agua, uno de ellos arruinado, y el otro que muele a beneficio de las vertientes de los montes que la circundan. Segundo estas informacións, naquela época había en Arteixo máis de trinta teares (en 1752 había 17) e un batán en Larín.

   Estas condicións produtivas de carácter preindustrial, aínda que afectaron á economía particular e comunitaria, non impediron que se continuara tecendo para o comercio local e de autoabastecemento. Os teares seguiron funcionando nas casas labregas arteixás atendendo ás necesidades do vestido e da roupa de casa da propia familia e da contorna máis próxima.

   O Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar, obra publicada por Pascual Madoz entre 1845 e 1850 que está composta por dezaseis volumes, supuxo na época unha mellora importante respecto ao Diccionario geográfico-estadístico de España y Portugal, que Sebastián Miñano acabara de publicar en 1829. No seu dicionario Pascual Madoz informa que se seguía producindo liño en Armentón, Arteixo, Barrañán, Chamín, Lañas, Loureda, Monteagudo, Oseiro, Pastoriza e Suevos. Con relación á industria, Madoz dinos o seguinte sobre as parroquias arteixás: Armentón, INDUSTRIA: la agrícola; Arteixo, al comercio y agricultura de este país le interesa dicha mejora, pues proporcionaría el trasporte de los muchos y buenos frutos de que abunda, con especialidad el trigo de las tierras de Bergantiños; Barrañán, cria ganado vacuno y de cerda; Chamín, INDUSTRIA: la agrícola, varios molinos harineros y telares; Lañas, Industría: la agrícola, panadería y trasporte de combustible para la Coruña; Larín, un batan, un tejar, varios telares y molinos; Loureda, INDUSTRIA. la agrícola , telares y varios molinos harineros; Monteagudo, Industria: la agrícola, telares, un batan y 8 molinos harineros; Morás, Industria: la agrícola, telares para lino y lana y molinos harineros; Oseiro, INDUSTRIA: lo presenta en los mercados de la capital; algunos telares y molinos harineros; Pastoriza, INDUSTRIA: la agrícola y el COMERCIO de víveres que le proporcionan los mercados de la Coruña; Sorrizo, INDUSTRIA: la agrícola y pecuaria, molinos harineros, telares caseros y alguna insignificante pesca; Suevos, cria poco ganado, pero hay caza y mucha pesca que facilita su puerto.

   É probable que este florecemento dos teares en Arteixo durara ata finais do século XIX, época na que Luís Miranda Vázquez e José Núñez de la Barca inician a actividade da industria téxtil na Coruña ao fundar “Hilados y Tejidos de Vilasantar” e “La Primera Coruñesa”, empresas clave para a economía da bisbarra das que prometo falar máis polo miúdo algún día, xa que na súa historia tamén teñen certa relación con Arteixo.

 

FONTES:

R. FILGUEIRA, FERNAN (2012): Artesanía do liño. Séculos XVIII e XIX. Oportunidade histórica. Columba Revista Cultural nº 12, 2012. Cobas, Ferrol.

ROZAMONTES, MARÍA (1999): Arteixo de onte a hoxe (Volume III). Concello de Arteixo.

RUEDA, C. / ALBO, F. (2010): Recordos dos vellos teares en Vilasibil. La Voz de Galicia, 6 de febreiro de 2010.



JOSÉ ROZAMONTES, UN ARTEIXÁN QUE FOI PROFETA NA SÚA TERRA

   O xoves faleceu, víctima do COVID-19, José Rozamontes Pan aos 84 anos. Foise un dos grandes empresarios do noso municipio, unha gran persoa en todos os sentidos que forma parte da historia máis recente de Arteixo e a quen lle queremos render esta pequena homenaxe.

Imaxe do edificio de Rozas no lugar da Groufa
  Se é certo aquilo que di que “ninguén é profeta na súa terra” no caso de Rozas, apelativo polo que sempre foi coñecido, acontece todo o contrario. Emprendedor e loitador icansable, non parou ata que viu realizado o seu gran soño, un soño que botara a andar no ano 1956, que foi cando empezou a traballar no Alto de Arteixo, preto do actual bar “O que Faltaba”, na súa primeira panadería, no forno de pedra que había na casa da señora Rosa de Ferrín.

El Ideal Gallego

  Despois de enfornar durante tres anos e pico naquel lugar, en 1960 abre na Groufa a panadería actual, un negocio que ía ser testemuña da creación e da evolución do Polígono Industrial de Sabón. Naquela altura Pepe Rozas comeza a elaborar no seu novo establecemento empanadas e outros produtos que non habían tardar en traspasar fronteiras. As ringleiras de coches diante da panadería, a causa da gran cantidade de xente que paraba alí de camiño ao seu destino, era unha das estampas do Arteixo da época. As súa saborosas empanadas eran as principais culpables de aquelas grandes ringleiras.

   Nunha entrevista publicada en xullo de 1973 en El Ideal Gallego, o xornalista Amado preguntáballe ao noso homenaxeado pola maxia que empregaba para que as súas empanadas tiveran tanta aceptación:

   -Un moi elemental. Procuro elaborar os meus produtos con ingredientes de primeira calidade. O acerto de darlle o punto idóneo para que gusten é ao meu xuízo o secreto, se así se lle pode chamar.

   -¿É certo que as súas empanadas tamén se comen en Madrid?-, preguntaba o xornalista.

   -Por suposto que si. Para a capital de España van moitas e de aí que os moitos veraneantes que nos visitan, se acerquen á miña casa para comer as empanadas e leválas aos seus parentes-, respondía Pepe Rozamontes.

As empanadas en plena elaboración con Rozas á dereita da imaxe (El Ideal Gallego, 25 de xullo de 1973)

   Co andar dos anos, o negocio ía ir evolucionando ata converterse no que é actualmente: panadería, confeitería, cafetería e charcutería. O local is coñecido de Rozas é o que está na rotonda da Groufa, aínda que xa hai tempo que se expandiu con novas sucursais na Coruña. 

  Pepe Rozamontes estaba casado con Mercedes Deus, con quen tivo tres fillos: Mari, José Manuel e Javier. Con Jose e con Javi coincidín algún tempo, alá polos primeiros anos 80, na pasantía de Rosa, unha carballesa casada no Rañal que daba clases nos veráns na casa de seus sogros Manolo e Carmen (co tempo, a pasantía pasou a ser na vivenda que Rosa e o seu home Manolo construíran en Alba). Con Javi, o fillo máis novo de Pepe e de Mercedes, tamén compartín vestiario no equipo infantil do Penouqueira. Desgraciadamente, un accidente de circulación truncaría a súa prometedora carreira no mundo do fútbol.
 
Publicidade dos anos 70 de Casa Rozas

   Botando a vista atrás, penso nos primeiros recordos que teño de Rozas e véxoo na súa Derby Variant na miña aldea do Rañal. Viña moito por aquí a pescar, unha das súas grandes paixóns, e ao chalé que a familia ten en Alba. A primeira vez que me dín un chapuzón nunha piscina foi precisamente alí, no seu chalé, un lugar ao que iamos a rapazada do pobo e do que gardo gratos recordos. Ademais, a súa muller Mercedes tiña dúas irmás que vivían no Rañal, Jesusa e Herminda, de aí aí a grande relación que a familia Rozamontes Deus mantivo sempre con esta aldea.

   Outro dos recordos que gardo na miña memoria é o de aquel día que me berraba dende A Ermida, dende o actual paseo marítimo. Bueno, na realidade pensaba que me estaba saudando porque non paraba de levantar a man e, inocente de min, botei un bo anaco devolvéndolle o saúdo. Era das primeiras veces que pescaba na miña vida. Andaba ás barbadas con outra persoa. Hai un dito que di… Quen vai á barbada nas pedras esvara. Mimadriña, nós esvarar non esvaramos, pero a pouco máis ten que vir o helicóptero a rescatarnos. Rozas non nos estaba saudando efusivamente como a min parecía nun primeiro momento. Non, non. Rozas estaba facendo sinais de que saíramos rapidamente daquel lugar porque estaba subindo a marea! Algún día contareivos comos saímos de alí!

   Co seu soño realizado, Pepe Rozamontes retírase en 1996 e deixa a xestión do negocio nas mans da seguinte xeración. A súa merecida xubilación permítelle disfrutar da pesca, afección que tivo que abandonar a medida que foron pasando os anos, e tamén lle permite pasar máis tempo cos seus amigos de sempre, amigos cos que moitas veces conversaba dos tempos de antano e de hogano no Bar Insua, máis coñecido como o bar do Muiñeiro.

Pepe Rozamontes, que aparece sentado á esquerda da imaxe, charlando cun amigo no Bar Insua

   Actualmente a súa filla Mari e o seu marido Jose xestionan o local da Groufa, no que tamén traballan María e Cristina, as fillas do matrimonio. Cando a pandemia nolo permite, quen escribe vai de cando en vez tomar café alí. A dicir verdade, xa hai que non vou. O próximo café non será igual. A súa mesa estará baleira. O recibimento non será o mesmo. Botarei en falta o seu saúdo con ton retranqueiro:

   -Aí vén o do Rañal!

   Ata sempre Pepe!

  Que a terra che sexa leve, amigo!

 

FONTES:

-Aguiar, Iván (2021): Fallece José Rozamontes Pan, fundador de la panadería Rozas hace más de 60 años. La Opinión A Coruña, 6 de febreiro.

-Amado (1973): Un industrial que es profeta en su tierra. El Ideal Gallego, 25 de xullo.


O CINE DE CHAMÍN

    A orixe da industria galega do cine, unha vez que os irmáns Lumière asombran ao París de 1895 coas súas fotografías en movemento, pode sintetizarse nun triángulo cuxos vértices son José Sellier, José Gil e Isaac Fraga. O primeiro filmou o documental pioneiro, El entierro del general Sánchez Bregua. O segundo realizou a primeira película de ficción, Miss Ledya, con Castelao de actor secundario. E o terceiro fixo da arte empresa estendendo a fábrica de soños por todo o territorio galego (e español).

    Sábese que durante todo o século XIX tiveron lugar nas principais vilas galegas mostras ambulantes con aparellos antecedentes do cinema, como as sombras chinesas ou as lanternas máxicas, que estaban constituídas por unha cámara escura cun xogo de lentes que, por medio dun condensador polo que pasaba a luz dunha lámpada de aceite incorporada e atravesaba unha placa de vidro pintada con debuxos, se proxectaba nun lenzo e podíase crear ilusión de movemento movendo os vidros.

    É probable que as primeiras proxeccións que se realizaron en Arteixo cunha lanterna máxica se efectuaran en Armentón. Picadillo, Señor do Pazo de Anzobre e persoeiro cunha enorme curiosidade por todas as innovacións do seu tempo, en marzo de 1905 escribía o seguinte no xornal El Noroeste:

   “(…) Bueno será hacer constar que en la aldea también nos permitimos ciertos espectáculos relativamente públicos, y que, aparte de las regueifas y foliadas, tan usuales y corrientes entre los labriegos, abundan las proyecciones de linterna mágica en que aparece el elefante del Siam, admiración de Loureiro; el enemigo malo, ante cuya vista se santigua toda la concurrencia; la foca marina, que según los circunstantes haría el gran fol para una gaita, y otra porción de ejemplares zoológicos, tales como el ratón que lee, la cabra violenchelista, el cerdo sabio, etc., etc (...)”

    Por aquela época na que Picadillo asombraba aos seus caseiros coas proxeccións da lenterna máxica en Anzobre, en Europa consolidábanse as primeiras salas cinematográficas estables, que en Galicia se corresponde precisamente co inicio da andaina do emblemático Salón París de A Coruña (1908-1999).

    Durante as seguintes décadas os recintos para o cinematógrafo foron estendendo a súa presenza por cidades e vilas, á vez que se elaboraban uns primeiros códigos arquitectónicos para converter as salas nun reclamo e un rostro recoñocible para o público. 

   A partir da Guerra Civil, que retrasou moitos proxectos, a poderosa industria do cinema, na que os productores, distribuidores e cines eran observados de cerca poloxime, seguíronse construíndo innumerables salas no noso país. De feito, do total de 848 cines documentados por toda a xeografía galega, máis da metade, 448, foron construídos entre os anos 40 e os primeiros 60, entre eles o Real de Arteixo que abriran os irmáns Juan, Antonio e José Agra na Avenida de Fisterra entre 1959 e 1960, e o cine de Chamín do que falamos máis polo miúdo seguidamente.

Imaxe do antigo cine de Chamín (Cortesía de Feli Castiñeira
     Pois si. Aínda que non o creades houbo cine en Chamín, que para moitas e moitos veciños da bisbarra que peitean canas dende hai tempo era das poucas diversións e espectáculos aos que podían ir na súa xuventude, un lugar onde non faltaron anécdotas e intres vividos difíciles de esquecer.

   - ”O cine inaugurouse no 61 ou no 62. Cando o puxen dixéronme que se estaba tolo, pero a miña cabeciña non podía parar de facer cousas”, comentounos recentemente Luís Alfonso Castiñeiras Pedreira, o propietario do cine, reconvertido na actualidade en apartamentos, aínda que un dos seus accesos recorda perfectamente a época dourada deste edificio que podedes ver fronte ao lavadoiro de Chamín de Abaixo.

    Castiñeiras, un namorado do sétimo arte nado en Chamín en 1940, ao pouco de casar con Jesusa Patiño Domato, natural tamén da mesma parroquia, decidiu que era o momento de levar a cabo o seu soño. Para convertelo nunha realidade a parella fai a maleta da emigración a Londres coa idea de aforrar o suficiente para o seu cine. Alí, na capital británica, Luís Alfonso e Jesusa gáñanse a vida traballando nun restaurante de luxo ao que acudía con frecuencia a princesa Margarita, a irmá pequena da raíña Isabel II. Dende aquela Inglaterra en cor na que os nosos protagonistas estaban sendo testemuñas de cousas que nunca viran na España en branco e negro do franquismo, van enviando diñeiro á súa familia para que inicien as obras dun cine que abre as súas portas en 1962.

    De volta da emigración, e case que coincidindo co peche do Salón da Benitona da Lagoa, que ata aquel intre era a onde acudía a xuventude da zona a pasar o seu tempo de lecer, os nosos protagonistas vían como o seu cine, que tamén tiña bar, era unha verdadeira fervedoira de xente durante as fins de semana xa que, practicamente, era o único divertimento para as mozas e os mozos da contorna. Á parte da de Chamín, a xuventude de Sorrizo, Caión, Barrañán, Monteagudo, Armentón… nalgúns casos, netas e netos de varios caseiros de Picadillo presentes nas proxeccións da lenterna máxica en Anzobre, enchían cada fin de semana a sala. 

Mozos da contorna no bar de Luís Alfonso e Jesusa (Cortesía de Feli Castiñeiras
   Naqueles tempos de gran demanda que chegou a ofrecer programas dobres, o cine de Chamín, onde naqueles anos 60 se fraguou máis de un matrimonio, era un negocio familiar coma os de antes. O traballo estaba perfectamente rapartido. Luís Alfonso Castiñeiras poñía a música como reclamo para a veciñanza e despois encargábase de cobrar as entradas, que naquela altura tiñan un custe de 10 pesetas. Jesusa atendía o bar vendendo os refrescos e as pipas coas que se inchaban as mozas e os mozos da época. E as proxeccións eran cousa do propio Castiñeiras e de Manuel 'Cereixo', tamén veciño de Chamín e amigo íntimo da parella. Manuel e a súa dona Rosario Valcárcel, que tamén traballaba na taquilla do cine, foi un matrimonio esencial e imprescindible nas vidas de Jesusa e Luís Alfonso.

   E así se pasaban as noites das fins de semana en Chamín, entre as cancións de Antonio Molina, Conchita Velasco, Marisol ou do Dúo Dinámico e outros grandes éxitos cinematográficos de mediados dos 60.

    Castiñeiras, que nos contou que naquela época xa había clientes vip que querían ver unha película fora do horario habitual, variaba de película case todas as semanas:

    - Non ían ver o mesmo título dúas veces”, recorda.

    Comprar os dereitos de emisión de unha película custáballe entre 500 e 1000 pesetas, das de antes. Mais ás veces lograba que o cine París da Coruña lle prestase algúns dos filmes:

    -”Compartíamos os técnicos e tiñamos relacións comerciais, así que se eles tiñan películas que xa non poñían e aínda non as ían devolver, deixaban que as levara”, explica. 

Jesusa e Luís Alfonso coa súa filla Feli (Cortesía de Feli Castiñeiras)

     A finais da década dos 60, a consecuencia da competencia da televisión e coa adquisición dos primeiros coches, comezouse a declinar a dominante presenza de público en boa parte das salas de cine galegas. Na nosa contorna, as mozas e os mozos empezaban a frecuentar por aqueles días as discotecas As Airas de Carballo, Pazos da Laracha ou a Sala de Festas Eva de Arteixo, o que ía propiciar a decadencia e o peche definitivo do cine de Chamín en 1969. Iso si, a despedida foi ao grande, proxectando no adeus a King Kong e a Tarzán.

    Ao cerrar o cine, Luís Alfonso e Jesusa, que naquela hora xa eran pais de Feli, a súa única filla, deciden instalarse na Coruña, cidade na que alugan un local pola zona do Orzán para abrir un pequeno restaurante, o Restaurante Castiñeiras. Tiñan grandes ideas e a experiencia de Londres. A cousa non foi mal e, andando no tempo, compraron o edificio no que estaba o seu negocio para convertelo no hotel familiar -Hotel Castiñeiras- que xestiona Feli dende que se xubilaron seus pais Luís Alfonso e Jesusa, unha parella que fora quen de facer moi moi especiais os sábados en Chamín co único cine que había en varios quilómetros á redonda.

  Ai, se as paredes falaran!

Imaxe actual do edificio onde estaba o cine de Chamín

   

FONTES:

- ACOSTA, SUSANA (2012): De cine, entre las leiras de Chamín, El Comarcal, outubro 2012.

- CABO VILLAVERDE, JOSÉ LUÍS & SÁNCHEZ, JESÚS ÁNGEL (2013): Cines de Galicia, Fundación Barrié, A Coruña.

- MACEIRAS RODRÍGUEZ, XABIER (2018): Antoloxía das Confidencias de Picadillo, Autoedición.

- SALGADO, FERNANDO (2017): Historias de Galicia IV. La forja de la modernidad. Biblioteca Gallega, La Voz de Galicia.


A PANADERÍA CARRACEDO DE CHAMÍN

Celsa Martínez repartindo por Monteagudo

   Como ben sabedes, no noso concello temos unha chea de panaderías distribuídas por case todas as parroquias do municipio, polo que podemos mercar pan en A Groufa, A Maceira, Arteixo, Chamín, Lañas, Loureda, Meicende, Uxes, Vilarrodís… De todas e cada unha delas prometo falar polo míúdo algún día nesta bitácora xa que hoxe o protagonismo é para a Panadería Carracedo de Chamín, que con máis de seis décadas de historia ten máis que merecida a pequena homenaxe que lle facemos a continuación.

    Hai que remontarse ata os duros anos da posguerra para falar das orixes da Panadería Carracedo, que foi cando Ramiro Carracedo García e seu tío José Carracedo Esmorís empezaron a cocer no forno da casa na que reside actualmente o meu prezado amigo Alberto, cuarta xeración deste popular negocio xunto a súa irmá Laura.

   No forno desa vivenda, situada a marxe esquerda da estrada que nos conduce a Caión, uns metros máis arriba da panadería actual, Ramiro e José traballaron arreo ata que o primeiro decidiu facer a maleta da emigración para probar fortuna no Uruguai. Dous irmáns de Ramiro, Santiago e Julio, ían continuar enfornando en cadanseu negocio. Santiago faríao nunha casa situada detrás da taberna do Piñeiro, na que máis tarde quedou uns anos o seu fillo Jorge ata que pechou definitivamente, e Julio faría o propio no que vén sendo a actual Panadería Carracedo de Chamín.

Forno no que cocían Ramiro Carracedo e seu tío José

   Antes de ser panadeiro, Julio traballara con seu pai Jesús no serradoiro que levaría posteriormente Pepe Carracedo, máis coñecido polo alcume de Canuto da Lagoa. Polo que recorda a familia, Jesús e Julio eran moi bos negociantes e, á parte da madeira, dábanlle un pouco a todo xa que tamén se gañaban a vida como vendedores ambulantes e comerciando con produtos ultramarinos pola bisbarra.

   Ao casar con Celsa Martínez Varela, veciña da parroquia de Monteagudo, Julio deixa o serradoiro e construé a casa familiar, unha vivenda na que ían vir ao mundo os tres fillos do matrimonio, Ramón, Ramiro e Celsa Carracedo Martínez, e na que en 1954 abriu a tafona, cocendo e despachando no baixo. Julio cocía e facía o reparto na besta ao tempo que Celsa críaba aos rapaces e tamén repartía por Chamín, Sorrizo, Monteagudo, Armentón… Naquela hora, os cabalos do reparto foron dando paso a unha DKW, unha furgoneta da que aínda se acordan os máis vellos de Chamín.

   E así foi transcorrendo o tempo ata o fatídico 17 de agosto de 1974, que foi o día no que Julio faleceu con tan só 47 anos, tras sufrir un infarto cando realizaba o reparto por Barrañán na DKV. Superar a perda de Julio e levantarse de aquel golpe tan terrible non foi nada doado para a súa viúva Celsa, que con toda a valentía do mundo decidiu continuar cara adiante co negocio na compaña de Ramón, o seu fillo maior.

   Tras un par de anos á fronte da panadería, Ramón emigra a Inglaterra deixando a tafona en mans de seu irmán Ramiro, que non ía tardar en converterse nun dos grandes panadeiros do municipio arteixán.

   Pouco tempo despois Ramiro casa con Cristina Rodríguez, veciña de Lendo (A Laracha) coa que foi sentando as bases do que hoxe é a Panadería Carracedo: sinónimo innegable de calidade no produto e de excelencia na elaboración.

    Os seus dous fillos Alberto e Laura, cuarta xeración do negocio, íanse criar entre o pan e os sacos de fariña de Emilio Esteban provenientes de Renedo de Esgueva (Valladolid), a mesma fariña de trigo que xa utilizaba Julio Carracedo en 1954. Alberto e Laura, presente e futuro da Panadería Carracedo, traballan dende mozos con seus pais Ramiro e Cristina. 

Imaxe da Panadería Carracedo de Chamín

   A Alberto podémolo ver a diario no forno de Chamín e a Laura no despacho que a Panadería Carracedo ten na rúa Ría de Noia da capital do municipio, aberto pouco antes da morte da avoa Celsa, falecida en outubro de 2008 aos 78 anos de idade. Tanto no despacho de Chamín como no de Arteixo podedes mercar un dos pans máis ricos da bisbarra, pan de millo, doces, tarta de Santiago, roscas, bizcoitos, tartas ou empanadas de varios ingredientes (9 variantes) como a de zamburiñas, unha marabilla e unha verdadeira delicatessen!

   Iso si; se ides a mercar calquera dos seus produtos, especialmente nas fins de semana, xa vos aviso que vaiades con tempo porque o habitual é que haxa ringleiras de xente á porta de ambos despachos … por algo será! 

 

 

 

 

 

 

MEICENDE ANTES DA REFINARÍA


Vindo de Bergantiños,  

triste e convalecente,

 pasei polo medio a medio 

de Meicende garrida canto breve,

e batida decote 

do seco e frío nordeste.

 

Erguendo a fenestrela

do coche, con voz deble

pola fatiga e tremante,

lle dixen: “Boa Meicende, 

venturosa, garrida,

na túa doce pendente, 

cando as túas rapazas 

leven á Cruña o leite,

dille que o leven bo, 

ben limpo e ben pracente, 

para dar forza ao bardo de Brigandsia,  

que rendido se sente”. 


   Velaí está o gran Eduardo Pondal (1835-1917). Viaxa na carruaxe que dende Bergantiños o conduce ata A Coruña e, durante o traxecto, compón eses versos que ían ser publicados en abril de 1900, primeiro na Revista Gallega e días despois en El Eco de Galicia da Habana e en El Eco de Galicia de Bos Aires.

  Aquel Meicende das leiteiras de Pondal, consagrado polo bate bergantiñán para a eternidade, nada ten que ver co de hoxe, que modificou radicalmente a súa fisionomía nos primeiros anos 60 do século pasado a raíz da construción das factorías de Aluminios, Emesa e da refinaría, empresas que favoreceron o crecemento deste núcleo xa que moitos dos seus traballadores estableceron o seu domicilio alí coas súas familias.

 

Terreos ocupados actualmente pola refinaría. Ao fondo Meicende, Nostián e Pastoriza (Ángel Blanco)

   Un século antes, en 1866, Meicende contaba con 34 casas “y un albergue”. Naquela altura Arteixo non lindaba por esta zona co municipio da Coruña, como acontece na actualidade. Facíao co de Oza1 e ata 1864, ano no que se trasladou ao lugar de San Xosé, en Meicende houbera un portádego, tamén coñecido como fielato, que era o nome popular que recibían as casetas de cobro dos arbitrios e tasas municipais sobre o tráfico de mercancías, aínda que o seu nome oficial era o de estación sanitaria, xa que á parte da súa función recadatoria servían para exercer un certo control sanitario sobre os alimentos que entraban nas cidades. O termo fielato procede do fiel da balanza que se utilizaba para a peaxe que, andando no tempo, íase a trasladar a Parada da Cabra, onde está o actual Centro de Especialidades do Ventorrillo. 

Terreos ocupados actualmente pola refinaría (Ángel Blanco)

   Naqueles tempos, falamos de finais do XIX, a comunidade protestante da Coruña irradiase en Arteixo e Loureda, abrindo novos centros misioneiros en poboacións próximas á cidade herculina como Pedralonga e Meicende, onde a poucos metros das primeiras casas do lugar tamén había a casilla dos peóns camiñeiros, figura creada en España en 1759, durante o reinado de Fernando VI, para cuidar, a pé de camiño, a rede de estradas do Estado. Os peóns camiñeiros tiñan por cometido o arranxo, limpeza e coidado das vías nun treito determinado: unha legua, equivalente a 5.572 metros, de aí que na nosa terra se chamaran popularmente legoeiros. No municipio de Arteixo había dúas casillas, a do Seixedo e a de Lañas. Nesta de San Xosé, que estaba situada aproximadamente no lugar que hoxe ocupa a entrada da refinaría, traballaba o señor Rúa, un veciño de Suevos que seica era moi bo pescador de robalizas e que se encargaba do mantemento da estrada ao seu paso por Meicende, Pastoriza e Oseiro. 

Imaxe na que podemos observar varias casas do lugar de San Xosé, entre elas a dos legoeiros. Ao fondo, as factorías de Aluminios e Alcoa (Ángel Blanco)
 

    Zona de intenso tránsito das carruaxes que dende Bergantiños se dirixían á cidade, e doutras xentes que vendían os seus produtos na Coruña, aquel Meicende vivía principalmente do agro e da gandería. De feito, había ata catro sociedades que tiñan por obxecto o seguro mutuo de gando vacún ou porcino: La Imparcial, constituída en 1903; Solidaridad y Protección, creada en 1904; La Unión, fundada en 1909; e La Necesaria, constituída en 1915. Anos máis tarde, en 1924, tamén se ía constituír a sociedade La Esperanza, que segundo o artigo número 2 do seu regulamento tiña por finalidade “servir de distracción y recreo a sus asociados, apartándolos de los sitios, lugares y diversiones ilícitas y perniciosas a la salud y moral”. A sociedade La Esperanza e o seu equipo de fútbol, o Sporting Meicende, ían ser testemuñas da radical transformación da poboación, unha sociedade que no 2024 celebrará o centenario do seu nacemento.

Terreos ocupados actualmente pola refinaría (Ángel Blanco)

   Outro dos lugares de referencia do Meicende de antano e hogano é a panadería de Manuel Varela, negocio que tamén foi testemuña de excepción do cambio da fisionomía da localidade xa que levan enfornando dende os anos 30. A panadería, a que prometo dedicarlle crónica proximamente, pertencera con anterioridade aos pais de Tito e Jaime Blanco, futbolistas profesionais do Deportivo, Real Madrid, etc. E falando de fútbol, nas Eiras aínda vive Elvira 'de Mighés', curmá de Óscar Míguez, fillo de emigrantes de Meicende que foi campión do Mundo en 1950 con Uruguai no famaso maracanazo.

   Aquel Meicende era, xunto as terras de Nostián, Bens, San Xosé e A Grela, unha das despensas da cidade da Coruña. Cada vez queda menos xente que recorde como era aquel pequeno edén antes da chegada da industria. Maruja Aldao, nacida en Pastoriza en 1930, lembra que “donde está actualmente a refinaría era un inmenso val cheo de cultivos e había uns leiróns de pementos, tomates, feixóns e outras legumes que se daban de marabilla porque a terra era de primeira calidade; alí dábase o azafrán que lle botaran. A señora Maruja tamén recorda que “nesa zona facía un aire que non se paraba; había unha travesía que collía o mar e ao pasar por alí morrías co frío”, o que ben a confirmar o que nos conta Eduardo Pondal nos seus versos: de Meicende garrida canto breve/e batida decote/ do seco e frío nordeste”. 

Terreos ocupados actualmente pola refinaría. Ao fondo, a aldea de Bens e o Atlántico. Á esquerda, a nave da empresa Tagasa (Ángel Blanco)

   Jesús Varela Añón, nacido en Meicende en 1936, tamén nos recordou con nostalxia os tempos da súa infancia. Nun fermoso paseo pola memoria, falounos dos negocios que había no seu lugar de nacemento cando era neno: Onde hoxe está a Jamonería-Mesón Javier tiña a súa tenda a señora Flora, que era unha taberna ou ultramarinos dos de antes nos que tanto podías comprar un paquete de café ou botarlle unha cunca de viño. Naquel Meicende de antes tamén estaba a tenda da señora Carme; a tenda de Elvira; a tenda de Aurelio 'do Capataz', que era fillo do capataz dos peóns camiñeiros do Seixedo; había o estanco de Jesús 'O Churrús', a panadería de meus pais e creo que xa non me queda por citar ningún negocio máis”. 

   O señor Jesús contounos, ademais, que nos terreos nos que se construíu a refinaría, a altura da actual entrada das instalacións petrolíferas e a poucos metros da casilla dos peóns camiñeiros, había unha empresa chamada Tagasa que se dedicaba ao téxtil: “Traballaba moita xente, se cadra máis de 100 persoas. Algúns dos seus traballadores acabaron de empregados da refinaría”.

   E así chegamos ao 1961, que foi cando as compañías Marathon Oil Company e Petroliber iniciaron plans para construír unha refinaría de petróleos coa autorización do Ministerio de Industria de Franco. Tres anos despois, o 11 de setembro de 1964, inaugurábase oficialmente a refinaría, que inicialmente tiña unha capacidade de almacenamento de 164.000 metros cúbicos de cru e 246.000 metros cúbicos de produtos en preparación ou terminados. Naquela hora a planta ocupaba unha extensión de nove hectáreas que ían desde o pequeno areal de Bens ata a estrada que une A Coruña con Meicende. 

A praia de Bens antes da construción da refinaría (Ángel Blanco)

   Cinco anos despois da inauguración, decídese que era necesaria unha nova ampliación, obras que finalizaron en 1973. E xa nos anos oitenta, as instalacións ían crecer de tamaño no val de Nostián. Naquela época tamén crecera considerablemente a economía de moitos empregados da refinaría co segundo premio da lotaría de Nadal de 1986, que deixara en Petroliber máis de 7.000 millóns das antigas pesetas. Actualmente a refinaría ocupa unha extensión de 150 hectáreas.

Inicio da construción da refinaría (Ángel Blanco)

   Aquel Meicende de antes da refinaría, que nos anos sesenta apenas tiña unhas 160 casas, inmortalizouno o gran fotógrafo coruñés Ángel Blanco que, coa súa Leica, fixo o propio nos lugares de Bens, A Grela e San Xosé tirando unha serie de fotografías que son un verdadeiro tesouro etnográfico, imaxes que nos permiten saber como era toda esta zona nos anos previos e durante a primera fase das obras da refinaría e, incluso, imaxinar a Eduardo Pondal compoñendo os seus versos!

Inicio da construción da refinaría. Ao fondo, Meicende (Ángel Blanco)

Boa Meicende,

venturosa, garrida,

na túa doce pendente...”


____________

1 O concello de Oza anexionouse ao da Coruña en 1912

 

 

A TENDA E O SALÓN DA ROXA


   No baixo do edificio n.º 57 da Travesía de Pastoriza, que está situado entre a Casa Xuntanza e a farmacia de Juana Lorenzo, hai unha pequena tenda de comestibles que sobrevive ao continuo empurre das grandes superficies comerciais. O establecemento non ten letreiro. Nin falta que lle fai xa que, na parroquia e arredores, sábese que esa é a tenda da Roxa, un local antiestrés no que podedes facer a compra calquera día da semana, mesmo os domingos. Iso si, non vaiades con presa porque alí o tempo non corre. Na tenda da Roxa o tempo párase!

De esquerda a dereita, a tenda nova, o antigo salón de baile e a tenda vella

   Ao entrar neste oasis de paz vaivos atender moi amablemente César Sande, terceira xeración do negocio, que sempre fala e actúa de maneira conveniente, sen excesos de ningún tipo. Alí, ou na trastenda, tamén está habitualmente súa nai, María del Pilar Vázquez Martínez, máis coñecida polo diminutivo de Pila, unha muller coa que a clientela do pequeno establecemento viaxa acotío aos tempos en branco e negro. Mentres César atende no mostrador, Pila recorda cun brillo especial nos seus ollos o Arteixo e a Pastoriza de antano, de cando viñan ao San Miguel centos de persoas dende diferentes puntos do país; de cando se celebraba a Feira da Madeira a véspera do San Miguel e o luns de Pascua; ou mesmo cando seus pais Antonio e María rexentaban a tenda e o popular salón de baile, verdadeira institución de Pastoriza.

  Antonio Vázquez, o pai de Pila, mozo emprendedor natural de Suevos, abrira a tenda da que estamos a falar en xullo de 1932, xusto ao carón da taberna da señora Lola de Areosa, que precisamente naquel xullo do 32 daba á luz a Geluca, a súa filla máis nova. Detrás destos dous establecementos, no camiño que conduce ao Santuario, tamén traballaba un tal Merelas, ferrador da Silva, que ferraba alí o gando da veciñanza da contorna.

   Antonio xa tiña certa experiencia no negocio xa que seus pais, Andrés e María, á parte de gañar a vida como labradores, rexentaban unha pequena tenducha en Suevos. Persoa de incesantes inquedanzas que non o deixaban acougar, por aqueles días funda con outros veciños da parroquia o Sporting Pastoriza, o equipo antecesor da actual S.C.D. Pastoriza. Pouco despois, en 1934, casa con María Martínez, unha moza loura que, ao igual ca el, era natural de Suevos. Cousas da clientela, a cor do cabelo de María ía dar nome ao establecemento que abrira o seu home dous anos antes e, nun abrir e pechar de ollos, empezouse a coñecer na bisbara como “a tenda da Roxa”.

    Estaban alí de aluguer, xa que o edificio era propiedade de Arturo da Furoca. Na parte baixa a parella vendía un pouco de todo no seu negocio, dende comestibles ata artigos de ferraxería ou mesmo de mercería que despachaban nun mostrador de cemento branco pintado con pequenas ondas de mar. No resto da tenda había varios estantes de madeira, tamén decorados con motivos mariños. Ao fondo, Antonio e María tiñan a cociña, que estaba situada ao carón das escaleiras para subir ao piso no que ían nacer Hortensita e Pila, as dúas fillas do matrimonio.

    No exterior, a casa dispoñía dun patio grande no que tamén había un pequeno chabolo e unha edificación rectangular que se utilizou, durante certo tempo, como cocheira de “La Superiora”, unha liña de autobuses que naquela altura facía percorrido entre Arteixo e A Coruña. 

Foto antiga de "La Superiora"

   Andando no tempo, esa cocheira ía ter un uso ben diferente. Cando a empresa de transporte mudou de garaxe, os nosos protagonistas decidiron montar alí un local de baile que bautizan como “Salón Bordeiras” e que a clientela ía denominar para a eternidade “o Salón da Roxa.” Anos antes xa houbera outro salón en Pastoriza, o salón de Castiñeiras, que estaba na zona que hoxe ocupa o bar Washington.

   Os primeiros anos do devandito local coinciden coa morte de Hortensita, que a pobre finou con tan só sete anos. Naqueles duros tempos da posguerra, nos que boa parte da veciñanza da parroquia acudía coa súa cartilla de racionamento á tenda da Roxa, o salón de Antonio e María converteuse no lugar no que a xente de Pastoriza, Borroa, Nostián, Suevos... esquecía por unhas horas as súas penurias bailando ao ritmo de orquestras como Barrales, X, Radio, Spallant, Oriente ou, entre outras moitas, a banda dos irmáns Mallo de Feáns, que actuou varias veces no Salón da Roxa coa lendaria estrela Finita Gay, “A Martela”, primeira muller animadora da bisbarra que seica cantaba coma os anxos. Xurxo Souto conta nun artigo de La Opinión que “viñan mozos e vellos dos lugares máis apartados para ver a esta fenomenal animadora, que os facía tremer de emoción cando bailaba a raspita”.

Imaxe tomada nos anos 40 diante do Salón (Cortesía de Geluca Naya)

   Aqueles tempos eran os que eran, tempos de corredoiras e de zocos que os mozos e mozas cambiaban polos seus mellores zapatos na tenda de María e Antonio ou na taberna da señora Lola para logo bailar no Salón, ao que accedían tras comprar a súa respectiva entrada nun pequeno oco existente nunha das fiestras da tenda. O porteiro era Jesús Martínez, irmán de María “a Roxa”.

  O Salón de baile non era moi grande, mais os músicos actuaban encantados porque dicían que o local tiña moi boa acústica. Un dos músicos que tocaba alí con frecuencia, o trompetista dos Barrales, non deixaba indiferente a María “a Roxa” que, polo que nos contou a súa filla Pila, dicía que:

    -Ese cando toca a trompeta fai parar aos paxariños.

    ¿Quen sabe? Se cadra María referíase ás anduriñas que cada ano aniñaban nunha das vigas do seu Salón, que voaban e chiaban en perfecta armonía coas melodías das orquestras.

    Na dificultade xeral daqueles tempos, as cousas non ían mal para Antonio e María, que foran pais de Pila nos anos corenta. A tenda funcionaba ben, e co salón de baile tampouco había queixa. Malia a competencia doutros salóns da contorna como o de Figueroa de Oseiro, o da Roxa completaba o seu aforo de xeito habitual. Moitas veces, cando xa non collía nin unha mosca no interior, a xente bailaba no patio, un espazo que tamén se utilizaba no verán. De feito, durante algún tempo, houbera un palco de música pegado á casa.

Vistas do Salón e do patio exterior

     Mais todo se ía torcer en 1955, ano no que morreu Antonio con tan só 45 anos. A pobre María caeulle o mundo enriba. Viúva con 40 anos, con Pila ao seu cargo e sen ningún tipo de axuda, tivo a valentía e o coraxe suficiente para tirar cara adiante. Muller loitadora e moi traballadora, seguiu choiando na tenda e organizando bailes cos mellores artistas e orquestras da bisbarra no Salón, que abría cada ano co San Miguel, permanecendo pechado polo verán porque había verbenas en todos os sitios.

    Nesa época, a partir do ano 1960, as autoridades franquistas ían regular todo o relativo aos espectáculos públicos, tanto os propietarios de locais de baile como os músicos. Polo que nos contan Xulio Cuns e Xosé María Veiga no seu marabilloso libro “Orquestras populares das Mariñas”, os primeiros necesitaban un carné de empresa para poder facer bailes e os músicos para traballar debían dispoñer dun carné profesional que lles daba o Sindicato de Músicos.

    Nesa altura, na comarca, e seguindo xa un movemento que viña da década anterior, creánse bandas de estilo e corte moderno como fora o caso dos Celtas, Españoles, Breogáns, Players, Dukes ou mesmo Os Key, conxunto que Pila afirma que naceu no Salón da Roxa:

    Eran a Orquesta Radio e xa estaban anunciados na propaganda que se facía na imprenta que Alfonso de Pilarita tiña na rúa Barrera da Coruña. A Radio estaba anunciada para un domingo de San Miguel e o xoves Pepe Alba, un dos músicos, veu á nosa casa a díxolle a mamá:

    -María, mire, tivemos un pequeno problema na orquestra e decidimos separarnos.

    - Vaia oh. O baile é o domingo, xa está anunciado… ¿e agora que fago?

    -Bueno, pois mire, vimos cinco músicos e malo será que non lle fagamos baile!

    - Pois vide!

    E así naceron Os Key. A primeira vez que tocaron como tal foi no noso salón, recorda Pila.

De esquerda a dereita, Luís o da Ferrola, María a Roxa, Pila e Manolo o Ferreiro

    Pila ía casar moi noviña con César Sande, un mozo da Baiuca co que tivo dous fillos, César e Carlos. Ao tempo que criaba aos rapaces, axudáballe a súa nai na tenda e no salón, un local de baile ao que seguían acudindo, especialmente polo San Miguel e polo Antroido, mozas e mozos de Pastoriza, Suevos, Mesoiro, A Grela… xuventude que, como non podía ser doutro xeito, provocou algunha que outra liorta. Segundo nos contaron, os mozos de Suevos tiñan moita forza e arreaban duro, mais os da Grela seica posuían mellor técnica porque “xa ían ver ao cine Doré as películas do Oeste americano”.

    Naquela época, polas festas e moitos domingos de baile, era habitual ver diante do portal do Salón ao señor Arturo de Santa Icía co seu posto de tiro, o mesmo que a señora Celia e a señora Manola, vendedoras de froita de Pastoriza.

Xuventude de Pastoriza diante da tenda da Roxa nos anos 70. Na fiestra pode observarse o oco no que se compraban as entradas para o Salón

   E así, coma quen non quere a cousa, foron pasando os anos, tempos nos que o Salón da Roxa, ao igual que os outros do municipio, foi perdendo fol ata que que pechou definitivamente no ano 1979. Curiosamente, morría cando botaba a andar A Nova Mocidade. Miguel Sande (Pastoriza, 1961), poeta, dramaturgo, novelista, xornalista e integrante do devandito colectivo, recorda que “cando aparecía a Garda Civil no baile recrutando homes para apagar os lumes no verán, todos liscaban para se agochar no milleiral; algunha outra vez ata os das orquestras”.

(Cortesía de Pila Vázquez)

    A María “a Roxa” custáralle un mundo pechar o salón. Atrás quedaba unha parte moi importante da súa vida, con centos de anécdotas e ducias de parellas que ennoivaron alí. Dende aquela ía dedicarse en corpo e alma á súa familia e a atender a tenda na compaña da súa filla Pila. Faleceu en maio do 2009 aos 94 anos de idade.

    Ao ano seguinte do pasamento da nai, Pila, que enviuvou no 2008, deixou a tenda vella e abriu o negocio actual do que vos falaba ao inicio desta crónica. Un pequeno establecemento de comestibles que sobrevive ao continuo empurre das grandes superficies comerciais ao tempo que a súa propietaria, que nos atendeu recentemente no seu domicilio coa maior das amabilidades, viaxa coa súa clientela aos tempos de antano. Pila bromea coa rapazada que lle vai comprar larpeiradas decíndolles que “eu nacín nun salón de baile e medrei nunha tenda”, un negocio que en xullo deste 2022 cumpre 90 anos. Haberá que celebralo!

 

A TELLEIRA DE ARMENTÓN E OS BARREIROS DE MONTEAGUDO

    Ata hai relativamente poucos anos, antes de que se axilizaran os transportes e as comunicacións, practicamente a totalidade das materias primas procedían da contorna na que traballaban os artesáns, feito que limitaban as súas posibilidades ao que encontraban ao seu arredor e que condicionaba o proceso de fabricación e o acabado final dos seus produtos.

   O barro, a auga e a leña (produtora do lume) eran elementos comúns e accesibles en boa parte das zonas do país. Deste xeito, ante a necesidade de útiles para a vida cotián e de dous elementos imprescindibles na construción de vivendas como eran o ladrillo e a tella, as olarías e as telleiras artesanais proliferaron ao largo e ancho de Galicia para fabricar todo tipo de cerámica. De seguro que este foi o momento do nacemento de topónimos como “oleiros” ou “telleira”, moi presentes en toda a xeografía galega.

  E como non podía ser doutro xeito, no municipio de Arteixo, concretamente na parroquia de Armentón, hai un lugar que se chama A Telleira, obviamente referido a unha instalación con forno onde antigamente se fabricaron tellas e ladrillos. 


Panorámica do lugar da Telleira, parroquia de Armentón

   Ademais, sabemos da existencia doutro lugar co mesmo nome na parroquia de Oseiro, no actual Polígono Industrial de Sabón, que estaba na zona que hoxe ocupan as instalacións da Leyma.

   Na parroquia de Larín temos localizada outra telleira da que nos fala Sebastián Miñano y Bedoya no seu Diccionario geográfico-estadístico de España y Portugal, magna obra composta por once volumes que foi publicada entre 1826 e 1829:

  “Esta parroquia (Larín) y la citada de Armentón componen el coto llamado de Anzobre, cuya jurisdicción fue del señor conde de Jimonde, y en ambas conocen a prevención el juez de Bergantiños y alcalde mayor de la Coruña. Produce 675 fanegas de trigo, 975 de maiz, 15 de centeno, 15 de cebada, 75 de habas, 7 ½ de avena y 1600 arrobas de patatas. Hay bastante arbolado, y su industria consiste en 8 molinos de agua, 1 batán, 4 telares y una fábrica de teja.”

   No que se refire á que houbo na parroquia de Armentón, a mesma que quedou reflectida co microtopónimo A Telleira, non temos información algunha dos anos que funcionou como tal, mais grazas a uns documentos do século XVII que localizamos no Arquivo do Reino de Galicia, sabemos que fornecía ao convento dos agostiños de Caión antes de 1772, que foi cando estos freires abandonaron a vila mariñeira e se estableceron no barrio coruñés da Pescadería (a día de hoxe a Praza e o Mercado Municipal de San Agustín da cidade herculina seguen mantendo viva a memoria desta orde relixiosa).

   Todas as telleiras precisaban un lugar onde extraer a materia prima para a posterior fabricación das tellas e dos ladrillos. Falamos dos chamados barreiros que, no caso da telleira de Armentón, estaban nas proximidades como así o reflicte, unha vez máis, a toponimia. Non deixa de ser curioso e significativo que a día de hoxe existan nesta zona da que estamos a falar dúas entidades de poboación coa denominación Os Barreiros, unha na parroquia de Monteagudo, onde está a Área Recreativa do mesmo nome, e outra na parroquia de Armentón, entidades que están separadas polo rego dos Barreiros (segundo María Rozamontes máis arriba chamado Ibia ou Río Xordán).


Lugar de Barreiros, parroquia de Monteagudo

Área Recreativa de Barreiros

    Eses documentos consultados no Arquivo do Reino de Galicia, que nos axudou a interpretar o prezado Marcos Emilio Amado Casdelo, é a resolución dun litixio do convento de Santo Agostiño de Caión contra un tal Juan Calvete e a súa muller “por una poca teja”, preito que levou o xuíz de Anzobre por agresión e impago e no que, entre outras cousas, dise que “(…) llegaron a la telleira de los Barreiros a buscar una poca de teja con unos carreteros”1.

   Velaí está a telleira da Telleira!

   Ata a semana que vén!

 

FONTES:

Maceiras Rodríguez, Xabier: As telleiras da Laracha e os cabaqueiros do Baixo Miño (libro inédito que se publicará en 2024)

Rozamontes Vázquez, María (2007): Arteixo de onte a hoxe, Volume III, Arteixo: Departamento de Turismo e Normalización Lingüística do Concello de Arteixo.

 

__________

1 Vid. Arquivo do Reino de Galicia. Sinatura 1511-14.



VAGALUME”, ALGO MÁIS CA UNHA LIBRARÍA


  O pasado 30 de novembro Ofelia Ramos baixaba por última vez a persiana da súa “Librería Vagalume”. Co peche do negocio, quedaban atrás case corenta anos de inmellorable atención ao cliente e un feixe de recordos para varias xeracións de arteixáns, entre eles este humilde servidor que hoxe quere homenaxear, como non podía ser doutro xeito, a esta popular libraría.
 
Ofelia Ramos na súa Librería Vagalume pouco despois da súa inauguración (Cortesía familia Rodríguez Ramos)

   A “Vagalume” abrira as súas portas en 1985, nunha época na que os únicos establecementos deste tipo que había na capital municipal eran as dúas librarías de Amalucha (unha na Baiuca e outra na Avenida de Caión, que é a actual “Laydi”); a “Robi”, que tiña o local ao carón do que hoxe é “Reprint”; e a de Iglesias, que estaba na Avenida de Fisterra no mesmo local que actualmente ocupa Suso Peluqueros.

   O señor Francisco Ramos e a súa dona, a señora Ofelia, eran os propietarios do baixo no que se instalou a “Vagalume”, un local que inicialmente estaba previsto que fose unha tenda de roupa feminina. Eran naturais de Lugo, o señor Francisco do lugar de San Mamede (parroquia de San Mamede da Torre, Taboada) e a señora Ofelia de Goimil (parroquia de Sucastro, Monterroso). Facía pouco que voltaran da emigración. Estiveran durante trinta anos en Venezuela, país no que nacera a súa filla Ofelia, e decidiran investir parte dos aforros de tantos anos de sacrificio en Arteixo.

    A finais dos anos setenta, nun verán que pasara na terra de seus pais, Ofelia Ramos coñece nunha verbena a Alberto Rodríguez, un mozo de Taboada que en setembro do 78 xa era mestre de 5º de EXB en Oza dos Ríos. O xove docente fai o servizo militar en 1979 e posteriormente, no curso 80/81, imparte clases na Silva (Cerceda).

    A parella casa en 1981, ano no que Alberto empeza a traballar (a partir de setembro) no CEIP de Galán, que se inaugurara nesa mesma época. Neste centro ía permanecer de xeito provisional durante tres cursos dando clase en terceiro ciclo de EXB de Ciencias, que era a súa especialidade, pero tamén de Galego e Educación Física. O feito de que Alberto fora docente no municipio puido ser factor determinante para que, finalmente, apostaran pola libraría e non pola tenda de moda feminina, como estaba previsto inicialmente.

   Entre finais de 1984 e principios de 1985, xusto no momento da inauguración do establecemento que hoxe homenaxeamos nestas Crónicas de Arteixo, pecha a libraría de Robi. Curiosamente, parte do mobiliario deste negocio, como o mostrador, ía acabar na “Vagalume” que foi como bautizou a súa libraría Ofelia Ramos porque “tiñamos claro que sería un nome galego; gustounos o seu significado e como soaba”, recordaba Ofelia.

 

Primeiros tempos da libraría. Podemos comprobar que aínda non estaba construído o edificio no que está Caramelandia (Familia Rodríguez Ramos)

Imaxe tomada ao pouco de abrir a libraría. Obsérvese que o baixo  da actual  tenda "Mira Home" aínda estaba sen reformar (Familia Rodríguez Ramos)

    Aqueles eran tempos nos que polo centro de Arteixo aínda había algún que outro descampado onde, nas noites de verán, escoitábanse cantar aos grilos e a veciñanza podía ver vagalumes.

 

Imaxe tomada dende o 2º piso do edificio no que está a Librería Vagalume. O descampado do primeiro plano corresponde á praza onde está a terraza da Cafetería Play (Familia Rodríguez Ramos)

   Nos primeiros anos do negocio, a “Vagalume” era algo máis ca unha libraría. O almacén e o propio local de atención á clientela fóronse convertendo nun espazo de xogos, de actividades, nunha pequena gardería na que varias xeracións de nenos e nenas de Arteixo foron medrando ao carón de Ofelia, neneira e agarimosa coa rapazada coma poucas persoas. Quen non recorda os escaparates navideños da Vagalume? Nunha ocasión os cativos que paraban habitualmente na libraría mesmo construíran, coa axuda de Ofelia, unha gran cidade con ducias de edificos e cun tren que daba a volta por todo o escaparate.

Primeiros tempos da libraría (Familia Rodríguez Ramos)

    Pouco antes de abrir a libraría, Alberto obtivera o primeiro destino definitivo en Coristanco, onde permanece dende setembro de 1984 ata xuño de 1991. Posteriormente fai a especialidade de Educación Física e consegue destino nun cole no que estivera anos antes: Galán. A pegada do seu paso por este colexio aínda perdura na actualidade. Susana Lebón contounos que “en Galán había un equipo de atletismo do que foron artífices Alberto e meu pai. Cunhas condicións precarias ganáronlle campionatos a coles relixiosos. Un dos éxitos de Galán foi o obtido polo fillo do dono de Monleón, que creo que conseguira un bronce nun campionato nacional.” 

Alberto Rodríguez na Librería Vagalume ao pouco de abrir o negocio (Familia Rodríguez Ramos)

    Nos anos noventa Alberto e Ofelia ían ser pais de Alicia e de David, nados respectivamente en 1991 e en 1999. Mais non vaiades a pensar que o feito de ser nai acabou coa actividade dese almacén-gardaría, no que aínda se poden ver as raias coas que Ofelia marcaba os centímetros das medras da rapazada que a libreira protagonista desta crónica coidaba como unha nai. A súa filla Alicia, recorda que “os rapaciños digamos que preadolescentes ían por alí moitas veces a pasar a tarde, disfrazábanse, montaban alí as cousas para o Antroido; o almacén foi tremendo… ese almacén foi lugar de encontros, de xogos, un lugar de xuntanzas dos amigos”.

Á esquerda, a porta do almacén da libraría (Familia Rodríguez Ramos)

Foto tomada no almacén da libraría (Familia Rodríguez Ramos)

   E así foron pasando os anos… sobrevivindo no día a día… as chuches, as fotocopias, os xornais, os cromos… e logo, claro está, a época dos regalos de Nadal, de Reis, e o inicio do curso coa venda de libros e material escolar. O traballo nunca faltou e a sonrisa de Ofelia para os seus clientes tampouco, abofé.

    Non nos esquecemos do señor Francisco Ramos, o pai de Ofelia, que tiña algo de xenio, si, pero que foi un axudante incansable na libraría durante moitísimos anos. Tanto atendía aos clientes como axudaba a coidar dos netos. O señor Ramos pasouse moito tempo sendo compañeiro de batallas da súa filla e botaba alí o día para facerlle compaña. Alba Souto, que traballou durante varios anos na “Vagalume”, recorda con agarimo aqueles tempos. “As historias da emigración que contaba o señor Ramos encantábanme… e non esquezo o día que souben que xa era da súa confianza porque foi el quen me ensinou a facer fotocopias. E recordo a calma que traía a señora Ofelia, a muller do señor Ramos, que compensaba o torbellino do seu home”. Alba tompouco esquece “a mítica peregrinaxe de rapaces que viñan a comprar a revista Crono Motor para saber os percorridos dos Rallies de Galicia; había moita afección en Arteixo. E que dicir das colas que se facían en setembro para comprar os libros de texto, donde vías que os que viñeran como nenos no pasado agora estaban na librería como pais. E despois, os “corrillos” que se formaban entre os clientes que te poñían ao día da actualidade dos sucesos dos veciños e tamén moitas conversacións sobre política, cultura e recomendacións literarias.”

    Arteixo medraba a pasos axigantados. O asfalto e os edificios asentábanse nos lugares onde antano cantaban os grilos. A “Vagalume” era testemuño desa transformación urbanística... e tamén do crecemento de moita rapazada de Arteixo que, ano tras ano, seguía enchendo o almacén da libraría, onde pasaban as tardes facendo manualidades para montar, coma cada ano, o escaparate de Nadal ou preparaban os disfraces do Antroido.

Imaxe dos anos 90 tomada diante da Vagalume (Familia Rodríguez Ramos)

Imaxe dos anos 90 tomada diante da Vagalume (Familia Rodríguez Ramos)

    Despois de traballar durante cinco cursos en Galán, en setembro de 1996 Alberto consegue destino, xa só por Educación Física, no CEIP Ponte dos Brozos, onde permanece ata 2010, que fai cando pasou ao CEIP Arteixo, tamén por Educación Física. E así, nun abrir e pechar de ollos, xubílase cinco anos despois, no 2015.

    Aqueles cativos que ían, como se fose un verdadeiro centro cultural, á “Vagalume” a ler os tebeos, a facer quebracabezas, a xogar ao Monopoly ou ao Quien es quien... medraron… realizaron os seus estudos… nalgúns casos foron pais... pero iso si, non deixaron de ir á libraría onde tanto cariño recibiron naquel almacén nos que aínda se conservan as raias das súas medras. De feito, ata hai pouco, o devandito almacén continuaba sendo o centro de xuntanzas deste grupo de amigos.

   Dende a xubilación de Alberto, a Ofelia empezoulle a rondar pola cabeza a idea de xubilarse, especialmente desde que é avoa. Ese momento chegou o pasado 30 de novembro, día no que a “Librería Vagalume” baixou a persiana por última vez!

Disfruta desta nova etapa, Ofelia!







1 comentario:

  1. Vaya, qué pena la noticia del cierre de Gabesa.
    Recuerdo justo al lado, en la parada del bus de Trolebús de Carballo, vivía mi amigo Marcial, con sus padres y familia, hasta que se la expropiaron y construyeron otra en Arteixo, cerca del río en la carretera de Loureda.

    ResponderEliminar