XXIII FEIRA HISTÓRICA ARTEIXO 1900. "A VIDA NOS PAZOS" ( A VIDA NO PAZO DE FIGUEIROA)
Os días 18, 19 e 20 de outubro, celébrase a popular Feira Histórica Arteixo 1900, un evento que xa vai pola vixésimo terceira edición e que neste 2024 está dedicada á vida nos pazos. Velaí tedes a programación para toda a fin de semana:
“A VIDA NOS PAZOS”
Misteriosos, románticos, evocadores… os pazos representan un dos nosos sinais de identidade e foron, durante séculos, residencia de nobres e fidalgos de gran poder económico.
Estes edificios eran o principal foco de riqueza e constituían unha especie de unidades de xestión local, arredor dos cales transcorría a vida das xentes como punto neurálxico dunha organización feudal da economía.
Ao pazo coma estrutura arquitectónica asociábaselle unha rede social: a dos serventes do fidalgo e dos tributarios de foros (cesión das terras aos campesiños a cambio de recibir rendas), que en moitos casos chegaban a vivir no mesmo recinto.
A preeminencia destas casas señoriais sobre a sociedade rural galega descansaba non só na propia edificación senlleira, senón nun considerable conxunto de terras de labranza nos seus arredores. A situación escollíase estratexicamente, erguéndose sempre en zonas de microclima benigno e de solos fértiles, onde o señor puidese ollar as súas posesións. Habitualmente eran construcións de planta rectangular ou cadrada levantadas sobre grandes perpiaños de pedra que os protexían da constante humidade galega. Segundo o refraneiro popular, este espazo singular tiña, ademais, varios elementos característicos: a capela, onde se reunían para o culto relixioso tanto os señores como o servizo doméstico e os xornaleiros da propiedade; o pombal e o ciprés, árbore asimilada á hospitalidade. “Capela, pombal e ciprés, pazo é”, sinala o dito popular. Pero era moi común que as casas señoriais galegas tamén tivesen hórreo, cruceiro e, por suposto, un bo predio con xardín e fontes, e mesmo animais si eran de carácter agrícola e gandeiro.
Co tempo, estes edificios foron converténdose na marca social e refuxio da decrecente clase fidalga, decadencia motivada en gran parte pola suspensión dos foros e dos seus privilexios e xurdida, tamén, a raíz do éxodo dos campesiños ás cidades.
Grandes autores da nosa literatura inspiráronse nos pazos galegos para ambientar as súas obras. Ese foi o caso de Emilia Pardo Bazán, propietaria inicial do Pazo de Meirás, lugar onde escribiu Los Pazos de Ulloa en 1886; de Valle-Inclán, que tamén retratou a vida dos pazos na súa triloxía das guerras carlistas Comedias Bárbaras, encabezada por Los Cruzados de la Causa; ou, entre outros, de Otero Pedrayo, autor de Os camiños da vida (1928), a gran novela galega dos pazos.
OS PAZOS DE ARTEIXO
Nas informacións sobre Arteixo que aparecen no tomo dedicado á provincia da Coruña da Geografía General del Reino de Galicia publicada en 1928, Carré Aldao dinos que “(…) Respecto a los abolidos señoríos tan sólo se conservan algunos restos de la fortaleza de Suevos y los pazos de Anzobre (Armentón), Oseiro, Figueiroa (Arteixo) y Atín (Loureda)”.
Con relación ao de Suevos, só unha rúa, a do Pazo, deixa intuír que antano residía neste núcleo unha familia, os del Río, con capacidade para ter un casarío engaiolante, do que hoxe non queda practicamente nada. O de Anzobre, en Armentón, se cadra é o pazo máis coñecido deste municipio. Herdárao Manuel María Puga Parga 'Picadillo' logo do falecemento en 1899 de seu pai Luciano, o xurista de Curros Enríquez. Durante a súa curta vida, 'Picadillo' ía converter este pazo nun dos centros neurálxicos da cultura galega da época grazas ás frecuentes visitas de figuras da talla dos escritores Wenceslao Fernández Flórez e Emilia Parda Bazán ou dos pintores Germán Taibo e Manuel Abelenda. O de Oseiro, situado ao carón da igrexa parroquial, mandárao construír Constanza das Mariñas e, co transcorrer dos anos, ía pertencer aos Láncara. O de Figueiroa, mesmo foi Casa do Concello a mediados do século XIX. E o de Atín, en Loureda, nobre e fermosa construción do XVII, ofrece unha inequívoca imaxe do pazo galego por antonomasia e actualmente utilízase para celebrar eventos.
Mais á parte dos citados por Carré Aldao, en Arteixo tamén existían outros pazos como o de Mosende, en Lañas, que aínda conserva un balcón de pedra e un patín que rememoran os tempos de esplendor do edificio; o de Villariza, en Pastoriza, lugar onde o mariscal Porlier argallou o Pronunciamento de 1815 na Coruña a favor da Constitución; o de Galán, en Oseiro, onde a día de hoxe continuamos admirando o seu gran pombal; o de Arixón, de situación incerta hai quen o sitúa no lugar de Corteo, en Monteagudo; o das Covadas, en Sorrizo, antiga posesión dos Riobóo, Villardefrancos, Castro ou, entre outras estirpes, dos Figueroa; o do Fidalgo, no Igrexario de Sorrizo, onde destaca o pombal situado no muro de peche do recinto semellando unha torre; o de Cortiñas, na Lagoa; o de Gondreo, tamén en Sorrizo, propiedade da familia Pombo que tivo longa descendencia en Colombia, caso do poeta Rafael Pombo, máximo representante do romanticismo no país cafeteiro; ou o de Laxobre, fundado en 1646 polos cregos Fernando e Pedro Romay y Junqueras. Este pazo tiña unha capela dedicada a Santa Lucía, de aí a orixe da devoción a esta santa en Arteixo… concello no que, como acabades de comprobar, abofé que houbo moita vida nos pazos!
AS TORRES DE FIGUEIROA
E precisamente, falando de como era a vida nos pazos de Arteixo, hai unhas semanas, nos habituais mergulleos que un servidor realiza pola hemeroteca, na prensa da emigración galega en Cuba localizamos un artigo do ano 1894 que describe algúns aspectos das Torres de Figueiroa, edificio que mesmo fora a Casa do Concello en 1840, durante o mandato do alcalde Ramón Bermúdez de Castro, que era natural da vila de Regla (Cuba) e tiña domicilio en Sorrizo.
Panorámica actual das Torres de Figueiroa (Cortesía de Emilio Maceiras) |
O artigo en cuestión, da autoría do intelectual e artista galego Rafael Balsa de la Vega (Padrón, 1859-Madrid, 1913) é un verdadeiro tesouro etnográfico no que se fala, entre outras cousas, do oratorio que había no lugar con devoción a san Roque, da festa que se celebraba en Figueiroa polo san Roque, do ramo feito cunha enorme rosca de pan de trigo amasada con ovo, dun globo de papel lanzado do mesmo xeito que se fai cada ano en Betanzos na honra de san Roque, dun certame de regueifa... e dun longo etcétera que compartimos deseguido:
DESDE GALICIA
Desde este rincón de Galicia, ignorado de los mismos gallegos, para que no lo sea de cuantos buscando alivio a sus dolencias, expansión al espíritu conturbado por la batalla ruda y diaria en las grandes capitales sostenida por la existencia, buscan lugares, descanso, quietud y sosiego para la mente, aires oxigenados y repletos de efluvios vitales, escribo, con varios días de retraso, esta crónica, dedicada exclusivamente, a dar cuenta de las fiestas que en una aldeílla se han verificado, junto al bravo océano emplazada, en medio de montañas abruptas, coronadas de pinares y tojales, a cuyos piés verdean plácidas y solitarias praderas, cerca del temible cabo de Finisterre, frente por frente a las Islas Sisargas, que a modo de gigantes marinos, asoman las peladas cabezas por entre las brumas oceánicas, bien para registrar la procelosa extensión de la gran masa salobre, bien para escuchar, entre el rumor de las ondas, los cánticos que a estas costas, altas por excelencia, traen en sus olas los vientos que de las escandinavas hasta ellos llegan.
Os diré como se llama esta aldeíta, aun cuando, de cuantos estas líneas leais, probablemente la mayor parte seguireis ignorando donde se halla, se llama Figueiroa, pertenece a la parroquia de Santiago de Arteijo y dista de la Coruña unos 14 kilómetros. Es estación termal; pues en el fondo de uno de esos valles de los cuales os hablo más arriba, existen unas termas calientes, que afanos utilizan doscientos o trescientos bañistas, entre pobres y ricos, al cabo de la temporada. Pues bien, en esta aldea de Figueiroa, también ha habido fiestas, típicas, dignas de ser descriptas por quien manejase la pluma obedeciendo a la cuerda bucólica de la lira poética, tan a maravilla manejada como por el autor de Unha festa en Einibó o del de Soaces d´un vello.
Las fiestas fueron en honor a San Roque. La víspera, uno de los caseros del señor d´a Torre, señor que a pesar de sus ideas democráticas, representa algo así como el señor feudal, subió a la citada casa d´a Torre, casa cuya construcción data del siglo XVI, y alrededor de la cual se vén agrupadas con sus respectivas huertas eiras e hórreos la vivienda de los colonos o caseros. Y subió el señor Borrasás que así es el apellido d´o tío Bernaldo, con su ramo de mayordomo de la función, para que lo viésemos cuantos en la señorial casa vivimos, y pudiésemos apreciar por el lujo y tamaño del ramo el gasto que se proponía hacer en honor del celestial abogado contra la peste.
¡Qué ramo! Yo os suplico que no os riais. Lo componía una enorme rosca de pan de trigo amasada con huevo; atravesando la rosca dos palos formando cruz cubiertos con papeles dorados; despues, otros mimbres describiendo una nueva circunferencia, llevaban colgadas roscas más pequeñas de huevo también, atadas con cintas de colores y por último en los extremos de las aspas de la cruz unas flores de papel picado, de colores chillones; en el medio de la gran rosca, una efigie de San Roque, pintada por mi, y copia exacta del San Roque de talla, que señalando con el índice de su mano derecha de madera, la pierna desnuda y llagada, hace un siglo se venera en el oratorio d´a casa d´a Torre.
Y despues de celebrada la obra de arte del Sr. Bernaldo, y de apurados unos cuantos vasos de vino de la tierra, desde lo alto de la espaciosa solana se echaron hasta tres decenas de cohetes de tres tronidos y luces y media docena de bombas, un globo de cinco pesetas comprado en la Coruña; y las mozas y los mozos de la aldea, y de la Pedreira y de otros lugarcillos cercanos, bailaron al son de las panderetas y entonaron sus triados y pareados y lanzaron al aire sus aturuxos.
Clareó el día de la fiesta. Las brumas del mar fueron retirándose a esconderse entre los acantilados de la costa: el cendal de finísima niebla que del río Brozo que fertiliza el valle, fué perdiéndose y desfumándose en el azul de turquesa de la atmósfera; los árboles y las praderas, y las zarzamoras, y las madreselvas brillaban cubiertas de titilantes gotas de orballo, cual si fueran sus hojas de rica pedrería; el mar, vestido de entensísimo azul semejaba un zafiro; allá en lo alto del vecino monte, sonaba el alegre tañido de la esquila de la parroquia, con el golpeteo del tamboril de la gaita, cuyos sonidos, a través de la distoncia, llegaban hasta la Torre salvando el valle; veíanse desde la solana, como hormigueaba la gente, las mujeres con sus pañuelos de colores brillantes, los hombres con sus paraguas rojos y azules, y mezclados algunos quitasoles y sombrillas de los bañistas que iban a las fiestas.
Y a las doce o doce y media de la tarde, cuando el sol derramaba con fuerza sus rayos sobre aquel panorama de encantados tonos, de varia forma, de olorosas plantas, arrancando chispas diamantinas a la corriente del manso río Brozo, y aroma a los resinosos pinos y al tojo y a las plantas todas, las dos campanitas de la parroquial de Arteijo comenzaron a repicar locamente, con alegría de niños que en días análogos se visten sus cirolas mejores, sus zapatos nuevos, su chaleco de paño azul y su montera con madroños para ir a la romería, desde el balcón de nuestra casa, armados con gemelos y anteojos, mirábamos hacia allá. De pronto vimos formarse en el aire varias pequeñas nubecillas blancas que se disipaban, merced a la brisa de la costa, y a aquellas nubecillas suceder otras y otras. Al poco tiempo, llegaban a nuestros oidos los lejanos estampidos de las bombas, y con este sonido, la visión de un conjunto procesional. Relucía a las veces la cruz de metal de un estandarte blanco, y la capa roja de San Roque que flotaba a merced del viento; quedaba un trecho únicamente ocupado por apiñada multitud, cuyo rumor distinguíamos a las veces, cuando las ondas sonoras impulsadas por la brisa, venían en dirección de nuestra casa.
Panorámica actual das Torres de Figueiroa (Cortesía de Emilio Maceiras)
Un cubo de cohetes se elevó en raudo vuelo a la altura de los montes vecinos a la iglesia: vimos marchar con pausa una mancha blanca, que a la distancia en que nos encontrábamos no pudimos apreciar al pronto pero que nos hizo comprender que sería la quietud repentina en que quedó la gente. Ya no había paraguas ni quitasoles que nos estorbaran la vista de aquel objeto, y pudimos ver que era el pálio1. Las señoritas de la casa d´a Torre, dirigiéronse al piano y a cuatro manos tocaron la marcha real haciendo duo a la que la gaita entonaba en el atrio de la iglesia de Arteijo; mientras tanto otra, con las criadas cubrían de rosas arrancadas unos momentos antes en el jardín, la efigie de talla de San Roque del oratorio; y el hidalgo-demócrata, señor d´a Torre, contestaban con los cohetes de allá, con cohetes.
Terminó la procesión. Llegó la tarde. Abriéronse de par en par las puertas de la vieja señorial casa, y en aquel recinto amurallado, bajo la parra, al lado de la monumental fuente, con mascarones de musgosa piedra decorada, en la lira, enlosada, se establecieron en ringla las mesas de las vendedoras de rosolí, de caña, de anís, de siseñores, de roscas, de fruta; en mitad de la amplia era se colocó el salón de baile, sobre un carro el gaitero con un tamboril; en la extensa solana se pusieron bancos y sillas, y allí juntamente con los dueños de casa, estaban los bañistas distinguidos de los baños termales.
Fonte das Torres de Figueiroa (Cortesía de Emilio Maceiras)
Despues del baile, a la caída de la tarde, comenzó el certamen poético, aquí con el nombre d´a regueifa. Luchaban para obtener el premio, consistente en una gran empanada de jamón y una mediana bota de vino, varios mozos y mozas. Entraron en lid, saludándonos con varios pareados, en los cuales se hacía elogios encomiásticos; después el motivo de los versos fué el de celebrar las bellezas de la fiesta, por último, celebrar las dotes poéticas de cada uno de los contendientes. El certamen duró hasta bien entrada la noche. Vencieron dos mozas, y galantes como lo son las mujeres gallegas, subieron a ofrecernos participación en el premio. Brindamos a su salud y a su hermosura; contestaron ellas en delicadas triadas. El señor d´a Torre entre aturuxos y vivas , y acompañado de su hijo, bailó con las vencedoras en las lides de Rosaura, la muiñeira, clasicamente tocada por el gaitero; la escena la iluminaban farolillos y fachucos. Terminada la muiñeira, se infló un gran globo; la operación fué llevada a cabo en medio de cánticos, aturuxos, cohetes y risas. Se cortó la cuerda, subió aquella máquina de papel y acompañáronle en la ascensión estalos de luces, pero a la mitad de la ascensión un estalo lo rasga y ¡cataplum! a todo correr cayó sobre el hórreo del mayordomo de la fiesta, señor Bernaldo de Borrasás.
Quedara desierto el murado recinto de la casa, cuando nos trasladamos a la del citado mayordomo, para hacer los honores al banquete que tenía dispuesto. En el sobrado sobre aras de granos y tallos y mesas hechas con tablones arrebatados al mar, restos de embarcaciones en aquellas costas perdidas, veíamos fuentes enormes de jamón, de carne de vaca, de cerdo, de papas, de arroz con leite, de papas de millo con leite tambien. Bajo una de las mesas tres o cuatro cántaros de vino.
Se bebió, se cantó, se comió.
¿Ustedes gustan? ¡A la salud de San Roque! Como acaba de decir el Sr. Bernaldo de Borrasás.
R. BALSA DE LA VEGA.
Figuero-Avila, Agosto 21, 1894.2
_________
1 Dosel portátil sostido por catro ou máis varas longas, baixo o cal vai o sacerdote coa custodia, unha imaxe relixiosa ou certas autoridades nas procesións ou cortexos.
2 Vid. La tierra gallega : periódico bisemanal de intereses regionales: Ano I Número 38 -, A Habana, Cuba, 7 de outubro de 1894, páx. 3.
ARIXON (SORRIZO)
“En una certificación y ampliación de Armas dada por D. Ramón Zazo y Ortega y fechado en Madrid el 20 de diciembre de 1775, se hace referencia a una información de nobleza rendida por Martín Pombo, en nombre y con poder de un nieto suyo residente en Popayán (Colombia), y de esta información consta la siguiente genealogía.
I. El citado Martín Pombo y su esposa doña Alberta Rodríguez de Grela, vecinos de la parroquia de San Martín de Razo y dueños de la casa y pazo de Villar de Cidre y de la casa y pazo de Gondreo, que se mantenían en aquellos tiempos con sus escudos de armas en sus respectivas fachadas, fueron padres de:
II. Juan Pombo Rodríguez de Grela, que contrajo matrimonio con doña Juana López de la Guerra, apellidada también Juana Gómez, hija de Martín López de la Guerra y de doña Jacinta Gómez, vecinos de la parroquia de Monteagudo, perteneciente al municipio de Arteixo y partido judicial de A Coruña y dueños de la casa de Sande (…).”
Casa de Gondreo
“(...)La familia Pombo se sabia ilustre por el linaje y es lo cierto que en esa convicción existía algo más que mera vanidad. Don Manuel, el padre de Lino, descendía en linea directa de aquel caballero don Antón de Pombo que fue hecho conde por el rey Ramiro I de León, luego de su heroica acción, en el año 825, en la batalla de Clavijo contra el poder moro. Al llegar al virreinato, su padre don Esteban de Pombo y Gómez, casado con Tomasa Ante y Valencia había querido trasplantar el solar de la familia en San Pedro de Sorrizo e instaurar así una casta de horca y cuchillo, pero sus hijos, compenetrados con un alto sentido de lo criollo, habían abrazado las ideas liberales (…)”1
Manuel Pombo de Ante (www.geni.com) |
Lugar de Gondreo, Sorrizo |
O PAZO DE GONDREO E A LIÑAXE DOS POMBO DE SORRIZO EN COLOMBIA (e IV)
O HISTÓRICO PASADO DO LUGAR DE LAXOBRE
Poucos lugares hai no concello
de Arteixo que conten co
pasado esplendoroso que ten Laxobre,
terra de historia, de lendas e de recunchos nos que aínda se
conservan innumerables pegadas que
falan da grande
importancia que no seu momento tiveron o castro, o
pazo, a
capela ou a fonte do
lugar, a coñecida coma
Fonte
de Santa Lucía. Entidade de
poboación da parroquia de Santiago de Arteixo que
linda cos núcleos do Seixedo e de Ponte, ambos
na parroquia de San Tirso de Oseiro, Laxobre é coñecido na
actualidade por
ser o lugar
onde o padre Villa construiu,
nos anos setenta do século
pasado, a “Ciudad de los
Muchachos” de Agarimo.
Imaxe actual da Fonte de Santa Lucía de Laxobre | |
Imaxe actual da Fonte de Santa Lucía de Laxobre | |
Situado no lugar estratéxico do cume do Monte do Castro, a uns 100 metros sobre o nivel do mar, o castro de Laxobre, tamén coñecido como o castro de Arteixo, atópase entre a Travesía de Arteixo, na marxe esquerda da costa que dende O Seixedo sube cara o Alto de Arteixo, e a parte esquerda da Avenida de San Estevo de Morás, o que vén sendo a estrada de Uxes. Unha vez nesta avenida, se colles o primeiro desvío que hai ao pasar o tanatorio, entras na Rúa Andrés Gaos, que non ten saída e acaba xusto no asentamento castrexo do que estamos a falar.
Trátase, xunto con Anzobre, Canzobre, Rañobre e un perdido Lañobre recollido por Moralejo, dun dos topónimos do municipio que levan o sufixo -OBRE na súa denominación, unha terminación sobre a que o arqueólogo Luís Monteagudo apunta a idea de que se cadra procede do indoeuropeo -VERIS (altura) ao constatar que case todos os primeiros elementos destos topónimos son xentilicios ou cognomina romanos. O popular arqueólogo tamén nos di que… " en consecuencia, y descartando por varias causas la interpretación como "altura fortificada" (=castro), creemos posible que esta "altura" de los topónimos en -bre signifique outeiro (altar) que en general aprovechaba los peñascos de las alturas, y además constituía el núcleo de una institución socio-religiosa que, evolucionando, llegó casi hasta nuestros días”.
Outros
autores consideran que o sufixo -BRE derivaría de -BRIX e indicaría
en orixe un poboamento en altura. Simplemente observando o modelo de
elevacións da nosa bisbarra compróbase que, efectivamente, os
topónimos en BRE e afíns atópanse en xeral, aínda que non en
todos os casos, en zonas elevadas non moi pronunciadas xa que o noso
relevo é relativamente suave, mais si ocupan lugares altos con boa
visibilidade.
A hipótese de poboados en altura do erudito coruñés Menéndez Pidal non foi aínda refutada nin demostrada, mais si que ten o mérito indiscutible de chamar a atención destes topónimos concentrados en territorio do Portus Magnus Artabrorum, ou Golfo Ártabro, como sinal de territorialidade ou de indentidade do pobo dos ártabros. Esta tese poderíase demostrar cunha axeitada investigación arqueolóxica sistemática sobre una selección de castros da comarca onde Arteixo, segundo sostén a miña prezada amiga e arqueóloga Puri Soto, xoga un papel preponderante!
Tamén resulta de notable interese a información do historiador José Carlos Sánchez Pardo quen, na súa tese de doutoramento, dinos que… “el análisis de la potencialidad productiva del entorno de estos lugares con toponimia en “bre” indica que se ubican en zonas con buena capacidad agrícola, si bien se trata de valores similares a los obtenidos por otro tipo de entidades de poblamiento histórico, pues ya hemos señalado que el territorio de Nendos se caracteriza por una óptima capacidad productiva media del terreno. De todos modos, al estudiar más detalladamente la productividad del entorno de estos topónimos y compararla con la obtenida para la generalidad de los castros de Nendos, observamos un fenómeno similar al mostrado por los castros cuyo emplazamiento presenta continuidad ocupacional entre los siglos I y XIII. Las aldeas con topónimos en “bre” se sitúan en zonas con un índice ligeramente mayor de tierras de alta capacidad productiva (prime land) que la media de los castros, aunque en cambio pierden accesibilidad a tierras de uso extensivo”.
De forma circular tendente e ovalado, o castro de Laxobre apréciase perfectamente nas fotos do chamado voo americano. En realidade son dous castros (aínda que o antecastro é común, segundo algúns expertos trátase dun caso non moi típico de castros asociados) e ten unha superficie aproximada duns 7.000 metros cadrados cunhas medidas de Noroeste a Surleste duns 83 metros de diámetro por uns 90 metros aproximadamente de Norleste a Suroeste. Como dato curioso recente, dicir que en decembro de 2012 o amigo Xosé Troiano atopou fortuitamente neste asentamento unha meta dun muíño castrexo moi ben conservada, tesouriño que foi depositado no Museo Arqueolóxico do Castelo de San Antón da Coruña.
Fotografía do chamado voo americano no que podemos ver o castro de Laxobre |
Cavidade granítica do asentamento de Laxobre |
Dos tempos nos que aínda se podía apreciar claramente o castro debe datar a lenda que nos contou o pasado verán a señora Perfecta Orgeira Dopico, máis coñecida por Peruca de Laxobre ou Peruca de Orxeira: “Onde actualmente está a “Ciudad dos Muchachos” había unha pedra moi grande que se chamaba A Escádiba ou Escádeba. Miña tía contaba que esta pedra tiña coma unha especie de escaleiras para chegar ao bico dela e que desde alí, cando foi a guerra contra os mouros, seica lanzaban as pedras á igrexa de Oseiro. A tía tamén contaba que polas escaleiras da Escádiba era por onde subía a Virxe da Luz”.
Peruca, nacida na Baiuca en 1938, viviu case tres décadas en Laxobre nunha casa de rancio avoengo que, no seu momento, pertencera aos Romay de Betanzos. Desta familia veu como cura das parroquias de Loureda e Arteixo o Licenciado Pedro Romay y Junqueras que, segundo nos informa Manuel Blanco era... “conocido como El comisario (probablemente “familiar” del santo oficio de la Inquisición). Sábese con certeza que en 1637 Pedro Romay y Junqueras xa estaba por estas terras e que estivo de párroco de ambas freguesías ata o ano 1654. Xunto a seu irmán Fernando, que era crego de Sigrás e Anceis, fundou en 1646 a Casa e vínculo de Laxobre, que tiña unha capela adicada a Santa Lucía, de aí a orixe da devoción á devandita Santa no noso municipio.
En primeiro plano imaxe do Pazo de Laxobre a principios dos anos 70. Ao fondo, Vilarrodís |
Con relación a esta capela que había en Laxobre, na visita pastoral realizada no ano 1742 polas parroquias do actual municipio de Arteixo, o bispo da altura deixou constancia de que na freguesía de Santiago de Arteixo había unha ermida… “La de la Apresentación o Maravillas y Santa Lucía situada en el lugar de Laxobre que pertenece a don Ignacio Romay, paga 2 misas semanarias lunes y savado y una cantada el día de Santa Lucía”.
No libro de visitas pastorais gardado a bo recaudo no Arquivo Diocesano de Santiago de Compostela, na visita realizada polo bispo a Arteixo en 1791 aparece escrito o seguinte:
Capilla de Nuestra Señora de la Apresentación o Maravillas y Santa Lucía.
Hallo
el visitador en el lugar de Laxobre término de esta feligresía de
Arteijo hay una capilla Ynstituida de Nuestra Señora de la
Apresentación o Maravillas y Santa Lucía fundada por los
licenciados don Fernando de Romay, cura que fue de Santiago de
Sigrás, y don Pedro Romay, cura que tambien fue de la Santa María
de Loureda, y esta de Santiago de Arteijo; por es.xia
de Fundación de Vínculo que otorgaron en los dozes de Abril
de mil seiscientos quarenta y seis de que dio fe Miguel Fangil es.no
por la que la vincularon sus vienes y fundaron otra capilla
sobre dichos vienes raices, ymponiendo
la carga de tenerla decente y provista de lo necesario en la que se
les traman de celebrar por sus intenciones dos misas rezadas cada
semana, una el lunes y otra el sábado y asi mismo se les traman de
decir el día de Santa Lucía de cada año tres misas rezadas y una
cantada con su vigilia y responso, y otras tres misas rezadas y una
cantada con su responso el día de la presentación de Nuestra
Señora, todas ellas en la Capilla según mas adelante consta del
testimonio del Apeo de los vienes de vinculo, (?) y esta que se halla
inserta en el desde el folio ochenta y uno hasta el ochenta y siete,
cura capilla se halla decente con caliz dorado y todos los demás
ornatos necesarios para celebrarse en ella el Santo Sacrificio de la
misa; con las misas semanarias cumple don Pedro Martinez Pro. Don
Josef Viz.te Romay
actual poseedor de los Vienes y Capilla quien tambien cumple con las
cantadas rezadas vigilia y responso quedan referidas lo que consta al
visitador como tal cura.
Ben por herdanzas ou ben por curatela, o caso é que os Romay irían convertendo a Laxobre nunha das casas máis podentes do que hoxe é o concello arteixán, sobre todo nas parroquias de Loureda e Arteixo. Ademais, hai que ter en conta que o Conde de Lemos concedeulle ao Sr. “Comisario” a herdade dun grande terreo con hortas, viñas, prados e montes no que se podían sementar ata 1.000 ferrados de pan.
Despois de que os irmáns Pedro e Fernando Romay Junqueras, aquel crego de Loureda e Arteixo, e este de Sigrás e Anceis, fundaran en 1646 a casa e vínculo de Laxobre, os Romay da Coruña e de Betanzos, disfrutarían durante séculos os vínculos das Casas de Fiobre, Moruxo, Vilouzás e, entre outros, o propio Laxobre, vendo incrementado o seu inmenso patrimonio, mercé a numerosos legados de familia sen descendencia.
Escudo dos Romay descrito polo padre Crespo |
Brasón que aínda se conserva na Fonte de Santa Lucía de Laxobre, no que figura o león emblema dos Romay |
Segundo consta nas antigas escrituras de propiedade que amablemente nos cedeu Loli Crespo, o primeiro Romay que herdou a casa e vínculo de Laxobre foi Antonio Romay Junqueras, irmán dos cregos fundadores Pedro e Fernando, marido de dona Bernarda Castañeda e pai de Andrés Jacinto Romay Castañeda, Rexedor Perpetuo da Coruña. Este señor e María Antonia Becerra Ponte y Andrade, a súa muller, foron pais de Ignacio Antonio Romay Becerra, tamén Rexedor perpetuo da Coruña, Maiorazgo da súa Casa en Betanzos e A Coruña, quen casou con Mariana Bermúdez de Mandiá, señora xurisdicional con mero e mixto imperio de Outeiro de Lamas, Pacios, Cedeira, Pazo de Soelle, Xubia, co seu porto e as súas salinas, Caranza, Santa Icía de Trasancos, Pazo do Monte, Pazo de Trasancos e Pazo da Mercé, señora da Casa de Mandiá e do Maiorazgo de Montaos. Tiveron 8 fillos. Un deles foi José Ignacio Romay Bermúdez, Rexedor perpetuo por xuro de herdade da Coruña e Betanzos e, Tenente Coronel do Rexemento de Milicias de ambas cidades. Señor das Casas de Fiobre e Laxobre, José Ignacio Romay Bérmúdez casou con María Vicenta Ximénez de Cisneros y Saboya, filla de Juan Luís Ximénez de Cisneros y Saboya, Oidor decano da Coruña, e de Isabel María de Escudero y Miguel, neta de Juan Cayetano Ximénez de Cisneros y Samper e de Josefa Marcela de Saboya Martínez y Ferrer, bisneta de Vicente Ximénez de Cisneros y Cervera e de Felipa Agapita de Sampery Garcés de Marcilla. Foron seus fillos José Vicente Romay Ximénez de Cisneros, “que hes el maior, y a quien como tal coresponden a mi muerte los vínculos de que estoy lexítimo poseedor”; Juan Nepomuceno; Antonio Joaquín; Ramón Lorenzo, célebre mariño que secundara o alzamento de Porlier e que en 1843 foi nomeado Director Xeral da Armada concedéndoselle o rango de Capitán Xeral; María Concepción, que casou con Juan María Gómez de Parada y Fonseca, Alcalde da Audiencia de México; María Luisa e María Rosa. Continuou a liña vincular e maiorazga o fillo maior, José Vicente Romay Ximénez de Cisneros, que estaba domiciliado na cidade da Coruña, na casa familiar da Rúa da Zapatería, terceiro quinteiro, con esquina á Praza da Constitución, antes chamada da Fariña. Na fachada principal deste edificio había un escudo de armas de cantería que segundo José Santiago Crespo… “En cuanto a la armería se refiere, se consideran las primitivas en campo de plata un león rampante, de gules, debajo de cuyas garras aparecen dos hojas de higuera, de sable”. José Vicente Romay Ximénez de Cisneros foi Rexedor perpetuo da Coruña e de Betanzos, Señor das Casas de Laxobre, Fiobre, Moruxo, Vilouzás, e outras, e Capitán do Rexemento Provincial de Betanzos. Do seu matrimonio con María Francisca Teijeiro y Ribera, terían tres fillos: José María; Ramón María; e Joaquín. Os dereitos vinculares recaerían no maior, José María Romay Teijeiro, que casou o 22 de decembro de 1816 con Juana Castro González, coñecida igualmente como Juana Castro y Tobar cuxos apelidos non se escapan á consideración de quen coñeza as casas fidalgas da bisbarra. Nas cláusulas testamentarias deste matrimonio aparece o seguinte:
“En la Ciudad de Betanzos a cinco días del mes de Setiembre año de mil ochocientos sesenta y cuatro. En el nombre de Dios amén. Sepan como nosotros Don José María Romay y Teijeiro, propietario de setenta y ocho años de edad y su Esposa Doña Juana Castro González de sesenta y seis años, aquel natural de la Villa de Ares y ésta de esta Ciudad de Betanzos, de la que somos vecinos hijos legítimos, yo el Don José, de otro Don José Vicente Romay y Doña María Francisca Teijeiro y Ribera, difuntos, e yo la Doña Juana, de Don Benito de Castro, también difunto, y de Doña Bersabe González, vecina actualmente de Santiago… hacemos de una conformidad, testamento última y deliberada boluntad en la manera siguiente… En el remanente de nuestros bienes, intereses, derechos y acciones, instituimos por únicos y universales herederos a los Don Benito, Don Ignacio, Don Jovita, Don Recesvinto, Doña Francisca, Doña Angela y Doña Dolores Romay Castro, nuestros hijos, para que lo dividan por iguales partes, con la vendición de Dios y la nuestra (...)”
Probablemente fora nesa altura, coincidindo coa repartición das propiedades entre os sete fillos de José María Romay e Juana Castro, cando o Pazo de Laxobre empezou a perder o esplendor do que gozara en tempos pasados. Sábese con certeza que, entre finais do século XIX e principios do XX, varios descendentes de familias de nobre estirpe e de importantes Señoríos da contorna, ante a necesidade motivada pola perda de poder adquisitivo, vendéronlle aos labregos e aos caseiros da zona moitas das terras que pertenceran aos seus antepasados dende tempos inmemoriais.
Este foi o caso de Laxobre, que pasou ás mans de Luís Dopico Díaz, bisavó da señora Perfecta Orgeira Dopico, máis coñecida por Peruca de Laxobre ou Peruca de Orxeira quen, na compaña da súa filla Marisa, nos antendeu cordialmente no seu domicilio da Baiuca nunha tarde do pasado verán ao tempo que nos recordaba algúns detalles da súa vida e da súa familia:
“O mesmo día que nacín leváronme para a casa de meus avós maternos, José Dopico Naya e Manuela Torres Maceiras. Leváronme para alí porque miña nai, Perfecta Dopico Torres, desgraciadamente morreu a consecuencia do parto pouco despois de que eu nacera. O avó José era irmán de Ramón, que fora alcalde de Arteixo en dúas ocasións (1924-1930 e 1939-1942). Curiosamente dous irmáns, José e Ramón Dopico Naya, estaban casados con dúas irmás, Manuela e Dolores Torres Maceiras. En Laxobre pasei a miña infancia e boa parte da miña xuventude. Era un terreo moi grande. Eu xa non cheguei a ver a capilla da que me falas, pero acórdome que á parte de abaixo dos terreos meus tíos, Luís e María Dopico Torres, chamábanlle “encima da capilla” ou “onde estaba a capilla”, aínda que eles tampouco se acordaban de vela alí. Do que si me acordo é de que no forno da casa había un pequeno San Roque ao que lle faltaba a cabeza e un cacho dunha man. Tamén había uns libros que penso que eran da capilla… e a Santa Lucía que hai na igrexa de Arteixo foi da capilla que había en Laxobre!
Marisa Insua, curmá da señora Peruca, en Laxobre |
A señora Peruca en Laxobre |
Polo que me teñen contado meus tíos, os Romay trouxeran de Betanzos a meu bisavó, Luís Dopico Díaz, para que traballara en Laxobre como xardineiro. Non sei se veu casado de Betanzos ou se casou en Arteixo. Os Señores tiñan moito terreo. Eran uns 48 ferrados que chegaban ata o que hoxe é a “Ciudad dos Muchachos” e, claro, había que atendelos. Ademais estaba a casa principal, e outra casa máis, que era onde vivía Luís Dopico. Pasados uns anos, o propietario de Laxobre naquel tempo seica lle dicía a meu bisavó:
-Luís, vouche vender a finca!
-E como vou comprar o terreo? Ben sabe que non teño cartos!
-Bueno ho, non te preocupes. Vas pagando pouco a pouco e como poidas!
E así foi como meu bisavó se animou a comprar as pertenzas que os Romay tiñan en Laxobre. Miña tía dicía que dende O Valle de Loureda ata Oseiro todos os terreos eran deles, dos Romay. Tamén contaba que antes dos Romay os propietarios seica foran os Láncara, quenes ao parecer tiñan unha casa en Oseiro, xunto a Igrexa, e íanlle levar alí a renda.
Acordo que para ir á casa grande, se viñas de Arteixo, tiñas que entrar por un portal que había pola zona onde hoxe está a “Ciudad dos Muchachos”. E se viñas de Oseiro, entrabas por outro portal, cerca de onde antigamente estivera a capilla. Nesta parte había tirado un escudo, que vén sendo o que agora está na fachada do edificio do médico don Manolo, pero parece ser que había outro escudo máis.
Escudo existente na fachada do edificio do médico don Manolo, en Arteixo |
Tamén recordo a fonte da casa, que no seu tempo tiña dous canos; o lavadoiro, que estaba despois da fonte; o hórreo... A auga da casa viña por un canal, entraba nun depósito e despois ía para a cociña… Laxobre era unha marabilla!
Malia que xa facía tempo que os Romay lle venderan todo a meu bisavó Luís, a nosa familia continuo tendo amistade con eles. Pola Noiteboa miña tía leváballe aos Romay, a don Ramón e a dona Lucrecia, dous galos todos os anos á Coruña, ao seu domicilio da rúa Tabernas. Don Ramón e dona Lucrecia eran un matrimonio que non tiña fillos e cando morreu o irmán dun deles, que non me acordo como se chamaba, eles fixéronse cargo da cuñada. Era boa xente! Outro dos recordos que teño dos Romay é que unha vez viñeran á festa a Laxobre dous mozos, un deles era José Manuel Romay Beccaría, o que moitos anos despois foi Ministro”.
No lavadoiro da casa de Laxobre |
Na fonte da casa de Laxobre |
Nuns tempos nos que aínda era común que os fillos varóns herdaran a maior parte dos bens familiares, o tío da señora Peruca, Luís Dopico Torres, herdou de seu pai José a casa que fundaran en 1646 os irmáns cregos Pedro e Fernando Romay Junqueras, un histórico edificio no que Luís Dopico viviu toda a súa vida na compaña de súa irmá María. Os dous morrerían solteiros.
Outra das cousas das que che podo falar é da romaría que se celebraba aquí. Facíase donde ten agora a casa Antonio, que é a que fai esquina na curva. Alí había un hórreo de pedra grande e un campo ao que lle chamaban o camporreiro de Santa Lucía. Arriba, donde agora está a nave, facíase a misa na capela e despois no Camporreiro facíase a romaría e o baile.
Bueno, e despois está a fonte, que debe ser da época na que fundaron Laxobre os Romay; e o escudo, que está en Arteixo no edificio do médico don Manolo. Había outro escudo máis, que vén sendo o que está enriba da fonte… e tamén me acordo do río de lavar, que estaba a continuación da fonte.
Collendo auga na fonte |
Hórreo da casa de Laxobre |
Na memoria do señor Víctor tamén se manteñen vivas algunhas lembranzas do Castro de Laxobre: “Cando era un rapazote e viñamos a visitar a meus tíos de Laxobre, ía con meu pai de caza pola zona do castro e acordo de ver por alí os ribanzóns, os fondos onde estiveran as murallas ou o que imaxino eu que nalgún tempo foron as paredes. Parecía que estaban derrubadas pero víase ben o oco. Eu creo que se hoxe limpan o toxo que hai, alí aínda se poden ver perfectamente os ribanzóns.”
Pola súa banda, a señora Celina dixonos que… “ a capela non debía ter campá e por iso, cando había misa, seica ían cunha campanilla polos arredores para anunciar que a había, que probablemente sexa a mesma campanilla que apareceu no chan cando empezamos a reformar nós a casa”. Ao fío desta campaíña, o señor Víctor lembrounos que… “ cando era neno, acordo que meus tíos poñían diante da lareira a herba que despois se lle botaba alí polas ventás aos bois e ás vacas nos herbeiros. A cociña era de terra e cos anos botáranlle cemento. Cando nós compramos e viñemos para aquí no 72 levantamos ese cemento para poñerlle terrazo ao chan e foi aí, nesa reforma, cando apareceu a campanilla”. Quen escribe tivo a fortuna de ver a devandita campaíña, á que lle falta o badalo e na cal figura a seguinte inscrición: DOMINE BENED LVM SIT NOMEN
Actualmente, o antigo Pazo dos Romay, pertence a unha familia de Carnota amante da historia e defensores coma poucos do noso patrimonio que xa hai tempo que botou raices en Arteixo. Sería de xustiza, polo menos así pensamos dende esta humilde bitácora, que o escudo que hai no edificio do médico don Manolo retornara ao seu lugar de orixe antes de que desapareza en calquera momento.
O meu agradecemento á señora Perfecta Orgeira e a súa filla Marisa; a Víctor Dopico e á súa muller Celina Súarez; e a Loli Crespo pola atención e amabilidade coa que me recibiron para poder sacar á luz esta parte do noso pasado máis recente!
FONTES:
BLANCO REY, MANUEL (1998): Alcaldes de Arteixo (1836-1998), Concello de Arteixo.
CRESPO, JOSÉ SANTIAGO (1984): Blasones y Linajes de Galicia, Ediciones Boreal. A Coruña.
NÚÑEZ-VARELA Y LENDOIRO, JOSÉ RAIMUNDO (2005): Linajes Mariñanes. Los Becerra y los Romay de Betanzos, Publicado no Programa Oficial de Festas de Betanzos o 12 de agosto de 2005.
MARQUÉS DE SAN FRANCISCO (1917): Revista de Historia y de Genealogía Española, xullo-agosto de 1917.
O PAZO DE GALÁN (I)
Á marxe esquerda da estrada AC-552 que nos conduce ata A Coruña, xusto despois dos últimos edificios de Vilarrodís e no medio dunha serie de almacéns e naves industriais existentes na zona dende hai xa bastantes anos, atópase Galán, histórico lugar da parroquia de San Tirso de Oseiro no que podemos ver un dos elementos máis significativos da arquitectura popular de Arteixo. Falamos do pombal de Galán, un edificio de planta octogonal, con muros de cachotería recebados e caleados, que pide a berros unha profunda restauración xa que o teito e as súas paredes desfanse de ano a ano e, se non se toman medidas urxentes, en pouco tempo será desgraciadamente unha ruina. O propio pombal, así como o muro de peche da horta na que se atopa, indica claramente a súa pertenza a unha casa grande de certa importancia, unha casa que aínda se mantén en pé e que agocha un esplendoroso pasado do que falamos deseguido.
Vistas do pombal e do Pazo de Galán co muro de peche da horta |
Reconstruíndo a historia de Galán, sabemos que entre finais do século XVII e principios do XVIII Juan Rodríguez de Castro era o propietario deste lugar nunha época na que o coronel das Milicias de Betanzos, Diego Francisco de Oca y Sarmiento (1646-1698), e posteriormente o seu fillo Antonio José de Oca y Cadórniga (1673-1744) eran os Señores de Oseiro.
¿Quen era Juan Rodríguez de Castro? ¿Cando e como adquiriu Galán? Son preguntas ás que, polo de agora, non podemos ofrecer respostas mais, con todo, grazas aos datos que amablemente nos aportou Ramón Saavedra, descendente dunha das familias que pusuíu Galán durante máis dun século, podemos sacar á luz a historia dos últimos 315 anos deste lugar, unha historia que empeza o 11 de marzo de 1706 que foi o día no que don Benito Antonio del Corral y Romay lle comprou Galán ao nomeado Juan Rodríguez de Castro.
De don Benito, crego de Pastoriza e das parroquias anexas de Suevos e Oseiro, sabemos que foi o primeiro párroco do actual Santuario de Pastoriza, reedificado sobre a vella capela que segundo conta a lenda mandara construír Reckiario, rei dos suevos dende o 448 ata o 456. As obras da actual igrexa de Pastoriza, construída en gran medida con pedra “parda toscana del monte da Teijeira, y la blanca en el monte de Sabón” (1) duraron catorce anos, desde 1685 ata 1699, edificándose coas aportacións económicas de Juan del Río, escribán da súa Maxestade e do Goberno e Capitanía Xeral do Reino de Galicia e, Señor do Couto de Suevos.
A CAPELA DE SAN BIEITO
En primeiro plano podemos ver o lugar no que estaba a capela de San Bieito e, ao fondo, alfunhas casas do lugar de Galán |
Unha vez adquirido Galán, segundo consta en testamento do ano 1730 de don Benito, onde se cita a existencia dunha fundación, é moi probable que o crego edificara no lugar unha capela con advocación a san Bieito, capela que se mantivo en pé ata a primeira metade so século XX e da que aínda se lembra Salvador Souto, veciño de Galán nado neste lugar en 1938:
-Acórdome de ver a meu pai retellar no tellado da capilla cando eu era neno. Tiña unha ventana que daba para o lado da nosa casa e tamén tiña un pasillo de arredor; bueno, máis ben un carreiro de dous metros. Dentro da capilla había un santo, o san Benito, e tamén me acordo da pía de bautismo. Hoxe o santo está en Pastoriza e a pía en Laxobre.
Pía de bautismo da capela de San Bieito de Galán (cortesía de Isabel Mareque) |
Cada 11 de xullo, o santoral católico celebra en todo o mundo a San Bieito, o Santo Patrón de Europa e fundador da Orde Beneditina. A Bieito se lle representa habitualmente co libro da Regra (A regra beneditina redactouse no século VI e converteuse no marco referencial da vida monástica occidental), unha copa rota, e un corvo cun anaco de pan no pico, en memoria do pan envelenado que recibiu Bieito dun sacerdote da rexión de Subiaco, na provincia de Roma, que o envexaba.
O San Bieito que había na capela de Galán e que na actualidade está a bo recaudo nunha casa de Pastoriza, é unha talla de madeira de 95 cms que aínda se conserva en perfecto estado mais, iso si, na súa iconografía non aparece nada do mencionado anteriormente. Tan só viste hábito ou vestidura superior de cor gris na que resalta un rosario e, ademais, na man esquerda ten unha palma, algo curioso xa que non foi mártir, feito que nos leva a pensar que sexa como atributo de pureza.
Talla do san Bieito da capela de Galán, actualmente conservado nunha casa de Pastoriza |
Algúns crentes invocan a Bieito para protexerse contra as picaduras das ortigas, o veleno, a erisipela, a febre e as tentacións ou sentimentos luxuriosos que tantos quebracabezas lle custara ao patrón de Europa. No seu magnífico blogue Os chanzos (https://oschanzos.blogspot.com/), o prezado Francisco Vidal escribe o seguinte sobre as tentacións deste santo:
“Todo comezou cando el, aínda novo, andaba por Roma e viu pasar unha fermosísima moza detrás da que se lle foron os ollos. E tal sentimento de culpa tivo o home, que nada máis chegar á súa cela aplicouse un duro castigo para que aquela tentación saíse da súa mente, máis como a imaxe da fermosa rapaza permanecía, baixou a onde había unha mesta silveira, espiuse e tirouse entre os arbustos aqueles ata deixalos sen espiñas. E tal remedio se aplicaba ó largo da súa vida cada vez que a figura daquela beleza romana lle viña á cabeza”.
Avogoso para as verrugas e afeccións cutáneas, polo que acostuman ter unha fonte preto, e patrón dos labregos, enxeñeiros, curtidores e dun longo etcétera, a tradición do San Bieito mantívose viva na contorna ata non hai moito tempo, como así nolo manifestaron varias persoas que nos afirmaron que “en Vilarrodís e en Galán facíanlle festa a este santo”.
(CONTINUARÁ)
(1) DAVIÑA SÁINZ, SANTIAGO (2006): Noticias históricas del Archivo Municipal de La Coruña, y los milagros de Nuestra Señora de Pastoriza y otras noticias de su santuario, Revista Nalgures, Tomo III, páx. 123.
O PAZO DE GALÁN (II)
O 26 de abril de 1707 Benito Antonio del Corral y Romay, crego de Pastoriza e das parroquias anexas de Suevos e Oseiro do que vos falei a semana pasada, testou a favor da súa sobriña Josefa Salgado del Corral, que era filla de súa irmá Inés. Josefa estaba casada con José de Prado Ginzo, Señor da Casa e Pazo de Vilanova (Dormeá, Boimorto) na antiga provincia de Santiago, un persoeiro que, segundo consta nun documento asinado o 30 de abril de 1730, di “aburrirse da fundación” creada anos antes polo tío crego da súa muller.
Mapa da parroquia de Oseiro do ano 1752 no que figura o lugar de Galán coa letra "G" (http://pares.mcu.es/Catastro/) |
Filla de José e de Josefa, señores dos pazos de Vilanova e de Galán, foi Juana Josefa de Prado Salgado, unha muller nacida o 20 de maio de 1720 que casou con Francisco Ignacio Codesido Bermúdez. Deles naceu, entre outros, Juan Antonio Codesido de Prado, que contraeu matrimonio o 28 de decembro de 1784 en Cádiz con Josefa María Monsagrati Buedo, irmá de Joaquín Mariano, canónico doutoral da Catedral de Salamanca. Unha filla destes, María Antonia Codesido Monsagrati casou con Emigdio María Saavedra Arixón, un persoeiro que ía ter notable actuación militar durante a Guerra da Independencia e que posteriormente tomou parte activa nas loitas constitucionais a favor do absolutismo.
Curiosamente, se naquela hora o Pazo de Vilariza, en Pastoriza, foi o lugar de reunión dos organizadores do levantamento liberal contra Fernando VII, lugar ao que concurriron durante os primeiros días de setembro de 1815 os oficiais Fernando de Miranda, Antonio Peón e José María Peón, o ciruxán José de Lazcano, o comerciante Andrés Rojo del Cañizal -o dono da casa- e por suposto o xeneral Juan Díaz Porlier, a pouca distancia, no Pazo de Galán propiedade de Emigdio Saavedra Arixón e de María Antonia Codesido Monsagrati, que herdara Galán de seus pais, defendíase a causa absolutista.
A FAMILIA SAAVEDRA
En 1677, o clérigo don Isidro López de Saavedra fundaba vínculo e maiorazgo de Tarrío, en Santiago de Xubial, Melide, en cabeza da muller que casara con don Andrés López de Saavedra que, segundo nos contan no espazo virtual Xubial (https://xubial.es/pazo-de-tarrio-santiago-de-xubial-melide), moi probablemente era fillo de don Isidro. Foi esa muller, tentada pola riqueza, dona Francisca de Prado Noguerol, dunha fidalga estirpe que posuía o Pazo de Vilanova, en Dormeá. Sucedeulles o seu fillo don Manuel de Saavedra y Prado, que casou cunha Leis, filla dos donos da casa de Vilacoba, en Santa María de Restande, don Pedro de Leis Ponte Moscoso e dona Isabel Figueroa Maldoado que así mesmo señoreaban a casa de Lema, en San Paio de Brexo, municipio de Cambre. Deles naceu o Capitán de Cazadores de Infantería don Felipe Saavedra y Leis, señor que casou en primeiras nupcias con dona Cayetana de Sevil y Monterroso, filla dos donos do Pazo de Rodieiros, da que non tivo sucesión, e en segundas con dona María Antonia de Arixón y Caamaño, quen, polos datos que aparecen na partida de matrimonio, era filla de Adrián Arixón Rodríguez Varela Montenegro e Isabel Teresa Aldao Caamaño Sotomayor e Bermúdez de Lovera y Santiso, donos das casas e pazos de Arixón, na parroquia de San Cristobal de Cerqueda, e da casa de Vilaño Vello, A Laracha. Deste segundo matrimonio nacería don Emigdio María Saavedra Arixón, de quen falaremos máis polo miúdo a vindeira semana.
O PAZO DE GALÁN (III)
Don Emigdio María Saavedra Arixón, que ía quedar orfo de moi novo, nace no Pazo de Tarrío (Xubial, Melide) o 10 de xuño de 1777 e dende a súa xuventude, ao tempo que se adicaba á administración dos seus bens, foise convertendo pouco a pouco nun distinguido personaxe das loitas políticas de aquela época. Segundo consta en Terra de Melide, libro editado no ano 1933 polo Seminario de Estudos Galegos, Emigdio casa coa súa curmá María Dolores Antonia Codesido Monsegrati, filla de don Juan Antonio Codesido, Tenente Coronel dos Reais Exércitos e Primeiro Axudante Maior do Rexemento dos Reais Gardas de Infantería, e de dona María Josefa Monsegrati, señores do Pazo de Vilanova (Dormeá, Boimorto) e do Pazo de Galán, lugar que herdaría a súa filla María Dolores Antonia.
Fabulación do lugar de Galán da autoría do pintor Roberto Castro |
Emigdio, tan axiña soubo da entrada dos franceses en España, malia a dor que lle causaba deixar á súa dona soa e cun meniño, presentouse ante a Xunta do Reino de Galicia pedindo destino no exército, obtendo Real Despacho de Capitán sen soldo para ser agregado ao Batallón de Cadetes Literarios, un movimento xurdido entre os estudantes da Universidade de Compostela que mandaba o seu parente e compadre Juan Ignacio de Armada Caamaño Ibáñez de Mondragón y Salgado de Sotomayor, marqués de Santa Cruz de Rivadulla. O noso protagonista loitaría en máis de catorce batallas, entre elas na reconquista de Bilbao (12 de setembro de 1808) baixo as ordes de Genaro de Figueroa, Mendizábal ou, entre outros, do xeneral inglés Blake.
Mais a este arriscado militar que foi Emigdio Saavedra non lle axudaba a saúde, pois por tres veces viuse obrigado a pedir licenza para vir repoñer forzas na súa terra. Comprendendo isto, os superiores, contrariando o seu carácter guerreiro, por consello dos médicos de que non podía cumprir co servizo activo, e sí co pasivo, foi nomeado Maior da praza de Betanzos, onde estaban acantonadas moitas tropas.
Rematada a Guerra da Independencia (1808-1814) e restablecido o absolutismo de Fernando VII, Emigdio sería nomeado anos máis tarde Vocal da Xunta de Camiños, cargo no que baixo o seu empeño abriría camiños transversais e de rodas como o de Ponte Lubiáns, poñendo en comunicación A Coruña e Betanzos cos famosos baños minerais de Arteixo e de Carballo. O noso persoeiro permanecería neste cargo ata que foi proclamada de novo a Constitución en marzo de 1820.
Manifestándose como anticonstitucional, Emigdio Saavedra foi detido na noite do 3 de maio de 1821 por orde do xeneral Espoz y Mina xunto a Juan, o seu fillo máis vello (só tiña 15 anos) e a dous dos seus criados. Despois de botar catro meses na cárcere da Coruña, no cuartel do Areal, no cuartel de Santo Domingo e no Castelo de San Antón, ceibaron ao fillo e aos dous criados quedando só preso Emigdio. Por aqueles días a dona deste, María Dolores Antonia Codesido Monsegrati, sen ser quen de aliviar tantas mágoas, caeu nunha profunda depresión da que tardou meses en recuperarse. Nesta situación e abandonados polos criados, pois ninguén se atrevía a servilos, nin sequera a visitalos, foi cando apareceu nunha mañá pintada a súa casa da Coruña con dúas grandes S.S de tinta negra, letras coas que se identificaba aos “servilianes”, é dicir, aos que non simpatizaban cos constitucionalistas. A doenza da dona de Emigdio e o abandono dos criados foi a causa pola que un dos seis fillos do matrimonio caese do balcón máis alto da casa e, aínda que non morreu, quedou algo derrancado e xordo dun oído.
Emigdio, señor do Pazo de Galán, lograría fuxir do Castelo de San Antón con outros presos no amencer do 22 de xuño de 1823 e, tras cinco días de navegación nunha pequena embarcación, chegan a Santander, onde obteñen pasaporte para a Corte. Xa en Madrid, presentouse ante o Goberno da Rexencia, obtendo colocación de Capitán no Rexemento de Línea, antes de pasar a organizar o Rexemento Provincial de Betanzos. Posteriormente, polos anos 1827 e 1828, ía estar de gornición co seu batallón nas prazas da Coruña e Santiago. O seu Real Despacho de retiro foi expedido en Aranxuez o 12 de abril de 1834, autorizando a este cabaleiro, que xa era nesa data Coronel Graduado e Primeiro Comandante do Batallón do 2º Rexemento de Granadeiros Provinciais da Garda Real, a residir na cidade da Coruña, onde morreu o 14 de abril de 1835.
O PAZO DE GALÁN (IV)
Os fillos de Emigdio Saavedra Arixón e María Dolores Antonia Codesido Monsegrati foron Juan María, o rapaz que estivera preso con seu pai cando tan só tiña 15 anos; Carmen, que foi monxa no convento de Dominicas de Valdeflores de Viveiro; Andrés, brigadier e cabaleiro laureado de San Fernando nado na Coruña en 1818 e finado na Habana en 1875 ao pouco de chegar a illa caribeña; Manuel, que faleceu no exército; José, avogado finado na Coruña en marzo de 1900 aos 89 anos; Ramón, xefe de Correos condecorado coa Cruz de Carlos III que morreu en xaneiro de 1901; Ramona, que casara con Angel Aperribay; e Pastoriza, nome abofé que ben vencellado a Arteixo. Pastoriza, que contraera matrimonio con Francisco Cale, finou aos 72 anos en 1899. Na súa edición do 15 de outubro de 1900, o xornal La Voz de Galicia informa que… “Los testamentarios de doña Pastoriza Saavedra Codesido han entregado a la Escuela Popular Gratuita 500 pesetas procedentes de la testamentaría de dicha señora”.
Como dato relevante sobre un dos fillos de Emigdio e de María Dolores Antonia, destacar que o avogado José Saavedra Codesido formou parte, en concepto de asesor, do tribunal que condenou á derradeira pena ao xeneral Miguel Solís Cuetos, fusilado o 26 de abril de 1846 xunto ao comandante Víctor Velasco e dez oficiais máis -os Mártires de Carral- na Fraga do Rei, entre Carral e Paleo. A propósito disto o gran Francisco Tettamancy insire o seguinte na obra titulada La Revolución Gallega de 1846:
“El ex-coronel D. Andrés Saavedra emigrado por los acontecimientos de Octubre de 1844, en los cuales se había significado, era enemigo personal de D. Miguel Solís por resentimientos particulares. Su hermano D. José que no ignoraba esto, obró con poca delicadeza al aceptar el cargo de asesor de la Comisión que debía juzgar al último, sancionando su fallo que por justo que fuese, podía presumir la opinión que influía aquellos odios.- De Porto, obra citada, páx 23, nota. Según nuestras noticias, parece que el D. José Saavedra trató de renunciar más tarde al cargo de asesor, obligándole entonces a desempeñarlo el general Villalonga, bajo el apercibimiento de imponerle un duro castigo. En la Coruña fue objeto de graves censuras la debilidad del señor Saavedra”.
Emigdio Saavedra outorgara testamento na Coruña o 12 de abril de 1835 diante do notario Claudio Vázquez nomeando sucesor ao fillo maior, Juan María Saavedra Codesido, Maestrante de Ronda como seu pai, avogado e deputado provincial. Segundo nos informou o seu descendente Ramón Saavedra, Juan María, finado en 1886 aos 80 anos de idade e que tamén fora durante certo tempo secretario do Concello da Coruña, casara en segundas nupcias con Pascua Vila Miranda, nada o 26 de maio de 1825 en Cañás, Carral. Ramón Saavedra contounos ademais que “no testamento de Juan María o Pazo de Galán xa figura como ben privativo por herdanza da súa nai”.
Fillos de Juan María e de Pascua foron Juan Ramón, nado en 1855 e que faleceu moi novo de accidente de caza; Antonia, que entregaría a súa vida a Deus durante certo tempo; Vicente (que tamén faleceu novo de enfermidade) e Mercedes, xemelgos nados en 1862; e Joaquín, nado en 1863. Precisamente, Vicente e Joaquín formaron parte do grupo de “troyanos” que comezara o curso universitario 1885-86 xunto a Alejandro Pérez Lugín, autor da popular novela romántica La casa de la Troya, escrita en Sada en 1914. A obra de Pérez Lugín coñeceu un grande éxito na súa época, e era prácticamente unha lectura obrigada para todos os mozos que como Gerardo Roquer, o protagonista da novela, eran obrigados a estudar lonxe da súa casa, en Santiago de Compostela. Por este motivo, foi reeditada numerosas veces e adaptada tanto ao cine como á televisión.
Imaxe do ano 1903 na que vemos, sentada á dereita, a Antonia Saavedra, e detrás dela, con bigote e bombín, a seu irmán Joaquín (cortesía da familia Saavedra) |
Nesa altura sabemos que a familia Saavedra Vila, segundo a época do ano, alternaba o seu domicilio entre as súas posesións na Coruña, en Melide ou en Galán, onde temos novas dun roubo do que da fe o xornal La Voz de Galicia na súa edición do 6 de abril de 1895:
“Ofició ayer al gobernador civil el cabo-comandante del puesto de la benemérita de Payosaco ampliando la comunicación que días pasados remitiera dando cuenta de haberse perpetrado un robo en la casa que en Oseiro posee Dª Pascua Vila, viuda de Saavedra.
Resulta que por ahora se ignora lo que pudo ser robado, toda vez que dicha casa está deshabitada desde el mes de Febrero último.
Sospechaba el juez municipal de Arteijo que pudieran estar comprometidos en dicho delito los vecinos del citado lugar Ventura Bao, alias Cherico, y José de la Fuente, alias Caballero, pero una visita que la Guardia Civil hizo a sus domicilios por ver si hallaba algún efecto que pudiera proceder del robo, no dió resultado alguno.
Según manifestaciones de varias personas que viven próximas a la vivienda robada, en la mañana del día 24 último observaron que estaba abierto el portalón de entrada a la huerta de dicha casa, y habiendo penetrado en ella pudieron apreciar que se hallaban fracturadas diferentes puertas y en desorden todos los muebles en las habitaciones.
Los ladrones debieron haber escalado la muralla de la huerta, descolgándose por un naranjo plantado a inmediaciones de la pared.
La señora viuda de Saavedra, que se hallaba en Mellid, se trasladó ya al lugar citado”.
Camiño situado entre o Couto de Froxel e o muro de peche da horta do Pazo de Galán que comunicaba Vilarrodís con Pastoriza
O día seguinte, 7 de abril de 1895, o mesmo xornal publicaba a seguinte información:
“Continúan practicándose activamente pesquisas para descubrir a los autores del robo perpetrado días pasados en la casa que en el lugar de Galán, parroquia de Oseiro, (Arteijo), posee doña Pascua Vila, viuda de Saavedra.
Según manifestaciones de esta señora, el robo consistió en los siguientes efectos: dos cerdos muertos y preparados, tres quintales de patatas, tres ferrados y medio de habas blancas, cinco colchones de lana, diez sábanas, seis cubiertas de lana y algodón, cuatro docenas de platos, tres fuentes, tres soperas, dieciocho cubiertos de metal ordinario, dos mantas, cuatro camisas de mujer, cuatro de hombre, algunos elásticos y calzoncillos, 25 duros en monedas de 20 reales, algún cristal de servicio, dos libras de chocolate, una cuarta arroba de azúcar blanco y otra de azúcar moreno.
Las sospechas de la dueña recaen en Ventura Bao, alias Cherico, vecino de Oseiro. El Ventura desapareció del lugar que habita desde el 2 del corriente, que se practicó por la Guardia Civil el registro en su casa de que ayer dimos cuenta”.
Vista actual do Pazo e do pombal de Galán
O PAZO DE GALÁN (V)
Á morte de Pascua Vila Miranda, acontecida en Melide o 21 de setembro de 1897, Antonia, Mercedes e Joaquín Saavedra Vila herdarían as pertenzas que a familia posuía en diversos puntos da provincia da Coruña. No caso de Galán, os bens que os Saavedra tiñan alí repartíronse entre os tres fillos, quedando Mercedes e Joaquín como propietarios de varios terreos deste lugar da parroquia de Oseiro. O Pazo, coa súa horta e pombal, pasaría ás mans de Antonia, unha muller entregada a Deus e á beneficiencia que, segundo nos contou Ramón Saavedra (neto de Joaquín)... “sendo monxa, e acompañando á madre superiora nunha viaxe en tren a Madrid, coñeceu a José Luís Pereira motivo polo que deixou o convento e, ao pouco, casou con el”.
Antonia Saavedra en 1903 |
José Luís Pereira Rodríguez, coruñés entusiasta, home moi popular no seu tempo, foi alma mater de moitas iniciativas de interese local ás que dedicaba todo o esforzo da súa actividade incansable. Xornalista na súa xuventude, traballou como redactor de El Duende antes de ser fundador e director de El Mercantil, semanarios nos que librou rudas campañas sobre diversas melloras convenientes para a cidade herculina. Á súa iniciativa débese a estatua ao prócer e benfeitor coruñés don Daniel Carballo Cousido nos xardíns de Méndez Núñez. Pereira formou parte da Xunta de Defensa creada na Coruña cando o Goberno suprimira a Capitanía xeral de Galicia, figurando como un dos secretarios de aquela célebre agrupación. Os republicanos, partido no que militou durante certo tempo, levárono ao Concello, sendo daquela Tenente Alcalde e presidindo a Comisión de Beneficencia. Foi concelleiro entre 1899 e 1903. Pertencía á xunta de directivos da Asociación de Propietarios e foi, ademais, Presidente do Casino Republicano. Ao contraer matrimonio o 14 de marzo de 1904 con Antonia Saavedra Vila, xa na madurez de ambos, José Luís deixou de intervir de xeito ostensible nos asuntos públicos que afectaban a vida local coruñesa e converteu a Galán no seu parnaso particular... “Viajeros. Ayer salió para Galán, en Arteijo, el exconcejal don José L. Pereira con su señora.” (La Voz 5.7.1906). José Luís falecería o 2 de xaneiro de 1912.
Tras enviuvar, Antonia trasladou o seu domicilio a Santiago de Compostela, onde xa residira antes de coñecer a José Luís, cando era filla das Hermanas de la Caridad, unha cidade compostelá que a nosa protagonista abandonaba na época estival para pasar en Galán varias semanas do verán, como así nolo indica El Eco de Santiago na súa edición do 3 de agosto de 1915:
“Santiago: Salió para la ciudad herculina con dirección a sus posesiones de Galán la virtuosa señora Dª Antonia Saavedra y Vila viuda de L. Pereira. Lleve feliz viaje”
(CONTINUARÁ)
O PAZO DE GALÁN (VI)
Mais posteriormente, ao igual que lle acontecera naquela altura a outras familias adiñeiradas e poderosas que tiñan propiedades en Arteixo dende séculos atrás como os Nava e Ortega, Santos, Suárez de Deza ou os del Río, nalgúns casos descendentes de importantes Señoríos, a necesidade motivada pola perda de poder adquisitivo destas estirpes, propiciaría que a partir dos primeiros anos do século XX moitas das súas terras foran vendidas aos labregos da zona, como fora o caso de Domingo Mareque Gómez, que foi quen que lle comprou o Pazo de Galán a Antonia Saavedra Vila, unha muller moi querida polas forzas vivas (clero) pois toda a súa riqueza foi parar aí, en vida e herdanza.
Domingo Mareque en Nova York |
Domingo
Mareque, veciño
de Oseiro casado
con Carmen Pan Campos, estivera emigrado moitos anos en Nova York,
cidade dende a
que enviou
un poder para efectuar a compra do Pazo e de
todo o seu terreo
por 25.000 pesetas da época. Naquela
altura, Domingo tamén lle compraría a Mercedes e a Joaquín
Saavedra outros bens situados ao carón do Pazo de Galán, como o monte do
Couto de Froxel. Á
morte de Domingo e de Carmen, finados ambos en 1942, o seu fillo
Antonio, que andando no tempo sería coñecido en toda a bisbarra por
ser un dos conductores dos trolebuses Coruña-Carballo, foi a persoa
que herdou Galán, un histórico lugar no que viviu coa súa muller
Teresa Zas Pardo, falecida
en 1966 aos 64 anos,
e no que nacerían Manuel, Lino, Antonio e Luís Mareque Zas, os
catro fillos do matrimonio. Antonio,
que morreu en 1984 aos 80 anos, viviu ata o último dos seus días en
Galán co seu fillo máis novo, Luís, coa súa nora María Casal
Piñeiro, natural de Boimorto, e coas súas netas María Luisa e
María Isabel, que
foron as últimas persoas que residiron neste edificio de
esplendoroso pasado, unha casa e un terreo que pouco despois da morte
de Luís Mareque Zas, acaecida en 1993 cando tiña 58 anos, a súa
viúva María e as súas dúas fillas lle venderon a Aurelio Corral,
veciño de Pastoriza que nos contou algún que outro detalle sobre o
pombal do Pazo que comentaremos a vindeira semana.
(CONTINUARÁ)
O PAZO DE GALÁN (VII)
O POMBAL
Imaxe dos anos 70 do pombal de Galán (cortesía de María Luisa Mareque) |
Segundo Aurelio Corral... “o pombal de Galán foi unha central de pombas mensaxeiras con capacidade para 500 exemplares. Debaixo deste pombal hai un túnel de 50 ou 60 metros que comunica coa parte traseira do Pazo. Neste paso subterráneo hai como unhas escaleiras; ao principio do percorrido tes que ir agachado porque hai pouca altura pero despois podes ir de pé e ao final, xa onde o Pazo, hai unha bóveda e uns asentos”.
Ese túnel do que nos fixo referencia Aurelio Corral trátase na realidade do manancial que suministraba auga a Galán, unha fonte da que tamén nos falaron María Casal e a súa filla María Luisa lembrando que efectivamente comunicaba o pombal co patio do Pazo: “a fonte estaba na entrada da casa e tiña unha profundidade duns 8 ou 9 metros. Era de cantería e ía dar ao lavadoiro que había ao carón do pombal.”
Manancial de Galán |
Se o pombal de Galán estivo, como afirma Aurelio, ou non destinado nalgún momento á colombofilia militar é algo que descoñecemos, mais resulta ben curioso que á parte do pombal en cuestión houbera outro de dimensións máis reducidas a poucos metros do situado dentro da horta do Pazo, un pombal que aínda se pode ver no Couto do Froxel.
Imaxe do pombal de Galán no que tamén podemos ver a entrada do manancial |
O primeiro concurso colombófilo que se coñece data do 15 de xuño de 1820, unha época na que os diferentes exércitos estableceron a cría e adestramento de pombas para a aplicación militar converténdoas en pombas mensaxeiras. Capaces de orientarse a centos de quilómetros, podían chegar ata o seu pombal levando información, con tal de que esta puidese condensarse nun pequeno papel atado a unha das súas patas ou ao pescozo.
Como dato curioso de aquela época, dicir que os famosos e archimillonarios Rothschild lograron o seu imperio en 1815 grazas a que unha pomba lles informou antes que a ninguén de que os ingleses gañaran a Napoleón en Waterloo; Nathán Rothschild foise á Bolsa e comprou valores cando estos estaban polo chan e en poucas horas fixo unha fortuna.
A técnica estendeuse ao longo de toda a Historia como un dos sistemas máis usuais de correo, unha técnica que, dado o seu pasado militar, se cadra tamén utilizaron os Saavedra en Galán. A colombofilia militar tería o seu auxe durante a Primeira Guerra Mundial. Tras a Segunda Guerra Mundial abandonouse case completamente o emprego de pombas mensaxeiras en favor das telecomunicacións modernas.
Imaxe na que se poden ver os dous pombais de Galán |
O exército español tivo pombas mensaxeiras dende 1879, que foi cando se creou o pombal central en Guadalaxara. En 1920 trasladou a súa sede a El Pardo, en Madrid, unha sede da que dependían outros pombais secundarios diseminados por todo o Estado español que irían desaparecendo paulatinamente. Actualmente estos edificios están integrados no Servicio Colombófilo Militar (SCM), que é ademais o encargado de regular a posesión e utilización de pombas mensaxeiras en España.
Rematamos esta historia sobre Galán falando dos terreos que Mercedes Saavedra Vila e seu irmán Joaquín posuían fóra do recinto do Pazo, uns terreos que lle foron vendendo pouco a pouco, e case que na súa totalidade, ás tres familias de labregos e antigos caseiros seus domiciliados no lugar: os Mareque, os Souto e os Regueiro.
Mercedes estaba casada co médico Jesús Salgado García, falecido na súa casa de Melide o 12 de marzo de 1928. Fillos de Jesús e Mercedes foron María, finada en novembro de 1965, e Concepción Salgado Saavedra, que morreu solteira en 1976. María Salgado Saavedra ía casar con Jesús Mazaira Montero, médico do Hospital de Santiago falecido en Melide o 14 de xaneiro de 1977, un matrimonio que tiveron por fillos a Mercedes e Concepción Mazaira Salgado.
Polo que ten escoitado na súa casa cando era neno sobre esta estirpe, Salvador Souto, veciño de Galán co que puidemos falar en maio do 2021 grazas á amabilidade da súa sobriña María, recorda que… “Todo Galán era dos irmáns Saavedra, de don Joaquín, dona Mercedes e de dona Antonia, que teño entendido que era a que tiña o Pazo e a horta. Eran de Melide, onde tiñan Pazo, e viñan pasar o verán aquí. Pero iso miña nai xa non o acordaba; meu pai si. Despois viñeron para aquí uns de Oseiro, os Mareque. Aquí tiveron de caseiros e de horteláns. Ela quedou aquí e el marchou para Nova York gañar os cartos e dende alá mandou un poder para comprarlle a dona Antonia a horta e o Pazo en 25.000 pesetas, que naquela hora eran moitos cartos do Noso Señor. Meu pai, Gumersindo Souto Campos, fora caseiro desta familia ao igual que meus avós e meus bisavós e, co tempo, acaboulle comprando o terreo a eles. Meu pai comproulle a Mercedes Saavedra Vila no 1933 e acórdome que escrituraron en Melide o 31 de decembro dese ano. Con quen negociara fora co xenro de dona Mercedes, con don Jesús Mazaira, que era médico en Santiago. Dona Mercedes era máis maior que meu pai, que morreu en 1986 con 88 anos. Tamén acordo que cando se fixo a carretera nova e lles colleron terreos o señor Mazaira era o que viña cobrar, o mesmo que cando foran as expropiacións para o Polígono de Sabón, que lles colleu moitas fincas. Era o que representaba á familia e viña cobrar cunha filla ou con outra persoa porque a sogra, dona Mercedes Saavedra, xa debera morrer moitos anos atrás”.
-Nalgures (2006):, Tomo III, páx. 123
-Rey Castelao, Ofelia (2015): Casas y cosas en la Galicia occidental en el siglo XVIII:Cuadernos de Historia Moderna, XIV, pp 211-233.
-Taboada Roca, Antonio (1933): Terra de Melide. Seminario de Estudos Galegos. Compostela. Notas históricas, pp 203-207.
-Vidal, Francisco (2018): San Bieito na silveira.
https://oschanzos.blogspot.com/search?q=bieito
Ningún comentario:
Publicar un comentario