Se
hai unha parte da costa arteixá pouco coñecida, esa é a que
abrangue desde a zona da punta da Moa e o Regueiro, o lugar que
deslinda Arteixo da Coruña, ata As Gralleiras, que é donde ten as
súas instalacións a empresa Ártabra-Saria, popularmente coñecida
como a “Cheirona de Suevos”. Pois ben, se facedes percorrido pola
estrada que hai nesa zona do litoral arteixán, xusto despois de
pasar ao carón do pequeno areal de Bens e por diante da entrada da
planta de tratamento de lixo de Nostián, vemos como algún camiño
de pescadores ou mariscadores baixa mesmo ata o mar, ata un mundo
fecundo de tesouros dos que vos vou falar a continuación.
A
dicir verdade, ese é un sitio que tardei en pisar. Chegar alí non é
doado mais, cando lin unha das crónicas do naufraxio do vapor alemán
Trier, embarrancado en Suevos en xullo de 1902, a curiosidade
empurroume a visitar por primeira vez ese lugar:
”la
caminata para ir a pie no es floja. Al monte de Suevos le llaman los
marinos O Cabo. Así parece. Otro monte, el de Bens. Saltamos
a un muro y llegamos a un campo. Es la Furna dos Paus, ¡Diablo! En
lo profundo del peñasco inmenso, rompe el mar y, horadando la roca,
repercute con estruendo de cañonazos en las subterráneas
galerías. Las que hace el hombre son unas mezquinas. Allí nos
enseñan unas minas abandonadas. Una fracasada mina de hierro.
Giramos aún a la redonda de “la Redonda”. Unos pasos más.
¡Allí está el Trier!. Se descorre el telón, pero el barco se ve
lejos. Parece hallarse al alcance de la mano, pero, ¿cuánto engañan
las vueltas y revueltas del litoral, las ensenadas imprevistas, las
subidas por escarpados riscos a cientos de metros sobre el nivel del
mar! Aquel paraje se llama Cabo Langosteira en las cartas o en los
planos o en donde sea. Los marineros le denominan Os Picos de
Nostián. A la izquierda está la playa de Suevos, puertecito
pesquero. Allí van a comprar langosta los buques franceses.
Esfumados por la distancia se ven los montes de Pastoriza. Rompe la
mar en infinidad de peñas a flor de agua, próximas al barco. Son Os
Baixos Cubertos, nos cuentan. Cada uno tiene su nombre, pero son
muchísimos. Entre otros figuran O Vello, A Posta, O Largueirón.
Cruzamos dando un rodeo imposible la playa de Bens. Enorme y
cansadísima vuelta. Faldeamos los altos montes de Las Payas,
Nafreita y alcanzamos el de Nostián. Vuelve a divisarse el Trier
esta vez más cerca, casi al alcance de la mano. ¿Dónde estamos?
Una vieja labradora nos lo dice. O Regueiro do monte de
Nostián...En efecto, un reguero baja a precipitarse desde lo alto
del acantilado. A la derecha da Furna da Gudela y a la izquierda do
Regueiro, está el barco. La Furna es una especie de sima, estrecha,
en la que el mar penetra. La altura es considerable. Por todo camino
hay un estrecho sendero”.
Lousa que había a 80 metros do Adro Vello nos anos 50 |
Vista das instalacións de Saria desde o areal de Auga Doce |
Vista das instalacións de Mafriesa desde o areal de Auga Doce |
A arqueóloga arteixá Begoña Albertos Figueroa contoume recentemente que, haberá cousa de sete ou oito anos, conversou cun señor moi maior de Suevos, un home xa falecido que viña sendo o señor Adolfo, o padriño da nai da miña amiga Gely Sanjurjo, a simpática froiteira do Gadis de Arteixo. O conto é que o señor Adolfo faláralle a Begoña da existencia dunha pedra con gravados a pé de costa, un petroglifo que finalmente a arqueóloga arteixá non chegaría a ver polo que descoñecemos se se trata do mesmo do que nos informaba Luís Monteagudo nos anos 50 ou se é outro distinto. A incógnita agarda respostas, do mesmo xeito que o estado actual da antiga inscripción da Furna da Agudela.
Con todo, a pesar da desfeita medioambiental producida a consecuencia da posta en funcionamente da Cheirona de Suevos e de Mafriesa, o que si se conserva na zona é algunha que outra xoia histórica como da que fala o escritor e bo amigo Fernando Patricio Cortizo no seu último libro, Naufragios y crónica marítima de Galicia hasta 1899: un par de canóns de ferro de aproximadamente un metro de lonxitude que están situados a altura da entrada da planta de tratamento de lixo de Nostián. Preto desos canóns, o percebeiro e tamén amigo Xulio Montero localizou hai varios anos unha áncora de ferro e moitas balas de canón, restos dos que me contou que ...”ao parecer eran dun barco de escravos. A áncora quedou chantada nas rochas como se a quixeran sacar do mar tirando dela con animais”.
Á dereita Saria e Mafriesa e á esquerda a Furna da Agudela |
Ningún comentario:
Publicar un comentario