Segundo nos conta o escritor carballés Xan M. Fraga Rodriguez nos seus libros "A Coruña-Sada-Carballo. 1903-1979. Tranvías e Trolebuses" (Espiral Maior, 1997) e "Trolebús" (A.C.
Lumieira, 2001), a idea dun trolebús que unira Carballo e A Coruña
débeselle a Enrique Sánchez Rodriguez, que aínda que era natural de
Santiago de Compostela (1882) establecérase de moi novo en Carballo,
vila na que sería o introductor da luz eléctrica (no ano 1915) coa súa
empresa Electra de Bergantiños.
En Carballo, Sánchez, que emigrara a Cuba e montaría alí (1910-11) a Central Eléctrica de Pinar del Río, xa pensara a principios dos anos 20 na posibilidade de crear un transporte tipo trole, semellante aos que había nas colonias británicas. Coa súa experiencia no sector eléctrico e cos folgos de seu irmán Aurelio, que era interventor do Estado nos ferrocarrís, en 1940 presenta ante o MOPU (Ministerio de Obras Públicas) o proxecto de Trolebuses Coruña-Carballo, proxecto que asina Victor Solórzano, naquela hora enxeñeiro do Concello de A Coruña e hóspede habitual do Balneario de Arteixo.
Trolebús BUT diante da Estación de Arteixo |
As obras do montaxe da liña eléctrica principiarían en 1944 e rematarían en 1950, obras que serían realizadas por traballadores da propia empresa, moitos deles veciños de Arteixo como era o caso de Manuel Sánchez ("Toledo"), Jesús e José Pardo Cedeira, Manuel Vázquez "Canedo", Ramón Zás ou Manuel Seixas, este último avó da voceira do BNG de Arteixo, Silvia Seixas. Tamén traballarían na electrificación da liña A Coruña-Carballo os irmáns Iglesias Pardo (José, Enrique e Arsenio). José era o encargado e tiña ao seu cargo uns vinte traballadores. Arsenio faríase futbolista profesional uns anos máis tarde, mais antes de fichar polo Deportivo tamén traballaría na montaxe da liña ademais de facer algunhas gardas na subestación de Lañas.
Limpeza dun BUT en Arteixo (A.C.Lumieira) |
A lonxitude da liña era de 33 kilómetros e contaba coa estación
eléctrica da Grela e coas subestacións de Pastoriza (km. 6), Lañas (km.
15), A Laracha (km. 23) e Bertoa (km. 32), unha liña que finalmente, e
logo de varios ensaios, sería inaugurada oficialmente o xoves 23 de
febreiro de 1950 e que estaría activa ata o 15 de marzo de 1971, día no
que os trolebuses A Coruña-Carballo circularon por última vez.
Nun principio, a liña contaba con 12 troles tipo MAN-AEG que foran
comprados en Alemaña, en plena II Guerra Mundial con Hitler no poder,
no ano 1942, mais 7 deles serían carrozados en Galiza, na fábrica
de Barro en Chavín (Viveiro, Lugo).
En 1961 chegarían, procedentes de Inglaterra, oito trolebuses BUT de segunda man construídos entre 1948 e 1952 en Londres, que viñan sendo os populares de dous pisos, aos que se lles sumaría outro destas características en 1969, comprado a Tranvías de Vigo. En total, a empresa contaba con 21 trolebuses, que eran conducidos por José "Sprint", Manuel Rodriguez "Cándido", Manuel Fraga, Benjamin Sande, Felipe Pazos, os irmáns Esmorís ou, entre outros, os arteixáns Antonio Mareque e Manuel González Berao "Zalo", de quen xa falamos neste blogue polo seu pasado como piloto da aviación rusa e como figurante de varias películas dos últimos anos 40.

Germán (cobrador), "Zalo" (Chófer) e Mareque (chófer) diante dun trolebús MAN |
FONTES:
FRAGA RODRIGUEZ, XAN M. Trolebús. Agrupación Cultural Lumieira, 2001.
FRAGA RODRIGUEZ, XAN M. A Coruña-Sada-Carballo.1903-1979. Tranvías e Trolebuses. Espiral Maior, 1997.
Moi bo o artigo. E incrible como te curras os temas.
ResponderEliminarMoitas grazas Ana polos teus folgos!
ResponderEliminarMoi bo o artigo. E incrible como te curras os temas.
ResponderEliminar