Xa
temos falado nestas
Crónicas
de Arteixo
da importancia da emigración da nosa bisbarra no
Uruguai, onde en 1937 un grupo de bergantiñáns fundaran unha das
empresas sudamericanas máis importantes, a chamada Cooperativa
Uruguaia de Transportes Colectivos S.A. (CUTCSA), da
que foran os seus principais impulsores os emigrantes de Vilaño
(Laracha) José e Gerardo Añón Canedo, Rogelio Sande, tamén da
Laracha, e José Lago, de Ramil (Sísamo, Carballo), unha
cooperativa que na actualidade
conta cunha frota de máis de 1.000 autobuses que transportan unhas
600.000 persoas diarias que proporcionan uns
5.000 postos de traballo. Segundo
o escritor carballés Xan Fraga, foi tanta a xente da comarca de
Bergantiños e
doutros
puntos de
Galiza que traballaron e traballan nela
que a moitos emigrantes cando lles preguntaban a que país ían,
contestaban que a CUTCSA!
José e a súa muller Alicia diante do seu autobús da CUTCA |
Un
daqueles bergantiñáns que traballou varios
anos nesta cooperativa foi José Figueiras España,
que abandonara o seu Buxán natal (parroquia de Seavia, Coristanco)
en 1957 para
embarcarse a
Montevideo
no “Monte Udala”, un
buque que transportaba madeira e no
que viaxaban
ducias de galegos
e galegas que fixeran a maleta da emigración na procura dunha
mellor vida.
José tiña naquel
intre 17
anos e un feixe de soños...mais
o camiño para levalos a cabo non sería doado. Abofé que non!
Nada
máis chegar á capital charrúa, o
noso protagonista empezaría
a traballar nun
bar no que tería a pouca fortuna de dar cun dono sen escrúpulos...e
iso que era parente de su pai,
un verdadeiro explotador de emigrantes ao que Pepe
soportaría durante un ano. Trala mala experiencia no mundo da
hostalería, grazas
á axuda duns
veciños de Coristanco que levaban anos residindo en Montevideo,
atoparía
un traballo como
aprendiz nunha panadería-confitería,
un lugar
no que o
mozo bergantiñán
aprendería o oficio e grazas
ao cal aforraría
os seus primeiros pesos, algúns deles investidos en sacar o carnet
de conducir co que acabaría encamiñando a súa futuravida profesional.
É
aquí, nesta etapa
de panadeiro-confiteiro,
na que entraría a formar parte do
ornanigrama
do Racing Club de Montevideo, entidade
que
presidía José Silvio Pozzo e na que xa levaba algún tempo o
seu curmán Carlos España Castro formando
parte da directiva.
Ao
Racing, que
actualmente disputa a Primeira División uruguaia, empezaríaselle
a chamar
naqueles últimos anos 50 La
Escuelita grazas
a notoriedade do bo traballo que desempeñaban coa canteira o seu
equipo
directivo, entre eles, o do
noso prezado José Figueiras,
un José que no ano 1963 iniciaría
unha nova etapa traballando
como
revisor dos autobuses
da
CUTCSA, a empresa que naquel intre presidía o larachés e
presidente do Nacional de Montevideo,
José Añón.
Aqueles
primeiros 60 son anos de pouco durmir e moito traballo para o noso
veciño, tempos nos que aparte do seu emprego como revisor, facía
uns
pesiños afiando coitelos, conducindo un taxi e
outras actividades que
non tiñan outro obxectivo
que
o
de aforrar
e
xuntar a suma suficiente
para poder
comprar a cuarta parte do bus n.º 315 da liña 146 da CUTCSA, soño
que acabaría cumprindo con creces xa que posteriormente tamén
compraría
a
quinta parte doutro autobús da cooperativa. Ao fin, despois de tanto
sacrificio, a vida empezáballe a sorrir. Nese
bus nº 315 que, como propietario da súa cuarta parte, conducía
cada día polas rúas de Montevideo, José coñecería en 1968 ao
amor da súa vida, Alicia
Icasuriaga, unha pasaxeira
uruguaia de sangue vasca que
traballaba na embaixada de Arxentina en Uruguai. Non
tardarían en casar. Faríano en xuño do ano seguinte, despois de
que o emigrante de Coristanco vendera a súa parte do autobús
315 para montar, xunto con
dous socios máis que tamén traballaran na CUTCSA (un era uruguaio e
o outro de Ourense), a panadería “Ituzaingó”,
que estaba no barrio de Maroñas, moi preto do Hipódromo Nacional.
Os recén casados farían o viaxe de noivos en 1970 á terra de Pepe, terra na que botarían tres meses antes de marchar de novo a Montevideo onde, en febreiro do 72, nacía Charo a primeira filla do matrimonio, unha cativa que co tempo convertiríase na concelleira de TeGa que hoxe tod@s coñecedes. Naquela altura as cousas en Uruguai estábanse poñendo moi feas por mor da grande crise económica e dos problemas políticos que vivía o país, que acabarían derivando no golpe de Estado do 27 de xuño de 1973.
Os recén casados farían o viaxe de noivos en 1970 á terra de Pepe, terra na que botarían tres meses antes de marchar de novo a Montevideo onde, en febreiro do 72, nacía Charo a primeira filla do matrimonio, unha cativa que co tempo convertiríase na concelleira de TeGa que hoxe tod@s coñecedes. Naquela altura as cousas en Uruguai estábanse poñendo moi feas por mor da grande crise económica e dos problemas políticos que vivía o país, que acabarían derivando no golpe de Estado do 27 de xuño de 1973.
O Mariñeiro co seu camión da Schweppes |
No
caos daquela incerteza Pepe
e a
súa dona
decidiron vir para Europa
onde,
nada máis chegar, a
piques estiveron de
residir
en
Barcelona xa que Alicia tiña traballo no consulado arxentino da
cidade condal. Mais José non estaba pola labor, quería estar cos
seus, tiña
morriña da súa terra, á que chegarían cando corrían os últimos
meses de 1973, xusto cando
o
actor Sancho Gracia, que non tardaría moito en convertirse no
popular Curro Jimenez, protagonizaba
a
serie que
emitía TVE
“Los
camioneros”.
Sancho
dáballe
vida na serie a
Paco,
un camioneiro que percorría no
seu Pegaso
as estradas
infernais
da
España
dos
70, rendíndolle
homenaxe aos profesionais do volante
daqueles días, entre eles o noso protagonista José Figueiras, que
empezara
a traballar en
Caión
conducindo un camión dos irmáns García Gómez, “os
grilos”,
co
que repartía
peixe polas prazas da Coruña e Vigo, de
aí o alcume polo que moit@s o coñecemos:
o
Mariñeiro.
Pepe e Alicia vivían naquel intre na vila
caionesa,
un lugar no
que nacería Alicia, a súa
segunda filla, e
que abandonarían a raíz de que o antigo chófer da CUTCSA empezara
a traballar como camioneiro da Schweppes en febreiro de 1975.
É
aí, nesa altura, cando a familia Figueiras Icasuriaga chega a
Arteixo e
alugan
un piso no edificio do bar Salgado, que é onde virían
ao
mundo
Álvaro e Cristina, os fillos máis novos do matrimonio. Pepe o
Mariñeiro,
que ao
longo da súa vida tivo
sempre a imperiosa necesidade de traballar
voluntariamente en canto
colectivo había (comisións
de festas, asociacións, etc)
non
tardaría en integrarse na vida cotián do municipio e,
deste xeito, rememorando
a súa etapa no
Racing Club de Montevideo,
entraría
a formar parte da xunta directiva
do Penouqueira onde
deixaría unha
enorme
pegada entre
os rapaces
que xogamos nas categorías inferiores deste equipo, uns
cativos que
nunca esqueceremos a amabilidade
e cariño co que sempre nos tratou
Pepe...nin
tampouco cando entraba no campo de adestramento cunha caixa de
Schweppes de laranxa en
cada man!
Imaxe dos anos 80 do Penouqueira |
O
Mariñeiro,
primeiro como empregado e a partir de 1986 como autónomo,
faría miles de quilómetros conducindo por toda a península os
camións desa fábrica de nome imposible de escribir mais que tod@s
pronunciamos Sueps. Xa
vos podedes imaxinar o feixe de anécdotas que lle aconteceron por
esas estradas de Deus. Abofé que darían para un libro...mais se
queredes saber algunha non tedes máis que ir polo Alto de Arteixo, o
seu lugar de residencia dende 1986, que seguro volas ha de contar
encantado
mentres tomades un café con
él no
Bar “O
que faltaba”
pois agora, que disfruta da súa merecida
xubilación, ten todo o tempo do mundo para contalas.
Interesante e entretido relato, eu xa tiven o placer de coñecer algúns dos seus recordos.
ResponderEliminarGraciñas Luis!
ResponderEliminarTransportes García Gómez,eran os do Labrador.
ResponderEliminarEu descargueille moitas veces, e tamen a o seu irman q.d.e.p
ResponderEliminarQ bonito relato
ResponderEliminarGrazas!
Un aplauso a eses emigrantes neses tempos tan dificiles
ResponderEliminar