Vista dende o castro de Lañas |
As
lendas forman parte importante da riqueza cultural dos pobos, que
teñen nelas un dos tesouros máis valiosos do seu pasado. No
caso de Arteixo, a da galiña dos pitos de ouro probablemente sexa a
máis coñecida do noso acervo literario popular transmitido
oralmente durante séculos. En moitas aldeas onde hai un castro, sá
ou croa, pódese oír, con pequenas variantes, esta lenda que é das
máis correntes do país, mais
nós ímola referir como
aparece recollida no libro Lendas Galegas de Tradición
Oral, da autoría de X.M. González Reboredo, editado por Galaxia
en 1995:
“Na croa (enténdase castro) de Lañas, hai unha morea de
penedos entre os que mora dende hai moitísimos anos, tantos que
ninguén recorda de que tempos vén, unha galiña que sae ás veces
na madrugada coa súa rolada de pitos. Estes pitos son de ouro; pero
endexamais ninguén puido pillar un, nin por máis esculcas que se
teñen feito se logrou ver onde aniñaban.
Como
pode imaxinarse, esta galiña dos pitos de ouro é un encanto. Poida
que sexa a mesma doncela que antes de alborexar o sol nas mañás
bretemosas da primavera sae a peitear os seus cabelos loiros cun
peite de ouro.
Mais
tampouco ninguén puido saber nunca onde se ela agachaba cando alguén
tenta de se achegar a ela.
Pero
outro encanto máis, se non é diferente forma do mesmo encanto, hai
na croa de Lañas. O mouro, o xigante, que é o que garda os tesouros
(que poida que sexa tamén o que ten encantada a doncela ou fada e
mais a galiña dos pitos de ouro, se é que as dúas non son a mesma
cousa).
A muller que me falou disto e me contou como ela vira o encanto díxome que, cando era nena -uns doce anos tería daquela-, andaban ela e mais a irmá máis nova no monte da Agra co gando. Era pola mañá, entre once e doce. Sentara a carón dun piñeiro e, de súpeto, viu aparecer pola banda do monte da croa (o castro de Lañas) un cabalo grande coma un hórreo. O cabalo era castaño claro, case dourado, moi lindo; e montado nel, un home, altísimo e rexo tamén. Ao ver aquilo, gañou medo, ergueuse e fuxiu. A outra nena tamén fuxiu atrás dela.
-Ai,
filla, que ese era o encanto. ¿Que fixeches?- demandoulle a
nai.
-Gañei medo ao ver aquel cabalo e mais aquel home tan grandes, e fuxín.
-Gañei medo ao ver aquel cabalo e mais aquel home tan grandes, e fuxín.
-Pois
perdiches unha grande riqueza e xa endexamais volverás ter outra
ocasión coma ela; mais, por se che cadrar, vouche dicir o que debías
ter feito: se tirase o pano da cabeza e collido por un dos bicos o
estendese no aire por diante do home, ou por riba do cabalo, e
dixese: "Dáme da túa riqueza e eu dareiche da miña pobreza",
aquel cabalo viraba de ouro e todo era para ti...
Mais
eu non sabía aquilo, e o encanto foise cara ao castro de Elviña. E
non o vin máis na miña vida.”
A lenda da galiña dos pitos de ouro tamén aparece na obra do escritor arteixán Antón Castro (Lañas, 1959), un autor que de cativo pasou moitas horas xogando cos seus amigos a indios e a vaqueiros "con pistolas de pau de loureiro" na croa do castro de Lañas, lugar sobre o que deixa numerosas pinceladas nas viaxes á súa infancia coas que nos deleita nas súas publicacións.
Deixando a un lado as lendas e a literatura, hai que decir que o castro de Castelo, tamén denominado do Galo, ao igual que o existente en Castelo na parroquia de Sorrizo (é de notar a coincidencia no nome), conta cunha estratéxica e óptima posición para controlar perfectamente o val de Barrañán desde o seu cume.

O castro de Castelo visto desde Anzobre |
No centro do castro destaca un enorme conglomerado granítico, que foi utilizado para a obtención dos materiais precisos para a construcción das dúas barreiras defensivas coas que conta. É de destacar que no antecastro aínda se conserva unha sepultura dolménica ou «mámoa», doadamente visible a grandes distancias.
FONTES:
-GONZÁLEZ
REBOREDO, X.M. Lendas Galegas de Tradición Oral.Galaxia,
1995.
-PARDO, GUILLERMO. La mayoría de los castros del municipio se encuentran destruidos. La Voz de Galicia, 4 de decembro de 1981.
-TROIANO, XOSÉ. patrimoniogalego.net
Ningún comentario:
Publicar un comentario