Fabulación do castro de Rañobre da autoría de Roberto Castro |
Rañobre é, xunto con Anzobre, Laxobre e Canzobre, un dos catro topónimos do municipio que levan o sufixo "-obre" na súa denominación, unha terminación sobre a que o arqueólogo Luís Monteagudo apunta a idea de que se cadra procede do antigo europeo -veris (altura), mentres que case todos os primeiros elementos destos topónimos son xentilicios ou cognomina romanos. O popular arqueólogo tamén nos di que..." en consecuencia, y descartando por varias causas la interpretación como "altura fortificada" (=castro), creemos posible que esta "altura" de los topónimos en -bre signifique outeiro (altar) que en general aprovechaba los peñascos de las alturas, y además constituía el núcleo de una institución socio-religiosa que, evolucionando, llegó casi hasta nuestros días.
Outros
autores
consideran que o sufixo “-bre” derivaría de “-brix” e
indicaría en orixe un poboamento en altura. Simplemente observando o
modelo de elevacións da nosa bisbarra compróbase que,
efectivamente, os topónimos en “-bre” e afíns atópanse en xeral
(aínda que non en todos os casos) en zonas relativamente elevadas,
non moi pronunciadas xa que o noso relieve é relativamente suave,
mais si ocupan lugares altos con boa visibilidade.
Sexa como fora, o caso é que Rañobre, segundo algúns expertos na materia, conta cun dos castros máis importantes da contorna que, polo seu recoñecido valor propio, debe ser considerado e estudado máis profundamente para a permanencia e a identidade da nosa cultura a través do tempo. De forma elíptica coas defensas moi suavizadas por ser empregado ao longo dos séculos como zona de cultivo, o asentamento está na actualidade practicamente destruído, véndose soamente parte das súas defensas na zona norte, a máis alta do recinto. A construción da estrada Suevos-Rañobre, a edificación de varias vivendas e unha nave industrial foron, xunto aos traballos agrícolas, os principais motivos que levaron por diante case a totalidade deste tesouro do patrimonio arteixán, do que hoxe só están visibles o terraplén, un foxo e un parapeito.
Os
terreos nos que está asentado o castro, que mide uns 350 metros de
SW-NE e uns 250 metros de NW-SE, co
descorrer
dos anos pasarían a mans de Constanza das Mariñas, unha
muller que
recibira estas e
outras
terras do
actual concello de Arteixo
como parte do legado que lle deixara seu pai Gómez
Pérez, falecido
en 1475 un ano despois de outorgar testamento. Constanza casara con
Lope Sánchez de Moscoso “o groso”, conde de Altamira que non
tardaría en ser repudiado pola noiva xa que, segundo nos conta Vasco
da Ponte...”este
conde no
era hombre para mujer y doña Constanza no le quería por marido”.
Nas
crónicas de Vasco da Ponte, o autor tamén nos di que poucos meses
despois da separación Constanza das Mariñas casouse en segredo
“a
furto de su padre” co
fidalgo Fernán Pérez Parragués, que
fora escudeiro dos Andrade e do propio Gómez Perez das Mariñas, que
nunca chegaría a recoñecer o enlace e, pola deshonra, ”en
adelante cubrió la cabeza con una capilla de un capuz negro”. O
nome da nosa protagonista quedaría reflectido na toponimia do
litoral arteixán, feito que recolle Uxío Carré Aldao no
apartado que lle adica á parroquia de Oseiro na
súa Geografía General del Reino de Galicia dicindo que...”en
las playas inmediatas se dice hay la llamada Pena da Constanza, que
debió este nombre a que allí embarcaba y desembarcaba doña
Constanza das Mariñas”.
Posteriormente,
boa
parte das terras das que estamos a falar
pasarían a formar
parte do
señorío dos
Oca.
Pola
documentación localizada a partir dos anos cincuenta do século
XVIII, podemos constatar que
Diego de Oca y Cadórniga, señor
das
Casas de A Mezquita, As Frieiras, Bergondo,
Oseiro, etc. e Coronel do
Reximento Provincial de
Betanzos, levou
a cabo unha certa actividade e demostrou preocupación pola
realización de melloras constructivas nas súas posesións. Desa
época, e grazas a un pleito iniciado en 1754 por D. Diego contra
Antonio Miramontes pola fabricación duns muíños e unha presa,
sabemos que este Miramontes era “dueño
de la cercana torre de Rañobre”,
información que nos leva a pensar que probablemente
esta torre fora edificada no castro do lugar, mais son datos que non
podemos corroborar.
Estrada dentro do castro de Rañobre, á dereita parte dos defensas (Galipedia) |
O
que si podemos afirmar e
que, andando no tempo, boa parte do núcleo de Rañobre pasaría a
ser
propiedade
do Conde de Priegue, Francisco Javier Ozores Losada, deputado a
Cortes polo distrito de Santiago en 1867 e polo da Coruña en 1879,
1884 e 1891, un persoeiro que na
compaña da
súa muller Jesusa Pedrosa Álvarez Maldonado (dona das Torres de
Celas, no concello de Culleredo) e dos seus fillos, acudía con
frecuencia á residencia de verán que, naquela hora, a
familia tiña
en Rañobre. Á
morte do Conde, o título e os bens tradicionalmente asociados a el
quedarían
nas
mans
do
seu fillo
Santiago, que
lle
acabaría vendendo á
veciñanza da contorna os
terreos dos que estamos a falar.
Un
século e medio máis tarde, en
abril
do
2009, o
castro voltaba
a ser tema de actualidade
por mor das obras do porto de Punta Langosteira, que
sacaran
á
luz unha
zona de 30 metros lineais
que parecía
corresponderse
cunha
construción funeraria do
antigo
asentamento
castrexo
de Rañobre.
O
achado tivo lugar no monte
da Xeixeira, no
límite dos terreos que foran
expropiados polo Porto para
dotar de máis
material de canteira
ás
obras de Langosteira, onde
se deixara
unha
zona de protección de 200 metros desde o
castro, aparecendo
xusto
despois
desta distancia. Todo
parecía
indicar que se trataba do
cemiterio
que utilizaban os
habitantes do
antigo recinto castrexo
xa
que, a
simple vista, podíanse
observar
algunhas
lousas
alineadas e
anacos
de cerámica vermella,
que os expertos vincularon
aos enterramentos destos poboadores.
Operarios do Porto observando o achado (La Voz de Galicia, 18 de abril de 2009) |
A
aparición destos restos funerarios no monte da Xeixeira xeneraría a
lóxica sorpresa entre os responsables da Asociación de Veciños de
Rañobre, quenes instaron ao ente portuario a que protexeran de forma
inmediata o achado arqueolóxico solicitando que fora analizado por
expertos coa máxima urxencia. Tanto a Autoridade Portuaria como a
empresa encargada das obras, UTE Langosteira, decidirían teitar por
medio de materiais plásticos a zona en cuestión e a constructora
deixaría de extraer materiais do punto de canteira próximo ao
supuesto cemiterio. Posteriormente, un equipo de arqueólogos
traballaría in situ para intentar recuperar todos os restos e
determinar o seu valor, un equipo que durante a escavación non
atoparía restos óseos, algo co que, dada a acidez da terra nesta
zona, en certa maneira xa contaban.
A
veciñanza
de Rañobre
acollería
o achado do
suposto
cemiterio
con
asombro e incredulidade.
Carmen Martínez Souto, de
91 anos
e
naquel intre a
segunda persoa de máis
idade
da parroquia, dicía
sorprendida que… “vivín
sempre aquí e nunca souben que aí houbese un cemiterio”,
subliñando
que súa nai vivira 101 ...“coñecía
todo o lugar e xamais me comentou que no Pe da Xeixeira houbese un
cemiterio”.
As
palabras de Amelia Dans Vázquez coincidían
coas pronunciadas por Carmen Martínez. “Eu
tamen levo vivindo toda vida aquí e xa teño os meus anos, pero na
miña vida souben que ese monte foxe algún día un cemiterio”,
dicía.
Tanto
Amelia Dans como Antonio Vázquez Martínez, éste último de 75
anos,
coincidían
en sinalar
que os
seus
antepasados lle
comentaran
que nos montes cercanos
ao
de
Pe da Xeixeira “houbo
algún día asentamentos de persoas”.
De feito,
Vázquez Martínez recordaba
o
nome dunha
zona próxima ao
achado
funerario:
“Aí
o lado
-refiriendose ao
suposto
cemiterio-
chámaselle
Os Castros,
e
por algo será!. Antonio
tamén indicaba que nesa zona do castro...“levamos
toda a vida sementando nas leiras, arando con vacas e agora con
tractores e nunca atopamos nada”.
FONTES:
-AMADO
CASDELO, MARCOS EMILIO. Poder,
dominio e sangue. A liñaxe Bermúdez de Castro, señores de Montaos.
Autoedición, 2017.
-CARRÉ
ALDAO, UXÍO.
Geografía General del Reino de Galicia.
Tomo I. Carreras Candi. Casa
editorial Alberto Martín. Barcelona, 1928.
-CASTRO,
RAMÓN. Las
tumbas del castro de Rañobre no afectarán a las obras del puerto.
La Voz de Galicia, 18 de abril de 2009.
-MACEIRAS
RODRIGUEZ, XABIER & PATRICIO CORTIZO, FERNANDO. De
Liverpool ás Sisargas; a derradeira travesía do Priam.
Edicións Embora, 2014.
-MOUZO,
EMILIANO. Rañobre
pide al Puerto protección para las tumbas halladas en el castro.
La Voz de Galicia, 19 de abril de 2009.
-SÁNCHEZ
GARCÍA, JESÚS ÁNGEL. Mariñán:
Pazo de los sentidos.
Deputación de A Coruña, 1999.
Ningún comentario:
Publicar un comentario