domingo, 16 de setembro de 2018

A SANTA EUFEMIA E OS CHORÍNS

   Se tes trinta e moitos ou corenta e tantos anos, é probable que recordes o sabor ácido das aspirinas infantiles e a súa textura terrosa, semellante á das larpeiradas de picapica. A sensación era interesante para os paladares inexpertos: a máis de un había que esconderlle ben alta a caixa para que non a atacara nun descuido de sus pais. Os médicos de aquela altura aconsellábanas como antipirético e analxésico para case todo, e empezar coas aspirinas adultas (primeiro disoltas, logo tragadas enteiras nunha proba de valentía) era un auténtico rito de paso.

  A multinacional farmaceútica Bayer, que foi quen patentou o devandito fármaco, empezaría a vender a Aspirina en 1899, nunha época na que as persoas da nosa contorna que padecían a cotío de xaquecas ou migrañas acudían a Arteixo á romaría da Santa Eufemia, avogosa dos que sufren "males extraños" dentro da súa cabeza.

  As crenzas e a tradición dábanse cita alí cada 16 de setembro. Quen acudía a rezarlle á Santa facíao normalmente para se sandar de pequenos ou grandes dores, mais tamén había romeiros, moitas e moitos deles da parte de Ferrol, que viñan para librarse do demo que dicían levar dentro. 

Igrexa parroquial de Santiago de Arteixo, lugar onde se celebra a romaría de Santa Eufemia

  Aqueles romeiros eran coñecidos coma "choríns" e sometíanse a curiosos rituais de exorcismo por parte do sacristán de turno. A operación consistía en facer tragar o "chorín", un amuleto que saía despois xunto co suposto "inimigo". A cura completábase saíndo en procesión debaixo da imaxe da Santa. No capítulo “En Santa Eufemia. Los enemigos”, que forma parte do libro “Antoloxía das Confidencias de Picadillo” que publicamos no 2018, Manuel Puga “Picadillo” descríbenos en setembro de 1906 unha de aquelas prácticas relixiosas do seguinte xeito:

(…) Ya allí, en el atrio de la iglesia, desnudeme (moralmente, por supuesto) de mi hábito de campesino y de romero, y cubriéndome con las vestiduras de periodista requerí lápiz y cuartillas y entré en la iglesia dispuesto a tomar notas y enterarme de todo lo que acontecía.

Y, ¡qué casualidad! En aquel momento se sometía a la maravillosa cura a una americana del sur, endemoniada desde su regreso al terruño que la vio nacer. Ocupábase el extractor del maligno ser en hacerle beber un boliche a la poseída.

Ella apartaba la cabeza, con asco, de la espumosa bebida y tras una pausa volvía él a ofrecerle el líquido y ella a rechazarlo de nuevo. Después de varias tentativas y sin inmutarse exclamó con voz pausada y acento completamente uruguayo:

El anamijo no quier jraciosa, ¿sabe?” Entonces, cambiando de procedimiento, el encargado de las extracciones separó el boliche de labios de la endiablada y le hizo tragar un no sé qué, en el cual iban envueltas medallas y amuletos que llevaban la misión de aprisionar al demonio y hacerlo salir al exterior.

Ahorita, ahorita va”, decía la pobre mujer entre terribles náuseas. Y en efecto, el enemigo dicen que salió entre un manojo de pelos que el señor aquel le extrajo de la boca, mezclados con la medalla y demás con que la infeliz americana se había desayunado momentos antes.

  Crentes e escépticos dábanse (e danse) cita en Arteixo nesta celebración, que non podía rematar sen buscar un trevo de catro follas no atrio da igrexa, o que garantía a boa sorte para todo o ano.


Ningún comentario:

Publicar un comentario