Canzobre
é o nucleo de poboación que está situado máis ao sur da parroquia
de Morás, nunha valgada que se estende ao longo do regato de Morás
e que está rodeado polos Montes dos Guizos, de Bouzarillo, Os
Fechoncos, A Pedra Rubia, O Coto do Lobo e O Coto dos Corvos. A aldea
conta cun dos numerosos asentamentos castrexos que hai en Arteixo, o
castro de Canzobre, coñecido tamén pola denominación de “O
Torreo” ou “O Castro”.
Trátase,
xunto con Anzobre, Laxobre, Rañobre e un perdido Lañobre recollido
por Moralejo, dun dos topónimos do municipio que levan o sufixo
-OBRE na súa denominación, unha terminación sobre a que o
arqueólogo Luís Monteagudo apunta a idea de que se cadra procede do
indoeuropeo -VERIS (altura) ao constatar que case todos os primeiros
elementos destos topónimos son xentilicios ou cognomina romanos. O
popular arqueólogo tamén nos di que… " en consecuencia, y
descartando por varias causas la interpretación como "altura
fortificada" (=castro), creemos posible que esta "altura"
de los topónimos en -bre signifique outeiro (altar) que en general
aprovechaba los peñascos de las alturas, y además constituía el
núcleo de una institución socio-religiosa que, evolucionando, llegó
casi hasta nuestros días”.
Outros
autores consideran que o sufixo -BRE derivaría de -BRIX e indicaría
en orixe un poboamento en altura. Simplemente observando o modelo de
elevacións da nosa bisbarra compróbase que, efectivamente, os
topónimos en BRE e afíns atópanse en xeral (aínda que non en
todos os casos) en zonas relativamente elevadas, non moi pronunciadas
xa que o noso relevo é relativamente suave, mais si ocupan lugares
altos con boa visibilidade.
A
hipótese de poboados en altura do erudito coruñés Menéndez Pidal
non foi aínda refutada nin demostrada, mais si que ten o mérito
indiscutible de chamar a atención destes topónimos concentrados en
territorio do Portus Magnus Artabrorum, ou Golfo Ártabro, como sinal
de territorialidade ou de indentidade do pobo dos ártabros. Esta
tese poderíase demostrar cunha axeitada investigación arqueolóxica
sistemática sobre una selección de castros da comarca onde Arteixo,
segundo sostén a miña prezada amiga e arqueóloga Puri Soto, xoga
un papel preponderante!
Tamén
resulta de notable interese a información do historiador José
Carlos Sánchez Pardo quen, na súa tese de doutoramento, dinos que…
“el análisis de la potencialidad productiva del entorno de
estos lugares con toponimia en “bre” indica que se ubican en
zonas con buena capacidad agrícola, si bien se trata de valores
similares a los obtenidos por otro tipo de entidades de poblamiento
histórico, pues ya hemos señalado que el territorio de Nendos se
caracteriza por una óptima capacidad productiva media del terreno.
De todos modos, al estudiar más detalladamente la productividad del
entorno de estos topónimos y compararla con la obtenida para la
generalidad de los castros de Nendos, observamos un fenómeno similar
al mostrado por los castros cuyo emplazamiento presenta continuidad
ocupacional entre los siglos I y XIII. Las aldeas con topónimos en
“bre” se sitúan en zonas con un índice ligeramente mayor de
tierras de alta capacidad productiva (prime land) que la media de los
castros, aunque en cambio pierden accesibilidad a tierras de uso
extensivo”.
O
xacemento está emprazado na parte baixa da ladeira do monte que polo
norte domina Canzobre, a uns 163 metros sobre o nivel do mar.
Presenta un recinto de forma ovalada, cunhas medidas de Norte-Sur de
130 metros de lonxitude por 95 metros de Leste-Oeste que acadarían
unha superficie duns 9800 metros cadrados. A simple vista xa non se
perciben restos de edificacións. Conserva foxo e dobre parapeto no
Oeste/NO, no que poderíamos definir como o “collado” ou o acceso
dende o Oeste, moi clariño se non hai árbores.
As
construccións realizadas nos terreos do castro levarían por diante,
ao longo dos anos, boa parte da zona sur do sistema defensivo por mor
das edificacións para o gando e labores agrícolas que alí se
levantaron. Tamén foi alterado o cume, onde se construiu unha
pequena edificación de bloques de cemento con tellado de uralita
cara ó Oeste e, unha pequena instalación para soporte dunha antena
de televisión na parte Leste.
FONTES:
-MONTEAGUDO,
LUÍS. La religiosidad callaica: estela funeraria romana de
Mazarelas
(Oza dos Rios, A Coruña), cultos astrales, priscilianismo y
outeiros.
Anuario
Brigantino 1996, número 19.
-PARDO,
GUILLERMO. La mayoría de los castros del municipio se encuentran
destruidos. La Voz de Galicia, 4 de decembro de 1981.
-ROZAMONTES
VÁZQUEZ, MARÍA. Arteixo de onte a hoxe II. Concello de
Arteixo, 2003.
-SÁNCHEZ
PARDO, JOSÉ CARLOS. Territorio y poblamiento en Galicia entre la
antigüedad y la Plena Edad Media”. Tesis Doctoral.
Universidade de Santiago de Compostela, Servizo de Publicacións e
Intercambio Científico, 2008.
-TROIANO,
XOSÉ. patrimoniogalego.net
Ningún comentario:
Publicar un comentario