A Furna do Galo |
Desta
furna tamén fala Carré Aldao no tomo V da “Geografía
General del Reino de Galicia” publicado en 1928, no que apunta que a cova...
“Dista unos 500 metros del lugar de Pedreira (Arteixo) y
está en el trozo de playa que llaman Balcoba. Tiene la gruta 40
metros de profundidad y es practicable su interior, en el que de unas
grietas al fondo surge un chorro de agua potable. Esta gruta tiene
-no le podía faltar- su leyenda correspondiente. También se
denomina do Galo”.
Praia de Area Grande de Valcovo. Ao fondo da imaxe, a Furna do Galo |
Pois
ben, a lenda alusiva á furna de San Xián ou do Galo da que facía
mención Carré Aldao na “Geografía del Reino” conta que, neste
lugar, un pescador de cana desexoso de saber ata onde chegaba a
profundidade da cova, foi provisto dun galo, ao que lle amarrou un
fío longo nunha das súas patas. Mais ao pouco de ser lanzado ao
interior o animaliño rompería o cordel, feito que frustraría nos
seus propósitos ao curioso pescador. Xúlguese da súa sorpresa
cando a este lle dixeron, de alí a uns días, que o galo saíra uns
dous quilómetros máis aló da entrada da furna, nun lugar da
parroquia de Barrañán ao que lle chaman, desde aquel entón, O
Galo, despois de atravesar interiormente o monte e o outeiro que
existen no devandito lugar.
Outra
lenda, que segundo Carré Aldao se remonta a tempos prehistóricos,
fala de que un galo entrou na furna e, monte arriba, non parou de
subir ata que saiu á luz nunha fonte que había nun lugar que, desde
entón, se denomina O Galo. A fonte, aínda existente mais que xa hai
anos que deixou de brotar auga doce, está situada moi preto do
castro do Castelo de Lañas, o mesmo no que mora a galiña dos pitos
de ouro.
Imaxe actual da fonte do Galo |
Como
se ve, as dúas lendas, aínda que de forma diferente, lembran un
mesmo asunto, sendo moi significativo o do camiño que desde a cova
vai a parar ao monte, pois sabida é a xeral crenza que supoñía a
todos os castros unha saída oculta. Así que xa sabedes, se ides a
Valcovo, á praia de Area Grande, non deixedes de ver as fantásticas
grutas creadas polas rompentes do mar, especialmente a furna da que
estamos a falar. Iso si, tedes que ir de marea baixa e, unha vez alí,
se pechades os ollos durante uns intres se cadra tedes a fortuna de
escoitar o eco do canto do popular galo.
FONTES:
CARRÉ
ALDAO, UXÍO. Geografía General del Reino de Galicia. Casa
Editoral Alberto Martín. Barcelona, 1928.
CONCELLARÍA
DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO CONCELLO DE ARTEIXO. Catastro
de Ensenada. Interrogatorio. Transcrición. Concello de Arteixo,
2010.
VIDAL
BLANCO, FRANCISCO. O galo de Barrañán.
oschanzos.blogspot.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario