xoves, 20 de decembro de 2018

O MANCO DE SADA E O NAUFRAXIO NO RAÑAL EN 1912 DA RAPETA "SAN JOSÉ".

Dúas das webs que visitamos con bastante asiduidade na rede son www.patexeiros.org e memoriadesada.com, que levan tempo traballando dun xeito admirable no arquivo fotográfico da vila de Sada e na recuperación da historia do municipio. Neses espazos virtuais, podemos ver fermosas imaxes antigas que nos conducen ao noso pasado máis recente, imaxes como a de Xosé María Pena Rey, un vello mariñeiro da localidade que era coñecido polo alcume de Xorxe o Manco. A pé de foto desa instantánea, que foi tomada no porto de Sada en 1946, aparece unha pequena homenaxe de Lina, unha das netas de Xorxe, que recorda ao seu avó do seguinte xeito:

El era o meu avó, viudo con 39 anos (a muller morrera na epidemia da gripe) e con seis fillos. Unha boa persoa. Perdera o seu brazo no mar, o que non lle impediu seguir traballando de mariñeiro, non quedaba outra. Todo o seu capital era o seu corpo e o mar. Coa axuda dos seus sogros quitou os fillos adiante. A pesar de todo era alegre e divertido. Como bo mariñeiro tamén lle gustaba unha copa de caña ¡ou duas! Historias coma a del houbo moitas naquel tempo pero case sempre lle tocaba vivilas ás mulleres. A miña homenaxe e cariño a meu avó e a todos os que coma el loitaron para que nos o tiveramos máis fácil. Un día viña de traballar do mar e atopouse con un rapaz de 18 anos, preguntoulle se podía quitarlle unha foto e díxolle que si, e aquí está, esta preciosa instatánea. Isto contoumo o fotógrafo que lla fixo, sesenta anos despois. Este era Miguel Noya Moneró, profesional en Madrid e de xente de Sada. A súa casa é a antiga tintorería da Tenencia. Síntome moi orgullosa de meu avó, sin capital ningún pero sempre con unha sonrisa, o pitillo de picadura colgado da boca e cantarexando”.

Xosé Mª Pena, o manco de Sada (memoridadesada.com)
Pois ben, o curioso do conto é que a día de hoxe, moitos anos despois de ser tomada a instantánea da que nos fala Lina, en Arteixo aínda hai xente que se lembra de seu avó Xorxe, que era coñecido por estas latitudes polo alcume do Manco de Sada, xente coma Carmen Nión, nena do lugar de Sabón de finais da década dos cincuenta que hoxe desfruta da súa merecida xubilación e que garda na súa memoria algún conto que escoitaba na súa casa… “meus pais dicían que lle faltaba un brazo e que viña por Sabón a buscar xente para axudar a tirar das redes; despois dáballe peixe aos veciños da aldea”.

Carmen Nión referíase ás redes da rapeta, unha arte de pesca semellante ao boliche e á xávega, que mestura o cerco e o arrastre e que se facía dende as praias. O mariñeiro e poeta Xosé Iglesias comentounos que a rapeta era… “un aparello que agora non se utiliza porque está prohibido. Arriaban a rede dende terra, dende as praias, e cunha chalana extendíana. Logo, no outro extremo, tiraban do aparello para cercar o peixe dende os areais. É dicir, o aparello estaba en terra, un extremo collíao unha embarcación que ía vogando e cercando o peixe facendo coma un semicírculo e, despois, chegaba con ese extremo á outra parte do areal, onde agardaba moita xente, incluso con animais, para tirar do aparello ateigado de peixe cara a terra. Noutros puntos do litoral galego, coma en Fisterra chamábanlle a “arte”.

Istos aparellos eran, segundo o sadense Emilio Santos, os que enchían con fartura os píos das fábricas de conservas e salgadura. O mesmo cercaban sardiña, parrocha, bocarte, xurelo, xarda, robaliza, calamar... todo o que entraba no saco. Largaban os aparellos mesmo de noite que tamén polo día. De noite, ao arder as aguas, os mariñeiros coñecían a crase e cantidade de peixe que había en cada punto do litoral polo que pasaban. Cunha choupada que se dese, se había peixe, acendíase as aguas do mar, intre que se aproveitaba para facer o lance. De día, o cerco facíase cando o mascato, o aro ou a gaivota ceibábanse dende o alto do ceo ao mar. Así, grazas aos paxaros que voaban sobre a zona, era como os mariñeiros situaban o arreallo ou mansío.

Andando á rapeta (patexeiros.org)

A relación do Manco de Sada co litoral de Arteixo xa viña de moitos anos atrás. Viaxando na máquina do tempo chegamos ata a madrugada do 28 de maio de 1912, día no que unha nova traxedia mariña tinguía de loito esta parte do Atlántico. Falamos do sinistro da súa pequena embarcación “San José”, naufraxio do que daba cumprida conta dous días máis tarde o xornal La Voz de Galicia co seguinte artigo:

ACCIDENTE EXTRAÑO. UN HOMBRE MUERTO Y OTRO HERIDO
A las cinco y media de la mañana de ayer encontrábanse pescando en el punto denominado Sabón, cerca de Caión, Manuel Taracido Orco, Juan López, Nicolás Gómez y José Manuel Pena Rey, tripulando un bote que este último patroneaba. Un fuerte golpe de mar cogió atravesada la embarcación, haciéndola zozobrar, y quedando con la quilla al sol. Tres de los náufragos fueron recogidos por otra embarcación que próxima al lugar del suceso pasó a los pocos momentos del accidente. Otro de los tripulantes, el joven Nicolás Gómez, desapareció de la superficie, sin que se le hubiera podido prestar auxilio. El infeliz, que apenas sabía nadar, pereció ahogado. Tenia diez y seis años y habitaba en la villa de Sada con su familia. El patrón del bote también resultó herido gravemente.
Acerca de este suceso hay otra versión que reviste gravedad. Se dice que hallándose los cuatro hombres pescando con dinamita, uno de los cartuchos hizo explosión á bordo, matando al Nicolás Gómez, e hiriendo gravemente al patrón. La cosa no debe ir fuera de camino, cuando el patrón según dice un oficio de la Ayudantía de Marina de Sada recibido ayer en la Comandancia del puerto se encuentra en esta capital, sin duda curándose aquí para eludir la acción de la justicia. Al patrón le falta una mano que ya perdió en otra ocasión, cuando se encontraba pescando en la misma forma.
Outro dos xornais da época, La Correspondencia Gallega, na súa edición do 31 de maio de 1912 informaba o seguinte:

EXPLOSIÓN EN UNA LANCHA.
Dicen de la Coruña que una lancha pescadora del puerto de Sada, a poco de salir para las faenas pesqueras, sufrió un accidente debido al uso de la dinamita. Cuando uno de los tripulantes, un muchacho de 16 años, llamado Nicolás Rodríguez, se disponía a echar un cartucho al agua, estalló este en sus manos dejándolo muerto en el acto y horriblemente destrozado. La explosión irió de gravedad al patrón de la embarcación, un tal José Pena, que hace ya tiempo había perdido una mano al pescar con dinamita. La lancha quedó destrozada y el resto de la tripulación pudo salvarse. Al propio tiempo que se lamenta la desgracia ocurrida, se censura vivamente la escasa vigilancia que se ejerce por las autoridades sobre este sistema de pesca que tanto daño causa en todos los órdenes.
O 7 de xuño, unha semana despois do sinistro acontecido á altura dos areais de Alba e Sabón, aparecía na Furna das Corveiras, hoxe sepultada polo cemento do Porto de Punta Langosteira, o cadáver do mariñeiro Nicolás Gómez “(…) cuantas personas, que no fueron pocas, desfilaron por ante el cuerpo, no han podido identificarlo. Hay que advertir que el cadáver está muy desfigurado. Se ordenó, en vista de todo esto, al juez de Arteijo que practique activamente cuantas diligencias de averiguación estime convenientes. Parece que se trata del joven Nicolás Gómez que pereció ahogado días pasados, en el naufragio de la lancha San José. El activo juez de causas de la Comandancia de Marina, Sr. Lacaci, se trasladó ayer mismo al indicado punto, con el fin de proceder al levantamiento del cadáver, y practicar las demás diligencias”.

Tras aquel sinistro a vida de Xorxe, o Manco de Sada, non sería doada. A gripe de 1918 segaríalle a vida a súa muller deixándoo viúvo e con seis criaturas que sacaría adiante co seu duro traballo no mar e coa axuda de sus sogros. Como di a súa neta… “perdera o seu brazo no mar, o que non lle impediu seguir traballando de mariñeiro, non quedaba outra. Todo o seu capital era o seu corpo e o mar”.

Rematamos con outra homenaxe, a escrita polo seu neto uruguaio José Javier García Pena:

El Remiendo
A José María Pena Rey, “Xorxe o manco”, mariñeiro
Ahí estás. Para siempre. Desafiando a la mar, tu salobre despensa.
Joaquín Sorolla veraneaba, rescatando luces, en Valencia, lejos de las rías.
Hemingway, en Madrid, Pamplona y Cuba, se emborrachaba de toros, mujeres, redacciones y ron caribeño.
¡Galicia le quedaba tan trasmano…!
Patxi Andión, por no apurarse a nacer, se perdió el mejor poema de mar.
Los tres retratistas te disputarán para modelo de sus artes.
Te inmortaliza la inteligente mirada de Noya Moneró.
Pero, ¿quién, quién, cantará la ausencia de tu mano, la gravedad de tu enronquecida voz?
Soy nadie, pero gallego. Y yo lo haré; préstame tu acento.
Y cantaré a tu única mano y a tu muñón temido.
Yo canto a esa mano, perdida, mar adentro, el mismísimo día en que ganabas, en la ribera, tu segunda hija.
Canto a tu gastada camisa azul de faena, con sus bolsillos olorosos a tabaco y pedernal.
Canto a aquel eterno pitillo colgando de tus labios. A tu pelo cano. A tu cara, ríspida de barba.
Canto a las honradas manchas de tu ropa de fajina, impregnada de olor a linaza y brea.
Pero, sobre todo, canto a tu pantalón, nuevo antes de la guerra, luciendo, ahora, la condecoración al trabajo, que tiene forma de remiendo en tu pierna derecha.
Canto a las manos que inventaron ese retazo de amor en tu rodilla, las mismas que zurzieron fondillos infantiles; las manos de tu hija mayor.
Canto a la madre que me diste… abuelo.


15 de Agosto de 2013
José Javier García Pena de Sada- Uruguay



Ningún comentario:

Publicar un comentario