Alguén dixo que o facerse vellos é tan doloroso como irremediable. Que a xerontoloxía, a mellora alimentaria e o novo nivel de vida axuda a que vivamos máis anos e a que haxa en cada censo
unha cifra maior de anciáns. En España hai xa máis de dous millóns e
medio de persoas maiores de 65 anos e dise que imos camiño de pasar do
tipo de "pobo mozo" ao de "pobo vello", equiparándonos con Francia ou
Inglaterra. Isto carrexa problemas, mais non é este o lugar para consideralos.
Hoxe permitímonos tales disquisicións en función de unha noticia:
Na comarca de Bergantiños -posiblemente a máis ampla e, sen dúbida,
unha das máis fértiles da provincia da Coruña- viven os avós da
devandita provincia. Concretamente na localidade de Arteixo ven discorrer os seus días -moitos días xa- dona Encarnación González Mes, máis que centenaria, e don Vicente Castro González, a punto de selo. Ambos merecen -a verdade, meréceno todo- unha entrevista.
O avó do pobo
Don Vicente Castro González é un encantador, amenísimo e bo conversador, anciá que de aquí a pouco convertirase en centenario,
se Deus o permite. E oxalá que así sexa. É o pai do noso querido
corresponsal en Arteixo, don Vicente Castro Rumbo. O bo ancián dixo: "Se entrevistades a avoa, aquí está o avó, que son eu".
-Pois fale vostede estupendo avó...
-Fun
legoeiro durante 36 anos. Non, non me pregunte, que eu xa lle digo
todo. Vexo, oio, ando e entendo á perfección. Teño unha memoria que xa
quixera vostede, fillo... Agora luzo sombreiro, porque a gorra non me
protexe do sol.
Os gustos de don Vicente
-Pois xa que o di vostede todo, avó...
-Claro que si. Gústame a "tele", as corridas de touros.
Son seareiro do Penouqueira Clube de Fútbol, de Arteixo. O ter noventa e
todos os anos non me fai esquecer a afección. ¿Si coñezo a Arsenio? ¡Claro!, si seu pai foi case da miña quinta... O chaval é un bo adestrador. son de aquí. Eu, entre a "tele" e a radio, estou ao día. Gústame moito comer touciño. Cando era legoeiro, había que anotar todos os coches que pasaban. Agora é máis doado.
-¿A súa familia, don Vicente?
-Tiven 13 fillos, 4 netos e 5 bisnetos. Agora a vida é máis doada.
Eu fumo moito, pero negro. Xogo a partida de tute e gáñolle aos
"chavales" de setenta anos. E tomo whisky...home, anímese e traiame unha
botelliña...
-¿Sabe vostede de política?
-Eu
sonlle de dereitas. E vou a misa. Cando vivía a miña muller iamos os
dous cos nosos trece fillos, camiño da igrexa. E "atrancábamos" a rúa.
Eu bailei coa miña dona a muiñeira como ninguén. Un día gañamos 30 pesos
nun concurso. Asistiamos a todas as romerías. Mire, que eu tamén me
levo moi ben co párroco.
En Infantería
-¿Qué recorda da súa vida militar?
-Estiven
destacado en Lugo con outros 18.000 homes, agardando acudir a Melilla
pero arranxouse aquel "cacao". Eu servín na Coruña, en Infantería,
rexemento de Isabel la Católica. Paseino moi ben, ¿noivas?, tiven dúas
antes de casarme, claro.
-Dixéronme que estivo vostede en América...
-Dez anos, chaval. En Uruguai, Cuba e Arxentina. ¿Cuba? recordo a manigua de Maceo.
¿Uruguai?, tomei mate e pelexei cos gauchos. ¿Arxentina? Si ata
escoitei a Gardel... Eu son un enamorado do automóbil, pero non me
atrevo a subir en avión. O meu fillo Vicente quere levarme a Uruguai en
avión, para que eu recorde os meus tempos. Se me leva en barco vou. Pero en avión, non. Porque eu coñecían a un que foi en avión e, perdoando a cara de vostede, mexouse de medo. Eu non probo. ¿Franco?, Franco é unha gran persoa.
-Don Vicente, ¿sabe vostede que os homes chegaron á lúa?
-Mire, mozo, isto da lúa cheirame a conto. Porque ¿quere vostede dicirme porque porta entraron?
-Que Deus o bendiga, don Vicente.
EZEQUIEL PEREZ MONTES (El Ideal Gallego, 21 de novembro de 1973)
Foto de Martínez Sevilla
Ningún comentario:
Publicar un comentario