Alguén dixo que o facerse vellos é tan doloroso como irremediable. Que a xerontoloxía, a mellora alimentaria e o novo nivel de vida axuda a que vivamos máis anos e a que haxa en cada censo
unha cifra maior de anciáns. En España hai xa máis de dous millóns e
medio de persoas maiores de 65 anos e dise que imos camiño de pasar do
tipo de "pobo mozo" ao de "pobo vello", equiparándonos con Francia ou
Inglaterra. Isto carrexa problemas, mais non é este o lugar para consideralos.
Hoxe permitímonos tales disquisicións en función de unha noticia:
Na comarca de Bergantiños -posiblemente a máis ampla e, sen dúbida,
unha das máis fértiles da provincia da Coruña- viven os avós da
devandita provincia. Concretamente na localidade de Arteixo ven discorrer os seus días -moitos días xa- dona Encarnación González Mes, máis que centenaria, e don Vicente Castro González, a punto de selo. Ambos merecen -a verdade, meréceno todo- unha entrevista. Fala primeiro a dama.
Encarnación González (El Ideal Gallego, 21.11.1973) |
-"O pasado 26 de setembro cumprín cen anos. Nacín aquí, en Arteixo. Son presidenta das Fillas de María desta localidade. Antes foino miña irmá- ¿Sabe?, meu irmán -Baldomero González Mes- foi alcalde de Arteixo e fixo moito polo pobo. ¿Ve vostede esta fotografía?, esta é a miña sobriña bisneta: ¡que guapiña!"
Si, lectores, dona Encarnación lévantase todos os días ás nove e media da mañá. Ten unha memoria prodixiosa. E...
- "Almorzo café con leite. Como normalmente, pero
acompañando o xantar con gaseosa. Home, se procede un bo lacón con
grelos... Vexo, vexo, pero moléstame a luz solar directa. Sempre que
podo vou á misa e percorro o camiño ata a igrexa a pé: Algo máis de un quilómetro. ¿Viaxar? Só fun á Coruña, Ferrol e Guitiriz. Pódese viaxar coa imaxinación..."
Libros e cantos
-¿Qué le vostede, dona Encarnación?
-Libros relixiosos. O día da festa das Fillas de María non fallo. Elas veñen a
miña casa e aquí, no comedor, ensaian os seus cantos, as súas obras de
teatro... Eu acudo e observoas ¿Sabe?, da "tele" gústanme moito as
cousas que din do Papa. Tamén me gusta cantar. E as muiñeiras. Eu bailei
moi ben a xota nos meus tempos.
-¿Recorda a Guerra Civil de España?
-Ai, si. Tiñamos que ir a misa a Loureda, porque nos perseguían. ¿Sabe vostedes que nós iamos á
Coruña en burra? E a Paiosaco, á feira. Eu recordo que aquí, en
Arteixo, o compositor don Constantino arranxou cantos musicais para nós,
as Fillas de María. Cantos relixiosos que entoamos na honra da Virxe. Ai, don Constantino compoñía cousas preciosas.
A Santa Compaña
Dona Encarnación é cariñosísima. Con todos. E moi cáustica:
-Non señor, nunca "lle" creín na Santa Compaña. Mire, os meus irmáns foron a América e a un deles collérono os indión patagóns, na Arxentina,
e queimáronlle os pés. Fumos doce irmáns e un chegou a médico. ¿Enferma
eu?, nunca. Bueno, recordo que unha vez de mociña tiven unha molestia
de ril. E fun a tomar as augas a Guitiriz. E un médico amigo díxome:
"Pero, muller, tes aquí en Arteixo, as mellores augas de Galicia e vaste
a Guitiriz. Volve, muller, volve e toma estas". Así o fixen...e man de
santo... ¿Sabe?, neste Nadal quero tomar compota, coma sempre. E turrón e
coliflor. Din que o turrón está caro... Eu estou moi contenta con este
párroco mozo. Oiu, sáqueme ben nos papeis, fillo...
-Adeus, dona Encarnación.Avoa marabillosa...
EZEQUIEL PEREZ MONTES (El Ideal Gallego, 21 de novembro de 1973)
Foto de Martínez Sevilla
Ningún comentario:
Publicar un comentario