A parroquia de Lañas prepárase para celebrar as súas grandes festas de Santa Mariña, que se levaran a cabo durante tres días (do 17 ao 19 de xullo) cun completo programa no que non faltará a música en directo con boas orquestras, as sesións vermú e as actividades dirixidas aos máis cativos.
Un ano máis a organización das festas corre a cargo da A.V.R.C.D. Fontesvellas, que volve a apostar por unha programación pensada para xuntar á veciñanza e a visitantes durante un fin de semana no que, con certeza, o campo da festa convertirase no principal punto de encontro da parroquia e mesmo da bisbarra, algo que, a dicir verdade, acontece dende tempos inmemoriais.
Con motivo destas festas, xa nos coñecedes, nas Crónicas de Arteixo desta semana aproveitamos a ocasión para elaborar un dos nosos pratos favoritos, unha receita cociñada cos ingredientes que máis gustan nesta bitácora: festa, tradición e historia.
Para buscar o ingrediente principal da receita de hoxe, viaxamos na máquina do tempo ata o ano 1934 para saber como se celebraban as festas de Lañas hai máis de 90 anos. Así o contaba o xornal La Voz de Galicia, na súa edición do 8 de xullo dese ano:
LAÑAS (ARTEIJO)
PREPARANDO LAS FIESTAS
Prometen resultar muy lucidas y atrayentes las fiestas que los días 18, 19 y 20 del actual se celebrarán en este animado y pintoresco pueblecito, dedicadas a su excelsa patrona Santa Marina.
Igrexa parroquial de Santa Mariña A juzgar por el entusiasmo y buen deseo que acompaña a los animosos jóvenes Pedro Esmorís, Jesús Barreiro, Ramón Añón y Jesús Vázquez García, que componen este año la Comisión de festejos, no quedaremos defraudados en nuestro optimismo pues nos anuncian que tanto el aspecto religioso como el profano de dichas fiestas, serán cumplidamente atendidas y así, no faltarán solemnes funciones de iglesia, disparo de bombas, dianas y alboradas por una afinada murga, baile popular con premios a la pareja que mejor “ponga” la muiñeira, carreras ciclistas y de sacos, etc.; todo ello supeditado, claro está, al resultado de la suscripción que ya se ha iniciado con tal fin, con buenos auspicios.
Carreira de sacos (Foto do libro "Paiosaco en imaxes. Dos corenta aos setenta") Deseamos a la Comisión el mayor éxito en su cometido.1
O recordo do pobo é o recordo da honra dunha festa. A festa mudou pero mantense viva grazas á xente que cada ano organiza as festas na honra de Santa Mariña.
O programa das festas deste 2026 pódelo ver aquí:
Felices festas, Lañas!
_________________________________
1 Vid. La Voz de Galicia, 8 de xullo de 1934, páx. 8.



Ningún comentario:
Publicar un comentario