Castro de Mirón (patrimoniogalego.net) |
Situado
a unha altura de 282 metros
de altura sobre o nivel do mar, o
castro de Mirón tiña, no
seu día, planta ovalada mais
as posteriores
edificacións realizadas no
lugar e os
movementos de terras para as
fincas, destruíron a maior
parte do xacemento.
Na
actualidade tan só se
conserva aproximadamente
a súa
metade, cunha parte
circular que
ten uns 75 metros de diámetro e
que ocupa uns 4.500 metros
cadrados de superficie. O
asentamento tamén mantén
o parapeto que vai de sur, oeste e norte duns tres ou catro metros de
alto pola cara exterior e dun metro ou menos pola cara interior. Pola
zona
norte e noroeste conserva o foxo, que
é máis apreciable
no norte chegando a ter un metro de fondo. Nesta parte norte hai un
terreo que foi agrandado e achandado ata ó leste e, segundo os
veciños do lugar,
alí atopáronse diversos achados arqueolóxicos
sen especificar. Polo lado leste, onde facía o óvalo, é onde están
as vivendas e leiras nas que
por mor dos
movementos de terras para as edificacións, xa non se aprecian
indicios
defensivos nesta parte.
Castro de Mirón |
Nunha
reportaxe publicada en El
Ideal Gallego en maio de
1980 baixo o título de
Restos arqueológicos en
el Castro de Larín, o
xornal herculino entrevistaba a Manuel Caamaño Gesto, naquela hora
mestre do Departamento de
Arqueoloxía da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de
Compostela, que se achegara ata Arteixo para emitir un diagnóstico
sobre os vestixios arqueolóxicos que levara por diante unha máquina
excavadora tralo devandito
movemento de terras para a
construción de vivendas.
Segundo a versión de Caamaño... “
neste lugar houbo un castro. Isto dedúcese dos toponímicos e as
clásicas lendas sobre as vigas de ouro, plata e veneno que poden
estar enterradas neste lugar. En
canto ás grandes pedras, as cerámicas vidriadas, incluso o anaco de
fibela de bronce que presenta un escudo gravado, coido que pertencen
á Baixa Idade Media. É probable que sobre os restos dun castro
celta se levantara aquí unha construcción de tipo militar, unha
torre vixía. Se cadra na Geografía del Reino de Galicia de Carreras
Candin haxa referencia sobre este lugar”.
O arqueólogo tamén apuntaba na
entrevista que ...”viñen
a Larín coa idea de facer algunha foto interesante e o único que
puiden fotografiar foi unha montaña de pedras de gran tamaño
extraídas da terra e a destrucción do xacemento. Tamén recoñecín
os materiais, anacos de utensilios de barro, cerámica vidriada con
decoración floral que, probablemente, pode pertencer á Idade Media,
así como outros pequenos anacos de cerámica que
seguramente son da mesma época”.
Segundo
as informacións do Ideal, algúns daqueles vestixios, dúas pedras
redondas por un lado e planas
polo outro que tiñan unhas letras ou debuxos que
semellaban unha W, foron
roubados
ao pouco de ser descubertos.
Das outras, as que si puido ver
in situ o arqueológo da
Universidade de Compostela,
unha delas
tiña forma case triangular, medía un metro de longo e era máis que
probable que pertencera ao dintel dunha porta. Boa
parte das restantes
pedras
eran redondas, mais había algunha con claros indicios de ser
traballadas polos canteiros.
El Ideal Gallego, 20 de maio de 1980 |
Outro
dos datos relevantes en torno a este castro de Mirón é que ao
parecer, segundo varias fontes orais de Larín, moitas das pedras que
formaban parte do asentamento leváronse
para a construcción do Pazo de Anzobre, na parroquia de Armentón,
do cal temos as
primeiras noticias da súa
ocupación a mediados do século XVI, cando eran os seus donos Gómez
Suárez de Figueroa e Justa Cisneros.
Precisamente, sobre esta relación entre Anzobre e Mirón, o escritor Héitor Picallo apunta nun dos seus traballos que ambos lugares lugares formaban parte do mesmo Señorío e tamén nos dí que... ”Temos constancia, igualmente, que tanto Cillobre (na Laracha) como Mirón, conformáronse, antigamente, como dúas importantes fortalezas medievais, e que nas décadas nas que se prolongaron as prelaturas dos mitrados da estirpe dos Fonseca xacían derrocadas e desfeitas a raíz dos acontecementos acaecidos, décadas atrás, cando o levantamento irmandiño”. Así, pois, queda demostrado que sobre os restos do castro de Mirón levantouse unha fortaleza militar, algo que xa intuía o arqueólogo Manuel Caamaño Gesto cando visitou o xacemento en maio de 1980.
FONTES:
-PARDO, GUILLERMO. La mayoría de los castros del municipio se encuentran destruidos. La Voz de Galicia, 4 de decembro de 1981.
-PICALLO
FUENTES, HÉITOR. Maíndo (A Estrada-Pontevedra): Espacio
Xeográfico, humano e histórico na ascendencia do Condado de Ximonde
II. A Estrada, Miscelánea Histórica E Cultural, 6 (2003).
-TROIANO, XOSÉ. patrimoniogalego.net
Ningún comentario:
Publicar un comentario