Santa
Locaia é un núcleo de poboación da parroquia de Loureda onde,
ao parecer, había unha capela nuns eidos que hoxe en día se chaman
A Ermida. As orixes do lugar nacen do culto relixioso á santa do
mesmo nome, o cal procede do latín Leocadia,
e este do grego Leukadia
“a branca, a resplandecente”. Segundo a lenda, Santa Locaia era
de Toledo e, por mor de negarse
a
renunciar ás
súas crenzas cristiáns, foi perseguida e martirizada.
Vista dende o Coto de Santa Locaia |
Mais
o
crego
Ismael
Velo Pensado tamén
apunta a
posibilidade de
que
a existencia de parroquias nas que a patrona tanto
pode ser Santa Locaia, Santa Baia ou San Paio, todas de devoción
mozárabe, ven
dada polos
cristiáns que
foron
perseguidos en territorio de dominación islámica e
que, tras
emigrarar
cara o norte, acabarían
repoboando
a costa cantábrica.
Fora dun xeito ou doutro, o certo é que o
culto desta santa, que celebra a súa festividade o 9 de decembro,
deixou a súa pegada na toponimia galega nos concellos de Lugo e
Sober (Lugo), Ponteareas (Pontevedra) e Taboedela (Ourense), ademais
do de Arteixo e da outra Santa Locaia que tamén hai no Monte da
Espenuca, en
Coirós.
Moi
pertiño da
Santa Locaia arteixá
había outra igrexa, a de Santa Baia de Carollo, actualmente
tamén desaparecida e que seica estaba situada entre Orro e Ledoño, ao carón dos terreos que hoxe ocupa o polígono loxístico. Non esquezamos que Ordoño II devolvera no 915 á
sé de Iria unha serie de decanías
que os bispos de Tui e Lamego recibiran para a súa subsistencia
mentres durase a ocupación musulmán. Entre as decanías que tiña
Tui, devoltas a Compostela, está a de Faro, na que se atoparía
tanto Santa Locaia como Santa Baia de Carollo.
Xa
cara
mediados
do
século XVI,
Santa
Locaia aparece nun
dos
documentos
municipais
contidos
no
libro de asentos da confraría
de Todos Os
Santos, que
foi
escrito tras unha serie de ordenanzas
e
estatutos que realizaran
os veciños
da Coruña:
“Conoscida
cousa seja a todos los homes así os/ que son presentes como a os que
an de benir, que/ nestes coutos e estes términos que aquí
escri/bimos por a virtude (?) e por nombramento de no/sa billa da
Cruña son escritos e nomeados,/ conben a saber: para
la area de Barranao (Barrañán) e para lo outeiro de Preguín e para
cimas de Cumiñas (Lañas ?) e para cima de Sancta Locaia e desende
para las/ Erbedeyras (Erbedíns?)
e para lo
Castelo de Miranda e para monte de Jallo (Xalo)
como departe entre Paleo e Cabanton (Sarandóns?)
e desende a
o río de Band[e]bó e desende entranbos Vigos como departe entre
Lángura e Querendes e como departe sobre la haspera dalen de Lubre
et desende como fez en Sanda. Todo aquesto quanto Noso Señor el rrey
Don Afonso e nestes términos de suso escritos todo o dou e otorgou a
nosa vila da Cruña. Dentro e nestes términos mandamos que nen hun
veçino non sea ousado de matar outro bezino nen omezian no mate, seu
ymigo dentre e nestes coutos e vecinos foren”.
Sobre
estas alturas, a uns 370 metros sobre o nivel do mar, pódese
entender o que debía significar para aqueles homes a
posición estratéxica do asentamento de Santa Locaia, coñecido
tamén coma o Coto,
un
emprazamento privilexiado que
controlaba
todo o val de Loureda e
boa
parte do resto
da bisbarra e
das
terras de Farum
Brigantium que na actualidade coñecemos como Torre de Hércules.
Trátase
dun lugar realmente máxico, dun resalte rochoso que convida a viaxar no tempo e a pensar nas ceremonias e ofrendas que, de seguro, fixeron alí os nosos antepasados con aquel xeito de comunicación entre o humano e o divino que había na antigüidade.
De forma circular, dispón de boas defensas naturais e presenta uns aterrazados ou explanacións artificiais entre os distintos afloramentos. No mundo da investigación arqueolóxica hai quen apunta a que neste asentamento puido existir un castro dos de fase antiga, como nos indica nunha das súas publicacións o arqueólogo santiagués César Parcero. Tamén hai quen se inclina polo feito de que Santa Locaia fora unha atalaia medieval, idea que defendía Luís Monteagudo mais, salvo algún anaco de tella vella, poucos datos hai das pegadas dos alicerces de cantería que alimenten a teoría do ilustre arqueólogo.
Sexa como fora, o caso é que, a día de hoxe, este mirador natural que é o coto de Santa Locaia, está moi alterado e desvirtuado pola instalación dunha antena na súa cota superior e o acceso a ela. Mais, con todo, segue a ser un lugar cun encanto especial no que podemos estar en contacto co pasado, cos tempos da vella igrexa hoxe desaparecida e dos tempos do máis que probable asentamento castrexo, tempos que cada ano lembran un grupo de persoas que se chaman a si mesmos “druidas” e que acuden a Santa Locaia no Día de Defuntos a celebrar a comuñón cos espíritus dos mortos que, especialmente nas datas do 31 de outubro ao 1 de novembro teñen, segundo a antiga festividade celta, autorización para camiñar entre os vivos.
FONTES:
Imaxe do Coto de Santa Locaia |

Terreos nos que supostamente estivo asentada a antiga igrexa de Santa Locaia (www.celtiberia.net) |
FONTES:
-celtiberia.net
-DAVIÑA
SÁINZ, SANTIAGO. Los
primeros fueros de La Coruña. Nalgures.
Tomo I. Asociación Cultural de Estudios Históricos de Galicia,
2004.
-ROZAMONTES
VÁZQUEZ, MARÍA. Arteixo
de onte a Hoxe III.
Concello de Arteixo, 2007.
-VELO
PENSADO, ISMAEL. La
Coruña en el camino de peregrinos a Santiago.
La Coruña : Archivo de la Colegiata, 1996, pp. 73-74.
Ningún comentario:
Publicar un comentario