Sorrizo é unha parroquia costeira do concello de Arteixo formada polo Monte da Ribeira; o Monte do Castro, no que aínda se conserva o asentamento do Castelo, que ten unha enorme importancia estratéxica porque desde o castro albíscase toda a franxa atlántica do municipio arteixán e a totalidade do val de Barrañán; o Monte da Ferreira; As Chanceiras; O Zuleiro; A Encoutada e O Carballal, montes que rodean unha valgada de solo fértil e de topografía suave onde se concentran os principais núcleos de poboación.
Entre os monumentos civís de Sorrizo salienta o Pazo das Covadas, de estilo barroco con data do século XVII.
Dentro dos seus lindes abundan as augas, destacando o Rego das Balloeiras e o Río da Agra, que xuntos forman o Río do Porto. O Rego de Alvite, ao oeste da parroquia, é o deslinde natural dos concellos de Arteixo e A Laracha, que tamén divide as parroquias de Sorrizo e Caión. Este pequeno regato tamén é coñecido, no seu tramo final, co nome de Augacae, regato que desemboca directamente no mar creando unha fermosa fervenza que vos recomendo visitar. Ao seu carón tamén se conserva a cuba do muíño que había no lugar.
FONTES:
-ROZAMONTES MARÍA. Calendario 2005. Demografía, Patrimonio, Toponimia, Xeografía, Sociedade e Turismo. Concello de Arteixo. Departamento de Normalización Lingüística. Ano oitavo. Arteixo, 2005.
-ROZAMONTES, MARÍA. Calendario Galego Municipal do Concello Arteixo. Departamento de Turismo e Normalización Lingüística. Edición XIX. 2018

Ningún comentario:
Publicar un comentario