Cando
era un cativo de 6 ou 7 anos, ao carón do Balneario de Arteixo había
un vello edificio que me causaba verdadeiro pánico. Supoño que ese
medo atroz viña dado polas historias que de cando en vez contaban na
casa meus avós, contos de lareira nos que lembraban a crueldade da
represión fascista e as malleiras que alí levaron, durante os
primeiros anos da ditadura de Franco, ducias de persoas que deixaran,
coa súa sangue, tinguido de vermello os pisos de madeira do vetusto
edificio.
Imaxe dos anos 50 do cuartel vello |
Se
nacestes no municipio arteixán antes da década dos oitenta do
século pasado, sabedes perfectamente que me refiro ao vello cuartel
da Garda Civil, un cuartel ao que, cousas do destino, aquel cativo
acabaría indo cada día do curso escolar 1976-77. Si, si. Ledes ben!
Non
lembro o seu nome nin podo facervos unha descrición física mais, no
primeiro andar da casa cuartel da Garda Civil, que imaxino que
estaría destinado a vivenda do oficial ao mando do posto, unha moza
daba pasantía á rapazada arteixá despois das cinco da tarde, hora
na que saíamos do Colexio Carrero Blanco, hoxe CEIP Ponte dos
Brozos. A miña memoria é a que é. Sinto moito non poder dar máis
detalles. Só lembro que eu estaba en 1º de EXB e que ía ata alí
acompañado de Manel, o irmán maior que nunca tiven, para facer unha
hora de “actividades” mentres miña nai traballaba na conserveira
do Rañal.
O
meu prezado amigo Manel, que me leva sete anos e que naquela altura
cursaba 8º de EXB, era quen cuidaba de min entre aquela manda de
rapaces que, coma nós, ían a pasantía daquela muller que
probablemente fora a filla do sarxento. Se alguén ten máis
información desta persoa, por favor, que se manifeste e que nolo
comunique.
Fotografía dos anos 50 na que vemos á esquerda o cuartel e, á dereita, o Balneario |
Do
cuarto onde se facía a pasantía só teño dous recordos: unha mesa
enorme e os buratos que había en algunhas táboas do piso de madeira
polos cales se podáin ver os gardas civís que estaban debaixo de
nós. Aquelas táboas, comidas polo caruncho e cheas de buratos,
eran, seguramente, as mesmas das que falaban os avós e outros
veciños da aldea, as táboas que moitos anos antes estiveran
tinguidas de vermello e que xa levaban alí dende 1919, ano no que se
creara o posto en Arteixo da “Benemérita”.
As
primeiras informacións que temos do cuartel da Garda Civil de
Arteixo datan do de 10 de xuño de 1890, día no que aparece
publicada a seguinte carta:
Sr. Director de La Voz de Galicia.
Mi apreciable amigo: En varios números de su distinguido periódico, he visto que se ocupa de la imprescindible necesidad de aumentar en Galicia la fuerza del benemérito Cuerpo de la Guardia civil, que si se quiere, en cada parroquia de aldea debiera haber una pareja, con lo que se evitaría el cúmulo de daños y delitos, tan frecuentes y comunes, que apenas las autoridades necesitan otra ocupación sinó la de formar causas a reos de delitos de todas clases.
Dicho queda que en obsequio a la tranquilidad de los honrados habitantes, sería conveniente una pareja en cada parroquia, en aldeas tan diseminadas; pero siquiera un cuartel de cuatro o cinco individuos del Cuerpo en cada capital de distrito, y no puestos que distan de seis a diez leguas de circunferencia, como el que existe en la villa de Carballo, que con las órdenes del Ayuntamiento y del Juzgado del partido, que tienen que cumplir, mientras esto hacen, en que ocupan lo más del tiempo, los distritos del partido, como Coristanco, Puenteceso, Cabana, villa de Lage y villa de Malpica, están en sus extensas parroquias sin resguardo alguno; sólo en el distrito de Laracha hay otro puesto, que de paso quizá viene por aquí cuando conduce presos, que no es contínuo, y mientras este distrito de Arteijo se halla sin un puesto, motivo por el cual y por puro miedo, están más de treinta y tantas casas en el balneario de este pueblo inhabitadas durante nueve meses del año, que solo se abren cuando el concurso de bañistas, por dos o tres meses de verano, quedando cerradas por los nueve meses de invierno restantes, temiéndose a los rateros y aun a los criminales, en perjuicio de los propietarios que pagan la contribución al Estado, sin percibir como debieran los alquileres.
La necesidad de un cuartel y puesto de Guardia civil en este pueblo de Arteijo es absoluta, y también lo es un puesto en cada capital de distrito para resguardo de las mismas cosechas de los pobres labradores, que al fin si esto sigue en abandono tan completo, con robos y crímenes tan graves, sin algún auxilio de las autoridades, llegará tiempo que no han de poder pagar contribuciones e impuestos estos labradores ni haya quien viva en este país para la familia ni para el trabajo.
Dígnese disponer la inserción de estas breves líneas y le quedará agradecido su seguro servidor
EL CORRESPONSAL
Ata
aquel entón, na xeografía galega só había, segundo as crónicas
da época, cinco gardas civís de posto por cada partido xudicial de
40.000 habitantes, 500 parroquias e 1.000
aldeas, que
eran
practicamente as mesmas cifras que
había
medio século antes cando,
a iniciativa e baixo control do ministro da Guerra, Manuel de
Mazarredo, se constituíra o corpo da Garda Civil mediante Real
Decreto de 28 de marzo de 1844.
Pouco
tempo despois de que o corresponsal de La Voz de Galicia publicara
aquela denuncia no xornal no que colaboraba queixándose da falla de
seguridade en
Arteixo,
as cousas empezarían a mudar algo na capital do municipio arteixán,
aínda que, iso si, non o suficiente como así o facía saber nas
súas páxinas La Correspondencia Gallega, xornal que na súa edición
do 17 de xullo
de 1897 publicaba
o seguinte:
“El primer teniente de la Guardia civil D. Luís Gómez Fernández estuvo en Arteijo con objeto de reconocer las dos casas ofrecidas para cuartel de la benemérita de aquel puesto. Una de ellas no reune condiciones. La otra es buena, pero solo tiene capacidad para cuatro hombres. Actualmente están allí de servicio tres guardias y un cabo, pero es menester añadir un guardia más, completando la fuerza que debe tener el puesto.”
Aínda
terían que pasar vintedous anos para que a Garda Civil instalara na
vila do Bolaños
a casa cuartel que tanto medo me causaba de cativo, un edifico que
sería
inaugurado
en 1919 durante o segundo mandato (11
de xaneiro de 1916 a 7 de maio de 1920)
do leonés Toribio Salvadores
Puente, alcalde
que pertencía ao Partido Liberal e que
xa fora o máximo mandatario do noso municipio anteriormente, dende
o 1 de maio de 1911 ata o 4 de xaneiro de 1914.
Moza de Arteixo nos anos 60 co cuartel da Garda Civil ao fondo |
Salvadores,
que
hoxe ten rúa adicada na Baiuca, ao carón da Casa do Concello tamén
conseguiría naquel
segundo mandato seu que se instalara unha estación telefónica
municipal na
que se empregaran 239 pinos para os respectivos postes da liña
Arteixo-A Coruña, unha
estación pola que loitara denodadamente durante moito tempo
“O Maragato”, alcume
polo que era coñecido en toda a bisbarra o alcalde.
“Verde
que te quiero verde. Verde viento. Verdes ramas”. Así
principiaba o Romance Sonámbulo de Federico García Lorca o
2 de agosto de 1924. Uns meses despois, no ano 1925, casualidades da
vida, a Gardia Civil cambia un uniforme vistoso e incómodo por un
novo e máis funcional. Tamén cambia a súa cor. ¿Adiviñades cal?
Non podía ser outro que o mítico verde oliva que chegou ata os
nosos días, un verde oliva que nos tempos da posguerra convertiríase
para moita xente en sinónimo de pánico! No municipio arteixán,
algúns familiares dos afectados pola represión fascista, aínda se
lembran da maldade e das tundas e torturas do garda civil Cadenas,
moitas delas levadas a cabo cunha crueldade extrema na casa cuartel
da Garda Civil de Arteixo durante os anos corenta do pasado século
XX.
A
vida en branco e negro iría dando paso, pouco a pouco, á vida en
cor. O Arteixo que xiraba en torno ao Balneario, daría paso ao
Arteixo que empezaría a xirar en torno ás industrias que se
empezaron a asentar no Polígono de Sabón a finais dos sesenta e
principios dos setenta, unha época na que, curiosamente, o
subteniente da Garda Civil Víctor García Villaronga sería nomeado
alcalde do municipio polo Ministro da Gobernación, cargo que
ocuparía entre o 3 de marzo de 1971 e o 28 de xuño de 1974.
Imaxe actual do lugar aproximado no que estaba o cuartel |
¡Ai!,
aqueles anos setenta... Curro Jimenez, Félix Rodríguez de la
Fuente, Jaques Custeau, 1...2...3, o 127 de miña nai, o cheiro da
fábrica de conservas do Rañal, o Urquiola, o colexio Carrero
Blanco, a pasantía no cuartel da Garda Civil… un cuartel que sería
testemuña do crecemento de Arteixo estando en pé ata os noventa,
anos no que sería devorado pola xungla do asfalto e polo boom
inmobiliario.
Posteriormente
a Garda Civil estaría certo tempo nun edificio que estaba situado ao
inicio da Travesía de Arteixo, lugar no que permanecerían ata o 26
de maio de 1999, día no que o Delegado do Goberno, Juan Miguel Diz
Guedes, inauguraba o novo cuartel da Garda Civil de Arteixo, edificio
situado no Polígono de Sabón, entre O Seixedo e A Groufa, e que
correspondía ás antigas instalacións da fábrica de Monkrel.
FONTES:
-BLANCO
REY, MANUEL. Alcaldes de Arteixo (1836-1998). Concello de
Arteixo, 1998.
-CAMPUS TRAINING, JUAN DE. La historia de la Guardia Civil: el origen de la "Benemérita" (www.campustraining.es)
-CAMPUS TRAINING, JUAN DE. La historia de la Guardia Civil: el origen de la "Benemérita" (www.campustraining.es)
Eu tamen fun a pasantia que nos daba a filla mayor do Sargento Dafonte Rios, na galería que daba a horta, na parte de atrás. E meu irman, pois etamos fillos do Cabo. Chamabamonos David e Suso, e eramos amigos dos rapaces que vivian na cada do lado do cuartel:Manolo )groso) e Juan (delgado), e de Domingo, do barNovo, e de Sanchis e deCheiño do bar Moisés (que tiña os unifirmes do Penouqueira infantil), e de Jose Ramon do bar o lado do cine, de Bautista, frente o bar Novo, de María José Carnota, filla do secretario do xuzgado, de Carlos e Fernando da tienda frente o cine. Creo recordarte, pero eras mas pequeno. Do fillo dos chocolateiros (q.p.d), de Marcial que vivia cerca da fabrica do vinagre e despiois por debaixo do camiño do depósito de augas. Vivin catro anos en Arteixo, fomonos en 1975. Inesquencibles. Era o paraiso. E recordo a Chajo, que vivia frente a consulta de don Manuel, un maquina xogando o futbol. E creo que tiñan que se chamaba Miguel, que o pai era taxista,mais adiante da consulta. A xente de Arteixo era xenial, directa.Adrián. Lavandeira un rapaz guapo como Paul Newman, que tiña unhas irmas guapisimas, unha saia co fillo de d. VICTOR.
ResponderEliminarMoitas grazas polos teus recordos!Saúdos!
Eliminar...que tiña outro amigo que se chamaba Miguel.
ResponderEliminarE Carlos que viví a psando o axuntamento novo, donde vivian os guardias solteiros.