Lino José Julián de Pombo O´Donnell, fillo de Manuel María Pombo de Ante, e neto de Esteban, o arteixán que abandonara o seu Sorrizo natal sobre o ano 1750 para establecerse no Virreinato de Nova Granada (actual Colombia), nace en Cartaxena de Indias o 7 de xaneiro de 1797.
Estudia
no
"Colegio Mayor del Rosario" de Bogotá, onde
se gradúa en
Matemáticas, e iniciada a xesta
independentista, realiza
cursos de artillería, fortificacións,
ataque e
defensa de prazas
co sabio
Francisco
José de Caldás, descendente de galegos de Caldas de Reis e de
Cuntis que sería un dos próceres da emancipación de Colombia do
imperio español.
Lino de Pombo |
Obtido
o
grado de Cadete no
ano 1810, Lino sería
adscrito ao
Reximento
auxiliar de Cundinamarca en 1812 e,
posteriormente, pasaría a
servir ao
Estado de Cartaxena
baixo
as ordes
de Pedro Labaut, Manuel del Castillo y Rada e
Miguel Carvallo, respectivamente. A mediados de 1815 tomou
parte na campaña contra a cidade
realista de
Santa Marta e,
meses despois, voltaría
a
Cartaxena para defendela durante o asedio de Pablo Morillo. Nesta
ocasión se lle
asignou,
xunto
ao
refuxiado
coronel venezolano Antonio
José Sucre, a
defensa do
cerro
e
convento
de La Popa, baixo
as ordes
de José
Francisco Bermúdez e Carlos Soublette.
Na
noite
do
11 de novembro
de 1816, Lino
de Pombo sería testemuña do
ataque suicida do
capitán español Maortúa, que supoñéndose
dono
da praza berrou
antes de ser degolado, "Viva
el rey";
ao que o
seu
verdugo respondeu
"… no
estando Piñango en la Popa".
Evacuada
Cartaxena
polos patriotas, Pombo caeu
prisioneiro
e
sería encarcelado
en San Felipe de Baraja. A
súa
corta idade
librouno do
patíbulo e
foi sentenciado por Pablo Morillo
a servir oito
anos
no
exército
realista, chegando
preso a España xunto a seu pai Manuel.
Sentenciados ambos, salvaron a vida grazas
á
intervención do
xeneral
Carlos O'Donnell y Abreu, irmán
de súa nai Beatriz e que ademais
lle
facilitou
o
ingreso na Academia de Enxeñeiros
de Alcalá de Henares, onde perfeccionou
os
estudios de artillería e
arte militar.
Entusiasta
partícipe da rebelión do
coronel Rafael de
Riego,
Lino Pombo chegaría a pelexar na
batalla de Jódar. En setembro
de
1823 sería
detido,
procesado e
condenado a ser fusilado, mais
sería quen de fuxir
e
escapar da Península por Xibraltar,
de onde pasou
a Inglaterra. En Londres, Lino
foi
designado Secretario da
delegación
da nova
República de Colombia, cargo que ocupou
ata 1825, cando foi
reemplazado polo
caraqueño Andrés
Bello.
Lino
optaría entón por voltar
a Colombia, onde se reincorporou
ao
exército
como Capitán, aínda
que
pronto foi
ascendido a Coronel de Enxeñeiros
e
segundo axudante
do
"Estado Mayor General". O
persoeiro de orixen arteixán estableceu a súa residencia en
Popayán, onde contraera
matrimonio en 1826 con Ana Rebolledo. Na
capital
caucana foi
colaborador de varios periódicos, secretario e
profesor da Universidade, e
Administrador de Diezmos. Xunto
ao
arcebispo de Santa fé de Bogotá Manuel José Mosquera, foi
redactor
do
Constitucional
del Cauca.
Disolta
a Unión colombiana, o
presidente, Francisco
de Paula Santander designouno
en 1832 Secretario de Relacións
Exteriores da República
da Nova
Granada, cargo que lle
renovaría
en 1833 ao
ser reelexido
Santander. O
novo
Presidente, José
Ignacio Márquez ratificaríao na carteira de
Relacións
Exteriores, posto
que desempeñou
ata o
14
de maio
de 1838. Durante a
súa longa xestión,
Lino
de Pombo asinou co ministro
Santos
Michelena
o
primeiro
tratado de límites con Venezuela.
Lino de Pombo |
No
ano 1840
foi
designado Gobernador da Provincia de Cundinamarca e,
en 1842, Enviado Extraordinario e
Ministro Plenipotenciario en Venezuela, ano
no
que subscribiu,
co venezolano Juan J. Romero, o
axuste
do
tratado de límites de 1833. En 1845 foi
Secretario de Facenda
do
xeneral
Tomás
Cipriano de Mosquera e exerceu
en varias ocasións
como director do
Crédito Nacional, da Oficina Xeral
de Contas
e
da Casa da Moeda, en reemplazo de José
Manuel Restrepo, político e home de ciencia colombiano.
En 1854 convertiríase
no
“Procurador General de la Nación”,
e
en 1855 repitiu,
por dous
anos,
como Ministro de Relacións
Exteriores do
presidente José
María Mallarino,
mandato durante o
cal asinou,
xunto
a Teodoro Gómez de la Torre, o
tratado
de límites con Ecuador do
9 de xullo
de 1856. Foi
electo á
súa
vez varias veces membro da Cámara de Representantes.
Ao
igual que seu pai Manuel, Lino Pombo tamén publicaría varias
obras, entre as que destaca as Lecciones
de aritmética, álgebra, geometría analítica, e
efectuou
varias traducións
do
inglés e
francés: a Historia
romana do
británico
Oliver Goldsmith
e
a obra de artillería do
francés Le
Blond. Súas
tamén
foron
a
Recopilación
Granadina e
a
Memoria histórica sobre la vida, carácter y trabajos de Francisco
José de Caldas.
En Bogotá foi
redactor dos
xornais
El
Argos
e
El
Observador,
medios
nos que defendeu
a obra e
gobernos de Márquez entre 1839 e
1840. O
Congreso rendiríalle honores na súa
morte,
acontecida
en Bogotá o
20 de novembro
de 1862.
Lino
de Pombo O´Donnell e Ana Rebolledo foron pais de seis
fillos: Jorge
Manuel
Pombo Rebolledo, nado en Popayán o
17 de
novembro de 1827,
avogado,
doutor
en xurisprudencia,
poeta e
escritor que
realizou a compilación
dos
“Doce Códigos del
Estado Soberano de
Cundinamarca”, sendo
ademais varias
veces ministro de estado e
maxistrado
da Suprema Corte Federal (casou
con Ana
María Ayerbe e foron pais, entre outros do popular artista
colombiano Jorge Pombo);
Beatriz, nada
en Popayán en 1829 e
que faleceu solteira;
Felisa nada
en Popayán en 1830 e
que
casou
co doutor
Teodoro
Valenzuela; Fidel, aventaxado
naturalista, libreiro
e
fundador
do
Museo Nacional nado
en Bogotá en 1837; Juana,
que tamén veu ao mundo en Bogotá; e
José
Rafael,
o
laureado
poeta,
persoeiro
da literatura colombiana do que falaremos na vindeira semana.
Ningún comentario:
Publicar un comentario