Con motivo das Festas do Santiago Apóstolo que a veciñanza de Arteixo celebra dende o 23 ata o 27 de xullo, nas Crónicas de Arteixo desta semana aproveitamos a ocasión para elaborar un dos nosos pratos favoritos, unha receita cociñada cos ingredientes que máis gustan nesta bitácora: festa, tradición e historia.
Para buscar o ingrediente principal da receita de hoxe, viaxamos na máquina do tempo ata o ano 1925 para saber como se celebraban as Festas de Arteixo hai exactamente 100 anos. Así o contaba o xornal La Voz de Galicia, na súa edición do 22 de xullo dese ano:
ARTEIJO EN FIESTAS
En esta pintoresca villa se celebrarán estos días grandes fiestas en honor a su Patrono Santiago Apóstol.
Prometen este año extraordinaria animación.
La comisión nombrada al efecto trabaja con el mayor entusiasmo y acierto para el mejor lucimiento, y con la cooperación de algunos entusiastas bañistas que allí están pasando la temporada.
Aparte de otros números nuevos y atrayentes, habrá una novedad de las más gratas para el pueblo: la colocación de la primera piedra para la instalación de la fábrica de electricidad, que tan necesaria es aquí, y que se instala a base de salto de agua de los molinos del Pedregal.
Muíños do Pedregal
Se está haciendo ya la instalación de la verbena que se celebra como de costumbre en el balneario y que promete este año superar a todos los anteriores. Lucirán millares de farolillos de colores y fuegos de artificio.
No faltarán concursos de natación, paseo de moda con premios a las muchachas más guapas y al traje más caprochoso, etc.
Con este motivo será mucha la gente que hará la excursión ese día para pasarlo muy agradable. Varios autos harán viajes extraordinarios y a precios reducidos, desde La Coruña.- El corresponsal.1
O recordo do pobo é o recordo da honra dunha festa. A festa mudou pero mantense viva grazas á xente que cada ano organiza as festas na honra do Santiago Apóstolo.
As Festas do Apóstolo 2025 chegan a Arteixo do 23 ao 27 de xullo cun programa cheo de música, cultura e tradiciónss para todos os públicos. O punto álxido será o sábado 26 ás 20:00 h coa actuación especial de Soraya Arnelas, que celebrará os seus 20 anos de carreira nun gran concerto na Praza do Balneario.
A programación arrinca o mércores 23 coas actuacións de Nano MZ, a orquestra Cinema e o DJ Kike Varela, e continúa coa orquestra La Misión, Kalima 3.0, Panorama, Orquesta Marbella, Los Satélites, Grupo Origen, e moito máis.
O venres 25 haberá tambén actividades culturais como danza contemporánea, o tradicional torneo de chave, o concerto da Banda de Música de Arteixo con temas de ABBA ou Queen, e o Festival de Habaneras.
A música tradicional terá un papel protagonista con sesións vermú, gaitas, alboradas e misas cantadas. Os máis pequenos terán a súa festa infantil o domingo 27, antes do peche co gran espectáculo de fogos artificiais ás 00:00 h.
O Punto Violeta estará operativo no Campo da Festa cada noite da festa, de 23:00 a 03:00 h, e as atraccións funcionarán sen música nin estímulos sensoriais de 16:00 a 19:00 h para garantir unhas festas máis inclusivas.
O programa das festas deste 2025 pódele ver aquí:
______________________
1 La Voz de Galicia, 22 de xullo de 1925, páx 2.
Ningún comentario:
Publicar un comentario