Pois
sí, en Arteixo tamén tivemos a nosa fábrica de chocolate. Non
vaiades a pensar que foi a do famoso libro infantil de Roald Dahl,
levado ao cine en 2005 nunha película dirixida por Tim Burton e
protagonizada por Johnny Depp. Non, a de Arteixo era Fábrica de
Chocolates Callejo, mais estaba chea de encanto e de historia
e, entre as súas máquinas, un podíase sentir un pouco como Charlie
se debía sentir nesa fábrica de chocolate do conto do escritor
británico Roald Dahl.
O
propietario de Chocolates Callejo era
Benjamín García Borrazás, natural de Armentón que abriría o
seu negocio en Arteixo arredor do ano 1969, décadas despois dos
tempos de escaseza da posguerra, cando o chocolate estaba racionado,
e o proceso de fabricación e de comercialización atopábase
totalmente intervido. Dende o goberno franquista estipulábase canto
fabricar e a quen distribuílo. A veces, o chocolate mesmo se
humedecía esperando que o viñesen buscar os funcionarios do Estado.
Era unha verdadeira mágoa que nunha época de necesidade extrema
como aquela da posguerra o chocolate tivera que chegar á xente en
malas condicións, tempos en que, ante a falta deste producto, a
xente conformábase con cascarilla. De feito, as persoas nativas da
Coruña, aquelas que son da Coruña de toda a vida, chámanse a si
mesmas cascarilleiras...paradoxas da vida, a cascarilla volve ser un
produto demandado e moi buscado para preparar infusións.
Chocolates
Callejo principiaba a súa andaina no nº 209 da Avenida de
Fisterra, no mesmo edificio no que posteriormente se establecería no
primeiro piso Foto-Rodri, e donde a dona de Benjamín, Mari Luz
Ramos, levaba un ultramarinos que o matrimonio tiña no baixo do
mesmo. Neste ultramarinos tamén traballaba María Jesús García, a
simpática carniceira que vos atende cando ides facer a compra ao
Eroski, unha muller que hoxe está a piques de disfrutar da súa
xubilación e que traballaría na tenda de Mari Luz ata 1986, ano no
que pasaría a ser a propietaria. Catro anos máis tarde, en 1990, a
cadena de supermercados Comprebén faríase co seu negocio... e
seguro que aínda hai quen lembra a inauguración do mesmo, xa que
fora mítica a presencia de Carlos Mata, o popular actor venezolano
protagonista de numerosas telenovelas daqueles anos 80-90.
Mais sigamos
coa chocolatería, na que aparte do seu propietario Benjamín García,
tamén traballaban o home de María Jesús García, Antonio Iglesias
(pais de Víctor Iglesias García, o director da Escola Municipal de
Música de Arteixo) que fixo de repartidor unha tempada, a señora
Dorinda, que facía de moza de almacen e de “multiusos” do
negocio e Ceferino, que era o comercial da empresa, o "viaxante"
que percorría o asfalto para
colocar os Chocolates Callejo nas
tendas do país e facerlle a competencia a Chocolates Mariño,
fábrica
fundada
en 1927
en Carballo e que aínda segue funcionando a día de hoxe e
é un dos poucos lugares, en todo o Estado español,
que conserva o proceso de elaboración artesanal, proceso
que tamén se levaba a cabo na
Fábrica de Chocolates de Arteixo, donde se traballaba con producto
de gran
calidade.
As
máquinas de Callejo
trituraban, refinaban e amasaban o chocolate, transformando o froito
do cacao en cacao en polvo, ou nun
auténtico chocolate
que só se facía
con fariña e azucre, ou azucre só no caso do chocolate negro. O
proceso era
tan minucioso que mesmo a cascarilla terminábase
de separar do chocolate a man, para que non quedara
ningún resto, algo impensable nos procesos de fabricación
industrial. Chocolates
Callejo
era unha tenda peculiar, única na súa especie, con personalidade.
Era
imposible
non reparar nela cando
pasabas
ao seu carón. Aínda que levaras
a cabeza noutra cousa, chamábache
a atención e
o ruído das máquinas víase suavizado polo
ulido a chocolate auténtico que
se percibía nos arredores, principalmente
os venres, que
era o día que se
moía.
Unha
vez moído o chocolate, amasábase con fariña e
azucre, ou só con azucre, no caso do chocolate negro. Introducíase
o chocolate xa amasado nunhas estufas a unha temperatura constante de
ao redor de sesenta graos durante máis de 48 horas. Tabletéabase e
introducíase na neveira. Gardábanse as tabletas durante un mínimo
de oito días en armarios de madeira e logo empaquetábase para
distribuilas posteriormente.
Imaxe do exterior da fábrica |
Chocolates
Callejo vendía principalmente a nivel provincial, sobre todo na
zona de Ordes, Costa da Morte e Muros, donde tiña bastante
clientela. Surtía ademáis aos cuarteis da cidade da Coruña. A
“fábrica", como
popularmente se coñecía en Arteixo, permanecería aberta ata
preto do ano 2.000. Hoxe se pasades pola zona de Foto Rodri e o Rocha
7 hai un edificio que lembra os tempos desta chocolatería: o
edificio Callejo.
Chocolates Callejo se estableció en La Coruña en la calle Fernández Latorre nº 17 por iniciativa de D. José Callejo antes de 1950.
ResponderEliminarGraciñas pola información!
ResponderEliminarConcuerdo totalmente, mi bisabuelo José Callejo fué el fundador de Chocolates Callejo en la calle Fernández Latorre, 17. Desconozco el año, pero mi padre, nacido en A Coruña en 1950, asegura que de pequeño tomaba el chocolate que le daba su abuelo José.
EliminarGraciñas
EliminarMoi boas, son Benjamín, o chocolateiro. Feliz de ler unha crónica tan aquelada da nosa humilde fábrica. Moitas grazas, Xabier, e unha aperta forte.
ResponderEliminarMoi boas Benjamin!
EliminarEncantado de que che gustara esta pequena homenaxe ao teu negocio!
A ver se un día tomamos un café!
Apertas poderosas!