Se hai un país que garda especial relación con Arteixo pola gran
cantidade de persoeiros, dun e doutro lado do charco, que teñen lazos de
unión co noso concello ese é Uruguai. Xa vos falei dun deles, o
futbolista Oscar Míguez, fillo de emigrantes de Meicende que foi campeón
do Mundo en 1950 coa camiseta celeste no famoso Maracanazo. Mais teño pendente contarvos, nestas Crónicas de Arteixo, casos
coma o de Washington Cataldi, Subsecretario de Industria do país
sudamericano no período 1969-71 e presidente do Peñarol en varias etapas
que viña a pasar o verán á casa de súa sogra, en Uxes; de Héctor Núñez, tamén fillo de emigrantes de Meicende que chegaría a xogar no Valencia nos
anos 60 e posteriormente a adestrar, entre outros clubes, ao Atlético de
Madrid; de Ramón Villaverde, fillo de emigrantes de Arteixo (a nai era
de Rañobre) que a día de hoxe está considerado coma un dos mellores
xogadores da historia do F.C. Barcelona; de Nelson Cedeira, o
propietario do bar Fénix (o que está ao carón do Balneario), que foi
futbolista de Wanderers e de Fénix, equipo no que xogou xunto ao
lendario Enzo Francescoli; do pai de Nelson, Francisco Cedeira Mallo,
veciño da Catuxa que emigrou a Montevideo e sería durante moitos anos
directivo do Salus F.C., equipo que ascendería de xeito consecutivo
catro categorías ata acadar a 2ª División do fútbol uruguaio; de José
Figueiras España, o popular Mariñeiro pai da concelleira de Terra
Galega (Tega) Charo Figueiras, que foi directivo do Racing Club de
Montevideo durante varios anos; de Alfredo Martínez, antigo fútbolista
do Deportivo da Coruña fillo de emigrantes de Lañas e de Bértoa...e dun longo
etcétera. Mais hoxe vouvos falar de Mariano Arana Sánchez, arquitecto e
ex-Ministro de Vivenda, Ordenamento Territorial e Medio Ambiente de
Uruguai e ex Alcalde de Montevideo.
Mariano Arana |
No seu paso pola Universidade, Mariano Arana destacaría non só polo
desempeño no plano académico, senón tamén polo seu activismo social e
gremial, sendo nos anos 50 un activo militante e dirixente do Centro de
Estudiantes de Arquitectura (CEDA) e da Federación de Estudiantes
Universitarios de Uruguai (FEUU), na que ocupou a secretaría de asuntos
gremiais, actividade que o levaría a involucrarse directamente nas
loitas sociais e antiimperialistas que caracterizaron o final dos anos
50 e o principio dos 60. Nesta etapa, ademais de marcar a súa ideoloxía
política, marcaría tamén a súa forma de interpretar a arquitectura e o
urbanismo desde unha mirada fortemente contemporánea, tinguida tanto
polo pensamiento das vangardas artísticas e culturais como co seu forte
compromiso social.
No perfil deste persoeiro de orixe arteixán hai que destacar tamén o
seu compromiso cultural. Interesado profundamente nas más diversas
manifestaciones contemporáneas, como as artes plásticas, a música, o
teatro ou a literatura, Mariano Arana vinculouse cos movimentos e as
correntes de vangarda nos anos 50 e 60 en Uruguai, vinculación que no
caso do teatro independente, en especial na institución teatral “El Galpón”,
levaríao, xunto con Mario Spallanzani a intervir en diferentes intres
nos procesos de rehabilitación de varias salas para albergar diversas actividades
culturais.
Impulsado por ese ánimo, xunto con outros universitarios, intelectuais
compañeiros da Federación de Estudiantes fundaría a editorial Ediciones de la Banda Oriental
(EBO), un dos emprendementos culturais innovadores dos anos 60, que
participou de xeito destacado no “boom editorial” desa década, así como
tamén foi un notable referente cultural en tempos da dictadura uruguaia
(1973-1985), promovendo especialmente a difusión de obras literarias de
autores nacionais e clásicos universais, así como traballos sobre a
realidade política e cultural e investigacións históricas, actividade
que o levaría a presidir a Comisión de Patrimonio Histórico, Artístico e
Cultural de Uruguai entre os anos 1985 e 1989.
Pola súa actividade profesional foi recoñecido por organizacións
internacionais de arquitectos e entidades vinculadas coa profesión,
merecendo, entre outras, as distincións outorgadas pola Federación Panamericana de Asociaciones de Arquitectos (FPAA), a que lle concedeu no seu Congreso do ano 1999 a Medalla de Ouro á traxectoria profesional e pola VI Bienal Iberoamericana de Arquitectura y Urbanismo, celebrada en abril de 2008 en Lisboa, na que se lle outorgou o Premio Iberoamericano ao conxunto da súa traxectoria. Tamén recibiría outras distinciones internacionais como a
Orden Nacional ao Mérito da República Francesa, a Orden Cruzeiro do
Sul del Gobierno Federativo de Brasil e a Cruz de Mayo outorgada polo
Goberno arxentino.
Mariano Arana |
Mais, aparte da súa actividade no mundo da arquitectura e no eido
cultural, Mariano Arana tamén é un persoeiro coñecido pola súa
actividade política. O noso protagonista foi fundador de Vertiente
Artiguista, partido polo cal foi elexido Senador da República en
1989, cargo que ocuparía en dúas etapas: 1990-2004 e 2008-2010, nas que
formaría parte da comisión
permanente do Senado entre 1991 e 1992, así como da comisión do
presuposto. En 1994 foi segundo vicepresidente da Cámara
uruguaia e posteriormente sería alcalde de Montevideo polo Frente
Amplio desde 1994 a 2005, ano no que Tabaré Vázquez asume a Presidencia
da República e nomea a Mariano Arana Ministro de Vivenda, Ordenamiento
Territorial e Medio
Ambiente, un Arana que coincide no Goberno con José Mujica, líder do
Movimiento de Participación Popular (sector maioritario do partido de
esquerda Frente Amplio) que sería Ministro de Gandería, Agricultura e
Pesca entre 2005 e 2008 e, entre 2010 e 2015, Presidente da República,
un Mujica que para moit@s, entre os cales me incluio, é un dos grandes
referentes políticos mundiais.
Nun acto promovido en Arteixo polo concelleiro de cultura daquela hora, Juan
Antonio Mouzo, ás 13:00 horas do 14 de maio de 2004 Mariano Arana
Sánchez era recibido na Praza do Concello polo Alcalde arteixán Manuel
Pose e, tras asinar no libro de Honra, entraba no Salón de Plenos da
Casa do Concello donde o agardaban os membros da corporación
municipal e resto de autoridades que asistiran ao acto, entre elas o
Presidente da Xunta Manuel Fraga, o Conselleiro de Presidencia, Xaime
Pita e o de
Emigración Aurelio Miras, o Alcalde da Coruña Francisco Vázquez e o
Presidente da
Deputación Provincial da Coruña Salvador Fernández Moreda para asistir
ao merecido nomeamento de Mariano Arana Sánchez como Fillo Adoptivo de
Arteixo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario