Alá
polos derradeiros anos da década dos anos dez e primeiros vinte do
século pasado, nos tempos nos que o burro dun tal Honorio tiña sona na Coruña pola
súa afición de comer papeis, ata o punto de que unha vez, no escenario
do Rosalía de Castro, tragou unha decoración do teatro, un
organilleiro herculino, Manuel Iglesias Suárez, creaba unha especie de
dinastía dedicada a amenizar con música a vida da cidade coruñesa que
por veces, semellaba o Madrid castizo dos mozos con viseira a cadros,
pano de seda ao pescozo e caneos enxalzando a beleza ou o garbo das
chulapas. Seguindo o compás do seu organillo, os obreiros e modistas da
Coruña bailaban chotis e pasodobres, danzaban ao son da mazurca, o baile
orixinario de Polonia, facíanse promesas de amor e tomaban o chocolate
con churros.
Imaxe antiga dun organillo |
Segundo unha información publicada en La Hoja del Lunes en setembro de 1953,
a Manuel, ao que alcumaban "O vello dos sete remendos", seguiríanlle no
oficio Cayetano "Chimbela", "O do cóbado na manivela", Manolo o da
Atocha, O cego Naya, "O manco" e algúns outros organilleiros que tamén
se desprazaban ás verbenas dos concellos da contorna cando a ocasión o
requería.
Grazas á numerosa afluencia que había nos meses de verán no Balneario,
con hóspedes que pasaban no recinto termal dous ou máis meses, Arteixo
era para os organilleiros herculinos unha cita obrigada, un lugar ao que
acudían frecuentemente para facer uns pesiños nas
festas que naquel intre se facían no noso concello. O desaparecido
xornal El Orzán, na súa edición do 15 de agosto de 1923, descríbenos
unha daquelas festas do seguinte xeito:
"El pasado domingo se celebró en la alameda del balneario de Arteijo
una verbena que dió ocasión al elemento joven para dedicarse al baile,
durante las primeras horas de la noche.
El espacioso parque
estaba artísticamente iluminado a la veneciana y hubo gran animación no
faltando organillos, acordeones y hasta un improvisado jazz-band, que
unidos a los puestos de churros, caramelos, dulces y refrescos, daban
una impresión muy agradable.
Llamó la atención una churrería, perfectamente instalada y servida por una pareja saladísima de churreros, donde los señores de Cossío obsequiaron a todos los veraneantes.
Se hizo verdadero derroche de globos y fuegos artificiales y lucieron soberbios mantones de Manila las hermosas señoritas de Español, Cossío, Laguarda, Mauriz, Bermúdez de Castro, Ramirez, Saavedra, Galán y Montalvo.
Ya avanzada la noche se dió fin a tan agradable fiesta, a la que concurrieron muchas familias conocidas de la Coruña."
Imaxe dos anos 20. Hóspedes do Balneario paseando por Arteixo |
Un ano despois, o 23 de xullo de 1924, La Voz de Galicia publicaba o seguinte artigo sobre as festas de Arteixo, artigo que é un verdadeiro tesouriño etnográfico:
"Es
grande la animación que existe este año para celebrar con toda
esplendidez las fiestas del Apóstol Santiago, Patrón de esta pintoresca villa, cuyas fiestas se celebran los días 25, 26 y 27.
La Comisión encargada de los festejos tiene verdadero empeño en que resulten más espléndidos
que nunca y para amenizarlos tiene contratadas dos bandas de música de
La Coruña y Lugo aparte de la típica gaita del país y varios organillos.
Entre otros números
de importancia se celebrarán dos becerradas con ganado de los montes de
Santa Leocadia, conocidos en toda Galicia por su bravura. Serán
lidiados los bichos por algunos aficionados que están pasando la
temporada veraniega en aquel Balneario, para lo cual se ha improvisado
una bonita plaza.
Por las noches lucirá una hermosa iluminación eléctrica con
farolillos y bombillas de colores y focos de arco voltaico, banderolas,
etc.
El día 27 se celebrarán las típicas merendiñas en los sotos de
Caldas y una hermosa jira marítima al Rañal, para cuyo efecto se están
adornando muchas barcas con flores y farolillos de colores que resultará
espléndida como de costumbre.
Son muchas las personas que irán esos días a pasar un buen rato de alegría a Arteijo, para cuyas fechas habrá automóviles
que harán viajes extraordinarios a precios reducidos, con objeto de que
todos los que lo deseen puedan disfrutar de los encantos de aquellos
hermosos parajes".
La Voz de Galicia, 23.7.1924 |
Aquelas verbenas dos anos dez e vinte nas que, en moitas delas, os
organillos eran xunto aos gaiteiros, que nunca faltaban, o único
elemento musical, daríanlle paso ás festas das orquestas
populares, que se convertirían no mellor dos conservatorios para os máis
humildes. Unha das primeiras en actuar no Balneario foi a Orquesta X, a
máis antiga da Coruña, creada antes da Guerra Civil, que lle pasaría o
testigo a outras coma a Orquesta Mallo, fundada por tres irmáns de Feáns
virtuosos do acordeón, ou Os Satelites, creada en 1938 e que a partir
dunha viaxe a Venezuela en 1955, nun tempo no que aínda se podía ver
algún organillo polas rúas herculinas, empezarían a subir ao olimpo das
lendas coa voz do grande Pucho Boedo.
"Por orden de la autoridad competente, la fiesta se ha acabado y el
que no haya metido bastante mano, que venga mañana más temprano".
Isto escoitouse nun campo da festa da contorna cando a parella da Garda
Civil que vixiaba a verbena diu o toque de queda e a xente resistíase a
abandonar a troula, unha xente que se entregaba e síguese entregando ás
orquestas...mais un momentiño, como ben di o grande Sito Sedes, voz dos
Satélites entre 1969 e 1982, "o espectáculo de agora é para os ollos e o de antes era para os oídos".
La gente ya no baila solo mira
ResponderEliminar