Todas e todos vímolos nalgunha ocasión en calquera dos nosos areais sen saber moi ben de que se trataba: algún bicho morto, algún plástico tirado ao mar... Nada máis lonxe da realidade, queridas e queridos amigos!
Moedeiro de serea no areal de Repibelo |
O meu prezado e admirado Xosé Iglesias, o poeta do mar, contoume que eran, nin máis nin menos, que ovos de raia, ese
peixe da familia dos raíidos, de corpo plano con forma de rombo, do que
existen distintas especies. A raia quedou reflectida na toponimia do
noso litoral xa que a Praia do Raeiro, actualmente O Reiro, chámase así porque noutros tempos abundaban as raias neste lugar da parroquia de Chamín. Lamentablemente, este fermoso topónimo estase deturpando polo de "O Relojero", o nome do bar alí existente que xa leva pechado varios anos.
Polo que me dixo Xosé Iglesias, cando vemos aboiando na beira do mar os ovos de raia, xa non teñen o embrión dentro e o único que queda é a casca externa que o protexeu durante o seu desenvolvemento.
Os filamentos que teñen nos catro extremos, que se aprecian claramente na foto tomada recentemente na praia arteixá de Repibelo, sérvenlles para suxeitarse ás algas mentres completan o seu crecemento.
Me encantó la información. No tenía ni idea de como procreaban estos, no se si llamarle peces. Gracias. Saludos.
ResponderEliminarGraciñas a ti. Saúdos!
Eliminar