domingo, 12 de xuño de 2022

CAMPOS DE LOUREDA

Como diría un bo amigo meu… e de remate, que a festa continúe!

O acontecido onte en Loureda, no lugar da Queira, coa presentación do documental “Campanal de Loureda. Paixón por un sentimento” no Campo do Cubano foi algo inesquecible, abofé. Fran Naveira e un servidor estaremos eternamente agradecidos a todas as persoas que, dun xeito ou doutro, fixestes posible este soño.

Vaia dende aquí o noso agradecemento a todas as persoas entrevistadas pola súa atención e amabilidade; grazas aos mecenas, asociacións, colectivos e negocios pola vosa axuda económica ao longo destos dous últimos anos para poder realizar o proxecto; grazas Sindo Otero, Víctor Iglesias, Nacho Varela, Daniel e Mateo Iglesias Lema pola vosa maxia músical; grazas Pedra da Crus pola vosa implicación dende o minuto 1; grazas Víctor e Iria polo gran traballo de produción; grazas tamén Toño, Damián e Pesudo pola vosa implicación e colaboración; grazas Paco e Carmiña polo voso enorme traballo e por permitirnos entrar na vosa casa (falo do Campo do Cubano); grazas Manolo Pazos (técnico de son); grazas Eloy Penide e Pepa Eventos pola fantástica organización da presentación; grazas Mónica Pan por ese tremendo deseño; grazas Manuel de Eva polo teu gran papel como mestre de cerimonias; grazas tamén a Asociación Cultural Triskell pola súa colaboración no día de onte; e grazas ao Concello de Arteixo, de xeito moi especial aos departamentos de Deportes e de Participación Cidadá, polo seu enorme apoio neste evento!

E, por suposto, grazas a todas as persoas presentes nos dous actos. Como dicía ao principio… e de remate, que a festa continúe. Se onte faciamos no lugar da Queira a presentación mundial do documental “Campanal de Loureda. Paixón por un sentimento”, hoxe facemos o propio na rede compartindo o videoclip do tema “Campos de Loureda”, unha das cancións do documental.

TÍTULO ORIXINAL: “Campos de Loureda”

LETRA E MÚSICA ORIXINAL: Sindo Otero

VOZ E COROS: Víctor Iglesias

GUITARRA: Sindo Otero

ACORDEÓN: Víctor Iglesias

BAIXO E PERCUSIÓN: Nacho Varela

ESTUDIO DE GRAVACIÓN: Estudios Visúe

IMAXES 8 mm: José María Figueroa e María José Palleiro

EDICIÓN E GRAVACIÓN DO VÍDEO: Fran Naveira

DOCUMENTACIÓNA: Xabier Maceiras

Aí vai o videoclip… un himno que agardemos que se cante no debut do Campanal na Liga de Veteranos!

4 comentarios: