Alá polos derradeiros anos da década dos anos dez e primeiros vinte do século pasado, nos tempos nos que o burro dun tal Honorio tiña sona na Coruña pola súa afección a comer papeis, ata o punto de que unha vez, no escenario do Rosalía de Castro, tragou unha decoración do teatro, un organilleiro herculino, Manuel Iglesias Suárez, creaba unha especie de dinastía adicada a amenizar con música a vida da cidade coruñesa, que por veces semellaba o Madrid castizo dos mozos con viseira a cadros, pano de seda ao pescozo e caneos enxalzando a beleza ou o garbo das chulapas. Seguindo o compás do seu organillo, os obreiros e modistas da Coruña bailaban chotis e pasodobres, danzaban ao son da mazurca, o baile orixinario de Polonia, facíanse promesas de amor e tomaban o chocolate con churros.
![]() |
Imaxe antiga dun organillo (Fundación Joaquín Díaz) |
Segundo unha información publicada por Orestes Vara en La Hoja del Lunes en setembro de 1953, a Manuel, que alcumaban "O vello dos sete remendos", seguiríanlle no oficio Cayetano "Chimbela", "O do cóbado na manivela", Manolo o da Atocha, O cego Naya, "O manco" e algúns outros organilleiros que tamén se desprazaban ás verbenas dos concellos da contorna cando a ocasión o requería.
Naquela altura, grazas á influencia que exercía nos meses estivais o Balneario, cheo de mulleres e homes que pasaban dous ou tres meses do verán alí hospedados, Arteixo era para os organilleiros herculinos unha cita obrigada, un lugar ao que acudían frecuentemente para facer uns pesiños nas festas que naquel intre se celebraban no noso concello. O desaparecido xornal El Orzán, na súa edición do 15 de agosto de 1923, descríbenos unha daquelas festas do seguinte xeito:
"El pasado domingo se celebró en la alameda del balneario de Arteijo una verbena que dió ocasión al elemento joven para dedicarse al baile, durante las primeras horas de la noche.
El espacioso parque estaba artísticamente iluminado a la veneciana y hubo gran animación no faltando organillos, acordeones y hasta un improvisado jazz-band, que unidos a los puestos de churros, caramelos, dulces y refrescos, daban una impresión muy agradable.
Llamó la atención una churrería, perfectamente instalada y servida por una pareja saladísima de churreros, donde los señores de Cossío obsequiaron a todos los veraneantes.
Se hizo verdadero derroche de globos y fuegos artificiales y lucieron soberbios mantones de Manila las hermosas señoritas de Español, Cossío, Laguarda, Mauriz, Bermúdez de Castro, Ramírez, Saavedra, Galán y Montalvo.
Ya avanzada la noche se dió fin a tan agradable fiesta, a la que concurrieron muchas familias conocidas de la Coruña". 1
Imaxe dos anos 20 do século pasado na que se ve un grupo de hóspedes do Balneario de Arteixo paseando preto do recinto termal (Arquivo do Reino de Galicia)
Un ano despois, o 23 de xullo de 1924, La Voz de Galicia publicaba o seguinte artigo sobre as festas de Arteixo, documento que é un verdadeiro tesouriño etnográfico:
"Es grande la animación que existe este año para celebrar con toda esplendidez las fiestas del Apóstol Santiago, Patrón de esta pintoresca villa, cuyas fiestas se celebran los días 25, 26 y 27. La Comisión encargada de los festejos tiene verdadero empeño en que resulten más espléndidos que nunca y para amenizarlos tiene contratadas dos bandas de música de La Coruña y Lugo aparte de la típica gaita del país y varios organillos.
Entre otros números de importancia se celebrarán dos becerradas con ganado de los montes de Santa Leocadia, conocidos en toda Galicia por su bravura. Serán lidiados los bichos por algunos aficionados que están pasando la temporada veraniega en aquel Balneario, para lo cual se ha improvisado una bonita plaza.
Por las noches lucirá una hermosa iluminación eléctrica con farolillos y bombillas de colores y focos de arco voltaico, banderolas, etc.
El día 27 se celebrarán las típicas merendiñas en los sotos de Caldas y una hermosa jira marítima al Rañal, para cuyo efecto se están adornando muchas barcas con flores y farolillos de colores que resultará espléndida como de costumbre.
Son muchas las personas que irán esos días a pasar un buen rato de alegría a Arteijo, para cuyas fechas habrá automóviles que harán viajes extraordinarios a precios reducidos, con objeto de que todos los que lo deseen puedan disfrutar de los encantos de aquellos hermosos parajes".2
Aquelas verbenas dos anos dez e vinte nas que, en moitas delas, os organillos eran xunto aos gaiteiros, que nunca faltaban, o único elemento musical, daríanlle paso ás festas das orquestras populares, que se convertirían no mellor dos conservatorios para os máis humildes. Unha das primeiras en actuar no Balneario foi a Orquesta X, a máis antiga da Coruña, creada antes da Guerra Civil, que lle pasaría o testemuño a outras coma a Orquesta Mallo, fundada por tres irmáns de Feáns virtuosos do acordeón, ou Os Satelites, creada en 1938 e que a partir dunha viaxe a Venezuela en 1955, nun tempo no que aínda se podía ver algún organillo polas rúas herculinas, empezarían a subir ao olimpo das lendas coa voz do grande Pucho Boedo.
![]() |
Imaxe dos anos 50 do Balneario (Cortesía de Ana del Río, a nena da bicicleta) |
"Por orden de la autoridad competente, la fiesta se ha acabado y el que no haya metido bastante mano, que venga mañana más temprano"3. Isto escoitouse nun campo da festa da contorna cando a parella da Garda Civil que vixiaba a verbena diu o toque de queda e a xente resistíase a abandonar a troula, unha xente que se entregaba e séguese entregando ás orquestras… mais un momentiño, como ben dicía o grande Sito Sedes, voz dos Satélites entre 1969 e 1982, "o espectáculo de agora é para os ollos e o de antes era para os oídos".
![]() |
Vista do Arteixo dos 40-50 dende a pista de baile do Balneario. Ao fondo vense as actuais avenidas de Fisterra e do Balneario (Cortesía de Ana del Río Doldán) |
______________________
1 Vid. El Orzán: diario independiente, 15 de agosto de 1923, páx. 1.
2 Vid. La Voz de Galicia, 23 de xullo de 1924, páx. 1.
3 Vid. Ana Rodríguez, La Opinión A Coruña, 15 de novembro de 2009.
Ningún comentario:
Publicar un comentario